as bruxas non me dan medo -...

28
as bruxas non me dan medo (o que me dá medo son os fillos de puta) o concepto “bruxa” na creación audiovisual contemporánea

Upload: doannhan

Post on 05-Dec-2018

220 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: as bruxas non me dan medo - igualdade.pontevedra.galigualdade.pontevedra.gal/web2016/wp-content/uploads/2016/11/TFM-As... · RESUMO As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son

as bruxas non me dan medo(o que me dá medo son os fillos de puta)

o concepto “bruxa” na creación audiovisual contemporánea

Page 2: as bruxas non me dan medo - igualdade.pontevedra.galigualdade.pontevedra.gal/web2016/wp-content/uploads/2016/11/TFM-As... · RESUMO As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son
Page 3: as bruxas non me dan medo - igualdade.pontevedra.galigualdade.pontevedra.gal/web2016/wp-content/uploads/2016/11/TFM-As... · RESUMO As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son
Page 4: as bruxas non me dan medo - igualdade.pontevedra.galigualdade.pontevedra.gal/web2016/wp-content/uploads/2016/11/TFM-As... · RESUMO As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son

RESUMO

As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son os fillos de puta) é un traballo que, situado no punto onde se esvaecen os límites entre investigación e creación, está formado por este documento teórico e polo traballo audiovisual que o complementa.

Partindo da idea da “bruxa” como unha construción cultural consciente e socialmente asentada, este proxecto propón unha análise ampla do concepto a través dunha serie de fragmentos audiovisuais minuciosamente seleccionados e revisados desde perspectivas heteroxéneas: literaria, antropolóxica, social e feminista. Con este método apropiacionista xorde unha nova peza videográfica a través de materiais preexistentes, recontextualizándoos e xerando novos significados. Así, o vídeo conta con numerosas referencias e citas a outras obras, polo que o papel activo e crítico do espectador é esencial para a lectura da peza.

Co obxectivo de reflexionar sobre a permanencia de certos clichés relacionados co entendemento da muller nas sociedades actuais, o elemento de estudio e, polo tanto,o ámbito de aplicación, é a representación da figura feminina da bruxa na creación audiovisual contemporánea. Erguéndose como unha das moitas representacións da mullerna pantalla, a idea da bruxa non deixa de demostrar as consideracións verdadeiramente interesadas dos creadores e, paralelamente, reflexa as características dunha realidade social baseada na desigualdade.

En definitiva, neste traballo se identifican estas características ou estes estereotipos no plano lingüístico (é dicir, na utilización do termo “bruxa” en diálogos cinematográficos e televisivos) e na caracterización de determinados personaxes e argumentos.

PALABRAS CLAVE

Bruxa – muller – found footage – estereotipos – cine

Page 5: as bruxas non me dan medo - igualdade.pontevedra.galigualdade.pontevedra.gal/web2016/wp-content/uploads/2016/11/TFM-As... · RESUMO As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son

ÍNDICE

1. INTRODUCIÓN 3 1. 1. Sobre este traballo 1. 2. Obxectivos e motivacións 1. 3. Metodoloxía

2. APROXIMACIÓN AO TERMO: que é unha bruxa? 5 2. 1. A bruxa desde as perspectivas antropolóxica, social e feminista 2. 1. 1. A perspectiva antropolóxica 2. 1. 2. A perspectiva social 2. 1. 2. 1. Maldade/fealdade 2. 1. 2. 2. Muller fatal 2. 1. 3. A perspectiva feminista

3. AS BRUXAS NA CREACIÓN AUDIOVISUAL CONTEMPORÁNEA 6 3. 1. Bruxa, muller e perversidade 3. 2. Novas interpretacións da bruxa e da bruxaría no medio audiovisual 3. 2. 1. Reinterpretación de feitos históricos e novas situacións 3. 2. 2. A bruxa hoxe: maldade, canon, glamour 3. 3. Construcións lingüísticas 3. 3. 1. Sinónimo de infame 3. 3. 2. A madrastra 3. 3. 3. Actitudes feministas 3. 3. 4. Xogos de palabras

4. AS BRUXAS NON ME DAN MEDO (O QUE ME DÁ MEDO SON OS FILLOS DE PUTA): algunhas aproximacións a casos concretos 10

5. CONCLUSIÓNS 11

6. FONTES DOCUMENTAIS 12 6. 1. Referencias bibliográficas 6. 2. Referencias periodísticas 6. 3. Catálogos 6. 4. Referencias cinematográficas 6. 5. Outras referencias

Page 6: as bruxas non me dan medo - igualdade.pontevedra.galigualdade.pontevedra.gal/web2016/wp-content/uploads/2016/11/TFM-As... · RESUMO As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son
Page 7: as bruxas non me dan medo - igualdade.pontevedra.galigualdade.pontevedra.gal/web2016/wp-content/uploads/2016/11/TFM-As... · RESUMO As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son

1. INTRODUCIÓN1. 1. Sobre este traballo

Como se expuña no resumo, As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son os fillos de puta) é un traballo de investigación e creación formado por este documento e polo vídeo que o complementa. O vídeo constitúese como unha peza artística baseada no metraxe atopado, e é xustamente por iso (por construírse a partir de fragmentos de diversas películas e series de televisión) polo que está integramente realizado en español.

