así son eu

26
FALANDO DE NÓS 5º de Primaria Ceip

Upload: 2tere

Post on 29-Jun-2015

890 views

Category:

Education


13 download

TRANSCRIPT

Page 1: Así son eu

FALANDO DE NÓS

5º de PrimariaCeip barouta

Page 2: Así son eu

ASÍ SON EU

Son Rubén e vivo en Osebe, no concello de Teo. Meus pais chámanse Jorge e Olimpia, o meu irmán, Sergio e a miña cadela Lúa.A min gústame moito a informática, a música electrónica, os animais, as festas …De maior, gustaríame ser creador de videoxogos.Considero que son un neno amable, amigable, listo, e divertido.

Rubén

Page 3: Así son eu

ASI SON EUOla! Chámome Raúl Suárez Cea e vivo en Pñeiro-Ames. Son rubio de ollos marróns e grandes. Gústame moito correr, andar en bicicleta, xogar no ordenador e cos videoxogos... Son atrevido, rápido e listo. Non me gustan os sitios cerrados nin ir en barco. De maior gustaríame ser arquitecto porque teño moitas ideas de facer casas e edificios. No cole teño moitos amigos como Teo, Adrián, Rubén, Miguel, Anxo, Uxia...Aprendo moito grazas á profe Tere que é estupenda e que leva ensinándome desde primeiro. Na casa teño dúas cadelas moi xoguetonas chamadas Duna e Sasha.

E así son eu!!

RAÚL

Page 4: Así son eu

FALANDO SOBRE MIN

Chámome Dani e vivo en Covas, no concello de Ames. Considérome un neno gracioso, imaxinativo e bo amigo.  Estudo no colexio público de Barouta e vou na clase de 5º de Primaria. A miña profesora chámase Teresa.Nos recreos gústame xogar con Manuel e Borja que son os meus mellores amigos.Cando estou na clase, a miña materia favorita é mate.E cando estou na casa, gústame andar pola horta, xogar á wii, xogar ao fútbol…

                      E ASI SON EU!!!!!!!

DANI

Page 5: Así son eu

A MIÑA PRESENTACIÓN

Ola! Son NASTASIA e vivo en Trasmonte, nunha aldea chamada Suevos.Vou a unha escola fantástica, o cole de BAROUTA, onde teño moitos amigos.Son loura, teño os ollos dunha cor gris e son alta.A miña cor preferida é o azul e o verde pistacho. Gústame comer todo o que se me poña no prato menos a remolacha, as noces e o paté, que o odio.Gústame ler cómics e libros. Todos os deportes son os meus favoritos ...

BEN, POIS ASI SON EU!                                                               

        NASTASIA MARTÍNEZ

Page 6: Así son eu

ASÍ SON EU CHÁMOME CARLA REDONDO PORTO. TEÑO 10 ANOS E O MEU ANIVERSARIO É O 16 DE FEBREIRO. VIVO EN TRASMONTE, UNHA ALDEA DE AMES, E ESTUDO 5º DE PRIMARIA. VIVO COS MEUS PAIS, MIÑA IRMÁ, MARTA E O MEU CAN KANÚ. CONSIDÉROME UNHA NENA DIVERTIDA, GRACIOSA, CREATIVA, OCORRENTE, CARIÑOSA, FESTEIRA, ALEGRE, INTELIXENTE E ALGO PRESUMIDA. GÚSTAME FACER EXERCICIO, IR Á PRAIA. GÚSTAME MOITO: FACER RIR Á XENTE, OS ANIMAIS, A NATUREZA, XOGAR, ESTAR COS AMIGOS, VIAXAR,… DE MAIOR QUERO SER VETERINARIA OU BIÓLOGA. VOU A 3 ACTIVIDADES: XUDO, INGLÉS E NATACIÓN. ESTE ANO VEU UNHA NENA NOVA CHAMADA GAILA E AGORA XA SOMOS 26 COA PROFESORA TERE. AS MIÑAS MELLORES AMIGAS/OS SON: CARLA.C, ALINA, BORJA, DAVID, ELENA, ANXO, TEO, RAÚL, ANA…

