boletÍn do centro de estudos galegos da universidade de … · visitan o norte de gales. o centro...

9
BOLETÍN DO CENTRO DE ESTUDOS GALEGOS DA UNIVERSIDADE DE BANGOR Número 2, verán de 2008 Benvidas e benvidos de novo! Como xa vos prometeramos no anterior número, o segundo boletín do Centro de Estudos Galegos en Gales chega onda vós para dar conta das actividades levadas a cabo neste recuncho do planeta durante o curso 2007-2008. Se o comezo da nosa andaina xa viñera cargado de alegrías, este segundo ano da nosa xeira non ía ser menos: nos últimos dez meses Bangor converteuse nun fervedoiro da cultura galega grazas a unha serie de eventos e colaboracións que serviron para seguir dando pulo ao eido dos estudos galegos, non só no País de Gales mais tamén en todo o Reino Unido e no estranxeiro. Nas seguintes liñas, todas e todos vós – estudantes, investigadoras/es ou simplemente, xente con curiosidade na nosa lingua e cultura- poderedes descubrir que tipo de actividades mantivemos ao longo do ano pasado no noso centro: comezaremos pola conferencia que a poeta e tradutora Erín Moure deu no mes de outubro sobre a súa experiencia traducindo a Chus Pato, seguida do recital poético no que a propia poeta galega acompañou á canadense; tamén vos contaremos a inesquecíbel estadía da poeta e académica galega María do Cebreiro entre os meses de febreiro e marzo, que inaugurou a primeira Residencia de Escritoras/es Galegas/os na Universidade de Bangor; do mesmo xeito, resumirémosvos o que deron de si as tres xornadas do primeiro congreso internacional organizado dende o Centro de Estudos Galegos de Gales, en colaboración coa Universidade de Liverpool; finalmente, non podemos esquecer a colaboración de Tom, un estudante da Universidade de Bangor, que nos vai contar a súa experiencia como alumno do Curso de Verán de Lingua e Cultura Galegas para 1

Upload: others

Post on 01-Jan-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: BOLETÍN DO CENTRO DE ESTUDOS GALEGOS DA UNIVERSIDADE DE … · visitan o norte de Gales. O Centro de Estudos Galegos en Gales iniciou a actividade cultural do curso académico 2007-2008

BOLETÍN DO CENTRO DE ESTUDOS GALEGOS

DA UNIVERSIDADE DE BANGOR

Número 2, verán de 2008

Benvidas e benvidos de novo! Como xa

vos prometeramos no anterior número,

o segundo boletín do Centro de Estudos

Galegos en Gales chega onda vós para

dar conta das actividades levadas a cabo

neste recuncho do planeta durante o

curso 2007-2008. Se o comezo da nosa

andaina xa viñera cargado de alegrías,

este segundo ano da nosa xeira non ía

ser menos: nos últimos dez meses

Bangor converteuse nun fervedoiro da

cultura galega grazas a unha serie de

eventos e colaboracións que serviron

para seguir dando pulo ao eido dos

estudos galegos, non só no País de

Gales mais tamén en todo o Reino

Unido e no estranxeiro. Nas seguintes

liñas, todas e todos vós – estudantes,

investigadoras/es ou simplemente, xente

con curiosidade na nosa lingua e

cultura- poderedes descubrir que tipo

de actividades mantivemos ao longo do

ano pasado no noso centro:

comezaremos pola conferencia que a

poeta e tradutora Erín Moure deu no

mes de outubro sobre a súa experiencia

traducindo a Chus Pato, seguida do

recital poético no que a propia poeta

galega acompañou á canadense; tamén

vos contaremos a inesquecíbel estadía

da poeta e académica galega María do

Cebreiro entre os meses de febreiro e

marzo, que inaugurou a primeira

Residencia de Escritoras/es Galegas/os

na Universidade de Bangor; do mesmo

xeito, resumirémosvos o que deron de si

as tres xornadas do primeiro congreso

internacional organizado dende o

Centro de Estudos Galegos de Gales, en

colaboración coa Universidade de

Liverpool; finalmente, non podemos

esquecer a colaboración de Tom, un

estudante da Universidade de Bangor,

que nos vai contar a súa experiencia

como alumno do Curso de Verán de

Lingua e Cultura Galegas para

1

Page 2: BOLETÍN DO CENTRO DE ESTUDOS GALEGOS DA UNIVERSIDADE DE … · visitan o norte de Gales. O Centro de Estudos Galegos en Gales iniciou a actividade cultural do curso académico 2007-2008

Estranxeiras/os na Universidade de

Compostela.

