as revolucións rusas e a formación da urss

4

Click here to load reader

Upload: quiquehs

Post on 18-May-2015

264 views

Category:

Education


2 download

DESCRIPTION

Resume sobre as revolucións rusas de 1917, os seus antecedentes e o proceso de formación da URSS nos períodos de Lenin e Stalin. 4º de ESO

TRANSCRIPT

Page 1: As revolucións rusas e a formación da URSS

As revolucións rusas e a formación da URSS.

A revolución de outubro de 1917 instaurou en Rusia un sistema alternativo ao capitalismo e aoliberalismo político, o socialismo soviético. Paradoxicamente, esta revolución tivo lugar nun paíscunhas condicións que non semellaban, segundo a teoría marxista, as máis axeitadas.

Rusia a comezos do século XX.

Economicamente, Rusia era un país esencialmente agrario . A tardía industrializacióndo país, comezada na década de 1890, concentrárase nalgunhas rexións (San Petersburgo,Moscova, Polonia, os Urais) e nuns poucos sectores (minería, industria pesada). O papel do Estado ea inversión estranxeira foran fundamentais no seu avance.

O país presentaba enormes desigualdades e unha aguda conflitividade sociais . Asminorías privi lexiadas (nobreza terratenente, burocracia estatal, clero ortodoxo) contrastabanfortemente coa maioría campesiña, pobre e necesitada de terras. A burguesía e as clasesmedias eran moi débiles. O proletariado fabril, escaso pero moi concentrado, sufría unhasdurísimas condicións de vida e traballo.

O territorio do Imperio ruso, o Estado máis extenso do planeta , estaba habitado porunha poboación moi heteroxénea dende o punto de vista étnico-cultural. Os rusos a penasrepresentaban a metade dos seus habitantes. A axitación nacionalista acadara forza entrealgunhas comunidades do imperio (polacos, fineses, ucraínos, xeorxianos, armenios...)

Dende o punto de vista político, Rusia era unha autocracia. Este réxime caracterizábase polaconcentración do poder en mans do tsar , o non recoñecemento das liberdades e dereitosindividuais e a falla de auténticas institucións representativas. Nicolas II, o derradeiro dos Romanoventronizado en 1894, amosaría non ter as aptitudes necesarias para facer fronte ás complicadascircunstancias nas que lle tocaría reinar.

A heteroxénea oposición política estaba fortemente perseguida. Dentro dela podemosdistinguir fundamentalmente tres sectores:

• Os liberais, apoiados por sectores da nobreza a burguesía e as clases medias, aspiraban ainstaurar en Rusia un réxime constitucional segundo o modelo das monarquías da Europaoccidental. A súa principal organización política foi o Partido Constitudional Democráticoou kadet, creado en 1905.

• Os populistas, defensores do campesiñado e da comunidade rural, organizáronse noPartido Socialista Revolucionario ou eserita, fundado en 1902.

• Os marxistas buscaron o apoio do proletariado fabril. En 1898 formaron o PartidoObreiro Socialdemócrata. Dende 1903, aparecen divididos entre un sector moderado,reformista, os menxeviques, e os revolucionarios radicais, bolxeviques, liderados por Lenin.

A revolución de 1905.

O sistema autocrático veuse moi afectados polos episodios revolucionarios de 1905, nos queparticiparon diferentes sectores sociais e políticos. Na xestación da revolución incidiron diferentescausas: unha grave crise económica, a conseguinte agudización dos conflitos sociais(folgas obreiras, levantamentos campesiños) e a derrota rusa na guerra co Xapón (1904-1905), que puxo de relevo a incompetencia das autoridades tsaristas . A masacre dodomingo vermello , perpetrada en San Petersburgo pola garda imperial sobre unhamanifestación obreira pacífica en xaneiro de 1905, contribuiu á xeralización das protestaspopulares. O amotinamento dalgunhas unidades militares agravou a situación. En moitos lugares,incluída a capital imperial, apareceron os primeiros soviets , consellos locais formados porrepresentantes elixidos por obreiros, soldados e campesiños, para dirixir as accións de protesta.