Para a elaboración deste documento seguíronse as normas ditadas polo sistema anglosaxón de citación, recollidas na Norma UNE 50-104-94 (Una Norma Española). Ademais, cómpre dicir que as citas foron traducidas pola propia autora do traballo (excepto os títulos de libros, series e películas, e todo o apartado de fontes documentais, onde se rexistran as referencias no idioma no que foron consultadas).

Respecto ás partes das que consta o traballo, pódese dicir que este comeza cunha introdución na que se acouta o marco conceptual da investigación, así como os obxectivos e as motivacións da mesma. Ademais, engádense neste apartado os aspectos máis relevantes sobre a metodoloxía empregada para a realización do proxecto (fontes bibliográficas consultadas, sistemas metodolóxicos utilizados, etc.).

Os apartados máis extensos son os adicados á investigación. O capítulo dous érguese así como unha revisión xeral dos conceptos tratados, mentres que no capítulo tres a análise é máis concreta e detallada. O punto número catro recolle casos concretos da aparición da bruxa na pantalla, establecendo sempre a análise en paralelo ao vídeo adxunto.

Por último, preséntanse as conclusións e as fontes documentais, que inclúen fontes bibliográficas, cinematográficas e televisivas, periodísticas, etc.

1. 2. Obxectivos e motivacións

“Sobre o fondo branco da pantalla de cine se proxecta unha silueta negra, con gorro de forma aguda, pelo coma estropallo e roupa desarranxada. (...) Unha figura tenebrosa, desagradable e sinistra, que provoca repulsión, medo e tamén atracción” (Pedraza 2016: 7).

O obxectivo principal deste traballo de investigación e creación é, como se expuña no resumo, analizar a presenza da construción cultural da bruxa no mundo actual, defendendo a súa existencia máis alá do plano literario e do estereotipado personaxe ficticio (tan presente no imaxinario colectivo), e detallando as súas implicacións antropolóxicas, sociais e feministas. Para isto, úsase como elemento fundamental de estudo a súa aparición na creación audiovisual contemporánea, por un lado no plano lingüístico (nos diálogos) e, por outro, no ámbito de personaxes e argumentos.A figura da bruxa sempre formou parte dos meus intereses e, por elo, estivo presente en moitos dos meus traballos artísticos e teóricos anteriores. É apropiado comentar, neste punto, que a “bruxa” dos meus proxectos non é unha simple ilustración dos clásicos estereotipos, senón que funciona como concepto, afastándose conceptualmente da coñecida bruxa literaria.

3

Empregar un personaxe deste tipo implica buscar novas perspectivas e, en definitiva, o que me axudou a atopar ese novo punto de vista e a elaborar este proxecto foi o meu interese por comprender certas construcións culturais relacionadas coa muller (maldade, fealdade, beleza...), e que poden ser incluídas dentro do concepto “bruxa”.

No diálogo que se establece entre a bruxa literaria e o resto de implicacións que ten a súa imaxe realicei proxectos como La bruja debe morir, no que se retoma o castigo que a malvada bruxa de Brancaneves sofre ao final do conto dos irmáns Grimm: “pero xa puxeran zapatos de ferro sobre carbóns acendidos, e logo os colocaron diante dela con tenazas. Obrigouse á bruxa a entrar nos zapatos incandescentes e a bailar ata que lle chegara a morte”.

La bruja debe morir (2016)Produción audiovisual

57’’

Page 8: as bruxas non me dan medo - igualdade.pontevedra.galigualdade.pontevedra.gal/web2016/wp-content/uploads/2016/11/TFM-As... · RESUMO As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son
Page 9: as bruxas non me dan medo - igualdade.pontevedra.galigualdade.pontevedra.gal/web2016/wp-content/uploads/2016/11/TFM-As... · RESUMO As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son

4

1 Serie presente na mostra colectiva Así nos ven, así somos? A imaxe da muller na arte (Pinacoteca Francisco Fernández de Riego, Vigo, 2015).

BURN, WITCH, BURN (2016)Debuxo dixital sobre papel

Este proxecto podería considerarse unha revisión do Traballo Fin de Grao, BURN, WITCH, BURN!1. Nesta serie de debuxos abordábase a figura da bruxa desde diferentes perspectivas, ofrecendo así un mapa de tipoloxías, un percorrido por aquelas mulleres reais que, ás veces inxustamente, foron (e seguen sendo) clasificadas de bruxas: mulleres adiantadas ao seu tempo, perversas, asasinas, políticas, fatais, sedutoras, rompedoras, atrevidas...

Algúns destes debuxos xa anticipaban un posible proxecto centrado no cine: Marlene Dietrich, recordada como muller fatal na gran pantalla e, ademais, como unha revolucionaria na súa vida persoal; Gloria Swanson (ou Norma Desmond), unha mala de cine con maiúsculas; Uma Thurman o Renée Zellweger...

1. 2. Metodoloxía

En canto á metodoloxía, as fontes primordiais tanto do proxecto teórico como práctico son as producións de ficción de cine e televisión, de onde se extraen casos concretos para o seu posterior estudio.

O proceso de selección deste material audiovisual foi laborioso e complexo, especialmente no relacionado cos diálogos. A busca deste conta cun certo compoñente azaroso (en canto á espera de que a palabra “bruxa” apareza na pantalla), e tivo que ver coa miña propia experiencia subxectiva como espectadora. Ademais, utilicei ferramentas virtuais de busca, como subzin.com.