Unha cita entrañábel sobre poesía e

tradución: Erín Moure e Chus Pato

visitan o norte de Gales.

O Centro de Estudos Galegos en Gales

iniciou a actividade cultural do curso

académico 2007-2008 cun evento en

colaboración co Departamento de Inglés

e co Departamento de Galés: o 24 de

outubro de 2008, a poeta e tradutora

canadense Erín Moure visitou a Escola

de Linguas Modernas da Universidade

de Bangor para falar principalmente dos

motivos que a levaron a traducir as

obras M-Talá e Charenton da escritora

galega Chus Pato, así coma do seu

contacto con Galicia e coa lingua

galega.

Na súa conferencia, Erín tamén falou

(en inglés, mesturando algunhas frases

en galego) da súa carreira como

tradutora, e da dinámica de traducir en

diferentes linguas; tamén respondeu ás

variadas preguntas das/os asistentes na

sala Tricolore, onde tamén estivo

presente a propia escritora ourensá,

Chus Pato.

Xa pola tarde, o público tivo a

oportunidade de presenciar un recital

poético bilingüe celebrado na Drama

Rehearsal Room da universidade, no

que Chus Pato deu un discurso

introdutorio e, posteriormente, as dúas

autoras leron versos da poeta ourensá

tanto en galego coma en inglés. A

expresividade de Erín e a serenidade de

Chus fusionáronse á perfección dende o

primeiro momento, e a complicidade e

compenetración entre as dúas poetas

converteron o recital nun

acontecemento entrañábel, incluso para

aquelas/es que se achegaron ao recinto

por simple curiosidade.

2

Page 3: BOLETÍN DO CENTRO DE ESTUDOS GALEGOS DA UNIVERSIDADE DE … · visitan o norte de Gales. O Centro de Estudos Galegos en Gales iniciou a actividade cultural do curso académico 2007-2008

Inauguración da Residencia de

Escritoras/es Galegas/os coa estadía

de María do Cebreiro Rábade Villar.

O 2008 trouxo novas ilusións ao Centro

de Estudos Galegos en Gales coa posta

en marcha do programa de Residencia

de Escritoras/es Galegas/os. A

encargada de inaugurar o devandito

programa foi a poeta e profesora de

Teoría da Literatura na Universidade de

Santiago de Compostela, María do

Cebreiro Rábade Villar. A súa estadía

deu comezo o 23 de febreiro e rematou

o 22 de marzo, e durante ese tempo

participou nunha serie de actividades

onde puido dar a coñecer tanto o seu

labor creativo coma o seu labor

académico. O programa arrincou en

plena costa occidental da xeografía

galesa, concretamente na localidade de

Aberystwyth, a cuxa universidade

viaxou María do Cebreiro para se

encontrar coa tamén poeta e profesora

universitaria Menna Elfyn. As dúas

mulleres mantiveron un diálogo sobre

linguas minoritarias, poesía e

identidades. A transcrición da súa

conversa, así como algún poemas de

María do Cebreiro traducidos ao inglés

pola autora e Helena Miguélez-

Carballeira, aparecerán no vinderio

número da revista Poetry Wales. O 6 de

marzo, na sala WISCA da Universidade

de Bangor, a autora introduciu unha

mesa redonda na que participaron

profesoras/es de diferentes

departamentos e onde se debateron as

interferencias entre a escrita creativa e

académica, así como a escolla de

linguas minoritarias e/ou hexemónicas

como lingua de creación. O seguinte

acontecemento tivo lugar na actual

Capital da Cultura, a onde María se

desprazou invitada pola Universidade

de Liverpool para impartir unha clase

ante o alumnado do módulo “Escritoras

na Península Ibérica”. Pouco despois,

viaxou tamén ata a cidade de Leeds,

onde participou no congreso “Poéticas

da Resistencia”.

