boletinxuventude 24 11-2014-1

11
Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil 24 Noviembre de 2014 - Revista 997 EN PORTADA NOVAS FORMACION BOLSAS E AXUDAS PREMIOS E CONCURSOS NOVAS DE EMPREGO NOVAS DAS CASAS DA XUVENTUDE E OMIX / 2 / 5 / 5 / 6 / 6 / 9

Upload: odesvanmarita

Post on 09-Jul-2015

204 views

Category:

Documents


10 download

TRANSCRIPT

Page 1: Boletinxuventude 24 11-2014-1

Revista Semanal

da Rede Galega de Información Xuvenil

24 Noviembre de 2014 - Revista 997

EN PORTADANOVAS FORMACIONBOLSAS E AXUDAS

PREMIOS E CONCURSOSNOVAS DE EMPREGO

NOVAS DAS CASAS DA XUVENTUDE E OMIX

/ 2 / 5/ 5/ 6/ 6/ 9

Page 2: Boletinxuventude 24 11-2014-1

Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil

24 Noviembre de 2014 - Revista 997 2

EN PORTADAEN PORTADA

Traballo e Benestar organiza unhas xornadas sobre "Cooperativismo e Xuven-tude" para mozos que busquen emprego Xoves, 20 Novembro 2014 08:52

A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar colabora na organización dunha serie de xornadas que, baixo o título de ‘Cooperativismo e Xuventude’, levaranse a cabo nos meses de novembro e decembro. O próximo mércores, 26 de novembro, terá lugar a segunda desas xornadas, en Santiago de Compostela, no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas. Será entre as 10,00 e as 13,30 horas, e a inscrición é totalmente gratuíta.

A xornada está dirixida a mozos e mozas que estean a buscar un traballo, xa que poden encontrar resposta a través da fórmula coope-rativa e, especialmente, a estudantes de centros universitarios e a alumnos de centros de formación profesional, centros de formación ocupacional e centros de formación secundaria de Galicia que estean a finalizar procesos educativos ou formativos e pretendan incor-porarse ao mundo laboral.

O programa inclúe intervencións de diversos especialistas sobre os recursos e apoios para emprender, as vantaxes competitivas do traballo cooperativo, o emprendemento cooperativo no rural e a posta en marcha dun proxecto desta características. Tamén mos-tra un panel de experiencias, neste caso coas cooperativas ‘Cestola na Cachola’ (Lalín, Pontevedra) e ‘Entre Pedras’ (Santiago de Compostela).

As persoas interesadas en participar poden inscribirse gratuitamente a través do teléfono 600 516 237 ou enviando un correo electró-nico ao enderezo [email protected]. O prazo de inscrición para esta xornada remata o 24 de novembro.

Un grupo do programa "Iniciativa Xove" de Benestar lanza unha Guía de Boas Prácticas nos ríos da provincia de Pontevedra Xoves, 20 Novembro 2014 09:00

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, participou hoxe na Escola de Enxeñeiros Forestais na presentación da ‘Guía de boas prácticas nos ríos da provincia de Pontevedra’, un proxecto financiado por ‘Iniciativa Xove’, onde recordou que grazas a este programa de educación non formal os mozos e mozas poden demostrar a súa capacidade para organizar os seus propios proxectos, ao tempo que se estimula o protagonismo, a creatividade e o liderado xuvenil.

O director xeral tamén destacou que a participación xuvenil en programas de educación non formal como ‘Iniciativa Xove’, da Conselle-ría de Traballo e Benestar, “comporta o desenvolvemento de valores como as aptitudes comunicativas, organizativas e de planificación, o traballo en equipo, o sentido da iniciativa ou a autoconfianza, autonomía e iniciativa persoal”.

Este proxecto estivo liderado polo grupo informal Milrivus, composto por estudantes ou titulados da Escola de Enxeñeiros Forestais da Universidade de Vigo. O estudo permitiu a edición dun libro sobre os ríos de Pontevedra, para a promoción das boas prácticas e usos dos sistemas fluviais e a concienciación e sensibilización da poboación no respecto ao medio ambiente.

