asubÍos 49

61

Upload: maria-larino

Post on 11-Mar-2016

241 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

xornal escolar

TRANSCRIPT

Page 1: ASUBÍOS 49
Page 2: ASUBÍOS 49

Dereitos dos libros

Valentín Paz Andrade

Os nenos e nenas de tres anos

Samaín

Proxecto:O universo

Nadal 2012

Saídas infantil e 1º ciclo

Día da Paz.Shave the children

SMS de amor

Biblioteca

175 aniversario de Rosalía de Castro

Entroido

Chat con Rosa Aneiros

O segredo de Marco Polo

Semana do libro

Voz Natura

Correlingua

Artigo de opinión

Os Mestres na escola

III Semana cultural

17 de maio:Día das Letras Galegas

Club de lectura Coristranca

Saídas e encontros de Secundaria

Premios Letras Galegas

Page 3: ASUBÍOS 49

DEREITOS DOS LIBROS

1-Os libros teñen dereito a ser lidos. 2-Os libros teñen dereito a que se coiden. 3-Os libros teñen dereito a que a súa maxia se comparta. 4-Os libros teñen dereito a viaxar aos noso fogares. 5-Os libros teñen dereito a promover o intercambio de culturas,mentalidades e e saberes. 6-Os libros teñen dereito a compartir o noso tempo. 7-Os libros teñen dereito a que a xente disfrute e aprenda deles. 8-Os libros teñen dereito a que os seus personaxes cobren vida. 9-Os libros teñen dereito a estar contigo e que abras as súas follas,a non servir de adorno. 10-Os libros teñen dereito a emocionarnos e a transmitir fantásticas sensacións. 11-Os libros teñen dereito a ser compartidos e poseer historias sen fin. 12-Os libros teñen dereito a ser a imaxinación dos nenos.

Page 4: ASUBÍOS 49

Valentín Paz Andrade

Biografía

Inicios

Valentín licénciase en Dereito no 1921 na Universidade de Santiago de Compostela. O seu interese pola literatura comeza por mor da influencia de seu tío, o cal lle presenta a Castelao, que rematará sendo un dos intelectuais que máis inflúe no seu pensamento e na súa obra. Durante esta primeira etapa formativa, iníciase o movemento galeguista . Así, Valentín participa na segunda asamblea nacionalista que se celebra en Santiago de Compostela (1919). Por aquel entón xa é colaborador do xornal Gaceta de Galicia e máis tarde tamén será o director do xornal galeguista Galicia, que acabou sendo pechado pola ditadura establecida nese momento polo xeneral Primo de Rivera. Foi dirixente do Partido Galeguista do que foi nomeado secretario en 1934. O seu compromiso político activo converteuno en candidato ás Cortes Constituíntes de 1931 pola CandidaturaGaleguista, xunto a Castelao e Ramón Cabanillas, aínda que sen éxito (posiblemente debido ás irregularidades, fundamentalmente en beneficio do Partido Radical). Ademais, colaborou na redacción do anteproxecto do Estatuto de Galicia presentado polo Seminario de Estudos Galegos (1931) e publicou diversos artigos políticos no xornal O Pobo Galego.

Unha vida nun tempo tráxico

Valentín Paz Andrade, o 23 de novembro de 1932, foi tiroteado na rúa do Príncipe en Vigo, a causa da folga xeral dos mariñeiros de Bouzas contra os armadores. Foi alcanzado por catro disparos, mais salvou a vida grazas ao pequeno calibre das armas empregadas. Foron detidos Vicente Vales Lorenzo, secretario do Comité da CNT deVigo, e Emilio Costas Fernández, que buscaban asasinar a Paz-Andrade por ser avogado da patronal dos armadores "A Marítima". Co estalido da Guerra Civil axudou a fuxir a diversos intelectuais galeguistas e defendeu outros das condenas que lles eran impostas. Posteriormente, foi desterrado a Verín, Castro Caldelas, A Pobra de Trives e Villanueva de la Serena (Badaxoz). Ao longo da súa vida, e debido aos seus artigos e mais á súa vinculación política, foi detido en diversas ocasións.

Page 5: ASUBÍOS 49

A escrita incesante

prestixio en Vigo, foi un

dos impulsores do grupo industrial Pescanova, que se converteu na primeira compañía armadora europea de buques conxeladores, e da que foi vicepresidente en 1960. Traballou tamén como técnico da FAO, coa que participou en diversos congresos e seminarios, e para a que publicou o primeiro tratado sobre Principios de economía pesqueira (1954). Ademais, foi o primeiro especialista español proposto por esta organización para misións internacionais en Hispanoamérica. Seguiu colaborando como articulista n´O Pobo Galego e publicou diversos artigos en Faro de Vigo e La Noche, asinados cos pseudónimos M., Xan Quinto e Mareiro. No ámbito da política, formou parte da Xunta Democrática, da Comisión dos Diez e da Plataforma de Organizacións Democráticas, e foi elixido senador por Pontevedra pola Candidatura Democrática Galega nas eleccións de 1977. En 1970 repetiu candidatura, mais esta vez sen éxito. Escribiu ensaios literarios, históricos e económicos, nos que reflectiu a súa preocupación polo progreso de Galicia, sendo moi representativos os volumes titulados Castelao na luz e na sombra (1982) ou Galicia como tarea (1958). Tamén escribiu varias obras como técnico especializado en temas pesqueiros,

como Principios de economía pesquera (1954). Como poeta formou parte da Xeración de 1925 e na maior parte da súa obra poética evidénciase unha motivación patriótica: Pranto matricial (1955), Sementeira do vento (1968), caracterizada polo propio autor como arte da evasión e poesía social, poia “a voz emerxía da clandestinidade e se emitía a contrapelo dos tinglados da opresión”. Colaborou nas revistas Ensino, Grial e Outeiro con artigos sobre literatura, especialmente arredor da figura de Castelao; e en Industrias Conserveras, El País e La Vanguardia con artigos de temática económica e política.

Premios e distincións

Foi membro da Real Academia Galega (1964) e da Academia Galega das Ciencias (1985), e foi galardoado co Pedrón de Ouro (1975), a Medalla da Cidade de Pontevedra (1979), a Medalla Castelao (1984), a Medalla de Ouro da Cidade de Vigo (1986) e o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo (1986). Finalmente, o sábado 4 de xuño do 2011 a Real Academia Galega comunicou que Valentín Paz Andrade sería a personalidade galega homenaxeada no Día das Letras Galegas deste ano 2012.

Estefanía Seoane Reyes (4ºA) Tania Mourelle Castro (4ºA)

Page 6: ASUBÍOS 49
Page 7: ASUBÍOS 49
Page 8: ASUBÍOS 49
Page 9: ASUBÍOS 49
Page 10: ASUBÍOS 49

O DENTE

Nun espeso bosque vivían un vampiro e un bruxo.Ao vampiro faltáballe un dente e

pediulle axuda ao bruxo.

