bureta para medir cantidades variables de líquidos. usámolos para valorar ácidos ou bases

40
Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases Probeta Para medir diferentes volumes de líquidos. Usámolas na preparación de disolucións Matraz aforado Para conter cantidades determinadas (250cc,500cc, 1L) de líquidos. Usámolos na preparación de disolucións Debuxar os seguintes utensilios de laboratorio e explica para que se utilizan: matraz aforado, bureta, probeta, erlenmeyer. PAAU LOGSE 95 Erlenmeyer Matraz para conter líquidos mentres se axitan. Usámolos nas valoracións.

Upload: jola

Post on 14-Jan-2016

66 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

PAAU LOGSE 95. Debuxar os seguintes utensilios de laboratorio e explica para que se utilizan: matraz aforado, bureta, probeta, erlenmeyer. Matraz aforado Para conter cantidades determinadas (250cc,500cc, 1L) de líquidos. Usámolos na preparación de disolucións. Bureta - PowerPoint PPT Presentation

TRANSCRIPT

Page 1: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

Bureta

Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

Probeta

Para medir diferentes volumes de líquidos. Usámolas na preparación de disolucións

Matraz aforado

Para conter cantidades determinadas (250cc,500cc, 1L) de líquidos. Usámolos na preparación de disolucións

Debuxar os seguintes utensilios de laboratorio e explica para que se utilizan: matraz aforado, bureta, probeta, erlenmeyer.

PAAU LOGSE 95

Erlenmeyer

Matraz para conter líquidos mentres se axitan. Usámolos nas valoracións.

Page 2: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

¿Para qué serve un matraz erlenmeyer?¿E un matraz kitasato?¿E unha bureta?¿E unha pipeta?. Faga un debuxo esquemático de cada un. Do material antedito¿Cal e como o usaría nunha valoración?. Explíqueo cun exemplo

PAAU LOGSE

1º Usamos a pipeta para botar no erlenmeyer a cantidade de disolución a valorar.

2º Utilizamos a bureta para determinar a cantidade de reactivo necesario para a reacción completa

pipeta

bureta

erlenmeyer kitasato

Page 3: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

PAAU LOGSE

¿Para que serve un funil Buchner? ¿ e un matraz quitasato?Faga un esquema da montaxe para a utilización de ambos

Page 4: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

Debuxe esquematicamente un funil buchner ,un matraz kitasato,un matraz erlenmeyer un matraz aforado.Explica para qué serve cada un deles.Dous deles encaixan para poder utilizalos nunha operación de laboratorio.Debuxe o esquema correspondente.

PAAU LOGSE xuño 00

Page 5: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

Desexa preparar no laboratorio un litro de disolución de ácido clorhídrico 1M a partir do producto comercial que é do 36%en peso e ten unha densidade se 1´18g/mL. Calcule o volume de ácido concentrado que debe medir, describa o procedemento que se debe seguir e o material que ten que empregar.

PAAU LOGSE xuño 06

mLconcg

concmL

HClg

oconcentradg

HClmol

HClg

L

HClmolL 8,85

.18,1

.1

36

100

1

5,36

1

11

1.-Cálculo do volume de ácido concentrado

2.-Material

3.-Procedemento

Probeta 100mL Vaso de precipitados Funil

2 Pipetas 10 mL Matraz aforado de 1L Etiqueta

Frasco lavador con auga destilada

Coa axuda do funil, bótanse non mais de 80mL de ácido concentrado na probeta, enrasando a 85,8 mL coa axuda da pipeta.

Bótanse no matraz, aproximadamente, 700mL de auga destilada, e sobre ela, os 85,8mL de ácido. Para recoller o ácido que poida quedar na probeta, médiase con auga destilada, que se engade ao matraz, a continuación complétase ata aforo, con auga destilada, enrasando os últimos mililitros coa axuda doutra pipeta e un vaso de precipitados. Gárdase o preparado nun frasco de cristal, con etiqueta

Page 6: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

Describir (material, cálculos e procedemento) como se prepararía no laboratorio 100 mL de disolución 0,5 M. de HCl a partir da disolución comercial (37,5% en peso e densidade =1,19 g/mL.