‘Iniciativa Xove’ forma parte dos programas de renovación das políticas de Xuventude da Xunta de Galicia, que na actualidade xira en torno a xestionar actuacións baseadas na adquisición de novas competencias a través da educación non formal.

Esta iniciativa conta con programas vinculados co emprendemento e a empregabilidade, que están agrupados baixo o epígrafe de ‘Iniciativa Xove emprendedora’. Tamén destacan as dirixidas a favorecer a integración de colectivos con diversidade funcional ou en risco de exclusión social; a creatividade; o coñecemento e o respecto do contorno natural, a intervención ambiental e o fomento dos bos hábitos neste eido; a rehabilitación e renovación de espazos degradados; e os relacionados coas novas tecno-loxías.

Este ano na provincia de Pontevedra 49 asociacións xuvenís ou grupos informais de mozos e mozas executaron proxectos financiados no marco do programa de participación xuvenil da Consellería de Traballo e Benestar ‘Iniciativa Xove’, cun investimento de 180.000 euros.

No total de Galicia, a Consellería de Traballo e Benestar financia este ano con máis de 500.000 euros, a través do programa ‘Iniciativa Xove’, un total de 140 proxectos de educación non formal que desenvolven preto de 700 mozos e mozas pertencentes a grupos infor-mais, así como asociacións e entidades xuvenís.

Un total de 43 mozos e mozas recollen os premios do certame Xuventude Crea que recoñece o talento da mocidade galega Xoves, 20 Novembro 2014 09:05

Santiago acolleu hoxe a entrega dos premios do certame Xuventude Crea, unha iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar que recoñece cada ano a creatividade e o talento da mocidade galega.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presidiu hoxe o acto no que un total de 43 mozos e mozas foron premiados en 11 especialidades diferentes: teatro, artes plásticas, relato breve, deseño de xoias, carteis, banda deseñada, videocreación, moda, graffiti, poesía e música. Na edición deste ano participaron no concurso máis de 350 mozos e mozas.

Page 3: Boletinxuventude 24 11-2014-1

Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil

24 Noviembre de 2014 - Revista 997 3

Rodeiro destacou que iniciativas como Xuventude Crea contribúen ao crecemento persoal da mocidade galega e, por extensión, a me-llorar as perspectivas de futuro de Galicia. Por iso, sinalou que o Goberno galego seguirá a potenciar este concurso que volverá a contar o próximo ano con 100.000 euros de orzamento.

O director de Xuventude resaltou, ademais, que unha das prioridades do Goberno galego é escoitar as propostas da mocidade. Neste senso, lembrou que a Xunta conta co programa de axudas Iniciativa Xove co que se financian proxectos presentados polos mozos e mozas galegos. En 2015, esta iniciativa contará con 550.000 euros co que se prevé beneficiar a 750 persoas.

En definitiva, Rodeiro indicou que o obxectivo da Xunta é darlle pulo á creatividade dos mozos e mozas e dotalos de ferramentas e pro-gramas para canalizala, como no caso do certame Xuventude Crea ou o programa de axudas de Iniciativa Xove.

Estudantes internacionais axudan a coñecer nunha xornada os seus países de orixe a futuros participantes do Erasmus+ Venres, 21 Novembro 2014 10:38

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, acompañou hoxe ao reitor da Uni-versidade de Santiago, Juan Viaño, na inauguración da feira “International day”, que organizou a Asociación Erasmus Student Network (ESN).

Nesta feira os estudantes internacionais son os protagonistas, representando aos seus países de orixe, nunha xornada para axudar a coñecer os futuros destinos do programa Erasmus + aos estu-dantes locais que optan aos diferentes programas de mobilidade.

Ovidio Rodeiro puxo de manifesto a importancia da difusión do valor das experiencias de mobilidade internacional, que “facilita aos mozos e mozas a adquisición de competencias, aptitudes e habilidades que axudarán aos seu desenvolvemento persoal, educativo e pro-fesional”.