Por outra parte, é importante comentar que o criterio se selección destes materiais non é gratuíto, dado que a elección e os comentarios destes casos concretos buscan reflectir, desde un punto de vista determinado, unha serie de cuestións específicas.

A lectura de fontes bibliográficas foi tamén esencial para comprender diferentes aspectos relacionados co mundo da bruxa, así como para insistir na análise das referencias cinematográficas.O feito de consultar publicacións como Las brujas en el mundo, de Massimo Centini, o La opresión y la represión de la mujer vista por la historia del cine, de F. Javier González-Fierro Santos, axudoume a ampliar a miña visión sobre o tema, e a atopar, desta forma, puntos temáticos clave que me levaron a revisar outro tipo de bibliografía máis específica.

É importante mencionar tamén a revisión de referencias artísticas, que me serviron para comprender cuestións concretas sobre o found footage e para enfocar temáticamente o meu traballo.

Page 10: as bruxas non me dan medo - igualdade.pontevedra.galigualdade.pontevedra.gal/web2016/wp-content/uploads/2016/11/TFM-As... · RESUMO As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son
Page 11: as bruxas non me dan medo - igualdade.pontevedra.galigualdade.pontevedra.gal/web2016/wp-content/uploads/2016/11/TFM-As... · RESUMO As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son

2. APROXIMACIÓN AO TERMO: que é unha bruxa?

Que é unha bruxa? O antropólogo Carmelo Lisón Tolosana se refire ao termo “bruxa” como “simultaneamente evocador, flexible e ambiguo” (Lisón Tolosana 2004: 53), e é que falar de bruxas é algo máis que falar da construción dun estereotipado personaxe de ficción. As distintas implicacións que inclúe a palabra son o suficientemente amplas e suxestivas como para dedicarlle un estudo profundo pero, co fin de realizar un primeiro esbozo ou apunte do que significa (e contestar dunha forma esclarecedora á pregunta que encabeza este apartado), poderíase establecer unha relación de tódolos significados que o termo “bruxa” comprende, para o que convén analizar a palabra desde tódalas perspectivas posibles, ou polo menos desde as que parecen máis relevantes.

Etimoloxicamente, parece que a procedencia do termo español “bruja” é incerta e, sen embargo, as orixes desta palabra en inglés e alemán (wizard/witch, hexer/hexe) a aproximan ao significado de “sabia”, do que se deduce un contido certamente positivo e enriquecedor que destaca entre as desfavorables definicións que ofrecía a Real Academia Española na súa 22ª edición (Real Academia Española 2014):

bruja.(Quizá voz prerromana).

1. f. Mujer a la que se atribuían supersticiosamente poderes extraordinarios. 2. f. En los cuentos infantiles o relatos folclóricos, mujer fea y malvada, que tiene poderes mágicos y que, generalmente, puede volar montada en una escoba. 3. f. Coloq. Mujer de aspecto repulsivo. 4. f. Coloq. Mujer malvada.

Segundo estas primeiras aproximacións semánticas e etimolóxicas, dedúcese que existen catro posibles perspectivas desde as que abordar o termo que nos ocupa, perspectivas que indubidablemente se atopan presentes no imaxinario colectivo. A figura da bruxa, entendida non só como un personaxe, senón como construción cultural, conta entón cos puntos de vista literario, antropolóxico, social e feminista.

2. 1. A bruxa desde as perspectivas antropolóxica, social e feminista2. 1. 1. A perspectiva antropolóxica

Desde a perspectiva antropolóxica (que, como xa se viu, define á bruxa como a “muller á que se atribuían supersticiosamente poderes extraordinarios”), e como sostén Umberto Eco, as denominadas bruxas eran “anciás feiticeiras que afirmaban coñecer herbas medicinais e outros filtros. Algunhas (...) vivían a costa da credulidade popular, outras estaban realmente convencidas de ter relacións co demo, e eran casos clínicos. Pero en conxunto as bruxas representaban unha forma de cultura popular” (Eco 2007: 203). Dedúcese que a maioría destas bruxas eran mulleres maiores, quizais curandeiras ou comadroas, que tiñan grandes coñecementos das propiedades das plantas locais. Con elas podían elaborar ungüentos e apócemas que, acompañadas de textos ou conxuros conseguían solucionar os problemas dos que acudían a elas en busca de axuda. E, como se pode apreciar, o máis común neste ámbito é falar de bruxas en feminino. Ao comparar a cantidade de bruxos coa de bruxas, “estas levan unha considerable vantaxe numérica” (Atienza 1986: 17).

