bases certamen carteles

5

Click here to load reader

Upload: omixboiro

Post on 07-Jul-2015

181 views

Category:

Documents


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: Bases certamen carteles

1

I CERTAME DE CARTEIS PARA O DÍA INTERNACIONAL DA

MULLER TRABALLADORA, 8 DE MARZO.

O Concello de Boiro convoca o Primeiro Certame de Carteis con motivo do Día

Internacional da Muller Traballadora que se celebrará o venres 8 de Marzo, e que se

rexerá polas seguintes condicións:

BASES

PRIMEIRA, Temática.

O tema dos carteis presentados deberá estar relacionado co significado da

conmemoración do Día Internacional da Muller. Preténdese resaltar aquelas actitudes

que contribúan á sensibilización social e a erradicar aqueles estereotipos sociais

relativos ao rol de mulleres e homes e que fomenten a construción de relacións entre os

sexos baseadas no respecto e na tolerancia, incentivando a igualdade de oportunidades.

SEGUNDA, Participantes.

Poderán participar no concurso todos aqueles xóvenes do municipio que teñan

entre dezaseis e vinte e un anos. O certame está dirixido a aqueles que se atopen

cursando 4º curso da Educación Secundaria Obrigatoria ou Bacharelato nos centros do

municipio, aínda que tamén se poderán presentar aqueles adolescentes que non se

atopen estudando, e teñan entre 16 e 21 anos de idade.

Page 2: Bases certamen carteles

2

TERCEIRA, Características dos carteis.

1- Deberán ser orixinais e inéditos, e non ser presentados nin premiados con

anterioridade en ningún concurso ou certame. O Departamento de Servizos

Sociais, Muller e Terceira Idade non se fai responsable das obras non orixinais

que sexan presentadas no certame.

2- Cada persoa participante presentará tan só un cartel.

3- A dimensión do cartel será en tamaño A3, en disposición vertical, e presentarase

sen enmarcar nun soporte ríxido, para facilitar a súa exposición.

Tamén se ofrece a posibilidade de presentalo en formato dixital, mediante a

presentación dun soporte tipo CD.

4- No cartel deberá de figurar de xeito ben visible o seguinte texto: “8 DE MARZO

DO 2013. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA”, e un

lema alusivo ao tema recollido na base primeira. Sinalar, que na franxa inferior

do cartel deberá de reservarse un espazo suficiente para a presenza das imaxes

correspondentes aos organismos pertinentes. Todo deberá estar escrito en lingua

galega.

CUARTA, Presentación

1- O prazo de presentación finalizará o mércores 27 de Febreiro ás 14:00. Os

traballos presentaranse ao responsable da materia de Educación Plástica do seu

I.E.S correspondente. No caso de que os participantes non se atopen

matriculados en ningún centro educativo, poderán presentar os seus carteis no

Rexistro que se atopa situado no Concello de Boiro.

2- Os carteis deberán presentarse sen firmar, irán acompañados dun sobre pechado

onde se incluirá o nome, apelidos, dirección, teléfono de contacto e fotocopia do

DNI do autor/a -no caso dos menores de idade que non estean cursando estudos,

deberá incluírse a autorización dos pais ou representante legal do menor-. No

exterior do sobre indicarase o título/lema do cartel.

Page 3: Bases certamen carteles

3

QUINTA, Premio

1- O cartel gañador do concurso será empregado para confeccionar os carteis e

programas das actividades que se organicen polo Departamento de Servizos

Sociais, Muller e Terceira Idade con motivo da celebración do 8 de marzo do

2013, así como daquelas actividades futuras que o Concello estime oportunas.

2- O premiado tamén será gratificado cunha tablet, cuxas características son as

seguintes: Android 4.0 – pantalla 7” – 4 GB – Conexión Wifi…

SEXTA, Criterios de Selección

Os traballos presentados valoraranse tendo en conta os seguintes criterios de

selección:

- Impacto social positivo.

- Orixinalidade.

- Calidade artística

-

SÉTIMA, Constitución do Xurado

1- O xurado estará composto polos seguintes membros:

- D. Juan José Dieste Ortigueira. Alcalde do Concello de Boiro.

- Dona Carmen Beatriz Deus Miguez. Concelleira de Servizos Sociais, Muller

e Terceira Idade.

- Dona Helena Teixeira Barcala. Concelleira de Cultura, Patrimonio, Persoal

e Comercio.

- Dona María José Lourenzo Ouviña. Concelleira de Educación, Sanidade e

Consumo.

- Dona Cornelia Ces Miranda. Concelleira de Turismo, Participación Cidadán,

Relacións Veciñais, Relacións Públicas e Institucionais.

Page 4: Bases certamen carteles

4

2- A decisión do xurado será inapelable e darase a coñecer a partir do 28 de

Febreiro, a través da páxina web do Concello de Boiro (www.boiro.org). O

premio outorgarase o venres 8 de Marzo, día no que se inaugurará a

exposición con todos os carteis participantes.

OITAVA, Traballos participantes

Os traballos participantes neste certame quedarán en propiedade e exclusiva do

Concello de Boiro, podendo ser reproducidos para o anuncio do 8 de Marzo do

2013, no que se tratará de difundir esta conmemoración, e facendo deles o uso

promocional que se estime convinte, así como utilizalo, no caso de que se considere,

en futuras actividades.

NOVENA, Exhibición dos carteis.

O cartel gañador, así como os que participaron neste certame poderán ser

expostos ao público nalgunha das institucións municipais determinadas para este

evento.

DÉCIMA, Aceptación e Interpretación das bases

1- A participación neste concurso supón a plena aceptación das presentes bases.

2- A resolución de todas as cuestións que poidan xurdir ou plantearse sobre a

interpretación das bases, así como a decisión ante calquera imprevisto non

recollido nas mesmas será de exclusiva competencia do xurado.

Quedarán excluídos aqueles carteis que non se axusten aos criterios e características

mencionados nestas bases.

Page 5: Bases certamen carteles

5

MODELO DE AUTORIZACIÓN

D./Dª _________________________, con domicilio en

___________________________________ e con DNI/pasaporte

número________________,en condición de pai/nai/titor/titora

do menor D./Dª_____________________________, de _____anos

de idade, con domicilio en______________________ e con

DNI/pasaporte número______________, AUTORIZO ao meu

fillo/a:

A participar no I Certame de Carteis en Conmemoración

do Día Internacional da Muller Traballadora, cuxas Bases

declaran coñecer e aceptar integramente, así como as

condicións de participación do menor, das cales declaran

ter coñecemento. Estas condicións atópanse dispoñibles no

sitio web www.boiro.org.

En ________________________, a __ de ____________ de _____.

Fdo.: