boletín epidemiolóxico de galicia xxix-2.pdfbeg 2017; vol. xxix, nº 2 4 programa de eliminaciÓn...

17
Boletín Epidemiolóxico de Galicia 1 Dirección xeral de saúde pública – DXSP maio de 2017 volume XXIX, número 2 A VARICELA E O HERPES ZÓSTER EN GALICIA DE 2012 A 2016 Introdución. A varicela é o resultado da infección primaria co virus da varicela zóster (VVZ), e o herpes zóster prodúcese pola reactivación do VVZ que, dende a infección primaria, permanecía acantonado en latencia estática nas neuronas dos ganglios raquídeos e dos ganglios dos nervios craneais. Varicela. Como a susceptibilidade ao VVZ é universal e a súa transmisión moi doada, con números básicos de reprodución que a mediados do século XX ficaban, en países desenvolvidos, entre 10 e 12 1 , a meirande parte das persoas inféctanse de nenos, e adquiren unha inmunidade que se considera que dura de por vida. En concreto, en España, no ano 1996, o 79% (IC95%: 75-84) dos nenos de 6 a 9 anos tiñan anticorpos fronte o VVZ, e dos rapaces de 10 a 14 anos, tíñaos o 91% (IC95%: 97-95) 2 . Estes resultados son consistentes cos obtidos en Galicia nos mozos de 18 a 24 anos en 2001 e 2007, nos que se acharon prevalencias de seroprotección do 94 (IC95%: 91-96) e do 95% (IC95%: 94-97%), respectivamente 3-4 . Antes da vacinación fronte á varicela, a meirande parte dos infectados co VVZ desenvolvían síntomas de varicela; facíano entre o 88 e o 89%, de atender aos resultados de estudos que comparan a lembranza de ter pasado a enfermidade antes de que se iniciase a vacinación co resultado serolóxico 5-6 . Estes mesmos estudos indican que a clínica é moi característica, porque o valor preditivo positivo do recordo de ter padecido a enfermidade supera en todos eles o 95%. Ora ben, este mesmo valor preditivo, que é no que se funda a recomendación de vacinación na preadolescencia que fai o Programa Galego de Vacinacións (PGV), pode diminuír despois da xeneralización da vacinación infantil, tanto pola diminución da prevalencia de infección debida ao seu efecto indirecto 8-9 , como polo aumento relativo de enfermos vacinados cunha dose, que adoitan padecer formas máis leves de varicela 10 . Herpes zóster. A reactivación do VVZ está asociada a unha diminución da inmunidade celular específica, mais non se sabe se esta diminución débese sempre a outra xeral da inmunidade (que explica a maior frecuencia de herpes zóster en inmunodeprimidos, e quizais tamén na vellez), ou a unha perda da capacidade de protección específica debida a ausencia de reforzo (boosting), sexa este endóxeno (debido a unha reactivación subclínica do VVZ), exóxeno (debido ao contacto subclínico con VVZ externos, fundamentalmente por contacto con casos de varicela), ou mixto. Despois de se reactivar, feito que en xeral ocorre só unha vez ao longo da vida 11-12 , o VVZ difunde polo nervio ata a pel, onde aparecen as características lesións vesiculares, que adoitan afectar a un só dermatoma. A VARICELA E O HERPES ZÓSTER EN GALICIA DE 2012 A 2016....................................................... páxina 1 INGRESOS HOSPITALARIOS POR VARICELA EN GALICIA DE 2012 A 2015...................................... páxina 12

Upload: others

Post on 20-Jan-2021

6 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Boletín Epidemiolóxico de Galicia XXIX-2.pdfBEG 2017; vol. XXIX, nº 2 4 PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade

Boletín Epidemiolóxico de Galicia

1

Dirección xeral de saúde pública – DXSP

maio de 2017 volume XXIX, número 2

A VARICELA E O HERPES ZÓSTER EN GALICIA DE 2012 A 2016

Introdución. A varicela é o resultado da infección primaria co virus da varicela zóster (VVZ), e o herpes

zóster prodúcese pola reactivación do VVZ que, dende a infección primaria, permanecía acantonado en

latencia estática nas neuronas dos ganglios raquídeos e dos ganglios dos nervios craneais.

Varicela. Como a susceptibilidade ao VVZ é universal e a súa transmisión moi doada, con números básicos

de reprodución que a mediados do século XX ficaban, en países desenvolvidos, entre 10 e 121, a meirande

parte das persoas inféctanse de nenos, e adquiren unha inmunidade que se considera que dura de por vida.

En concreto, en España, no ano 1996, o 79% (IC95%: 75-84) dos nenos de 6 a 9 anos tiñan anticorpos fronte

o VVZ, e dos rapaces de 10 a 14 anos, tíñaos o 91% (IC95%: 97-95)2. Estes resultados son consistentes cos

obtidos en Galicia nos mozos de 18 a 24 anos en 2001 e 2007, nos que se acharon prevalencias de

seroprotección do 94 (IC95%: 91-96) e do 95% (IC95%: 94-97%), respectivamente3-4.

Antes da vacinación fronte á varicela, a meirande parte dos infectados co VVZ desenvolvían síntomas de

varicela; facíano entre o 88 e o 89%, de atender aos resultados de estudos que comparan a lembranza de

ter pasado a enfermidade antes de que se iniciase a vacinación co resultado serolóxico5-6. Estes mesmos

estudos indican que a clínica é moi característica, porque o valor preditivo positivo do recordo de ter

padecido a enfermidade supera en todos eles o 95%.

Ora ben, este mesmo valor preditivo, que é no que se funda a recomendación de vacinación na

preadolescencia que fai o Programa Galego de Vacinacións (PGV), pode diminuír despois da xeneralización

da vacinación infantil, tanto pola diminución da prevalencia de infección debida ao seu efecto indirecto8-9,

como polo aumento relativo de enfermos vacinados cunha dose, que adoitan padecer formas máis leves de

varicela10.

Herpes zóster. A reactivación do VVZ está asociada a unha diminución da inmunidade celular específica,

mais non se sabe se esta diminución débese sempre a outra xeral da inmunidade (que explica a maior

frecuencia de herpes zóster en inmunodeprimidos, e quizais tamén na vellez), ou a unha perda da

capacidade de protección específica debida a ausencia de reforzo (boosting), sexa este endóxeno (debido a

unha reactivación subclínica do VVZ), exóxeno (debido ao contacto subclínico con VVZ externos,

fundamentalmente por contacto con casos de varicela), ou mixto.

Despois de se reactivar, feito que en xeral ocorre só unha vez ao longo da vida11-12, o VVZ difunde polo

nervio ata a pel, onde aparecen as características lesións vesiculares, que adoitan afectar a un só

dermatoma.

A VARICELA E O HERPES ZÓSTER EN GALICIA DE 2012 A 2016....................................................... páxina 1

INGRESOS HOSPITALARIOS POR VARICELA EN GALICIA DE 2012 A 2015...................................... páxina 12

Page 2: Boletín Epidemiolóxico de Galicia XXIX-2.pdfBEG 2017; vol. XXIX, nº 2 4 PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade

2 BEG 2017; vol. XXIX, nº 2

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

A vacinación en Galicia. A vacinación fronte á varicela comezou en Galicia en 2005 en dúas modalidades, a

vacinación preadolescente e a vacinación infantil. A primeira corría a cargo do PGV, que recomenda a

vacina só para os preadolescentes (en xeral aos 12 anos) que nin estivesen vacinados nin padecesen a

enfermidade13. Pola contra a Asociación Española de Pediatría adoptou a estratexia de vacinación infantil,

recomendando inicialmente unha soa dose aos 12-15 meses de idade e ampliando a recomendación cunha

segunda dose aos 3-4 anos no seu calendario de vacinacións para 2008, debido aos casos de varicela

observados en nenos vacinados cunha soa dose10.

