as preguntas fundamentais da filosofíacentros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/filos/... ·...

20
Tema 2; As Preguntas fundamentais da Filosofía, páxina 1 Orixe da Filosofía Na “PREGUNTA” Que podo coñecer? Que debo facer? Que me cabe esperar? ¿Que é o ser humano? Na “resposta”: racional RAZÓN TEÓRICA RAZÓN PRÁCTICA RAZÓN INSTRUMENTAL As Preguntas Fundamentais da Filosofía 1. Introducción: Esta Unidade aborda os problemas e perplexidades propios da nosa condición humana. A Filosofía recolle aquelas preguntas que aínda continúan abertas porque non admiten ningunha solución definitiva. Son esas preguntas fundamentais que nos facemos acerca da morte, da beleza, da verdade, do tempo, da liberdade, da xustiza, etc. trátase de cuestións propias da metafísica, o coñecemento, a ética e a estética. “Non hai máis que un problema filosófico verdadeiramente serio: o suicidio. Xulgar se a vida vale ou non vale a pena vivira é responder á pregunta fundamental da filosofía. As demais, se o mundo ten tres dimensións, se o espírito ten nove ou doce categorías, veñen a continuación. [...] Se me pregunto en que podo basearme para xulgar se tal cuestión é máis apremiante que tal outra, respondo que nos actos aos que obrigue. Nunca vin morrer a ninguén polo argumento ontolóxico. Galileo, que defendía unha verdade científica importante, abxurou dela coa maior facilidade do mundo, cando puxo a súa vida en perigo. En certo sentido, fixo ben. Aquela verdade non valía a fogueira. É profundamente indiferente saber cal xira arredor do outro, se a terra ou o sol. Para dicilo todo, é unha cuestión baladí. En cambio, vexo que moitas persoas morren porque estiman que a vida non vale a pena de vivila. Vexo a outras que, paradóxicamente, fanse matar polas ideas ou as ilusións que lles dan unha razón para vivir (o que se chama unha razón para vivir é, ao mesmo tempo, unha excelente razón para morrer). Opino, en consecuencia, que o sentido da vida é a pregunta máis apremiante. Como contestala? Con respecto a todos os problemas esenciais, e considero como tales aos que poñen en perigo a vida ou os que decuplican a ansia de vivir, non hai probablemente se non dous métodos de pensamento: o de Pero Grullo e o de Don Quijote. O equilibrio de evidencia e lirismo é o único que pode permitirnos chegar ao mesmo tempo á emoción e á claridade. Se concibe que nun tema á vez, tan humilde e tan cargado de patetismo, a dialéctica sabia e clásica deba ceder o lugar, polo tanto, a unha actitude espiritual máis modesta que procede á vez do bo sentido e da simpatía.

Upload: others

Post on 25-Jul-2020

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: As Preguntas fundamentais da Filosofíacentros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/filos/... · acerca da morte, da beleza, da verdade, do tempo, da liberdade, da xustiza, etc. trátase

Tem

a 2;

As

Pre

gunta

s fu

ndam

enta

is d

a F

iloso

fía,

páx

ina

1

Orixe da Filosofía

Na “PREGUNTA”

Que podo coñecer?

Que debo facer?

Que me cabe esperar?

¿Que é o ser humano?

Na “resposta”:

racional

RAZÓN TEÓRICA

RAZÓN PRÁCTICA

RAZÓN INSTRUMENTAL

As Preguntas Fundamentais da Filosofía

1. Introducción: Esta Unidade aborda os problemas e perplexidades propios da nosa condición

humana. A Filosofía recolle aquelas preguntas que aínda continúan abertas porque non admiten ningunha solución definitiva. Son esas preguntas fundamentais que nos facemos acerca da morte, da beleza, da verdade, do tempo, da liberdade, da xustiza, etc. trátase de cuestións propias da metafísica, o coñecemento, a ética e a estética.

“Non hai máis que un problema filosófico verdadeiramente serio: o suicidio. Xulgar se a vida vale ou non vale a pena vivira é responder á pregunta fundamental da filosofía. As demais, se o mundo ten tres dimensións, se o espírito ten nove ou doce categorías, veñen a continuación. [...] Se me pregunto en que podo basearme para xulgar se tal cuestión é máis apremiante que tal outra, respondo que nos actos aos que obrigue. Nunca vin morrer a ninguén polo argumento ontolóxico. Galileo, que defendía unha verdade científica importante, abxurou dela coa maior facilidade do mundo, cando puxo a súa vida en perigo. En certo sentido, fixo ben. Aquela verdade non valía a fogueira. É profundamente indiferente saber cal xira arredor do outro, se a terra ou o sol. Para dicilo todo, é unha cuestión baladí. En cambio, vexo que moitas persoas morren porque estiman que a vida non vale a pena de vivila. Vexo a outras que, paradóxicamente, fanse matar polas ideas ou as ilusións que lles dan unha razón para vivir (o que se chama unha razón para vivir é, ao mesmo tempo, unha excelente razón para morrer).

Opino, en consecuencia, que o sentido da vida é a pregunta máis apremiante. Como contestala? Con respecto a todos os problemas “esenciais”, e considero como tales aos que poñen en perigo a vida ou os que decuplican a ansia de vivir, non hai probablemente se non dous métodos de pensamento: o de Pero Grullo e o de Don Quijote. O equilibrio de evidencia e lirismo é o único que pode permitirnos chegar ao mesmo tempo á emoción e á claridade. Se concibe que nun tema á vez, tan humilde e tan cargado de patetismo, a dialéctica sabia e clásica deba ceder o lugar, polo tanto, a unha actitude espiritual máis modesta que procede á vez do bo sentido e da simpatía.

Page 2: As Preguntas fundamentais da Filosofíacentros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/filos/... · acerca da morte, da beleza, da verdade, do tempo, da liberdade, da xustiza, etc. trátase

Tem

a 2;

As

Pre

gunta

s fu

ndam

enta

is d

a F

iloso

fía,

páx

ina

2

Sempre tratouse o suicidio como un fenómeno social. Polo contrario, aquí se trata, para comezar, da relación entre o pensamento individual e o suicidio. Un acto como este se prepara no silencio do corazón, o mesmo que unha gran obra. O propio suicida o ignora. Unha noite dispara ou se mergulle. Dun xerente de inmobles que se matou, me dixeron un día que tiña perdido á súa filla hai cinco anos e que esa desgracia lle cambiara moito, lle deixara “minado". Non se pode desexar unha palabra máis exacta. Comezar a pensar é comezar a estar minado. A sociedade non ten moito que ver con comezos. O verme atópase

no corazón do ser humano e nel hai que buscalo. Este xogo mortal, que leva da lucidez fronte á existencia á evasión fóra da luz, é algo que debe investigarse e comprenderse. Moitas son as causas para un suicidio, e, de maneira xeral, as máis aparentes non son as máis eficaces. A xente se suicida rara vez (sen embargo, non se exclúe a hipótese) por reflexión. O que desencadea a crise é case sempre incontrolable. Os xornais falan con frecuencia de “penas íntimas” ou de “enfermidade incurable”. Son explicacións válidas. Pero habería que saber se ese mesmo día un amigo do desesperado non lle falou cun ton indiferente. Ese sería o culpable, pois tal cousa pode bastar para precipitar todos os rancores e todos os cansazos.”

