barroco en españa

47
O BARROCO EN ESPAÑA 1. O MUNDO DO IMPERIO ESPAÑOL: CONTEXTO HISTÓRICO o O final da hexemonía española Política interna Política externa o Contexto económico e social o Contexto cultural e relixioso o Trazos xerais da arte barroca 2. A ARQUITECTURA BARROCA 2.1. Trazos comúns 2.2. A arquitectura da primeira metade do século XVII Francisco de Mora (1553-1613) Juan Gómez de Mora (1586-1648) Alonso Carbonell (1620-1660) 2.3. A arquitectura da segunda metade do século XVII Manuel e José del Olmo Alonso Cano (1601-1667) Francisco de Herrera o Novo (1622-1685) 2.4. O barroco final José Benito Churriguera (1665-1725) Alberto Churriguera (1676-1750) Pedro de Ribera (1683-1742) Narciso Tomé (-1742) Palacio Real de Madrid: Filippo Juvara (-1736) Giovanni Sachetti Palacio da Granxa (1721) Teodoro Ardemans (1664-1726), Juvara e Sachetti. 2.5. O Barroco compostelán o O século XVII Xosé Vega e Verdugo (1623-1696) Xosé Peña de Toro (-1676) Domingos de Andrade (1639-1712) Diego Romay (-1694) Frei Tomé Alonso Frei Gabriel de Casas (-1709) o O século XVIII Fernando de Casas e Novoa (1670-1749) Simón Rodríguez (1697-1752) Lucas ferro Caaveiro (1699-1770) Clemente Fernández Sarela (1716-1765) 3. A ESCULTURA BARROCA 3.1. Trazos comúns 3.2. A escola castelá Gregorio Fernández (1576-1636) 3.3. A escola andaluza Juan Martínez Montañés (1568-1627) Juan de Mesa (1583-1627) Alonso Cano (1601-1667) Pedro de Mena 3.4. Segunda metade do século XVII: O pleno Barroco. Pedro Roldán (1624-1669) Francisco Salzillo 81707-1783) 4. A PINTURA 4.1. Trazos característicos 4.2. A escola valenciana Francisco Ribalta (1565-1628) José de Ribera “o Españoleto” (1591-1652) 4.3. A escola andaluza: Sevilla Francisco de Zurbarán (1598-1664) 1

Upload: emilio-gomez

Post on 25-Mar-2016

235 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

Apuntes en galego sobre o barroco

TRANSCRIPT

O BARROCO EN ESPAÑA

1. O MUNDO DO IMPERIO ESPAÑOL: CONTEXTO HISTÓRICOo O final da hexemonía española

Política interna Política externa

o Contexto económico e socialo Contexto cultural e relixiosoo Trazos xerais da arte barroca

2. A ARQUITECTURA BARROCA 2.1. Trazos comúns 2.2. A arquitectura da primeira metade do século XVII

Francisco de Mora (1553-1613) Juan Gómez de Mora (1586-1648) Alonso Carbonell (1620-1660)

2.3. A arquitectura da segunda metade do século XVII Manuel e José del Olmo Alonso Cano (1601-1667) Francisco de Herrera o Novo (1622-1685)

2.4. O barroco final José Benito Churriguera (1665-1725) Alberto Churriguera (1676-1750) Pedro de Ribera (1683-1742) Narciso Tomé (-1742) Palacio Real de Madrid:

Filippo Juvara (-1736) Giovanni Sachetti

Palacio da Granxa (1721) Teodoro Ardemans (1664-1726), Juvara e Sachetti.

2.5. O Barroco composteláno O século XVII

Xosé Vega e Verdugo (1623-1696) Xosé Peña de Toro (-1676) Domingos de Andrade (1639-1712) Diego Romay (-1694) Frei Tomé Alonso Frei Gabriel de Casas (-1709)

o O século XVIII Fernando de Casas e Novoa (1670-1749) Simón Rodríguez (1697-1752) Lucas ferro Caaveiro (1699-1770) Clemente Fernández Sarela (1716-1765)

3. A ESCULTURA BARROCA3.1. Trazos comúns3.2. A escola castelá

Gregorio Fernández (1576-1636)3.3. A escola andaluza

Juan Martínez Montañés (1568-1627) Juan de Mesa (1583-1627) Alonso Cano (1601-1667) Pedro de Mena

3.4. Segunda metade do século XVII: O pleno Barroco. Pedro Roldán (1624-1669) Francisco Salzillo 81707-1783)

4. A PINTURA4.1. Trazos característicos4.2. A escola valenciana

Francisco Ribalta (1565-1628) José de Ribera “o Españoleto” (1591-1652)

4.3. A escola andaluza: Sevilla Francisco de Zurbarán (1598-1664) Alonso Cano (1601-1667) Bartolomé Esteban Murillo (1617-1682) Juan de Valdés Leal (1622-1690)

4.4. A escola madrileña Juan Bautista Maino (1578-1649) Claudio Coello (1642-1693) Velázquez (1599-1660)

1

1. O MUNDO DO IMPERIO ESPAÑOL: CONTEXTO HISTÓRICO

O século XVII supuxo para España o final da súa hexemonía política, tras varios séculos de posuír amplos dominios por toda Europa. Nesta época teñen lugar unha importante crise demográfica e unha precaria situación económica, que situaron o país en clara decadencia, á que nin monarcas nin validos foron quen de dar solución.

En 1598 morreu Filipe II e sucedeuno no trono o seu fillo Filipe III. Durante o seu reinado viviuse un período de paz, non só en España, senón en toda Europa, que se vira arrasada por continuas guerras políticas e de relixión

acontecidas desde finais do século XV e ao longo do XVI. A situación de crise xeralizada que sufría o país esixía urxentes reformas económicas e fiscais, aínda que nin o Duque de Lerma (valido ao que Filipe III lle cedeu o poder), nin Filipe IV, xunto ao conde-duque de Olivares, souberon facerlle fronte. Ao mesmo tempo que Europa se sumía na Guerra dos Trinta Anos, iniciada en 1618, España renovaba en 1621 a guerra contra os Países Baixos trala finalización da Tregua dos Doce Anos entre estes dous países.

Retrato ecuestre de Filipe III. Velázquez. 1634-1635. 300 x 314. Óleo sobre lenzo. Prado.

Filipe III herdou un país empobrecido, cunha facenda en quebra e en conflicto con Inglaterra e os Países Baixos. O monarca apresurouse a solucionar os devanditos conflitos firmando a Paz de Londres cos ingleses e a coñecida Tregua dos Doce Anos cos holandeses.

Política interna

Producíronse algúns intentos de solucionar a crise, como os que puxo en marcha o conde-duque de Olivares (reformas administrativas, desenvolvemento dunha política proteccionista e unificación xurídica dos reinos peninsulares). Sen embargo, a partir da década dos corenta, en todo o país se deron numerosas rebelións, o que agravou aínda máis a situación. As principais foron as de Cataluña e a de Portugal que triunfou e supuxo a súa independencia.