Posteriormente, en setembro de 2013, a Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios retirou a

vacina da varicela das farmacias de España14, e non volveu a elas ata febreiro de 201615, dous meses antes

de que o PGV incorporara á vacinación infantil ao seu calendario vacinal, destinada aos nados a partir do 1

de xaneiro de 2015. A vacina administrarase en dúas doses, aos 15 meses e aos 3 anos16. Pola súa banda,

a vacinación preadolescente manterase no calendario do PGV ata que, en 2027, cumpran 12 anos os que

polo seu nacemento non tiveron a vacinación infantil no seu calendario, os nados antes de 201516.

A cobertura da vacinación infantil, con polo menos 1 dose, medrou de xeito continuo do 14% nos nados en

2003 ao 28% dos nados no bienio 2007/0817 e ao 37% dos nados en 2011, cando acadou o cumio para

despois descender ata o 32% dos nados en 201218. No que atinxe á vacinación preadolescente, as

coberturas con polo menos 1 dose medraron axiña do 7% nos nados en 1993 ao 11% nos nados en 1995,

pada despois manterse nunha banda entre o 11 e o 13%, agás nos nados en 2011, nos que a cobertura foi

do 9%18.

Para previr o herpes zóster disponse de dúas vacinas19-20, unha19 que hai pouco que está comercializada en

España, e a outra20 que está en proceso de autorización.

A vixilancia en Galicia. En Galicia a vixilancia da varicela comezou en 1904, cando se engadiu á listaxe de

enfermidades de declaración obrigatoria. De entón ata xaneiro de 2012 a declaración foi exclusivamente

numérica, polo que dese período coñécese só o número semanal de casos que, baixo sospeita clínica,

notificaba cada médico en exercicio, que se computaban no concello no que consultaba o médico

declarante. Pola contra, a vixilancia do herpes zóster non comezou ata 2012, cando se engadiu á listaxe de

enfermidades de declaración obrigatoria21.

A partir da reforma de 2012 a declaración da varicela e do herpes zóster é individualizada en atención

primaria, polo que se poden coñecer, ademais dos datos da declaración numérica, a idade, o sexo e o

concello de residencia dos casos. En ambos os dous casos, a declaración faise baixo sospeita clínica, posto

que as manifestacións clínicas da varicela e do zóster son específicas abondo.

Cos datos deste novo sistema de vixilancia elaborouse o presente informe.

Métodos. As taxas de incidencia, que se expresan en casos por cen mil habitantes (c/105h), calculáronse

cos datos de poboación que proporciona o IGE22, que tamén proporciona a clasificación dos concellos por

grao de urbanización ou densidade de poboación23.

Os antecedentes de vacinación dos casos son o resultado do cruce dos datos de vixilancia cos do rexistro

do PGV, polo identificador numérico de persoa que emprega o sistema sanitario galego, o NASI. A

efectividade vacinal estimouse mediante o método screening24, os seus intervalos de confianza do 95%

(IC95%) calculáronse con Epidat 3.1, e as taxas con Epidat 4.225.

A varicela de 2012 a 2016. De 2012 a 2016 declaráronse en Galicia 50.415 casos de varicela, cunha ampla

variación interanual, que vai dos 7.659 casos de 2013 aos 13.967 de 2016. Nestes anos a incidencia

amosou unha tendencia crecente, dende o mínimo histórico de 2011 (138 c/105h) ata os 514 c/105h, que é

unha taxa que non se acadaba dende finais do século XX (ver a Figura 1), e recuperou os ciclos de

periodicidade bianual que se perderan nos últimos anos da primeira década do século.

Sexo e idade. A varicela foi, en todos os anos considerados, máis frecuente en varóns que en mulleres, con

riscos relativos que variaron de 1’07 en 2015 e 1’18 en 2012. Variación semellante experimentou a razón de

masculinidade (de 1’04 en 2013 a 1’11 en 2016), que ademais sempre foi superior a 1 en todos os grupos

de idade considerados.

Page 3: Boletín Epidemiolóxico de Galicia XXIX-2.pdfBEG 2017; vol. XXIX, nº 2 4 PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade

3 BEG 2017; vol. XXIX, nº 2

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

Figura 1. Incidencia (c/105h) anual de

varicela en Galicia, de 1994 a 2016.

A enfermidade afecta fundamentalmente aos nenos, de tal xeito que os menores de cinco anos supuxeron

entre o 50 e o 57% dos casos, segundo o ano, e os menores de 15 entre o 88 e o 91%. Esta distribución

tradúcese en taxas de incidencia que varían en máis de dúas ordes de magnitude nos distintos grupos de

idade, como se pode ver na Táboa 1. Nela vese tamén que o ciclo bianual obsérvase en todos os grupos de

idade, e que todos amosan unha tendencia crecente, que resultou ser máis intensa nos de 0 a 4 anos de

idade e ao final do período. Ademais, ao tomar como referencia o grupo de idade coa incidencia anual máis

estable, o de 10-14 anos, cun coeficiente de variación do 15%, o maior aumento relativo da incidencia

observouse no grupo de 0 a 4 anos, que tamén é o que tivo a incidencia anual máis variable, cun coeficiente

de variación do 33%.

Táboa 1. Incidencia (c/105h) anual de varicela en Galicia por grupo de idade, de 2012 a 2016

Idade 2012 2013 2014 2015 2016

0 a 4 anos 4.256 3.442 5.647 4.511 7.818

5 a 9 anos 2.108 2.159 3.336 2.101 3.434

10 a 14 anos 547 564 636 552 757

15 anos e máis 44 35 50 37 55

Todos 314 277 418 313 514

A idade media no conxunto da poboación variou entre 7’4 (dt=11’1) anos en 2016 e 8’1 (dt=11’0) en 2013; e,

ao restrinxir á poboación aos menores de 15 anos, fíxoo entre os 4’2 (dt=2’9) anos de 2015 e os 4’6 (dt=3’0)

de 2013. Na Figura 2 mírase que as distribucións das taxas de incidencia en idades simples nos distintos

anos teñen formas semellantes: distribución unimodais marcadamente nesgadas cara ás idades inferiores,

coa moda que varía, segundo o ano, entre 2 e 3 anos de idade.

Figura 2. Incidencia (c/105h) de varicela

en Galicia, por idades simples e ano, de

2012 a 2016.

0

100

200

300

400

500

600

700

19

94

19

95

19

96

19

97

19

98

19

99

20

00

20

01

20

02

20

03

20

04

20

05

20

06

20

07

20

08

20

09

20

10

20

11

20

12

20

13

20

14

20

15

20

16

0

2.000

4.000

6.000

8.000

10.000

12.000

0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14

2012 2013 2014 2015 2016

Page 4: Boletín Epidemiolóxico de Galicia XXIX-2.pdfBEG 2017; vol. XXIX, nº 2 4 PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade

4 BEG 2017; vol. XXIX, nº 2

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

Figura 3. Proporción (%) de casos varicela

por cuatrisemana de notificación e ano, en

Galicia, de 2012 a 2016.

Estacionalidade. Na figura 3 mírase que

durante o quinquenio 2012-2016 mantívose

a tradicional estacionalidade da varicela,

que a proporción dos casos que ocorren

nas primeiras cuatrisemanas do ano é maior

nos anos de maior incidencia, e que o

aumento da incidencia dos anos do ciclo

bianual con incidencia elevada comeza xa

nas últimas cuatrisemanas do ano anterior.

