boletín do ceesgcgcees o día 2 de outubro é o día mundial da educa- ción social. o cgcees...

13
Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 [email protected] www.ceeesg.org nº 63 - setembro 2012 Boletín do Ceesg A profesión que sentes, o colexio que queremos

Upload: others

Post on 04-Aug-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Boletín do Ceesgcgcees O día 2 de outubro é o Día Mundial da Educa- ción Social. O CGCEES celebrou xa esta data especial nun ac-to en Valencia o día 28 de setembro. O acto, ao

Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela

A Coruña

T 981552206 | F 981938274 [email protected] www.ceeesg.org

nº 63 - setembro 2012

Boletín do Ceesg

A profesión que sentes, o colexio que queremos

Page 2: Boletín do Ceesgcgcees O día 2 de outubro é o Día Mundial da Educa- ción Social. O CGCEES celebrou xa esta data especial nun ac-to en Valencia o día 28 de setembro. O acto, ao

Tema do mes O Ceesg no 15S, defendendo as políticas sociais

A manifestación do 15 de

setembro en Madrid, que en

principio foi convocada

polos sindicatos maioritarios

fronte a política de recortes

do goberno, tivo a presenza

de moitos colectivos sociais,

como é o caso do Ceesg e

do Consello Xeral de

Colexio Profesionais de

Educación Social (Cgcees)

que uniu forzas xunto coas

compañeiras e compañeiros

de Traballo Social portando

o lema da Marea Laranxa:

“Servizos Sociais para todas

e todos. Non aos recortes.

Non cales” - o lema da

manifestación era: “queren

arruinar o país”-. A Marea

Laranxa saíu do Ministerio

de Sanidade, Política Social e

Igualdade, en dirección a

Colón.

A idea era que as oito

mareas se unisen na Praza

Colón. Madrid converteuse,

deste xeito, nun abano de

cores mesturados e cun

mesmo obxectivo: amosar a

desconformidade coas

medidas de “axuste” que

están a minguar os alicerces

do suposto Estado de

Benestar, que recortan

dereitos e que privan de

posibilidades de crecemento.

Estamos vendo desaparecer

a rede social de recursos e

proxectos para os servizos

sociais universais.

Non debemos esquecer que

a educación social traballa

desde unha visión de

promoción social e defensa

dos dereitos das persoas,

polo que era indiscutible a

pertinencia deste colexio

profesional e do

conxunto das súas

e d o s s e u s

profesionais na

m e n c i o n a d a

manifestación, a

manifestación de

máis calado social

das convocadas ata o de

agora.

Con esta mobilización

deixamos claro que loitamos

po r con s t ru í r unh a

sociedade máis xusta e

igualitaria, polos nosos

dereitos conseguidos e por

moita máis educación social.

Mentres non cambie o

conto, seguiremos esixindo:

“Servizos Sociais

para todas e todos.

Non aos recortes.

Page 3: Boletín do Ceesgcgcees O día 2 de outubro é o Día Mundial da Educa- ción Social. O CGCEES celebrou xa esta data especial nun ac-to en Valencia o día 28 de setembro. O acto, ao

cgcees

O día 2 de outubro é o Día Mundial da Educa-

ción Social.

O CGCEES celebrou xa esta data especial nun ac-

to en Valencia o día 28 de setembro.

O acto, ao que acudiu a nosa presidenta en re-

presentación do Ceesg, �vo lugar en Valencia.

Tras a apertura oficial do acto, varios membros

do comité cien$fico do VI Congreso de Educación

Social par�ciparon na mesa de debate ‘A Decla-

ración de Valencia e a situación social actual’. Se-

guidamente, presentouse o libro que recolle o

primeiro premio e accésits da 1ª edición do Con-

curso ‘Memorial Toni Juliá’, e .xose a presenta-

ción oficial da convocatoria destes premios para

o ano 2013. Para finalizar, .xose entrega dos

diplomas aos conselleiros honorarios do

CGCEES.

Por parte do Ceesg, tamén estamos preparando

algo especial para o día 2. Estaremos simultá-

neamente nas tres universidades galegas pre-

sentando diversas experiencias de Educación

Social. �

Día Mundial da Educación Social

CGCEES en twitter Co lema "Agora, máis que nunca, é tempo de

educación social" o CGCEES dá un paso máis na

súa incorporación ás redes sociais, abrindo o

seu perfil en Twi8er: @CGCEES

Nos úl�mos anos, o CGCEES e os colexios pro-

fesionais que o formamos man�vemos un fir-

me compromiso para a difusión da Educación

Social. Esta sempre foi unha profesión pioneira

na creación de espazos sociais e comunidades

de aprendizaxe, e a súa presenza nas redes so-

ciais era o paso natural.

Hai un ano, o CGCEES iniciou a súa andaina en

Facebook cun notable éxito e agora con�núa o

seu asentamento na rede coa súa incorpora-

ción a Twi8er.