Neste sentido, destacou que Galicia é unha das comunidades autónomas que máis participa das posibilidades do programa Erasmus + dentro das accións de intercambios, voluntariado, formación, actividades combinadas e asociacións estratéxicas.

Nas dúas primeiras quendas de 2014 foron aprobados en Galicia un total de 28 proxectos, nos que participan arredor de 800 mozos e mozas. Isto supón que as asociacións e entidades que dirixen os proxectos xestionen máis de 700.000 euros de fondos europeos.

NOVAS E ACTIVIDADESEN PORTADA

622 Profesores visitantes en centros educativos de Estados Unidos de Amé-rica e Canadá Martes, 18 Novembro 2014 09:05

O Ministerio de Educación convoca 622 prazas para profesores visitantes en centros educativos de Estados Unidos de América e Canadá para o curso académico 2015-2016.

As prazas que se ofrecen en Estados Unidos e Canadá están asignadas a centros educativos de Ensino Primario e Secundario, para im-partir docencia a tempo completo en:

a) Programas de ensino bilingüe e de inmersión lingüística, nos que o profesor deberá impartir as áreas curriculares propias do sis-tema educativo do estado ou provincia correspondente.

b) Español como lingua estranxeira.

c) Outras áreas ou materias.

O número total de prazas ascende a 622.

Requisitos:

- Ter nacionalidade española.

- Dominar o idioma inglés oral e escrito.

- Non padecer enfermidade que imposibilite o exercicio da docencia.

Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións, dependendo da praza á que se opte:

- Mestres.

- Mestres especialistas en Educación Infantil e Educación Especial.

- Licenciados en Filoloxía, con Máster que habilite para o exercicio da función docente ou equivalente.

Page 4: Boletinxuventude 24 11-2014-1

Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil

24 Noviembre de 2014 - Revista 997 4

- Licenciados ou graduados en Tradución e Interpretación.

- Licenciados ou graduados do ámbito científico-tecnolóxico.

- Licenciados en Matemáticas.

- Licenciados ou graduados en Filoloxía Inglesa, Hispánica, Humanidades ou Xeografía e Historia, con Máster que habilite para o exercicio da función docente ou equivalente.

- Bioloxía, Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Educación Física, Empresariales, Física, Historia, Humanidades ou Matemá-ticas, con Máster que habilite para o exercicio da función docente ou equivalente.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 26 de novembro de 2014.

Máis información no BOE do 11 de novembro de 2014.

http://www.mecd.gob.es/educacion-mecd/areas-educacion/actividad-internacional.html

Erasmus+ Juventud en Acción Mercores, 19 Novembro 2014 12:47

Se queres saber 'Que é', 'Quen pode participar' e 'Como presentar un proxecto' neste programa europeo, Erasmus+: Xuventude en Acción, descárgate este despregable que o INJUVE acaba de editar!

Máis información:

http://www.erasmusplus.injuve.es/

http://www.injuve.es/conocenos/folleto-erasmus-juventud-en-accion

Xuventude.coop. Xornada cooperativismo e xuventude. Ourense (3 de decembro) Venres, 21 Novembro 2014 09:43

A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social está a colaborar coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado na organización dunha serie de xornadas que, baixo o título de «Cooperativismo e Xuventude», se están a levar a cabo nos meses de novembro e decembro.

O próximo mércores 3 de decembro, terá lugar a terceira desas xornadas, en Ourense, no Espazo Xove de Ourense (rúa Celso Emilio Ferreiro 27, 32004 Ourense), de 10:00 a 13:30 h.

A xornada está dirixida a mozos e mozas que estean a buscar un traballo, xa que poden encontrar resposta a través da fórmula coo-perativa, e especialmente a estudantes de centros universitarios e alumnos de centros de formación profesional, centros de formación ocupacional e centros de formación secundaria de Galicia que estean a finalizar procesos educativos ou formativos e pretendan incor-porarse ao mundo laboral.

No arquivo adxunto atopará toda a información referida a este evento.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse gratuitamente a través do teléfono 600 516 237 ou enviando un correo electró-nico ao enderezo [email protected]

O prazo de inscrición para esta xornada estará aberto ata o 1 de decembro.