2. 1. 2. A perspectiva social 2. 1. 2. 1. Maldade/fealdade

Desde unha visión máis social, existe unha asociación directa entre a palabra “bruxa” e aquela muller considerada, tanto colectiva como individualmente, de malvada ou de aspecto desagradable. Pero, que son realmente a maldade e a beleza e quen é o encargado de decidir que é o malvado ou o bonito? É peor a muller máis poderosa do mundo que o home máis poderoso do mundo? As respostas a estas preguntas son incertas e, pese a elo, o termo “bruxa” é usado con frecuencia neste senso. Ditas consideracións tenden a ser produto de prexuízos sociais obtidos a través da información dos medios de comunicación, cuxo obxectivo primordial é culpar ás protagonistas da noticia. Ante esta reflexión, é importante comparar as acepcións de “bruxa” coas de “bruxo”. Mentres a primeira palabra contén os significados negativos anteriormente presentados, o “bruxo” da RAE é un feiticeiro, mais non destaca nin pola súa fealdade nin pola súa maldade. Estas diferencias esenciais entre xéneros son probablemente produto dun pensamento misóxino que consegue asociar as propiedades negativas coa muller, como apunta Umberto Eco: “desde os inicios, aínda que se recoñecera que a maxia negra a practicaban tanto homes como mulleres, por unha especia de misoxinia arraigada se identificaba preferentemente ao ser maléfico cunha muller” (Eco 2007: 203).

2. 1. 2. 2. Muller fatal

“Pero a bruxa non era só a parteira, a muller que evitaba a maternidade ou a mendiga que a duras penas gañaba a vida roubando un pouco de leña ou de manteiga aos seus veciños. Tamén era a muller libertina e promiscua, a prostituta ou a adúltera e, polo xeral, a muller que practicaba a súa sexualidade fóraa dos vínculos do matrimonio e da procreación” (Federici 2010:254).

E é que esta perspectiva, a social, permitiría incluír outro aspecto que, aínda que tamén pode ser relacionado coa beleza, se aproxima máis a cuestións sexuais, establecendo unha alusión directa co coñecida idea da ‘femme fatale’ ou muller fatal. Xa na tradición literaria as bruxas tiñan a habilidade de converterse no que necesitaran para conseguir os seus maléficos fins e, nalgunhas historias, lograban engaiolar e enganar grazas ao seu aspecto, transformándose en atractivas e xoves mulleres.Porén, é importante recordar o feito de que estas cuestións non só forman parte dos contos populares: son moitas as testemuñas que aluden á crenza real de que existe un vínculo sexual entre a muller e Satán, pois é precisamente o ter pactado co demo a principal acusación cara as bruxas. Lutero, por exemplo, afirmaba que “as bruxas eran as prostitutas do demo” (Centini 2002: 41). Ademais, é de sobra coñecida a atribución dun carácter sexual a certos atributos das bruxas, como as escobas ou bastóns. Citando de novo a Eco, “as bruxas (...) organizan auténticas orxías, mantendo relacións sexuais co demo baixo a forma dun macho cabrío. A imaxe que cabalga sobre unha escoba representa unha clara alusión fálica” (Eco 2007: 203).

A relación bruxa-muller fatal explícase no feito de que ambas figuras son apreciadas como mulleres independentes, sedutoras e perigosas, e isto invita a preguntarse “en que medida a imaxe da muller fatal xurdiu como unha transformación laica do arquetipo da bruxa creado polo discurso relixioso” (Zamora e Ortiz 2012: 188).

5

Page 12: as bruxas non me dan medo - igualdade.pontevedra.galigualdade.pontevedra.gal/web2016/wp-content/uploads/2016/11/TFM-As... · RESUMO As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son
Page 13: as bruxas non me dan medo - igualdade.pontevedra.galigualdade.pontevedra.gal/web2016/wp-content/uploads/2016/11/TFM-As... · RESUMO As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son

2. 1. 3. A perspectiva feminista

Segundo a perspectiva feminista, “bruxa” é a muller capaz de defenderse ou de rebelarse ante as inxustizas da sociedade. Esta consideración implica que a bruxa sexa tamén a muller adiantada á súa época e contraria ao establecido polo poder, e é precisamente esta teoría a que defende Juan García Atienza, expoñendo que as bruxas son, esencialmente, unhas contestatarias. En referencia a procesos e acontecementos históricos, o seu argumento baséase en que “sendo a muller a gran marxinada (...), resulta máis lóxica a súa rebelión satánica contra o mundo que a tiña relegada a graos case incribles (...) de anulación total, tanto de dereitos como de personalidade” (Atienza 1986: 17).

Algúns estudos apuntan que esta misoxinia foi a clave ou a orixe da coñecida “caza de bruxas”, nacida nun contexto caracterizado por unha profunda intolerancia e por un gran control da Igrexa, organización pouco disposta a permitir posturas inconformistas ou simplemente distintas ao “normal”: calquera acción neste senso entendíase como unha ameaza política, relixiosa e sexual, e evidentemente tiña que ser reprimida.A caza de bruxas foi entón, baixo este punto de vista, “unha guerra contra as mulleres, (...) un intento coordinado de degradalas e destruír o seu poder social. Ao mesmo tempo, foi precisamente nas cámaras de tortura e nas fogueiras nas que morreron as bruxas onde se forxaron os ideais burgueses do feminino e do doméstico” (Federici 2010: 255).

E é por todo isto polo que certas correntes do feminismo cren que a bruxería é o primeiro movemento feminista da historia e, desde este punto de vista, “bruxa” é entón a muller independente ou, como se lee no manifesto feminista do grupo W.I.T.C.H. (Women’s International Terrorist Conspiracy from Hell), é a muller “que se atreveu a ser xenial, valente, agresiva, intelixente, inconformista, exploradora, curiosa, independente, liberada sexualmente, revolucionaria”. O son tódalas mulleres que logran sobresaír en determinados momentos e ámbitos dominados por homes, como a literatura, a arte, a política ou a música, e o son as que teñen a forza para rebelarse e conseguir ser, simplemente, “diferentes”.