PAAU LOGSE xuño 03

mLconcg

concmL

HClg

oconcentradg

HClmol

HClg

L

HClmol

mL

LmL 08,4

.19,1

.1

5,37

100

1

5,36

1

5,0

1000

1100

1.-Cálculo do volume necesario de ácido concentrado

2.-Material

3.-Procedemento

Émbolo para pipetear Vaso de precipitados

Pipeta 10 mL Matraz aforado de 100mL

Frasco lavador con auga destilada Etiqueta

Bótanse no matraz, aproximadamente, 70mL de auga destilada, e sobre ela, os 4,1mL de ácido, medidos coa pipeta. A continuación complétase ata aforo, con auga destilada, enrasando os últimos mililitros coa axuda da pipeta e un vaso de precipitados.

Gárdase o preparado nun frasco de cristal, con etiqueta

Page 7: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

Describa o material de laboratorio e o procedemento adecuado para preparar 0,5 litros de disolución 0,1M de ácido clorhídrico a partir de ácido clorhídrico de riqueza 40% en peso e densidade 1,2g/mL.

PAAU LOGSE sept 02

mLconcg

concmL

HClg

oconcentradg

HClmol

HClg

L

HClmolL 8,3

.2,1

.1

40

100

1

5,36

1

1,05,0

1.-Cálculo do volume necesario de ácido concentrado

2.-Material

3.-Procedemento

Émbolo para pipetear Vaso de precipitados

2 Pipetas 10 mL Matraz aforado de 500mL

Frasco lavador con auga destilada Funil Etiqueta

Bótanse no matraz, aproximadamente, 300mL de auga destilada, e sobre ela, os 3,8mL de ácido, medidos coa pipeta. A continuación complétase ata aforo, con auga destilada, enrasando os últimos mililitros coa axuda da pipeta e un vaso de precipitados.

Gárdase o preparado nun frasco de cristal, con etiqueta

Page 8: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

Se se dispón do material que se indica: unha pipeta graduada de dez mL un vaso de precipitados de 100mL un matraz aforado de 1000mL e unha balanza de precisión de mg, ¿Como prepararía unha disolución 1M de ácido clorhídrico a partir de ácido clorhídrico comercial de densidade 1,18g/mL e do 36% en peso de riqueza. Debuxa o material volumétrico utilizado.

PAAU LOGSE 94

gHClg

oconcentradg

HClmol

HClg

L

HClmolL

mLconcg

concmL

HClg

oconcentradg

HClmol

HClg

L

HClmolL

389,10136

100

1

5,36

1

11

9,85.18,1

.1

36

100

1

5,36

1

11

1.-Cálculo do volume (e da masa) necesario de ácido concentrado para preparar UN litro de HCl 1M

2.- Procedemento

Para utilizar so material volumétrico, como é habitual neste procedemento, teríamos que facer nove medidas coa pipeta o que implica aumentar o error a 0,9mL.

Así pois utilizamos a balanza: Taramos o vaso de pptdos. e pesamos 101,389 g de ácido conc., axustando a pesada coa axuda da pipeta.

Bótanse no matraz, aproximadamente, 700mL de auga destilada, e sobre ela, os 85,9mL de ácido. Para recoller o ácido que poida quedar no vaso de precipitados, médiase con auga destilada, que se engade ao matraz, a continuación complétase ata aforo, con auga destilada, enrasando os últimos mililitros coa axuda da pipeta.

