asesinato profe mates

2
25 NOVEMBRO 2013 Jordi Sierra i Fabra é un escritor español nado en Barcelona en 1947 que destaca pola varieda- de de temáticas e rexistros na súa narrativa. Autor precoz, comezou a escribir aos 8 anos e aos 12 escribiu a súa primeira novela longa . En 1970 abandonou os estudos para traballar como comentarista musical profesional. En 2012 superou os 10 millóns de libros vendi- dos en España. Ten unha extensa obra que en 2012 alcanza os 420 libros publicados. Nos últimos 25 anos as súas obras de literatura infantil e xuvenil publicáronse en España e América Latina. En 2004 creou a Fundació Jordi Sierra i Fabra en Barcelona e a Fundación Taller de Letras Jordi Sierra i Fabra en Medellín (Colombia), como culminación a toda unha carreira e ao seu compromiso ético e social SIERRA I FABRA NA NOSA BIBLIOTECA CLUB DE LECTURA “Laretiñas” IES POETA AÑÓN 3L 4S3S1N4TO D3L PROF3SOR D3 M4T3M4T1C4S O AUTOR : Jordi Sierra i Fabra ARGUMENTO Este libro cóntanos a historia de tres amigos: Adela, Luc e Nico que tiñan problemas coas matemáticas. Cando suspenderon o último exame de matemáticas do curso, o seu profesor Felipe Romeu( Feli) decidiu darlles unha segunda oportunidade. Tratá- base dunha gymkhana matemática que consistía en oito proble- mas a resolver e sete probas de enxeño ou acertixos encadea- dos. O obxectivo das probas era descubrir ao autor do asasinato do profesor, á vez que os alumnos poñían en funcionamento as súas aptitudes matemáticas, o cal permitiríalles aprobar a asigna- tura. Ao día seguinte de coñecer o seu suspenso en matemáticas, o profesor preséntase ante eles envolto en sangue e moribundo dicíndolles que o seu suposto asasino disparoulle de verdade e que tiñan que deterlle antes de que puidese escapar. Se lograsen superar o xogo non só aprobarían a asignatura senón que, tamén descubrirían ao autor do asasinato.

Upload: ies-poeta-anon

Post on 08-Apr-2016

243 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

Guía de lectura (ClubLectura IES Poeta Añón-Outes)

TRANSCRIPT

Page 1: Asesinato profe mates

25 NOVEMBRO 2013

Jordi Sierra i Fabra é un escritor español nado

en Barcelona en 1947 que destaca pola varieda-

de de temáticas e rexistros na súa narrativa.

Autor precoz, comezou a escribir aos 8 anos e

aos 12 escribiu a súa primeira novela longa .

En 1970 abandonou os estudos para traballar

como comentarista musical profesional.

En 2012 superou os 10 millóns de libros vendi-

dos en España. Ten unha extensa obra que en

2012 alcanza os 420 libros publicados.

Nos últimos 25 anos as súas obras de literatura

infantil e xuvenil publicáronse en España e

América Latina.

En 2004 creou a Fundació Jordi Sierra i Fabra

en Barcelona e a Fundación Taller de Letras

Jordi Sierra i Fabra en Medellín (Colombia),

como culminación a toda unha carreira e ao

seu compromiso ético e social

SIERRA I FABRA NA NOSA BIBLIOTECA

CLUB DE LECTURA “Laretiñas”

IES POETA AÑÓN

3L 4S3S1N4TO D3L

PROF3SOR D3

M4T3M4T1C4S

O AUTOR : Jordi Sierra i Fabra

ARGUMENTO

Este libro cóntanos a historia de tres amigos: Adela, Luc e Nico

que tiñan problemas coas matemáticas. Cando suspenderon o

último exame de matemáticas do curso, o seu profesor Felipe

Romeu( Feli) decidiu darlles unha segunda oportunidade. Tratá-

base dunha gymkhana matemática que consistía en oito proble-

mas a resolver e sete probas de enxeño ou acertixos encadea-

dos. O obxectivo das probas era descubrir ao autor do asasinato

do profesor, á vez que os alumnos poñían en funcionamento as

súas aptitudes matemáticas, o cal permitiríalles aprobar a asigna-

tura. Ao día seguinte de coñecer o seu suspenso en matemáticas,

o profesor preséntase ante eles envolto en sangue e moribundo

dicíndolles que o seu suposto asasino disparoulle de verdade e

que tiñan que deterlle antes de que puidese escapar.

Se lograsen superar o xogo non só aprobarían a asignatura

senón que, tamén descubrirían ao autor do asasinato.

Page 2: Asesinato profe mates

A ORIXE DAS MATEMÁTICAS

As matemáticas, como calquera outro avance

na historia da humanidade, parte das necesidades do

ser humano de contar, medir e determinar a forma de

todo aquilo que lle rodeaba.

As primeiras evidencias dun sistema decimal,

a aparición de ángulos rectos e formas xeométricas

complexas como conos ou cilindros, así como regras

con subdivisións pequenas e precisas para establecer

medicións pódense datar na India en torno ao 3000

a.C.

Logo chegarían as civilizacións sumeria, exip-

cia e grega, con avances de sobra coñecidos.

Gustouche o libro?

Odias ti as Matemáticas?

Que pensas da actitude do profesor de dar unha segunda oportunidade aos que fallaron?

Pensas que é necesario estudar as Matemáti-cas?

Consideras que as Matemáticas son necesarias para a nosa vida diaria?

A algún de vós lle gustaría estudar Matemáti-cas?

Como definirias aos principais personaxes: Feli-pe Romero (o profesor de Matemáticas), Adela, Nico e Luc.

Que opinas da actitude comprensiva do

profesor?

É importante unha segunda oportunidade?

En que casos ?

Que aficións ten cada un dos amigos?

Recordas onde localizaron os sobres cas

pistas?

Pensas que “a unión fai a forza”?

O esforzo e a constancia son importantes para levar a cabo calquera tarefa?

O profesor valora o potencial de cada alumno/a, a ti acontéceche mesmo?

Hai algunha personaxe polo que amoses máis simpatía?

Esperabas este final?Sorprendeuche?

TEMAS A TRATAR AS MATEMÁTICAS NA ACTUALIDADE

Existe certa discusión acerca de se os obxectos

matemáticos, como os números e puntos, realmente exis-

ten ou simplemente proveñen da imaxinación humana.

O matemático Benjamin Peirce definiu as matemáticas

como "la ciencia que señala las conclusiones necesarias".

Por outro lado, Albert Einstein declaró que:" cuando las

leyes de la matemática se refieren a la realidad, no son

exactas; cuando son exactas, no se refieren a la reali-

dad".

Hoxe en día, as matemáticas úsanse en todo o

mundo como unha ferramenta esencial en moitos cam-

pos, entre os que se atopan as ciencias naturais, a enxe-

ñaría, a medicina e as ciencias sociais, e incluso discipli-

nas que, aparentemente, no están vinculadas con ela,

como a música (por exemplo, en cuestións de resonancia

harmónica). As matemáticas aplicadas, rama das mate-

máticas destinada á aplicación dos coñecementos mate-

máticos a outros ámbitos, inspiran e fan uso dos novos

descubrimentos matemáticos e, en ocasións, conducen

ao desenvolvemento de novas disciplinas. Os matemáti-

cos tamén participan nas matemáticas puras, sen ter en

conta a aplicación desta ciencia, aínda que as aplica-

cións prácticas das matemáticas puras soen ser descu-

bertas co paso do tempo.