E POIS… ASÍ SON EU!:)

CARLA REDONDO PORTO

Page 7: Así son eu

ASÍ SON EU

Eu son Ana Beiroa Ons, teño 10 anos e vivo en Lamas. Son alta, teño o pelo castaño e liso e levo media melena. Os meus ollos son marróns e uso lentes. Estudo no colexio de Barouta, nel teño moitos amigos. Unha das materias que máis me gusta é Plástica porque nela expreso a miña arte, que é debuxar e pintar. Na miña casa vivo cos meus pais e coa miña irmá. Con eles pásoo estupendamente.Gústame vestir con cores claras aínda que o negro tamén me favorece. Unha das prendas de roupa que máis me gusta levar son as mallas. O meu deporte favorito é a natación. Tamén me encanta cantar e bailar, por esa razón a materia de Música tamén é unha das miñas favoritas.De maior gustaríame ser fisioterapeuta.Despídome dicíndovos que teño dúas mascotas, un bóxer chamado Lúa e un pastor alemán chamado Bora.

Así son eu

Ana Beiroa Ons

Page 8: Así son eu

EU SON ASÍ Eu chámome Gaila e teño 10 anos. vivo en Aldea Nova e o que máis me gusta facer é xogar cos meus amigos. Son simpática, amable e sincera. Tamén me gusta cantar e facer amigos novos; este ano vou a un novo colexio. Son moi tímida e sempre estou colorada, e máis cando coñezo xente que non coñecía antes ou non recoñezo a outras persoas. Tamén son un pouco olvidadiza e mandona cando non me dou conta. O meu xogo preferido é o escondite e os xogos de mesa. As miñas mellores amigas son: Martina, Lucía, Jessica e Carla A. As miñas cores preferidas son a negra e máis a vermella. A cor que menos me gusta é a rosa. As miñas materias preferidas son música, educación física e atención educativa. Dáseme ben debuxar e xogar cos nenos pequenos como a miña irmá. Tamén son moi sensible e teño a pel moi delicada. Gústame a nova escola e encántanme os meus novos compañeiros.

Gaila

Page 9: Así son eu

ASÍ SON EUChámome David Gayo Rodríguez e teño nove anos. Vivo en Bertamiráns coa miña familia. Nacín en África, Etiopía. Meus pais adoptáronme cando era un bebé. Vivín uns anos en Barcelona, Cataluña, e despois viñemos a Galicia.Teño a pel escura, os ollos grandes e marróns, o nariz chato, a boca bastante grande e as orellas pequenas. O meu pelo é rizo, curto e marrón escuro. Tamén son baixiño e delgado. En xeral todo o meu corpo é pequeno. Son gracioso e moi divertido. Sempre estou moi feliz e contento.Os meus gustos son cantar e os animais. Sobre todo os cans e os guepardos. No meu tempo libre gústame facer atletismo e piruetas. A miña comida preferida é o marisco. Odio a pasta e a pizza.En infantil ía ao colexio A Maia pero en primeiro de primaria cambieime a Barouta. No cole gústame xogar cos meus amigos e amigas. As miñas materias preferidas son as mates, ximnasia e coñecemento do medio.Na miña casa teño unha piscina, un parque de area e unha pista de padel. Pásoo moi ben xogando coas miñas irmás e os meus veciños. Por iso, nunca quedo na casa xogando á consola nin a wii.

David Gayo Rodríguez

Page 10: Así son eu

ASÍ SON EU

Eu chámame José Ángel Blanco Pazos, pero todos me chaman Anxo. Teño 9 anos e vivo na Carreira, unha aldea da parroquia de San Román do concello de Val do Dubra, cos meus país e meu avó. Os días de escola paso toda a tarde en Lamas, na casa de miña madriña. Eu son un rapaz ao que lle encantan os animais, sobre todo, os domésticos; andar en bicicleta por onde faga falta; axudar na granxa, coas pacas, co tractor, coas vacas ou cuchas e cuchos principalmente.Eu son moi obediente e agarimoso e un pouco feble. Non son mentireiro porque sempre digo a verdade. A min no cole, no recreo, gústame moito xogar cos meus compañeiros de clase ao fútbol, sen contar as milleiras de trompadas que levo cada día con eles porque ….