"@CGCEES pretende ser un espazo para dar

visibilidade á Educación Social nunha época de

crise, na que as polí�cas de recortes afectan

aos máis vulnerables, e na que a Educación So-

cial é hoxe, máis que nunca, garan$a de protec-

ción e integración social" di o seu presidente,

Alberto Fernández de Sanmamed. nnnn

Page 4: Boletín do Ceesgcgcees O día 2 de outubro é o Día Mundial da Educa- ción Social. O CGCEES celebrou xa esta data especial nun ac-to en Valencia o día 28 de setembro. O acto, ao

formación Formación xurídica básica para educadoras e educadores sociais

Con�núa a formación básica en materia xurídica para persoas colexiadas, que se está a im-

par�r de xeito gratuito a través do Ciclo de formación xurídica para educadoras e educado-

res sociais.

A terceira sesión será o día 26 de outubro, onde falaremos de dereitos laborais. Podes traer

as túas dúbidas xa pensadas, e alí daráselle resposta.

Xa podes inscribirte a través da web do Ceesg!

Ciclo de Formación xurídica

para educadoras e educadores sociais • Lugar: Sede do Ceesg (Santiago de Compostela) • Datas, horarios e contidos:

• Docentes: Avogadas/os do despacho Asensu contrario. • Dirixido a: Educadoras e educadores sociais colexiadas/os. • Inscrición: Gratuíta. A través da web do Ceesg. A inscrición farase individualmente a cada unha das sesións (podes inscribirte só nas que che interesen). Adxudicación por orde de ins-crición (20 prazas), tendo prioridade as persoas que asistisen ás sesións anteriores. Para a terceira sesión, prazo de inscrición ata o 25 de outubro.

• Certificación: As persoas que acudan ás 4 sesións recibirán un certificado de asistencia.

Data Contido

13 de xullo 17:00 - 19:00 h.

FOTO DE PAISAXE: • Dereito Constitucional e Autonómico • Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo

Común (Lei 30/1992) • Andrómedas ao redor de como licitar na/coa Administración

14 de setembro 17:00 - 19:00 h.

MAPA DE FRONTEIRAS, CURSO DE ORIENTACIÓN SEN BRÚXULA: • Poder Xudicial • Xurisdición • O mito da porta de acceso á xustiza

FOTO CARNÉ: • A/o colexiada/o como educador/a-traballador/a, como autónomo/a-empresari/a;

Ou como gañar ao xogo do pañuelo.

FOTO DE FAMILIA: • Colexios Profesionais; Historia, antecedentes, exemplos máis próximos, réxime le-

gal, competencias, potestades, impotencias; Ou como sobrevivir á animación nas bodas, bautizos e comunións.

26 de outubro 17:00—19:00 h.

Pendente de definir

Page 5: Boletín do Ceesgcgcees O día 2 de outubro é o Día Mundial da Educa- ción Social. O CGCEES celebrou xa esta data especial nun ac-to en Valencia o día 28 de setembro. O acto, ao

actualidade O grupo Fiadeiras cumpre un ano

O pasado 16 de setembro cumprimos un ano de andaina feminista e queremos celebra-lo!! Vai xa un ano dende que co-mezamos a nosa particular andaina feminista como Fiadeiras no marco do Colexio profesional de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg). Ao longo deste tempo fomos quen de artellar diver-sas iniciativas unindo a nosa profesión e o feminismo. Sen dúbida, a relación entre a Edu-cación Social e a loita feminis-ta é mutuamente enriquece-dora e mesmo podemos afir-mar que son dimensións nece-sarias–entre moitas outras tamén- para mellorar as con-dicións do mundo en que vivi-mos. Sylvia Pankhurst, emblemática sufraxista inglesa e unha das fundadoras da Unión Social e Política das Mulleres, advertía de que “non se pode cambiar o mundo tanto como quixera-mos pero si se poden dar pe-quenos toques”, e con esta idea na cabeza, as Fiadeiras comezamos a tecer os nosos fíos violetas. O noso compro-miso como grupo de traballo céntrase en crear un espazo feminista dentro da Educación Social, favorecendo a toma de

