as plantas · la, melón, ruda, apio, perexil e esprego. Árnica (arnica montana) planta de flor...

6
50 ~ Hoxe en día a quími- ca moderna non fai máis que segui-las pegadas dos alquimis- tas doutrora, e sinteti- za con medios cada vez máis perfectos o que a Natureza agocha tenra e celosamente nos pro- ductos da terra. Amadeo Blanco Urbano 1967, Montederramo-Ourense. Licenciado en Ciencias Biolóxicas.

Upload: others

Post on 12-May-2020

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: As plantas · la, melón, ruda, apio, perexil e esprego. ÁRNICA (Arnica montana) Planta de flor amarela que medra nos pasteiros pesados e que flo-rece no mes de San Xoán. Recóllese

50~

Hoxe en día a quími-

ca moderna non fai

máis que segui-las

pegadas dos alquimis-

tas doutrora, e sinteti-

za con medios cada vez

máis perfectos o que a

Natureza agocha tenra

e celosamente nos pro-

ductos da terra.

Amadeo Blanco Urbano

1967, Montederramo-Ourense.

Licenciado en Ciencias Biolóxicas.

Page 2: As plantas · la, melón, ruda, apio, perexil e esprego. ÁRNICA (Arnica montana) Planta de flor amarela que medra nos pasteiros pesados e que flo-rece no mes de San Xoán. Recóllese

51~

As plantasna medicina popular

Ólongo do desenrolo dasculturas humanas, arelación entre o home e

o medio foi íntima e vital. En rea-lidade, o home viviu coas plantase dependendo delas; servíanllepara comer, para curar ós ani-mais e á xente, para cazar etamén para predeci-lo tempo.Polo tanto, non é de extrañar queBotánica e Medicina foran eidosde coñecemento emparellados.

Moi poucos pobos souberon(como o galego) manter no deco-rrer dos tempos, máis pura, máisconstante, máis indeleble, a súafisonomía. Non é posible dubida-lo. Todo nel é tradicional e estáno costume mellor que na escri-ta, no sentimento mellor que nasmatemáticas. Aínda atopamosxente nos pobos que fala daherba da cobra, da herba da tiña,da herba rateira, herba piolleira,herba bendita, herba da bruxa,herba das cortadelas, da solda,das quenturas, herba das troitas,herba do gando, herba dos den-tes, herba das verrugas, herba dodemo,...

Antiguamente ninguén se pre-guntaba a que se debía a accióndas plantas medicinais, peroestas contiñan as materias primasmáis sinxelas e de máis doadaobtención que se podían atopar.

A eficacia do tratamento non sóproviña dos “principios activos”extraídos das plantas, senón quea suxestión e a fe cega naquelaspersoas que sabían de ritos eremedios, aquelas que lle arrinca-ran á terra algúns dos segredosque máis agachados tiña, aquelasque se guiaban polas fases luna-res para sementar ou trasfega-loviño, e que sabían exactamentecal herba coller para deter unhahemorraxia ou que masticandodeterminada raíz desaparecían osefectos dun doloroso cólico vis-ceral.

Flores había que, tomadas eninfusión, facían asenta-lo estoma-go, e cascas que axudaban a cica-trizar unha ferida, outras que res-tregadas nas pezuñas da bestafacíana parar de coxear, semen-teiras e froitos que “espertaban”á vaca que estaba paroxa, ouextraños bebedizos a tomar des-

pois de compoñe-los ósos.

De seguido imos expor algunhasdas receitas recollidas das xentesda zona de Montederramo paratentarmos conformar un vademé-cum que –por sorte– todos ecada un dos nosos vellos apren-deu na escola dos devanceiros.Os seus herdeiros temo-la obrigade custodiar tan preciado tesou-ro.

Nos arquivos do Mosteiro, testigomudo da impronta deixada por estaescola benedictina-cistercensedesde as terras do val do Mao ataas lindes occidentais do alto doRodicio. No que atinxe á botica,aparecen catalogadas:

Follas: Té, xesta, estruga, tilleira,toronxil, acónito, xarxa, trebo,herba boa, orvalliña, cicuta, hedra,cilantro, malva, madresilva, chan-tarxe, malvavisco e estramonio.

Raíces: Saponina, acónito, toxomolar, toxo arnaz, xenzá, achi-croia, malvavisco, apio de monte,anxélica, borraxa e chantarxe.