Xeografía. A pesares de que no conxunto de Galicia a incidencia de varicela amosa uns claros ciclos

bianuais, este comportamento non é tan nítido na meirande parte das EOXI, e mesmo semella que

nalgunha o ciclo podería ser trienal; en todo caso, non hai sincronía entre os ciclos das distintas EOXI, feito

que explica a perda incidental do ciclo para o conxunto de Galicia cando os períodos considerados son

longos abondo (ver a Figura 1).

Nas incidencias anuais notificadas de 2012 a 2016 nas distintas EOXI tamén hai diferenzas, que fan que a

incidencia anual media durante o período varíe dos 258 aos 447 c/105h das EOXI de Lugo e da Coruña,

respectivamente, que ten pouco significado debido á gran variabilidade interanual, como se ve na Figura 4.

Figura 4. Incidencia (c/105h) anual

media de varicela cos valores

máximo e mínimo de 2012 a 2016,

por EOXI.

Efectividade vacinal. Estudouse só a efectividade da vacinación iniciada en 2016 e só naqueles aos que ía

dirixida, os nados a partir do 1 de xaneiro de 2015. Dende o 1 de abril, cando comezou á vacinación, ata

que rematou 2016 recibiran a vacina o 80% dos nenos que a tiñan indicada, e notificáronse 64 casos de

varicela en nenos nados en 2015 que tiñan máis de 15 meses de idade.

Ao cruzar os datos da notificación cos do rexistro do PGV achouse que 23 dos 64 recibiran a vacina antes

de enfermar, aínda que 7 enfermaron antes de que pasasen 15 días dende que recibiran a vacina. Ao

excluír estes 7 casos da análise, obtense unha efectividade do 90% (IC95%: 81-94%), e se non se exclúen e

se consideran non vacinados, debido a que non houbo tempo para desenvolver unha inmunidade eficaz, a

efectividade medra só un pouco, ao 91% (IC95%: 84-95%).

En consonancia con esta efectividade, na cohorte vacinada observouse, dende o inicio da vacinación ata

que rematou 2016, unha redución da incidencia de varicela de entre o 88 e o 93%, segundo se tome como

referencia a incidencia mínima ou máxima das cohortes equivalentes nos anos 2012 a 2015 (ver a Figura

0

100

200

300

400

500

600

700

LU SI OU FE VI PO AC

0%

2%

4%

6%

8%

10%

12%

14%

16%

18%

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13

2012 2013 2014 2015 2016

Page 5: Boletín Epidemiolóxico de Galicia XXIX-2.pdfBEG 2017; vol. XXIX, nº 2 4 PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade

5 BEG 2017; vol. XXIX, nº 2

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

5). Non resto de idades ocorreu o contrario, o número de casos en 2016 foi superior ao dos anos

precedentes; por exemplo, nos de menos de 15 meses de idade, dende que comezou a vacinación ata que

rematou 2016 foino entre un 38 e un 64%, segundo se tome como referencia o valor mínimo ou máximo dos

observados de 2012 a 2015 (ver a Figura 5).

Figura 5. Esquerda: Número de casos de varicela notificados en Galicia entre o inicio da vacinación e o

remate de 2016, acumulado por cuatrisemana, nos nenos nados a partir do 1 de xaneiro de 2015, xunto ao

número medio e mínimo de casos en nenos das cohortes equivalentes notificados nos anos 2012 a 2015.

Dereita: O mesmo, pero cos casos de nenos de menos de 15 meses de idade e os valores medio e máximo

dos anos 2012 a 2015.

O herpes zóster de 2012 a 2016. De 2012 a 2016 declaráronse en Galicia 64.680 casos de herpes zóster,

cunha pouco intensa pero clara tendencia crecente (axuste lineal, R2=0’99), que supuxo pasar dos 314

c/105h de 2012 aos 367 c/105h de 2016 (ver a Táboa 2), un cambio relativo do 17%, que se contrae ao 13%

ao axustar as taxas polo método directo, tomando como poboación estándar a de 2014.

Sexo e idade. O herpes zóster foi, en todos os anos considerados, máis frecuente en mulleres que en

varóns, que supuxeron entre o 57 e o 58% dos casos segundo o ano. Como se mira na Táboa 2, as taxas

de incidencia medraron de xeito continuo en homes e en mulleres, e, de 2012 a 2016, pasaron,

respectivamente, dos 278 aos 324 c/105h (axuste lineal, R2=0’96) e dos 374 aos 406 c/105h (R2=0’99), un

cambio relativo, nos dous casos, do 17% que tamén se reduce ao 13% despois de axustar as taxas.

A incidencia medra coa idade, a modo ata os 50 anos e despois con maior intensidade (Figura 6 e Táboa 2).

No quinquenio considerado, a incidencia medrou en todos os grupos de idade (O risco relativo de 2016 vs

2012 é estatisticamente significativo en todos agás no de menos de 10 anos); e en todos os grupos de

idade, agás nos de 20 a 29 e 30 a 39 anos, a incidencia foi superior en mulleres. Con todo, a incidencia

nestas e nos homes é moi semellante ata os 40 anos, para despois diferenciarse notablemente (Figura 6).

Figura 6. Incidencia (c/105h) anual media de

herpes zóster no quinquenio 2012-2016, por

sexo en Galicia

0

100

200

300

400

500

600

700

800

900

0 a 9 10 a 19 20 a 29 30 a 39 40 a 49 50 a 59 60 a 69 70 a 79 80 +

MULLER

HOME

0

100

200

300

400

500

600

5 6 7 8 9 10 11 12 13

menores de 15 meses2016

Media

Máximo

0

100

200

300

400

500

600

700

800

900

5 6 7 8 9 10 11 12 13

cohorte vacinada2016

Media

Mínimo

Page 6: Boletín Epidemiolóxico de Galicia XXIX-2.pdfBEG 2017; vol. XXIX, nº 2 4 PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade

6 BEG 2017; vol. XXIX, nº 2

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

Táboa 2. Incidencia (c/105h) de herpes zóster de 2012 a 2016, e risco relativo dos diferentes grupos de idade, a respecto do máis novo, calculado coa incidencia media do período 2012-2016, por sexo en Galicia.

Idade (anos) 2012 2013 2014 2015 2016 2012-2016

HOMES RR

0 a 9 74 93 90 76 96 1’00

10 a 19 137 117 157 159 181 1’75

20 a 29 133 143 161 139 143 1’67

30 a 39 146 167 174 171 169 1’93

40 a 49 164 143 171 183 178 1’95

50 a 59 286 289 291 313 298 3’44

60 a 69 511 514 520 548 567 6’19

70 a 79 658 631 684 722 763 8’05

80 + 711 750 810 778 797 8’95

Todos 278 282 304 313 324 3’49

MULLERES

0 a 9 98 114 105 83 76 1’00

10 a 19 139 155 158 158 153 1’61

20 a 29 113 131 130 141 160 1’42

30 a 39 136 144 144 168 177 1’61

40 a 49 180 170 194 207 201 2’00

50 a 59 405 438 419 432 446 4’50

60 a 69 597 628 655 663 686 6’79

70 a 79 732 733 729 763 770 7’83

80 + 744 729 838 837 883 8’47

Todos 347 360 377 392 406 3’96

TODOS

0 a 9 86 103 97 79 86 1’00

10 a 19 138 136 157 159 168 1’68

20 a 29 123 137 146 140 151 1’54

30 a 39 141 155 159 169 173 1’76

40 a 49 172 157 183 195 190 2’0

50 a 59 347 364 356 374 374 4’02

60 a 69 556 573 590 608 629 6’54

70 a 79 700 688 709 745 767 7’99

80 + 732 737 828 816 852 8’77

Todos 314 322 342 354 367 3’76

Page 7: Boletín Epidemiolóxico de Galicia XXIX-2.pdfBEG 2017; vol. XXIX, nº 2 4 PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade

7 BEG 2017; vol. XXIX, nº 2

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

Figura 7. Proporción (%) do número medio de

casos herpes zóster en homes e mulleres

notificados en Galicia de 2012 a 2016, pola

cuatrisemana de notificación.