Albert Camus: “O mito de Sísifo” (1942)

Investiga acerca de quen era Sísifo e relaciona a súa peripecia co tema deste texto

Expresa, de modo razoado, o teu parecer co texto. Estás de acordo? Con que afirmacións? Destaca as que che parecen máis acertadas ou desconcertantes

A pesar dos cambios na nosa civilización occidental desde os gregos (co desenvolvemento da ciencia e consecuentemente na técnica en primeiro plano) existen unha

serie de problemas constantes ao longo da historia da Filosofía. Tal como declaraba Kant

na súa obra fundamental, Crítica da Razón Pura, “todos os intereses da miña razón [...] resúmense nas tres cuestións seguintes: que podo saber?, que debo facer?, que me cabe esperar?”. Estas tres cuestións intégranse nunha máis xenérica e fundamental: Que é o ser humano?.

Igual que Kant, Aristóteles xa realizara unha clasificación das distintas ramas do saber, clasificación que se correspondería cos tres tipos de preocupacións humanas.

Tipos: Actividade teórica ou theoría

Actividade práctica ou praxis

Actividade produtiva ou poiesis

Guía: Sabedoría teórica ou ciencia (contemplativa)

Sabedoría práctica ou ética (prudencia)

“Saber facer” técnico (na produción e a creación)

Exemplos: Filosofía Física

Ética Política

Música Arquitectura

Correspondencia: Razón Pura Razón Práctica Razón Instrumental

Para rematar con esta introducción, imos aclarar un par de aspectos fundamentais da Filosofía, e que serán obxecto do resto da unidade:

O concepto de “ser”: este é o concepto que máis preocupou á Filosofía durante séculos. É fundamental para definir o esencial das cousas e apuntar a verdade ou falsidade da súa existencia, é dicir, para poder establecer e recoñecer a diferenza entre o simplemente aparente e o verdadeiramente real. Del emerxe toda metafísica.

A actividade produtiva humana. Aínda que, despois de Aristóteles, foi asunto ao que os filósofos lle dedicaron pouca atención, desde o século XVII (con motivo da primeira

Page 3: As Preguntas fundamentais da Filosofíacentros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/filos/... · acerca da morte, da beleza, da verdade, do tempo, da liberdade, da xustiza, etc. trátase

Tem

a 2;

As

Pre

gunta

s fu

ndam

enta

is d

a F

iloso

fía,

páx

ina

3

Metafísica

Temas

Orixe do mundo

Inmortalidade da alma

Problema de Deus

Definición de “ser”

Descrédito actual

desde...

Perspectiva

común

Perspectiva

científica

Perspectiva

filosófica

Crítica Gnoseolóxico—

lingüística

Crítica

Ético-moral

Crítica

Histórico—política

Nova “actitude”

metafísica

“sentido da vida”

(existencialismo)

revolución industrial) e, sobre todo, a partir das últimas décadas, reclama a nosa atención con urxencia. Ten unha dobre faceta: o A acción transformadora. Está propiciada polo desenvolvemento técnico e

tecnolóxico do pasado século XX. Dá lugar a unha recente Filosofía da tecnoloxía, preocupada polas relacións entre ciencia, técnica, ética e política.

o A creación artística. Representa o aspecto de innovación e xenialidade que supón a intervención humana na reproducción da realidade ou na súa recreación. Xunto á reflexión acerca da beleza configuran a estética.

“É sempre enriquecedor observar a un neno pequeno. Pon de novo en orde as nosas ideas. Ao seu redor, os seus xoguetes debuxan unha coroa de cores. Os toma sucesiva, distraidamente, os xoguetes son só un pretexto para a súa acción. Non é a pelota a que lle divirte, se non a súa maniña que se axita en todas as direccións. Ri, descobre que ri, sinte por iso un visible pracer. Ri porque é feliz? É feliz porque ri. O fulgor da súa gargallada lle alegra e aumenta o seu xúbilo. Spinoza, filósofo panteísta do século XVII, afirma que non desexamos unha cousa porque sexa boa, se non que é boa porque a desexamos. Iso polo que se refire á risa do neno. O filósofo volta a poñer do dereito a cuestión da felicidade.

E a miúdo razoamos á inversa: se fago una fermosa viaxe, compro fermosos traxes ou acado unha situación ambicionada debería, en principio, ser feliz. Se non o son, chego á conclusión de que a felicidade non quere tratos comigo. Erro e compracencia. A felicidade nunca coincide coa idea que dela temos. A concibimos como un absoluto. Agora ben, só a experiencia lle da un contido concreto: e as nosas experiencias son forzosamente fragmentadas e pasaxeiras. A felicidade é, como dixo Kant, “un ideal da imaxinación”

Cécile Guérard, Pequena Filosofía para tempos variables, 2000

Que significa que “O filósofo volve a poñer do dereito a cuestión da felicidade”?

Que quere dicir que a felicidade “é un ideal da imaxinación”?

2. Problemas Metafísicos

Os grandes temas que marcaron a metafísica occidental durante séculos xa aparecían nas relixións e mitos que preceden ao pensamento racional: a preocupación pola orixe do mundo, a inmortalidade da alma e o problema da divinidade.

Page 4: As Preguntas fundamentais da Filosofíacentros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/filos/... · acerca da morte, da beleza, da verdade, do tempo, da liberdade, da xustiza, etc. trátase

Tem

a 2;

As

Pre

gunta

s fu

ndam

enta

is d

a F

iloso

fía,

páx

ina

4

Metafísica: Estudo das características da realidade que transcende o sensible, é dicir, do ser como esencia da realidade, así como as súas propiedades, principios e causas

Definición e evolución da metafísica

Aristóteles defendeu ao comezo seu do libro da Metafísica que “hai unha ciencia que estuda o ser en canto ser e os seus atributos esenciais”. Con isto, introduciu un tema máis xeral e abstracto no obxecto de estudo da metafísica: o da unidade e natureza do

ser. Aristóteles tamén entendeu ese ser como “o primeiro motor inmóbil” de todas as cousas.

Como consecuencia, a metafísica comezouse a entender en dous sentidos:

Nun sentido xeral, a metafísica ocuparíase do “ser en canto ser”, é dicir, de ontoloxía. A Ontoloxía é a parte da metafísica que trata do ser en xeral e das súas propiedades.

Noutro sentido, particular, a metafísica ocuparíase de “o suprasensible ou os seres que carecen de materia e son eternos”, ou sexa, de teoloxía. A teoloxía é a parte da metafísica que estuda as condicións da posible existencia da divinidade e das características da súa natureza.

Os temas da metafísica

Sen dúbida, o concepto de ser é o eixe sobre o que se construíu a

metafísica. “Ser” é un termo análogo, é dicir, que expresa en certo sentido cousas común e noutro cousas distintas. Pero, que significa “ser”? Para responder a esta pregunta debemos distinguir entre uso predicativo e uso existencial do termo.

Uso predicativo. Segundo este uso, atribuímos ao suxeito dunha proposición unha determinada cualidade, por exemplo, “Sócrates é un ser humano”, ou “Sócrates é delgado”

Uso existencial. Pode expresar simplemente a existencia ou presenza dun obxecto (ex: “Sócrates é”), pero tamén pode querer indicar o recoñecemento que identifica a un obxecto como o que é, diferenciándoo dos demais (ex: “Isto é unha rosa”)

A palabra latina substancia é a traducción da

palabra grega hipóstasis, que quere dicir “estar debaixo” ou “ser soporte” de algo- a substancia é aquilo que fai que algo sexa o que é e non outra cousa, é dicir, aquilo que identifica a algo como tal e o diferencia dos demais. Pero, de que é soporte a substancia? O termo “accidente” sería a resposta a esta pregunta, pois os accidentes son as cualidades dos corpos.

A Substancia é o que corresponde á definición propia e fundamental do obxecto. É o que permanece constante e inalterado a pesar dos cambios que poida sufrir ese obxecto. En contraposición, os accidentes son aquelas características dos obxectos que non son fundamentais para a súa configuración.