Ante a gravidade da situación, o tsar veuse na obriga de prometer a concesión de reformas

1

Page 2: As revolucións rusas e a formación da URSS

A revolución rusa e a formación da URSS

(Manifesto de Outubro). Sen embargo, unha vez restablecida a orde a finais de 1905, as promesasvíronse recortadas: a Duma (parlamento) tivo escasos poderes; as liberdades foron moirestrinxidas, a reforma agraria do ministro Stolipin tivo un alcance moi limitado e non neutralizouas demandas campesiñas. Ficou instaurado un sistema pseudoconstitucional que a penaslimitaba os poderes do tsar. Para a oposición socialista, a revolución de 1905 constituiría unhavaliosa experiencia dende o punto de vista teórico e práctico.

As revolucións de 1917.

Resulta imposible explicar o acontecido en Rusia entre febreiro e outubro de 1917 sen ter enconta os efectos da Gran Guerra sobre o imperio tsarista:

• O conflito representou para Rusia unha total desfeita militar : as derrotas ante osexércitos das potencias centrais, sobre todo ante as tropas xermanas, provocaronenormes perdas territoriais (Polonia, Bielorrusia, Lituania), materiais e humanas e adeterioriación da disciplina militar (actos de desobediencia, desercións, motíns).

• As consecuencias económicas foron tamén moi graves. A mobilización de millóns decampesiños contribuiu á caída da produción agrícola . A produción industrial e osistema de transportes reorientáronse cara o esforzo de guerra . O conseguintedesabastecemento das cidades produciu subas de prezos e fame. O gasto bélicoxerou uns crecentes déficit e endebedamento públicos e contribuiu á inflación.

• O descontento popular traduciuse nun forte estourido social : folgas obreiras,levantamentos campesiños, motíns militares, protestas populares.

• A gravidade dos problemas puxo de relevo a incompetencia do goberno, os mandosmilitares e do propio Nicolas I I , rodeado dunha corte onde o influxo do sinistroRasputín provocaba unha forte controversia.

A comezos de 1917, as folgas estendéronse polas grandes fábricas da capital imperial,rebautizada Petrogrado. A finais de febreiro, unha serie de manifestacións populares contraa fame e a guerra (pan e paz) precipitaron os acontecementos. Cando os soldados se negaron adisparar contra os manifestantes e mesmo se sumaron ás protestas a situación tornouse explosiva.Políticos liberais da Duma, figuras da Corte e mandos militares comezaron a manobrar para forzara renuncia de Nicolas II. Finalmente, o 2 de marzo, o tsar abdicou no seu irmán o gran duqueMiguel pero este rexeitaría aquel envelenado ofrecemento.

A revolución de febreiro de 1917 significou a fin da autocracia. O poder foi asumidoformalmente polo Goberno provisional emanado da Duma e formado inicialmente por políticosliberais (Luov, Miliukov) máis un socialista moderado (Kerenski). Máis tarde incorporaríanse a elmenxeviques e eseritas. Ao mesmo tempo constituíase o soviet de Petrogrado, formado porrepresentantes dos obreiros e soldados da capital. O seu exemplo non tardaría en espallarse portódalas cidades, aldeas e unidades militares do imperio. Deste xeito, no lugar do vello réximeaparecía unha dualidade de poder, nacida da contraposición Goberno Provisional-soviets.

O Goberno Provisional recoñeceu os dereitos e liberdades individuais, prometeu amplasreformas sociais, o reparto das terras entre os campesiños e a convocatoria dunha AsembleaConstituínte elixida por sufraxio universal para decidir o futuro do país. Pero a decisión demanter a Rusia na guerra mundial converteu en papel mollado as súas promesas. Osproblemas económicos, sociais e militares non se resolveron e as reformas adiáronse. Polo tanto, aposición dos socialistas moderados (menxeviques e eseritas) entre os sectores populares e nossoviets foise debilitando. Os bolxeviques, baixo a dirección de Lenin, habían ser os grandesbeneficiarios da situación. As súas propostas (paz, terra e todo o poder para os soviets) resumían asdemandas populares e déronlles a maioría nos soviets. Tras o fracasado do golpe de Estado doxeneral Kornilov contra o Goberno provisional (agosto de 1917) estaban preparados para aconquista do poder.