O bruxo coa súa maxia fabricoulle un dente novo pero encaixáballe mal.

O bruxo enfermou por gastar moita maxia e o vampiro tivo que coidalo con sopas quentes

de patas de eirugas e moitos mimos.

Estaban a escuras e de repente escoitouse una risa terrorífica acompañada de raios e

tronos: era a bruxa basura que vira na súa bola máxica que o bruxo estaba enfermo e

tróuxolle uns caramelos máxicos que lle curaran ao momento.

Os bruxos arranxaron o dente do vampiro e todos comeron perdices nun festón de medo

con: esqueletos,pantasmas,bruxas,magos e vampiros.

Víctor Sánchez Saldaña 1º

Page 11: ASUBÍOS 49

Nun tempo moi pasado cando era inverno e non facía xeito saír da casa porque

chovía,meu avó contoume un conto que pasara, que el mesmo o vira cos seus ollos e

que era moi difícil de crer.

Pois eu como súa neta que son vou contar o que de el souben un día.

Meu avó érache guapo segundo dicía el.Tivera as mozas que

quixera porque as mozas dicían que tiña moi boa percha, cos

seus ollos verdes o seu pelo castaño claro,era moi

presumido.Gustábanlle as garabatas que por certo tiña moitas

no seu armario e eran todas de cores.

Un día deses que foi coas vacas pacer ,mentres as vacas

pacían,fixo unha cachela pois facía moito frío e as súas mans

puxéranselle frías.Levoulle un pouco prender o lume pero cando o conseguiu ,unha

muller guapa,rubia e de moi bo traxe cunha melena grande que ata lle chegaba os

pes saíu de entre o lume que de cor amarelo púxose dunha chea de cores mesmo

parecía o Arco da vella.Meu avó como podedes imaxinar deulle tal mareo que cando

espertou estaba nun bosque rodeado de persoas.

As persoas eran moi raras,tiñan a roupa rachada,estaban

disfrazadas.Poñían medo!

Tamén o poñían uns animais que andaban por alí.Estaban

cheos de telas de araña e ata aos cans lle arrastraba o pelo

que parecía que levaban un velo dunha noiva de cinco

metros de largo.Os paxaros eran moi raros pois o seu cantar

era moi feo porque facían moito ruído e berraban que te enxordaban.

O bosque non era verde,era gris e as súas árbores e plantas non se vían de teas de

araña.Non tiñan follas ,tiñan velas colgadas e velas que iluminaban de cor azul.

Andaron uns cincuenta quilómetros ata chegar a unhas pequenas covas aló no medio

do bosque,e cal non sería a súa sorpresa cando abriron as portas da cova que eran

silvas e toxos.Dentro había unha banda de merlos que co seu cantar bailaban un

millón de cabazas. Ao meu avó tal mareo lle volveu a dar que cando espertou estaba

na leira donde deixara as vacas.Sentada nunha árbore estaba a muller rubia que con

moito cariño díxolle:EU SON A FADA DO BOSQUE!

E coa súa variña máxica fixo que os animais e as persoas que

estaban no bosque xunto coas cabazas apareceran alí.Todos

se puxeron a bailar,os morcegos tocaban o acordeón e a Fada

tocoulle coa variña máxica as vacas do avó e todas

apareceron cuns carteliños que se lía neles SAMAIN!!!Meu

avó creuno co paso dos anos e di que non o soñou.

Page 12: ASUBÍOS 49
Page 13: ASUBÍOS 49

31 de Outubro

Era 31 de outubro, ía moito frío, o ceo estaba todo escuro, chovía moitísimo. Eu estaba xogando cun videoxogo na miña habitación, estaba só na casa, xa que miña nai traballaba e meu pai tamén. De súpeto sentín chamar á porta, tíñaa fechada( xa que miña nai tíñame moi avisado …) Non saín mirar nin quen era, eu tiña medo. O ruído parou, xa non chamaban á porta e eu seguín xogando. Pero pasou una hora e volveron a chamar á porta, cada vez máis forte, chamaban,chamaban e non paraban de chamar … eu cada vez tiña máis medo, entón decidín chamar por teléfono a miña nai, o teléfono comunicaba, chamei ao meu pai, igual,tamén comunicaba. Entón armeime de valor e mirei pola xanela do meu cuarto, pero non había ninguén (ou polo menos eu non vía a ninguén), máis os ruídos non paraban, seguían chamando a porta; pero desta vez fora distinto porque eu oín como arrancaba un coche , pero non me deu tempo a velo. Eran as oito da noite, e eu seguía só. Cada minuto que pasaba eu tiña máis medo.Eran as nove e media cando chegou miña nai, abrinlle a porta, conteille o que me pasara, claro que ela non me creu; díxome:

- Sería o vento, David. Pero non fora así, fora unha persoa, estaba seguro. Chegou meu pai e tamén lle dixen o que pasara pero díxome igual: - Sería o vento,David. Fomos para cama e cando xa levábamos dúas horas volveu a pasar o mesmo, volveron chamar á porta, daquela díxolle miña nai ao meu país:

- Quen será destas horas?

Meu pai non contestou. Que sabía meu pai que era? Ademais xa estaba durmindo. Miña nai baixou, abriu a porta pero non había ninguén, o que si que viu foi unha nota que deixaron na porta, na nota non poñía nada, só un nome e uns apelidos, a miña nai non coñecía nin o nome nin os apelidos e non lle deu máis importancia , dixo:

- Vaia broma para seren as catro da mañá.

Non pasou nada máis esa noite. Ao día seguinte pola mañá a miña nai preguntoulle á miña avoa se coñecía ese nome e os apelidos que encontrara na nota da noite anterior e miña avoa díxolle:

- Si, muller, si, ese foi un señor que traballou moitos anos nesta casa e sempre lle botabamos unha misa o 31 de outubro que foi o día que morreu, e este ano non nos acordamos.

Por iso que os mortos, aínda que morran o 31 de outubro, é coma se estivesen vivos e queren que nos acordemos deles … nós acordarémonos toda a nosa vida …

David Amado Velo 1º A

Page 14: ASUBÍOS 49

A NOITE DO SAMAÍN

Era o día do Samaín e todos os nenos e nenas estaban moi contentos porque esa noite, irían de casa en casa recollendo caramelos, cartos, e poñendo sustos a xente. Pero en especial uns nenos, porque esa noite, que para os outros nenos seria de coller caramelos e poñer sustos, para eles ia ser unha noite de misterio, de emoción e de medo, porque esa noite irían e unha casa, que como dicía unha lenda estaba encantada. Contaba a lenda que nesa casa habitaba unha familia e que a mesma noite do Samaín morreran todos afogados na piscina, e contan que todas as noites do 31 de outubro aparecían na casa para recordar a súa morte, e todas as persoas que estiveran esa noite na casa morrerían igual que eles. Pero Marta, Silvia, Paulo e Xoel estaban dispostos a saber se esa lenda que levaban tantos anos escoitando era certa, e pasarían de todo ata conseguilo porque non estaban dispostos a esperar outro ano máis. Marta tiña moito medo e sempre dicía: -E se esperamos outro ano para estar seguros de que podemos ir, e todos lle dicían que non tiña de que preocuparse que non ia estar ninguén na casa. Pola tarde estiveron pensando de que forma entrarían na casa, xa que as ventás e as portas estaban pechadas e cerradas con chave. Pensaron e pensaron durante varias horas sen ningunha idea ata que por fin Xoel tivo unha idea e dixo:

- Porque non rompemos unha ventá, subimos coa escaleira e metemos a man e abrímola para poder entrar ? Que vos parece rapaces, gústavos a idea ? Ao que Silvia respondeu:

- Si, a min gústame e ademais, así xa estamos no piso de arriba!!!