Tania Merelas Iglesias Coordinadora de Fiadeiras

Colexiada nº 3539

conciencia sobre da impres-cindible incorporación da pers-pectiva de xénero ao noso quefacer profesional. Neste ano de vida desenvolve-mos diversas iniciativas: ciclo de cine, xornadas formativas contra a Violencia de Xénero, Tuppersex feminista… tamén participamos en congresos, foros feministas, manifesta-cións e todas cantas accións se encamiñen ao noso obxec-tivo fundamental: combater o patriarcado. A actividade das Fiadeiras non para, de feito, imos incorpo-rando novas forzas no noso camiño. Neste senso, o aniver-sario semella unha boa oca-sión para agradecer a Noelia e Ana que se sumen ao grupo de traballo. Benvidas!!!! Dende unha perspectiva máis persoal, participar en Fiadei-ras e compartir tempo con mulleres tan sabias é sempre unha aprendizaxe constante; é alento ante a soidade que en ocasións acompaña a quen non se acomoda aos patróns

normativos, é amizade para disfrutar a vida. Ogallá as Fiadeiras poidamos facer nosa a frase da actriz Anna Magnani, “déixenme to-das as enrugas, non quiten ningunha: tardei unha vida en conseguilas”. Hoxe, no noso aniversario, brindamos por moitos anos de Fiadeiras cheos de creatividade, educa-ción social e feminismo. PARABÉNS COMPAÑEIRAS!!!

«Sinto unha gran honra de ser a

madriña de Fiadeiras porque me

fai sentir vinculada a un colectivo

que traballa pola igualdade entre

mulleres e homes en tódolos ám-

bitos, e especialmente por tirar

abaixo os lastres que temos as

mulleres para desenvolvernos pro-

fesional e vitalmente. As Fiadeiras

teñen todo o meu apoio porque

aínda é moito o camiño que nos

queda por andar, especialmente

nun tempo onde o moralismo re-

calcitrante e a hipocresía dos polí-

ticos/as que nos governan, preten-

de devolvernos ás mulleres a unha

sociedade de hai 40 anos.

Ademáis as Fiadeiras supoñen un-

ha guia fundamental para o traba-

llo de sensibilización que se pode

facer desde o teatro. Moitas gra-

zas a todas elas».

Patricia de Lorenzo Madriña de Fiadeiras

Page 6: Boletín do Ceesgcgcees O día 2 de outubro é o Día Mundial da Educa- ción Social. O CGCEES celebrou xa esta data especial nun ac-to en Valencia o día 28 de setembro. O acto, ao

Corren malos tempos para as políticas de igualdade

Aínda que 160 anos máis tarde, nace

Fiadeiras o mesmo día que Dna. Emi-

lia Pardo Bazán, un 16 de setembro.

A coincidencia na data de nacemen-

to, lonxe de ser casual, é unha con-

tundente declaración de principios en

común: por unha banda, identificar e interrogar

as prácticas educativas, ó entender que consti-

túen unha das raíces máis potentes da desigual-

dade entre homes e mulleres; por outra, interro-

gar a educación desde unha perspectiva social

ampla, non só ligada ó sistema escolar.

O recoñecemento é un dos aspectos que inflúe

na identidade. Cando Fiadeiras me pediu que

fose a súa Mentora, respondín afirmativamente

sen saber a que me comprometía. Aceptei ilusio-

nada porque coñecía a algunhas das educadoras

sociais que mo pedían, e tamén a educadores e

educadoras que contribuíron co seu bo facer e

moita xenerosidade a crear o Colexio de Educa-

doras e Educadores Sociais de Galicia. Uns días

máis tarde picoume a curiosidade e busquei no

dicionario “mentora”. Comprobei que non exis-

tía na súa forma en feminino. Sorrín. Souben que

as Fiadeiras optaran tamén por ser “pepitas gri-

llas”.

A pesares de que non corren bos tempos para as

políticas de igualdade, adoptan o método de re-

flexión característico do enfoque crítico e recla-

man á teoría feminista, necesariamente nuclear

en todo proxecto de transformación social que

sitúe a igualdade no lugar central que lle corres-

ponde.

Incorporan á educación social o paradigma femi-

nista, traballando para que as institucións e os

diferentes sectores profesionais dos que forman

parte, cumpran coa función educadora sendo

capaz de promover persoas críticas, autónomas,

con confianza individual e colectiva para mello-

rar os contextos vitais; situando no núcleo dos

programas e servizos sociais a coeducación, por

ser ingrediente indispensable dunha sociedade

multicultural integradora, inclusiva.

As accións desenvolvidas ó longo deste ano de vida

non deixan dúbida: buscaron o compromiso de

diferentes sectores e profesionais impulsando

proxectos abertamente antisexistas e de seguro, a

nivel local, contribuíron a promover a igualdade

entre mulleres e homes e, por ende, contextos máis

democráticos, inclusivos e máis xustos.

Pero as políticas actuais están a retroceder en asun-

tos que dabamos definitivamente por conquistados.

Onte, 21 de setembro, comezou a tramitación da

reforma educativa que será a sétima lei escolar da

democracia. O anteproxecto da Lei Orgánica para

a mellora da calidade educativa posibilitará a segre-

gación por sexo ó permitir conceder subvencións ós

colexios que imparten educación diferenciada, pese

ás recentes sentencias do Tribunal Supremo que de-

fenden que estes centros non poden recibir concer-

tos.