Códeas: Freixo, enciña, tilleira,

Amadeo Blanco Urbano

MEDICINA POPULAR

Page 3: As plantas · la, melón, ruda, apio, perexil e esprego. ÁRNICA (Arnica montana) Planta de flor amarela que medra nos pasteiros pesados e que flo-rece no mes de San Xoán. Recóllese

52~

sabugueiro, acacia, chopo e oliveira.

Flores: Violeta, macela, tilleira,sabugueiro, papoula, árnica, rosasrubias e brancas, peonía, borraxa,azar e canela.

Rizomas: Moroteira, elebor,grama, fento macho, árnica, vale-riana e escarola.

Sementes por tamaño:Escarola, freixo, xesta, acedas, mal-vavisco, cardo de María, cabaza,comiño, cebada, millo, beleño, lei-tuga, toronxil, peonía, mostaza,malva de romeu, chantarxe, papou-la, melón, ruda, apio, perexil eesprego.

ÁRNICA (Arnica montana)

Planta de flor amarela que medranos pasteiros pesados e que flo-rece no mes de San Xoán.Recóllese a flor e consérvase enfrascos de cristal herméticos ouen augardente.Aplicada sobre feridas ou corta-delas, estas cicatrizan rápidamen-te. Tamén se emprega para lava-los pés cando están doentes. As follas basais levan o nome detabaqueiras debido a que en tem-pos chegaron a seren fumadas.Actualmente esta planta atópaseen perigo de desaparición polarecolleita incontrolada que delase fixo; –ata hai dous anos viñaxente de León mercala; o prezomáximo por quilo acadaba as 300pesetas–.

CORNUCELO(Clavicipes purpurea)

Tamén chamado cornello ou cor-necho. É un fungo que parasita aespiga do centeo. Empregábase para deter ashemorraxias despois do parto.

Tamén se usaba como alucinóxe-no.Antes da guerra civil o seucomercio era libre e a xenterecollíao –moitos ían ás mallas sópara buscalos e algúns chegarona tingui-los grans sans con tintarápida–; non é de estrañar; nafeira de Maceda chegaban apagar ata 1.500 pesetas o quilo.Despois da guerra o comercioquedou intervido polo Estado.Actualmente cáseque non que-dan leiras de centeo.

SABUGUEIRO(Sambucus nigra)

Árbore que medra en lugareshúmidos e que florece no mes deabril.Emprégase a casca, as follas e asflores, que ten que seren recolli-das a víspera da noite de SanXoán.Úsase para lava-los ollos e uncocemento dos froitos fai negrea-lo pelo. Cando hai febre estimulaa sudoración e unha infusión defollas detén a dor de barriga.O cocemento de follas tenras daun bo insecticida e aínda se usacomo repelente de sapos e ser-pes antes de estra-las cortes.As follas serven para facer madu-ra-las ameixas, mazás e peras.Foi xogo tradicional infantil a fei-tura de canas despois de sacárlle-lo miolo. Como proxectís empre-gábanse as abriotas (froito doAsfodelfus albus, tamén chama-do “pataca dos pobres” debido aque nas súas raíces medran unsgrosos tubérculos que foron ali-mento na antiguidade).

TABACO (Nicotina tabacum)

Esta planta trouxérona os quevoltaron de América. Mercábase

anualmente para trasplantar naRibeira de Sacardebois. Habíadous tipos, o “americano” e o do“país”.Aparte de fumalo, usábase coci-do para lava-la cabeza dos rapa-ces e os animais cando tiñan pio-llos. Tamén é eficacísimo insecti-cida contra as carrachas, as calesmorren ó momento.

ROMEU (Rosmarinus officinalis)

Arbusto leñoso e sempre verde

que desprende un cheiro carac-terístico; dise que se se lle colleunha póla sen pedírllela ó dono,a planta tarda poucos días ensecar.

“Das virtudes do romeu, pódeseescribir un libro enteiro”

Page 4: As plantas · la, melón, ruda, apio, perexil e esprego. ÁRNICA (Arnica montana) Planta de flor amarela que medra nos pasteiros pesados e que flo-rece no mes de San Xoán. Recóllese

53~

Emprégase como aperitivo para axente que non ten ganas decomer. É un excelente calmanteda dor de moas e encías. Se secocen as follas cun pouco devinagre e se lava con el a cabezadesaparece a caspa e ata din quefortalece a memoria.As flores de romeu cocidas a par-tes iguais de viño branco e mel etomado o bebedizo pola noite,fai que o que o inxire non ronque.Para te-los dentes brancos e bri-llantes queímanse pólas grosas eda cinsa que resulta, que se mete-rá nunha vasixa con follas ver-des, fréganse os dentes cun lenzode liño.Postas as flores entre a roupa,esta olerá ben e non a entrará apolilla.