Premios Nacionais de Xuventude 2014 Venres, 21 Novembro 2014 12:30

O Instituto da Xuventude concede os Premios Nacionais de Xuventude para o ano 2014.

Un único premio de 3.000 euros en cada unha das seguintes categorías:

1. Iniciativas emprendedoras en materia de emprego, a dona Alice Lacien.

2. Comunicación intercultural, a don Joan Serra Montagut.

3. Voluntariado, a dona Jeimy Nathalia Me o Santander.

4. Igualdade, a don Felipe Campos i Louro.

5. Mención honorífica, sen dotación económica, a dona Cristina Joya Botia, na categoría de Voluntariado.

Máis información no BOE do 21 de novembro de 2014 e en http://www.injuve.es/

Page 5: Boletinxuventude 24 11-2014-1

Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil

24 Noviembre de 2014 - Revista 997 5

NOVAS FORMACION CURSOS DE TEMPO LIBRE

Curso de Monitor de Tempo Libre en Ourense Xoves, 20 Novembro 2014 13:28

A Escola de Tempo Libre Cruz Vermella vai impartir un curso de monitores de actividades de tempo libre na Sede Cruz Vermella Ourense (Díaz de la Banda, 40) do 13/12/2014 ao 14/02/2016.

Información e inscripcións: 988 222 484 - ext. 57433 / 57260.

BOLSAS E AXUDAS FORMACION PRACTICA

Bolsas Iberoamérica 2015 para alumnos de doutorado e xóvenes profesores e investigadores Luns, 17 Novembro 2014 12:34

Santander Universidades, convoca 200 bolsas para apoiar a xóvenes profesores e investigadores e 25 para doutorados de universi-dades españolas, interesados en estancias académicas nalgún país do espazo iberoamericano. As bolsas teñen unha dotación para os primeiros de 5.000 euros e de 10.000 euros para os doutorados. Máis información www.agora-santander.com

Bolsas Santander de prácticas en PYMES Luns, 17 Novembro 2014 12:39

O Banco de Santander, a conferencia de reitores de Universidades Españolas e a Conferencia Española da pequena e mediana empre-sa, convocan 5.000 bolsas de prácticas en empresas, dirixidas a estudantes matriculados en universidades españolas. Cunha dotación máxima de 1.800 euros (600 ó mes a xornada completa e 300 a media xornada) mínimo 3 meses, ampliable a 6. Máis información www.becas-santander.com

Bolsas no Parlamento de Galicia Xoves, 20 Novembro 2014 08:24

O Parlamento de Galicia convoca 8 bolsas de formación práctica:

- 4 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.- 1 bolsa de formación en comunicación institucional.- 2 bolsas de formación en publicacións.- 1 bolsa de formación en informática.

As bolsas terán unha duración de doce meses.

A contía total de cada bolsa será de 1.000 € mensuais.

Requisitos:

1) Bolsas de arquivo, biblioteca e documentación: grao ou licenciatura universitaria en Documentación, grao en Información e Do-cumentación ou diplomatura en Biblioteconomía e Documentación.

2) Bolsa de comunicación institucional: grao ou licenciatura universitaria en Xornalismo, Publicidade e Relacións Públicas ou Co-municación Audiovisual.

3) Bolsas de publicacións: grao ou licenciatura universitaria en Tradución e Interpretación, na que a lingua de orixe principal da súa combinación lingüística (1ª lingua ou lingua A1) sexa a lingua galega, ou licenciatura en Filoloxía Galega.

4) Bolsa de informática: grao ou licenciatura ou diplomatura universitaria en Informática.

As titulacións terán que estar obtidas no ano académico 2008-2009 ou en anos posteriores.

O prazo para solicitar as bolsas estará aberto ata o 4 de decembro de 2014.

