as nosas arbores
DESCRIPTION
FICHA DAS ARBORES DA NOSA CONTORNATRANSCRIPT
Alumnos de 3º ciclo
NOME GALEGO: ABELEIRA
NOME CASTELÁN: AVELLANO
NOME CIENTÍFICO: CORYLUS AVELLANA L
CLASE: MAGNOLIOPHYTA
FOLLA: As follas son rugosas e áspe-ras, serradas, cunha punta pe-culiar e a base en forma de co-razón.
FLOR: As flores masculinas forman uns ramalletes amarelos , as femininas son máis pequenas e dan como froito a abelá.
FROITO: O froito é unha abelá que ma-duran no outono.
TRONCO: A abeleira e un arbusto gran-de. O tronco é robusto. A cortiza é lisa de cor marrón tirando a gris.
HABITAT: Atópase en lugares sombríos e frescos, hai moitas a carón dos ríos galegos, non na primeira liña pero si cerca deles.
INTERES: O seu froito utilízase tanto en repostería como froito seco. É moi apreciado, dela sacase dende aceite que se usa como alimento ata pintura, xabóns, perfumes...
CURIOSIDADES: As abeleiras non podían fal-tar nas casas de campo, onde se utilizaban tanto como ali-mento como polas súas propie-dades medicinais. A súa madeira utilizábase para facer carboncillos para debu-xo.
ABELEIRA
NOME GALEGO: ACIVRO
NOME CASTELÁN: ACEBO
NOME CIENTÍFICO: ILEX AQUIFOLIUM L
CLASE: ANXIOSPERMA
FOLLA: As follas son verdes todo o ano, son duras e brillante e ten os bordes espiñentos
FLOR: As flores son brancas e peque-na, ten catro ou cinco pétalos e sépalos.
FROITO: O froito son boliñas vermellas moi vivas, que por certo son velenosas.
TRONCO: O tronco é verde — agrisa-do, un pouco verrugoso nos exemplares adultos.
HABITAT: E unha árbore de alta monta-ña, atópase por todo Galicia, é unha árbore protexida.
INTERES: O acivro e unha árbore moi es-timada dende o punto de vista ornamental. A madeira é moi estimada para tallas e tornaría. Os froitos serven de alimento a moitos animais.
CURIOSIDADES: Os froitos en pequenas doses son purgantes, en grandes do-ses é velenosa. Coa casca faise unha goma que se emprega para cazar paxari-ños.
ACIVRO
NOME GALEGO: AMENEIRO, AMIEIRO
NOME CASTELÁN: ALISO
NOME CIENTÍFICO: ALNUS GLUTINOSA L
CLASE: ANXIOSPERMA
FOLLA: A folla é redonda, é lixeira-mente serrada nas beiras, moi lustrosa, non remata en pico como a folla da abeleira. Tam-pouco ten a forma de corazón na parte de abaixo.Son moi pe-gañentas.
FLOR: As flores son Monoicas, as fe-mias en inflorescencias sepa-radas das masculinas; as mas-culinas son amentes lar-gos,cilíndricos e estreitos.
FROITO: O seu froito é unha piña pe-queniña que está bastante na árbore antes de caer. O amieiro frutifica no outono.
TRONCO: O tronco é dereito cilíndrico e cheo. A cortiza é agrisada. O tronco co tempo presenta fendeduras.
HABITAT: A beira dos ríos de toda Gali-cia. É a árbore máis abondosa nos ríos. Pode darse noutros lugares pero sempre que teñan auga cerca.
INTERES: O amieiro desempeña un papel importante nas riadas, xa que aguantan moito, e evita a ero-sión das marxes do ríos.
CURIOSIDADES: A leña utilizábase para os fornos, porque ardía moito e daba calor. As follas eran pa-ra varias cousas, para curar pés doídos, ou nas picaduras de insectos.
AMENEIRO
NOME GALEGO: BIDUEIRO, BIDO
NOME CASTELÁN: ABEDUL BLANCO
NOME CIENTÍFICO: BETULA ALBA
CLASE: ANXIOSPERMA
FOLLA: As follas son romboidais e de marxe dentado. Son simples e caedizas
FLOR: As flores son colgantes pero non resultan moi decorativas. Empeza a súa época de flora-ción nos meses de abril o ma-io.
FROITO: O froito é un aquemio compri-mido lateralmente. Madura en-tre xullo e setembro
TRONCO: O tronco é moi característi-co presentando tonalidades grises tirando a branco en todo o tronco.