2

Política externa

A Paz de Westfalia (1648) (ver mapa páx. anterior), coa que se daba por finalizada a Guerra dos Trinta Anos, obrigou a España a recoñecer a independencia de Holanda, aínda que a capitulación definitiva non chegou ata a Paz dos Pireneos en 1659 (idem). Esta Paz supuxo a perda definitiva dos Países Baixos (excepto Flandes) e o fin da hexemonía española a favor de Francia. A morte en 1700 do monarca Carlos II, sen descendencia, que gobernou desde 1665, abocou a España a unha Guerra de Sucesión entre o herdeiro oficial, Filipe de Anjou, e o arquiduque Carlos de Austria.

A Paz de Utrech de 1713-1714 puxo fin ao enfrontamento, e recoñeceuse a Filipe V como rei de España. Con el daba comezo a dinastía borbónica, que potenciou o cambio e as reformas xa iniciadas ao final do século XVII.

Cos Borbóns, a política interior prevaleceu sobre a exterior, o que contribuíu ao desenvolvemento non só económico, senón tamén demográfico.

Contexto económico e social

A agricultura foi a principal actividade económica ao longo do século XVII, aínda que no século seguinte, co éxodo rural debido á forte presión fiscal que recaeu sobre os campesiños, diminuíu moito a produción. Pola súa parte, a gandería, a metalurxia e a construción naval tamén sufriron un gran retroceso, sobre todo a partir da recesión do comercio con América. O comercio interior viuse prexudicado polo exceso de aduanas, que dificultaban o comercio entre as distintas rexións. O comercio exterior, centrado na exportación de materias primas e a importación de produtos manufacturados provenientes principalmente de Europa, tampouco se atopaba en boa situación. A nova dinastía borbónica iniciou unha importante reforma económica, e puxo en marcha unha política mercantilista, que se mantivo ata mediados de século, coa que pretendía aumentar a poboación, fomentar a industria e protexer o comercio. Durante o século XVII produciuse unha importante crise demográfica provocada polas epidemias de peste que arrasaron o país ao longo do século; pola forte emigración cara a América, como consecuencia da crise que sufría o país e pola expulsión dos mouriscos (descendentes dos musulmáns que foron expulsados definitivamente en 1609), o que supuxo a saída de España dunhas 300.000 persoas.

3

Contexto cultural e relixioso

O Barroco supuxo un profundo cambio respecto ao pensamento renacentista. A visión optimista e idealista que tiña o Renacemento sobre a vida viuse substituída por unha visión pesimista e realista. Sen embargo, no campo literario produciuse un fenómeno sen parangón no resto de Europa, polo que se chamou o Século de Ouro da literatura española. A obra de Góngora, Calderón de la Barca, Quevedo e Gracián, autores das correntes literarias do momento, reflicte o clima de crise e de crispación social característico da época. Así, os principais temas tratados eran a loita pola existencia humana e a fugacidade, a inconsistencia e as vaidades da vida. No ámbito relixioso, o século XVII foi unha época de esplendor para a Igrexa. É a época de máximo apoxeo da Reforma católica ou Contrarreforma, reacción católica contra a reforma protestante que pretendía defender a doutrina da fe católica, reforzar a disciplina e a autoridade do Papa e fomentar a formación do clero nos seminarios. Iniciada no Concilio de Trento, convocado en 1545 polo Papa Paulo III, a Contrarreforma perdurou durante todo o período barroco e influíu decisivamente nas manifestacións artísticas barrocas.

Trazos xerais da arte barroca

A arte barroca española é esencialmente relixiosa, pois a clientela estaba formada polos conventos e as igrexas, ademais da Corte e os membros da nobreza que facían poucos encargos. A arquitectura destaca por riba das demais artes, con construcións de pouca envergadura e estrutura sobria, co interese centrado nas fachadas. A igrexa é o edificio máis característico, e só no século XVIII, coa chegada dos Borbóns á corte, a arquitectura civil alcanzará un gran auxe. O século XVII está considerado como o Século de Ouro da pintura española, e desta época son algúns dos pintores máis recoñecidos da historia da arte española. Pola súa parte, a arte barroca hispanoamericana nace como froito da vontade dos colonizadores de implantar o cristianismo a medida que ían conquistando territorios, e aínda que influída por elementos barrocos españois, desenvolve a súa propia personalidade.

2. A ARQUITECTURA BARROCA

De todas as artes, foi á arquitectura á quen máis lle afectou a crise económica que viviu o país no século XVII Distinguimos entre as obras realizadas na primeira metade do século XVII, as da segunda metade e as do Barroco final, aínda que en xeral falaremos duns trazos comúns en todas as obras arquitectónicas españolas. A arquitectura feita en Galicia volveu a acadar un momento de esplendor polo gran número e calidade dos edificios construídos, sobre todo en Santiago de Compostela. 2.1. Trazos comúns

Son construcións menos monumentais ca no período renacentista, empréganse materiais pouco custosos, co uso xeralizado do ladrillo, o xeso e a madeira; o uso da pedra é moli limitado. A bóveda encamonada ou falsa é un síntoma disto, consiste en construílas con xeso e madeira.

4

Non existe a penas arquitectura civil e a arquitectura relixiosa, centrada en igrexas, non proporciona ningunha novidade estrutural máis cá na ornamentación dos edificios, que se utiliza para tapar o pobre aspecto dos materiais utilizados. En xeral, prefírense as liñas rectas ás curvas. Todo o interese concéntrase nas fachadas, e na decoración interior, onde son abundantes os retablos de madeira policromada. Na arquitectura barroca española distinguimos tres períodos:

O primeiro período.- de gran sobriedade estrutural e decorativa, dáse na primeira metade do século.

O segundo.-marcado polo gran decorativismo, abarca a segunda metade da centuria.

O terceiro.- chamado tamén Barroco final, desenvólvese durante as primeiras décadas do século XVIII. Nel coexisten unha decoración libre e fantástica xunto ás tendencias equilibradas e sobrias da arquitectura cortesá dos Borbóns.

2.2. A arquitectura da primeira metade do século XVII

Os edificios deste período están moi influídos pola obra de Juan de Herrera no Escorial, principal arquitecto manierista español que empregou a orde xigante e a proporcionalidade dos elementos construtivos nos seus edificios.

Francisco de Mora (1553-1613)

El é un destes arquitectos herrerianos, pois traballou co mestre no Escorial, vémolo no Palacio ducal de Lerma (Burgos)(1601-1617).

Juan Gómez de Mora (1586-1648)

Sobriño e discípulo do anterior, apártase da severidade herreriana e introduce elementos decorativos e plasticidade nos volumes, o que lle proporciona ás superficies dos seus edificios un claroscuro moi significativo, as súas obras máis importantes son a parte baixa da fachada e o interior do

Colexío da Clerecía de Salamanca (1617).