Estes conceptos de substancia e accidentes proceden de Aristóteles. Para Aristóteles a substancia é cada ser, cada cousa que existe por si, que non ten natureza accidental ou

O Ser

A substancia e os accidentes

Page 5: As Preguntas fundamentais da Filosofíacentros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/filos/... · acerca da morte, da beleza, da verdade, do tempo, da liberdade, da xustiza, etc. trátase

Tem

a 2;

As

Pre

gunta

s fu

ndam

enta

is d

a F

iloso

fía,

páx

ina

5

Esencia: (do latín “essentia”, derivado de “esse”: verbo ser) Cada ser, considerado naquilo polo que é o que é, ou sexa, no que é permanente e necesario nel para que corresponda á idea que comporta o seu nome, prescindindo dos accidentes ou notas que poden existir, cambiar ou deixar de existir nel sen que esa correspondencia se destrúa

Concepto: (do latín “concípere”: concebir) Representación abstracta (fai referencia aos trazos comúns dunha pluralidade de obxectos, prescindindo dos que non son comúns) e universal (aplícase a todos os obxectos que teñen eses trazos comúns) de obxectos aprendidos mediante o entendemento; así pois, o concepto deixa a un lado as diferencias concretas de cada individuo ou obxecto percibido (a diferenza da imaxe). Posúe unha extensión (o conxunto de obxectos que designa esta representación) e unha comprensión (conxunto de cualidades ou notas que integran esta representación).

Definición: (do latín “definire”, derivado de “finis”: límite) Expoñer o que é unha cousa (ou situación, relación, cualidade…) cunha frase que equivale exactamente en significado á palabra que designa a cousa. A definición faise empregando unha palabra de significado máis amplo que o da que se trata de definir (termo xenérico) e restrinxindo ese significado con certas especificacións que limitan a súa aplicación ao caso en cuestión (termo diferenciador ou diferenza específica).

eventual senón necesaria. A substancia é, polo tanto, todo o que ten “vida” propia, e goza de determinadas propiedades. A substancia funciona na linguaxe como o suxeito dunha frase e posúe unha única esencia xunto a unha variedade de accidentes. Cando nos preguntamos qué é algo, estamos preguntándonos pola esencia dese algo, desa cousa. Describimos a esencia das cousas definindo aquilo que esa cousa é sen a que non podería ser aquilo que é. Neste sentido esencia coincide con substancia. Se pode describir a substancia como aquilo que permanece inmutable a pesar dos cambios ou mutacións. Sinalar a esencia de algo é fácil en certos campos como as matemáticas ou a xeometría, pero non resulta fácil noutros, por exemplo definir un sentimento é moito máis complexo que definir a noción de triángulo . A substancia é ademais aquilo que soporta todos os accidentes. E accidente é aquilo que unha substancia pode ter ou non ter, esas cualidades ou características que dependen de varias circunstancias, do azar ou da diversidade individual. A idade, a beleza, o tamaño dun individuo son accidentais. Toda substancia posúe unha esencia que é necesaria e un certo número de cualidades ou características accidentais.

Como formamos os conceptos? Para algúns pensadores os conceptos se forman

por discriminación entre os diversos elementos ou características que compoñen o obxecto (ou situación ou cualidade) que queremos definir, de modo que chegamos a illar un elemento común. Este elemento común, que constituirá o concepto, debe ser o máis específico posible

Represéntase mentalmente mediante o

O seu contido explicítase na

Page 6: As Preguntas fundamentais da Filosofíacentros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/filos/... · acerca da morte, da beleza, da verdade, do tempo, da liberdade, da xustiza, etc. trátase

Tem

a 2;

As

Pre

gunta

s fu

ndam

enta

is d

a F

iloso

fía,

páx

ina

6

(para non dar cabida a obxectos, situacións/cualidades ás que non lles corresponde o concepto) e, ao mesmo tempo, estar presente en todos os obxectos (s/c) que “caen” baixo o ámbito do concepto. Outros pensadores, aínda estando de acordo con este procedemento, destacan que esta discriminación/illamento prodúcese formulando hipóteses (acerca dos atributos do concepto) que despois son comprobadas en sucesivos exemplos, de modo que a hipótese será aceptada se permite clasificar correctamente os obxectos. Se aparece un contraexemplo (un obxecto ao que usualmente lle atribuímos o concepto que non está de acordo co formulado na hipótese) verémonos obrigados a modificar a hipótese desglosando una nova lista de atributos do concepto.

Requisitos que debe cumprir unha definición: Exemplos incorrectos

O definido non debe aparecer na definición Pensar é desenvolver a capacidade de pensar

A definición ten que ser máis clara e comprensible que o definido

A angustia é unha antipatía simpatética e unha simpatía antipatética

Ten que incluír a característica esencial ou específica, sen a que o definido non sería o que é

O triángulo é unha figura xeométrica

Suficientemente amplia para incluír a totalidade dos individuos aos que se aplica o definido O teléfono é un sistema de

comunicación a longa distancia Suficientemente restrinxida como para non incluír ningún dos individuos aos que non se aplica o definido

Clases de definición: optar por unha ou outra destas depende do definido e da finalidade da definición

De xénero e da diferenza (é a modélica)

Causal Descritiva Operacional Denotativa Ostensiva

Car

acte

rís

tica

Indica a clase xeral e, dentro desta, a diferenza específica do definido

Delimita o definido indicando a súa causa ou orixe

Describe os trazos característicos

Sinala a función ou aquilo para que serve

Sinala algúns dos individuos aos que se lles pode aplicar

Amosa os obxectos os que se lle aplica

Ex Réptil: vertebrado de sangue frío e respiración pulmonar

Sarna: enfermidade cutánea producida por un parasito que vive na pel

Bufanda: prenda de vestir máis longa ca larga

Termómetro: instrumento que serve para medir a temperatura

Océanos: Atlántico, Índico, Pacífico...

Dor: esa sensación que tes onde che dei o golpe

Indica a clase á que pertence cada unha das seguintes definicións:

Terremoto: tremor de terra producido por forzas internas do globo terráqueo

Encarnado: cor disto, diso e daquilo

Tixola: recipiente de cociña, de forma circular, pouco fondo e cun mango longo

Problema filosófico: por exemplo, a cuestión corpo—mente, o sentido da existencia, etc.

Esterco: conxunto de materias orgánicas que se lles bota ás terras para que dean froito

Peixe: vertebrado acuático que respira por branquias

Depresión: estado emocional provocado pola ira reprimida

Page 7: As Preguntas fundamentais da Filosofíacentros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/filos/... · acerca da morte, da beleza, da verdade, do tempo, da liberdade, da xustiza, etc. trátase

Tem

a 2;

As

Pre

gunta

s fu

ndam

enta

is d

a F

iloso

fía,

páx

ina

7

O concepto de alma orixínase nun contexto relixioso,

como “sopro” de vida (psyché, en grego) e como imaxe dun mesmo que transcende á morte do corpo.

Os primeiros filósofos sistemáticos da historia, Platón e o seu discípulo Aristóteles estableceron de modo claro a constelación de nocións posibles acerca da alma:

Conceptos primordiais Principio de vida Principio de coñecemento racional

Quen ten alma Todos os seres vivos Só o ser humano

Unión co corpo Natural, necesaria Forzada, accidental

Inmortalidade Non, unha vez morto o corpo remata a súa función

Principais representantes

Aristóteles, e todos os gregos,

agás

Platón (e Pitágoras)

En Platón a súa teoría da alma pasa por separar dun modo tallante a alma e o corpo: a alma (que sería equivalente ao moderno concepto de mente) é vista como o prisioneiro da cárcere do corpo, que debe converterse no piloto da nave: guiar ao ser humano (o conxunto) dun modo racional mediante unha Ciencia da decisión correcta, en vez de deixar que sexa o corpo (fonte de paixóns ou desexos materiais) o que leve o timón. Nesta mesma liña incidiría séculos despois Descartes, para potenciar a autonomía e liberdade da alma respecto ás leis físicas, ineludibles, que rexen o corpo.

