as orixes do nazismo e a súa chegada ao poder

3
AS ORIXES DO NAZISMO E A SÚA CHEGADA AO PODER Hitler chegou ao poder de forma legal a raíz da crise que viviu Alemaña, pero en dous anos desfíxose da oposición e concentrou toda a autoridade política. REPÚBLICA DE WEIMAR: Foi a etapa seguinte á derrota na Primeira Guerra Mundial na que Alemaña tivo unha Constitución que creaba unha república gobernada por un rexime democrático. O Partido Socialdemócrata tiña maioría no Parlamento pero tiña unha forte oposición. Por un lado, estaban os partidos de extrema esquerda opinaban que eran moi moderados e os espartaquistas intentaron imponer un rexime comunista pero fracasaro; por outra banda, os máis conservadores crían que o novo réxime traizoara a Alemaña ao aceptar o Tratado de Versalles. Hitler crea en 1920 o Partido Nacinalsocialista (NSDAP) e en 1923 dou un golpe de Estado que fracasou. Para pagar as débedas da guerra o goberno tivo que imprimir gran cantidade de diñeiro o que provocou hiperinflación (incremento contínuo e intenso dos presos que poden chegar a aumentar incluso cada día). O diñeiro non valía nada e a poboación empobrecíase. A situación pareceu calmarse coa chegada ao poder do mariscal Hindenburg (coalición socialdemócrata e centristas) Co crac do 29 a situación alemana empeorou e os alemáns comezaron a votar a partidos comunistas e nacionalsocialistas. Os empresarios e financieiros apoiaban ao partido nazi o único capaz según eles de restablecer a orde e coidar dos seus intereses. Nas eleccións houbo un empate entre os comunistas e os nazis. Hindenburg presionado polos empresarios e financieiros nomeou chanceler a Hitler. Hitler enseguida acadou todo o poder e ilegalizou os partidos políticos e sindicatos excepto o partido nazi. Eliminou tamén a aqueles que dentro do partido NSDAP podían facerlle fronte e na noite dos coitelos longos asasinaron pola súa orde aos seus rivais. Coa morte de Hindenburg, Hitler converteuse no presidente da República. Foi xefe de Estado, xefe do goberno e xefe do único partido legal O IDEARIO DE HITLER: Tras o intento de golpe de Estado Hitler escribiu no cárcere o seu ideario (A miña loita) no que amosaba moitos trazos do fascismo pero tamén unha forte carga de racismo e valores tradicionais como que as mulleres so podían ter fillos e adicarse as tarefas domésticas. O nazismo era expansionista que se sustentaba no panxermanismo (todas as poboacións de orixe alemá de Europa se unisen nun so Estado) e na teoría do espazo vital (os arios, raza superior, tiñan dereito a conquistar territorios dos eslavos e doutras razas aos que consideraban inferiores) Os alemáns eran arios unha raza superior que levara a cabo todas as grandes creacións da humanidade e debían someter a outras razas inferiores como os latinos, eslavos, xitanos e sobre todo xudeus. A mestura de razas e os xudeus explicaban a decadencia de Alemaña.

Upload: ana-isabel-dominguez-perez

Post on 07-Dec-2015

228 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Apuntes para estudiar el tema del nazismo 4 eso

TRANSCRIPT

Page 1: As Orixes Do Nazismo e a Súa Chegada Ao Poder

AS ORIXES DO NAZISMO E A SÚA CHEGADA AO PODERHitler chegou ao poder de forma legal a raíz da crise que viviu Alemaña, pero en dous anos desfíxose da oposición e concentrou toda a autoridade política.

REPÚBLICA DE WEIMAR: Foi a etapa seguinte á derrota na Primeira Guerra Mundial na que Alemaña tivo unha Constitución que creaba unha república gobernada por un rexime democrático.

O Partido Socialdemócrata tiña maioría no Parlamento pero tiña unha forte oposición. Por un lado, estaban os partidos de extrema esquerda opinaban que eran moi moderados e os espartaquistas intentaron imponer un rexime comunista pero fracasaro; por outra banda, os máis conservadores crían que o novo réxime traizoara a Alemaña ao aceptar o Tratado de Versalles. Hitler crea en 1920 o Partido Nacinalsocialista (NSDAP) e en 1923 dou un golpe de Estado que fracasou.

Para pagar as débedas da guerra o goberno tivo que imprimir gran cantidade de diñeiro o que provocou hiperinflación (incremento contínuo e intenso dos presos que poden chegar a aumentar incluso cada día). O diñeiro non valía nada e a poboación empobrecíase. A situación pareceu calmarse coa chegada ao poder do mariscal Hindenburg (coalición socialdemócrata e centristas)

Co crac do 29 a situación alemana empeorou e os alemáns comezaron a votar a partidos comunistas e nacionalsocialistas. Os empresarios e financieiros apoiaban ao partido nazi o único capaz según eles de restablecer a orde e coidar dos seus intereses.

Nas eleccións houbo un empate entre os comunistas e os nazis. Hindenburg presionado polos empresarios e financieiros nomeou chanceler a Hitler.

Hitler enseguida acadou todo o poder e ilegalizou os partidos políticos e sindicatos excepto o partido nazi. Eliminou tamén a aqueles que dentro do partido NSDAP podían facerlle fronte e na noite dos coitelos longos asasinaron pola súa orde aos seus rivais. Coa morte de Hindenburg, Hitler converteuse no presidente da República. Foi xefe de Estado, xefe do goberno e xefe do único partido legal

O IDEARIO DE HITLER:

Tras o intento de golpe de Estado Hitler escribiu no cárcere o seu ideario (A miña loita) no que amosaba moitos trazos do fascismo pero tamén unha forte carga de racismo e valores tradicionais como que as mulleres so podían ter fillos e adicarse as tarefas domésticas.

