así comeza “os fillos do capitan grant, de xulio verne
DESCRIPTION
“O día 26 de xullo de 1864 navegaba pola Canle do Norte a todo vapor un magnífico iate con bo tempo e forte nordés…..O iate, bautizado co nome de Duncan, pertencía a Lord Glenervant, un dos dezaseis pares de Escocia que tiñan asento na Cámara dos Lores…”. - PowerPoint PPT PresentationTRANSCRIPT
![Page 1: Así comeza “OS FILLOS DO CAPITAN GRANT, de Xulio Verne](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081419/56815448550346895dc259b6/html5/thumbnails/1.jpg)
“O día 26 de xullo de 1864 navegaba pola Canle do Norte a todo vapor un magnífico iate con bo tempo e forte nordés…..O iate, bautizado co nome de Duncan, pertencía a Lord
Glenervant, un dos dezaseis pares de Escocia que tiñan asento na Cámara dos Lores…”
Así comeza “OS FILLOS DO CAPITAN GRANT, de Xulio Verne
![Page 2: Así comeza “OS FILLOS DO CAPITAN GRANT, de Xulio Verne](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081419/56815448550346895dc259b6/html5/thumbnails/2.jpg)
NAVEGANDO APARECE UNA RARA ESPECIE DE QUENLLA, COÑECIDA COMO “PEIXE BALANZA” OU PEIXE MARTELO, de maneira que PROCURAN PESCALA:
• “A pesca estaba terminada; nada había que temer do monstruo; quedaba satisfeita a vinganza pero non a curiosidade dos mariños. En efecto, é costume en todos os navíos rexistrar o bandullo da quenlla. Os mariñeiros, que coñecen a súa voracidade, esperan sempre unha sorpresa…..”
![Page 3: Así comeza “OS FILLOS DO CAPITAN GRANT, de Xulio Verne](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081419/56815448550346895dc259b6/html5/thumbnails/3.jpg)
A quenlla ten no seu bandullo UNHA BOTELLA con tres documentos borrosos
en diferentes linguas, que parecen dar conta da posición duns náufragos.
![Page 4: Así comeza “OS FILLOS DO CAPITAN GRANT, de Xulio Verne](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081419/56815448550346895dc259b6/html5/thumbnails/4.jpg)
Pero nos documentos falta unha coordenada: A LONXITUDE( DISTANCIA EN GRAOS AO MERIDIANO 0º OU DE GREENWICH).
• O Capitán Grant e os demais náufragos do Buque Britania, podían estar en calquera punto ao longo do paralelo 37º latitude Sur....
Aínda así, Lord Glenervant e Helena, a súa muller, comprométense a axudar aos fillos do naufrago, María e Roberto Grant na busca do seu pai.....
![Page 5: Así comeza “OS FILLOS DO CAPITAN GRANT, de Xulio Verne](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081419/56815448550346895dc259b6/html5/thumbnails/5.jpg)
E esta será a ruta que seguirá o Duncan
Da costa próxima a Glaswow á Costa chilena, no Pacífico, onde
consideran que puido ser o naufraxio.
![Page 6: Así comeza “OS FILLOS DO CAPITAN GRANT, de Xulio Verne](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081419/56815448550346895dc259b6/html5/thumbnails/6.jpg)
O Duncan costea os arqupélagos de MADEIRA....
• Son illas de orixe volcánica descubertas en 1419 por Joao Gonsalvez Zarco. Na actualidade vive fundamentalmente do turismo. É territorio portugués. É famoso o seu viño.
• Ten unha orografía bastante accidentada.
•
![Page 7: Así comeza “OS FILLOS DO CAPITAN GRANT, de Xulio Verne](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081419/56815448550346895dc259b6/html5/thumbnails/7.jpg)
...As Canarias, avistando o maxestoso Teide... • Coñecida internacionalmente como ”illa da
eterna primavera” polo seu clima é un dos destinos turísticos por excelencia dos europeos.
• Debe o seu nome ós seus aborixens: TENE=“Montaña IFE=“Branca”.
• OTeide (3718m.) É o punto máis elevado de toda España. A súa última erupción foi en 1909.É o terceiro volcán en altura do mundo. O seu nome orixinal era “ECHEIDE”, que significa”inferno”.
![Page 8: Así comeza “OS FILLOS DO CAPITAN GRANT, de Xulio Verne](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081419/56815448550346895dc259b6/html5/thumbnails/8.jpg)
...Cabo Verde, perto da costa centro-africana, para poñer rumbo América...
Republica Independiente de Cabo Verde.EStas illas
foron poboadas por portugueses.
Desenvolveron dede aí o comercio de escravos.