En canto á afirmación aristotélica de que todos os seres vivos teñen alma, debemos puntualizar que defendía a existencia de tres tipos de alma:

Tipo de alma: Vexetativa Sensitiva Racional

Posúena: Plantas Animais Ser humano

Funcións: Nutrición, crecemento e reprodución

Movemento local Percepción sensible Apetito (desexo)

Coñecemento intelectual Querer voluntario

Non se coñece ningún pobo que non teña ou tivese unha máis ou menos marcada conciencia relixiosa, pero, cal é a orixe desa

conciencia relixiosa?, cales foron as probas que se ofreceron para defender a existencia de Deus?, que obxeccións se lle presentaron? A conciencia relixiosa. Pódese marcar a orixe dunha

conciencia relixiosa a partir dos primeiros soterramentos sobre os que se teñen evidencias arqueolóxicas. Despois, ao longo da historia, observamos distintas formas de tratar aos mortos. Sen embargo, a pesar das diferenzas en crenzas e mitos, o fundamento dos nosos costumes funerarios segue sendo o mesmo: o desexo de recordo e o anhelo de inmortalidade. A partir desta evidencia, nace a idea dunha realidade transcendente e, en consecuencia, dun ser ou seres superiores.

O problema da alma

O asunto de Deus

Page 8: As Preguntas fundamentais da Filosofíacentros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/filos/... · acerca da morte, da beleza, da verdade, do tempo, da liberdade, da xustiza, etc. trátase

Tem

a 2;

As

Pre

gunta

s fu

ndam

enta

is d

a F

iloso

fía,

páx

ina

8

Probas da existencia de Deus. A demostración da existencia de Deus foi un asunto moi importante no campo do pensamento. As probas dadas ao longo da historia ódense clasificar en: Probas de tipo ontolóxico. Argumento ontolóxico defendido por San Anselmo de

Canterbury: segundo este autor Deus é “o ser maior do que nada pode pensarse”. Este ser existe necesariamente, xa que se non existise, poderíamos pensar nun ser (ao que

chamaremos ) que fose como Deus e que ademais existise. Isto produciría un

sensentido xa que, como existir é máis que non existir, este sería maior que “o ser maior do que nada pode pensarse” (Deus), o que é manifestamente imposible. Deus, polo tanto, existe. Este argumento foi criticado polo feito de que deduce a existencia a partir da idea.

Probas de tipo causal. As máis famosas son as “cinco vías” de Santo Tomé de Aquino. Todas elas teñen a mesma estrutura: pártese dun feito da experiencia (o movemento, a causalidade, a continxencia –posibilidade de ser ou non ser-, graos de perfección e orde no universo) e chégase, a través dunha cadea causal (na que nos remontamos “cara atrás” na serie de causas) que ten que ser finita, a unha primeira causa que é necesariamente Deus como primeiro motor inmóbil, primeira causa incausada, ser necesario por si mesmo, ser perfecto ou intelixencia suprema.

Movemento Todo remite a unha causa, e esta a outra anterior (é

efecto doutra causa anterior),

etc. Cn ← Cn-1 ← Cn-2

Esta cadea causal, na que o efecto

depende esencialmente da causa non pode ser infinita, polo

que:

Debe haber unha Causa 1ª

que sexa a que iniciara a

cadea:

1º motor inmóbil

Causalidade 1ª causa incausada

Continxencia Ser necesario por si mesmo

Graos de perfección

Ser perfecto

Orde do universo Intelixencia suprema

Probas de tipo ético-moral ou experimental. Apóianse na liberdade humana que esixe

a existencia dun “ser” que colme as aspiracións éticas do ser humano. Estas aspiracións non se poden alcanzar neste mundo, polo que, segundo Kant, a constatación da existencia dunha conciencia moral demostraría a existencia de Deus

Desde a vía do sentimento tamén se tratou de demostrar a existencia de Deus: se sentimos a Deus é porque Deus existe. Usualmente a este “contacto” coa divinidade chámase misticismo.

Obxecións contra a existencia de Deus. A pesar de que as crenzas relixiosas se mantiveron vixentes durante milenios, este feito non xustifica que estas crenzas sexan lexítimas. Tamén se presentaron fortes obxecións tanto ás formas populares de entender a Deus (moitas das veces de tipo supersticioso) como ás distintas argumentacións a favor da súa existencia. Así, Feuerbach apuntou que a imaxe de Deus non é máis que unha proxección

das cualidades humanas: é Deus quen está feito a imaxe e semellanza do ser humano. Freud denunciou a imaxe paternalista de Deus que subxace en toda relixión e que expresa o carácter inmaduro da personalidade relixiosa. Marx ligou o fenómeno relixioso á necesidade dos grupos de poder para xustificar o seu dominio sobre as clases populares. Nietzsche, desde unha postura radicalmente vitalista, explica que a crenza nese trasmundo e nos seus valores transcendentais nace dos sentimentos de culpa e de resentimento, inculcados pola clase sacerdotal nos espíritos dos débiles.

Page 9: As Preguntas fundamentais da Filosofíacentros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/filos/... · acerca da morte, da beleza, da verdade, do tempo, da liberdade, da xustiza, etc. trátase

Tem

a 2;

As

Pre

gunta

s fu

ndam

enta

is d

a F

iloso

fía,

páx

ina

9

Filosofía Existencialista: Sistema filosófico e cultural que ten por obxectivo a análise a descrición do sentido e contradicción da vida humana, desde unha perspectiva máis alá da perspectiva científica

Transcendente: Aquilo se se atopa por enriba da realidade, do ser; é dicir: que pertence a outro tipo de realidade externa á nosa e superior. O seu antónimo é inmanente: o que permanece, que está dentro de algo ou dos términos de algo

O descrédito actual da metafísica

A metafísica presenta a súa crise sobre todo a partir do nacemento e desenvolvemento da “nova ciencia” a partir de Galileo e Newton. Desde diferentes fontes cuestiónase esta rama da Filosofía, pero pódense distinguir tres tipos de críticas á metafísica: Crítica gnoseolóxico-lingüística: Guilerme de Occam na Idade Media xa postulou que

os conceptos da metafísica clásica eran tan só “entidades mentais” e non reais. De modo máis radical, Hume afirma que os conceptos metafísicos non teñen entidade real, pois non contan coa correspondente impresión sensorial que os lexitimaría.

Crítica ético—moral. Nietzsche denuncia que na metafísica tradicional cométese un erro básico ao crer que os valores morais non proveñen do noso mundo terreal, senón directamente de Deus; así, nega con rotundidade calquera tipo de metafísica, poir implica o menosprezo da vida

Crítica histórico—política. Segundo o marxismo, a metafísica (como a relixión) non é máis que un producto ideolóxico que ten a función de defender e encubrir os intereses de clase.

A nova actitude metafísica: o Sentido da Vida

A partir do definitivo abandono da metafísica tradicional, rexorden con forza as antiquísimas preocupacións do ser humano, máis alá do coñecemento científico. Trátase de asuntos como son a morte, o sentido da vida ou a liberdade como o punto de referencia sobre o que construír a nosa propia existencia. Dentro deste contexto de nova metafísica, debemos

apuntar sobre todo á filosofía existencialista como

corrente onde se dan cita distintos pensadores para responder con novas perspectivas ás máis vella preguntas metafísicas. Ante a busca de sentido da vida, estes pensadores dan diferentes alternativas: A vida carece de sentido. Albert Camus, representante do existencialismo nihilista,

afirma que a vida é algo absurdo, sen sentido. Camus emprega o mito de Sísifo para expresar o absurdo da existencia, que é unha secuencia de proxectos frustrados. Nin sequera o ser humano que se une a outros e se enfronta ás inxustizas ten sentido, posto que a morte dará ao traste cos seus proxectos.

