bibliotecas virtuais e catálogos en liña

11
As BIBLIOTECAS VIRTUAIS e os CATÁLOGOS EN LIÑA Ou como saber (rápido) onde atopar (de balde) o libro ou o texto que necesitas. Proxecto lector Lingua galega e literatura Fátima Ruibal

Upload: fatimaruibal

Post on 05-Jul-2015

643 views

Category:

Education


5 download

DESCRIPTION

Bibliotecas virtuais e catálogos en liña é unha presentación para traballar a formación de usuarios de bibliotecas, logo de termos explicado o sistema de organización das bibliotecas (CDU). Está orientada a toda a ESO. Contén ligazóns para que o alumnado vaia navegando polas ferramentas, polo que cómpre ter acceso á rede ao vela.

TRANSCRIPT

Page 1: Bibliotecas virtuais e catálogos en liña

As BIBLIOTECAS VIRTUAISe os CATÁLOGOS EN LIÑA

Ou como saber (rápido) onde atopar (de balde) o libro ou o texto que necesitas.

Proxecto lector

Lingua galega e literatura

Fátima Ruibal

Page 2: Bibliotecas virtuais e catálogos en liña

Para que che serven a ti as bibliotecas virtuais e os catálogos en liña?

Para ler na pantalla do ordenata –e tamén no teu futuro ebook– os textos que che molan, se as obras xa non están suxeitas a dereitos de autoría ou se está permitida a súa reprodución, claro!

Para xestionar o tempo e non ir ata a biblioteca en cuestión ao parvo, é dicir, para saber se nunha biblio concreta teñen ou non o libro que queres.

Para ter acceso a moitos máis materiais dos que podes ter fisicamente na casa na túa biblioteca persoal.

Para aforrar os cartos (teus e/ou da familia) e non mercar máis ca o que de verdade te apaixona ou necesitas.

Page 3: Bibliotecas virtuais e catálogos en liña

Que é unha biblioteca virtual?

Como seguro que xa outras persoas tentaron dar unha definición, mira na Galipedia, a versión galega da Wikipedia, que é unha enciclopedia multilingüe de uso e colaboración libre.

http://gl.wikipedia.org/wiki/Biblioteca_virtualFai clic aquí para ir á Galipedia

Page 4: Bibliotecas virtuais e catálogos en liña

Que é un catálogo en liña?

A relación ordenada nunha base de datos, mediante a CDU, do conxunto de materiais que existen nunha unidade documental, ou sexa, unha biblioteca.

Ao ser informatizado, a túa busca pode ser máis concreta e rápida.

Ao estar na Internet, podes consultalo dende calquera punto con conexión á rede.

Pois vénche

sendo algo así!

Vuf! Paréceme que teño que

repasar isto. A que mo

preguntan agora!?

Page 5: Bibliotecas virtuais e catálogos en liña

Onde podes ver, desde a casa, a dispoñibilidade dun material nas biblios do teu contorno?No portal da…

http://www.rbgalicia.org/

Todas as biblios que están integradas no Proxecto Meiga permítennos a consulta do seu fondo a través da Internet.

Dende a casa podes ver:

En que biblioteca da zona hai o que necesitas. Se se presta o libro que queres ou se só é de consulta en sala. Se está dispoñible o DVD que che interesa. Renovar o libro outros quince días. …

Page 6: Bibliotecas virtuais e catálogos en liña

Rede de Bibliotecas de Galicia

Picamos aquí para seleccionar a biblio do noso

centro, do concello,

do contorno... e facer a

nosa consulta.

Page 7: Bibliotecas virtuais e catálogos en liña

Exemplos de bibliotecas virtuais:a Biblioteca Virtual Galega (BVG)da Universidade da Coruña

Con ela búscase promocionar a nosa literatura difundindo obras de autores de onte e de hoxe.

Recolle obras dos tres grandes xéneros literarios.

Ten obras completas e fragmentos.

Nalgúns casos, podense oír as obras lidas polos propios autores, en soporte audio ou vídeo.

Imos entrar, a ver que se pode ler, oír ou ver por

aquí!

Page 8: Bibliotecas virtuais e catálogos en liña

Biblioteca de literatura infantil e xuvenil

Páxina de información sobre literatura infantil e xuvenil.Ten a pega de que xa non é moi alá a súa actualización, pero aínda serve ben para buscar que ler por xéneros literarios, autores, idade…

Pica na imaxe para ir á páxina web.

Page 9: Bibliotecas virtuais e catálogos en liña

O proxecto de biblioteca virtual da Asociación de Tradutores Galegos quere ofrecernos aos lectores a literatura universal no noso idioma.

Queres ler clásicos da literatura universal en galego? Imos ir a este sitio web para

saber se podemos descargar algunha obra de Xulio Verne, de Jack London, de Mark Twain…

Page 10: Bibliotecas virtuais e catálogos en liña

Máis bibliotecas virtuais

A Biblioteca Escolar Dixital, posta en marcha pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez. Nela podes atopar materiais didácticos de axuda para moitas materias.

Page 11: Bibliotecas virtuais e catálogos en liña

Fin da viaxe polasbibliotecas virtuais

E ata aquí a nosa viaxe virtual polas bibliotecas en liña. En futuras incursións na rede en solitario, ten conta de non perder o tempo que gañaches coas TIC lendo lixo dixital.

Que a forza da rede te acompañe!!