Máis información no Boletín oficial do Parlamento de Galicia do 19 de novembro de 2014 e no DOG do 21 de novembro de 2014.

http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/BibliotecaBoletinsOficiais/B90375_2.pdf

Page 6: Boletinxuventude 24 11-2014-1

Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil

24 Noviembre de 2014 - Revista 997 6

PREMIOS E CONCURSOS PREMIOS E CONCURSOS

Concurso de escritura creativa sobre a ampliación da UE Luns, 17 Novembro 2014 12:42

A Comisión Europea convoca este concurso para xóvenes con idades entre 18 e 25 anos. Haberá un ganador por país.

Máis información: [email protected]

NOVAS DE EMPREGO EMPREGO PUBLICO

Convocadas 21 prazas de Axentes da Facenda Pública Luns, 17 Novembro 2014 11:46

O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, convoca estas prazas do corpo xeral administrativo da administración do Estado. Especialidade de axentes da Facenda Pública, polo sistema de oposición.

O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais, contados a partir da publicación no BOE.

Máis información BOE do vernes 14 de novembro de 2014. www.boe.es

Convocadas 90 prazas de persoal laboral e funcionario na Deputación de Málaga Luns, 17 Novembro 2014 11:47

A Deputación de Málaga, convoca 13 prazas de administrativo, 50 de auxiliar administrativo, 5 de avogado, 4 de arquitecto, 5 de guar-da, 7 de sicólogo, 4 de técnico administración xeral, 1 de técnico auxiliar e 1 de técnico superior.

O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días hábiles, contados a partir da publicación no BOE. Máis información BOE do 17 de novembro de 2014. www.boe.es

Operarios para o Concello de Ribeira Martes, 18 Novembro 2014 07:29

O Concello de Ribeira fai unha convocatoria para a contratación laboral de dous operarios adscritos ao departamento de obras públicas.

Requisitos: Estar en posesión do carné de conducir da clase B.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 27 de novembro de 2014.

Máis información no BOP da Coruña do 18 de novembro e na OMIX de Ribeira, teléfono 981 835 650.

Clarinete para a Real Filharmonía de Galicia Martes, 18 Novembro 2014 08:22

A Real Filharmonía de Galicia selecciona un Clarinete.

Requisitos: estar en posesión del título Superior de Música en la especialidad de Clarinete.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 3 de decembro de 2014.

Máis información no BOP da Coruña do 18 de novembro e en www.rfgalicia.org

Diplomado/a en Enfermaría para a Universidade de Santiago de Compostela Mercores, 19 Novembro 2014 07:29

A Universidade de Santiago de Compostela convoca un concurso oposición para cubrir unha praza de diplomado/a en Enfermaría en promoción interna.

De non cubrirse a vacante por promoción interna, ofertarase para ser cuberta por acceso libre.

Requisitos:

Estar en posesión da titulación de graduado/diplomado universitario en Enfermaría, especialidade Enfermaría do Traballo ou enfermeiro/a diplomado en Enfermaría de Empresa.

Page 7: Boletinxuventude 24 11-2014-1

Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil

24 Noviembre de 2014 - Revista 997 7

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 9 de decembro de 2014.

Máis información no DOG do 19 de novembro de 2014.

http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html

Convocadas 2 praza temporal de técnico superior de actividades técnicas e profesionais no CSIC de Pontevedra Venres, 21 Novembro 2014 10:18

O Instituto de Investigación Mariñas de Pontevedra do Ministerio de Economía e Competitividade, convoca estas 2 prazas (1 técnico superior de formación profesional en análise e control ou técnico superior de formación profesional en química ambiental, e outro de técnico superior de formación profesional en laboratorio de diagnóstico clínico.

O prazo de presentación de solicitudes é ata o 28 de novembro de 2014. Máis información Centro de Información Administrativa, publicado o 21 de novembro de 2014.

Convocadas 106 prazas de diversas especialidades no Servizo Aragonés de Saúde Venres, 21 Novembro 2014 10:19

As prazas convocadas polo sistema de oposición son: 36 axudantes técnico sanitarios de atención primaria, 14 asistentes sociales, 10 de educadores, 13 técnicos informática, 10 de técnicos de xestión xeral, 9 xestión emprego, 5 fisioterapeutas, 2 subinspectores sanitarios e 3 grao de enfermería. Publicado en Boletín Oficial de Aragón do 21 de novembro, o prazo de presentación de solicitudes é ata o 17 de decembro.