A vida ten sentido. Dividiremos estas propostas en transcendentes e inmanentes.

Sentido transcendente. Deus é o creador de todo e é o fin cara ao que tende todo o existente. A felicidade que

persegue a persoa conseguiraa plenamente na súa unidade con Deus.

Sentido Inmanente. Podemos incluír aquí correntes vitalistas ou o humanismo marxista. Ambas comparten o feito de que o ser humano é froito da evolución e que non hai nada máis alá da vida sobre a Terra. O ser humano vai realizándose e desenvolvendo as súas capacidades á vez que vai dotando de sentido á súa vida.

Page 10: As Preguntas fundamentais da Filosofíacentros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/filos/... · acerca da morte, da beleza, da verdade, do tempo, da liberdade, da xustiza, etc. trátase

Tem

a 2;

As

Pre

gunta

s fu

ndam

enta

is d

a F

iloso

fía,

páx

ina

10

Utopía: Proposta dun mundo alternativo, mediante o rexeitamento das limitación e imperfeccións que caracterizan o mundo real: a imaxinación utópica pode orientar e estimular a acción sobre o mundo real con vistas a transformalo

O humanismo marxista denuncia a situación de opresión e explotación dunha parte da humanidade a mans doutra (a clase traballadora polos capitalistas). Ese feito cambiou o sentido humano do traballo e da vida. Debido a esta situación “escravizante”, o traballo converteuse nun inimigo do ser humano e toda a vida humana quedou cuberta pola sombra da alienación.

Sen embargo, o humanismo marxista deixa aberta a porta á esperanza: a loita solidaria será capaz de facer, a través da revolución, unha sociedade sen clases ao non existir propiedade privada dos medios de producción.

Nós damos sentido á vida. Fronte ás alternativas anteriores, nas que se nega que a vida teña sentido ou se aceptan sentidos xa dados de antemán, cabe unha nova alternativa: sumir o protagonismo e dar sentido á propia vida. A sociedade presenta novos retos e hai que loitar para superalos. Chegou o momento do protagonismo dos cidadáns: o sentido da existencia hai que descubrilo na nova sociedade, na participación e a solidariedade.

“O fundamento da crítica contra a relixión é: o ser humano fai a relixión, non é a relixión quen fai ao ser humano [...] Pero o ser humano non é un ser abstracto, acubillado fóra do mundo. O ser humano é o mundo dos humanos, o estado, a sociedade. Este estado, esta sociedade, producen a relixión, unha conciencia invertida do mundo, porque son un mundo invertido. [...]

A miseria relixiosa é, por unha parte, a expresión da miseria real e pola outra, a protesta contra a miseria real. A relixión é o suspiro da criatura oprimida, é o corazón dun mundo sen corazón, así como é o espírito dunha situación carente de espírito. É o opio do pobo”

Karl Marx: O capital I (1864)

Que quere dicir o autor coa expresión “conciencia invertida / mundo invertido”?

Arrisca unha interpretación das expresións paradoxais do texto

Que quere dicir o autor coa expresión “a relixión é o opio do pobo”?

Hai xa uns anos, en 1989, coincidindo casualmente coa caída do muro de Berlín e o inicio da debacle do réxime comunista dos países do Leste de Europa, Francis Fukuyama escribiu un artigo que desencadenou unha enconada polémica. Fukuyama consideraba que chegaramos a un punto no noso desenvolvemento social, económico cultural e político no que xa non é lexítima a formulación dunha utopía política. Fukuyama consideraba que xa non é posible a crenza nunha meta ou obxectivo final para a historia, tal como pensara, por exemplo, Hegel ou Marx. Eses momentos finais da historia serían unha especie de Paraíso (no caso de Marx, a sociedade comunista, sen clases sociais e sen alienación).

Segundo Fukuyama, a expansión das formas liberais, capitalistas e comunistas da nosa sociedade occidental dará lugar a que calquera outro tipo de sociedades “rematen as súas pretensións ideolóxicas de representar diferentes e máis altas formas da sociedade humana”. Fukuyama concluía coa idea de que ese tempo pos-histórico “será un tempo moi triste. A loita polo recoñecemento, a

Page 11: As Preguntas fundamentais da Filosofíacentros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/filos/... · acerca da morte, da beleza, da verdade, do tempo, da liberdade, da xustiza, etc. trátase

Tem

a 2;

As

Pre

gunta

s fu

ndam

enta

is d

a F

iloso

fía,

páx

ina

11

vontade de arriscar a vida de un mesmo por un fin puramente abstracto, a loita ideolóxica mundial que pon de manifesto bravura, coraxe, imaxinación e idealismo serán substituídos por cálculos económicos, a eterna solución de problemas técnicos, as preocupacións acerca do medio ambiente e a satisfacción de demandas refinadas dos consumidores. No período pos-histórico non haberá arte nin filosofía, simplemente a perpetua vixilancia do museo da historia humana. Podo sentir en min mesmo e ver noutros que me rodean unha profunda nostalxia polo tempo no que existía a historia.”

A postura de Fukuyama non é totalmente pesimista porque continúa: “Tal nostalxia de feito continuará alimentando a competición e o conflicto mesmo no mundo poshistórico por algún tempo. Aínda que recoñezo a súa inevitabilidade, teño os sentimentos máis ambivalentes para a civilización que foi creada en Europa en 1945 con ramais no Atlántico Norte e en Asia. Quizais esta mesma perspectiva de séculos de aburrimento na fin da historia servirá para facer que a historia comece unha vez máis”

Expresa a túa opinión razoada sobre o texto

Porque cres que Fukuyama di que “no período pos-histórico non haberá arte nin filosofía”?

A que civilización creada en 1945 pode referirse?

Localiza nun mapa distintos lugares da Terra onde as tensións relixioso-políticas ou nacionalistas xeran cruentos conflictos. Para iso podes ver, por exemplo, http://nobelprize.orh/educational_games/peace/conflictmap/index.html

3. O desenvolvemento tecnolóxico e as súas consecuencias

Actividade Transformadora

Técnica Tecnoloxía

Distinta valoraciónna historia

"Teorías científicasaplicadas"

Propia da sociedadepost-industrial

Organizacióncientífica do

traballoEspecialización Globalización

InformatizaciónSituaciónsparadoxais

Problemasecolóxicos

"Conxunto deregras para acadar

un fin"

Page 12: As Preguntas fundamentais da Filosofíacentros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/filos/... · acerca da morte, da beleza, da verdade, do tempo, da liberdade, da xustiza, etc. trátase

Tem

a 2;

As

Pre

gunta

s fu

ndam

enta

is d

a F

iloso

fía,

páx

ina

12

Tecnoloxía: Conxunto de teorías e técnicas que fan posible aproveitar de forma práctica o coñecemento científico

Técnica: Conxunto de regras adecuadas para conducir de forma eficaz unha actividade calquera

a. A “Técnica”. A súa relación coa ciencia e a sociedade

Campos de acción: Técnicas Máxicas Técnicas Racionais

Orixe: Crenzas aleatorias e dogmáticas

(relativamente) Independentes do sistema de crenzas

Características: Non se poden modificar Se poden modificar e corrixir a través dun exame crítico da súa eficacia

Poden ser:

Simbólicas

De comportamento entre os humanos

De relación entre os seres humanos e a Natureza

Problema da relación entre Ciencia, Técnica e Sociedade: tres grandes épocas ao longo da Historia:

Na antigüidade valorábase máis o coñecemento

contemplativo que o práctico. O ideal do coñecemento consistía máis na observación que na manipulación.