HABITAT: A beira dos ríos de toda Gali-cia. Poden verse bidueiros ata os 2000 metros de altitude, son árbores moi resistentes a humidade e as baixas tempe-raturas.
Forman bosques típicos cha-mados bidueirais.
INTERES: A madeira utilizábase en car-pintería e ebanistería, na fa-bricación de zocas e instru-mentos de labranza.
CURIOSIDADES: As follas son diuréticas. Dise que as sementes do bi-dueiro son os seres vivos ala-dos máis lixeiros do mundo.
.
BIDUEIRO
NOME GALEGO: CARBALLO
NOME CASTELÁN: ROBLE
NOME CIENTÍFICO: QUERCUS ROBUR L
CLASE: ANXIOSPERMA
FOLLA: As follas son simples, ovais e lobuladas. Rematan por riba de forma redondeada.
FLOR: Os carballos florecen nos me-ses de febreiro a marzo. As súas flores son moi pouco aparentes, as masculinas ama-relas e as femininas de cor parda
FROITO: O froito é a landra que tan forma ovoide e mide entre 3 e 4 cm. Maduran no outono.
TRONCO: O tronco é agrisado e liso ata os vinte anos e despois e gretado e groso . A súa ma-deira é moi dura.
HABITAT: O carballo prefire terreos frescos por debaixo dos 1000 m de altitude. Hai carballos por toda Galicia, aínda que a súa distribución faise cada vez máis irregular debido as talas e os incendios. Un lugar poboado de carballos é unha carballeira.
INTERES: A súa madeira utilizase en carpintería, ebanistería, na construción, na fabricación de barcos e na fabricación de bo-cois para o viño. A súa leña ten un alto poder calorífico.
CURIOSIDADES: A cortiza e os bugallos son moi ricos en taninos e teñen propiedades astrínxente, anti-diarreicas e tamén en queima-duras, eccemas,..
OUTROS TIPOS: Hai moitos tipos de carba-llos: Caxigo. Rebolo ou carballo anano. Carballo albariña. Carballo negral. Carballo americano.
CARBALLO
CARBALLO DO PELETE
NOME GALEGO: CASTIÑEIRO
NOME CASTELÁN: CASTAÑO
NOME CIENTÍFICO: CASTANEA SATIVA MI-LLER
CLASE: ANXIOSPERMA
FOLLA: As follas son lanceoladas, es-treitas, serradas,e cos nervios moi marcados.
FLOR: As flores son espidas sen pé-talos. As masculinas chámanse candeas teñen moitos estames o longo dun eixe. As femininas son pequenas e forman rosetas
FROITO: O froito é a castaña que ma-dura entre setembro e outu-bro. Criase dentro dun envol-torio por fora cheo de pinchos que se chama ourizo.
TRONCO: O tronco nos castiñeiros no-vos é lisa e de cor verde agrisadas , nos vellos é ma-rrón e moi rugosa.
HABITAT: En Galicia son moi abundantes os soutos (sitios poboados de castiñeiros). Están en lugares abrigados, temperados e fres-cos. Son árbores moi lonxevos.
INTERES: A súa madeira utilizase en carpintería, ebanistería, As varas utilízanse en ceste-ría. O seu froito foi hai anos fonte principal de alimentación (asadas, crus, cocidas)
CURIOSIDADES: O castiñeiro non é orixinario de Galicia senón de Asia, aín-da que leva moitos anos entre nos. Poden medir ata 30 m de alto e 12 m de perímetro
CASTIÑEIRO
NOME GALEGO: ERBEDO
NOME CASTELÁN: MADROÑO
NOME CIENTÍFICO: ARBUSTUS UNEDO L
CLASE: ANXIOSPERMA
FOLLA: As follas son simples, alternas e lanceoladas.
FLOR: As flores son hermafroditas con cáliz e 5 sépalos. Agrúpan-se en panículas colgantes, si-tuadas o final das ramas.
FROITO: O froito é unha baga globosa e verrugosa que vai pasando do verde o amarelo e por último a vermello escuro.
TRONCO: O tronco é curto. A cortiza delgada gretada e caediza en pequenas tiras cando é vella.
HABITAT: É orixinaria do sur de Europa. Habita en matogueiras secas, bordes dos bosques e ladeiras pedregosas de montañas.
INTERES: Utilizada como ornamental po-la beleza da súa follaxe, ao que se engaden as flores e os seus froitos vermellos. A madeira utilízase para tor-naría e ten moito poder calorí-fico. .
CURIOSIDADES: As follas e as cortizas son astrínxente e tamén teñen propiedades antisépticas.