5

Tamén foi autor da Praza Maior de Madrid (1617-1619), hoxe moi modificada tras sucesivos incendios, aínda que mantén a súa estrutura rectangular e pechada por pórticos.

Praza Maior de Madrid. (1617-1619)

Alonso Carbonell (1620-1660)

Realizou o Palacio do Bo Retiro de Madrid (1590-1660) e o Panteón dos Reis do Escorial. O Palacio do Bo Retiro de Madrid foi un conxunto arquitectónico de grandes dimensións mandado construir por orde de Felipe IV como segunda residencia e lugar de recreo (de ahí o seu nome). Edificouse no que daquela era o límite oriental da cidade de Madrid. Hoxe en día coñecémolo polos escasos vestixios que quedan del e polos xardíns do mesmo, que conforman o Parque do Retiro.

O Bo Retiro en 1637. Panteón dos Reis do Escorial.Cadro atribuido a Jusepe Leonardo.

2.3. A arquitectura da segunda metade do século XVII A partir de 1650 as desnudas estruturas de influencia herreriana foronse cubrindo de elementos decorativos, naturalistas e abstractos. As plantas dos edificios seguen sendo sinxelas, aínda que os alzados alcanzan maior liberdade e dinamismo.

6

Manuel e José del Olmo

Estes dous irmáns son os autores da igrexa das Comendadoras de Santiago de Madrid (1667-1706), de cruz grega e brazos curvos, e percorrida por un rico entaboamento de modillóns pareados.

Plano do convento e fachada da igrexa das Comendadoras

Alonso Cano (1601-1667)

Este polifacético artista destaca como arquitecto cando deseña a fachada da catedral de Granada, concebida como un gran arco de triunfo de acentuado claroscuro, emprega a orde xigante e estruturas clasicistas cun gran dinamismo.

Fachada da catedral de Granada. 1667.

Francisco de Herrera o Novo (1622-1685)

É o autor da planta da basílica do Pilar de Zaragoza, realizada en 1680, o seu proxecto inicial foi despois modificado, o seu constaba de tres naves, a central pechada e rodeada por outras dúas. Unha cúpula central e dez capelas laterais iluminaban o seu interior.

7

2.4. O barroco final

A arquitectura do século XVIII constitúe a apoteose do Barroco español. Acentúase a tendencia decorativa da segunda metade do século anterior e configúrase un estilo recargado e exuberante, á fronte do cal están os irmáns Churriguera, que crearon un estilo propio (churrigueresco). Á marxe deste, deselvólvese unha corrente cortesá onde predomina unha arquitectura sobria e equilibrada ao gusto da nova dinastía borbónica.

José Benito Churriguera (1665-1725)

É autor de numerosos retablos de movidas plantas, nos que emprega profusamente as columnas salomónicas e os estípites, ambos con abundante decoración, como o retablo de San Esteban de Salamanca, de 1693.

Retablo de San Esteban. 1693

Remata a cabeceira da igrexa. Seis grandes columnas salomónicas, recubertas de decoración vexetal, recorren o primeiro corpo, en cuxo centro atópase o tabernáculo central concibido coma un templete, franqueado por un par de columnas a cada lado; entre estas e as dos extremos atópanse dúa hornacinas que dan cobixo ás esculturas de Santo Domingos de Guzmán e San Francisco de Asís, atribuidas ao autor do retablo. O segundo corpo ten como centro e remate unha pintura de Claudio Coello cuxo tema é o martirio de San Esteban. Todo está dourado e recuberto de profusa decoración, dando lugar a un dos máis monumentais retablos barrocos típicamente españois.

As súas arquitecturas amosan un estilo máis sobrio e racional. Entre elas destaca o trazado do Nuevo Baztán (1709-1713), unha poboación nova na provincia de Madrid que incluía igrexa, palacio, praza de festas e vivendas para obreiros.

Fachada do palacio de Juan de Goyeneche do Nuevo Baztán. 1709-1713.

O municipio foi fundado en 1709 como un modelo urbanístico segregándose o seu territorio doutro municipio. A iniciativa veu dun migo do rei Carlos II, Juan de Goyeneche. Este Palacio-Igrexa de Goyeneche foi construido entre 1709–1713, por José de Churriguera.

8

Alberto Churriguera (1676-1750)

Levou a cabo a Praza Maior de Salamanca, de planta cadrada e porticada seguindo o modelo da madrileña, aínda que as súas fachadas están máis decoradas.

Pedro de Ribera (1683-1742)

A súa obra caracterízase por unha imaxinación desbordante na decoración das súas construcións. Dúas delas e emblemáticas son:

Igrexa de Montserrat. 1668.

Estípites, óculos, rocallas xerano ritmo ondulatorio e ascensionalque conduce a mirada ata a hornacina coa estatua do santo.

Ribera busca coas súas escenografías integrar as súas obras no tecido urbano.

Fachada do Hospicio de San Fernando. 1722.

Narciso Tomé (-1742)

Realizou o transparente da catedral de Toledo (1721-1732), estrutura arquitectónica situada no deambulatorio, no que a arquitectura, a escultura e a pintura se unen en perfecta simbiose, e onde a luz ten un papel protagonista. A disposición deste transparente realízase á maneira dun retablo de forma cóncava elevándose en dous corpos de altura. O nexo que vincula estes dous corpos é o óculo central, ante o cal aparece un feixe de raios que simbolizan o sol eucarístico; arredor deste óculo disponse unha movida corte de anxos en contrastadas actitudes. No corpo inferior, unha hornacina garda unha escultura da Virxe co Neno como motivo principal, mentres que no segundo unha representación escultórica da Última Cea reforza o contido eucarístico do conxunto.

9

Dentro da arquitectura cortesá figura unha serie de artistas estranxeiros, demandados polos novos monarcas, que desenvolven unha arquitectura sobria e monumental, seguindo os modelos franceses e italianos. Entre as obras máis importantes destaca o

Palacio Real de Madrid (1734) iniciado por Filippo Juvara (-1736) sobre un proxecto de inspiración francesa, de grandes dimensións e desenvolvemento horizontal. Trala súa morte, continuou as obras Giovanni Sachetti, que reduciu as proporcións e lle deu máis altura.

Diversas fachadas do Palacio Real de Madrid, tamén chamado de Oriente.Francesco Sabatini rematou a obra definitivamente a partir de 1760, con Carlos III no trono.

Palacio da Granxa (1721) foi outro exemplo desta arquitectura cortesá. Proxectouno Teodoro Ardemans (1664-1726), elixiu un esquema cuadrangular con torres, que máis tarde foi modificado por Juvara e por Sachetti, que foi o executor da obra.

Filipe V retirouse a vivir aquí en 1724 e durante vinte anos non parou de engrandecelo e embelecelo. Foi usado como rsidencia de verán ata Alfonso XIII.