Page 9: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

Describir como se prepararía no laboratorio unha disolución 3M de ácido nítrico (trioxonitrato (V) de hidróxeno) se se dispón dun ácido nítrico comercial de 1,42 g/cm3 de densidade e do 69,5% de riqueza en peso. Especificar todo o material necesario e as precaucións necesarias para preparar 200 mL de tal solución

PAAU COU 00

mLconcg

concmL

HNOg

oconcentradg

HNOmol

HNOg

L

HNOmolL 3,38

.42,1

.1

5,69

100

1

63

1

32,0

33

33

1.-Cálculo do volume necesario de ácido concentrado

2.-Material

3.-Procedemento

Probeta de 100mL Émbolo para pipetear Vaso de precipitados Pipeta 10 mL Matraz aforado de 200mL Frasco lavador con auga destilada Funil Etiqueta

Coa axuda do funil, bótanse non mais de 35mL de ácido concentrado na probeta, enrasando a 38,3 mL coa axuda da pipeta.

Bótanse no matraz, aproximadamente, 100mL de auga destilada, e sobre ela, os 38,3mL de ácido. Para recoller o ácido que poida quedar na probeta, médiase con auga destilada, que se engade ao matraz, a continuación complétase ata aforo, con auga destilada, enrasando os últimos mililitros coa axuda da pipeta e un vaso de precipitados.

Page 10: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

Explique detalladamente, describindo o material:(a) ¿Como prepararía no laboratorio unha disolución de NaOH 0,1M a partir de hidróxido sódico en lentellas.(b) ¿Como valoraría a disolución alcalina anterior dispoñendo de ácido clorhídrico valorado 0,1M?

PAAU LOGSE

NaOHgNaOHmol

NaOHg

L

NaOHmolL 4

1

40

1

1,01

1.-Cálculo da masa de NaOH necesaria para preparar 1 litro de disolución

2.-Material

3.-Procedemento

Balanza Vidro de reloxo , variña , cuchara Vaso de precipitados Pipeta 10 mL Matraz aforado de 1L Frasco lavador con auga destilada Funil

Etiqueta

Tarado o vidro de reloxo pesamos nel os 4g de sosa,que se disolverán en aproximadamente cuarto litro de auga contida no vaso de pptdos.

Bótase a disolución no matraz,coa axuda dun funil, a continuación complétase ata aforo, con auga destilada, enrasando os últimos mililitros coa axuda da pipeta. e o vaso de precipitados.Por último gárdase , titulada, nun frasco de vidro

Page 11: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

¿Cómo prepararían no laboratorio 500mL de disolución de hidróxido de sodio 0,1M a partir do producto puro (sólido en lentellas)? Faga os cálculos e explique o material e o procedemento. ¿Cántos gramos e cántos moles de hidróxido de sodio existirán por litro de disolución preparada?.

PAAU LOGSE sept 04

Page 12: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

¿Como prepararía 1 L de disolución 0,5M de NaOH a partir do producto comercial en lentellas? Unha vez obtida a disolución anterior ¿como prepararía 250mL de NaOH 0,1M? Faga os cálculos correspondentes, describa o material e o procedemento.

PAAU LOGSE sept 03

Page 13: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

Se dispón no laboratorio de NaOH comercial en lentellas e se ten que preparar 100 mL dunha disolución de NaOH 2M. Explique detalladamente o procedemento nomeando o material utilizado

PAAU LOGSE

Page 14: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

Dispoñemos dunha disolución de HCl 1M e temos que preparar 100mL doutra disolución de HCl exactamente 0,25M. Explique detalladamente o procedemento, nomeando o material utilizado.

PAAU LOGSE

Page 15: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

Dispoñemos de 100ml dunha disolución de HCl 0,5M e desexamos preparar 100ml doutra disolución de HCl exactamente 0,05M. ¿Como procedería?. Explíqueo con detalle nomeando o material adecuado e a súa capacidade.