ERBEDO
NOME GALEGO: FAIA
NOME CASTELÁN: HAYA
NOME CIENTÍFICO: FAGUS SILVÁTICA
CLASE: ANXIOSPERMA
FOLLA: As follas son ovadas, alternas dispostas en dúas ringleiras. Teñen un so nervio central co-ma as plumas dunha ave.
FLOR: As flores masculinos están en acio e as femininas de dúas en dúas rodeadas dunha cúpula se-mellante a das landras.
FROITO: O froito chámanse faiu-chus e están encerrados nunha cápsula cuberta de pelos. O froito abres en catro valvas
TRONCO: É unha árbore moi vigorosa, cunha madeira moi dura. Po-de alcanzar os 40 metros de alto. A cortiza e lisa e agri-sada.
HABITAT: Non é moi abundante en Gali-cia, atopase en ladeiras e fon-dos de vales moi frescos e hú-midos e en bosques con moita sombra.
INTERES: A madeira é moi apreciada, uti-lizase na fabricación de par-quets, e por suposto en ebanis-tería. A leña é Moi boa para facer carbón.
CURIOSIDADES: As follas están dispostas de tal maneira que o bosque de faias, o que se chama faiales, é moi peculiar polo fresco, xa que non deixa pasar o sol, ou pasa con dificultade.
FAIA
NOME GALEGO: FREIXO
NOME CASTELÁN: FRESNO COMÚN
NOME CIENTÍFICO: FRAXINOS EXCELSIOR
CLASE: MAGNOLIOPHYTA
FOLLA: As follas son serradas con máis dentes que nervios, son compostas e lanceoladas, Es-tán formadas entre 5 e 13 fo-liolos.
FLOR: As flores son pouco vistosas, cor purpura e en forma de es-piga. Ten una floración precoz ao final do inverno ou princi-pios da primavera.
FROITO: O froito é como un á lanceola-da. Maduran a finais do verán.
TRONCO: O tronco é groso e dereito. A cortiza é gris e esta fina-mente gretada.
HABITAT: Os freixos viven a beira dos ríos sobre todo na zona norte de Galicia. Dáse ben entre 0—1000 metros de altitude.
INTERES: A súa madeira utilizábase para facer eixes de carros e man-gos de ferramenta. É resistente e elástica e moi fácil de traballar.
CURIOSIDADES: A cortiza utilízase para bai-xar a febre. O freixo forma parte das tres árbores consagradas as fadas (carballo, freixo e espiño)
FREIXO
NOME GALEGO: LOUREIRO
NOME CASTELÁN: LAUREL
NOME CIENTÍFICO: LAURUS NOBILIS L
CLASE: MAGNOLIOPHYTA
FOLLA: As follas son coriáceas cos bordes enteiros lanceoladas, de cor verde, máis palidas polo enves, o rompelas desprenden un cheiro característico.
FLOR: As flores son blancas verdosas ou amárelas.
FROITO: O froito é una baga pe-quena, ovoide e carnosa, primeiro verde e lo-go .negra na madurez
TRONCO: O tronco é dereito. A corti-za é parda vermella. A súa madeira é dura e olorosa..
HABITAT: O loureiro dase en todo Gali-cia, é moi abondoso no litoral e penetra polos ríos ata o inte-rior.quere chans húmidos, xa que non aguanta a sequía.
INTERES: O loureiro é básico na cociña. Ten moitas propiedades medi-ciñais: para o reuma, o estóma-go,etc Tamén se utiliza como planta ornamental.
CURIOSIDADES: O ramo do loureiro é o símbo-lo históricamente da victoria, con este ramo eran coronados os príncipes e tamén se lle po-ña os poetas. Tamén era utili-zada para venerar os deuses.
LOUREIRO
NOME GALEGO: OLIVEIRA
NOME CASTELÁN: OLIVO
NOME CIENTÍFICO: OLEA EUROPEA
CLASE: 0OEÁCEAS
FOLLA: As follas son opostas , lanceo-ladas duns oito cm de lonxitu-de.
FLOR: As flores son pequenas e es-tán reunidas en inflorescen-cias
FROITO: O froito é a oliva que son dru-pas de forma ovoide con un oso no seu interior. O principio son de cor verde pero a medi-da que maduran vólvense ne-gras.
TRONCO: O seu tronco é recto de cor gris claro, cheo de protube-rancias e fisuras . Destaca a súa grosa cepa.