10

2.5. O Barroco compostelán

Nos séculos XVII e XVIII, Santiago de Compostela levou a cabo unha serie de obras, patrocinadas pola Igrexa e o cabido catedralicio, que cambiarán a fisionomía da cidade. Compostela foi obxecto dunha renovación arquitectónica e dun embelecemento para impulsar o culto ao apóstolo e ampliar a importancia espiritual da cidade. En Santiago xurdiu un estilo con formas propias e linguaxes orixinais ideadas por artistas galegos, constituíndo o Barroco compostelán. Este é un dos períodos máis grandes da arte galega no que se engrandeceu a catedral, erguéronse igrexas, conventos e mosteiros con grandes fachadas e retablos de gran riqueza, proxectáronse prazas, construíronse casas grandes e pazos, etc. Nos edificios adóptase un canon desmesurado tendente ao xigantismo e no que predominan as formas curvas, as columnas salomónicas, os frontóns crebados, os saíntes e ocos para crear claroscuro, as torres campanario, as grandes chemineas e as fachadas-cortina. Todo iso decorado con froitas, anxos, trofeos militares, estandartes, escudos. Fronte a outras zonas de España, en Compostela empregouse o granito que lles ofreceun aspecto sólido e monumental aos edificios.

o O século XVII

Durante a segunda metade do século XVII, o foco compostelán introduciu as formas barrocas, comenzándose a empregar a columna salomónica, os recadros e cintas de formas rectas e curvas que provocan xogos lumínicos, as decoracións vexetais, etc.

Xosé Vega e Verdugo (1623-1696)

Cóengo da catedral, será el quen inicie a renovación barroca da catedral. Traza o baldaquino da catedral (1658-1678) que será rematado por Domingos de Andrade. Toma como modelo o de san Pedro de Bernini, aínda que elimina as columnas e suxeitao por anxos e cúbreo por unha especie de pirámide con ocos sobre a que se levanta unha figura de Santiago matamouros.

Xosé Peña de Toro (-1676)

Na catedral fai os seguintes traballos: Entre 1660 e 1664 leva a cabo as primitivas trazas do Pórtico Real da Quintana, refeito posteriormente por Domingos de Andrade; ensancha a Porta Santa; e remata as ábsidas e o ciborio. Entre 1665 e 1671 traza as torres da fachada do Obradoiro, que realizará, con outras trazas, Fernando de Casas e Novoa, no século seguinte.

11

Fóra da catedral realizou o colexio de San Xerome (1656), a capela da Soidade na igrexa de Santa María de Salomé (1662) e a capela de San Xosé na igrexa da Compañía (1671).

Colexio de San Xerome (1656)

A portada medieval pertencía a un hospicio medieval e foi reaproveitado para esta edificación.

A autoría do conxunto aínda se discute.

É un edificio de liñas puras e dous corpos de altura.

Pecha a Praza do Obradorio polo súa parte meridional.

Domingos de Andrade (1639-1712)

Ocupa o cargo de mestre de obras da catedral á morte de Peña de Toro. Foi o autor da Torre do Reloxo (1676-1680).

Engade ao corpo cúbico medieval un segundo corpo cúbico e maís esvelto, cunha balaustrada con templetes circulares nos ángulos, pilastras de orde composta, entaboamento e unha cornixa voada. Sobre a cornixa levanta un terceiro corpo octogonal composto por unha balaustrada e nos ángulos templetes, arcos decorados con querubíns, pilastras e sobre elas un entaboamento sobre o que se asenta unha balaustrada octogonal e tambor que sostén unha cúpula con lanterna.

Na catedral realiza tamén o Pórtico Real da Quintana (1696). Destacan catro columnas dóricas de orde xigante, un entaboamento con triglifos e metopas, unha cornixa sobre a que sitúa unha balaustrada con pináculos e unha decoración de

froitas, escudos, trofeos militares, etc.

Tamén realizou importantes obras no convento de San Domingos de Bonaval, como a fachada, o claustro e a triple escaleira de caracol.

Fachada do convento de San Domingos de Bonaval. A fachada disponse en tres corpos e tres rúas cunha portada na que destacan dúas grandes pilastras toscanas. Do entaboamento destas pilastras arrinca un frontón curvo que se parte para acoller unha ventá. Entre as pilastras hai unha fornela con volutas que acolle unha estatua de San Domingos.

12

Triple escaleira. San Domingos de Bonaval. Claustro de San Domingos de Bonaval.

Entre as obras civís que realizou destacan a Casa da Parra (1683) e a Casa da Conga (1709):

Casa da Parra (1683) Casa da Conga (1709):

Diego Romay (-1694)

Foi outro arquitecto que contribuíu a darlle esplendor ao Barroco compostelán. A súa principal obra é o convento e a igrexa das Madres Mercedarias.

Concibe a fachada da igrexa como un retablo no que s eaprecia o sentido plástico e pictórico. Está formado por tres corpos flanqueados por dúas pilastras corintias de orde xigante. O primeiro corpo consta de tres arcos de medio punto. Os dous corpos superiores están baixo un gran arco, dos que o máis baixo está dividido por pilastras en tres rúas con relevos e escudos, e no último corpo sitúase unha gran ventá cun frontón recto do que colgan froitos, flores e follas.

13

Durante o Barroco, o mosteiro de San Martiño Pinario experimentou un gran desenvolvemento. Na segunda metade do século XVII foron mestres de obras deste mosteiro Frei Tomé Alonso e Frei Gabriel de Casas.

Frei Tomé Alonso

Realiza no mosteiro o campanario, a prolongación do coro alto da igrexa, as ventás laterais da fachada da igrexa e as escaleiras da á oeste do mosteiro.

Frei Gabriel de Casas (-1709)

Leva a cabo a fachada do mosteiro, de acusada austeridade dentro dun clasicismo tardío, que contrasta co remate da portada que deseña posteriormente Fernando de Casas e Novoa. A fachada está composta por tres corpos. O corpo central está máis atrasado e consta de catro plantas, a baixa ten arcos de medio punto nos que se abren portas e ventás, mentres que no resto de plantas parten pilastras e ventás. Sobre a cornixa deste corpo central colócanse pináculos con bola. Nos corpos laterais, que teñen un piso máis, ábrense ventás, sendo en arco de medio punto no piso superior; colócanse balcóns, apoiados sobre ménsulas; e varandas de ferro. Nas

esquinas vemos vemos os mesmos remates en bola.

o O século XVIII

Foi unha época de gran esplendor artístico con grandes obras e artistas. Compostela seguiu sendo o centro artístico. O Barroco vaise centrando no xeométrico, esquecéndose da ornamentación, e buscando efectos de profundidade; por iso se levantan as fachadas-cortina que crean perspectivas e engalanan a cidade, as voadas cornixas, os desproporcionados campanarios, etc.

Fernando de Casas e Novoa (1670-1749)

É a figura culminante do Barroco galego. Na súa obra funde a decoración vexetal, da época anterior, coas formas xeométricas de maior simplicidade. Foi mestre de obras da catedral de Santiago onde constrúe a capela do Pilar (1723), a fachada-cortina da esquina do edificio do Tesouro das Praterías (1729) e a fachada do Obradoiro, na que levantou o panel central, a parte superior da Torre das Campás e a torre da Carraca.