![Page 9: Así comeza “OS FILLOS DO CAPITAN GRANT, de Xulio Verne](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081419/56815448550346895dc259b6/html5/thumbnails/9.jpg)
Xa na costa sur de Arxentina intérnanse no estreito de Magalláns
![Page 10: Así comeza “OS FILLOS DO CAPITAN GRANT, de Xulio Verne](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081419/56815448550346895dc259b6/html5/thumbnails/10.jpg)
Fernán de Magalláns(1480-1521)• Navegante Portugués o servizo da
coroa española que descubriu unha nova ruta a través do continente americano para chegar as illas Molucas, en Asia, e comerciar coas especies, tan preciadas en Europa. O estreito descuberto recibiu o seu nome. A súa viaxe demostrou empiricamente que a terra era redonda. Das cinco naves que partiron só regresou unha, de perto de douscentos mariños regresaron só dezaoito. O propio Magalláns morreu. Foi Juan Sebastián “el Cano” que conduciu a nave de regreso, costeando Asia, o Índico e África ata San Lucas de Barrameda, en Huelva EN 1521. Era unha rota perigosa, dominada polos portugueses, amparados polo Tratado de Tordesillas.
![Page 11: Así comeza “OS FILLOS DO CAPITAN GRANT, de Xulio Verne](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081419/56815448550346895dc259b6/html5/thumbnails/11.jpg)
VOLVAMOS A NOSA HISTORIA: “O 25 de setembro o Duncan atopábase á altura do estreito de Magalláns no que se internou...”
Desde cen anos antes da redacción desta novela comezou a emigración masiva de galegos á Patagonia. Hai datos desta colonización como mínimo desde 1773 en que a fragata Nuestra Señora del Carmen leva 83 colonos galegos. Ribadavia, Río Gallegos son topónimos que non deixan lugar a dúbidas sobre esta colonización.
![Page 12: Así comeza “OS FILLOS DO CAPITAN GRANT, de Xulio Verne](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081419/56815448550346895dc259b6/html5/thumbnails/12.jpg)
Chegan por fin á Costa chilena á altura dos 37º. Pero é de balde. Non atopan rastros do
buque “Britania”. • Deciden , mapa en man, atravesar
América desde Telcahuano á punta Medano, en Arxentina. Subir os Andes polo paso do volcán Antuco, atravesar a Pampa entre o río Colorado e Negro.
![Page 13: Así comeza “OS FILLOS DO CAPITAN GRANT, de Xulio Verne](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081419/56815448550346895dc259b6/html5/thumbnails/13.jpg)
Volcán de Antuco, nos Andes que atravesa de norte a Sur o continente por sete países.
Máis de 7.500 km.
![Page 14: Así comeza “OS FILLOS DO CAPITAN GRANT, de Xulio Verne](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081419/56815448550346895dc259b6/html5/thumbnails/14.jpg)
Na baixada da cordilleira sofren un terremoto
-alerta!- berrou.
Os seus compañeiros xa despertos foron arrastrados por unha rápida pendente. Amencia. A escena foi horrible.A forma das montañas cambiaron de súpeto, tremeron os picos.Un macizo de varias millas esgallou por completo, esvarando cara´á chaira.
![Page 15: Así comeza “OS FILLOS DO CAPITAN GRANT, de Xulio Verne](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081419/56815448550346895dc259b6/html5/thumbnails/15.jpg)
Despois Roberto Grant será apresado por un cóndor e posteriormente salvado por un indíxena que os guiará pola Pampa.
![Page 16: Así comeza “OS FILLOS DO CAPITAN GRANT, de Xulio Verne](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081419/56815448550346895dc259b6/html5/thumbnails/16.jpg)
... Sufrirán un ataque nocturno de lobos vermellos, ou aguarás...
![Page 17: Así comeza “OS FILLOS DO CAPITAN GRANT, de Xulio Verne](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081419/56815448550346895dc259b6/html5/thumbnails/17.jpg)
... riadas....
![Page 18: Así comeza “OS FILLOS DO CAPITAN GRANT, de Xulio Verne](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081419/56815448550346895dc259b6/html5/thumbnails/18.jpg)
Unha enorme vagada inundaba a chaira converténdoa en mar. ..Os toros arrincados formaban insuas...os grandes ríos da Pampa romperan os diques e, se cadra,
daquela, as augas do Colorado, ao Norte e do Negro, ao sur, corrían nun leito común..
OMBÚ: Nesta árbore da Pámpa sobreviven á riada, facendo “vida de paxaro”
![Page 19: Así comeza “OS FILLOS DO CAPITAN GRANT, de Xulio Verne](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081419/56815448550346895dc259b6/html5/thumbnails/19.jpg)
Pero a travesía americana resullta un fracaso. Cando alcanzan a costa atlántica de Arxentina, onde espera de novo o “Duncan”, non
teñen rastro do Capitán Grant e dos náufragos do “Britania”...
.... Unha nova conxectura lévaos ata Australia, pasado por un par de illas, costeando O cabo de Boa Esperanza, en África...