A pesar de tódolos avances en cuestións de igualdade, tamén hoxe existen “bruxas”: a muller que non acepta os canons de beleza, a que rexeita ser menos que o seu compañeiro de traballo, a que non permite que decidan por ela. En xeral, a opinión pública tende a conceder especial importancia ás cualidades físicas da muller en detrimento da súa intelixencia.O certo é que parece que nos atopamos ante un gran número de contradicións. Unhas opinións (as máis estendidas) propoñen que as mulleres son donas dos seus propios corpos pero á súa vez censuran certos comportamentos que consideran demasiado atrevidos ou radicais. Neste senso, parece que as mulleres poden espirse segundo onde e para que ou para quen.

3. AS BRUXAS NA CREACIÓN AUDIOVISUAL CONTEMPORÁNEA

Na actualidade, é indubidable que a bruxa está presente en numerosos contextos creativos. En canto ao audiovisual, débese distinguir, por un lado, a súa aparición como personaxe e, por outro, a existencia do termo “bruxa” nos diálogos. Ambos aspectos se nutren de tódolos significados anteriormente citados (antropolóxico, social, feminista, literario), aínda que cada un deles mostra unha maior carga de cada unha das perspectivas, se ben é certo que o personaxe ficticio da bruxa ten que ver principalmente coa perspectiva literaria e coa toda a súa tradición na narrativa popular. “A partir do ano 2000 a proliferación de películas sobre bruxas é manifesta. (...) custa atopar un ano deste século no que non se estrease unha película na que aparezan, de modo máis ou menos significativo, as bruxas” (Mallavibarrena 2016: 272).

3. 1. Bruxa, muller e perversidade

Para comezar, é importante recordar que o personaxe bruxesco non é máis que unha das múltiples representacións que da muller se xeran na creación, representacións que tenden a estar cargadas de diversas significacións. Así, “moitos dos artistas que figuran nos libros de historia da arte con maiúsculas manipularon a imaxe da muller, usándoa de maneira interesada e subxectiva: eles eran os xenios, elas simplemente musas pasivas” (Cendán: 18). Neste senso, é evidente que a bruxa, como unha desas representacións da muller, non vai estar exenta das accións “interesadas” dos autores. Ela foi tradicionalmente empregada como motivo na literatura, ata o punto de que funciona como un personaxe imprescindible para actuar como contrapunto á beleza, bondade e valor dos protagonistas. En filmes como Blancanieves y los siete enanitos (David Hand, 1937) ou El mago de Oz (Victor Fleming, 1939), por exemplo, “a bruxa malvada actúa como detonante do relato, é a antagonista da heroína, o polo necesario para que se desate a trama” (Mallavibarrena 2016: 268). De feito, é común a opinión que di que para que o final do relato sexa feliz, é necesaria a súa morte: “para que o conto de fadas teña éxito, a bruxa debe morrer” (Cano Vela y Pérez Valverde 2003: 518).

En canto ao modo de representar á bruxa, pódese dicir que as caracterizacións son variadas, aínda que en xeral séguense os estereotipos propostos nos contos de Perrault, Andersen e os irmáns Grimm. Descríbense así monstros femininos que converten a príncipes en ras e que encarceran a princesas en altas torres, pero tamén horribles madrastras e mentes femininas perversas que se transforman en doces mozas para Activistas do grupo W.I.T.C.H.

6

Page 14: as bruxas non me dan medo - igualdade.pontevedra.galigualdade.pontevedra.gal/web2016/wp-content/uploads/2016/11/TFM-As... · RESUMO As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son
Page 15: as bruxas non me dan medo - igualdade.pontevedra.galigualdade.pontevedra.gal/web2016/wp-content/uploads/2016/11/TFM-As... · RESUMO As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son

enganar aos protagonistas. O certo é que estes enganos non só se aprecian no aspecto físico, como ocorre coa bruxa de La Sirenita (John Musker e Ron Clements, 1989), senón tamén nas súas macabras actitudes. A coñecida bruxa de Hansel e Gretel, por exemplo, mostra nun primeiro momento, e a pesar do seu aspecto, unha conduta moi amable para confundir e atraer ás súas vítimas, pero os seus métodos non teñen nada que envexar aos crueis castigos da madrastra de La Cenicienta (Clyde Geronimi, Hamilton Luske e Wilfred Jackson, 1950). E é que “a figura tradicional da bruxa é substituída en épocas recentes nos contos populares coa da madrastra; é dicir, coa nai non natural, símbolo da ruptura da parella tradicional” (González-Fierro 2011: 304).