Fachada-cortina da esquina do edificio do Tesouro das Praterías (1729)

14

Fachada do Obradoiro. 1738-1750.

O autor non chegaría a ver a súa obra rematada. Para protexer o Pórtico da Gloria da ruina que o ameazaba, o Cabido compostelán mandou edificar unha gran fachada, ao mesmo tempo que procedía a completar a obra dunha torre, xemea á construida no século XVII por José Peña de Toro e Domingo de Andrade. Fernando Casas e Novoa, tivo o talento de proxectar unha excepcional fachada de deseño piramidal, articulada con columnas de fuste estriado, inserta nunha estrutura aparentemente desmaterializada polos amplos vans acristalados que cumpren a función de iluminar de maneira portentosa a zona dos pes do templo. A experiencia de ascender ao edificio desde o exterior, tamén alcanza a súa plenitud coa escalinata en converxencia que conexiona co espacio urbano, establecendo a necesaria coherencia entre o mundo exterior e o do interior do templo. A fachada transparente proporciona un abrigo que protexe a obra mestra do medievo pero, ao mesmo tempo, a súa planificación é un manifiesto triunfal con forzas visuais de gran magnitude arquitectónica. Érguese explícitamente coma unha escultura monumental. Convírtese, deste xeito, na apoteose do Barroco compostelán, reunindo todas as características. A necesidade de manter unha iluminación correcta ao obriga ao artista a prantexar a parte central como un enorme espello ou vidreira a través da cal entre a luz conveniente. Este espello únese coas partes laterais da fachada mediante unha forma cóncava que dinamiza o muro, decorado por grandes volutas e toda unha serie de trofeos e temas vegetais que recorren os lenzos murais ata rematar no dinámico templete no que se recorta a imaxe de Santiago peregrin, a quen, en definitiva, vai dedicado este Arco de Triunfo.

En San Martín Pinario tamén intervén, conclúe o claustro (1738), realiza a portada do mosteiro, rematando a obra de Frei Gabriel de Casas (ver páxina anterior), e crea o retablo maior da igrexa, que será executado por Miguel de Romay entre 1730 e 1733.

Claustro de san Martín Pinario.

A estrutura do claustro planificouse con dous niveis: o inferior, de arcos de medio punto aliñados cos balcóns adintelados de barandillas forxadas e claraboias ovaladas que conforman o nivel superior. Amplas columnas dóricas pareadas dispostas sobre zócalos dividen e articulan cada unha das seccións do claustro. Un amplo entablamento coroado por pináculos remata esta magnífica obra, realizada cuns rigurosos parámetros clasicistas. No centro do patio claustral dispúxose unha ornamentada fonte.

Retablo maior de San Martín Pinario.

Magnífico iconostasio que separa

dous recintos da igrexa e que se alza como un apoteósico Triunfo da Orden Benedictina.

15

Simón Rodríguez (1697-1752)

Introduciu na arquitectura galega as grandes placas pétreas, que provocan grandes efectos lumínicos. Realizou unha das obras máis orixinais do barroco compostelán, a fachada do convento de Santa Clara (1719), cunha falsa fachada ou fachada-cortina que non dá acceso á igrexa, xa que esta queda máis atrasada, polo que a súa función é simplemente escenográfica. A fachada está encadrada por dúas enormes pilastras dividida en tres rúas e tres corpos, e agrupada a decoración na parte central. A alternancia de vans e macizos consegue efectos de claroscuro, acentuados polas placas, os frontóns curvos partidos e as cornixas voadas. Os remates cilíndricos inciden neste barroquismo xenial.

Tamén fixo a torre-campanario para a igrexa de San Fiz de Solovio (1703), deu os planos para o convento de San Francisco (1741) e deseñou o retablo da igrexa da Compañía de Santiago.

San Fiz de Solovio. 1703. Simón Rodríguez realizou a torre-campanario, de claro sabor barroco de placas compostelán.

Lucas Ferro Caaveiro (1699-1770)

Sucedeu a Fernando de Casas e Novoa como mestre de obras da catedral. Cobre con bóvedas pétreas e decora con placas e cilindros o Arquivo e o Tesouro e proxecta, edificando só o primeiro corpo, a Fachada de Acibechería (1758-1765), na que traballou con Fernández Sarela.

16

Fachada de Acibechería. 1758-1765. No século XVII debido a un incendio desmantelouse a antiga portada románica. Algúns dos relevos que se rescataron están hoxe en Platerías. Chamábase Porta do Paraíso e por ela entraban os peregrins. O primeiro corpo deseñouno e realizouno Lucas Ferro Caaveiro. Obra complexa desde os seus inicios, a solución final virá imposta polo dictamen da Academia de San Fernando, que enviou para rematala ao seu discípulo Domingo Lois Monteagudo, nomeado mestre de obras da catedral

en 1765.

Fóra da catedral comezou, en 1754, as obras da capela das Angustias (hoxe igrexa de San Fructuoso), subordina toda a edificación á cúpula. Dada a súa situación por debaixo da Praza do Obradoiro, concentra a decoración na parte superior da edificación.

Capela das Angustias (hoxe igrexa de San Fructuoso)

Clemente Fernández Sarela (1716-1765)

Ademais de colaborar con Lucas ferro Caaveiro na fachada de Acibechería, realizou na Praza de Praterías a Casa do Deán (1753) e a Casa do Cabido (1759).

Casa do Deán (1753).

A fachada está profusamente decorada con volutas, cilindros, placas, atributos xacobeos, pináculos, etc

17

Casa do Cabido (1759)

Fachada cortina que embelece a Praza de Praterías.

3. A ESCULTURA BARROCA

Ten dous focos principais: Castela e Andalucía, coas súas propias escolas, que coinciden cronoloxicamente coa primeira e segunda metade do século XVII respectivamente, e prolónganse ata principios do século seguinte. Durante o pleno Barroco (segunda metade do século XVII), a escultura alcanza máis expresión e movemento, e os seus focos principais foron Andalucía e Levante. Sen embargo, existen uns trazos comúns en toda a escultura barroca española, que serviu de modelo á escultura barroca hispanoamericana.

3.1. Trazos comúns

Seguindo o espírito da Contrarreforma, a escultura barroca é basicamente relixiosa. Tamén existe escultura profana vinculada ao mundo da corte e realizada por artistas estranxeiros. As imaxes, os retablos e os pasos procesionais, grupos de esculturas que representan unha escena da Paixón de Cristo, son as principais tipoloxías da escultura barroca española. A Igrexa é o principal cliente dos escultores españois, xunto ás agrupacións de fieis en gremios e confrarías. O material empregado é principlamente a madeira policromada. A miúdo, nas roupaxes ou nas figuras, aplicouse a técnica do estofado, consistente en cubrir a superficie da estatua con láminas de ouro antes de policromala, o que lle proporciona unha gran luminosidade á figura. Estilisticamente, na primeira metade do século XVII predominan a sinxeleza expresiva e a continuidade das formas renacentistas, mentres que na segunda métade do século e nos inicios do século XVIII aprécianse a expresividade, a teatralidade e o dinamismo da escultura barroca italiana. 3.2. A escola castelá

A escultura castelá da primeira metade do século XVII é profundamente realista e dramática, ata o punto de amosar figuras que exhiben unha dor profunda, co obxectivo de conmover ao espectador. É frecuente que mane sangue das feridas.

