boletín bng boborás

4
No anterior boletín do BNG falábamos de que 20 anos semellan ser moitos anos gobernando un concello. O propio alcalde danos a razóns can- do fai declaracións aos medios de comunicación recoñecendo a posi- bilidade de non presentarse ás próxi- mas eleccións municipais, xa que leva mais de 20 anos como rexedor. Isto fainos lembrar aquela idéntica situación duns anos atrás, na que tamén adiantou a súa marcha para, despois dunha vergoñenta parodia de “clamor popular”, aceptar facer un novo sacrificio e continuar. Desde o BNG comprobamos, ao igual que todos os veciños e veciñas de Boborás, que a realidade pon en evi- dencia que non existe ningún síntoma de cambio por parte do alcalde e do Partido Popular. As decisións toma- das son cada vez máis desafortuna- das e sen un proxecto serio de futuro para o noso concello. Todo isto sería anecdótico se non fose porque con este alcalde e este goberno Boborás está a perder o tren dos avances e a transformación. Non hai actuacións ilusionantes e de promoción das nosas potencialidades: a promoción turística é inexistente, o noso campo abandónase e a xente nova marcha. En Pazos de Arenteiro -zona de es- pecial protección-, onde existen edifi- cios destinados ao turismo hai anos, todo esmorece pola falla de interese. Desde o Bloque Nacionalista Galego non podemos pasar por alto estas situacións. Temos moi claro que é preciso unha mudanza ilusionante, onde todas e todos teñamos as mes- mas oportunidades, onde os empre- sarios do noso termo municipal non estean marxinados á hora de realizar traballos para o Concello, onde os mozos e mozas poidan vivir no seu pobo. E porque 20 anos semellan ser moitos anos para uns resultados tan pobres e decepcionantes. Os veciños e veciñas de Boborás merecen outro goberno. Boborás precisa dun novo goberno para saír do estancamento www.bng-galiza.org Edita: BNG Boborás Tras 20 anos de Goberno do Partido Popular o balance é decepcionante. Boborás precisa outro goberno con ideas e proxectos Bloque Boborás Número 3. Epoca 1ª / Setembro 2010 Impreso postal sen enderezo Estado de abandono das infraestruturas municipais

Upload: eumesmo-eumesmo

Post on 28-Mar-2016

216 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Boletín informativo BNG

TRANSCRIPT

Page 1: Boletín BNG Boborás

No anterior boletín do BNG falábamos de que 20 anos semellan ser moitos anos gobernando un concello. O propio alcalde danos a razóns can-do fai declaracións aos medios de comunicación recoñecendo a posi-bilidade de non presentarse ás próxi-mas eleccións municipais, xa que leva mais de 20 anos como rexedor.

Isto fainos lembrar aquela idéntica situación duns anos atrás, na que tamén adiantou a súa marcha para, despois dunha vergoñenta parodia de “clamor popular”, aceptar facer un novo sacrificio e continuar.

Desde o BNG comprobamos, ao igual que todos os veciños e veciñas de Boborás, que a realidade pon en evi-dencia que non existe ningún síntoma de cambio por parte do alcalde e do Partido Popular. As decisións toma-das son cada vez máis desafortuna-das e sen un proxecto serio de futuro para o noso concello. Todo isto sería

anecdótico se non fose porque con este alcalde e este goberno Boborás está a perder o tren dos avances e a transformación. Non hai actuacións ilusionantes e de promoción das nosas potencialidades: a promoción turística é inexistente, o noso campo abandónase e a xente nova marcha.

En Pazos de Arenteiro -zona de es-pecial protección-, onde existen edifi-cios destinados ao turismo hai anos, todo esmorece pola falla de interese. Desde o Bloque Nacionalista Galego

non podemos pasar por alto estas situacións. Temos moi claro que é preciso unha mudanza ilusionante, onde todas e todos teñamos as mes-mas oportunidades, onde os empre-sarios do noso termo municipal non estean marxinados á hora de realizar traballos para o Concello, onde os mozos e mozas poidan vivir no seu pobo. E porque 20 anos semellan ser moitos anos para uns resultados tan pobres e decepcionantes. Os veciños e veciñas de Boborás merecen outro goberno.