Así é como son eu!

ANXO BLANCO PAZOS

Page 11: Así son eu

COMO SON EUHoxe quero que me coñezades mellor, clase de quinto. Vou a comezar por dicirvos que creo que este ano vai ser especial para todos nós e desexo que a nova amiga que veu este ano, Gaila, estea cómoda.Xa penso que todos sabedes o meu nome, Elena, pero o que ao mellor non sabedes son características de min. Entón alá vou: vivo en Piñeiro, unha aldea pequena onde naceron os meus avós. O que máis me gusta facer é montar a cabalo, de feito, teño media vida niso. Ademais gústame pasar tempo coa miña familia e cos meus amigos. Son moi alegre e social. Teño amigas e amigos como CARLA C, ALINA, JESSICA, NASTASIA, RAÚL, TEO, DAVID …Esta clase é xenial e divertida, facemos manualidades que nos gustan a todos.

ELENA

Page 12: Así son eu

A MIÑA PRESENTACION

Ola son Rebeca e teño 10 anos. Vivo no concello de Ames, en Trasmonte. Vou ao colexio de Barouta e este ano empecei 5ª curso.A miña paixón é a música. Toco o piano e vou en 3ª de elemental. Tamén me gusta pasar o tempo cos meus mellores amigos porque me fan sentir ben e, ás veces, ata me fan rir.O meu deporte favorito é o fútbol. Gústame vestir con roupa cómoda, non me gustan as cores pastel como o rosa, o laranxa ou o amarelo. Son máis fan do negro, do azul e do marrón.Non me gusta chamar a atención, considérome unha chica máis ben reservada.Son unha persoa graciosa e alegre. 

REBECA RIVAS GÓMEZ

5º de primaria- CEIP BAROUTA

Page 13: Así son eu

EU, TEO

Eu son Teo Martínez De Lorenzo e vivo en Pedrouzos-Ames. Estudio no CEIP Barouta, un colexio bastante grande situado en Ames, onde vou en 5º curso. Alí tamén fago xudo no pavillón porque penso que é un bo deporte. Xa dende pequeno, sentía grande interese pola música, así que empecei a compoñer aos 6 anos, pero logo decidín ir a clase para saber tocar mellor. Interésame moito e, ademais miña tía é a mestra, así que é moi divertido.Agora teño interese pola cultura oriental, en especial Xapón; sei que é un país moi importante xa que alí a innovación non cesa. En Xapón debuxan moi ben. Hai moito cómic e moitas series de televisión e, algo que me encanta, os videoxogos. A iso quero dedicarme no futuro e buscarei clases, claro. Tamén algo que quero que ma saia coma eles é o debuxo. Estou intentando debuxar manga e vexo series en xaponés con subtítulos en español… ata penso aprender o seu idioma!Tamén me encanta facer deporte. Corro, xogo ao fútbol e baloncesto, ando en bicicleta e acabo con ioga.Outro interese meu é facer filmes! Fago curtas e tráilers e vou empezar a facer de ciencia ficción.

Pois, así son eu. Adeus!

Teo Martínez De Lorenzo

Page 14: Así son eu

FALANDO DE MIN

Eu chámome Borja e teño 10 anos. Vivo en Castelo (Ames) con miña nai, meu pai e os meus irmáns nunha casa de pedra.

Gústame nadar, o fútbol, os cabalos, as motos. Despois do colexio, fago os deberes tan pronto chego á casa para ter toda a tarde libre.

A min gústame comer hamburguesa pero non me gustan para nada as olivas nin o tomate.

Os meus intereses son estudar moito para poder ser policía.

Teño unha cadela, dous cans e tres gatos. E aínda me parecen poucos animais!

Borja

Page 15: Así son eu

Presentación

Eu son Alex e vivo nunha aldea, en Quintáns (Ames). É unha aldea tranquila.

Ben, pois o que fago aquí é xogar ao fútbol, pasear, en verán gústame nadar... E algo novo, unha táboa de exercicio físico.