As bruxas son, tradicionalmente, malvadas, feas e anciás, e fan todo o necesario para que a historia non teña un final feliz: apócemas, feitizos, trampas... do que se deduce que, independentemente da diversidade de tipoloxías que se empregan, parece que os autores comparten unha curiosa intención de mostrar a natureza destrutiva e maliciosa das mulleres. Neste sentido, a figura da bruxa funciona case como un eufemismo para aludir a unha suposta maldade feminina, maldade que na ficción, como na realidade, parece ser a única posible. A diferenza entre bruxa e bruxo faise aquí patente na practicamente inexistencia do bruxo como antiheroe e, de novo, é necesario comentar que “non é casual que na terminoloxía cotiá mentres que o término bruxo, fóra do contexto esotérico, serve para definir a alguén extraordinariamente dotado para unha actividade (...), na súa vertente feminina, o de bruxa case sempre gozará dun significado negativo” (González-Fierro 2011: 304). É innegable que a demonización do feminino non é algo novo e, claro, tampouco é exclusivo do plano literario. A sociedade nútrese do exposto na literatura (e, por extensión, en tódolos ámbitos artísticos), e viceversa, e “(...) os demos, nas fantasías e nas visións dos relixiosos que se sometían a todo tipo de privacións, se presentaban case sempre como mulleres fascinantes e provocadoras” (Centini 2002: 27).

A muller como bruxa (ao igual que as supersticións) desempeñou unha función social básica, servindo de explicación para as desgrazas da existencia en múltiples ocasións e contextos, polo que se pode falar dun nexo socialmente producido e establecido entre o perverso e o feminino. Algunhas opinións suxiren incluso que a fobia cara ás bruxas foi xerada intencionadamente cun obxectivo claro, o de trasladar a responsabilidade dos dirixentes para as clases populares: “o resultado principal do sistema de caza de bruxas consiste en que os pobres chegaron a crer que eran vítimas de bruxas e demos en vez de príncipes e papas” (Harris 1998: 213).

O medo que provoca a bruxa, a muller, aparece incluso na gran pantalla cando non hai un personaxe visible. É o que ocorre con El proyecto de la bruja de Blair (Daniel Myrick e Eduardo Sánchez, 1999): “o medo segue aí. E da bruxa, á que non vemos pero de quen oímos falar, sabemos que foi unha vella cuxo espectro se volveu rabiosamente vingativo (...). Non hai nada máis” (Pedraza 2014: 298).

3. 2. Novas interpretacións da bruxa e da bruxería no medio audiovisual

Neste punto, e tendo en conta o exposto no anterior apartado, é importante separar deste análise ás bruxas que son protagonistas da literatura infantil contemporánea, xa que neste campo, segundo Francisco Zaragoza Cabales e María José Carrillo López, “hai bruxas xoves, amables e fermosas, despistadas, torpes, bromistas, deportistas, feministas e incluso cibernautas” (Cano Vela e Pérez Valverde 2003: 213). En canto ao resto de creacións, é certo que, aínda que elas seguen sendo crueis, altivas e egoístas, en moitas historias búscase un novo punto de vista: “(...) na actualidade nos atopamos ante a renovación do personaxe, que se enriquece con novos matices e diversas fisionomías” (Cano Vela e Pérez Valverde 2003: 313). E enriqueza ou non aos personaxes, a renovación da figura da bruxa xerou a revisión de coñecidos feitos históricos (como os xuízos de Salem ou os procesos ocorridos en Zugarramurdi), así como a actualización de argumentos e arquetipos, que chegan incluso a alterar extremadamente estereotipadas caracterizacións físicas e psicolóxicas dos personaxes bruxescos.

3. 2. 1. Reinterpretacións de feitos históricos e novas situacións

“A persecución da bruxaría protagonizada por mulleres (...) deu para a historia casos realmente célebres que foron levados nalgún momento á pantalla” (González-Fierro 2011: 13) e, a pesar de que o uso destes feitos históricos non é algo inaudito, contrapor algunhas das creacións contemporáneas con outras anteriores parece unha tarefa interesante, especialmente tendo en conta os contextos nos que estas se producen. Series como Salem (Adam Simon e Brannon Braga, 2014) recuperan os procesos sucedidos no século XVII na localidade estadounidense de Massachusetts, procesos que xa anteriormente serviran de inspiración para múltiples autores. É o caso do dramaturgo Arthur Miller e da súa obra Las brujas de Salem (1953), que os emprega como metáfora para tratar unha situación do seu propio contexto, a guerra fría. A serie de 2014 non parece, porén, ter ningún obxectivo especialmente orixinal na reutilización da historia, polo menos non un obxectivo tan profundo como o presente na obra de Miller. Non se pode falar entón dunha actualización ambiental ou escenográfica (os decorados buscan simular a época e o lugar real), polo que a única novidade nesta produción é a renovación dos caracteres físicos da bruxa, tema que se concretará no seguinte apartado.

Os procesos por bruxaría levados a cabo pola Inquisición española foron escasos e, sen embargo, é de sobra coñecido o das bruxas de Zugarramurdi, onde foron queimadas numerosas mulleres acusadas de bruxería.Estes feitos, como os de Salem, xeraron múltiples obras literarias e cinematográficas. En canto ao literario, é importante mencionar que as acusacións deste proceso foron publicadas nun libro en 1611, na Relación das cousas e maldades que se cometen na seita dos bruxos segundo

Imaxe de La Cenicienta (Clyde Geronimi, Hamilton Luske e Wilfred Jackson, 1950)

7

Page 16: as bruxas non me dan medo - igualdade.pontevedra.galigualdade.pontevedra.gal/web2016/wp-content/uploads/2016/11/TFM-As... · RESUMO As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son
Page 17: as bruxas non me dan medo - igualdade.pontevedra.galigualdade.pontevedra.gal/web2016/wp-content/uploads/2016/11/TFM-As... · RESUMO As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son

nas súas sentencias e confesións. Leandro Fernández de Moratín reeditou esta relación douscentos anos despois, engadindo notas e comentarios satíricos aos textos orixinais.