O 25 de outubro de 1917, un levantamento armado bolxevique organizado por Trotski

2

Page 3: As revolucións rusas e a formación da URSS

A revolución rusa e a formación da URSS

en Petrogrado derrubaba o Goberno Provisional. O poder era asumido polo Consello deComisarios do Pobo , o goberno revolucionario presidido por Lenin, formado por bolxeviques(Trotski, Stalin) e apoiado polos soviets. Os primeiros decretos do Consello sinalaban unha novaruptura co pasado e pretendían consolidar o apoio popular aos bolxeviques:

• Confiscáronse as grandes propiedades para a súa repartición entre os campesiños .

• Estableceuse o control obreiro na industria a través de comités elixidos polostraballadores nas fábricas.

• Impúxose a estatalización da banca, os ferrocarrís e o comercio exterior .

• Proclamouse o dereito á l ibre determinación dos pobos que formaban parte doEstado ruso.

• Comezaron decontado as negociacións de paz coas potencias centrais . Aoarmisticio de decembro de 1917 seguiu o Tratado de Brest-Litovsk en marzo de 1918co que remataba a participación rusa na guerra a costa -iso si- de grandes perdas territoriaise materiais.

Mantívose a convocatoria da Asemblea Constituínte. As eleccións celebradas ennovembro de 1917 deron a maioría aos eseritas, que aínda mantiñan un importante apoio entre ocampesiñado. Os bolxeviques disolvérona pola forza sen ningunha contemplación. Axiña comezoua persecución contra todos os grupos opositores ao goberno leninista, kadets, menxeviques,eseritas...O Partido Comunista, denominación adoptada polos bolxeviques en marzo de 1918,fíxose co monopolio do poder. En xullo de 1918, o Congreso dos Sóviet, aprobaba a Constituciónda Republica Social ista Federativa Soviética Rusa (RSFSR) , nome oficial do novo Estado.

A formación da URSS: Lenin (1917-1924).

Os primeiros pasos do Estado soviético estiveron marcados pola figura do seu fundador e polaguerra civil . Entre 1918 e 1921, Rusia viviu un cruento enfrontamento armado entre as tropasbolxeviques, organizadas por Trotski no Exército Vermello , e as forzas contrarrevolucionariasdos chamabos exércitos brancos apoiados nun primeiro momento polas potencias aliadas(Francia, Gran Bretaña, Estados Unidos, Xapón).

O Exército Vermello logrou impoñerse a costa de enormes sacrificios. Dende o punto de vistapolítico, a guerra acentuou as tendencias ditatoriais do réxime soviético. Dende o punto de vistaeconómico, impúxose o comunismo de guerra , que implicou a completa estatalización daindustria e os servizos e unha política de requisa forzosa dos excedentes campesiños. O paísquedou sumido na miseria: a produción agraria e industrial caeu, a fame provocou máis de5.000.000 mortos, o descontento social estendeuse. Mesmo os mariñeiros da base naval deKronstadt, que tiveran un papel relevante na revolución, se levantaron en armas en marzo de 1921contra os goberno bolxevique. A revolta foi brutalmente reprimida pero influíu decisivamente noabandono do comunismo de guerra.

A vitoria na guerra civil permitiu a recuperación dalgúns dos territorios perdidos en 1918:Ucraína, Bielorrusia, Cáucaso..., que foron organizados como repúblicas soviéticas segundo omodelo ruso. En 1922, os seus representantes asinaban o Tratado de creación da Unión deRepúblicas Social istas Soviéticas (URSS). En 1924, aprobabase a primeira Constitución daURSS, que definía un sistema federal cun parlamento bicameral (Soviet Supremo) e un goberno(Presidium) comúns. O Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) controlaba toda a vida políticae identificábase progresivamente co aparato do Estado.