Dentro dos aspectos prácticos, pensábase máis na transformación persoal, ou no ámbito da ética, que na transformación técnica da Natureza.

O Renacemento é a

época dos grandes descubrimentos:

Xeográficos: intercambio entre civilizacións Telescopio: substitución do modelo

xeocéntrico polo heliocéntrico (un auténtico “terremoto” no sentir popular

Microscopio: organismos inimaxinables ata entón

Conclusión: Nova consideración da ciencia como

Saber Instrumental que intervén na Natureza

Época Premoderna:

Época Moderna:

Técnica Tecnoloxía

(só as técnicas nas que se teñen en conta os desenvolvementos científicos)

Page 13: As Preguntas fundamentais da Filosofíacentros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/filos/... · acerca da morte, da beleza, da verdade, do tempo, da liberdade, da xustiza, etc. trátase

Tem

a 2;

As

Pre

gunta

s fu

ndam

enta

is d

a F

iloso

fía,

páx

ina

13

A partir da 2ª Revolución Industrial (2ª metade do século XIX: novas fontes de enerxía, novos modos de transporte, etc)

Interdependencia Técnica e Ciencia

Isto levou a un Desenvolvemento económico, científico e tecnolóxico como nunca se

observara ata entón; e unha franca melloría nas condicións de vida das persoas. Lado negativo do progreso:

Marx considera que o sistema produtivo capitalista promove o aumento de riqueza en termos absolutos, pero agudiza a desigualdade económica entre ricos e pobres

Nietzsche critica que a organización social uniformiza cada vez máis aos individuos

A mediados do século XX nace unha conciencia ecoloxista en defensa doutro tipo de organización social e de progreso económico, alarmando do progresivo deterioro da Natureza pola acción do ser humano. Esta conciencia ten como punto de partida a publicación en 1962 de A Primavera Silenciosa, da bióloga Rachel Carson.

Fai tres columnas, colocando en cada unha delas un invento que corresponda a una idade histórica. Por exemplo: morteiro de pedra (época premoderna, Neolítico), máquina de vapor (época moderna), ordenador (época posmoderna)..

Serven os inventos para definir unha idade histórica?

“Se puidésemos despoxarnos do noso orgullo, se para definir a nosa especie non nos ativesemos estrictamente ao que a historia nos presenta como característica constante do ser humano e da intelixencia, non nos chamaríamos quizais Homo sapiens senón Homo faber”

H. Bergson: A Evolución Creadora, 1907

Que cres ti que significa homo faber?

Expón a túa opinión sobre o texto

O termo alienación significa “pérdida do que é máis propio de un”; en psiquiatría, por exemplo, “alienado” é quen perdeu a razón. Marx referiuse á alienación para describir a condición do proletariado na sociedade capitalista.

“En que consiste entón a alienación do traballo? En primeiro lugar, o traballo élle externo ao traballador, ou sexa, non pertence ao seu ser. Polo tanto, o traballador non se afirma a si mesmo no seu traballo, senón que se nega; non se sinte ben, senón a desgusto.; non desenvolve unha libre enerxía física e intelectual, senón que mortifica o seu corpo e arruína a súa mente. De aí que o traballador non se sinta seu ata que sae do traballo, e no traballo síntese enaxenado. Cando non traballa, síntese en casa; e cando traballa, fóra. De aí que o seu traballo non sexa voluntario senón forzado, traballos forzados. Polo tanto non lle satisface unha necesidade, senón que é só un medio para satisfacer

Adiantos Tecnolóxicos

Teorías Científicas

Época Posmoderna

(ciclo da mellora)

Page 14: As Preguntas fundamentais da Filosofíacentros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/filos/... · acerca da morte, da beleza, da verdade, do tempo, da liberdade, da xustiza, etc. trátase

Tem

a 2;

As

Pre

gunta

s fu

ndam

enta

is d

a F

iloso

fía,

páx

ina

14

necesidades fóra do traballo. O alleo que lle resulta vese en toda a súa pureza en canto deixa de usarse a coacción física ou outra: entón a xente escapa do traballo como da peste. O traballo externo, o traballo no que o home se extraña é unha forma de sacrificio, de mortificación [...] o traballador xa só cre obrar libremente nas súas funcións animais —comer, beber e procrear, engadindo ao sumo vivenda, aliño, etc —, mentras que nas súas funcións humanas síntese como mero animal. O animal convírtese no humano, e o humano no animal.”

Marx, Manuscritos económico-filosóficos de 1844

Separa en dúas columnas os aspectos positivos (o que debería supor o traballo, segundo Marx) e os aspectos negativos (o que representa o traballo na situación de alienación).

Que significa a alienación do traballo?

Que significa que “O animal convírtese no humano, e o humano no animal.”?

b. A sociedade postindustrial e os seus problemas

Os cambios científicos e tecnolóxicos

do século XX introduciron novas forma de vida e de traballo:

Organización científica do traballo: para rentabilizar ao máximo os tempos, esforzos, capacidades e recursos foise consolidando un sistema produtivo que ten dúas caracter´sticas comúns básicas: a exaltación da eficacia do progreso e a subordinación do individuo á cadea do sistema

Especialización: o alto nivel de esixencia profesional na actualidade obríganos a formarnos e perfeccionarnos continuamente. Con esta excesiva compartimentación dos saberes e das funcións foméntanse actitudes particularistas e, ademais, sepáranse os intereses profesionais das inquietudes éticas e políticas.

Informatización: a influenza das novas tecnoloxías de información e comunicación na nosa vida cotiá é un feito incuestionable. Trátase dun proceso en marcha que podemos recoñecer tanto na nosa vida laboral como no noso tempo de ocio.

Globalización: nas últimas décadas do século XX o considerable aumento do comercio internacional e do intercambio cultural provocou profundos cambios sociais e económicos: fusiones entre empresas (multinacionais), libre comercio mundial, etc. isto leva a unha crecente integración das distintas economías nunha única economía de mercado mundial. O moi distinto peso das nacións neste marco, coas conseguintes situacións de inxustiza, provoca a aparición dun forte e plural movemento antiglobalización (a partir sobre todo da Batalla de Seattle:, 30 de novembro de 1999) que aboga por unha globalización inclusiva, baseada na cooperación e a seguridade (sen deixar que todas as decisións as tome o mercado): Outro Mundo é Posible!

Os beneficios que o desenvolvemento tecnolóxico trouxo á sociedade provocaron tamén un conxunto de situacións que se coñecen como o Paradoxo Económico e Social:

Trazos da sociedade postindustrial

Problemas da sociedade postindustrial

Page 15: As Preguntas fundamentais da Filosofíacentros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/filos/... · acerca da morte, da beleza, da verdade, do tempo, da liberdade, da xustiza, etc. trátase

Tem

a 2;

As

Pre

gunta

s fu

ndam

enta

is d

a F

iloso

fía,

páx

ina

15

Proletarización: Proceso económico actual no que se precariza o emprego e se abandona o ideal do Estado de benestar, isto é, a idea de traballo estable para todos

- Unha enorme expansión de aparatos tecnolóxicos sofisticados, con unha facilidade para a comunicación e información inauditas, non evita que o sentimento de soidade creza no noso mundo, segundo a OMS.