Como se observa na imaxe desta mesma páxina, ante un texto no que se pode ler “(...) e os azoutaba cuns espinos moi ásperos, que llos metían pola carne, e saía sangue, e o máis ordinario o Demo sacaba logo (da súa oficina e botica que ten de ungüentos, augas e pos)”, o autor respondía cun irónico “Vése que o Demo é aficionadísimo á farmacia. Gran boticario!”.

“Interesante mirada sobre o que poden ocultar estes casos de bruxaría e represión colectiva é a de Pedro Olea na súa película Akelarre (...). Aquí as bruxas e bruxos no son vítimas da estupidez humana, senón da mala política e da inxustiza social que condena todo o que non interesa ás clases dominantes” (Pedraza 2014: 139). Amunia representa neste filme á anciá parteira, á curandeira, e “incluso no momento da súa morte mantén na súa figura toda a dignidade e sabedoría da vellez” (Hormigos Vaquero 2007: 503).

Noutras creacións, como American Horror Story: Coven (Ryan Murphy, 2013), emprégase a figura da bruxa e do grupo de bruxas con fins certamente ambiguos: a serie establece un paralelismo temático entre diferentes épocas (a actual e outras pasadas), conseguindo unha amalgama de asuntos completamente diferentes entre os que destacan a problemática da escravitude nos Estados Unidos, a tensión racial, e algunhas actitudes que intentan, sen demasiado éxito, aproximarse ao feminismo. Convén sinalar o interese que posúe a introdución de feitos e personaxes reais (como a escravista Madame Lalaurie ou Salem, de novo) combinados co mundo bruxesco inventado polos creadores, ademais do tratamento da bruxaría desde un enfoque distinto ao occidental, engadindo cuestión de orixe africano, como as prácticas de vodú.É tamén importante comentar a aparición clara da bruxa como muller fatal, encarnada na maior parte das protagonistas femininas da serie, que poderían ser descritas como sedutoras e irresistibles.

A reinterpretación de famosos contos populares é tamén frecuente. Exemplo de elo son a diversidade de películas e series que retoman o argumento e os personaxes de Brancaneves e os sete ananos, ás veces mantendo o sentido do relato, e outras terxiversando completamente a historia.

A recente Maléfica (Robert Stromberg, 2014) recolle parte do conto de La bella durmiente, facendo protagonista á malvada bruxa e inventando os feitos que construíron a súa perversa personalidade. O argumento desta película provoca que para o espectador a infame conduta da bruxa se entenda en ocasións como lexítima e comprensible e, máis alá de cuestións subxectivas, é interesante lograr tal modificación argumental tensando o relato e cambiando totalmente o enfoque dunha historia clásica tan presente no imaxinario colectivo.E precisamente porque a historia se atopa certamente arraigada, o espectador non termina de esquecer que o personaxe é cruel e vingativo, independentemente dos motivos da súa transformación. É importante sinalar aquí que a vinganza é asumida polo receptor de maneiras moi distintas segundo o xénero do personaxe vingador, pero sería ridículo dicir que a culpa é unicamente do espectador, pois parece evidente a importante influencia do enfoque dos autores, así como de toda a tradición literaria.

Neste sentido, “os vingadores masculinos serán mostrados como irredentos heroes solitarios motivados por dar xustiza a un inxusto suceso do pasado, mentres que as vingadoras femininas pola contra son seres irracionais arrastrados pola loucura vinculada ao seu xénero e/ou aos celos” (González-Fierro 2011: 304).

Xunto coa revisión de acontecementos históricos e contos populares, é común a recuperación de mitos e lendas clásicas. Hécate, a maga por excelencia, é presentada en todo tipo de creacións audiovisuais.

No filme A máscara do demo (Mario Brava, 1960) vese “a maxestuosidade da deusa bifurcada nas súas dúas protagonistas femininas: a bruxa Asa (...) e a princesa Katia, acompañada de dous cans negros de presa, animais que anuncian a epifanía da deusa do submundo cos seus ladridos” (Hormigos Vaquero 2007: 478). A deusa Hécate e o símbolo dos cans son recursos utilizados tamén por Chris Cunningham no videoclip Frozen para Madonna.

3. 2. 2. A bruxa hoxe: maldade, canon, glamour

“Desde O mago de Oz, (...) a iconografía da bruxa tomou camiños diverxentes: o da tradicional, popular e odiosa bruxa mala de cara verde e arrugada, gran nariz que case se lle xunta co queixo, verrugas, vestida de negro, sombreiro de copa e escoba voadora. E a que deriva da femme fatale na súa faceta escura pero fascinante: xuventude, beleza, palidez, certos poderes, e ultimamente estética punk ou derivada dela na roupa e a xoiería. Hai outro estereotipo, sobre todo televisivo, en comedias de enredo e series amables de consumo familiar dos anos sesenta: o da muller normal, adolescente rebelde de instituto ou na flor da feminidade casadeira, fermosa, pícara ou melindrosa. En todo caso non acabará na fogueira senón nas asfixiantes ascuas do matrimonio de clase media” (Pedraza 2014: 267).