Boborás precisa dun novo goberno para saír do estancamento

www.bng-galiza.orgEdita: BNG Boborás

Tras 20 anos de Goberno do Partido Popular o balance é decepcionante. Boborás precisa outro goberno con ideas e proxectos

BloqueBoborás

Número 3. Epoca 1ª / Setembro 2010

Impr

eso

post

al s

en e

nder

ezo

Estado de abandono das infraestruturas municipais

Page 2: Boletín BNG Boborás

2

Manuel González ten 48 anos e sem-pre traballou no sector da constru-ción. Desde hai anos, combina o seu traballo coa labor como concelleiro do BNG

Que opina da evolución do concello nestes últimos anos?

Se por evolución entendemos o au-mento abismal de prepotencia e es-curantismo por parte do grupo de goberno... é unha involución inmen-sa. O goberno do Partido Popular en Boborás demostrou que está esgo-tado e non ten crédito: en vinte anos o alcalde e o seu equipo unha falta absoluta de ideas e proxectos para sacar adiante o noso concello.

Cales son as expectativas do BNG para as próximas eleccións muni-cipais?

Temos moi boas expectativas e so-bre todo moita esperanza en poder mudar a situación actual e poder transformar o noso concello, e des-de logo os veciños e veciñas así o manifestan.

Cales son, ao seu xuízo, as nece-sidades mais urxentes que hai que solucionar en Boborás?

Partindo do meu contacto cos veci-ños e veciñas penso que os retos ba-séanse en crear emprego que asente poboación e en mellorar as condi-cións de vida dos seus habitantes en todos os aspectos.

Que aportará o BNG no goberno municipal?

O BNG ten moitas e boas ideas; proxectos que podemos desenvolver para mudar radicalmente o concello en beneficio de todas e todos. Apor-taremos o que as veciñas e veciños

botamos en falta: diálogo e transpa-rencia na xestión municipal, capaci-dade, ideas e compromiso.

Que lle quere transmitir ás veciñas e veciños do seu concello?

Ás veciñas e veciños de Boborás quérolles transmitir ilusión. Están moi decepcionados coa xestión de Boborás dende hai tempo; imos como un barco á deriva porque o capitán perdeu o rumbo. No BNG sabemos que podemos cambiar esa tendencia porque os problemas das nosas veciñas e veciños son o obxectivo do noso traballo.

Pensa que o Partido Popular pode perder a maioría en Boborás?

O pobo de Boborás será quen teña a última palabra. En todo caso, todas e todos merecemos unha oportunida-de de facer un tipo de traballo distin-to, e, polo tanto, todo apunta a que é tempo de cambio e os veciños e veciñas contribuirán a esa mudanza no goberno local, por ser necesario e positivo. Non cabe a menor dúbi-da de que dende o BNG daremos o mellor de nós para pór a Boborás no lugar que lle corresponde.

Aportamos diálogo e transparencia, ademais de ideas e compromiso na xestión municipalManuel González, concelleiro do BNG

entr

evis

ta

Manuel González, concelleiro do BNG

Page 3: Boletín BNG Boborás

Perante o abandono evidente que presenta na actualidade o edificio da estación do tren, dende BNG en-

tendemos que non parece razoábel que se arruínen inmóbeis que cum-priron un papel importante e dos que

se pode obter moito beneficio para as veciñas se veciños adicándoos a usos sociais.

Nesta liña, o BNG presentou no Con-cello unha moción onde se solicita ao Ministerio de Fomento e a Adif a inclusión da nosa estación dentro do Plan de Melloras existente.

O senador do BNG, Xosé Manuel Pé-rez Bouza, desprazouse a Boborás para coñecer de primeira man cal é a situación e anunciar que presentará unha iniciativa no mesmo sentido no Senado.

Agardamos que a nosa proposta sexa aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación xa que entendemos que esta é a liña correcta para evi-tar que a desidia e o abandono sexan unha constante.

3

actu

alid

ade Recuperemos a estación do ferrocarril

O BNG desenvolver unha intensa acti-vidade política para procurar solución aos numerosos problemas que unha apática xestión do goberno local do PP non atende. Moitas son as inicia-tiva presentadas nos últimos meses polo BNG diante da Corporación mu-nicipal.

Local Social de Cameixa. Iniciativa para acabar definitivamente as obras, despois que o BNG demandase so-lucións e o arquitecto confirmase as anomalías.