FIADEIRAS, FIADEIRAS, FIADEIRAS, FIADEIRAS, sei que sabedes da imposibilidade dun-

ha educación de calidade sen igualdade. Temos un

grave problema: o actual Ministro de Educación,

José Ignacio Wert, sofre de cegueira de xénero; po-

siblemente considera esta temática no grupo das

materias que distraen, das que contribúen á disper-

sión do que é prioritario; se a considerara materia

instrumental, esforzándose ó máximo, sen dúbida

conseguiría superala. Poderiamos empezar este cur-

so axudándolle a “identificar algúns dos fíos de cor

de rosa tecidos na vida cotiá, que son as liñas e di-

reccións nas que haberá que puntear os fíos viole-

ta” (Celia Amorós, 2005).

A Coruña, 22 de setembro de 2012.

Ana Iglesias Galdo.

Mentora de Fiadeiras.

Profesora da Universidade de A Coruña.

Page 7: Boletín do Ceesgcgcees O día 2 de outubro é o Día Mundial da Educa- ción Social. O CGCEES celebrou xa esta data especial nun ac-to en Valencia o día 28 de setembro. O acto, ao

Fiadeiras organiza o II Ciclo de Cine Feminista

O Grupo de Traballo en Igualdade Fiadeiras organiza o seu II Ciclo de Cine Fe-

minista, que se desenvolverá en tres mércores do mes de outubro en Santiago de

Compostela.

O Ceesg e Fiadeiras queremos convidarvos a asistir as proxeccións, así como a

participar nun debate posterior onde poidamos compartir reflexións.

Page 8: Boletín do Ceesgcgcees O día 2 de outubro é o Día Mundial da Educa- ción Social. O CGCEES celebrou xa esta data especial nun ac-to en Valencia o día 28 de setembro. O acto, ao

Para a persoa

colexiada

Para quen se colexia

Calquera persoa que “traia” a unha/un educadora/educador social non co-lexiada/o, terá un 50% de desconto na súa cota colexial, isto é, da exención do pago dun semestre.

• 70 € para colexiadas/os en activo • 52,50 € para colexiadas/os en activo con ingresos inferiores ao SMI • 35 € para colexiadas/os en situación de desemprego.

A persoa colexiada que teña sufragada polo menos unha cota semestral poderá ‘traer’ a unha soa persoa ate o remate desta campaña.

A educadora ou educador social recén chegada/o ao Ceesg a través desta campaña, non pagará a cota de alta no Ceesg.

• 15 € no 1º ano dende o depósito do título • 35 € no 2º ano dende o depósito do título • 65 € a partir do 2º ano dende o depósito do título.

A promoción farase efectiva no momento en que toda a documentación (Anexo I, Anexo II e documentación de colexiación) sexa presentada no Ceesg.

Promoción vixente ata o 22 de xaneiro de 2013 Infórmate no teléfono 981552206 ou en ceesg.org

Trae a alguén

Dende CGCEES xurdiu a inicia�va

de crear un “Observatorio dos re-

cortes” que nos permita coñecer

datos sobre as polí�cas de recorte

e transmi�r á cidadanía e aos me-

dios o alcance e impacto destas

medidas.

Para isto, queremos pedirvos a

colaboración de todas e todos.

Como educadoras/es sociais, so-

mos ví�mas e testemuñas dos re-

cortes que afectan ás áreas social,

cultural e educa�va. Queremos

que nolo contedes.

Onde vedes vós os

recortes? Nas sub-

vencións para o ter-

ceiro sector? Nas

axudas municipais

para o comedor es-

colar? Nas presta-

Onde están os recortes?

cións para persoas sen recur-

sos?... Dende os vosos postos de

traballo, e tamén como cidadáns

e cidadás afectadas, facé-

denos chegar a vosa per-

cepción dos recortes para

recompilalos e poder ter

unha imaxe real de ata

que punto están chegan-

do. �

Page 9: Boletín do Ceesgcgcees O día 2 de outubro é o Día Mundial da Educa- ción Social. O CGCEES celebrou xa esta data especial nun ac-to en Valencia o día 28 de setembro. O acto, ao

Para ler e reflexionar...

La educación del hombre y la de la mujer. La dama joven. Memorias de un

solterón. (Emilia Pardo Bazán. Xunta de Galicia e Sotelo Blanco Edicións) O primeiro dos textos recollidos nesta publicación, é a Memoria lida no Congreso Pedagóxico en outubro de 1892 por Emilia Pardo Bazán, defendendo a igualdade intelectual entre homes e mulleres e a emancipación feminina. La dama joven conta o drama dunha rapaza que se ve obrigada a escoller entre a súa vocación polo teatro e o matrimonio. Historia de un solterón expón, dende o punto de vista dun home, as dificultades dunha muller que quere vivir dun traballo honrado.