18

Gregorio Fernández (1576-1636)

É a gran figura desta escola. Entre as súas principais obras destacan: Bautismo de Cristo. (1630) Piedade. 1616. Museo de Valladolid

Cristo xacente. 1614. Convento dos Capuchinos. O Pardo. Madrid. Descendemento. 1624

Cristo da Vera Cruz. 1619. Valladolid.

3.3. A escola andaluza

19

Caracterízase por ser máis sosegada e máis serena cá castelá. Buscando a beleza antes có dramatismo. Ten dous focos principais: Sevilla e Granada.

Juan Martínez Montañés (1568-1627)

Cristo da Clemencia. (detalle). Cara o 1603. Catedral de Sevilla.

Vemos a serenidade que caracteriza a obra deste escultor.

Hai serenidade expresiva, busca o realismo sen esaxeracións nin estridencias.

Inmaculada, chamada a Cieguita. Catedral Sevilla. 1631. 164 cm.

San Bruno. 1634. Museo belas Artes. Sevilla

San Domingos penitente. 1605

Juan de Mesa (1583-1627)

Foi o discipulo máis notable de Juan Martínez Montañés, destaca o seu dramatismo e patetismo e as súas estudiadas anatomías. Vémolo en obras como: Cristo da Boa Morte. 1620. Xesús do Gran Poder. 1620.

20

Alonso Cano (1601-1667)

Este polifacético artista formouse en Sevilla con Martínez Montañés. En 1652 volve a súa Granada natal onde realizará obras escultóricas cheas de beleza, equilibrio e idealización, apartándose do realismo da época e fuxindo do dramatismo e da dor, que son substituídos pola serenidade. Vémolo en obras coma estas:

Virxe da oliveira. 1629. 183 cm. Inmaculada da Sancristía Neno nazareno. Obra de xuventude do autor. da Catedral de Granada. 1657. 80 cm.

Pedro de Mena

21

Discípulo e colaborador de Alonso Cano. Autor de bustos de Dolorosas e Ecce Homos, emparellados ás veces. Alcanzaron gran fama as súas imaxes de ascetas, moi naturalistas e exprexivas, vemos os seu san Francisco de Asís e a súa Magdalena penitente: San Francisco de Asís penitente. Magdalena penitente. Museo do Prado. Catedral de Toledo. 1663 1664.

Rematou o cadeirado do coro da catedral de Málaga, para o que realizou corenta taboleiros con figuras de santos:

Cadeirado do coro da catedral de Málaga. 1658.

3.4. Segunda metade do século XVII: O pleno Barroco.

22

Na segunda metade do século XVII, a influencia da escultura de Bernini chega a España, e as formas adquiren máis movemento e unha expresión máis intensa. Esta tendencia ten dous focos principais: Andalucía e o Levante.

Pedro Roldán (1624-1669)

É a figura máis significativa do pleno Barroco andaluz. Traballou en Sevilla e as súas obras caracterízanse polas súas complexas composicións, polo marcado dramatismo e teatralidade. Destacan:

Retablo maior da capela do Hospital da Caridade en Sevilla (1674), co espléndido grupo do Santo Enterro.

A arquitectura do retablo correu a cargo doutro artista e a policromía é de Valdés Leal.

Francisco Salzillo 81707-1783)

É o escultor máis notable da escola levantina. As súas obras están cheas de naturalismo, gracia e dozura e foron moi populares na súa época. O mellor da súa obra son os seus pasos procesionais, como:

Durmintes na oración da horta. Figuras que quedan dun conxunto máis amplo destruído na Guerra Civil en 1936.

Oración na horta.

4. A PINTURA

23

O século XVII está considerado como o século de ouro da pintura española. A este período corresponden algúns dos pintores máis recoñecidos da historia da arte española. Existen tres focos principais de pintura barroca española: Valencia, que destacou sobre todo na primeira metade do século; Sevilla, capital financeira e económica de España gracias ao comercio con América, ademais de importante centro cultural; e Madrid, centro artístico ao que chegaron artistas de todo o país. Por riba dos demais sobresae Velázquez, que alcanzou fama internacional.

4.1. Trazos característicos

Trátase fundamentalmente de pintura relixiosa, que ten na Igrexa e na Monarquía, principais defensores da Contrarreforma, os seus clientes máis importantes. A pintura de xénero e a mitolóxica practicamente non existen. Tan só o retrato e o bodegón, caracterizado pola representación de obxectos estritamente ordenados, amosan exemplos significativos. Os principais trazos son o realismo e a relixiosidade. Realismo posto ao servicio da relixión, que emprega tipos reais e escenarios cotiáns para facer máis próximos e comprensibles os temas relixiosos. Existen algunhas diferencias entre a pintura da primeira e da segunda metade do século XVII:

Primeira metade do século XVII: pintura de carácter realista, con presencia de elementos tenebristas italianos e de severas formas e colorido.

Segunda metade do século XVIII: pintura máis dinámica e colorista, gracias á difusión dos modelos flamengos rubenianos a través de estampas e pinturas que chegaban ás coleccións españolas.

4.2. A escola valenciana

Francisco Ribalta (1565-1628)

É o iniciador desa escola. O seu estilo derivou ao pleno realismo nas súas últimas obras, nas que amosa un perfecto manexo da luz e dunha gama de cor moi cálida, chea de vermellos intensos e carnacións moi tostadas, trazos todos eles da escola valenciana. Destacan as seguintes obras:

Última Cea ou Institución da Eucaristía, óleo sobre lenzo adherido a táboa, 478 x 266 cm., Valencia, Colexio do Patriarca, retablo maior (fragmento). Centrada no instante da consagración, é orixinal a disposición dos apóstolos, a luz ilumina parcialmente o cadro.

24

Cristo abrazando a san Bernardo, óleo sobre lenzo, 158 x 133 cm., Madrid, Museo do Prado.