3

Page 4: BOLETÍN DO CENTRO DE ESTUDOS GALEGOS DA UNIVERSIDADE DE … · visitan o norte de Gales. O Centro de Estudos Galegos en Gales iniciou a actividade cultural do curso académico 2007-2008

Xa de volta en Gales, o día 16 de

marzo tivo lugar na Facultade de

Humanidades da nosa universidade un

acontecemento musical do máis inédito:

María do Cebreiro, acompañada por

David Miranda Barreiro (lector de

español e estudante de doutoramento na

Universidade de Bangor) e por Lorenzo

Luzzani (lector de italiano tamén na

Universidade de Bangor) cantou algúns

dos seus propios poemas tras seren

musicados por David, demostrando

unha capacidade vocal que deixou

abraiadas/os a todas/os as/os alí

presentes. A última semana da estadía

de María do Cebreiro ofreceunos dous

actos ben diferentes. O primeiro foi un

recital poético bilingüe no Museo e

Galería de Arte de Bangor. A

académica e poeta Zoë Skoulding, do

Departamento de Inglés da

Universidade de Bangor – quen

substituiu á poeta galesa Elyn ap Hywel

a última hora – colaborou tamén neste

evento.

Mentres que a escritora galega recitou

algún dos seus poemas na versión

galega orixinal, Zoë fíxoo na súa

tradución ao inglés. Unha vez máis, o

galego David Miranda acompañou a

María coa súa guitarra para

interpretaren algúns dos poemas

musicados, proporcionándolle o toque

musical ao recital poético. Finalmente,

o programa da Residencia de

Escritoras/es Galegas/os 2008 chegou á

súa fin coa participación de María do

Cebreiro no primeiro congreso

internacional “Saíndo da Nación”, no

que tomou parte nunha mesa redonda

organizada pola Asociación de

Escritoras/es en Lingua Galega sobre a

escrita e a crítica feita por mulleres, así

coma nunha sesión plenaria - coa súa

conferencia “Espectros da nación.

Formas de resistencia ao nacionalismo

4

Page 5: BOLETÍN DO CENTRO DE ESTUDOS GALEGOS DA UNIVERSIDADE DE … · visitan o norte de Gales. O Centro de Estudos Galegos en Gales iniciou a actividade cultural do curso académico 2007-2008

literario”-. Pero deste congreso

falarémosvos a continuación máis polo

miúdo.

Encontro internacional sobre os

estudos galegos en Bangor: “Saíndo

da nación”.

Durante os días 18, 19 e 20 de marzo

tivo lugar o primeiro congreso

internacional celebrado polo Centro de

Estudos Galegos en Gales, en

colaboración coa Universidade de

Liverpool, “Saíndo da Nación: Máis

Aló do Nacional na Produción Cultural

Galega Contemporánea”.

Investigadoras/es e artistas de diferentes

partes do planeta reuníronse para falar

sobre a produción cultural

contemporánea galega e sobre os novos

espazos teóricos e creativos que esta

ocupa. A primeira xornada deu comezo

cunha sesión plenaria de Silvia

Bermúdez (profesora de Español e

Portugués na Universidade de

California) sobre o traballo de Antón

Lopo, dando paso a unha serie de tres

conferencias sobre a narrativa galega

contemporánea: Eugenia Romero

(profesora de Literaturas e Culturas de

España na Universidade de Ohio), quen

se centrou na obra En Salvaxe

Compaña de Manolo Rivas; Sharif

Gemie (profesor de Historia na

universidade de Glamorfan), que tratou

o nacionalismo no traballo non literario

de Suso de Toro; por último, María

Liñeira (lectora de galego e estudante de

posgrao na Universidade de Oxford)

que falou tamén sobre a obra de Manolo

Rivas. Tras o xantar, a primeira xornada

completouse cunha mesa redonda

organizada pola Asociación de

Escritoras/es en Lingua Galega sobre o

a escrita e a crítica literarias feita por

mulleres, e que levou por título “De

produtos e etiquetas? Autoras, crítica e

sistema”. Debido ás baixas de dúas das

participantes incluídas no programa

inicial (Antía Otero e Mercedes

5

Page 6: BOLETÍN DO CENTRO DE ESTUDOS GALEGOS DA UNIVERSIDADE DE … · visitan o norte de Gales. O Centro de Estudos Galegos en Gales iniciou a actividade cultural do curso académico 2007-2008