PAAU LOGSE Xuño 94

destiladaaugadeLLLelleengadiráns

aconcentraddisolucióndeLmol

Lmolsonvolumenenque

necesitoHCldemolmL

molmL

221

23

3

10.91010

.10.15,0

110.5

;10.51000

05,0100

Page 16: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

PAAU LOGSE

Dispoñemos de 500 mL de ácido clorhídrico 0,25M e temos que preparar 100mL doutra disolución de HCl exactamente 0,025M. Explique detalladamente o procedemento, nomeando o material utilizado e a súa capacidade

Page 17: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

Explique detalladamente (material e procedemento) como se poden recoñecer ácidos e bases no laboratorio

PAAU LOGSE Sept 00

Page 18: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

Describir con detalle como se leva a cabo no laboratorio unha valoración ácido-base. Indicar algunha aplicación práctica.

PAAU LOGSE 95

Page 19: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

Indique os procedementos que utilizou no laboratorio para medir o pH das disolucións, sinalando as características de cada un. Cite algún exemplo do emprego de indicadores explicando o porqué do seu cambio de cor.

PAAU LOGSE xuño 05

Page 20: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

Explique como valoraría unha disolución de NaOH de concentración descoñecida con unha disolución de ácido clorhídrico 1,5 M. Indique o material necesario

PAAU LOGSE

Page 21: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

Dispoñemos de 20mL dunha disolución 0,1M de ácido clorhídrico, que se neutralizan exactamente con 10mL de hidróxido de sodio de concentración descoñecida. Determine a concentración da base describindo con detalle o material, indicador e as operacións a realizar no laboratorio.

PAAU LOGSE Xuño 94

Page 22: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

Explique detalladamente como obtería no laboratorio a concentración dunha disolución de ácido clorhídrico que é aproximadamente 1M, utilizando unha disolución de hidróxido sódico exactamente 0,01M. Nomea o ,material empregado e o modo de realizar os cálculos

PAAU LOGSE Xuño 97

Page 23: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

Dispoñemos no laboratorio dun frasco que contén unha disolución de NaOH 0,1M que quedou destapada durante 30 días. Esta disolución preparámola a partir de NaOH comercial en lentellas, que tamén temos nun frasco pechado no laboratorio. ¿Podemos considerar correcta a concentración da disolución de NaOH? ¿Por que? (b) no caso de querer valorar a disolución, describa o material, reactivos e procedemento para iso.

PAAU LOGSE xuño 00

Page 24: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

Indique, cun exemplo, como determinaría no laboratorio a calor de neutralización dun ácido forte cunha base forte, facendo referencia ó principio, material, procedemento e cálculos.

PAAU LOGSE xuño 05

Page 25: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

Describa o procedemento para calcular no laboratorio o calor de disolución de NaOH en auga. Debuxe o material e indique o modo de realizar os cálculos.

PAAU LOGSE Sept 00

Page 26: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

Explique detalladamente como se pode determinar no laboratorio o calor de disolución de KOH(s) en auga. Efectúe o cálculo (a presión e temperatura de laboratorio) supoñendo unha masa de hidróxido de potasio de 4,5 gramos que se disolven en 450 mL de auga nun calorímetro que ten un equivalente en auga de 15 g. O incremento de temperatura da auga é de 25ºC. Datos Calor específico da auga 4,18J/gºC e densidade da auga 1g/mL

PAAU LOGSE xuño 06 PROPOSTA

Page 27: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

Explique detalladamente como calcularía no laboratorio a calor de disolución de NaOH (s) en auga. Calcúleo (a P e T do laboratorio) supoñendo unha masa de NaOH de 5 g que se disolven en 900mL nun calorímetro no que o equivalente en auga é de 13g. O aumento de Tª foi de 1ºC. Datos: calor específica da auga 4,18 J/ºC.kg e a densidade da auga é de 1gcm -3

PAAU LOGSE Sept 97

Page 28: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

PAAU LOGSE

Explique detalladamente como calcularía no laboratorio a calor de disolución de NaOH(s) en auga. Faga o cálculo da calor de disociación ( a P e T do laboratorio) supoñendo que unha masa de NaOH de 2,15 g que se disolven en 450mL nun calorímetro que equivale en auga a 43 g, o aumento de temperatura da auga foi de 1,1ºC