Algunhas obras que podes atopar na biblioteca do Ceesg

Educación intercultural. (Colectivo AMANI) Como resultado, entre outras cousas, dos movementos migratorios, vivimos nunha sociedade multicultural na que é indispensable unha educación intercultural que promova relación de igualdade e de mutuo enriquecemento entre persoas de culturas diferentes, mediando a transmisión de valores, habilitades, actitudes e coñecementos. Esta guía apóiase no enfoque socioafectivo e nas teorías constructivistas para ofrecer conceptos teóricos, dinámicas e recursos útiles na educación intercultural con grupos no tempo libre.

Guía de recomendaciones y líneas de actuación en inclusión social. (AA.VV.) Esta guía recolle o traballo realizado por institucións procedentes de distintos sectores (administración pública, mundo académico, sindicatos e terceiro sector) que estiveron implica-das no proxecto A favor de la Inclusión social, IntegrACTÚA, promovido pola Fundación Luís Vives, ao longo dos anos 2009 e 2010. Dividida en tres bloques temáticos, difunde diferentes mecanismos de participación para a inclusión social a nivel local e analiza las políticas nesta materia que existen en España. Aborda tamén a garantía de recursos mínimos, a activación das persoas con especiais dificultades de acceso ao emprego e o papel dos servizos sociais. Pode consultarse en pdf na web da Fundación Luís Vives.

• Pedagogía Social. Revista interuniversitaria. Nº 20. Xullo-decembro 2012. Monográfico “Tiempos educativos, tiempos de ocio”. Sociedad Iberoamericana de Pedagogía Social.

• Carta de servizos. Compromiso coa calidade. Servizos do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia. Xunta de Galicia. 2012.

• Informe Raxen. Nº 51. Xaneiro-xuño 2012. Movimiento contra la intolerancia.

• Revista Perfiles. Revista general de política social. Nº 283. Setembro 2012.

• Xornal EM EntreMayores. Nº 123. Setembro 2012.

• Revista de Unicef España. Nª 215. Xullo 2012.

Novas publicacións da biblioteca

Page 10: Boletín do Ceesgcgcees O día 2 de outubro é o Día Mundial da Educa- ción Social. O CGCEES celebrou xa esta data especial nun ac-to en Valencia o día 28 de setembro. O acto, ao

ACTUACIÓNS

Reunión da Xunta de Goberno.Reunión da Xunta de Goberno.Reunión da Xunta de Goberno.Reunión da Xunta de Goberno. O pasado 7 de setembro reuniuse a xunta de goberno do Ceesg en Santiago para dar conta das reunións mantidas recentemente e decidir os próximos pasos a dar. Tamén se revisou o traballo das diferentes áreas de traballo e planificouse a actividade e o calendario de actuacións do colexio de cara ao último trimestre do ano.

Xuntanza ordinaria do Foro de Inmigración. Xuntanza ordinaria do Foro de Inmigración. Xuntanza ordinaria do Foro de Inmigración. Xuntanza ordinaria do Foro de Inmigración. O día 5 de setembro estabamos convocadas as entidades da zona de Santiago, retomando as sesións mensuais logo das vacacións e para tratar diversos asuntos. A dinámica de traballo no foro establece diferentes áreas de aten-ción, unha delas é o emprego doméstico, na que parti-cipamos realizando tarefas de sensibilización, informa-ción e coordinación coas persoas que traballan no sec-tor e as entidades colaboradoras.

Asistencia á entrega do Premio Solidario de Ferrol.Asistencia á entrega do Premio Solidario de Ferrol.Asistencia á entrega do Premio Solidario de Ferrol.Asistencia á entrega do Premio Solidario de Ferrol. No Acto de conmemoración do Día Internacional da Solidariedade, o dia 6 de setembro, o Concello de Ferrol fixo entrega do seu V Premio Solidario. O galardón deste ano foi para Aspaneps, polo seu proxecto de sensibilización ante as discapacidades 'Ponte no meu lugar'.

Reunión coa Deputación Provincial da Coruña. Reunión coa Deputación Provincial da Coruña. Reunión coa Deputación Provincial da Coruña. Reunión coa Deputación Provincial da Coruña. O en-contro, que se produciu o día 11 de setembro, tiña como finalidade informarnos sobre o estado actual do decre-to de servizos sociais comunitarios e o seu financia-mento na provincia da Coruña, aproveitando a ocasión para presentar o colexio e buscar formas de colabora-ción. En relación coa aplicación do decreto, infor-mounos de que se asinaron convenios con cada un dos concellos mantendo o financiamento de persoal que o plan concertado garantira o ano anterior.

Participación na Protesta Xeral en Madrid contra os recortes. Participación na Protesta Xeral en Madrid contra os recortes. Participación na Protesta Xeral en Madrid contra os recortes. Participación na Protesta Xeral en Madrid contra os recortes. O Cumio So-cial, integrado por máis de 150 entidades, convocou o día 15 de setembro unha marcha desde todos os puntos de España, que culminou nunha gran manifestación en Madrid. Foi unha protesta xeral contra os recortes e polí-ticas de axuste do goberno. O CGCEES e o Ceesg estivemos alí, integrados na Marea Laranxa que defende os Servizos Sociais.