Estacionalidade. Na figura 7 mírase que

durante o quinquenio 2012-2016 a notificación

dos casos de herpes zóster amosa unha lixeira

estacionalidade, que non é exactamente igual

en homes que en mulleres.

Xeografía. Ao longo do quinquenio 2012-2016, a incidencia de herpes zóster medrou en todas as EOXI, que

en xeral teñen taxas moi semellantes, agás as de Ourense, que son superiores, e as de Pontevedra, que

son inferiores (Figura 8), e este comportamento obsérvase tanto en homes como en mulleres. Ao empregar

as taxas anuais medias do quinquenio, e tomar como referencia a da EOXI de Pontevedra, os riscos

relativos do grupo de EOXI coas incidencias semellantes varían de 1’20 a 1’39, mentres a de Ourense

acada 1’65.

Non obstante, dada a importante asociación entre a idade e a incidencia de herpes zóster e a diferente

demografía das EOXI, compre preguntarse en que medida esta diferenza afecta á observada nas

incidencias de zóster. Ao axustar, polo método directo e coa poboación de Galicia a 1 de xaneiro de 2013,

obtéñense unha taxas medias axustadas que, tendo unha vez máis como referencia a de Pontevedra, dan

lugar a uns riscos relativos que, nas EOXI coas taxas brutas de incidencia semellantes, varían de 1’20 a

1’33, mentres o da EOXI de Ourense redúcese a 1’40. Semella, pois, que o exceso da incidencia observado

en Ourense coas taxas brutas débese, en parte, á estrutura de idade, algo que non ocorre coa menor

incidencia observada na de Pontevedra.

Figura 8: Taxa bruta de incidencia (c/105h) de herpes zóster por EOXI e ano, de 2012 a 2016 (esquerda); e,

taxa bruta e axustada no quinquenio 2012-2016, por EOXI.

200

300

400

500

PO LU SI FE AC VI OU

Bruta Axustada

200

300

400

500

2012 2013 2014 2015 2016

FE AC SI LU OU PO VI

Comentario: varicela. Ao longo do quinquenio 2012-2016, a incidencia de varicela en Galicia amosou unha

tendencia ao aumento que supuxo a inversión da tendencia descendente que comezou en 2005,

coincidindo co inicio da vacinación infantil, e levou a que en 2011 se observase a incidencia máis baixa

dende que se vixía a enfermidade.

Ora ben, esta tendencia en aumento sobreponse a unha incidencia de fondo que ficaría nun nivel máis

elevado, asociado á reforma da declaración obrigatoria de enfermidades que se implantou en xaneiro de

2012. En efecto, xa nos primeiros meses da reforma observouse un aumento da incidencia de varicela que

5%

6%

7%

8%

9%

10%

11%

12%

13%

14%

15%

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13

homes mulleres

Page 8: Boletín Epidemiolóxico de Galicia XXIX-2.pdfBEG 2017; vol. XXIX, nº 2 4 PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade

8 BEG 2017; vol. XXIX, nº 2

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

ía máis alá do esperado26, como ocorreu con outras enfermidades que tamén se declaraban en atención

primaria27, debido, probablemente, a que, coa reforma, a declaración obrigatoria é moito máis doada.

Sobre este nivel de fondo máis elevado desenvolveuse unha tendencia ao ascenso probablemente debida á

retirada, en setembro de 2013, da vacina da varicela das farmacias, que impediu que continuase unha

vacinación infantil que cubría a máis dun terzo dos nenos. De ser deste xeito, esperaríase, como ocorreu,

que o maior aumento ocorrese nos de menos de 5 anos de idade, que son os que quedaron sen a

protección directa, e que, debido a unha máis doada circulación do VVZ entre a poboación, se observasen

aumentos menores en todos os grupos de idade.

Con todo, non se pode descartar que a incidencia de fondo experimentase tamén unha lixeira tendencia ao

aumento, debido á mellora na calidade e extensión da codificación dos episodios de consulta en atención

primaria, que redundaría nun aumento do número de casos declarados21.

Durante o quinquenio 2012-2016 observouse a estacionalidade típica da enfermidade, a idade media dos

casos foi de entre 7 e 8 anos (4 nos menores de 15 anos), e a incidencia no conxunto de Galicia recuperou

os clásicos ciclos bianuais, coa tamén clásica, asincronía territorial.

Mais, esta panorama vai cambiar nos anos vindeiros pola inclusión da vacinación infantil fronte á varicela no

calendario do PGV e a volta da vacina ás farmacias. A primeira vai dirixida aos nados a partir do 1 de

xaneiro de 2015, e, dende que principiou a vacinación en abril de 2016 ata que rematou o ano, neles

observouse unha efectividade directa do 90% (IC95%: 81-94%), que está en consonancia cos estudos de

eficacia28 e coa efectividade estimada pouco tempo despois da vacinación cunha soa dose de vacina29.

(Lémbrese que despois dunha soa dose, a capacidade de protección vai diminuíndo co paso do tempo,

motivo polo cal se administra unha segunda dose10,13, 28-29.)

Compre salientar que o método co que se calculou a efectividade, o screening, non permite un cálculo

formal da efectividade, mais si permite detectar desviacións do esperado de se dar certos supostos30, como

o de vacinación aleatoria (vacinados e non vacinados xorden da mesma poboación; é dicir, teñen unha

distribución semellante da factores de risco para padecer a enfermidade) e o de exposición comparable

(vacinados e non vacinados teñen o mesmo risco de estar expostos ao VVZ)31. Semella que no caso aquí

considerado se cumpren estes supostos; o de vacinación aleatoria, polas características de acceso á

vacinación do PGV, e o de exposición comparable, pola elevada incidencia de enfermidade na poboación.

Semella tamén certas circunstancias que poderían dar lugar a unha sobreestimación da efectividade, como

unha sobreestimación da cobertura vacinal ou unha subestimación da proporción de casos vacinados30,

non están presentes. En efecto, se a algún problema está exposto o Rexistro do PGV, como calquera outro

rexistro, é ao subrexistro, que daría lugar a unha subestimación da cobertura vacinal e da proporción de

casos vacinados. Mais non parece selo caso, como indican os datos de distribución de doses e as

coberturas calculadas co Rexistro para o conxunto das vacinas33.

Comentario: herpes zóster. No que atinxe ao herpes zóster, a súa incidencia en Galicia durante o

quinquenio 2012-2016 medrou de xeito continuado, tanto en homes como en mulleres, ata acadar un

cambio relativo do 17% en ambos os dous casos. Debido á intensa asociación da incidencia do zóster coa

idade, parte deste aumento poderíase atribuír aos envellecemento da poboación de Galicia durante o

quinquenio, no que o índice de envellecemento (cociente entre a poboación de máis de 59 anos e de menos

de 20) medrou un 6% (5% en homes e 6% en mulleres) e o de sobre-envellecemento (cociente entre a

poboación de máis de 79 anos e a de máis de 59) un 13% (igual en homes e mulleres).

Mais ao axustar as taxas de incidencia para ter en conta e efecto da idade, o aumento da incidencia de

2012 a 2016 redúcese só a un 13%, e o aumento afecta a case todos os grupos e non só aos de maior

idade, polo que semella que é necesaria outra explicación, de se tratar dun auténtico aumento e non dunha

variación polianual cíclica da que non hai constancia na epidemioloxía do zóster.