Page 29: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

No laboratorio dispoñemos de hidróxido sódico (sólido en lentellas) e de 100 mL de disolución de ácido clorhídrico 0,1M. Queremos determina-la calor de neutralización entre disolución 0,1M de hidróxido sódico e 0,1M de ácido clorhídrico. Describindo o material utilizado en cada caso, indique: (a) o procedemento que hai que seguir para a preparación da disolución 0,1M de hidróxido sódico; (b) o procedemento que hai que seguir para calcula-la calor de neutralización. (c) Se na reacción se liberan 550J ¿qué valor asignaría á calor de neutralización entre as dúas especies?

PAAU LOGSE Sept 01

Page 30: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

Quérese determina-la ∆H do proceso de disolución dun composto iónico AB. Indique o procedemento a seguir e o material a utilizar. Se ao disolver 0,2 moles de dita substancia en 500 mL de auga se produce un incremento de temperatura de 2ºC. ¿Cal será o valor de H, en J/mol, para dito proceso?Datos: ce(disolución)= ce(auga)= 4,18J/gºC; densidade da auga 1g/mL e masa da disolución =

masa de auga

PAAU LOGSE xuño 02

Page 31: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

Describa cun exemplo, o procedemento de obtención dun precipitado no laboratorio indicando o material necesario.

PAAU LOGSE xuño 06 PROPOSTA

Page 32: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

Describa unha reacción de precipitación que teña preparado no laboratorio . Faga un esquema do material e explique o modo de utilizalo. Escriba a reacción que se produce. ¿Como calcularía a rendemento da mesma?

PAAU COU Sept 00

Page 33: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

¿Que operacións se poderían empregar no laboratorio para separar un precipitado dunha disolución que o contén? Descríbaas, debuxando os distintos tipos de material. Supoña que o precipitado é trioxocarbonato (IV) de calcio [carbonato de calcio], ¿como disolvería dito precipitado? Razoe a resposta.

PAAU LOGSE xuño 02

Page 34: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

Ó facer reaccionar unha disolución de cloruro de potasio con outra de nitrato de prata, obtense un precipitado branco. Escriba dita reacción, indicando de que precipitado se

trata e como faría no laboratorio para separalo da disolución.

PAAU LOGSE xuño 06

Page 35: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

Dispoñendo no laboratorio de dicloruro de calcio e trioxocarbonato (IV) de sodio [carbonato de sodio], describa o procedemento adecuado para obter trioxocarbonato (IV) de calcio (II) [carbonato de calcio]. Explíqueo detalladamente, así como o material utilizado para o illamento de dito composto.

PAAU LOGSE sept 02

Page 36: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

Describa detalladamente cómo obtería e separaría no laboratorio o precipitado de trioxocarbonato (IV) de calcio [carbonato de calcio]. Debuxe o material empregado. ¿Como faría para disolver o precipitado?

PAAU LOGSE sept 03

Page 37: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

¿Sabe que é unha cela galvánica?. Explique como a construiría no laboratorio. Comente as súas aplicacións

PAAU LOGSE 94

Page 38: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

Explique como construiría no laboratorio unha cela galvánica. Describa o material empregado e os productos que utilizaría

PAAU LOGSE Xuño 97

Page 39: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

Debuxe un esquema dunha cuba ou célula electrolítica cun exemplo práctico. Indique os seus elementos constitutivos explicando a función que desempeña cada elemento no proceso electrolítico.

PAAU LOGSE Xuño 94

Page 40: Bureta Para medir cantidades variables de líquidos. Usámolos para valorar ácidos ou bases

Explique como construiría no laboratorio unha pila con electrodos de zinc e cobre. Eº(Zn+2/Zn) =-0,76V, Eº(Cu+2/Cu) = 0,34V. Faga o debuxo correspondente. ¿En que sentido circularán os electróns? ¿Cales son as especies oxidante e reductora?

PAAU LOGSE Sept 97