HABITAT: É unha árbore que pode che-gar ata os 15 m. É típica do clima mediterráneo. En Galicia atopámolo en moitas zonas co-mo como adorno aínda que ta-mén en zonas temperadas se cultivan para obter aceite.
INTERES: Utilízase en primeiro lugar para a obtención do aceite, ta-mén como ornamental . A súa madeira é moi dura e moi apreciada
CURIOSIDADES: A rama de oliveira represen-ta a Paz. Tamén é un símbolo relixioso. O domingo de Ramos lévanse a bendicir.
OLIVEIRA
NOME GALEGO: PIÑEIRO
NOME CASTELÁN: PINO
NOME CIENTÍFICO: PINUS PINEA L
CLASE: XINOSPERMA
FOLLA: As follas son aciculares (chámanse acículas) , moi lon-gas e duras, verdes, punzan-tes, reunidas en grupos de dú-as. Sobre 15 a 25 cms.
FLOR: As flores son amarelas, for-mando grupos que parecen es-pigas. As flores poden verse entre finais de marzo e primeiros de maio.
FROITO: O froito típico do piñeiro: a piña (estrobilo), é cónico-alongado. As piñas son picudas, estreitas e sen pecíolo. Madu-ran no outono. Ten sobre 10 a 20 cm. Os piñóns (semente) son pardos e chegan a ter 1 cm. de longo.
TRONCO: O tronco é dunha cor parda escura e negra. Grosa, dividi-da por fendas moi profundas en pequenas placas
HABITAT: Habita en bosques puros e mixtos sempre que sexa solo silícico. É, polo tanto, moi abondoso en Galicia. . Penetra tamén polos vals fluviais.
INTERES: Pode extraerse do pino a re-sina que se utiliza para facer augarrás, lacas, barnices e outros productos. Tamén se obtén do pino a esencia de trementina. .
CURIOSIDADES: Da súa madeira extraese a pez, substancia untuosa que se utiliza para a roña dos animais.
PIÑEIRO
NOME GALEGO: PRADAIRO
NOME CASTELÁN: ARCE
NOME CIENTÍFICO: HACER PSEUDOPLATANUS
CLASE: MAGNOLIOPHYTA
FOLLA: A folla ten cinco lóbulos. Tres lóbulos principais grandes, e dous laterais máis pequenos. Polo envés son moi brancas. Están en acios pendurados, verde amarelo moi caracterís-ticos.
FLOR: As flores son pequenas de cor brancas verdosas. Florece a finais da primavera.
FROITO: O froito é unha dobre sámara de 6 cms. con ás de cor verde tintada de vermello, estreita-das na base e agudas no ápice.
Semellan formar un ángulo de noventa graos.
TRONCO: O tronco é dereito, cilíndrico e cheo. A cortiza é lisa e agrisada, que sobre os 30 anos vólvese gretada e des-préndese en pequenas placas.
HABITAT: Habita en solos fértles e pro-fundos de bosques caducifo-lios e vales. Tamén se atopa a beira de moitos ríos
INTERES: Utilízase como ornamental en paseos, estradas , parques e xardíns.
A madeira é moi dura e moi estimada polos ebanistas e carpinteiros
CURIOSIDADES: A carón do Mosteiro de San Paio hai un pradairo que pasa dos quince metros e ten moi-tos anos.
PRADAIRO
NOME GALEGO: SABUGUEIRO
NOME CASTELÁN: SAÚCO
NOME CIENTÍFICO: SAMBUCUS NIGRA L
CLASE: MAGNOLIOPSIDA
FOLLA: As follas son compostas e opostas, lanceoladas e serra-das.
FLOR: As flores brancas son herma-froditas pequenas e despiden unha aroma característico e non moi agradable.
FROITO: Os froitos son unhas boliñas negras ou violáceas.
TRONCO: O tronco é agrisado e verru-goso, as polas son fráxiles e a cortiza é agretada.
HABITAT: É un arbusto de unVive en lu-gares frescos e húmidos. A beira dos ríos é un lugar espe-cial para os sabugueiros.
INTERES: Utilizada como planta medici-nal. A infusión das flores úsan-se en afeccións respiratorias, a das follas como purgante. A cortiza é moi bo laxante.
CURIOSIDADES: Os rapaces fabricaban coas polas cerbatanas, frautas, ti-ratacos … En Bélxica fan unha cervexa co froito.
SABUGUEIRO
NOME GALEGO: SALGUEIRO
NOME CASTELÁN: SAUCE
NOME CIENTÍFICO: SALIX ATROCINÉREA L
CLASE: ANXIOSPERMA
FOLLA: As follas son bastante carac-terísticas, son tres veces máis longas que anchas. Alongadas. Máis anchas arriba que abai-xo.