RUDA (Ruta graveolens)

Arbusto leñoso perenne que seatopa na maioría das hortas dospobos.Asegúrase que para conserva-la

saúde todo o ano hai que comercogollos de ruda no mes desetembro en xexún. É un poten-te insecticida e dela fanse lociónscontra os piollos; se se metenunhas pólas debaixo do colchónnon aparecen as chinches. O quese unta co seu zume está prote-xido contra as picaduras das abe-llas. Tamén é eficaz para quedesaparezan os ratos.Antídoto contra o veleno dascobras –din que as garduñaslevan unha folla de ruda na bocacando van atacar a unha serpe–.Foi empregada como abortiva;“se unha embarazada roza unhamata de ruda por debaixo do ves-tido, abortará sen remedio”.Posta unha folla nos oídos, alívia-os de ruidos e sordeiras.Se se aspira á media noite orecendo da ruda aseguran que sebota fóra o mal de ollo.

SANCIANA(Gentiana lutea)

Tamén chamada xenzá, é unhaplanta perenne e rexa que flore-ce en xuño-agosto nos lameirosmáis altos do país. Atópase óborde da incineración debido aque as súas raíces forman partede numerosas bebidas alcohóli-cas e é moi difícil de cultivar.(Moitos “devotos” ían á Serra deSan Mamede exclusivamente a

buscaren sanciana).Estimula a secreción de saliva e oapetito, acelera a evacuación, eemprégase como vigorizantexeral.

XARXA (Salvia officinalis)

Arbusto moi arrecendente queflorece de maio ata agosto etense a miúdo en hortas e xar-díns.É boa para aumenta-lo apetitosexual (segundo os chineses oseu efecto é moi semellante ó“Ginseng”).Unha infusión fría de follas polanoite nun vaso de auga, a que selle engade unha chisca de mel, éexcelente para sana-las xaquecas.Din que o seu zume con sal dis-pón á concepción.O zume tamén se usa para enne-grece-lo cabelo.

ESTRUGA (Urtica dioica)

Planta herbácea, anual ou peren-ne, con pelos urticantes.Son boas para os catarros aplica-

“Se souperan as mulleres quevirtude ten a ruda, levantarían-se de noite a collela pola lúa”

“A sanciana todo o sana”“Amarga como a sanciana”

“Salvia” vén etimolóxicamentedo termo latino “salvare” parareferirse a que cura moitasenfermidades.

Page 5: As plantas · la, melón, ruda, apio, perexil e esprego. ÁRNICA (Arnica montana) Planta de flor amarela que medra nos pasteiros pesados e que flo-rece no mes de San Xoán. Recóllese

54~

das en fregas; polo repulsivoescozor que producen empurrana conxestión catarral cara fóra.Coas follas saídas faise unemplasto que sana as mordedu-ras dos cans. Metidas no nariz fanque pare de sangrar.Refregábanselle ó gando naspatas cando lle saía un vulto.Como antídoto contra as picadu-ras das estrugas emprégansefollas de carbeas (Rumex cris-pus).

MALVELA(Glechoma hederacea)

Herbácea de talos deitados queflorece de marzo a xuño, en luga-res sombrizos e húmidos.Emprégase en afeccións propiasda muller, especialmente parairritacións venéreas internas eexternas.“Se souperan as mulleres quevirtude ten a malvela, levanta-ríanse de noite a pacela como aherba”.

CERUDA (Chelidonium majus)

Planta perenne de talos ramososque florece de abril a novembro,en beiras de camiños preto de

lugares habitados. Posúe un látexlaranxa característico.Excelente antiséptico. Fai seca-las verrugas.Se se aplica misturada con xofresobre a pel dos animais cura asarna en tres días. A raíz cocidaen viño en gargarexos mingua ador de gorxa.Hai quen di que as anduriñas dán-llela ás crías para que abran osollos, polo que algúns úsana paraelimina-las “nubes” deles.