Meus pais chámanse Juan e Isabel ; case non están na casa por mor do traballo.

Teño 7 mascotas: 1 can e 6 gatos.

Os domingos gústame ir á casa de meu primo. E pola semana, fago os deberes de 4 a 5 e logo teño a tarde libre para xogar cos meus gatos pequenos e tamén coido do meu can; o malo é que agora ten carrachos.

Alex

Page 16: Así son eu

PresentaciónEu chámome María Dans Rosende. Nacín en Kazajistan o 1 de setembro de 2004. Agora vivo en Ribeira de Maguxe , en Ortoño (Ames). O meu pai chámase Bruno, a miña nai chámase Loreto e o meu irmán, chámase Eugeny. Eugeny vai comigo ao colexio. El estuda 3º de Primaria e eu estudo 5º. Imos ao Colexio de Barouta e gústame moito.A min gústame xogar no xardín da miña casa e cando chove xogo dentro co meu irmán.A miña clase preferida é matemáticas.

MARÍA

Page 17: Así son eu

ASÍ SON EU

Ola! chámome Carla Álvarez pero prefiro que me chamedes Carla A. Teño 10 anos e veño dunha aldea de Trasmonte, Leboráns, no concello de Ames. Vivo cos meus pais, a miña irmá e os meus avós.

No meu tempo libre gústame ler libros, escoitar música e, se podo, xogar cos meus compañeiros. Encántanme os animais, por iso, de maior, quero ser veterinaria para coidalos e curalos.

Os idiomas que máis me gustan son o francés e un pouco o ruso. Cando me dedico ao estudo, de vez en cando distráiome pero, por outro lado, atendo e participo. Aquí, na escola, teño moitos amigos e amigas dende fai moito tempo.

CARLA ÁLVAREZ JUNCAL

Page 18: Así son eu

A MIÑA PRESENTACIÓN Chámome Jessica Natalia Pinheiro e nacin en Poboa De Varzim, Portugal, o día 13 de xaneiro de 2004.Agora teño 10 anos, vivo en Ames, Galicia, e vou ao colexio de Barouta na clase de 5º de primaria cos meus 25 compañeiros e a profe Terre. Somos unha clase estupenda e fantástica; ademais este ano incorporouse Gaila que é a nena nova.Teño 3 irmáns: Sergio, Esther e Bogdana. Vivo con meu pai, miña nai e miña irmá Esther que ten 9 anos. Teño animais como cans, galiñas, pombas...A miña cor preferida é o azul , a miña froita preferida é a cereixa. No meu tempo libre gústame facer deporte, pintar, escribir, xogar, pasar tempo cos amigos e familia.O meu deporte preferido é o voleibol. Son afeccionada ao fútbol e por iso o practico. Visto con roupa alegre e escura, curta ou longa, con debuxos de animais e persoas...Teño o pelo longo e marrón, os ollos grandes e marróns, son alta, forte, lista e guapa.

JESSICA

Page 19: Así son eu

PRESENTACIÓN

Son Miguel teño 9 anos son alto e forte. Son do concello de Brión e vivo nunha aldea chamada Cabanas. Eu estou en 5º de primaria, gústame o fútbol e a natación, e a miña afección preferida é andar en bici.

Cando teño tempo libre doulle de comer aos animais: galiñas, ovellas, coellos, cans, patos e gatos... temos de todo na casa.

Isto é o que fago cada día.

Miguel

Page 20: Así son eu

ASI SON EU

Eu son Soraya. Vou ao colexio de Barouta e penso que son boa estudante. No cole fago ben os deberes.

Penso que son agradable, graciosa e unha boa amiga.

Vivo en Castelo, Ames de Abaixo, número 60. Estou cerca do cole e tamén de meus primos.

Os meus intereses son seguir estudando, seguir sendo amiga de Andrea e de Gaila, ser boa nos estudos do cole e moitas cousas máis.