Page 11: Boletín do Ceesgcgcees O día 2 de outubro é o Día Mundial da Educa- ción Social. O CGCEES celebrou xa esta data especial nun ac-to en Valencia o día 28 de setembro. O acto, ao

Manifestación en defensa dos servizos públicos. Manifestación en defensa dos servizos públicos. Manifestación en defensa dos servizos públicos. Manifestación en defensa dos servizos públicos. Os sindicatos da Plataforma en Defensa dos Servizos So-ciais Públicos convocaron para o día 8 de setembro un-ha manifestación en Santiago en defensa dos servizos públicos.

Formación xurídica para colexiadas/os. Formación xurídica para colexiadas/os. Formación xurídica para colexiadas/os. Formación xurídica para colexiadas/os. Segunda sesión do ciclo de formación xurídica, titulada “Mapa de fron-teiras”. Este ciclo de formación gratuita ten intención de axudar a ubicarnos no mundo do dereito e a com-prender mellor todo o que ten que ver co legal e o xurí-dico.

Cita coa Secretaría Xeral de Política Social. Cita coa Secretaría Xeral de Política Social. Cita coa Secretaría Xeral de Política Social. Cita coa Secretaría Xeral de Política Social. O principal asunto a tratar era o recoñecemento dunha categoría única denominada “Educadora/Educador Social" no Convenio Colectivo Único de Persoal Laboral da Xunta de Galicia e nas súas Relacións de Postos de Traballo. Para isto, dende a Dirección Xeral de Función Pública recomendáronnos contactar con esta Secretaría Xeral para que se formule unha modificación da Relación de Postos de Traballo a través da Consellería de Traballo e Benestar.

Presentación da Marea Laranxa en Pontevedra. Presentación da Marea Laranxa en Pontevedra. Presentación da Marea Laranxa en Pontevedra. Presentación da Marea Laranxa en Pontevedra. O 12 de setembro presentouse a Marea Laranxa en Pontevedra, por iniciativa do colectivo Encontro Benestar Social. Deuse lectura ao Manifesto Laranxa, repartíronse as reivindicacións e propostas, e convidouse á cidadanía a sumarse ás protestas do sábado 15 de setembro, en Madrid.

Reunión do Espazo Dialoga Reunión do Espazo Dialoga Reunión do Espazo Dialoga Reunión do Espazo Dialoga O 14 de setembro reunímo-nos de novo os colexios de Traballo social, Psicoloxía e Educación social, para avanzar na organización do I Encontro Galego de Profesionais do Benestar, prevista para o 1 de decembro.

Reunión da Área de Desenvolvemento profesional. Reunión da Área de Desenvolvemento profesional. Reunión da Área de Desenvolvemento profesional. Reunión da Área de Desenvolvemento profesional. De cara ao novo curso, e xa pensando no plan de forma-ción 2013, reuniuse en Coruña a Área de desenvolve-mento profesional do Ceesg, o pasado 20 de setembro.

Reunión do GEIX. Reunión do GEIX. Reunión do GEIX. Reunión do GEIX. Tras o descanso do verán, o Grupo de Traballo centrado en Xerontoloxía reuniuse de novo o pasado 22 de setembro en Santiago retomando asuntos como: formación sobre maiores a impartir no Ceesg, revisión de tarefas asignadas, comunicación externa, plan de traballo para 2013...

Reunión de presidencias do CGCEES. Reunión de presidencias do CGCEES. Reunión de presidencias do CGCEES. Reunión de presidencias do CGCEES. O venres 28 á tarde e o sábado 29 á mañá, reuníronse en Valencia as presidencias das entidades adheridas ao CGCEES, co obxe-cto de revisar asun-tos a trasladar e de-cidir na próxima reunión da Xunta de Goberno do CGCEES.

Acto de celebración do Día Internacional da Educación Acto de celebración do Día Internacional da Educación Acto de celebración do Día Internacional da Educación Acto de celebración do Día Internacional da Educación Social. Social. Social. Social. No acto, organizado polo CGCEES e celebrado o día 28 de setembro en Valencia, varios membros do comité científico do VI Congreso de Educación Social participaron nunha mesa de debate sobre “A Declaración de Valencia e a situación social actual”. Tamén se presentou o libro que recolle o primeiro premio e accésits da 1ª edición do Concurso ‘Memorial Toni Juliá’, e presentouse oficialmente a convocatoria deste premio para o ano 2013. Para finalizar, fíxose entrega dos diplomas aos conselleiros honorarios do CGCEES.