OUREGO(Origanum virens)

Arbusto perenne pouco ramosocon flores rosáceas agrupadas;florece de xullo a setembro. É bo para curar toses crónicas e ron-queiras. O cheiro que desprendefai fuxir ás cobras (nalgunhascasas aínda se barre con vasoirasfeitas de pólas de ourego).Aplícase en emplastos contra as

“posturas” do pescozo.Desconxestiona as vía respirato-rias.

CÁLSAMO(Senecio jacobea)

Planta anual con flores amarelasque vive á beira dos sendeiros.Posúe alcaloides poderosos quese obtén da planta, fresca ouseca. É velenosa para o gando.Actúa como astrinxente. As flo-res empréganse para diluír nosríos, emponzoñando as augaspara colle-los peixes con artespouco nobres. Coa mesma finmachácanse follas de Gordolobo(Verbascum thapsus) que taménsirven para fumalas, unha vezsecas.

BERZA (Brassica L.)

Page 6: As plantas · la, melón, ruda, apio, perexil e esprego. ÁRNICA (Arnica montana) Planta de flor amarela que medra nos pasteiros pesados e que flo-rece no mes de San Xoán. Recóllese

55~

Planta con base leñosa, de floresamarelas ou brancas. As follassuperiores son grandes e moiempregadas en tódalas cociñas;revolcadas en cinsa quente e apli-cadas na barriga, calman os cóli-cos; se se pon nas articulaciónsalivia as dores reumáticas.Para a cefalalxia, sácase o zumedas follas e, embebido en migade pan, aplícase na frente.

FENTO MACHO (Dryopteris filix)

Planta de fronzas longas e moidivididas con talos horizontaissubterráneos.Cocementos da raíz tomados enxexún fan desaparece-las lombri-gas.Unha cataplasma de follas macha-cadas posta na pel, sana as quei-maduras do sol. Tamén se aplicanas mordeduras de serpe.

MILEFOLIO (Aquilea millefolium)

Tamén chamada herba dos car-pinteiros ou das cortadelas.Herba perenne, de follas plumo-

sas que aparece en lameirossecos e soleados. Das súas floressácase un amargo zume con pro-piedades sanadoras.Antiinflamatoria, úsase parasanda-las feridas e en infusión éboa para as hemorroides.

TRIGO(Triticum aestivum)

Desta gramínea dise que as espi-gas secas á sombra e esfareladas,dánselle ós borrachos no licorque máis lles agrada e non volta-rán a beber.

PEREXIL(Petroselinum hortense)

Herba bienal, de cheiro incon-fundible, amplamente cultivada.Ten efectos dixestivos e o seuzume sana as úlceras da boca.Son coñecidas igualmente as súaspropiedades como estimulantedo apetito sexual.“Se a muller soubera o que operexil fai ó home, iría buscalode rodillas ata Roma”

SOLDA (Polygonatum odoratum)

Herba propia das carballeirashúmidas, de talos rastreiros.Hai que manter as follas tres díasen augardente ó sol e despoisaplícase nas articulacións parareúma.Din que fai soldar as fracturas edislocacións de ósos.

BUXO(Buxus sempervirens)

Arbusto de follas perennes emadeira moi dura de moi lentocrecemento.Emprégase para baixa-la febre.

Aplicado un cocemento de follasna cabeza seica detén a caída docabelo.

MENTA (Mentha pulegium)

Herba de talo miúdo que enraizanos sendeiros preto das casas;moitas veces mistúrase coasestrugas.As follas queimadas fan fuxi-losmosquitos e as pulgas. Se se dáinxerido un mexunxe de follasde menta, azucre e sebo, a cata-rreira desaparece ó día seguinte.As follas, postas nos oídos, fandesaparecer ruídos e sordeiras.

APIO(Levisticum officinale)

O apio de montaña é unha plantade talos dereitos e fofos coas flo-res semellantes ás do perexil. Émoi arrecendente.As sementes cocidas e inxeridasantes do almorzo matan as lom-brigas. Se se leva atada ó pescozoun anaco da raíz, as moas nondoen.Un zume batido cun ovo, aplícasena frente contra a dor de cabeza.Os polvos da sementeira mistura-dos coa raíz de ciruda e tomadospolo nariz fan dormir ó que ostoma.

MACELA(Chamaemelum nobile)

Pequena planta da familia dascompostas, coas flores agrupadasen capítulos. Florece no veránentre outras herbas, en lugaressoleados. Para que o efecto sexao desexado haina que coller ámañanciña tralo orballo.Emprégase en infusións, paraasenta-lo estómago ou cando“colle a un o frío”.