FLOR: O salgueiro macho posúe a flo-res masculinas, e o salgueiro femia as femininas.
FROITO: O froito é unha cápsula de 7 mm, ovado e cónica, tomento-sa, que se abre na madurez por dúas valvas. Sementes pe-quenas e cubertas de pelos al-godonosos. Madura entre abril e maio.
TRONCO: O tronco é dereito e robus-to. A cortiza parda - grisá-cea. A copa é redondeada e pouco densa.
HABITAT: O hábitats do salgueiro son as beiras dos ríos de toda Gali-cia. Normalmente, polo tanto, es-tán nas beiras dos ríos galegos o lado de amieiros e bidueiros. O bosque de salgueiros e a Salceda.
INTERES: Os salgueiros son básicos nos ríos galegos. O salgueiro de-sempeña un papel importantísi-mo nas riadas, xa que aguantan moito. As súas raíces agárran-se moito o chan e nas crecidas aguantan o que veña. Son bási-cos nos ríos.
CURIOSIDADES: A cortiza é moi rica en tanino e contén salicilina (que foi a base dun medicamento que es-tá entre os máis importantes de tódalas épocas a aspirina.
OUTROS TIPOS: salgueiro chorón de follas caídas, longas e lanceoladas. Vimbieira brava, empregada para atar nas fincas e para elaborar cestos. Porque son moi flexibles.
SALGUEIRO
NOME GALEGO: SOBREIRA
NOME CASTELÁN: ALCORNOQUE
NOME CIENTÍFICO: QUERCUS SUBER L
CLASE: FAGACEAS
FOLLA: Follas persistentes, simples, alternas. Ten uns pequenos dentes espiñentos. Son verdes por diante e branquexadas po-lo envés
FLOR: As flores masculinas son amentes colgantes e as femini-nas son máis pequenas, florece entre maio e xuño, pero a flo-ración pódese prolongar ata o outono.
FROITO: O froito é unha landra de 2-5 cms. acampanada. Maduran no outono. Teñen un sabor moito máis amargo que as landras dos carballos.
TRONCO: E groso e dereito e sirve pa-ra identificar perfectamente a esta especie A cortiza é agrisada, o prin-cipio é lisa pero de seguida faise grosa, gritada e sube-rosa (cortiza).
HABITAT: A sobreira procede de Africa e do sur de Europa, habita nas zonas frescas. Atopase nas rías e introducíndose cara o interior polos vales fluviais,.
INTERESE: A súa cortiza utilizase para facer tapóns, colmeas tradi-cionais chamadas cortiza... Hai toda unha técnica para facer o descortizado das árbore e que este non quede tocado e siga producindo, foise cada 8 anos aproximadamente.
CURIOSIDADES: Unha curiosidade da sobreira e qué o naturalista in-glés .R.HOOKER descubriu no ano 1667 na cortiza a estrutu-ra celular de seres vivos.
SOBREIRA
NOME GALEGO: TEIXO
NOME CASTELÁN: TEJO
NOME CIENTÍFICO: TAXUS BACCATA
CLASE: TASOPSIDA
FOLLA: As follas son perennes dun cor verde forte, situadas en dúas filas. Son longas e estreitas
FLOR: Ten flores masculinas e femi-ninas. É curioso que estas flores na-cen en árbores distintas, sen-do o mesmo teixo. Ou sexa hai teixos que botan flores femi-ninas e teixon que botan flo-res masculinas
FROITO: O froito so se dan nos pes fe-mininos e globoso , a semente vai dentro é de cor negro e a envoltura é un aril de cor ver-mello
TRONCO: O seu tronco é tirando a ver-mello, desprendese en tiras
bastante irregulares.
HABITAT: É un arbusto que pode chegar ata os 15 m. A copa e ancha e densa. Pode vivir moitos anos. Habita en zonas sombrizas da alta montaña, soporta ben o frío pero mal as xeadas
INTERES: Moi utilizada como ornamental en pés illados ou como sebe. A madeira é moi apreciada en ebanistería. Antigamente era a preferida para facer arcos.
CURIOSIDADES: O teixo conten taxina que é un veleno que produce a morte en moi pouco tempo. É veleno-sa toda a árbore excepto o froito .
TEIXO
TRABALLO REALIZADO POLOS ALUMNOS DE 3º CICLO DE ED PRIMARIA
DO CEIP A LAMA CURSO 2011-12