Entón buscaron unha escaleira, cordas, lanternas e todo o que lles facía falta para esa noite. Cando só faltaban 3 horas para que chegara a noite, marcharon cada un para a súa casa a preparar as últimas cousas, que lle faltaban. Esa noite ían ir durmir a casa para saber se era verdade que existían os fantasmas.Pero tiñan que facer que ían buscar caramelos para que seus pais lles deixasen saír da casa. Cando remataron de preparar todo, xa eran as 9.30, foron cear e disfrazarse para facerlles crer aos seus pais que ían pedir caramelos.Cando saíron a rúa sacaron os disfraces e puxéronse en camiño para ir á casa. A casa quedaba no cume da montaña e tiveron que acender as lanternas para poder ver porque cando ao fin chegaron a casa xa eran case as 12 e dicíase que os fantasmas aparecían cando chegaba a media noite. Cando por fin lograron colocar a escaleira e romper a ventá cunha pedra, o primeiro en subir foi Xoel que era o que máis ganas tiña de saber se en verdade estaba encantada. Cando lograron entrar na casa, miraron ao seu redor e viron que todo estaba con teas de araña, insectos … Pero puideron observar que a pesar de ter teas e insectos os mobles estaban como se fosen novos, case sen usar. Os rapaces pensaron que sería porque morreran ao pouco de comprar a casa.Inspeccionaron a casa e buscaron un lugar onde poñer os sacos de durmir, cando por fin o encontraron, prepararon os sacos e deixaron as mochilas. Baixaron as escaleiras e puideron ver como se movía a porta da saliña de estar que daba ao comedor, de súpeto comezaron a abrirse as portas e as ventás, o solo de arriba rechiaba como se alguén estivese a andar por arriba, xuntáronse uns aos outros e miraron ao seu redor para ver se había alguén na casa, estiveron así un bo anaco ata que Xoel marchou e foi ao piso de arriba para ver se había alguén. Mirou por toda a casa pero os ruídos seguían a escoitarse, e Marta xa estaba a piques de marchar ata que de pronto, cesaron os ruídos.

Page 15: ASUBÍOS 49

Marta e os demais tranquilizáronse e pensaron que era a súa imaxinación que lles estaba a gastar unha mala pasada. Subiron para o piso de arriba pero de súpeto escoitouse un ruído que procedía do diván, os rapaces quedaron quietos e en silencio, pero Paulo que pensaba que só era a súa mente, decidiu ir mirar para ver se había algún fantasma, cando chegou ao diván non se atrevía a abrir a porta xa que lle tremían as mans, pero Xoel que estaba seguro de que encontraría ao fantasma abriu a porta moi amodo, cando abriron a porta déronse de conta de que só era o vento. De súpeto cerrouse a porta, comezaron a moverse as cousas por si soas e os rapaces acercáronse a ventá e puideron ver que desde esa ventá daba a piscina, estaban tremendo co medo pero Xoel que estaba disposto a ser o primeiro en coller un fantasma decidiu cerrar a ventá e abrir a porta pero a porta non se abría e Xoel decidiu probar a abrila cunhas chaves que estaban colgadas na parece, de casualidade acertou coa chave e puido abrir a porta. Cando por fin parou todo decidiron ir durmir, pero cando se deitaron a durmir un ruído que viña de fora púxolles tanto medo que non puideron durmir, de súpeto oíron unha voz que lles dicía:

- Nenos entremetidos, vides a nosa casa e pretendedes durmir nela sen o noso permiso!!!

De súpeto unha saba branca entrou pola porta e os nenos aterrados fuxiron ata a porta de entrada, cando quixeron abrir a porta déronse conta de que estaba cerrada e a única forma de saír da casa era pola ventá que eles mesmos romperan. Cando deron a volta para subir ao piso de arriba para poder marchar da casa, a saba branca que eles viran estaba xusto detrás deles e todos asustados berraban e dicían :non nos fagas dano, non nos fagas dano !!! Despois de varios segundos así de debaixo da saba apareceron os seus pais, ríndose ata chorar. Os rapaces decatáronse de que os seus pais eran os únicos fantasmas que había na casa e que só querían darlle unha lección por non facerlles caso e ir de todas formas ata a casa a pesar do que eles lle dixeran. Cando todos se calmaron os seus pais dixéronlle que eles cando eran novos, tamén foran á casa para saber se era certa a lenda. Os rapaces comprenderon que non sempre hai que facer caso as lendas que só son contos que inventa a xente. E nunca máis volveron a querer saber nada de fantasmas.

Nuria Turnes Ferreiro - 1º ESO A

Eu unha bruxa?

-Porqué non te rendes xa Kureja? Non ves que xa nin te podes ter en pe? Admíteo, unha vez máis, a Era das Bruxas Escuras foi derrotada. Eras a única que quedaba, e caíches.-Ofreceu mirando con pena á súa adversaria. –Non creas. Ti o dixeches, son a última, tan so por iso, non debo caer, non podo caer.-Dixo marcando as últimas dúas palabras. –Pois se non é polas boas, entón terá que ser polas malas.-Advertiu. –Moi ben, pois polas malas entón.-Dixo chea de rabia antes de reaccionar. Ditou as palabras dun conxuro e abriu un portal interdimensional, un portal que a sacaría de alí. Antes de atravesalo, mirou de novo atrás. –A loita aínda non acabou Margaret, ei volver, e para entón, o Acorde do demo e as Perlas negras da escuridade pertenceranme.-Dixo cravando os seus ollos violáceos cheos de odio na súa compañeira.

