bases vii certame literario ies sanxenxo

2
VIII Certame Literario IES Sanxenxo. Biblioteca escolar 2011-12 VIII CERTAME LITERARIO IES SANXENXO Nacín para escribir. A palabra é o meu dominio sobre o mundo. Clarice Lispector Co obxectivo de fomentar a creatividade literaria e animar a ler e a escribir, o IES de Sanxenxo a través da Biblioteca do centro, convoca o VIII CERTAME LITERARIO de acordo coas seguintes bases: Primeira. Participantes e categorías A Terceiro ciclo de Primaria C Segundo ciclo de Secundaria B Primeiro ciclo de Secundaria D Bacharelato Segunda. Fases do certame . Fase de selección: realizarase en cada centro e enviarase a relación dos participantes por categorías antes do 8 de marzo ao enderezo electrónico: [email protected] O alumnado participante inscribirase na Biblioteca do seu centro antes da data sinalada, ao mesmo tempo que entregará nun folio unha palabra para contaxiar a risa, ou para tremer de medo, para namorar, vender nas rebaixas, bailar baixo a chuvia ou viaxar… argumentando a súa elección en cinco liñas mínimo. Unha copia do seu escrito quedará gardada en formato dixital na biblioteca do seu centro para a súa posible publicación impresa xunto cos textos gañadores. 2º. Fase de realización. Terá lugar no IES Sanxenxo o VENRES 23 MARZO de 10 h. á 12 h. Terceira. Características do texto de redacción Tema: será elixido polo participante entre dúas opcións propostas pola organización. Lingua: galega ou castelá. Modalidade: prosa ou verso. Extensión: Os textos terán unha extensión máxima de 1DIN– A4 polas dúas caras escritas a bolígrafo, sen asinar. As follas oficiais do certame na fase final levarán un número e a letra da categoría como única identificación para garantir o anonimato.

Upload: bibliotecaiessanxenxo81

Post on 09-Mar-2016

225 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Certame intercentros Sanxenxo 2012

TRANSCRIPT

Page 1: Bases VII Certame Literario IES Sanxenxo

VIII Certame Literario IES Sanxenxo. Biblioteca escolar 2011-12

VIII CERTAME LITERARIO IES SANXENXO

Nacín para escribir. A palabra é o meu dominio sobr e o mundo. Clarice Lispector

Co obxectivo de fomentar a creatividade literaria e animar a ler e a escribir, o IES de Sanxenxo a

través da Biblioteca do centro, convoca o VIII CERTAME LITERARIO de acordo coas seguintes

bases:

Primeira. Participantes e categorías

A Terceiro ciclo de Primaria C Segundo ciclo de Secundaria

B Primeiro ciclo de Secundaria D Bacharelato

Segunda. Fases do certame

1ª. Fase de selección : realizarase en cada centro e enviarase a relación dos participantes por

categorías antes do 8 de marzo ao enderezo electrónico: [email protected]

O alumnado participante inscribirase na Biblioteca do seu centro antes da data sinalada, ao

mesmo tempo que entregará nun folio unha palabra para contaxiar a risa, ou para tremer de

medo, para namorar, vender nas rebaixas, bailar baixo a chuvia ou viaxar… argumentando a súa

elección en cinco liñas mínimo. Unha copia do seu escrito quedará gardada en formato dixital na

biblioteca do seu centro para a súa posible publicación impresa xunto cos textos gañadores.

2º. Fase de realización . Terá lugar no IES Sanxenxo o VENRES 23 MARZO de 10 h. á 12 h.

Terceira. Características do texto de redacción

Tema: será elixido polo participante entre dúas opcións propostas pola organización.

Lingua : galega ou castelá.

Modalidade : prosa ou verso.

Extensión: Os textos terán unha extensión máxima de 1DIN– A4 polas dúas caras escritas a

bolígrafo, sen asinar. As follas oficiais do certame na fase final levarán un número e a letra da

categoría como única identificación para garantir o anonimato.

Page 2: Bases VII Certame Literario IES Sanxenxo

VIII Certame Literario IES Sanxenxo. Biblioteca escolar 2011-12

Cuarta: Premios Establécense dous premios por categoría:

� PRIMEIRO PREMIO: 100 €

� SEGUNDO PREMIO: 50 €

Os premios consistirán nun talón económico cambiable nas librerías do concello de Sanxenxo.

A entrega de premios terá lugar en acto público en lugar e data dos que se informará.

Quinta. Xurado

A presidencia do xurado será asumida pola Directora do IES de Sanxenxo ou persoa na que

delegue e como secretaria a profesora encargada da Biblioteca escolar do instituto convocante. O

xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo da cultura, profesores da área de

linguas, arte e humanidades e ex-alumnos premiados en edicións anteriores.

As súas deliberacións serán secretas e a súa decisión inapelable, da que se redactará a acta

correspondente.

Sexta. Traballos seleccionados

Pasarán a ser propiedade do IES de Sanxenxo e formarán parte dos fondos da Biblioteca do

centro. As obras premiadas e finalistas poderán ser obxecto de publicación.

Sétima. Aceptación das bases

A presentación no Certame supón a aceptación das bases por parte dos participantes. O

incumprimento dalgunha das mesmas dará lugar á automática descualificación. Estas bases

poderán ser interpretadas polo Xurado e o órgano convocante en aqueles aspectos non previstos.

Máis información : http://bibliotecaiesanxenxo.blogspot.com/

Teléfono: 986 724 108

Enderezos electrónicos : [email protected]

biblio [email protected]

Sanxenxo, 16 de xaneiro de 2012