Convocadas bolsas de emprego de xestor e analista na Axencia Europea de Medicamentos Venres, 21 Novembro 2014 10:31

A Unión Europea convoca estas 2 prazas de proxectos EMA/AD/367/368 AD6, da división de tecnoloxías da información. Máis infor-mación DOUE do 18 de novembro. O prazo de presentación de solicitudes é ata o 6 de xaneiro.

622 prazas de profesores visitantes, en centros de Estados Unidos e Canada Venres, 21 Novembro 2014 10:34

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, convoca estas prazas temporais nas que se require dominar o inglés oral e escrito.

O prazo de presentación de solilcitudes é ata o 26 de novembro de 2014.

Máis información BOE do 11 de novembro de 2014.

Persoal docente e investigador na Universidade de Vigo Venres, 21 Novembro 2014 11:12

A Universidade de Vigo fai unha convocatoria para a contratación de persoal docente e investigador:

- Profesorado asociado, 12 prazas.

- Profesorado axudante doutor, 1 praza.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 1 de decembro de 2014.

Máis información no DOG do 21 de novembro de 2014 e en http://persoal.uvigo.es/

NOVAS DE EMPREGO EMPREGO PRIVADO

Desenvolvedor/ra informático (aplicaciones de entorno Lugo) Martes, 18 Novembro 2014 07:58

Adecco, líder mundial en RRHH con domicilio social en Camino del Cerro de los Gamos 3, 28224 Madrid, selecciona un desenvolvedor/a informático para Lugo. Para implementación de de aplicaciones corporativas, además de mantenemento das existentes.

Se require experiencia previa dun ano.

Page 8: Boletinxuventude 24 11-2014-1

Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil

24 Noviembre de 2014 - Revista 997 8

PHP 5x en paradigma completo orientado a obxectos.

Javascript/ECAMScrip 3rd Edition.

Linguaxes de marcado HTML, XML e JSON.

Experiencia en traballo en equipo Git.

Bases de datos MySQL.

Xornada laboral completa e incorporación inmediata.

Salario segundo convenio.

http://www.infoempleo.com/ofertasdetrabajo/desarrollador-a-informatico-aplicaciones-entorno/lugo/1742695/?utm_source=empleate&utm_medium=agregador&utm_campaign=tecnologia-e-informatica&utm_term=lugo

Técnicos/as de documentación sanitaria Martes, 18 Novembro 2014 07:59

Adecco industrial busca 50 persoas para cubrir os postos de auxiliares administrativos de dixitalización para importante empresa de servizos xerais situada en Lugo.

Son requisitos:

Residencia na zona.

Ser demandante de emprego.

Título de Grado Medio ou Superior relacionado co posto.

Para desempeño das funcións de clasificación, dixitalización e indexación da documentación.

Os interesados poden rexistrarse na oferta a través de www.adecco.es na seguinte referencia:

http://ofertas.adecco.es/candidato/ofertas/Ofertas.aspx?Id_Oferta=168869

http://www.trabajando.es/empleos/oferta/164075/tecnicosas-de-documentacion-sanitaria.html?utm_source=sepe&utm_medium=Xml&utm_campaign=sepe

Vixiante de seguridade Martes, 18 Novembro 2014 08:06

Oferta de prazas de vixiante de seguridade para A Coruña.

Importante empresa busca vixiantes títulados.

Absterse vixiantes sen TIP.

Funcións propias do posto.

Traballo estable e alta na SS.

Traballo de duración determinada.Xornada laboral indiferente.

http://www.infoempleo.com/ofertasdetrabajo/vigilante-de-seguridad/a-corunna/1742950/?utm_source=empleate&utm_medium=agregador&utm_campaign=profesionales-artes-y-oficios&utm_term=a-corunna

Azafato/a promotor/a para A Coruña Martes, 18 Novembro 2014 08:11

Adecco, líder mundial en RRHH con domicilio social en Camino del Cerro de los Gamos 3, 28224 Madrid,selecciona azafato/a para promoción de servizos sanitarios de complexo hospitalario situado na Coruña.