Page 16: ASUBÍOS 49

Atravesou o portal, e este cerrouse ao intre impedíndolle o paso a Margaret. Pero non se dou por vencida, rastreou o feitizo, e todo o que puido saber foi que a súa adversaria, atopábase agora no 2.011. -Xenial, co sono que teño, e comezamos xa con inglés. Buff, e se me durmo na clase, castigo. Vaia vida máis extresante levamos.-Dixo Candy deitada encima do pupitre vendo chover. –Xa che digo. O mellor de todo é que a profe de inglés está de baixa, e acaba de chegar outra fai uns días. É curioso, porque ten os ollos violáceos. Haber onde se viu iso.-Dixo igual de aburrida Xiana. Candy levantou a cabeza de súpeto, a nova profesora acababa de entrar na clase. Xiana estaba no certo, a nova profesora chamada Daniela, tiña os ollos violáceos. Comezou a explicar, e coma a maioría dos profesores, era aburridísima, e as dúas rapazas no aguantaron máis e adormeceron. Candy estaba comodamente durmida, ata que un ruído doce e fermoso a espertou. Abriu os ollos e despexouse, e entón, só entón, puido ver que a nova profesora acababa de quitarlle algo aos meus compañeiros, non sabía o qué, pero na clase só había dous corpos con vida, e 19 sen ela. Abraiada, observou ben o obxecto que sostiña a mestra, e segundos despois deuse conta do que era. Unha melodía tan cautivadora e grandiosa só podía ser producida por un instrumento en especial, o Acorde do demo, e a profesora estábao a tocar para espertalo. Sen darse conta, os beizos da rapaza produciron unhas palabras estrañas, e estas produciron unha bola de enerxía que tiña como destino, o corpo daquel ser que, minutos antes, era unha aburrida mestra. O “feitizo” xurdiu efecto, e o que sexa que estaba a facer Daniela, botouse a perder. Esta molesta, pronunciou tamén un conxuro que adormecía a moza. Candy sentía como os seu corpo case non se sostiña en pe, e como os seus párpados se pechaban lentamente, pero antes de renderse ao cansazo que estaba a sentir, oíu unha voz, unha voz que lle dicía que ela era unha bruxa, a bruxa que debía acabar coa súa mestra que tamén o era. Aquelas palabras entraron no seu tímpano, do tímpano ao cerebro, absorbérona e con razón déronlle no corazón de pleno, non o podía crer, ela, unha bruxa. Xa estaba deitada no chan, pero aínda tiña forzas para dicir algo. Que teño que facer? Como podo devolverlle a vida aos corpos dos meus compañeiros?-Dixo recordándoos e coas bágoas escorregándolle polas meixelas. A Voz falou na súa cabeza de novo, e dixo: “Polo teu sétimo aniversario, regaláronche unhas perlas negras, quizais formando unha pulseira, quizais formando un colgante, da o mesmo, telas que destruír como sexa, son as Perlas da oscuridade. Encanto ao dos teus amigos, non podo facer nada, nin polo teu mundo tampouco. Kureja xa espertou ao demo, arrasará toda vida que haxa neste planeta, sinto moito. Dende hoxe, nada volverá ser o mesmo”. A Voz cesou, e a rapaza adormeceu. Quizás tivera o sentido durmido, pero a información que acababa de obter xa estaba asimilada. E iso provocou que a xoven bruxa soñara coas perlas negras que non recordaba ter. No soño, estaba ela fai sete anos na súa cama, e como non durmindo. Estaba soñando que a súa avoa lle regalaba unha pulseira de perlas negras, Candy pensou, si, sen dúbida algunha, aos sete anos regaláranlle as Perlas negras da escuridade si, pero na súa imaxinación. Chea de rabia, arrancounas do soño e apertounas tanto coas mans, que as destruiu, como aquel a Voz llo pedirá. Despois, tan só se viu caendo, caendo na escuridade, no vacío. Abriu os ollos, estaba na clase, pero esta estaba baleira, e o único que se oía era chover. Candy saíu a fora, recorreu o colexio, o pobo, incluso entrou nalgunhas das casas que estaban abertas, pero todo estaba deserto.

Page 17: ASUBÍOS 49

Estaría ela sola no mundo? Ou habería algún ser máis nel? Nin animais, nin plantas, nin sequera o máis diminuto microbio, tan só ela. Chorando, volveu á clase, sentouse no seu sitio, e adoptou a posición que tiña cando todo empezara. Non, dende logo, nada volvería ser o mesmo.

Katiana Veiga Espasandín 2ºB

Condenada pola morte

Dous de decembro de 1969. Eran as oito da mañá e Meri espertaba, saía da cama con lentitude e poñía os pés no chan. Calzou as zapatillas, saíu do cuarto e mirou a súa esquerda, lentamente, achegouse a aquela gastada fiestra e contemplou un intre aquela nevada paisaxe francesa sen dar un só signo de expresión . Baixou á cociña,colleu aquela gastada cunca de porcelana e cun pouco de leite almorzou. Logo colleu o abrigo, gorro e bufando e saíu á rúa. Habitaba nun pequeno pobo de apenas vinte casas, afectado pola guerra había uns anos. Alí, na rúa, atopábanse todos: Mariane, cun largo vestido negro de inverno, insegura, tímida, coa cabeza baixa , era maltratada polo seu marido dende había oito anos. Intentaron axudala pero o medo apoderarase dela. Leonardo, un mozo de vinte dous anos, tatexo, gañaba a vida como xastre, unha boa profesión neste pobo. E velaí o vello Estevo. Un alcohólico; a guerra acabou con el e agora gasta todo o que ten en bebida. A boa de Melina, coa súa tenda de alimentos, sempre está aí, chova ou neve sempre podes contar con ela. E por fin Meri chega ao seu destino. Meri coidaba dunha señora do pobo que vivía soa, isto era o que facía dende había catro anos. Con paso firme Meri subiu as escaleiras e abriu a porta, a súa fronte, sentada nunha cadeira, miando cara unha ventá a señora Auditari, baixa, case sen pelo que lle cubrirá a cabeza, cunha mirada penetrante, mais unha negra sombra rodeáballe as pálpebras. A señora de Auditori íase converter no peor pesadelo de Meri