O cadro amosa, no mellor estilo de Caravaggio, un miragre da vida de San Bernardo, que é o momento en que unha efixie de Cristo, á cal o santo rezaba desconsolado, descrávase da cruz para abrazar e consolar ao santo varón. Ribalta emprega unha paleta de contrastes acusados. A estancia é moi escura, diluida en pardos negruzcos que impiden apreciar as dimensións ou o mobiliario da celda do monxe. Isto suxire unha anulación do espacio que favorece a manifestación miragreira da divinidade, lonxe de calquera referencia terreal. O punto de atención destácao un potente foco de luz, algo lateral e cenital, que incide directamente sobre o cuerpo desnudo de Cristo e o rostro arrobado do santo. Este destello conduce a mirada ao centro da acción do cadro, o xesto tenro de Cristo. A luz, de cor artificial, como procedente de candeas, amarelea as peles e aplana os corpos, que aparecen case sen volume e recortados con nitidez contra o fondo escuro. O marco atrapa ás figuras, de anatomías realistas, como se estiveran baseadas en modelos humanos,

de tal maneira que os corpos parecen desbordar o marco e adquieren por elo mesmo unha dimensión monumental, apropiada para o feito sobrenatural que o fiel contempla en privado.

José de Ribera “ o Españoleto” (1591-1652)

Considerado o primeiro dos grandes mestres do barroco español. Marchou a Italia en 1611 en instalouse en Nápoles en 1616, vicerreinado español daquela. Moitas das súas obras viaxaron a España e difundiron o naturalismo italiano. Tivo gran éxito en toda Europa. Nun primeiro momento o caravaggismo impregna as súas obras dun riguroso tenebrismo, pero co tempo os seus cadros fanse máis luminosos e maís ricos en cor. Era un gran debuxante e a súa pincelada é pastosa. Amante da realidade, do naturalismo, abundan na súa obra os mendigos. Pero sobre todo, a súa temática é relixiosa.Obras famosas deste pintor son:

O sileno borracho. 1626. 185 x 229. Óleo sobre lenzo. Nápoles.

Este cadro reflicte a Sileno tendido sobre un pano rodeado de diversas figuras : un asno e un xoven sátiro cunha taza na man, outro sátiro que verte viño na copa de Sileno, e un terceiro. No chan atópase un bastón, unha tartaruga e unha cuncha.

Os historiadores non se poñen de acordo sobre a iconografía desta obra.

25

O tacto. 1630. 114 x 88. San Andrés. 1630. 123 x 95. Prado. Pasadena

A muller barbuda. 1631 Martirio de San Felipe. 1639. 234 x 234. Hospital Tavera. Toledo. Prado.

26

O sono de Iacobo. 1639. 179 x 127 O patizambo. 1642. 164 x 92. Prado. Louvre.

4.3. A escola andaluza: Sevilla

O paso do manierismo ao naturalismo foi un proceso natural polo que os pintores andaluces foron desprendendose da influencia flamenga que dominara a pintura no século XVI. Catro grandes artistas destacan no século XVII en Andalucía:

Francisco de Zurbarán (1598-1664)

Aparición de San Pedro a San Pedro Nolasco. 1629. 179 x 223. Prado . Óleo.

A súa obra representa o apoxeo do sentido devocional da pintura española barroca, sempre ao servicio do principal cliente, a Igrexa. O seu estilo caracterízase pola sinxeleza coa que trata escenas e figuras, amosando interese polos volumes simples e as disposicións sinxelas. A súa obra é case toda relixiosa. Así, foron numerosas as series monacais que realizou para diversas congregacións (dominicos, mercedarios, cartuxos,

franciscanos).

27

Visión de San Pedro Nolasco. 1629.179 x 223. Óleo. Prado.

San Hugo en el refectorio dos Cartuxos. 1630-35. 262 x 307.Óleo. Sevilla.

Nesta composición, San Hugo está no refectorio dos Cartuxos. Vemos unha gran natureza morta. As verticais dos corpos dos cartuxos, de San Hugo e do paxe están cortados por unha mesa en L, cuberta cun mantel que case chega ata o chan. O paxe está no centro. O corpo encorvado do bispo, situado diante da mesa, á dereita, e o ángulo que forma a L da mesma evitan ese sentimento de rixidez que podería derivarse da propia austeridade da composición.Diante de cada cartuxo están dispostas as escudillas de barro que conteñen a comida e uno anacos de pan. Dúas xarras de barro, un tazón boca abaixo e uns coitelos abandoados axudan a romper unha disposición que podería resultar

monótona se non estuvira suavizada polo feito de que os obxectos presentan diversas distancias en relación ao borde da mesa. A composición ten vida: son persoas reais as que se plasman no cadro.

Detalle.

28

Tamén tivo encargos da monarquía como:

A defensa de Cádiz. 1634. 302 x 323. Óleo. Prado.

Nos está dentro do mellor da súa obra.

Foi un mestre das naturezas mortas ou bodegóns:

Agnus Dei.1635-40. 38 x 62. Óleo. Prado. Tazas e vasos. 1633. 46 x 84. Óleo. Prado.

Zurbarán foi un pintor de enorme éxito en vida e o seu estilo mantívose prácticamente invariable, mentres que o dos outros xenios do barroco español foi evolucionando. Esta inmovilidade foi durante varias décadas o secreto do seu éxito, pero terminou por condenar a súa carreira artística.

Alonso Cano (1601-1667)

Arquitecto e escultor, como xa vimos, formouse como pintor en Sevilla, A súa obra é refinada e serena, con estudiadas composicións nas que domina un debuxo perfecto. Este Cristo morto é un dos máis fermosos que se realizaron no século XVII. É asombroso o estudio anatómico e a análise da luz caravaggista. As figuras recórtanse sobre o fondo escuro iluminadas por unha luz lateral.Os matices da pel de Cristo son infinitos, nunha gama deliciosa de rosas e brancos. Aparecen naturezas mortas de gran calidade como os obxectos que están no chan e que nos lembran o martirio de Xesús.

29

Bartolomé Esteban Murillo (1617-1682)

Autorretrato. 1670-72. 122 x 127. National Gallery.

Nado En Sevilla, gozou dunha gran popularidade en Europa, especialmente no século XVIII cando a súa pintura, chea de graza e delicadeza, coincide co gusto do momento. A través da delicadeza e a dozura das súas composicións, Murillo soubo achegar a relixión á vida cotiá. O seu tenebrismo inicial deu paso a unha clara iluminación e unha pincelada tenra, creando unhas atmósferas diáfanas que envolven as escenas.

Vendedoras de froita. 1670 Mulleres na ventá. 1675. 125 x 104. Nenos comendo melón e uvas. 1655. 146 x 104.

A Virxe do rosario. 1655.164 x 110.

San Isidoro. Inmaculada de Soult. 1678. Prado.

Inmaculada. 1665. 206 x 144.

30

Juan de Valdés Leal (1622-1690)

A súa obra afástase da sinxeleza e delicadeza dos seus antecesores e amosa máis interese pola expresión ca pola beleza. Excelente colorista e pouco interesado no debuxo, empregou unha técnica de pincelada ampla e desfeita de rápida execución que lle deu un gran dinamismo as súas composicións. A súa obra mestra foron os lenzos realizados para o Hospital da Caridade de Sevilla, nos que abafa o realismo da morte, de carácter moi macabro.

Finis Gloriae Mundi. 1672.

In ictu oculi. 1672.