Unha hipótese alternativa, que deriva dos resultados obtidos despois de modelar a dinámica do VVZ

atendendo aos cambios demográficos da poboación española de 1900 a 2009 e asumindo que o zóster é o

resultado da ausencia de reforzo exóxeno34, sitúa o aumento da incidencia de zóster observado en Galicia

Page 9: Boletín Epidemiolóxico de Galicia XXIX-2.pdfBEG 2017; vol. XXIX, nº 2 4 PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade

9 BEG 2017; vol. XXIX, nº 2

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

de 2012 a 2016 nunha tendencia máis xeral ao aumento que se observaría en España dende hai anos

asociado a unha redución da circulación do VVZ, causada principalmente polo descenso progresivo da

natalidade.

Para rematar, outra posibilidade, que non se pode examinar cos datos dispoñibles, é que o aumento da

incidencia, ou polo menos unha parte del, dependa da mellora na calidade e extensión da codificación dos

episodios de consulta en atención primaria, que redundaría nun aumento do número de casos declarados,

na mesma liña do que podería ter ocorrido coa incidencia de fondo da varicela ao longo do quinquenio.

Ademais, aparentemente esta posibilidade podería explicar mellor as diferenzas de incidencia entre EOXI

que a hipótese comentada no parágrafo anterior.

Con todo, e malia o aumento observado, a incidencia de zóster en Galicia é menor que a observada noutras

comunidades autónomas con datos de atención primaria, como Navarra35, Valencia36 ou Madrid (CAM)37-38.

En concreto, comparada coas incidencias específicas por idade que proporciona a rede de médicos

sentinela da CAM39, as de Galicia de 2016, son considerablemente menores a partir do grupo de 45 a 64

anos; en concreto, a partir deste grupo de idade e ata os 85 anos as taxas de incidencia de Madrid no

período 2004/06 son entre un 30 e un 50% maiores que as de Galicia en 2016 (Figura 9).

Figura 9: Taxa de incidencia

(c/105h) de herpes zóster na

Comunidade Autónoma de Madrid

en tres períodos de tempo39, e mais

en Galicia (GA) durante 2016, por

grupos de idade.

Dado o maior envellecemento de Galicia, cabería esperar que as taxas de incidencia de zóster fosen

maiores que as da CAM, e cabería esperalo tamén de asumir como certo o reforzo externo da inmunidade

polo contacto co VVZ, porque aparentemente na CAM foron maiores as posibilidades de entrar en contacto

co virus (por densidade e dinámica poboacional), polo menos nos dous primeiros períodos, nos que non

houbo tempo para que a vacinación infantil, que se engadiu ao calendario de vacinacións da CAM en

200638, tivese ningún impacto na circulación do VVZ40.

Unha explicación para esta diferenza radica en que os datos da CAM proceden de médicos sentinelas, que

teñen un compromiso persoal de notificar os casos que detectan, e as taxas calcúlanse referidas á

poboación que atende o conxunto de médicos que participan na rede, mentres as de Galicia os datos

proceden só dos casos identificados polos médico do sistema público de saúde que rexistran axeitadamente

os episodios de consulta, e as taxas calcúlanse referidas á totalidade da poboación.

Deste xeito, a priori, hai dúas posibles explicacións para unha subestimación da incidencia de Galicia, a

debida á unha deficiente calidade ou extensión da codificación dos episodios de consulta en atención

primaria, que como xa se comentou non pode ser avaliada; e a debida ás consultas por zóster feita no

sistema sanitario privado de Galicia.

Neste senso, na enquisa de 2015 do Sistema de Información sobre Condutas de Risco (SICRI), realizada

por teléfono a unha mostra representativa de persoas de 16 ou máis anos de idade que residían en Galicia,

aos participantes preguntóuselles se nas 4 semanas previas ao momento da entrevista consultaron cun

médico de familia por algún problema; e aos que contestaron que si preguntóuselles en que tipo de

0

200

400

600

800

1000

1200

1400

0-14 15-24 25-44 45-64 65-74 75-84 85+

2001/03

2004/06

2007/10

GA

Page 10: Boletín Epidemiolóxico de Galicia XXIX-2.pdfBEG 2017; vol. XXIX, nº 2 4 PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade

10 BEG 2017; vol. XXIX, nº 2

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

sanidade o fixeron, co resultado de que o 95% (IC95: 94-96%) fixérao na sanidade pública, sen que se

observasen diferenzas entre homes e mulleres, mais si por idade, dende o 91% (IC95: 88-93%) dos de 25 a

44 anos ata o 98% (IC95: 97-99%) dos de 65 e máis.

Con estes datos do SICRI, de ser válidos para as consultas por zóster en concreto (os que consultaron cun

especialista fixérono no sistema público nun 78%, IC95: 76-81%) e pódense xeneralizar a todo o período

considerado, ás consultas no sistema sanitario privado darían conta dunha parte da subestimación de

incidencia de zóster en Galicia, mais non de toda, de tomar como referencia válida a incidencia

proporcionada pola rede de médicos sentinela da CAM.

Bibliografía

1 Anderson RM, May RM. Infectious Diseases of Humans. Dynamics and Control. Oxford, 1991.

2 CNE. Estudio seroepidemiológico: situación de las enfermedades vacunables en España. Madrid, 2000.

3 DXSP. Enquisa galega de seroprevalencia 2001. Boletín Epidemiolóxico de Galicia 2003; vol. XV, nº 6.

4 DXSP. Enquisa galega de seroprevalencia 2001. Boletín Epidemiolóxico de Galicia 2008; vol. XXI, nº 5.

5 Díez-Domingo et al. Seroprevalence of varicella among children and adolescents in Valencia, Spain: Reliability of the parent’s reported history and the medical file for identification of potential candidates for vaccination. Human Vaccines 2005; 1: 204-6..

6 MacMahon E et al. Identification of potential candidates for varicella vaccination by history: questionnaire and seroprevalence study. BMJ 2004; 329; 551-552.

7 Dashraahath P et al. Seroepidemiology of Varicella and the Reliability of a Self-reported History of Varicella Infection in Singapore Military Recruits. Ann Acad Med Singapore 2007; 36: 636-41

8 Guris D et al. Changing Varicella Epidemiology in Active Surveillance Sites—United States, 1995–2005. J Infect Dis 2008; 197: S71–5.

9 Perella D et al. Validity of Reported Varicella History as a Marker for Varicella Zoster Virus Immunity Among Unvaccinated Children, Adolescents, and Young Adults in the Post–Vaccine Licensure Era. Pediatrics 2009; 123; e820-e828.

10 DXSP. A varicela en nenos vacinados con 1 dose de vacina. Boletín Epidemiolóxico de Galicia 2007; vol. XX, nº 5.

11 Yawn BP et al. Herpes Zoster Recurrences More Frequent Than Previously Reported. Mayo Clin Proc 2011; 86: 88-93.

12 Shiraki K et al. Herpes Zoster and Recurrent Herpes Zoster. Open Forum Infect Dis 2017 28 ;4(1): ofx007.

13 DXSP. A vacinación dos nenos sans fronte á varicela. Boletín Epidemiolóxico de Galicia 2004; vol. XVII, nº 4.

14 DXSP. A retirada da vacina da varicela das farmacias. Venres Epidemiolóxico 2012; vol. 2, nº 19.

15 DXSP. A vacinación fronte a varicela en Galicia en 2016. Venres Epidemiolóxico 2016; vol. 5, nº 3.

16 DXSP. Vacinación fronte á varicela en Galicia. Venres Epidemiolóxico 2016; vol. 5, nº 6.

17 DXSP. Ingresos hospitalarios por varicela en Galicia: 2008/2011. Boletín Epidemiolóxico de Galicia 2012; vol. XXIV, nº 4.

18 DXSP. Datos proporcionados polo Rexistro do Programa Galego de Vacinacións (PGV).

19 Oxman NM et al. A Vaccine to Prevent Herpes Zoster and Postherpetic Neuralgia in Older Adults. N Engl J Med 2005; 352: 2271-84.