Torretas abandonadas no concello. Demanda ao goberno local para que retire as torretas da luz tiradas nos lu-gares de Boborás e Moldes onde hai rapaces xogando, xunto ao Grupo Es-colar, no Campo da Festa e no parque infantil en Moldes.

Limpeza de fosas sépticas. Demanda

ao goberno local para que as mes-mas estean en boas condicións, xa que hai fosas cubertas por silveiras

Atención ao turismo rural e sendeiris-

mo. Demanda ao goberno municipal para que atenda o sendeiro que fixo a Escola Taller e o mantemento das casas do Concello destinadas a turis-mo rural.

O traballo intenso do BNG a prol de solucionar os problemas veciñais

Torretas da luz tiradas ao lado do grupo escolar

Dolores Cachafeiro, concelleira, con Xosé Manuel Pérez Bouza, senador do BNG

Page 4: Boletín BNG Boborás

Como contactar co BNG de Boborás:Portavoz municipal: [email protected] comarcal BNG-Ourense: Rúa da Concordia, 29 - 5º andar - 32003 OurenseTlfn. 988 391 481 - Fax 988 391 [email protected]

Impreso en papel reciclado

Como contactar co BNG Nacional:Sede Nacional. Avenida Rodríguez de Viguri. 16 baixo. 15703 Santiago de Compostela. 981 555 850 www.bng-galiza.org [email protected]

O BNG celebrou o Día da Patria Galega como todos os anos enchendo a pra-za da Quintana baixo o estandarte da estrela vermella e co himno da nación galega como banda sonora. Arredor de 50.000 persoas acudiron a Com-postela para festexar o 25 de Xullo e reivindicar a Galiza como nación e ao BNG como única alternativa política cun proxecto que defende aos gale-gos e galegas, os seus intereses e a súa iden-tidade.

Así o manifestaron a Coordinadora Executiva do BNG, Teresa Táboas, a Secretaria Xeral de Galiza Nova, Iria Aboi, e o portavoz nacional, Guillerme Vázquez, que atacaron duramente nas súas intervencións o labor destrutivo do Go-

berno Galego do PP e reafirmaron publicamente o orgullo de sermos galegos e galegas.

O BNG quer cons-truír a Patria Gale-ga cuns alicerces ben firmes: demo-cracia, benestar social e autogo-berno. Por iso é a única alternativa á que poden acudir

os galegos e galegas fronte a un Fei-jóo que, tal e como incidiu Guillerme Vázquez “lonxe de ser unha solución está a se converter nun problema para o País”. O presidente da Xunta, ante unha situación de crise como a que estamos a padecer, crise económica, social, crise da propia democracia, “non asume ningunha responsabili-

dade e culpa sempre aos outros” por iso, o portavoz nacional concedeulle “un sus-penso en xestión que non poderá recuperar na convocatoria de setembro”.

Tampouco atopa o BNG unha solución para os problemas do País na xestión do presidente esta-

tal. O de Zapatero, segundo apuntou Guillerme Vázquez ante unha praza da Quintana ateigada, é un goberno “títe-re, que claudicou ante a especulación financeira e a ditadura dos mercados, un goberno que non traballa para a xente, senón para o Deustche Bank”. Neste contexto o PSOE tense coali-gado co PP dun xeito aberto na súa defensa das políticas neoliberais, en defensa dos intereses dos máis ricos fronte aos que sofren as consecuen-cias desta situación.

As claves que conducen cara a res-posta destes desgobernos deunas o BNG na praza da Quintana: dignidade, nación, autogoberno, son igual a be-nestar. Só dende o orgullo e a defensa do propio se pode loitar en favor do interese público e contra a privatiza-ción. Só dende o orgullo e a defensa do propio se poden valorar as poten-cialidades do País. Só dende o orgullo e a defensa do propio poderemos saír desta situación da man do nacionalis-mo galego.

O BNG reivindica o 25 de Xullo o seu papel protagonista fronte a un Feijóo que é “un problema para Galiza”

O BNG maniféstase como único defensor dos servizos públicos e lidera a alternativa para saírmos da crise

Guillerme Vázquez afirmou na Quintana que o presidente da Xunta “sacou un suspenso en xestión que non poderá recuperar en setembro”

O portavoz nacional, Guillerme Vázquez, tras o seu discurso na Quintana o 25 de Xullo