- Incremento de tempo libre e grande oferta de actividades para o ocio... pero a organización e planificación do tempo libre xenera estrés

- Grandes investimentos en medicina... que non levan a un aumento significativo da esperanza de vida

A proletarización dos traballadores nos países desenvolvidos é un proceso en avance, paralelo ao aumento da miseria e mesmo da escravitude no Terceiro Mundo. En definitiva, a brecha económica entre países ricos e países pobres, así como entre unha reducidísima minoría a unha gran maioría, segue abríndose.

Consecuencias ecolóxicas. O problema máis evidente que xera e padece esta sociedade postindustrial é, sen dúbida, o ecolóxico. A contaminación e o conseguinte cambio climático, o esgotamento dos recursos enerxéticos, a implacable desaparición de especies animais e vexetais ou a modificación da paisaxe natural son temas realmente preocupantes.

Para intentar poñer remedio aos catastróficos efectos do enorme consumo enerxético, distintos países do mundo celebraron en 1997 o Cumio de Kyoto. O resultado foi un protocolo de actuación de compromiso para reducir as emisións de gases contaminantes á atmosfera.

Que fas ti para coidar o medio ambiente? Escribe unha lista coas medidas que tomas

Lee o artigo de Anita Roddick adxunto (“Vivir sin destruir”). Redacta despois unha visión (non temas que resulte utópica) acerca de que farías se foses ministro/a... do que ti prefiras

En que consiste o comercio xusto? E o “movemento Slow”?

4. En torno á Estética

Estética

BELEZA

expresión das ideas de …

BEN

VERDADE

SIMETRÍA

PERFECCIÓN DO

PRACER SENSIBLE

ARTE, caracterizado por …

ser unión de percepción e imaxinación

ser fonte de coñecemento e pracer

estar sempre abertoa novas interpretacións

mellorar a nosa sensibilidade

axudar a formar nocións máis exactas da vida

fomentar a reflexión e a tranquilidade de ánimo

favorecer a relación socialser obxecto mercantil

Page 16: As Preguntas fundamentais da Filosofíacentros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/filos/... · acerca da morte, da beleza, da verdade, do tempo, da liberdade, da xustiza, etc. trátase

Tem

a 2;

As

Pre

gunta

s fu

ndam

enta

is d

a F

iloso

fía,

páx

ina

16

Estética: Procede do grego aisthetikós, que significa “sensible”. Desde unha perspectiva etimolóxica, a estética é a capacidade que temos todos os seres humanos de recibir sensacións. Desde unha perspectiva xeral, a estética correspóndese coa parte da filosofía que se dedica ao estudio da beleza e da arte

O ser humano, xa desde a antigüidade, preocupouse e preguntouse pola beleza. Esta inquietude está estreitamente relacionada co perenne desexo humano de percibir e de crear ou expresar beleza.

a. A Beleza

Non existe unanimidade en torno á definición da beleza. Ao longo da historia ofrecéronse diversos criterios para definila, nos que se identifica a beleza co:

Ben: correspóndese co concepto grego de kalokagathía, como se presenta na teoría de Platón. Tanto beleza como ben representan ao que é “de verdade”, ao que é realmente o que parece ser.

Verdade: propia do Romanticismo. A Verdade é a manifestación obxectiva e universal, mentres que a Beleza é a súa manifestación sensible.

Simetría: a beleza consiste na orde e equilibrio (harmonía) entre as partes dun todo Perfección do pracer sensible: a

auténtica beleza consiste no sentimento do sublime, unha experiencia na que o espectador é levado a unha especie de éxtase, de axitación do espírito máis aló da dimensión cotiá.

“… porque o licor de Miss Amelia ten unha cualidade particular: sabe limpo e seco na lingua, pero unha vez dentro empeza a arder e ese lume dura moito tempo. E iso non é todo. Xa é cousa sabida que se se escribe unha mensaxe con zume de limón nunha folla de papel, non queda rastro da escritura; pero se se expón o papel ao lume, as letras se volven dun color castaño e se pode ler o escrito. Imaxinade que o whisky é o lume e que a mensaxe está oculta na alma dun home; entón comprenderase o valor do licor de Miss Amelia. Moitas cousas que teñen pasado sen que se soubera, pensamentos

Page 17: As Preguntas fundamentais da Filosofíacentros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/filos/... · acerca da morte, da beleza, da verdade, do tempo, da liberdade, da xustiza, etc. trátase

Tem

a 2;

As

Pre

gunta

s fu

ndam

enta

is d

a F

iloso

fía,

páx

ina

17

relegados ás profundidades da alma, saen de pronto á luz e se fan patentes. Un fiadeiro que non estivo pensando toda a semana máis que nos seus teares, a comida, a cama, e outra vez os teares, ao chegar o domingo bebe de aquel whisky e tropeza cun lirio silvestre. E toma o lirio na súa man, se queda contemplando a delicada corola de ouro, e de pronto se sinte invadido por unha tenrura tan viva coma unha dor. E un tecedor levanta de pronto a mirada e por primeira vez descubre o ceo radiante duna noite de xaneiro, e se sente sobrecollido de temor ao pensar na súa propia pequenez. Esas son as cosas que ocorren cando un home ten bebido o licor de Miss Amelia. Poderá sufrir, poderá consumirse de gozo; pero a verdade xa saíu á luz: xa quentou a súa alma e puido ver a mensaxe que estaba oculto nela.

Carson McCullers: A Balada do Café Triste, 1951

Neste texto descríbese a experiencia estética… cunha pequena axuda. Como poderías interpretar ti este texto? Que recursos artísticos emprega? Cales dos criterios de beleza vense reflexados nel?

Toma agora por exemplo una paisaxe: desde tres puntos de vista diferentes, describe como se percibiría desde unha actitude práctica, unha actitude teórico-cognoscitiva e unha actitude estética

b. A Arte

Nun sentido xeral, arte é todo obxecto producido polo ser humano (un obxecto natural pode ser un obxecto estético, pero non é unha obra de arte). Nun sentido restrinxido, este termo resérvase para

as belas artes (música, danza, pintura, escultura, arquitectura, literatura… cine…) fronte ás artes útiles.

A característica principal dunha obra de arte é que posúe unha función estética (foi creada para ser contemplada esteticamente). Pola contra, os obxectos das artes útiles (un vestido, un azulexo) son elaborados para cumprir unha función práctica, aínda que poidan agradar esteticamente. O produtor das artes útiles é o artesán mentres que o das belas artes é o artista. No artesán domina a técnica ou habilidade adquirida pola experiencia, no artista hai ademais unhas facultades innatas (o xenio). Sen técnica non hai arte, pero a técnica soa non basta para producir arte.

Podemos sinalar as seguintes condicións que cumpre unha obra artística:

É produto da percepción da realidade e da imaxinación do artista. A diferenza da Natureza, que crea as súas propias obras segundo leis e mecanismos predeterminados, o artista ten conciencia de estar dedicado a un proceso de transformación de ideas en imaxes.

É fonte de coñecemento e de pracer estético individual e social. Máis alá da utilidade inmediata ou remota, o obxecto artístico é fundamentalmente causa dun determinado modo de pracer e coñecemento dunha nova realidade.

Está aberto a novas interpretacións ou novas significacións. Dado o seu carácter de elemento expresivo e comunicacional, supón unha constante apertura a novas

Definición

Page 18: As Preguntas fundamentais da Filosofíacentros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/filos/... · acerca da morte, da beleza, da verdade, do tempo, da liberdade, da xustiza, etc. trátase

Tem

a 2;

As

Pre

gunta

s fu

ndam

enta

is d

a F

iloso

fía,

páx

ina

18

lecturas por parte das distintas persoas, xeracións ou épocas que contemplan unha mesma obra de arte.

Axuda a formar nocións máis exactas da vida. Grazas á arte, percibimos e entendemos a realidade máis alá da superficialidade dos costumes e rutinas.