![Page 20: Así comeza “OS FILLOS DO CAPITAN GRANT, de Xulio Verne](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081419/56815448550346895dc259b6/html5/thumbnails/20.jpg)
En Australia entran en contacto co Ayrton, vello tripulante de Grant quen os guía polo paralelo 37º, sur. Pero Ayrton resulta ser un traidor que pretende facerse co Duncan
para axudar a “convitos” britanicos para fuxir de Australia....
![Page 21: Así comeza “OS FILLOS DO CAPITAN GRANT, de Xulio Verne](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081419/56815448550346895dc259b6/html5/thumbnails/21.jpg)
De maneira que, cando chegan ao punto on de debería estar o Duncan non lles queda mais remedio que mercar outro barco para regresar, rumbo América....
![Page 22: Así comeza “OS FILLOS DO CAPITAN GRANT, de Xulio Verne](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081419/56815448550346895dc259b6/html5/thumbnails/22.jpg)
Comeza así a terceira parte de Os fillos do..., sen dúbida a máis movida: encallarán en Nova Zelanda, daquela semiexplorada. Serán apresados polos maorís e otras tribos que practican o canibalismo.
Conseguirán refuxiarse nun cemiterio sagrado e por fin alcanzan a costa oeste, onde O Ducan reaparece como por milagre, con Ayrton feito preso....
![Page 23: Así comeza “OS FILLOS DO CAPITAN GRANT, de Xulio Verne](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081419/56815448550346895dc259b6/html5/thumbnails/23.jpg)
Por certo.... Nova Zelandia está nas nosas antípodas. Os nosos quives e as nosas quiveiras veñen de alá.... E boa parte dos deseños dos
tatoós. Hoxe é , ademais, un país económica e politicamente avanzado....
![Page 24: Así comeza “OS FILLOS DO CAPITAN GRANT, de Xulio Verne](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081419/56815448550346895dc259b6/html5/thumbnails/24.jpg)
Por exemplo: en 1893 Nova Celandia converteuse no primeiro país do mundo en outorgar o sufraxio feminino sen restricións, grazas ao movemento liderado por Kate Sheppard, aínda que ás
mulleres só se lles permitía votar pero non presentarse a eleccións. Máis recentemente, desde 1919, as neocelandesas tiveron o dereito a ser elixidas para un cargo político. Actualmente a
gobernadora xeral, a primeira ministra e a xefa estranxeira de Estado son mulleres.Este país transformouse nun dominio independente en 1907. A independencia foi cedida polo
Parlamento do Reino Unido co Estatuto de Westminster en 1931 e foi adoptado polo Parlamento de Nova Celandia en 1947. Desde entón, é un estado independente.
![Page 25: Así comeza “OS FILLOS DO CAPITAN GRANT, de Xulio Verne](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081419/56815448550346895dc259b6/html5/thumbnails/25.jpg)
Será por fin nun illote volcánico en formación e descoñecido en moitos mapas (a illa de Santa Teresa) onde atopen a Grant e aos outros
dous tripulantes do Britania.
![Page 26: Así comeza “OS FILLOS DO CAPITAN GRANT, de Xulio Verne](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081419/56815448550346895dc259b6/html5/thumbnails/26.jpg)
Aquí acaba “Os fillos do Capitan Grant”, de Xulio Verne autor de moi coñecidas novelas de aventuras e ciencia ficción:
• Viaxe á lúa.• Viaxe ao Centro da Terra.• Vinte mil leguas baixo os mares.• Miguel Strogoff....• E moitas máis......
![Page 27: Así comeza “OS FILLOS DO CAPITAN GRANT, de Xulio Verne](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081419/56815448550346895dc259b6/html5/thumbnails/27.jpg)
Por certo, non deixa de ser curiso que aproximadamente nesta mesma rexión que atopan a Grant os personaxes desta ficción, morrera Magalláns, navegante e aventureiro na realidade. Pero xa sabemos que a precisión na
latitude e na lonxitude, neste vasto mundo é importante...
• ...E TAMÉN A PRECISIÓN NO TEMPO... Por iso a Historia e a
• XEOGRAFÍA...
• ...Por non falarmos xa da distinción entre o que é Historia e o que é ficción.
![Page 28: Así comeza “OS FILLOS DO CAPITAN GRANT, de Xulio Verne](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081419/56815448550346895dc259b6/html5/thumbnails/28.jpg)
• Esta viaxe foi realizada , con ventos máis ou menos favorables por:
• Tania Arufe Fernandez, Paola Folgar Peláez, Alejandro Fontáns Camiño, Emma Garabal Suárez, Miguel López Meirama, Ángel Mourelos Rodríguez, alumnos de 3º D.C. Do IES de BRIÓN e o seu profesor Xavier Lorenzo Tomé, no curso 2007-8.