as mulleres científicas máis influíntes na historia
TRANSCRIPT
![Page 1: As mulleres científicas máis influíntes na historia](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022081520/58f2a75e1a28ab45598b457b/html5/thumbnails/1.jpg)
As mulleres científicas máis influíntes na historia
Ao largo da historia surxiron varias mulleres científicas cuxos logros non puideron ser
ocultados, pois supoñeron un gran avance para a ciencia e, por ende, para a humanidade.
Nesta presentación imos amosarvos algunhas destas mulleres e os seus descubrimentos,
principalmente ocultos baixo o nome do compañeiro masculino co que traballaron
![Page 2: As mulleres científicas máis influíntes na historia](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022081520/58f2a75e1a28ab45598b457b/html5/thumbnails/2.jpg)
Marie Skłodowska Curie
Marie Skłodowska Curie naceu o 7 de novembro de 1867 en Varsovia (Polonia) e faleceu en 1934. Foi a primeira muller que chegou a catedrática na Universidade de París e a primeira en ganar o Premio Nobel. E non só iso, senón que ademais foi capaz de gañar dous. O primeiro de Física, no ano 1903, polo descubrimento dos elementos radiactivos, que compartiu xunto con Becquerel. O segundo, o de Química de 1911, polas súas investigacións sobre o radio e os seus compostos. 75 anos despois da súa morte, o seu legado e os seus coñecementos serviron en física e química para impulsar grandes avances.
![Page 3: As mulleres científicas máis influíntes na historia](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022081520/58f2a75e1a28ab45598b457b/html5/thumbnails/3.jpg)
Rosalind Franklin
Rosalind Franklin naceu no año 1920 en Londres e morreu aos 38 anos de idade en 1958. Estudou e se graduou na Universidad de Cambridge en 1941, non sen ter que loitar contra a oposición do seu pai. O traballo de Rosalind Franklin fixo posible un dos descubrimentos máis importantes do século pasado, en particular no campo da Bioloxía. Co seu traballo pudo clarificarse a estrutura de dobre hélice de ADN, vital para a comprensión da vida.
![Page 4: As mulleres científicas máis influíntes na historia](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022081520/58f2a75e1a28ab45598b457b/html5/thumbnails/4.jpg)
Marie-Sophie Germain
Sophie Germain foi unha matemática francesa nada o 1 de abril de 1776 en París. Viviu nunha era de prexuízos e chovinismo, polo que, para realizar as súas investigacións, viuse obrigada a asumir una identidade falsa, estudar en condicións terribles e traballar en aislamento intelectual. Non foi ata 1816, sendo xa moi apreciada nos círculos matemáticos, cando alcanzou a celebridade ao obter o premio proposto pola Academia das Ciencias sobre a teoría das superficies elásticas, pero tamén realizou descubrimentos importantes en teoría de números, en física matemática, e en acústica.
![Page 5: As mulleres científicas máis influíntes na historia](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022081520/58f2a75e1a28ab45598b457b/html5/thumbnails/5.jpg)
Susan Jocelyn Bell Burnell
Susan Jocelyn Bell Burnell naceu na norirlandesa Belfast en 1943 e é a astrofísica que detectou por primeira vez a radiosinal dun púlsar, xunto a Antony Hewish, que era o seu tutor; sen embargo, non recibiu o Nobel que a él sí que lle otorgaron. O feito de que Jocelyn Bell Burnell non recibira o Premio Nobel foi motivo de discusión entre os seus colegas científicos, pero ela declarou que non o lamenta e opina que lle foi mellor na vida sen ese galardón.
![Page 6: As mulleres científicas máis influíntes na historia](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022081520/58f2a75e1a28ab45598b457b/html5/thumbnails/6.jpg)
Emmy Noether
Emmy Noether naceu en Erlangen, Alemaña, no ano 1882 e morreu no 1935 nos Estados Unidos. É unha das matemáticas máis importantes e brillantes da historia, e así foi considerada por Albert Einstein e David Hilbert. A día de hoxe, as súas contribucións son esenciales no desenrolo do álxebra e a física fundamental. Por desgracia, tivo que lidiar toda a súa vida cunha sociedade científica que todavía non estaba preparada para ver a igualdade inherente en tódalas persoas.