31

A súa obra manifiesta un estilo absolutamente barroco, marcadamente naturalista e con tendencia ao tenebrismo, con debuxo contundente, un corido forte e pouco matizado e uns volúmes monumentais. Posúe unha particular sensibilidade pictórica inclinada cara o dramático, con gran lixeireza de toque e un especial interese pola expresividade, que protagoniza as súas composiciones en detrimento da beleza e a corrección formal.Tiña inclinación pola temática macabra ou grotesca, pero cun vivo sentido do movemento, brillante corido e dramática iluminación. Malia ser contemporáneo de Murillo, o seu temperamento era completamente oposto; Valdés Leal, nervoso e violento, deixábase seducir máis polo movemento desenfreado e pola expresión, polo sentido dun esaxerado dramatismo e un

intenso corido, que pola dozura e o costumismo burgués de aquel.

4.4. A escola madrileña

Madrid reuniu a principios de século un numeroso grupo de pintores estranxeiros cunha obra que está a cabalo entre o manierismo e o naturalismo procedente de Italia. Entre todos estes destaca a obra de dous deles: Maino e Coello.

Juan Bautista Maino (1578-1649)

Adoración dos pastores. 1611-13. Prado.

O pintor maís importante da primeira metade do século. Filipe III chamouno á Corte en 1620 para que fora mestre de debuxo do futuro Filipe IV, xa que era famoso nesta disciplina que aprendeu en Italia e desenvolveu logo en Toledo. Daquela Maíno trabou amizade Velázquez, de quen foi protector.

Claudio Coello (1642-1693)

32

Nas súas obras representa paisaxes e arquitecturas de fondo, coas que consegue crear profundas perspectivas. No seu empeño por representar o concreto, aplica a perspectiva aérea nos seus cadros e préstalles especial atención aos personaxes secundarios e aos detalles. A súa obra cume foi a Adoración da Sagrada Forma, na Sancristía do Escorial (1685):

Dentro do artificio barroco, o artista prolongou a perspectiva da sancristía nun espacio imaxinario ao empregar unha serie de arcos en profundidade, seguindo a mesma decoración da sala na que se coloca o lenzo. É dicir, case reproduce a sancristía á que sirve de fondo, empregando como plano final unha serie de cadros. Pero a gran preocupación de Coello é representar a escena co maior realismo posible, realizando un magnífico conxunto de retratos, totalmente enérxicos, da sociedade nobiliaria da época. Así vemos a Carlos II axeonllado; ao padre F. de los Santos, historiador do Monasterio, coa reliquia nas mans; o Duque de Medinaceli; o Duque de Pastrana; o Conde de Baños; o Marqués de Puebla ou o propio pintor; o xoven representado en primeiro termo é o fillo dos Duques de Alba. Só se introducen algúns anxos e figuras alegóricas para mitigar a veracidade da composición. Ao realismo dos rostros debemos engadir a veraz reprodución dos accesorios: os candelabros, as teas, os bordados, as alfombras, etc. A luz que se introduce polos lunetos ilumina perfectamente a escena, pero non produce a sensación

atmosférica conseguira Velázquez coas Meninas. Más ben, aprécianse ecos de Rubens e Van Dyck nas tonalidades brillantes empregadas. Quizais o máis curioso do cadro sexa que se trata dunha pantalla ou velo co que se protexe o camarín da Sagrada Forma, que só será descuberto en ocasións extraordinarias. Cundo isto ocuorre, o cadro descende deslizándose por uns rieis e desaparece na súa totalidade.

Velázquez (1599-1660). (Consultar anexo de imaxes)

Nado en Sevilla, de familia humilde, formouse no taller de Francisco Pacheco e estudiou xunto a Francisco de Herrera o Vello. En 1617 concedéuselle exercer por conta propia a pintura en Sevilla, e no 1632, axudado polo conde-duque de Olivares, o pintor chegou á Corte onde, tras realizar un retrato do mozo Filipe IV, gañou o incondicional favor do rei e puido estar en contacto coas coleccións reais. A partir dese momento contou cunha merecida fama como o pintor de máis reputación na península Ibérica e foi nomeado pintor de cámara da corte española. Pouco a pouco foi adquirindo títulos nobiliarios ata que o nomearon, un ano antes da súa morte, cabaleiro da Orde de Santiago, distinción nunca obtida antes nin despois por ningún pintor español. En 1629 viaxou por primeira vez a Italia onde se viu influído pola pintura veneciana. De regreso da súa segunda viaxe a este país en 1648, realizou algunhas das obras máis importantes da súa carreira artística. A súa obra evolucionou ao longo da súa traxectoria. Así, nunha primeira época caracterízase polo naturalismo, as composicións sinxelas e tenebristas, nas que emprega unha gama pobre de cores con predominio de tons ocres e cobreados levados ao lenzo cunha pincelada preta e lisa. Desta primeira época son os bodegóns con figuras tales como Vella fritindo ovos (1618) ou O augador (1622), no que ademais do tratamento

33

da luz, sorprende o estudio sicolóxico do personaxe, que amosa amargura pero tamén dignidade. A pintura relixiosa desta época esta representada por obras como a súa fermosa Inmaculada (1618), nada idealizada, e a Adoración dos magos (Epifanía), que converte nunha galería de retratos.

Inmaculada. 1618.

A partir daquela, a súa pintura abandona o tenebrismo inicial e aclara a súa paleta, substituíndo os tons cobreados por outros rosados e máis branquecinos. Exemplo disto é Os borrachos (1628), a súa primeira obra mitolóxica, que o pintor tratou de forma peculiar ao amosar o deus Baco rodeado de personaxes vulgares e vagabundos.

Durante a súa primeira estancia en Italia pintou a Túnica de Xosé e A fragua de Vulcano, ambas de cores claras. Nesta última Velázquez aplica a perspectiva aérea iluminando non só as figuras e os obxectos, senón tamén o aire que se interpón entre eles.

A súa volta de Italia, e ata 1648, en que foi a Italia por segunda vez, realizou obras da máis diversa índole. Pintou retratos ecuestres da familia real e o magnífico lenzo A rendición de Breda (1634-35), manifesto dunha ordenada composición que agrupa, sobre unha profunda perspectiva, vencedores e vencidos con expresións e actitudes variadas. Nos seus retratos, Velázquez reflectiu a súa mestría para captar a sicoloxía do retratado, ao ser capaz de amosar o máis profundo e íntimo deste. Destacan o retrato-ecuestre do Conde-duque de Olivares, a serie dos bufóns e ananose os retratos de Juan de Pareja e Inocencio X. Outras obras importantes realizadas a partir de 1648 son a Venus do espello (1645-48), tema novidoso na pintura española polo desnudo, e as súas dúas obras cumes: As Meninas (1656) e As fiandeiras (1657), na que o elemento protagonista do lenzo é a luz que ilumina tenuemente o primeiro plano e intensamente o fondo deste. Á luz subordínanse a liña e a cor. (Aconsello utilizar a Rede para disfrutar e estudiar estas obras en profundidade).

34