Soraya

Page 21: Así son eu

ASÍ SON EU

Chámome CARLA e teño dez anos. Vivo en Augapesada, Ames. No meu tempo libre, gústame facer actividades deportivas. Vou a patinaxe, a baile e a piscina. Tamén me gustan as linguas e por iso vou a inglés e a francés. Estou en 5º de Primaria. Este ano xa somos 25 na clase, porque veu unha nena nova que se chama Gaila.Eu son festeira, alegre, deportista, fachendosa …Gústame facer deporte, andar por fóra, estar cos meus amigos, xogar co meu irmán e cos meus animais. Tamén me gusta moito ler. As miñas mellores amigas son Elena, Alina e Carla R.

CARLA C.

Page 22: Así son eu

A MIÑA PRESETACION

Son Fátima Cebey Naveiro. Teño 11 anos e vivo no Lombao, número 56 (Ames), con meus pais e meu irmán.

Estudio 5º de Primaria no colexio de Barouta.

Na casa teño 4 cans que se chaman Pupi, Linda, Roni e Tuna.

Teño 2 coballas que se chaman León e Violeta, un gato, que se chama Lucas, moitas galiñas e pitiños pequenos.

Gústame xogar ao fútbol, andar en bici e bañarme na piscina.

Teño unha profesora que se chama Tere. É moi boa e algún día gustaríame ser coma ela.

Fati

Page 23: Así son eu

FALANDO DE MIN

Ola!Chámome Andrea Suárez Vázquez. Vivo en Agrón, Ames, e teño dez anos. Gústame axudar aos demais e o meu deporte preferido é o voleibol. Son simpática e alegre. Adoro os animais. Encántame debuxar, estar ao aire libre, as manualidades e tamén ler.Gústame facer cousas novas, viaxar e xogar cos meus animais.

Así son eu!                                     

Andrea

Page 24: Así son eu

PRESENTACIÓN

Eu chámome Alina e teño 10 anos.vivo en Pedras, número 17, (Ames). Gústame moito patinar e facer deporte e tamén xogo cos meus amigos que se chaman CarlaC e Elena. Ás veces, xogo cos meus veciños, Martiño e Bento; xogamos na miña casa. A miña casa é moi grande; ten unha finca tamén grande e, a veces, xogo ás agochadas.Eu non teño animais pero os veciños déixannos xogar co seu gato, que se chama Mouriño. E cando se van de vacacións, déixannolo quedar para que nós o coidemos.

Alina

Page 25: Así son eu

ASÍ SON EUChámome Adríán e vivo en Piñeiro (Ames). Teño 9 anos e vou ao colexio de Barouta.Vivo nunha casa grande con meus pais e mais unha cadela.Cando chego da escola chamo por teléfono a Raúl para facer os deberes. A veces vou eu para a súa casa e a veces vén el para a miña.Gústanme os animais, por iso adoptamos a cadela que temos na casa.No meu tempo libre gústame facer deporte, como o fútbol, pero co brazo escaiolado non podo xogar. Tamén me gusta xogar á consola e ver a tele.Estou nun equipo de fútbol (S.D. Dubra). Os martes e os venres temos que ir adestrar, e os domingos temos os partidos.Polo verán gústame moito ir á praia, pero este ano meus pais mercaron unha piscina moi grande, así que xa non fun tanto á praia.Os meus pratos favoritos son o pescado con patacas, a lasaña e a tortilla.

Adrián

Page 26: Así son eu

QUEN SON EUNACIN EN SANTIAGO DE COMPOSTELA UN, 24 DE DECEMBRO E PESEI CASE 4 KG. AGORA, DENTRO DE 3 MESES, VOU CUMPRIR 10 ANOS.

VIVO NO CONCELLO DE AMES E LEVO DESDE OS 3 ANOS NO C.E.I.P BAROUTA.

ESTE ANO CURSO QUINTO DE PRIMARIA É O QUINTO ANO QUE NOS TOCA COA PROFE TERE E ESTOU MOI CONTENTA DE TELA OUTRO ANO MÁIS PORQUE ME AXUDA MOITO.

TEÑO O PELO NEGRO, OLLOS AZUIS, PEL BRANQUIÑA E ALGUNHA QUE OUTRA PECA.

SABES XA QUEN SON?

UXÍA