Achegas á Lei de actualización de lexislación de Achegas á Lei de actualización de lexislación de Achegas á Lei de actualización de lexislación de Achegas á Lei de actualización de lexislación de protección da infanca.protección da infanca.protección da infanca.protección da infanca. Fixémoslle chegar ao CGCEES as nosas apreciacións sobre o anteproxecto de Lei de ac-tualización de lexislación de protección á infancia, que dende alí unirán ás realizadas dende os demais cole-xios autonómicos e remitirán ao Ministerio correspon-dente.

Reunións de Fiadeiras.Reunións de Fiadeiras.Reunións de Fiadeiras.Reunións de Fiadeiras. Despois das vacacións, Fiadei-ras volveu retomar o traballo e planificar actuacións de cara ao último trimestre do ano, reuníndose os días 11 e 18 de setembro en Santiago. Comezan o curso coa incorporación de dúas novas integrantes.

Xornada de Benvida da Facultade de Ciencias da Xornada de Benvida da Facultade de Ciencias da Xornada de Benvida da Facultade de Ciencias da Xornada de Benvida da Facultade de Ciencias da Educación da CoruñaEducación da CoruñaEducación da CoruñaEducación da Coruña A Facultade de Ciencias da Edu-cación da Universidade de A Coruña convidounos a participar na súa Xornada de benvida ao alumnado o pasado 11 de setembro. Na mesma, puidemos presen-tar o colexio e os Puntos de Información Colexial.

Page 12: Boletín do Ceesgcgcees O día 2 de outubro é o Día Mundial da Educa- ción Social. O CGCEES celebrou xa esta data especial nun ac-to en Valencia o día 28 de setembro. O acto, ao

formación

Ciclo de Formación xurídica para educadoras/es sociais: sesión 3: foto de carné Organizan: Ceesg e A Sensu Contrario. Lugar e datas: Sede do Ceesg (Rúa Lisboa, 20—baixo, Santiago de Compostela). 26 de outubro de 17:00 a 19:00 h. Prezo: Gratuíto, previa inscrición. Persoas destinatarias: Profesionais colexiadas/os no Ceesg. Prazo de inscrición: Ata o 25 de outubro (incluído) ou esgotar prazas. Inscrición a través da web do Ceesg.

——————————

Posgrao: intervención familiar no sistema de protección á infancia Organizan: Ceesg e IFIS -Instituto de Formación e Intervención Social- (Grupo 5) Lugar e datas: Posibilidade de realización online ou semipresencial (6 sesións na sede do Ceesg: 26-27/10; 23-24/11 e 21-22/12) Inicio a finais de outubro. Finalización: xaneiro 2013. Prezo: Online: 510€. Semipresencial: 850€. Desconto do 20% para persoas colexiadas. Fórmulas de pago personalizadas. Información e inscricións: Tlf. 900 460 393 (chamada gratuíta)

——————————

Programa Modular: Intervención e xestión en dependencia e discapacidade. Rehabilitación psicosocial

Organiza: Fundación UNED. Lugar e datas: A distancia—Online. De xaneiro a setembro (os títulos de Experto e e Especialista duran un curso académico, os Master dous) Prezo: 150€ por módulo, máis o prezo do material. O número de módulos depende do itinerario que se curse. Desconto

do 15% no importe da matrícula a quen acredite colexiación no Ceesg. Prazo de inscrición: Ata o 27 de novembro. Información e inscricións: Matriculación na web da Fundación UNED (http://www.fundacion.uned.es/web/actividad/idprograma/10), solicitando axuda ao estudio. Pediravos unha documentación que non é necesario enviar, pero debedes mandar algún documento acreditativo de estar colexiado/a, por exemplo, o último recibo da cota. Enviarase por correo postal ou electrónico a [email protected] (preferible para axilizar o trámite), indicando nome, DNI e solicitando o desconto.

——————————

Curso de experto/a: Orientación profesional e xestión por competencias

Organiza: Recursos Galicia. Lugar e datas: Online. Comezo o 16 de outubro. Prezo: 400€. Desconto para colexiadas/os, de xeito que queda en 320€. Prazo de inscrición: Ata o 11 de outubro. Información e inscricións: www.formacionytrabajo.com | Tlf. 981 55 83 74.

——————————

Master: Innovación Cultural e Xestión de Industrias Creativas Organiza: IFFE (Instituto de Formación Financiera y Empresarial) Lugar e datas: A Coruña. Decembro 2012– Novembro 2013. Prezo: 6700€. Desconto do 33% para colexiadas/os. Información e inscricións: http://www.iffe.es/master-en-gestion-de-industrias-culturales

——————————

Cursos: Oferta formativa 2012/2013

Organiza: Insela.