Antonio Bouzas 1ºB

Page 18: ASUBÍOS 49

A FILLA DOS PROVOCADORES DE NAUFRAXIOS

Vilamaior era unha enorme casa na costa lucense.Durante trescentos anos estivo enmeigada pola pantasma dunha moza. Un dono tras outro dicían ter visto á moza, pero nunca ninguén dixo ter medo da pantasma, pero nunca ninguén soubo quen era ela …, non durante trescentos longos anos. Entón, hai cen anos, o dono da casa descubriu un cuarto diminuto, que estivera escondido detrás de paredes enseladas por anos e anos. Dentro do pequeno cuarto encontrábase a osamenta dunha moza, deitada nunha fermosa cama.Aínda vestía a roupa que usaba hai máis de douscentos anos. A roupa era suave e bonita , pero estaba chea de po e fráxil. O esqueleto levaba fermosos aneis e colares, agora escurecidos polo tempo. Pero aínda así, ninguén sabía o nome da muller,ninguén sabía por qué estivera escondida no diminuto cuarto durante tantos anos. A osamenta pronto foi sepultada nun pequeno cemiterio do pobo, pero a triste pantasma continuou andando polos corredores da casa.Por que estaba ela alí? No século XVII, Vilamaior pasou a mans de Tomás e María Torremenor. Os Torremenor eran os donos dunha pequena tenda, pero ninguén sabía que os Torremenor eran provocadores de naufraxios. Durante as tormentas , cando os Torremenor sabían que un barco navegaba cerca da costa, prendían una fogueira na praia. O capitán do barco pensaba que a fogueira era unha luz que os guiaría a un sitio seguro, pero dirixía o seu barco ata ás enormes rochas da costa.Cando o barco afundía os Torremenor collían os obxectos de valor que levaban a bordo no barco afundido, e levábanas para a súa casa. Unha noite fai moito tempo, Tomás miraba o mar, mentres afundían un barco,pero cando estaban roubando no barco … viu na praia unha muller tirada na veira do mar. -Aquí hai unha muller .- exclamou Tomás- e está viva. -Non a podemos deixar aquí.-dixo María.- levarémola con nos. Levárona a súa casa e puxeron á muller na habitación de Isabel , a súa filla. Isabel fuxira da casa de seus pais cando aínda era unha rapaciña. María non puido facer nada pola moza que atoparan na praia, faleceu uns días mais tarde sen recobrar o coñecemento. Así que como non a podían enterrar publicamente, se non a xente daríase conta de que provocaran un naufraxio,decidiron encerrala no seu cuarto secreto, e cubrilo de paredes. Pasaron tres días e María estaba servindo té cando alguén petou á porta.Era un home, segundo el, o único supervivente do naufraxio acontecido uns días antes preto da vila, contoulle que no barco que afundira viaxaba unha moza que se chamaba Isabel, que lle contara que viaxaba a esa vila para visitar ós seus pais, que non vía dende facía moitos anos, cando fuxira da súa casa.Contáralle que votaba de menos ós seus pais e que tiña moitas ganas de abrazalos e bicalos.Suponse que ía ser una sorpresa. Na década de 1960, uns traballadores que ían demoler a vella casa encontraron una caixa de metal.Dentro da caixa había una carta dirixida os donos de Vilamaior. A carta dicía: Antes de morrer,quixera confesar os meus pecados. A miña querida esposa agora está morta. Non podo continuar sen que alguén saiba o segredo de María e mais meu. A miña muller e eu vivimos moitos anos en Vilamaior. Recibimos a bendición dunha fermosa filla, que escapou da casa cando aínda era unha rapaciña pequena. Provocamos o naufraxio dun barco e matamos á nosa propia filla, que viaxaba no barco para vir visitarnos. Colocamos o seu corpo nun cuarto secreto. Xa non podíamos seguir vivindo na nosa casa, porque nos pareceu ver o pantasma da nosa filla. Mudámonos a Ourense para estar afastados da costa. Que Deus nos perdoe. Firma, Tomás Torremenor 1690

JULIA VILA SOUSA 1ºA

Page 19: ASUBÍOS 49
Page 20: ASUBÍOS 49
Page 21: ASUBÍOS 49
Page 22: ASUBÍOS 49
Page 23: ASUBÍOS 49
Page 24: ASUBÍOS 49

Este curso os alumnos de 1º ciclo fixemos tres saídas :panadaría ROISER,visita a ENSENADA DA INSUA e GRANXA-ESCOLA BELELLE. A panadaría Roiser é moi coñecida por nós porque está no noso pobo e ademais comemos todos os días o seu pan no comedor do colexio. As mestras leváronnos alí para coñecer un dos oficios típicos de Galiza. Fomos recibidos polos seus donos,Manolo e Pili e tratáronnos moi ben.Ensináronnos os grans de trigo e de millo así como as súas fariñas e despois leváronnos a ver como se fai o pan,mesturando auga ,fariña, sal e fermento. Por último nunha mesa moi grande nós estivemos amasando e finalmente fixemos un boliño de pan.

A visita a ensenada da Insua gustounos moito xa que puidemos coñecer outros pobos galegos así como a fauna e a flora da zona. Tivemos moita sorte co tempo e puidemos ver a ría de Ponteceso-Laxe,o mar Atlántico así como unhas pequenas illas e o río Anllóns. Acompañáronnos dous rapaces dende Ponteceso ata a praia de Balarés onde xantamos.

Polo camiño pasamos por unha fonte onde había unha pedra coa imaxe dun señor.Dixéronnos que ese señor de Ponteceso,erao poeta Eduardo Pondal .

Cando xa íamos algo cansos de camiñar chegamos ao mirador das aves e puidemos ver:gaivotas,cormoráns e petirrojos.

Tania Caamaño 2º

Page 25: ASUBÍOS 49

Volvemos a camiñar a beira da ría e chegamos ata praia de Balarés onde comemos no seu piñeiral e xogamos na súa praia.

Por último no mes de maio visitamos a granxa escola de Belelle,continuando así o percorrido pola xeografía galega.Neste caso fomos a Neda,preto de Ferrol e polo camiño vimos distintos pobos e tamén ríos :Mandeo e Eume. Na granxa vimos moitos animais e o que mais nos gustou á maioría foi o pavo real.Pasámolo moi ben!!

Nerea Martínez 2º

Mateo Rivera 2º

Raúl 2º

Enrique Fdez. 2º

Raúl 2º

Page 26: ASUBÍOS 49

DIA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celebramos a Paz no centro con distintos actos.

Os nenos de infantil e 1º ciclo construimos un muro coas palabras dunha poesía .

POESÍA DA PAZ

Despois todos os alumnos de infantil e primaria saímos o patio para cantar una

canción e participar nunha carreira solidaria.

Pombiña branca que vas polo ceo, onde está a PAZ que tanto queremos?

Está cando damos amor e cariño a mozos,anciáns e tamén aos meniños. A PAZ é querer e ter sempre amigos ser malo e pelexarse non ten sentido. Por iso sabemos que coas nosas mans temos que construir a PAZ que buscamos.

Page 27: ASUBÍOS 49

Carreira solidaria save the children

Dito acontecemento débese a unha inciativa de Save the children ,que é unha organización que recolle fondos para axudar á manutención dos nenos do Congo , e mandan ao noso centro o material preciso para o desenvolvemento da carreira (dorsais,carteis,e diplomas para os participantes). Así que nos puxemos mans á obra e os pequenos corredores do cole fixeron un grande esforzo en correr as voltas que puideran ao redor do cole para recadar os fondos precisos. Cada alumno pedía a un padriño ou madriña que puxera unha cantidade simbólica por cada volta dada polo pequeno ao redor do colexio. A participación do alumnado foi máxima e o seu esforzo deu os seus froitos, xa que ao final recadamos cerca de 500 euros que foron a parar aos pequenos do Congo e así intentar cubrir as súas necesidades básicas diarias,en canto a comida, auga, medicinas,etc… Foi un pequeno esforzo para un gran fin, que intentaremos seguir facendo en próximos cursos.

Page 28: ASUBÍOS 49
Page 29: ASUBÍOS 49

BIBLIOTECA

Este ano as bibliotecas de primaria e secundaria estiveron moi dinámicas e houbo

una gran colaboración entre os dous equipos, xunto co grupo de Voz Natura.