Non se require experiencia.

Estudos de bacharelato.

Experiencia de promoción de servizos.

Valorable formación en área sanitaria.

Contrato de duración determinada.

http://www.infoempleo.com/ofertasdetrabajo/azafato-a-promotor-a-para-corunna/a-corunna/1743062/?utm_source=empleate&utm_medium=agregador&utm_campaign=comercial-ventas&utm_term=a-corunna

Page 9: Boletinxuventude 24 11-2014-1

Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil

24 Noviembre de 2014 - Revista 997 9

Ofertas Servizo Público de Emprego 22/11/2014 Venres, 21 Novembro 2014 09:14

Profesores técnicos de formación profesional (informática e comunicacións)

- Localidade: Ourense

- Nº oferta: 12/2014/9085

- Data: 22/11/14

- Requisitos: precísase docente de informática para unha academia coa titulación de grao en enxeñería informática.

Camareiros/as, en xeral

- Localidade: Ordes (A Coruña)

- Nº oferta: 12/2014/10555

- Data: 22/11/14

- Requisitos: necesítase camareiro/a.

Axentes de seguros

- Localidade: O Barco de Valedoras (Ourense)

- Nº oferta: 12/2014/10925

- Data: 22/11/14

- Requisitos: necesítanse axentes de seguros para traballar en distintas zonas de Galicia.

Hixienistas bucodentais

- Localidade: Ferrol (A Coruña)

- Nº oferta: 12/2014/10964

- Data: 22/11/14

- Requisitos: hixienista dental para un contrato en prácticas.

Máis información no 012 e en http://emprego.xunta.es/cmspro/contido/botones/ofertasEmpleo/

NOVAS DAS CASAS DE XUVENTUDE E OMIX OMIX

II EDICIÓN CURSO DE ACEITES ESENCIAIS E PERFUMES Martes, 18 Novembro 2014 11:26

II EDICIÓN CURSO DE ACEITES ESENCIAIS E PERFUMES

Datas: martes 9 e 16 de decembro.

Horario: de 16h a 20h.

Lugar: Centro Social de Paradela (Campo da Boca)

Prezo: 16€

Para maior información e inscricións na OMIX do Concello de Meis ou no 986712277.

CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS Martes, 18 Novembro 2014 11:35

CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS

LUGAR: LOCAL SOCIAL DE PARADELA (MEIS)

DATA: Mércores 3 de decembro de19h a 22h.

IMPORTE: 15€

Máis información e inscricións na OMIX ou no 986712277.

Page 10: Boletinxuventude 24 11-2014-1

Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil

24 Noviembre de 2014 - Revista 997 10

Xornadas sobre emprendemento e autoemprego en Ribadavia Xoves, 20 Novembro 2014 07:57

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX de Ribadavia) colabora coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado (Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia), que convoca unhas xornadas sobre emprendemento e autoemprego que teñen por finalidade favorecer a adqui-sición de competencias, habilidades e aptitudes que contribúan ao desenvolvemento dos mozos e mozas, facilitando que aumenten así as súas posibilidades de emprego e/ou autoemprego.

As Xornadas serán o dia 29 de Novembro na aula CEMIT da Casa da Cultura de Ribadavia.

Máis información e ficha de solicitude en:

http://xuventude.xunta.es/2014111714754/xornadas-de-emprendemento-e-autoemprego.html

1 NOVAS DAS CASAS DE XUVENTUDE E OMIX CASAS DA XUVENTUDE

CURSO AUDIOVISUAL Venres, 21 Novembro 2014 12:34

CURSO AUDIOVISUAL: REALIZACIÓN DE CURTAMETRAXES

ESPAZO XOVE DE VILAGARCIA

CONTENIDOS:

- GUION- PRODUCCIÓN AUDIOVISUAL- RODAXE- MONTAXE

COMENZO EN DECEMBRO PARA XOVENES

INCRIPCIÓNS EN: [email protected] ou no tlf: 986 501568.

Page 11: Boletinxuventude 24 11-2014-1