Queixas), a mesa quedou finalmente

configurada por Helena González

(profesora de Literatura na

Universidade de Barcelona) e María

Reimóndez Meilán (novelista, tradutora

e intérprete) – que leron cadanseu

discurso introdutorio – , xunto con

María do Cebreiro (poeta e profesora de

Teoría da Literatura na Universidade de

Compostela) e Helena Miguélez

Carballeira (directora do Departamento

de Español e do Centro de Estudos

Galegos en Gales, na Universidade de

Bangor). A mesa deu lugar a un

animado debate sobre a denominada

“escrita de mulleres” e o papel da crítica

feminista.

A segunda xornada do congreso, que

tamén tivo lugar na Casa Blackburne da

Universidade de Liverpool, comezou

cun par de conferencias centradas na

identidade e na intertextualidade:

Marcos Giadás Conde (estudante de

doutoramento na Universidade Lille 3)

falou sobre o alternacionismo da cultura

galega, seguido por Danny Barretto

(profesor de Lingua e Literatura

Españolas na Universidade Stony

Brook) que se centrou na promiscuidade

presente na obra A cruz do salgueiro de

Xesús Rodríguez López. Despois do

descanso da media mañá, a sesión

reanudouse cunha serie de conferencias

relacionadas co mundo da tradución:

Olga Castro (tradutora e crítica literaria)

ofreceu unha charla sobre a

representación das identidades de

xénero na tradución, seguida por Liliana

Valado (profesora de Tradución e

investigadora na Universidade de Vigo)

que describiu o mercado da tradución

non literaria no sector editorial galego.

Como broche á segunda xornada, Xosé

Colmeiro (profesor de Español na

Universidade do Estado de Michigan)

falou sobre a visión periférica da cultura

galega actua na súa sesión plenaria.

Tras disfrutar dunha fermosa viaxe pola

costa septentrional galesa, as/os

participantes do congreso foron

chegando á localidade de Bangor, onde

tería lugar a xornada de clausura do

evento. A primeira hora da mañá, na

6

Page 7: BOLETÍN DO CENTRO DE ESTUDOS GALEGOS DA UNIVERSIDADE DE … · visitan o norte de Gales. O Centro de Estudos Galegos en Gales iniciou a actividade cultural do curso académico 2007-2008

Facultade de Humanidades puidéronse

escoitar as primeiras melodías galegas

que serviron de banda sonora ás tres

primeiras conferencias do día: Gabriel

Pérez Durán (estudante de

doutoramento da Universidade de Vigo)

ofreceu unha charla sobre a música

como elemento paratradutor, Michael

Sisson (profesor de Español na

Universidade de Ohio) falou sobre a

música celta - en concreto sobre a

traxectoria do grupo galego Milladoiro-

e por último, Michael Shade (profesor

de Español da Universidade de

Brighton) centrouse na música popular

galega. A continuación, Olga Castro e

María Reimóndez, interviron

novamente para escenificar un diálogo

entre a escrita e a crítica feminista en

Galiza, que serviu para levar un pouco

máis alá o debate comezado o día

anterior na mesa redonda.

Xa por último, as/os representantes da

Universidade de Bangor foron as/os

encargadas/os de clausurar o congreso.

María do Cebreiro (a nosa primeira

invitada na Residencia de Escritoras/es

Galegas/os) participou como plenaria

coa súa conferencia sobre os espectros

presentes na literatura galega; Helena

Miguélez Carballeira falou sobre o

discurso sentimental e a crítica no

sistema literario galego; e finalmente,

David Miranda Barreiro clausurou o

certame falando sobre a presenza da

cidade de Nova Iork na narrativa

contemporánea galega.