Como se celebraba o ano dos bosques houbo varias

actividades relacionadas con este tema como o concurso

de poesía: “Se ti foses un bosque... “ou o día da árbore

autóctona no que tiveron que buscar información de

distintas árbores : carballo, castiñeiro, acivro...e que

rematou cunha plantación de acivros na ROCHEIRA.

Pero tamén se recitaron

poesías e contáronse moitos

contos na biblioteca e nas

aulas. Non os contaron só os

mestres senón tamén os

rapaces.

En secundaria tamén se levaron a cabo moitas actividades.

Page 30: ASUBÍOS 49

ROSALÍA DE CASTRO

Este ano,175 aniversario do nacemento de Rosalía , celebrámolo no noso centro con distintos actos.

O día 24 de febrero os alumnos de primaria recitaron distintos poemas e cantaron una canción.

Os alumnos de secundaria tamén recitaron poemas e soltaron globos que contiñan poemas no seu interior.

O alumnado de 3º e 4º de ESO trasladou as aulas ás rúas coruñesas para lembrar, da man do profesor da Universidade da Coruña, Diego Pardo, os pasos da poeta nos anos en que viviu nesta cidade coa súa familia.

Tamén foron recibidos na Real Academia Galega polo actual secretario, o profesor Xosé Luís Axeitos, que lles explicou o traballo que alí realizan, centrado sempre no estudo e divulgación da lingua galega.

Realizado polos alumnos de E.I.

Page 31: ASUBÍOS 49

Pero este día presentamos o libro: POEMAS MENSAXEIROS.

En primaria este libro foi feito por una mestra de infantil,Rocío,coa idea de que fose por distintos coles recollendo poemas e regresase na semana das Letras Galegas.

Saiu do noso centro o día 24 de febreiro cun poema de Rosalía:”Negra sombra “ e regresou na semana das Letras Galegas.Pasou polo CEIP Canosa-Rus, CEIP Agualada, CRA Novo Mencer, EEI de Oca(todos do Concello de Coristanco) e finalmente CEIP Milladoiro de Malpica. Nós pensabamos que ía a “voar” mais lixeiro pero como nos parece una idea fermosa volveremos a mandalo voar dende agora ata as próximas Letras Galegas.

CEIP Milladoiro

EEI de Oca

CEIP Agualada

CEIP Canosa-Rus CRA Novo Mencer

Page 32: ASUBÍOS 49

ENTROIDO Este ano os alumnos de infantil e primaria non

c celebramos o Entroido como os outros anos.

O MECO dicíanos cada día un mandado e o venres fomos :

LUNS con algo no pescozo

MARTES con algo na cabeza

MÉRCORES un zapato de cada cor

XOVES a chaqueta do revés

VENRES co pixama

Os alumnos de secundaria tiveron a festa no pavillón como todos os anos e despois tomaron un

chocolate con churros

Monxa Malota.1º INDIVIDUAL

Lady Gaga.2º INDIVIDUAL

Page 33: ASUBÍOS 49

As abellas.2º COMPARSAS

Super Mario Bros.1ºCOMPARSAS

Page 34: ASUBÍOS 49

Ás de bolboreta, Edicións Xerais

O luns 19 de decembro de 2011, durante a sesión de clase de

lingua e literatura galega, entre as 15:10 e as 16:00, o alumnado

de 4ºA mantivo un chat virtual coa escritora Rosa Aneiros, autora do

libro de lectura do primeiro trimestre, Ás de bolboreta.

Reproducímola a continuación para recordarmos aquelas experiencia tan novidosa e

positiva para nós e mais para partillala con todos os lectores e lectoras da nosa

revista escolar, Asubíos.

- Boa tarde, Rosa; estás preparada para comezar esta experiencia tan novidosa para

nós?

- Ola! Cando queirades!

- Por Coristanco tamén estamos preparad@s, así que comezamos!

- Ola a todas e todos! Como estades?

- Ola, son Carmen. Queríalle preguntar que queren dicir os

números que aparecen ao principio de cada capítulo?

- Uiiiii, comezamos pola pregunta do enigma... Antes de contestar gustaríame

saber que opinades vós. Algún de vós ten idea? Dende aquí non podo pedir que

ergades a man, así que teño que conformarme con que o escribades... Se non é así

terei que ir lanzando pistas...

Veña, vai unha. Pensade que Ás de bolboreta é como un crebacabezas, un

puzzle no que todas as pezas teñen que cadrar e os números son un guieiro...

- Ola Rosa! Son Brais; penso que os números van avanzando segundo avanza cada

unha das historias e o tempo 0 é o presente.

- Xenial, Brais! E se o 0 é o presente, que poden significar os números en

negativo?

- Ola, son Sara; nós pensamos que os números negativos representan o pasado.

- Vaia ho! Enviádesme preguntas con respostas que xa sabedes... E logo os

números positivos?

- Ola, son Adriana; non estou segura, pero penso que poden ser o futuro.

- Vaia tropa máis espelida! E non mandei máis que media pista! Pero os

números

Page 35: ASUBÍOS 49

poden significar máis cousas. Falastes do criterio temporal pasado-

presente-futuro, pero tamén fai referencia ao espacial. O bar Luzada

sería, nese sentido o quilómetro 0.

- Volvo ser Sara e vou con outra pregunta: sempre escribes as túas

obras en galego?

- E logo! Pensa que para escribir temos unha ferramenta fundamental que é a

palabra. Non acontece así no cinema, nas artes plásticas ou na música, disciplinas

onde teñen máis dunha ferramenta para se expresaren. Na literatura xogamos,

construímos, tecemos só a partir das palabras e por iso son tan importantes. Eu falo,

amo, constrúo, tezo e vivo en galego, polo que as miñas obras están escritas na lingua

en que vivo e imaxino. O dominio da lingua, das súas expresións, da súa riqueza é

fundamental para escribir. Para poder contalo. E compartilo.

- Grazas, Rosa, respondíchesme a outra pregunta :)

- Ola, son Alba, que pensas do tratamento que lle dá a prensa aos escritores e

escritoras galeg@s? :)

- Agustín Fernández Paz ben sei que o coñeceredes e aínda esta mañá estiven

con el sempre repite que Paul Auster ambienta practicamente todas as súas obras en

Nova York e sempre se di del que é un autor cosmopolita. Ambientar unha historia

nun lugar e escribila nunha lingua fai que sexan universais porque falan de nós.

Estamos no curruncho do mapa, pero somos o centro do noso mundo.

Vaia ho, non quixen tachar, quixen introducir entre guións... Vai a resposta de

Alba, que quedei algo atrás. Agora vai:

O tratamento que nos dá a prensa non é xusto nin equilibrado. Volvendo a

Agustín F. Paz, vén de recibir un premio internacional moi importante en México e

case non tivo reflexo na prensa. Pero iso é importante que saibades que non é culpa

dos xornalistas. Hai xornalistas magníficos e magníficas neste país, probablemente a

mellor xeración en moito tempo... O problema é quen establece o criterio do que é

noticia e do que non, de que espazo debe recibir cada información..., e esa

responsabilidade non é habitualmente de quen redacta a peza. Ben se ve que son

xornalista e defendo os colegas ;)

- Jajaja estou dacordo contigo, moitas grazas pola túa resposta.