![Page 7: As mulleres científicas máis influíntes na historia](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022081520/58f2a75e1a28ab45598b457b/html5/thumbnails/7.jpg)
Augusta Ada Byron King
Naceu en Londres no ano 1815 e faleceu en 1852. Absolutamente adelantada ó seu tempo, foi a primeira científica da computación da historia, a primeira programadora do mundo. Descubriu que mediante una serie de símbolos e normas matemáticas era posible calcular una importante serie de números. Previu as capacidades dunha máquina (máis tarde sería o ordenador).
![Page 8: As mulleres científicas máis influíntes na historia](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022081520/58f2a75e1a28ab45598b457b/html5/thumbnails/8.jpg)
Chien-Shiung Wu
Esta científica china-estadounidense foi unha das máis importantes do século XX, traballou no desenrolo da bomba atómica e non e moi coñecida no mundo.
![Page 9: As mulleres científicas máis influíntes na historia](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022081520/58f2a75e1a28ab45598b457b/html5/thumbnails/9.jpg)
Barbara McClintock
Naceu en Hartford no ano 1902 e faleceu en 1992, deixando un importante descubrimento no campo da xenética. Especializouse no campo da citoxenética e obtivo un doctorado en botánica en 1927. A pesar de que durante moito tempo, inxustamente seus traballos non foron tomados en conta, 30 anos máis tarde se lle otorgou o premio Nobel polo seu excepcional e increíblemente adelantada para a súa época: teoría dos xenes saltarines, revelando o feito de que os xenes eran capaces de saltar entre diferentes cromosomas. Hoxe en día é un concepto esencial en xenética.
![Page 10: As mulleres científicas máis influíntes na historia](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022081520/58f2a75e1a28ab45598b457b/html5/thumbnails/10.jpg)
Lise Meitner
Naceu en Viena do Imperio Austrohúngaro, hoxe en día Austria en 1878 e faleceu en 1968. Foi una física nuclear, sendo parte fundamental do campo da radioactividade e a física nuclear, sendo parte fundamental do equipo que descubriu a fisión nuclear, aínda que só o seu colega Otto Hahn obtivo o recoñecemento (imaxinen por que). Anos máis tarde, o meitnerio (elemento químico de valor 109) foi nombrado así no seu honor.
![Page 11: As mulleres científicas máis influíntes na historia](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022081520/58f2a75e1a28ab45598b457b/html5/thumbnails/11.jpg)
Mulleres científicas do noso país
As seguintes mulleres representan ao xénero feminino no ámbito científico español actual.
![Page 12: As mulleres científicas máis influíntes na historia](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022081520/58f2a75e1a28ab45598b457b/html5/thumbnails/12.jpg)
Margarita Salas Falgueras
Margarita Salas Falgueras é unha bioquímica española, nada en Canero (Asturias) no ano 1938. Licenciada en ciencias químicas na universidade complutense de Madrid. Tamén foi investigadora na cidade de Nova York xunto a Severo Ochoa.
![Page 13: As mulleres científicas máis influíntes na historia](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022081520/58f2a75e1a28ab45598b457b/html5/thumbnails/13.jpg)
María Vallet Regí
María Vallet Regí é unha farmacéutica española, nacida nas Palmas de Gran en 1946. En 1974 obtivo o doctorado en ciencias químicas na Universidade Complutense de Madrid. En 1990 é nomeada catedrática de Química Inorgánica e directora do Departamento de Química Inorgánica e Bioinorgánica da Facultade de dita universidade. En 1994 é nomeada Académica de números das Real Academia de Enxeñaría, e da Real Academia de Farmacia en 2011. Realizou unha extensa labor investigadora, marcada por un claro enfoque multidisciplinar, plasmada en máis de 550 publicacións científicas recollidas no ISI web of knowledge, a maioría nas áreas de Química e Ciencia de Materiais. Formou parte do Comité Rector do Programa “Science for Peace” da OTAN (1999-2005), o Comité Nacional da CNAI (2004-2008), e foi Vicepresidenta da Real Academia de Enxeñaría e da Real Sociedade Española de Química.