20 Lal H et al. Efficacy of an Adjuvanted Herpes Zoster Subunit Vaccine in Older Adults. N Engl J Med 2015; 372: 2087-96.

21 DXSP. A reforma das enfermidades de declaración obrigatoria en Galicia. Venres Epidemiolóxico 2012; vol. 1, nº 1.

22 Instituto Galego de Estatística (IGE). Padrón municipal de habitantes [ligazón].

23 Instituto Galego de Estatística (IGE). Clasificación segundo o grao de urbanización [ligazón].

24 Cohen Al et al. An Assessment of the Screening Method to Evaluate Vaccine Effectiveness: The Case of 7-Valent Pneumococcal Conjugate Vaccine in the United States. PLoS ONE 7(8) : e41785.

25 DXSP. Epidat [ligazón].

Page 11: Boletín Epidemiolóxico de Galicia XXIX-2.pdfBEG 2017; vol. XXIX, nº 2 4 PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade

11 BEG 2017; vol. XXIX, nº 2

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

26 DXSP. A varicela nos primeiros seis meses da reforma das EDO. Venres Epidemiolóxico 2012; vol. 1, nº 15.

27 DXSP. A sífilis e a gonococia nos primeiros seis meses da reforma das EDO. Venres Epidemiolóxico 2012; vol. 1, nº 16.

28 Schmid DS, Jumaan AO. Impact of Varicella Vaccine on Varicella-Zoster Virus Dynamics. Clin Microbiol Rev 2013; 23: 202–217.

29 Seward,JF et al. Varicella Vaccine Effectiveness in the US Vaccination Program: A Review. J Infect Dis 2008; 197: S82–9.

29 Chen T, Orenstein WA. Epidemiologic Methods in Immunization Programs. Epidemiol Rev 1996; 18: 99-117.

29 Farrington CP. Estimation of Vaccine Effectiveness Using the Screening Method. Int J Epidemiol 1993; 22: 742-6.

32 Orenstein WA et al. Field evaluation of vaccine. Bull WHO 1985; 63: 1055–68.

33 DXSP. Coberturas de vacinación en Galicia. Xuño 2016. [Ligazón]

34 Marziano V et al. The impact of demographic changes on the epidemiology of herpes zoster: Spain as a case study Proc Biol Sci 2015; 282: 20142509.

35 Garcia Cenoz M et al. Varicella and herpes zoster incidence prior to the introduction of systematic child vaccination in Navarre, 2005–2006. An Sist Sanit Navar 2011, 30: 71–80.

36 Morant-Talamante N et al. Herpes zoster surveillance using electronic databases in the Valencian community (Spain). BMC Infect Dis 2013; 13: 463.

37 Esteban-Vasallo MD et al. Temporal trends in incidence rates of herpes zoster among patients treated in primary care centers in Madrid (Spain), 2005–2012. J Infect 2014; 68: 378–86.

38 Esteban-Vasallo MD et al. Temporal trends in incidence rates of herpes zoster among patients treated in primary care centers in Madrid (Spain), 2005–2012. J Infect 2014; 68: 378–86.

39 Servicio Madrileño de Salud. Red de Médicos Centinela de la Comunidad de Madrid, años 2007 a 2010.Boletín Epidemiológico de la Comunidad de Madrid 2011; vol. 17: nº 8.

40 DXSP. Impacto da vacinación infantil fronte á varicela na incidencia de herpes zóster. Boletín Epidemiolóxico de Galicia 2012; vol. XXIV, nº 2.

41 DXSP. Sistema de Información sobre Condutas de Risco para a saúde (SICRI). [Ligazón]

Page 12: Boletín Epidemiolóxico de Galicia XXIX-2.pdfBEG 2017; vol. XXIX, nº 2 4 PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade

12 BEG 2017; vol. XXIX, nº 2

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

INGRESOS HOSPITALARIOS POR VARICELA EN GALICIA DE 2012 A 2015

Limiar. Coincidindo co inicio da vacinación fronte á varicela en Galicia1, en 2005 comezou a vixilancia dos

ingresos por varicela, co obxectivo de coñecer o impacto que aquela ía ter nestes. Neste senso, nun

número anterior do BEG informouse dos ingresos entre 1995-2004 e das razóns polas que se elixiu o

período 1999-2004 como referencia prevacinal2, e despois revisáronse os ingresos de 2006-2007, nos que

non se atopou ningún cambio relevante a respecto do período prevacinal3.

Finalmente, revisáronse os ingresos no período 2008-2011, nos que se achou, a respecto do período

prevacinal, un descenso da taxa de ingreso por varicela en todos os grupos de idade, agás no de 65 anos e

máis, dos que foron estatisticamente significativos os observados no conxunto da poboación, e nos grupos

de 2 a 4 e de 25 a 44 anos. Ademais, nese período 2008/11, en sincronía co Sistema xeral de notificación

obrigatoria de enfermidades (SXNOE), observouse que se perdera a periodicidade bianual característica en

Galicia tanto da taxa de ingresos como da incidencia de varicela4.

Deseguido dáse conta do comportamento dos ingresos por varicela no período 2012-2015.

Material e Métodos. Os datos das altas hospitalarias durante o período 2012-2015 obtivéronse do CMBD,

que recolle e codifica información dos informes de alta hospitalaria, dos hospitais pertencentes ao Sergas e

máis de Povisa.

Seleccionáronse as altas nas que aparecese como diagnóstico principal, que se considera o motivo de

ingreso, calquera dos seguintes códigos da CIE–9MC: 052.0 a 052.90. Os ingresos cualificáronse como

debidos a varicela sen complicacións (052.9) ou con complicacións: encefalite posvaricela (052.0),

pneumonite (hemorráxica) de varicela (052.1), varicela con outras complicacións especificadas (052.7),

varicela con outras complicacións sen especificar (052.8) e mielite posvaricela (052.2).

As variables incluídas no estudo foron: diagnóstico principal, sexo, data de nacemento, identificador do

paciente, data ingreso, data alta e motivo alta. Considerouse como morte o pasamento ocorrido no hospital.

Non se tiveron en conta na análise os rexistros repetidos correspondentes a un mesmo paciente, agás para

o cálculo da estadía; considerouse rexistro repetido aquel mesmo suxeito que reingresa nun período menor

de 30 días e como novo episodio (reingreso) o que acontece despois de máis de 30 días.

As taxas, que se expresan como ingresos por cen mil habitantes ao ano (i/105h-a), calculáronse

empregando como denominador a suma dos datos de poboación do padrón de habitantes proporcionados

polo IGE para cada un dos anos do período de estudo5. Os grupos de idade son os establecidos no primeiro

informe: menores de 2 anos, de 2 a 4, de 5 a14, de 15 a 24, de 25-44, de 45 a 64 e de 65 en diante.

A análise fíxose con Epidat 3.16. Estimáronse as taxas observadas por grupos de idade e comparáronse cos

datos xa dispoñibles dos períodos previos2-4: 2008/11 e o prevacinal, por mor de riscos relativos (RR) xunto

aos seus respectivos intervalos de confianza ao 95% (IC95%). As medias comparáronse por mor da proba de

t-student e as porcentaxes coa chi-cadrado. Considerouse unha diferenza estatisticamente significativa

cando p<0’05.

Resultados. Entre 2012 e 2015 producíronse 268 ingresos por varicela, e ningún reingreso, que supoñen

unha media de 67 ingresos/ano (desvío típico, 13’3) e 2’4 i/105h-a, só un 6% máis elevada que a observada

no período 2008/11. A respecto do período prevacinal, 1999/04 (no que a taxa de ingreso fora de 2’9 i/105h-

a) observouse un descenso estatisticamente significativo, co RR=0’84 (IC95%: 0’72-0’97).