- Ola son Fanny! Queríache preguntar que ten que ver a historia de Aysel coas

demais porque as entendo todas menos esa... :S

- Tiña moita gana de contar a historia de Layla e Majnún porque moitas veces,

cando nos falan de grandes historias de amor, tan só pensamos en Romeo e Xulieta e

descoñecemos que noutras culturas do mundo existen outras lendas e mitos que

teñen moito que ver connosco. Neste caso quería traela porque é un símil do que lle

acontece a Aysel, esa pelexa desesperada contra o mundo polo seu amor. Aínda que

Page 36: ASUBÍOS 49

muden as circunstancias, o tempo e os contextos, é unha historia moi semellante, a de

amores afastados que turran por manter acesa a lapa dos seus sentimentos... Se a

miras ben, non é tan distinta e por iso quixen facer o xogo. Mudan os tempos e os

personaxes pero a historia prevalece.

- Boas tardes, son Daniel Navarro; que te motivou a escribir un libro tan complexo?

- Ui, non é tan complexo, paréceche complexo? Primeiro pensei algunhas

historias, historias que por certo non tiñan nada que ver unhas coas outras. De

súpeto, e logo de meses dándolle voltas ocorréuseme que poderían ter un fío común

e ese fío común podía ser un bar. Ao principio parece complicado, sobre todo cando

comezas a darlle forma pero, unha vez que o tes claro, non é tan complexo. Tan só

hai que ir escoitando o que a historia pide e, o máis importante, que non se vexa

demasiado o artificio narrativo. Neste caso fun un pouco máis revirada e quixen

facer o xogo dos números como reto para os lectores e lectoras máis novos porque

estou farta de que os vosos profes ;) me digan que sodes moi lacazáns lendo. Eu

defendo que sodes máis listas e listos do que nos facedes crer, pero calades e optades

polo máis cómodo por pura lacazanería. Mira que axiña soubestes o dos números!

- Ola, son Jenny! Cando comecei a ler o libro pensei que non me ía gustar porque non

enlazaba as historias pero, ao final, encantoume porque me pareceu moi interesante.

Inspirácheste nalgún aspecto da túa vida ou nalgunha historia que escoitaras para

escribilo?

- As historias aparecen nos lugares máis incribles que unha poida imaxinar. Ás

veces por unha canción como no caso da lenda de Majnun (Layla é unha canción de

Eric Clapton), moitas por conversacións que che dan pé para outras historias... Neste

caso a principal fonte de onde tirei as historias foron as non noticias. Imaxinades o

que son as non noticias?

- As que non saen na prensa, que quedan ocultas aínda que sexan interesantes por

criterios alleos á comunicación e información.

Moitas grazas por dedicarnos o teu tempo, Rosa. Encantad@s de falar contigo. Xa

temos todo moito máis claro. O autobús agárdanos! deica a próxima!

- Ata cando queirades! Un bico a todas e todos!

- Bicos e apertas desde Coristanco. Visítanos cando queiras!

- Aproveitade estas raiolas de sol e non perdades o bus!

Page 37: ASUBÍOS 49

O segredo de Marco Polo

Francisco Castro, Editorial Galaxia

O segredo de Marco Polo foi o libro proposto pola nosa profesora de galego como

lectura do segundo trimestre.

A lectura deste libro, á par de interesante, destaca polo seu carácter educativo, xa

que ademais de narrar a historia de amor entre os dous protagonistas, Marco e a

principessa Naia, fala das aventuras do gran Marco Polo, todo un personaxe

histórico que se camufla no argumento e acompaña ao mozo Marco.

Ademais da lectura deste libro, puidemos gozar da visita do seu autor, o escritor

Francisco Castro, o cal nos falou das súas técnicas para escribir libros e do seu

longo proceso investigador á procura de datos para ambientar unha novela como

esta, baseada en boa medida en sucesos reais que aconteceron no pasado. Aínda

que puidese parecer que isto é un traballo tedioso, Francisco Castro contounos que

o realiza con moito gusto, porque forma parte do proceso de escritura dos libros

que el quere escribir para nós. Non podiamos imaxinar que antes de nacer a

historia que podemos ler agora no libro, o autor dedicase tanto tempo a

seleccionar a información que debía necesariamente introducir no libro.

O día da súa visita, Francisco Castro ofreceunos unha charla moi amena e próxima

a nós, respondendo desde o principio as posibles dúbidas que puidésemos ter.

En resumo, foi unha actividade lectora e unha experiencia persoal moi entretida,

xa que non sempre se pode gozar da lectura dun libro e a ademais disfrutar da

compaña dun gran escritor.

Álvaro Mol Pena 3º A

Page 38: ASUBÍOS 49

SEMANA DO LIBRO

Na semana do libro levamos a cabo moitas actividades en colaboración coa biblioteca. O día do libro os alumnos de E.I. e primaria tiñan a biblioteca no patio á hora do proxecto lector.

Pero nesta semana tamén tivemos:

Nenos recitando poesías

Page 39: ASUBÍOS 49

Nenos contando contos

Concurso de poesía: “SE TI FOSES UN BOSQUE”

Page 40: ASUBÍOS 49

XORNAL DO PICHELÍN

Coas follas que fixeramos nun taller de

reciclaxe decidimos facer “O xornal do

Pichelín”Este xornal foi elaborado polos

alumnos de infantil e primeiro ciclo e nel

pódense ver as distintas sección dun xornal

como:noticias,deportes,pasatempos,o tempo e...

...una entrevista que os alumnos de segundo lle fixeron ao noso director.

1) Por que decidiches ser profesor? Gustoume de sempre.De pequeno xa xogaba aos profes.Despois decidín facela carreira e a verdade é que me gusta moito a docencia.

2) Que fas no teu traballo? Primeiro son profe e dou clase en 5º.Pero como tamén son o director teño que estar pendente de moitas cousas:dos autobuses,pagar aos distribuidores,atender aos país,aos meus compañeiros...

3) Gústache o teu traballo? Encántame!Disfruto vindo a traballar.

4) Que che gusta máis,ser profesor ou director? Moito máis ser profesor.

5) De que es profesor? Dos nenos de 5º e doulles matemáticas .Pero cando cheguei a esta escola estaba cos pequeniños.

6) E moi duro ser profesor? Un pouquiño si que é.Tes moita responsabilidade.

Page 41: ASUBÍOS 49

7) Levas traballo para casa? A veces si.Procuro non lévalo pero agora ca dirección non me queda máis remedio.

8) Canto tempo levas traballando nesta escola? Este é o sexto curso.

9) En que escolas estiveches antes? Estiven en Pino de Val,na Picota ,tres anos en Laracha e dous en Muxía no colexio dos Muíños.