En 1921, Lenin impulsou unha Nova Política Económica (NEP). Autorizáronse a pequenaempresa privada nos sectores industrial e comercial, o libre comercio interior e os investimentosestranxeiros. Ao mesmo tempo, substituíase a requisa dos excedentes campesiños polo pago dunimposto en especie proporcional á colleita. Os resultados económicos foron moi positivos:recuperáronse a produción, sobre todo agrícola, e os intercambios e mellorou o nivel de vida da

3

Page 4: As revolucións rusas e a formación da URSS

A revolución rusa e a formación da URSS

poboación. Pero paralelamente medraron as desigualdades sociais . A NEP beneficiou sobretodo aos empresarios privados industriais e comerciais (nepmany) e aos campesiños acomodados(kulaks). Isto reavivou o debate ideolóxico no seo do Partido Comunista entre defensores(Bukharin) e detractores da NEP (Trotski), que a consideraban un paso atrás no avance cara osocialistmo.

A época estalinista (1924-1953).

A pugna polo poder desatada á morte de Lenin (1924) tivo como protagonistas a Trostki eStalin. O primeiro contaba co prestixio gañado durante a revolución e a guerra civil e coa favorableopinión de Lenin. Pero Stalin fora consolidando a súa posición no Partido dende o seunomeamento como secretario xeral (1922) e ía utilizar no seu favor as disputas entre os veteranosdirixentes bolxeviques. Stalin aliñouse nun primeiro momento en favor dos partidarios da NEP epostulou a construción do socialismo nun só país fronte a proposta trotskista da revoluciónpermanente, que animaba a exportar a revolución a outros países.

A partir de 1927, Stalin fíxose dono da situación. Trostki foi expulsado do goberno soviético edo partido (1927), deportado da URSS (1929) e, finalmente, asasinado no seu exilio mexicano(1940).

No eido político, o estalinismo significou a implantación dun réxime totalitario queatinxiu tódolos aspectos da vida soviética. O PCUS, que veu recoñecido oficialmente o seu papeldirixente na Constitución da URSS de 1936 , acadou un control completo dos órganos doEstado. O liderado de Stalin veuse reforzado ata o paroxismo. Por unha banda, a propagandaoficial converteno en obxecto dun desmedido culto á personalidade . Pola outra, desenvolveuseun amplo e eficaz aparato represivo que eliminou todo sospeitoso de oposición ao lideratoestalinista na sociedade, no Estado, no Exército Vermello e no mesmo Partido Comunista. Osgrandes procesos de Moscova (1936-1938) culminaron a purga dos disidentes, moitos delescondenados, executados, presos ou deportados aos campos de traballo forzado do Gulag . Oinstrumento fundamental da represión foi o NKVD (Comisariado do Pobo para Asuntos Interiores,policía política). Pero, nun ambiente de terror, a sospeita, a delación e a colaboración voluntaria coaparato represivo estendeuse a boa parte da sociedade. En 1938, máis de 10 millóns de persoassufriran, en maior ou menor grao, as represalias do réxime.

No tocante á política económica, o réxime estalinista impuxo coa mesma falla de escrúpulos acompleta colectivización e a rápida industrialización do país. A partir de 1928 a NEP foiabandonada e a propiedade privada dos medios de produción abolida. As terras foroncolectivizadas forzosamente e as explotacións campesiñas substituídas por grandes koljoses(granxas colectivas) ou sovjoses (granxas estatais). A resistencia de boa parte do campesiñado ácolectivización foi reprimida sen contemplacións. A caída da produción agraria e a fame, que só enUcraína provocou máis de 3 millóns de mortos en 1932-1933, non detiveron o proxecto estalinista.Ao mesmo tempo, tódalas empresas industriais e terciarias eran estatalizadas.

Introduciuse a planificación centralizada. Dende 1928, o Estado fixou a través dos plansquinquenais os obxectivos de das diferentes unidades de produción. A industria pesada, destinadaa incrementar á capacidade produtiva do país, foi claramente privilexiada respecto á produción debens de consumo, desatendendo as necesidades de consumo da poboación, e a agricultura sufriuun atraso considerable.

A costa de enormes sacrificios para a maioría da poboación, a URSS converteuse nunha granpotencia a finais da década de 1930. A produción enerxética e industrial medraraespectacularmente, construíranse grandes obras públicas, o Estado soviético contaba cunpoderoso exército... Ao mesmo tempo, consolidárase unha nova clase dirixente, a nomenklatura,constituída polos cadros dirixentes do Estado, o Partido e os organismos económicos, oposta acalquera cambio significativo no sistema construído baixo a dirección de Stalin.

4