Por outra banda, cos ingresos do período 2008/11 non hai tempo de seguimento abondo para corroborar a

recuperación do ciclo de periodicidade bianual observado cos datos da notificación obrigatoria1 (Figura 1).

Grupos de idade. A taxa ingreso por varicela máis elevada no período 2012/15 aconteceu nos menores de

2 anos (28’9 i/105h-a), seguida pola do grupo de 2 a 4 anos (18’9 i/105h-a). No seu conxunto, ambos os

Page 13: Boletín Epidemiolóxico de Galicia XXIX-2.pdfBEG 2017; vol. XXIX, nº 2 4 PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade

13 BEG 2017; vol. XXIX, nº 2

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

dous grupos de idade supuxeron unha taxa de ingresos de 22’9 i/105h-a. O seguinte grupo etáreo en

importancia por taxa de ingreso foi o de 5 a14 anos, con só 2’9 i/105h-a (Táboa 1).

Ao comparalas coas taxas de ingreso do período prevacinal, as do período 2012/15 son inferiores nos tres

grupos de menos de 15 anos de idade e nos de 24 a 44 anos, e superiores no resto, mais estatisticamente

significativas son só as diferenzas nos grupos de 2 a 4 (RR= 0’57, IC95%: 0’39-0’80) e de 24 a 44 anos (RR=

0’66, IC95%: 0’49-0’88).

A respecto do período 2008/11, as taxas de ingreso de 2012/15 foron maiores en todos os grupos de idade

agás nos de 2 a 4, 5 a 14 e nos de máis de 64 anos, nos que foron menores. Estatisticamente significativa

só foi a diferenza no grupo de 45 a 64 anos (RR=1’76, IC95%: 1’01-3’16; p=0’035).

Figura1: Número anual de ingresos por varicela (con e sen complicacións) dende o ano 1999 ao 2015, e

incidencia (c/105h) anual de varicela declarada ao SXNOE no mesmo período en Galicia.

Complicacións. Dos 268 ingresos totais, 104 (39%) foron por varicela sen complicacións. Ao comparar estes

datos cos do período 1999/04, onde a porcentaxe de ingresos por varicela sen complicacións era do 48%

(228 de 478), non se atoparon diferenzas estatisticamente significativas (p=0’059), como tampouco se

atoparon coa porcentaxe do período 2008/11, 40% (104 de 259).

No período 2012/15, a taxa de ingresos por varicela con complicacións foi de 1’49 i/105h-a, que supoñen un

2% menos da taxa do período prevacinal, e un ascenso non estatisticamente significativo do 7% a respecto

do período 2008/11(RR=1’07, IC95%: 0’86-1’34); e, como ocorreu neste período, no 2012/15 os únicos

grupos de idade nos que se achou un descenso da taxa a respecto do período prevacinal foron o de menos

de 2 (RR=0’94), o de 2 a 4 (RR=0’81) e o de 25 a 44 anos (RR=0’71). Nos dous primeiros grupos o

descenso non foi estatisticamente significativo, pero no de 25 a 44 anos si (p=0.017), malia que supuxese

un aumento non estatisticamente significativo do 25% a respecto do período 2008/11 (RR=1’25, IC95%: 0’83-

1’89). De feito, a respecto de 2008/11, en 2012/15 a taxa descendeu só nos grupos de 2 a 4 (RR=0’85), de

5 a 14 (RR=0’85) e de máis de 64 anos (RR=0’70).

Dos 164 ingresos por varicela con complicación, 76 (46%) tiñan como diagnóstico principal unha

pneumonite por varicela, que corresponden a unha taxa de 0’7 i/105h-a, semellante á do período 2008/11,

que supón un descenso estatisticamente significativo e respecto da taxa do período prevacinal (RR=0’74,

IC95%: 0’56-0’97; p=0’033).

0

100

200

300

400

500

600

0

20

40

60

80

100

120

140

1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015

S

X

N

O

E

I

N

G

R

E

S

O

S

CON SEN SXNOE

Page 14: Boletín Epidemiolóxico de Galicia XXIX-2.pdfBEG 2017; vol. XXIX, nº 2 4 PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade

14 BEG 2017; vol. XXIX, nº 2

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

Por grupo de idade, destaca que se mantén estatisticamente significativa a diferenza entre o período

2012/15 e o prevacinal no grupo de 25-44 anos, que xa se observara no período 2008/11, mentres que

2012/15 desapareceu a diferenza co período prevacinal que en 2008/11 se observara no grupo de 5-14

anos; de feito, a respecto deste período, en 2012/15 a taxa de ingreso por pneumonite experimentou nos de

5-14 anos un descenso estatisticamente significativo (RR=0’12, IC95%: 0’05-0’90; p=0’018), e mesmo foi

inferior que a do período prevacinal (RR=0’57; IC95%: 0’01-7’12).

Os 88 ingresos restantes por varicela con complicacións que non eran pneumonite supuxeron unha taxa de

0’8 i/105h-a, moi semellante á observada en 2008/11 (0’7 i/105h-a). O RR estimado entre a taxa de 2012/15

e a do período prevacinal foi de 1’41 (IC95%: 1’04-1’90), un aumento estatisticamente significativo (p=0’022).

Táboa 1. Número e taxa de ingresos (i/105h-a) por varicela, por pneumonite por varicela e por outras complicacións da varicela, en Galicia durante tres períodos: 1999/04, 2008/11e 2012/15; xunto ao risco relativo (cos seus IC95%) dos dous últimos períodos a respecto do primeiro..

Idade Período Todos os ingresos por varicela Pneumonite por varicela Outras complicacións da varicela

99/04 08/11 12/15 99/04 08/11 12/15 99/04 08/11 12/15

<2 anos

Nº 66 48 50 6 4 4 18 17 17

Taxa 35’5 27’8 28’9 3’2 2’3 2’3 9’7 9’8 9’8

RR 1 0’78 0’81 1 0’72 0’72 1 1’01 1’01

IC (0’54-1’13) (0’55-1’19) (0’15-3’02) (0’15-3’05) (0’52-1’97) (0’49-2’08)

2--4 anos

Nº 108 64 49 20 10 8 31 29 25

Taxa 33’4 24’1 18’9 6’2 3’8 3’1 9’6 10’9 9’6

RR 1 0’72 0’57 1 0’61 0’50 1 1’13 1’00

IC (0’53-0’98) (0’39-0’80) (0’29-1’29) (0’19-1’18) (0’69-1’89) (0’57-1’76)

5--14 anos

Nº 60 32 25 3 8 1 21 9 14

Taxa 4’2 3’8 2’9 0’2 1’0 0’1 1’5 1’1 1’6

RR 1 0’89 0’68 1 4’49 0’57 1 0’72 1’07

IC (0’58-1’38) (0’41-1’10) (1’08-26’30) (0’01-7’12) (0’33-1’58) (0’50-2’20)

15--24 anos

Nº 23 7 10 7 2 3 1 1 2

Taxa 1’0 0’7 1’1 0’3 0’2 0’3 0 0’1 0’2

RR 1 0’65 1’07 1 0’61 1’07 1 2’15 nc

IC (0’28 - 1’53) (0’46-2’34) (0’06-3’23) (0’18-4’70) (0’03-169’1) (0’26-295’4)

25--44 anos

Nº 158 61 69 106 40 41 12 7 14

Taxa 3’3 1’8 2’2 2’2 1’2 1’3 0’2 0’2 0’4

RR 1 0’55 0’66 1 0’54 0’58 1 0’83 2’20

IC (0’41-0’74) (0’49-0’88) (0’37-0’77) (0’40-0’85) (0’28-2’28) (0’94-5’20)