10) O colexio é teu? Non ,non é meu.Eu só o dirixo.

11) Es presumido? Si.

12) Cal é a túa cor preferida? O vermello.

13) Cal é a túa comida favorita? Teño dúas:a carne asada e a tortilla.

14) Gústache a natureza? Si gústame moito e gústame que estea coidada.

15) Es feliz? E una pregunta moi difícil.Hoxe por hoxe si son feliz.Teño una familia que me quere, viven os meus pais,estou casado e teño dous fillos:Sergio e Mateo,gústame o meu traballo...

16) Para rematar, queres engadir algo? Non, soamente dicir que me encantou que me fixerades esta entrevista e darvos as grazas por escollerme a min.

O CONTO DOS CONTOS

Foi elaborado polos

alumnos de 1º e2º.

Nel están recollidos

distintos contos populares

que estes alumnos

ilustraron.

Page 42: ASUBÍOS 49
Page 43: ASUBÍOS 49
Page 44: ASUBÍOS 49

CORRELINGUA 2012

A mañá do venres 4 de maio o alumnado de 3º e 4º de

ESO, despois de ter traballado na aula o deseño de

pancartas para o concurso, participou nesta festa que

pretende convidar a mocidade a reivindicar a lingua

galega publicamente.

Traballo intenso e creativo

á hora de deseñar

pancartas, cartolinas e

camisetas.

Page 45: ASUBÍOS 49

Artigo de opinión O Correlingua é un movemento ou manifestación socio-cultural no que todos os anos participan

alumnos de diversos centros educativos de toda Galicia. Lévase a cabo en moitos lugares como A

Coruña, Lugo, Vigo, etc… Aínda así, segue a haber xente que non está de acordo con esta actividade.

Partindo da miña experiencia propia, o Correlingua é fundamental para a reivindicación e

normalización do noso idioma, o galego. Grazas a el, moita xente de todas as idade, tanto

participantes da manifestación como persoas que o poidan estar observando, comprenden e

defenden cada vez mellor a situación do galego na actualidade e colaboran no intento de amparar e

devolverlle a dito idioma a forza e prestixio que tivo en tempos antigos.

Isto non quere dicir que só con asistir a esta marcha se consiga normalizar o galego e eliminar os

prexuízos que o debilitan, pero é un gran de area co que todos colaboramos, xa que xuntos e

continuando o labor comezado ao solidarizarse con este apoio á lingua, podemos transformalo na

gran montaña que sería a normalización definitiva do idioma galego.

Moitas persoas, contrarias a esta protesta, alegan que só é unha perda de tempo, un desperdicio

de horas de clase e que se loita por unha tontería xa que din que “o galego non necesita

normalización porque en Galicia todos somos completamente normais”. Eu, pola miña parte, estou

en total e absoluto desacordo con estas ideas, xa que intentan confundir dous termos completamente

diferentes, como son a normalización e a normalidade, así como poñer por desculpa que é unha

perda de tempo para arrebatarlle importancia.

Na miña opinión, é todo o contrario. Non se perden clases porque, ao manifestarse a favor de algo

que ti defendes, me parece unha boa maneira de aprender a vivir, adquirir cultura e capacidade de

decisión. Por outra banda, ¿que mellor lugar para cultivarse na aprendizaxe do galego que un desfile

e unha previa elaboración de pancartas, manifestos, e calquera outro tipo de artificios sobre os

dereitos e a reivindicación de dita lingua?

Jennifer Torres Mira 4º A

Page 46: ASUBÍOS 49
Page 47: ASUBÍOS 49

III SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS 2012

FESTIVAL DE ALUMNOS DE 3º E 4º ESO (MERCEDES QUEIXAS)

Este gran equipo fixo posible una demostración do bo facer,nesta Semana das Letras ,no campo do teatro,das emisións radiofónicas e da gravación audiovisual

TRABALLOS DE 1º DA ESO, VERSIONANDO OBRAS PICTÓRICAS.

Page 48: ASUBÍOS 49

OBRADOIRO DE CREACIÓN LITERARIA (Antía Otero)

ROTEIRO A VERDES

OBRADOIROS E XOGOS POPULARES

Page 49: ASUBÍOS 49

XORNADA DE CONVIVENCIA EN VERDES

O venres 18 de maio, para rematar a III Semana Cultural, o

alumnado de ESO e varios profesores tivemos unha

xornada de convivencia no Refuxio de Verdes.

Page 50: ASUBÍOS 49

17 de maio : Letras Galegas

Este ano para celebrar as Letras Galegas ademais de participar no concurso que todos os anos organiza o concello ( debuxo, narrativa, poesía e comic) e tamén ter a Semana Cultural no centro,acudimos ao edificio de servizos múltiples do concello para participar nun festival. Era o festival das LETRAS feito polos alumnos dos distintos centros do concello:CRA Novo Mencer,EEI Oca e alumnos de 1º,4º e 6º do CPI Alcalde Xosé Pichel.

En primeiro lugar actuou a Escola de Xaviña

Agora tocoulle facelo os rapaces de Mira e Valencia

Os alumnos da Rabadeira contaron un conto: O COELLIÑO BRANCO,e fixérono moi ben.

Page 51: ASUBÍOS 49

Os alumnos de 1ºEP fixeron una obriña de teatro e tamén cantaron una canción.

Como disfrutaron os rapaces de 4ºA recitándonos poesías.

E agora xunto cos compañeiros de 4ºB cantáronnos una fermosa canción.

Page 52: ASUBÍOS 49

E xa para rematar os rapaces de 6º contáronnos : Tío LOBO

A festa das LETRAS rematou coa entrega de premios o día 23 de maio.

Page 53: ASUBÍOS 49

CORISTRANCA, A LECTURA CON RETRANCA!

Durante todo este curso, o club de lectura non parou de ler e falar!!!De

boa parte do noso traballo, fomos dando conta publicamente a través da

nosa canle de comunicación co mundo, o blog Coristranca, a lectura con

retranca.:

http://coristranca.blogspot.com.

Fina Casalderrey, Agustín Fernández Paz, Francisco Castro, Héctor Carré,

Paco Roca e Ramón Caride convertéronse para nós en moito máis que

simples nomes de escritores, pois agora conseguimos achegarnos moito

máis a eles, á súa escrita e ao seu pensamento a través de, sobre todo,

entrevistas e gravacións audiovisuais que fomos localizando pola rede.

Incluso tivemos a fortuna de gozar dun agasallo co que non

contabamos: o encontro director co escritor Francisco Castro, autor dun

libro que nos emocionou profundamente e que por recomendamos non

deixardes de ler: Chamádeme Simbad.

Agardamos por todas e todos vós o curso que vén!!!

Page 54: ASUBÍOS 49
Page 55: ASUBÍOS 49
Page 56: ASUBÍOS 49
Page 57: ASUBÍOS 49
Page 58: ASUBÍOS 49
Page 59: ASUBÍOS 49
Page 60: ASUBÍOS 49
Page 61: ASUBÍOS 49