Mellora a nosa sensibilidade. Mediante a arte, somos capaces de sentir paixóns delicadas e agradables, deixando de lado emocións rudas ou turbulentas. Ademais, libera á mente do apresuramento producido polos negocios e o interese persoal.

Fomenta a reflexión e predispón á tranquilidade. A obra artística produce un estado propicio para pensar e relaxarse, ademais dunha agradable melancolía. Estas son disposicións da mente que nos achegan ao amor e á amizade.

Favorece a relación social. A arte fomenta, sen dúbida, un intercambio de ideas e unha actitude que achega humanidade e profundidade no trato cos nosos semellantes

Destas condicións… cal che parece a máis acertada (coa que ti estás máis de acordo). Poderías indicar un exemplo concreto de cada unha delas?

O texto seguinte pertence á novela O Retrato de Dorian Gray (1890) de Óscar Wilde. Nesta obra nárrase a historia dun fermoso rapaz ao que se lle concede o desexo de permanecer sempre novo e belo, mentres que o seu retrato sofre as deformacións propias da idade, a “mala vida” e a dor.

“Porque a marabillosa beleza que tanto fascinara a Basilio Hallward, e con el a moitos máis, non pareceu abandonalo nunca. Mesmo os que escoitaron del as peores cousas, e a pesar de que cada certo tempo corresen por Londres rumores estraños sobre a súa clase de vida e chegase a ser tema de murmuración nos clubs, non podían crer a súa deshonra cando o vían. El sempre tiña o aspecto dun ser que se mantivo inmaculado no mundo. Os homes que falaban de xeito groseiro entre si calaban cando el entraba. Había algo na pureza do seu rostro que era para eles como un reproche. A súa simple presenza parecía lembrarlles a inocencia que eles mancharan. Admirábanse de que un ser tan encantador e grácil se puidese liberar da mácula dunha época que era sórdida e sensual ao mesmo tempo.

Con frecuencia, cando regresaba á súa casa despois dunha das súas ausencias misteriosas e prolongadas que deron orixe a tantas e tan raras conxecturas entre aqueles que eran os seus amigos, ou que crían selo, subía a escaleira furtivamente cara ao cuarto pechado, abría a porta coa chave que agora non abandonaba nunca e, colocándose co seu espello fronte ao retrato pintado por Basilio Hallward, contemplaba agora a perversa e avellentada cara do lenzo, e o seu rostro terso e xuvenil que lle sorría desde o espello. A agudeza do contraste facía máis viva a súa sensación de pracer.”

Explica por que á xente lle resulta difícil crer as perversidades de Dorian Gray

No texto asóciase a beleza á …………………….. e a fealdade á ……………

Cres que na actualidade, na nosa vida cotiá temos unha concepción da beleza e da fealdade similar á que se nos presenta aquí?

Reflexiona sobre se un bo retrato debe reflexar unicamente a aparencia externa do modelo ou se tamén debe reflexar o seu carácter e personalidade. Relaciona a túa resposta co argumento da novela

Page 19: As Preguntas fundamentais da Filosofíacentros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/filos/... · acerca da morte, da beleza, da verdade, do tempo, da liberdade, da xustiza, etc. trátase

Tem

a 2;

As

Pre

gunta

s fu

ndam

enta

is d

a F

iloso

fía,

páx

ina

19

Existen catro apreciacións fundamentais da arte ao longo da historia do ser humano. Cada unha destas concepcións pon a énfase nunha ou varias das condicións que acabamos de sinalar:

Arte como coñecemento: Concepción moi antiga, nace da idea de que a arte debe ser imitación da natureza. Autores modernos como Bergson non defenden esta idea de imitación, senón que estiman que a arte nos ofrece un coñecemento intuitivo da realidade. Un poema, unha novela, unha audición musical abriríannos a mente a unha comprensión máis global e profunda do mundo e de nós mesmos.

Arte como actividade práctica. Aparte do carácter terapéutico da arte, Nietzsche insistiu no seu carácter utilitario como expresión da forza do ser humano que o sitúa nun estado de plenitude e perfección próximo á divindade. Isto é así pois considera que a arte pode liberar ao ser humano dos prexuízos e convencións sociais, situándoo “máis alá do ben e do mal”

Arte como sensibilidade. Desde esta perspectiva considérase esencial o carácter sensible da arte: este non pode ofrecer un verdadeiro coñecemento, senón máis ben un maior ou menor deleite sensorial. Hume sinala, incluso, a posibilidade de perfeccionamento ético, parello á educación estética.

Arte como produto mercantil. A partir do Renacemento comézase a formar un mercado da arte, pois realízanse pinturas por encargo ou levántanse pazos para a cada vez máis florecente e acaudalada burguesía. Este proceso culmina na actualidade, xa que as obras de arte convertéronse case exclusivamente en obxecto de mercado cultural. Ademais, posuír unha determinada peza artística é signo non só de riqueza, senón tamén de estatus social.

A arte non é só produción ou creación de

obxectos belos. Máis que a forma bela, a arte busca a forma significativa, que en algunhas ocasións tende cara ao cosmos ideal e noutras ao mundo da dor e do sufrimento. Na época contemporánea, moitas vangardas tomaron a decisión de representar o feo en toda a súa antiestética verdade. A finalidade destes artistas

non era embelecer a realidade, senón desvelala en toda a súa crudeza. O seu fin non era o belo, senón o verdadeiro. Por outra parte, o abandono da mímese que acompaña toda a historia da arte europeo ten sido crucial para a apertura das artes visuais. A pintura deixa de entenderse como unha mera representación do mundo, para ser unha representación do imaxinario do artista.

Apreciación

Feísmo e arte non figurativo

Page 20: As Preguntas fundamentais da Filosofíacentros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/filos/... · acerca da morte, da beleza, da verdade, do tempo, da liberdade, da xustiza, etc. trátase

Tem

a 2;

As

Pre

gunta

s fu

ndam

enta

is d

a F

iloso

fía,

páx

ina

20

“A relación entre a arte e a beleza é conflitiva. Para algúns *…+ non hai solidez nesta relación: *…+ nin o obxecto da arte é a beleza nin esta se manifesta particularmente naquela. Para outros, en cambio, non existe dúbida de que a tarefa principal da arte é a representación material. Existen argumentos en apoio de ambas opinións. En primeiro caso pódese alegar que a beleza interesa ao espírito humano de moi diversas maneiras e que só, esporadicamente, a arte é unha delas. Ademais *…+ a xénese do fenómeno artístico non sempre se vincula coas representacións ou expresións do belo, senón con múltiples facetas da actividade humana como poden ser a utilidade, a habitualidade, a liturxia e o folclore. No segundo caso, pódese razoar que a arte historicamente coñecida, e mesmo os modos artísticos máis arcaicos, entrañan xeralmente unha intención de beleza *…+ Polo tanto, a afirmación tan habitual de que a arte ten como obxectivo a beleza, só ten un significado se esta última é comprendida nun sentido de universalidade.”

Rafael Argullol. Tres Miradas Sobre El Arte, 1985

Enumera as razóns polas que son conflitivas as relacións entre beleza e arte

Presenta o tema do texto. Despois elabora un esquema coas dúas posturas apuntadas e as razóns aducidas. Finalmente, sinala a tese do autor

Do documento anexo, “Lo Bello Es Difícil”, contesta ás seguintes preguntas:

Expón que fragmentos do texto teñen relación con algún aspecto do tema 1º (A Filosofía e o Mundo do Saber)

Indica os recursos artísticos do texto

Que criterios para definir a beleza aparecen no texto? E que condicións ou apreciacións?

Que opinas da coda anacrónica?

Expón o teu parecer sobre o texto