O nazismo era expansionista que se sustentaba no panxermanismo (todas as poboacións de orixe alemá de Europa se unisen nun so Estado) e na teoría do espazo vital (os arios, raza superior, tiñan dereito a conquistar territorios dos eslavos e doutras razas aos que consideraban inferiores)

Os alemáns eran arios unha raza superior que levara a cabo todas as grandes creacións da humanidade e debían someter a outras razas inferiores como os latinos, eslavos, xitanos e sobre todo xudeus. A mestura de razas e os xudeus explicaban a decadencia de Alemaña.

Quería devolverlle a pureza racial á poboación, por iso asasinouse ou recluiuse a todos aqueles que non se consideraban perfectos desde o punto de vista racial (tolos, discapacitados mentais e físicos, homosexuais…) Tamén xurdiu unha política antisemita que se foi endurecendo pouco a pouco.

Primeiro había traballos que os xudeus non podían facer, segundo as leis de Nuremberg non se podían casar xudeus e arios. Na noite dos cristais rotos (1938) decenas de xudeus foron asesinados, saquearon as súas tendas, incendiaron sinagogas e 26000 xudeus foron recluídos en campos de concentración.

A maioría dos xudeus alemáns exiliáronse noutros países pero en plena Segunda Guerra Mundial Hitler aplicou a solución final pola que todos os xudeus e xitanos de Alemaña e dos países conquistados por eles foron deportados a campos de exterminio (Auschwitz, Treblinka…) onde se calcula que morreron máis de 5 millóns de xudeus.

Page 2: As Orixes Do Nazismo e a Súa Chegada Ao Poder

A ALEMAÑA NAZI: UN RÉXIME TOTALITARIO

O réxime nazi construiu un Estado totalitario no que non se respectaban as liberdades das persoas e ademáis buscaban controlar todos os aspectos da sociedade. O führer era o líder indiscutible no que se debía crer cegamente.

Implantouse un Estado policial para controlar a poboación . O aparello policial estaba dirixido por Himmler e estaba integrado por dous corpos: a SS garda persoal de Hitler formada por miles de persoas e a Gestapo ou policía secreta. Estos dou corpos mandaban a prison a todos os opositores. Calculase que foron detidas cerca dun millón de persoas.

A propaganda foi empregada para convencer aos cidadáns dos beneficios de ter ese réxime. Goebbels foi o encargado de facelo. Controlábanse os medios de comunicación. A súa obriga era ensalzar a figura de Hitler convertendoo en alguén casi sobrehumano e denigrando ás outras razas.

A educación transmitía a ideoloxía nazi e os mozos tiñan que entrar obligatoriamente nas Xuventudes Hitlerianas onde recibían educación política e militar.

Tamén interveu na economía. Creou un sindicato único, reactivou a actividade económica e impulsou o comercio exterior. Quería conseguir a autarquía (producir todo o que consome para non ter que depender das importacións). Co fin de loitar contra o desemprego fixo obras públicas e levou a cabo un intensísimo rearmamento. Así en 1936 conseguiu unha recuperación económica baseada na produción e no pleno emprego. Pero dependía moito da conquista e da guerra contra outros países.

O PERIODO DE ENTREGUERRA: UNHA ÉPOCA DE INTENSO CAMBIO SOCIALDurante a primeira metade do s. XX cosolidouse a sociedade de masas:

1. A crecente participación da poboación en política grazas aos medios de comunicación e a xeneralización do sufraxio universal. Consolidouse a clase media e os cidadáns implicáronse cada vez máis na política.

2. Xurdiron os partidos de masas que intentaron obter votos de grupos sociais máis amplos.3. Aparición da sociedade de consumo. Mellora da alimentación, e do nivel de vida antes reservado so ás clases

altas.4. Novo concepto de ocio favorecido pola redución da xornada laboral. Aparece o cine, novos espectáculos,

deportes de masas e a música popular.

Un dos cambios máis importantes foi o comezo da emancipación feminina. Na segunda metade do s. XIX aparece o movemento sufraxista que loitou polos dereitos da muller. Coa Primeira Guerra Mundial o sufraxismo sufriu un auxe. Integrou a mulleres de todos os grupos sociais e ideoloxías que reclamaban o dereito á participación política para reformar á sociedade. Alcanzou gran importancia nos países anglosaxóns onde a clase media era moi importante e tiñan ideais democráticos moi consolidados.

O primeiro país en permitir votar ás mulleres foi Gran Bretaña que en 1918 deulles ese dereito ás mulleres maiores de 30 anos e que se reduciría a 21 igual que os homes en 1928 e en 1920 recoñecíase ese dereito en Estados Unidos.

Noutros partidos socialmente menos avanzados tardou máis en chegar. En España o feminismo empezou no s. XIX por Concepción Arenal. En 1918 apareceu a Asociación Nacional de Mulleres Españolas entre as que destacaron Clara Campoamor e Victoria Kent. Non conseguiron nada ata a Constitución da Segunda República que lles dou o voto en 1931

A prensa foi o medio de comunicación masivo de finais do s. XIX e inicios do XX. Durante o periodo de entreguerras pasou por dificultades pola aparición do cine e a radio e a crise económica.

A radio usouse con fin militares pero empezou a desenvolverse a grande escala. Os estados occidentais utilizárono políticamente. Roosevelt empregouno para promocionar o New Deal.

A prensa, a radio e o cine foron empregados polo réximes fascistas e comunistas como medio de propaganda e adoutrinamento.