Máis estudantes de Bangor

camiñando polas rúas de Compostela.

Como xa acontecera o pasado verán,

estudantes da Universidade de Bangor

volveron participar nos Cursos de Verán

de Lingua e Cultura Galegas para

Estranxeiras/os, levados a cabo nas

universidades galegas en colaboración

coa Secretaría de Política Lingüística:

Krisztina Hamori (que xa cursara o

nivel inicial o pasado ano), Stella Lewis

e Tom Mallet foron as/os representantes

bangorienses en Galiza este verán.

Desta volta, é Tom Mallet - un

estudante de segundo curso de Francés e

de Español que xa acudira como oínte

7

Page 8: BOLETÍN DO CENTRO DE ESTUDOS GALEGOS DA UNIVERSIDADE DE … · visitan o norte de Gales. O Centro de Estudos Galegos en Gales iniciou a actividade cultural do curso académico 2007-2008

ás clases de Lingua Galega na

universidade o curso pasado – o que nos

conta a súa experiencia de primeira

man:

“Pasei un mes incrible en Santiago de

Compostela. Non pasou ningún día no

que non aprendese algo sobre a lingua e

a cultura galegas, porque estaba rodeado

delas na rúa, na cidade enteira, e porque

os galegos son uns apaixonados polo

seu país. Aínda que non toda a xente

que coñecín era galega (había xente de

non sei cantas nacionalidades diferentes

no curso), estaba claro que todos

querían aprender moito sobre Galicia, e

eu penso que fomos inspirados polos

profesores. Díxose moitas veces que

Galicia é contaxiosa.

Eu tiven moita sorte, porque recibín

unha bolsa da Xunta de Galicia para

facer o curso, e teño que dicir que a

Xunta me axudou moito durante o mes

enteiro, non só a min senón a todos que

fixeron o curso.

As excursións, realizadas os sábados,

foron a mellor parte de cada semana xa

que nelas tivemos a oportunidade de

descansar de Santiago e poder ver o

resto de Galicia. Visitamos igrexas,

vilas históricas e praias, sempre

disfrutando da paisaxe tan fermosa

(incluso dende o autobús). Unha semana

incluso fomos probar o viño do país!

Que delicioso!

En canto aos amigos que fixen - todos e

todas alumnos e alumnas do curso -

nunca coñecín a unha xente tan boa, e

falar tomando licor café nos bares

composteláns foi unha das nosas

actividades favoritas...e mellor aínda,

como iamos aprendendo a lingua,

empezamos a usala na rúa en vez do

castelán, nos bares e cos guías das

excursións. De feito, eu creo que

cheguei a facer máis amigos por falar en

galego, xa que a todos lles gusta moito

oílo, especialmente vindo dun

estranxerio. Pero por iso fixen o curso,

para me poder comunicar na lingua

galega. Penso que crecerá en

popularidade e en número de falantes no

futuro, coa axuda que recibe da Xunta, e

de todos os estudantes que virán a

Galicia para aprendela, dos que, sen

dúbida, eu serei un o ano que vén.”

8

Page 9: BOLETÍN DO CENTRO DE ESTUDOS GALEGOS DA UNIVERSIDADE DE … · visitan o norte de Gales. O Centro de Estudos Galegos en Gales iniciou a actividade cultural do curso académico 2007-2008

Tom (curso da USC) e Krisztina (curso da UVI) -

dous estudantes de Bangor namorados da lingua e da

cultura galegas - posando diante da Facultade de

Filoloxía en Santiago de Compostela.

O que está por vir.

Aínda estamos artellando novas

actividades para o vindeiro curso, pero

se queredes estar ao tanto de todo o que

vai acontecer o próximo ano

recomendámosvos que non deixedes de

visitar a nosa sección de eventos no

noso sitio web

www.bangor.ac.uk/ml/galician/CGSEve

nts.php , ou mellor aínda, achegádevos

a Bangor para ser testemuñas do

espallamento que aquí facemos da nosa

cultura! Pola nosa parte, nós

volverémos dar conta de todas estes

novos acontecementos no terceiro

boletín, que sairá ao remate do curso.

Saúde, e apertas para todas e todos.

9