Contido: Varios cursos: Metodoloxía de intervención con persoas en risco de exclusión social; Enfoque de xénero en intervención social; e Atención a persoas con discapacidade no tiempo libre. Lugar e datas: Online. Comezo entre novembro e decembro. Prezo: 60€ ou 120€, dependendo do curso. Desconto do 10% para colexiadas/os. Posibilidade de descontos acumulables por desemprego e a seguidores do seu Facebook. Información e inscricións: www.inselaformacion.com

Page 13: Boletín do Ceesgcgcees O día 2 de outubro é o Día Mundial da Educa- ción Social. O CGCEES celebrou xa esta data especial nun ac-to en Valencia o día 28 de setembro. O acto, ao

Novas dos boletíns

emprego

AXUDAS E SUBVENCIÓNS Consellería de Traballo e Benestar: Programa de in-centivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, cofinanciado polo Fondo Social Eu-ropeo. DOG 7/09/12 Consellería de Traballo e Benestar: Subvención do custo salarial para o mantemento dos postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade nos centros espe-ciais de emprego de Galicia, dentro do Programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapa-cidade en centros especiais de emprego. DOG 7/09/12 Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualda-

de: Axudas económicas para o desenvolvemento de proxectos de investigación sobre drogodependencias. BOE 08/09/12 Consellería de Traballo e Benestar: Subvencións para o financiamento de plans de formación dirixidos priorita-riamente a persoas traballadoras ocupadas, mediante a subscrición de convenios de ámbito autonómico, en aplica-ción da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta e se esta-blecen as bases reguladoras para a concesión de subven-cións públicas destinadas ao seu financiamento. DOG 14/09/12 Consellería de Traballo e Benestar: Subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asocia-tivas galegas de persoas traballadoras autónomas, das en-tidades asociativas de centros especiais de emprego e das entidades asociativas de empresas de inserción laboral. DOG 18/09/12 Ministerio de Emprego e Seguridade Social: Subven-cións a municipios, mancomunidades de municipios e co-marcas para o desenvolvemento de programas innovado-res a favor da integración de inmigrantes, cofinanciada polo Fondo Europeo para a Integración de Nacionais de Terceiros Países. BOE 20/09/12

Ministerio de Educación, Cultura e Deporte: Sub-vencións a entidades privadas sen fins de lucro para a rea-lización de actuacións dirixidas á atención do alumnado con necesidade específica de apoio educativo e á compen-sación do alumnado que se encontra en entornos sociais desfavorables. BOE 21/09/12 Ministerio de Educación, Cultura e Deporte: Sub-vencións a entidades privadas sen fins de lucro para a rea-lización de actuaciones dirixidas a favorecer a utilización das tecnoloxías da información e da comunicación por parte do alumnado que presente necesidades educativas especiais. BOE 21/09/12 Ministerio de Educación, Cultura e Deporte: Sub-vencións a entidades privadas sen fins de lucro para a rea-lización de actuacións dirixidas á atención educativa de persoas adultas que presenten necesidades educativas es-peciais. BOE 21/09/12 Ministerio de Educación, Cultura e Deporte: Axudas destinadas ás Confederacións e Federacións de asociacións de pais e nais de alumnos. BOE 21/09/12 Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualda-

de: Subvencións destinadas á financiación de programas de prevención e control da infección por VIH e sida. BOE 25/09/12 Ministerio de Emprego e Seguridade Social: Subven-cións para a realización dun programa de formación e inserción laboral de demandantes de emprego en tecnolo-xías da información e das comunicacións. BOE 25/09/12 Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualda-

de: Subvencións nas áreas de servizos sociais, familias e infancia. BOE 26/09/12 Consellería de Cultura, Educación e Ordenación

Universitaria: Axudas para a realización de estudos uni-versitarios durante o curso 2012/13 nas universidades do Sistema universitario de Galicia. DOG 28/09/12

• Docente módulo formativo. Para o concello de Culle-redo.

• Educadoras/es sociais. Para o concello de A Fonsagra-da.

• Profesional para proxecto de dinamización de

ANPAS. Vigo. • Docente curso de atención sociosanitaria. Vigo. • Docente curso dinaminación comunitaria. Vigo. • Educador/a social. Para traballar con maiores na zona

dos Ancares. • Monitor/a de tempo libre. Vigo.

• Monitores/as de tempo libre. Provincia de Ponteve-dra.

• Docente curso Monitor/a de tempo libre. Lugo. • Educador/a familiar. Para o concello de Boiro. • Técnico/a de proxectos de sensibilización, educa-

ción para o desenvolvemento e xénero. A Coruña. • Técnico/a de unidade móvil. A Coruña. • Coacher educativo. Pontevedra. • Titor/a elearning. Traballo dende o domicilio, con po-

sibilidade de usar as instalacións do Ceesg.

Estas son algunhas das ofertas de emprego que se publicaron este mes na nosa web. Para ver a información completa e actualizada, revisa a web do Ceesg: http://ceesg.org/servizos/emprego/bolsa-emprego-do-ceesg