bachharelato artes

2
BACHARELATO DE ARTES PLASTICAS, DESEÑO E IMAXE Pintura. Escultura. Vídeo. Deseño Gráfico... Que é o Bacharelato de Artes Plásticas, Deseño e Imaxe? Quen pode facelo? Onde podo estudalo? E despois? Modalidades e Materias. Quen pode facelo e onde podo estudalo? Pode facelo todo o alumnado que teña superada a Ensinanza Secundaria Obrigatoria. Agora coa posta en marcha deste Bacharelato o IES Ramón Mª Aller Ulloa súmase á decena dos de toda Gali- cia. Para o curso 2010/2011 comezará o 1º dos dous cursos. Modalidades de Artes. No IES Ramón Mª Aller Ulloa de Lalín, ofertaranse as dúas modalidades de Artes: Artes Escénicas, Música e Danza e Artes Plásticas, Deseño e Imaxe. As dúas modalidades comparten á vez materias pero cada unha ten as súas propias. Ma- terias optativas. As de Artes son: Debuxo Artístico I e II, Deseño, Cultura Audio- visual, Volume, Historia da Arte, Técnicas de Expresión Gráfico-Plástica, Análise Musical I e II, Anatomía Aplicada, Artes Escénicas... E despois que podo estudar? Cos novos plans, calquera estudo universitario de grao. Nas carreiras relaciona- das coas artes xa non terás que facer exames específicos para entrar nelas, como ocorre con Belas Artes. Nas carreiras que haxa límite de prazas podes presentarte ás probas sobre as materias da modalidade para sumar puntuación. IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA RÚA DO PARQUE, 8. 36500. LALÍN TLF 986 780 114 FAX 986 783 643 [email protected] www.centros.edu.xunta.es/iesallerulloa/

Upload: sebas-anxo-rozas-alvarez

Post on 15-Mar-2016

220 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

triptico informacion artes bachiller

TRANSCRIPT

Page 1: bachharelato artes

BACHARELATO DE ARTES PLASTICAS, DESEÑO E IMAXE

Pintura. Escultura. Vídeo. Deseño Gráfico...

Que é o Bacharelato de Artes Plásticas, Deseño e Imaxe? Quen pode facelo?Onde podo estudalo? E despois? Modalidades e Materias.

Quen pode facelo e onde podo estudalo? Pode facelo todo o alumnado que teña superada a Ensinanza Secundaria Obrigatoria. Agora coa posta en marcha deste Bacharelato o IES Ramón Mª Aller Ulloa súmase á decena dos de toda Gali-cia. Para o curso 2010/2011 comezará o 1º dos dous cursos. Modalidades de Artes. No IES Ramón Mª Aller Ulloa de Lalín, ofertaranse as dúas modalidades de Artes: Artes Escénicas, Música e Danza e Artes Plásticas, Deseño e Imaxe. As dúas modalidades comparten á vez materias pero cada unha ten as súas propias. Ma-terias optativas. As de Artes son: Debuxo Artístico I e II, Deseño, Cultura Audio-visual, Volume, Historia da Arte, Técnicas de Expresión Gráfico-Plástica, Análise Musical I e II, Anatomía Aplicada, Artes Escénicas... E despois que podo estudar? Cos novos plans, calquera estudo universitario de grao. Nas carreiras relaciona-das coas artes xa non terás que facer exames específicos para entrar nelas, como ocorre con Belas Artes. Nas carreiras que haxa límite de prazas podes presentarte ás probas sobre as materias da modalidade para sumar puntuación.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOARÚA DO PARQUE, 8. 36500. LALÍN

TLF986 780 114

FAX986 783 643

[email protected]/iesallerulloa/

Page 2: bachharelato artes

“O Bacharelato de Artes Plásticas, Deseño e Imaxe prepáranos para unha sociedade na que o sector audiovisual ten cada día máis peso”

Habilidades. Materias da modalidade. Razóns para facer o bacharelato de Artes Plásticas, Deseño e Imaxe. Contidos resumidos dalgunhas materias.A que habilidades fai referencia o Bacharelato de Artes Plásticas, Deseño e Imaxe? Son as habilidades que consegui-mos para apreciar e gozar coa arte e outras manifestacións culturais, tamén para utilizar recursos da expresión artística.

Que materias vou ter?

No primeiro curso:

• As comúns como no resto dos bacharelatos + unha opta-tiva das ofertadas polo centro educativo + as propias da mo-dalidade de artes: Cultura Audiovisual (obrigatoria en 1º), e dúas máis a elixir entre: Debuxo Artístico I, Volume e Debuxo Técnico I.

No seguNdo curso:

• As comúns como no resto dos bacharelatos + unha optativa + as propias da modalidade de Artes: Técnicas de Expresión Gráfico Plástica (obrigatoria en 2º), e dúas máis a elixir entre: Hª da Arte, Deseño, Debuxo Artístico II e Debuxo Técnico II.

Razóns para facer un Bacharelato de Artes Plásticas, Deseño e Imaxe.

Non se pode obviar a demanda profesional que hai na nosa sociedade e que ten que ver con actividades relacionadas coa imaxe e o audiovisual, coas artes e o deseño. En toda Galicia, e fóra dela, cóntase con importantes empresas nestes sectores.

Cultura AudiovisualAlgúns dos contidos: A técnica fotográfica. A Banda Deseñada. O cine. A animación. O Cartel. Prensa. A Radio. A Televisión. A Publicidade. A Imaxe Dixital.

Hª da ArteÁ parte dos contidos lóxicos faranse: visitas aos museos e feiras de arte contemporánea, actividades relacionadas co Turismo e o Patrimonio. Charlas con artistas.

DeseñoDebuxo e imaxe dixital. Técnicas Gráficas. Ilustración e Cartelismo. Publicidade. Visi-tas a exposicións relaciona-das coa materia. Proxectos de creación propia. Concursos.

Estudos posteriores relacionados co Bacharelato de Artes Plásticas, Deseño e Imaxe. Hoxendía, estamos rodeados de imaxes, pero quen as produce? Esas persoas ou colectivos, traballan dende a Arte, o Deseño, o Cine, a Televisión; son técnicos especialistas en maquetación nun xornal, nunha revista; en deseño web, nunha imprenta, ou mesmo debuxantes de banda deseñada e ilustradores; son profesionais que ocupan un lugar importantísimo no conglomerado audiovisual que percibimos diariamente. Trala finalización do bacharelato artístico podes acceder a multitude de estudos universitarios ou de grao da rama que desexes, e tamén hai outros directamente relacionados coas artes, o deseño e a imaxe. Estes que che indicamos aquí son algúns destes estudos: Belas Artes, Arquitectura, Comunicación Audiovisual, Historia da Arte, Enx. Tec. en Deseño Industrial, Publicidade, Fotografía, Deseño Gráfico, Deseño de interiores, Artes aplicadas á escultura, Ciclo superior de Ilustración, Restauración, Arqueoloxía, Artes escénicas e Xestión Cultural, Recursos Patrimoniais e Turísticos, Deseño publicitario, Deseño de obxeto, Deseño de modas...e poderíamos seguir.