![Page 14: As mulleres científicas máis influíntes na historia](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022081520/58f2a75e1a28ab45598b457b/html5/thumbnails/14.jpg)
Vanessa Valdeiglesias
É unha bióloga española que investiga o campo da Toxicoloxía Xenómica para coñecer cómo afectan ó noso organismo determinadas sustancias cotiás, polo que foi recoñecida como Mellor Investigadora Xoven de Europa pola Sociedade Europea de Xenómica e Mutaxénesis Ambiental. Ten un Doctorado en Bioloxía e é unha Investigadora Doctora da Universidade da Coruña, con varios anos de experiencia no campo da Toxicoloxía Xenética. En 2007 terminou a súa Tesis de Licenciatura, traballo polo que recibiu o Premio da Real Academia Galega de Ciencias ó Xoven investigador 2008. Actualmente, desenvolve a súa actividade investigadora no laboratorio de Toxicoloxía na Universidade de A Coruña, onde participa en varios proxectos de investigación e codirixe unha Tesis Doctoral e dous Traballos de Fin de Máster.
![Page 15: As mulleres científicas máis influíntes na historia](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022081520/58f2a75e1a28ab45598b457b/html5/thumbnails/15.jpg)
Elena García
Elena García é unha enxeñeira española que lidera o grupo do CSIC que desenvolveu o primeiro exoesqueleto biónico do mundo para nenos con atrófia muscular espiñal, enfermidade dexenerativa que afecta a 2000 nenos en España. Está doctorada na universidade politécnica de Madrid e é científica titular no centro de automática e robótica. O seu proxecto Atlas é pioneiro do mundo.
![Page 16: As mulleres científicas máis influíntes na historia](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022081520/58f2a75e1a28ab45598b457b/html5/thumbnails/16.jpg)
María Inmaculada Paz
Naceu o 14 de novembro de 1928 en Pontevedra. Obtivo un doctorado en Física, é catedrática de Física Aplicada (especializada na Termodinámica) e investigadora na Universidade de Santiago de Compostela, tamén ten un certificado de estudos superiores na Universidade de Marsella (Francia). Ampliou os seus estudos e colaborou en investigacions na Universidade de Manchester (UK) e no Instituto de Microcalorimetría e Termoxenesis do CNRS de Marsella. En 1964 introduciu a microcalimetría en España. Realizou traballos sobre a termodinámica aplicada, estudos calorimétricos e determinacións do calor específico de sólidos e líquidos. Coordinóu e dirixiu o equipo que elaborou o sistema experto para predicir o peligro de incendios forestais en Galicia, Santiago de Compostela e o proxecto THOR.
![Page 17: As mulleres científicas máis influíntes na historia](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022081520/58f2a75e1a28ab45598b457b/html5/thumbnails/17.jpg)
Alicia Estévez Toranzo
Naceu en Pontevedra o 20 de novembro de 1955, é unha científica galega, especializada na ictiopatoloxía, ou patoloxías que afectan aos peixes. Catedrática da Universidade de Santiago de Compostela (USC) no departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía, desenvolveu a súa investigación no ámbito da biotecnoloxía, máis concretamente no estudo de patoloxías de peixes e a elaboración de vacinas para a acuicultura, sendo hoxe en día un referente mundial neste campo. Nos últimos 10 anos dirixiu 16 tesis doctorais, publicou un libro, 30 capítulos de libros e 132 traballos de investigación. Ten sete patentes rexistradas e participou nun grande número de proxectos científicos con financiacións públicas e privadas. En 1993 recibiu o Premio Jaime Ferrán na categoría de investigadores, otorgado pola Sociedade Española de Microbioloxía.
![Page 18: As mulleres científicas máis influíntes na historia](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022081520/58f2a75e1a28ab45598b457b/html5/thumbnails/18.jpg)
Para concluír:
Pese a que a muller foi un xénero despreciado durante moitos anos, cada día consigue saír adiante, e vai gañando igualdade e respeto, coa esperanza de que algún destes días consiga a igualdade total entre homes e mulleres.
![Page 19: As mulleres científicas máis influíntes na historia](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022081520/58f2a75e1a28ab45598b457b/html5/thumbnails/19.jpg)
8 de marzo, Día da muller