45--64 anos

Nº 41 21 38 11 10 13 6 3 11

Taxa 1’1 0’7 1’3 0’3 0’3 0’4 0’2 0’1 0’4

RR 1 0’68 1’14 1 1’2 1’43 1 0’66 1’82

IC (0’40-1’14) (0’72-1'82) (0’51-2’83) (0’59-3’53) (0’11-3’09) (0’62-5’99)

>64 anos

Nº 22 26 27 4 5 6 4 10 5

Taxa 0’6 1’1 1’0 0’1 0’2 0’2 0’1 0’4 0’2

RR 1 1’64 1’74 1 1’73 2’33 1 3’46 1’94

IC (0’93-2’88) (0’96-3’21) (0’37-8’72) (0’55-11’2) (0’99-15’12) (0’42-9’77)

Todas

Nº 478 259 268 157 79 76 93 76 88

Taxa 2’9 2’3 2’4 1’0 0’7 0’7 0’6 0’7 0’8

RR 1 0’79 0’84 1 0’74 0’69 1 1’19 1’41

IC (0’68-0’92) (0’72-0’97) (0’56-0’97) (0’52-0’91) (0’88-1’62) (1’04-1’90)

Page 15: Boletín Epidemiolóxico de Galicia XXIX-2.pdfBEG 2017; vol. XXIX, nº 2 4 PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade

15 BEG 2017; vol. XXIX, nº 2

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

Na táboa 1 amósanse máis datos do número e taxa de ingreso por varicela e por varicela con

complicacións, por grupos de idade, nos tres períodos considerados neste informe, xunto ao RR dos dous

últimos períodos a respecto do primeiro, o prevacinal.

Idade e sexo. A idade media dos doentes ingresados por varicela de 2012 a 2015 foi de 26 anos (desvío

típico, 25); os ingresos sen complicacións presentaron unha idade media de 26 anos (desvío típico, 29) e os

ingresos con complicacións tamén de 26 anos (desvío típico, 23). As taxas de ingreso por ano de idade do

paciente, con ou sen complicacións, amósanse na figura 2.

Do total de ingresos, o 62% eran varóns, o que supón unha razón de masculinidade de 1’6; que diminúe a

1’5 nos ingresos por varicela sen complicacións e ascende a 1’7 non debidos a varicela con complicacións.

Figura 2: Taxa anual de

ingreso (i/105h) por

varicela con e sen

complicacións, por ano

de idade, en Galicia para

o período 2012/15.

Mortalidade. De 2012 a 2015, dúas persoas ingresadas por varicela morreron durante a súa estadía no

hospital, o que supón unha taxa de letalidade de 0’75%. Unha tiña 76 e a outra 85 anos, e ingresaron por

pneumonite e por encefalite, respectivamente.

Figura 3: Duración (en

días) da estadía dos

ingresos por varicela con

e sen complicacións, en

Galicia para o período

2012/15.

Estadía media. De 2012 a 2015, os ingresos por varicela xeraron un total de 1.941 estadías (485 días/ano),

das cales o 68% (1.328 días no período, 332 días/ano) corresponderon a ingresos por varicela con

complicacións. Estes días de ingreso distribuíronse como se amosa na figura 3, e correspóndense cunha

estadía media conxunta de 7’2 días (desvío típico, 5’4), que non é estatisticamente diferente nin da

0

5

10

15

20

25

30

35

0 5 10 15 20 25 30 35 40 45 50 55 60 65 70 75 80 85 +

CON SEN

0

5

10

15

20

25

30

35

40

45

0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 26 33 38

días

CON complicacións

SEN complicacións

Page 16: Boletín Epidemiolóxico de Galicia XXIX-2.pdfBEG 2017; vol. XXIX, nº 2 4 PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade

16 BEG 2017; vol. XXIX, nº 2

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

observada no período prevacinal nin no período 2008/11. Como nestes, en 2012/15 a estadía media foi

maior nos ingresos con complicacións (8’0 versus 5’8 días, p<0’001).

Estacionalidade. O número total de ingresos por varicela por mes amosou a estacionalidade característica

da enfermidade: un predominio nos meses de maio, xuño e xullo e os valores máis baixos entre setembro e

decembro (figura 4). En concreto, antes de agosto producíronse o 74% dos ingresos do ano.

Figura 4: Número de

ingresos por varicela e

mes en Galicia no

período 2008/11.

Comentario. Os ingresos por varicela en Galicia no período 2012/15 ofrecen unha panorama moi

semellante á que ofreceran os do período previo, 2008/11; de feito, a taxa de ingreso foi practicamente a

mesma, co aumento de só 1 i/105h-ano imputable aos ingresos por outras complicacións da varicela

distintas da pneumonite.

Deste xeito, a respecto do período prevacinal, os datos dos ingresos en 2012/15 suxiren o mesmo que os

dos ingresos en 2008/11; brevemente, que os descensos, a respecto dos valores prevacinais, nas taxas de

ingreso por varicela e por varicela complicada con pneumonite débense ao impacto da vacinación infantil,

que continuou ata setembro de 20131, xa que estes descensos ocorreron nos grupos de idade nos que se

esperaría que ocorresen de se deber á vacinación: no de 2 a 4 anos, polo efecto directo nos nenos

vacinados, e nos de 24 a 45 anos, polo efecto indirecto nos seus pais. Tamén se observou un novo

descenso nos de 5 a 14 anos, mais se non resultou estatisticamente significativo foi, probablemente, polo

insuficiente tamaño de mostra resultante de considerar períodos de só catro anos e non maiores.

A taxa de ingresos en 2014, ano de alta incidencia, que supera a de calquera ano do período 2008/11, e a

de 2015, que supera aos anos de menor incidencia deste período, probablemente son consecuencia da

suspensión da vacinación infantil fronte á varicela en setembro de 2013 (Figura 1). O limitado aumento da

taxa de ingreso no conxunto do período 2012/15 débese a que os valores dos últimos anos foron

compensados polos dos dous primeiros, 2012 e 2013 (Figura 1).

Por outra banda, a evolución anual dos ingresos contrasta coa das incidencias anuais de varicela que

proporciona o SXNOE1, que a partir de 2012 presenta unha inversión da tendencia que non se percibe nos

ingresos ata, quizais, 2014. A orixe desta diferenza de comportamento atópase na mellora da declaración

obrigatoria debida á reforma ocorrida en xaneiro de 2012, que se traduce nun aumento do número de casos

declarados e a conseguinte elevación da incidencia de fondo que proporciona o SXNOE.

Polo demais, que non se engadisen na análise os ingresos de 2016 impide confirmar a recuperación dos

ciclos bianuais que se observou co SXNOE1.

0

5

10

15

20

25

30

35

40

45

50

xan feb mar abr mai xun xul ago set out nov dec

CON SEN

Page 17: Boletín Epidemiolóxico de Galicia XXIX-2.pdfBEG 2017; vol. XXIX, nº 2 4 PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade

17 BEG 2017; vol. XXIX, nº 2

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

Referencias.

1 DXSP. A varicela e o herpes zóster en Galicia de 2012 A 2016. Boletín Epidemiolóxico de Galicia 2017; vol. XXIX, nº 2.

2 DXSP. Ingresos hospitalarios por varicela e herpes zóster en Galicia: 1995-2004. Boletín Epidemiolóxico de Galicia 2005; vol.

XVIII, nº 4.

3 DXSP. Altas por varicela en Galicia: período 2006 - 2007 [ligazón].

4 DXSP. Ingresos hospitalarios por varicela en Galicia: 2008/2011. Boletín Epidemiolóxico de Galicia 2012; vol. XXIV, nº 4.

5 Instituto Galego de Estatística (IGE). Padrón municipal de habitantes [ligazón].

6 DXSP. Epidat [ligazón].