boletín maría lado_ lucía aldao

2
Auditorio Emilia Pardo Bazán ás 20:00h 20:00h 20:00h 20:00h Actuación poético-musical: Moita poesía, pouca diversión de ALDAO-LADO na Entrega de premios do VII Certame Literario IES de Sanxenxo. Homenaxe ao escritor XOSÉ NEIRA VILAS no 50 aniversario de Memorias dun neno labrego. Presentación de Víctor. F. Freixanes. Non esquezas traer os teus libros para que chos asinen as autoras!! Máis información: http://casatlantica.blogspot.com/ http://casatlantica.blogaliza.org/ http://bibliotecaiesanxenxo.blogspot.com/ BOlEtÍN 23 Maio 2011 Sostén ALDAO Para min a poesía, e por extensión a literatura, é algo necesario para unha vida plena. Non concibo vivir sen ler e moito menos sen escribir, polo que adoito dicir que o impulso da escrita é algo animal, que nace do mesmo sitio de onde nacen as forzas para se erguer cada día. MARÍA LADO Sempre me molou escribir. Sempre se me deu ben redactar. No instituto empecei a escribir máis en serio e comencei a presentarme a concursos e ¡gañábaos! A cada vez que gañaba un premio, agarrábao todo con máis ganas para seguir escribindo. LUCÍA ALDAO Quéroche E así cho digo Ca boca chea de mar. María Lado Moita poesía, pouca diversión. 10 10 10 10 Xuño Xuño Xuño Xuño 2011 2011 2011 2011

Upload: bibliotecaiessanxenxo81

Post on 10-Mar-2016

221 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Biografía y obras

TRANSCRIPT

Page 1: Boletín María Lado_ Lucía Aldao

Auditorio Emilia Pardo Bazán ás 20:00h20:00h20:00h20:00h

• Actuación poético-musical: Moita poesía,

pouca diversión de ALDAO-LADO na Entrega de premios do VII Certame Literario IES de Sanxenxo.

• Homenaxe ao escritor XOSÉ NEIRA VILAS no 50

aniversario de Memorias dun neno labrego. Presentación de Víctor. F. Freixanes.

Non esquezas

traer os teus libros

para que chos asinen

as autoras!!

Máis información:

http://casatlantica.blogspot.com/

http://casatlantica.blogaliza.org/

http://bibliotecaiesanxenxo.blogspot.com/

BOlEtÍN nº 23

Maio 2011

Sostén ALDAO

Para min a poesía, e por extensión a literatura, é algo

necesario para unha vida plena. Non concibo vivir sen

ler e moito menos sen escribir, polo que adoito dicir que

o impulso da escrita é algo animal, que nace do mesmo

sitio de onde nacen as forzas para se erguer cada día.

MARÍA LADO

Sempre me molou escribir. Sempre se me deu ben

redactar. No instituto empecei a escribir máis en serio e

comencei a presentarme a concursos e ¡gañábaos! A

cada vez que gañaba un premio, agarrábao todo con

máis ganas para seguir escribindo.

LUCÍA ALDAO

Quéroche

E así cho digo

Ca boca chea de mar.

María Lado

Moita poesía,

pouca diversión.

10101010 XuñoXuñoXuñoXuño 2011201120112011

Page 2: Boletín María Lado_ Lucía Aldao

LUCÍA ALDAO

OBRAS: • Unha dúcia máis un. Con fotografías do

arquitecto Luis Muñoz.

ANTOLOXÍAS: • O trazo aberto.

• Negra Sombra.

• Os gozos e as sombras.

• Forxa literaria.

ESPECTÁCULOS:

• Dillei. Actriz e guionista na obra de Carlos Blanco.

• Onde esté un cubata que se quite un soneto • Acústico feminino. Presentación da gala do Día

da Muller Traballadora. • Moita poesía, pouca diversión.

Este será un poema para que o leas moi rápido

(porque a velocidade era outro dos sentimentos

acordados)

e que deixe separacións entre as palabras é un favor

que che fago a ti.

A ti todos os favores do mundo.

Este será un poema a estrear.

E serán os meus ollos (beleza obvia que me concedo)

patentando xoguetes pola noite adiante,

contratando avionetas de cola que che digan unha frase

e unhas cantas intencións:

“os teus brazos son unha sucursal do paraíso”,

son as terrazas no verán

bicos coma puzzles

as tardes de plástico

os meus amigos

as risas

os sofás de toda a cidade tapizados coas nosas risas…

Meu amor, non innovamos nada,

pero neste pracer de mil norias ascendendo

recoñezo a calidade deste amor e da túa lingua,

achégome robótica ó teu corpo esquerdo

e comprobo como, efectivamente,

no teu corazón están tocando a miña canción preferida.

Lucía AldaoLucía AldaoLucía AldaoLucía Aldao

MARÍA LADO

OBRAS:

• A primera visión

• Casa atlántica, casa cabaret

• Berlín

• Nove

• Amantes

ANTOLOXÍAS:

• dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90 • Narradoras. • Negra sombra. • Das sonorosas cordas • Sempre mar. Cultura contra a burla negra

ESPECTÁCULOS:

• Onde esté un cubata que se quite un soneto

• Moita poesía, pouca diversión

...da muller que foxe dos peitos...

Teño mentiras amarradas á traquea

por iso cuspo en intentos de anorexia.

Teño unha bala proxectada no peito

e bótasme sal na ferida aberta.

Teño medo de que non saibas coser

con teas de viúva negra o meu corpo.

Teño o embigo medrado de medo

para alugarte mellor, se vés de roxo.

Teño cogomelos do pan no útero

teño queixo con furadiños nos pulmóns

teño chícharos insomnes entre as costelas

teño un virus publicitario na autoestima

teño instintos que me psicanalizan

teño sorte... de que me teñas.

MaríaMaríaMaríaMaría LadoLadoLadoLado