A maioría dos personaxes bruxescos actuais, como se apuntou no apartado anterior, xa non se asemellan aos descritos nos contos tradicionais, pois posúen certas

Detalle dunha das páxinas do traballo de Leandro Fernández de Moratín

8

Page 18: as bruxas non me dan medo - igualdade.pontevedra.galigualdade.pontevedra.gal/web2016/wp-content/uploads/2016/11/TFM-As... · RESUMO As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son
Page 19: as bruxas non me dan medo - igualdade.pontevedra.galigualdade.pontevedra.gal/web2016/wp-content/uploads/2016/11/TFM-As... · RESUMO As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son

características que os afastan do prototipo clásico e os aproximan á situación sociocultural contemporánea. A sociedade evoluciona e, con ela, a representación literaria da bruxa varía co fin de axustarse á demanda do público actual.

Este vínculo entre o audiovisual e a realidade vólvese aquí extremadamente visible, pois as propiedades destas bruxas responden inequivocamente aos canons de beleza establecidos, e os argumentos reflicten situacións da vida real. E, segundo estas afirmacións, é impensable que apareza na pantalla unha bruxa anciá e horrible (ou polo menos que estas caracterizacións sexan as maioritarias), pois non é isto o que o espectador desexa ver. Así, agora elas son belas e xoves, pero tamén elegantes e sofisticadas.

“Abondan as mulleres xoves e belas, fascinantes e atractivas, idolatradas tanto polos personaxes masculinos como pola cámara que as sube ao trono da beleza e da sedución. Por outro lado, tamén existen mulleres independentes, resoltas, profesionais e donas da súa propia vida. O problema é que estas últimas tenden a ser xoves (ou polo menos menores de 45 anos). A muller madura e anciá, en cambio, posúe representacións que a emparentan coas vellas resentidas e hostís, antipáticas e malhumoradas dos relatos tradicionais. Son vellas bruxas que rara vez conseguen a simpatía do público” (Sangro e Plaza 2009: 106). A beleza predomina, por exemplo, nas bruxas protagonistas dalgunhas comedias cinematográficas nas que, xeralmente, unha moza con poderes máxicos certamente individual e independente deixa de selo grazas á estelar aparición dun home, tamén aposto. O amor, encarnado na figura do galán, actúa aquí como guía, como solución, e exerce poderes sanadores sobre a independencia da protagonista (independencia que nos filmes tender a ser entendida com o algo negativo), levándoa así polo suposto bo camiño.

Ademais da beleza inxenua das agradables mulleres destas comedias, é cada vez máis frecuente ver como as características da muller fatal son remarcados nas bruxas cinematográficas. A malvada madrastra de Blancanieves, por exemplo, que a toda costa quería ser a máis fermosa do reino, aparece unha e outra vez, facendo patente unha asociación directa entre a imaxe (a beleza, a xuventude) e o poder. Este vínculo maniféstase, indiscutiblemente, en tódalas reinterpretacións actuais do conto, entre as que cabe destacar o personaxe de Charlize Theron en Blancanieves y la leyenda del cazador (Rupert Sanders, 2012), onde se acentúan a beleza, a eterna xuventude, o anhelo esaxerado, a decrepitude... Volvendo ao caso da bruxa de A bela durminte, “a beleza morbosa e escura de Maléfica (morena, alta, delgada) presenta a un tipo de bruxa afastada do estereotipo de vella fea. Proba inequívoca deste perfil é a actualización que a propia factoría Disney fixo do clásico con Maléfica, a quen da vida Angelina Jolie, apostando así por resaltar os valores eróticos da archivillana” (Mallavibarrena 2016: 270).

A elegancia é outro dos puntos característicos das bruxas actuais, e moi especialmente ás de Ryan Murphy, pois a moda e o glamour cobran un papel principal en toda a serie. Aínda que cunha ambientación de época, ocorre o mesmo nas series Salem (Adam Simon e Brannon Braga, 2014) e Penny Dreadful (John Logan, 2014), onde as bruxas contan cun coidado estilo vitoriano.

3. 3. Construcións lingüísticas

No campo do texto, é indubidable a ampla presenza do uso do termo “bruxa” nos diálogos cinematográficos, incluso en

aqueles en cuxo argumento non existe nada relacionado coa bruxaría nin ningún personaxe bruxesco. A aparición do termo na ficción non fai máis que reflectir ou rexistrar a súa existencia real no noso contexto, e o estudo do modo en que se emprega demostra as diferentes intencións de guionistas e directores e, ademais, suxire diversas e interesantes interpretacións posibles por partes do espectador.

3. 3. 1. Sinónimo de infame

Desde a análise semántica (cuxo obxectivo principal é comprender o significado das unidades lingüísticas), a aparición do apelativo volve a incidir nas implicacións sociais da figura da bruxa, e é que é probable que os significados que inclúe a palabra “bruxa”, máis alá da súa acepción como feiticeira, sexan froito dun cambio semántico progresivo. Non é difícil, neste senso, entender que o feito de que “bruxa” actúe como análogo de “fea” ou “malvada” poida ser resultado dun siloxismo: se a bruxa é unha muller e as bruxas son caracterizadas como feas e malvadas, entón tódalas mulleres feas e malvadas son bruxas, o poden ser definidas como tales.

“O termo ‘bruxa’ é usado na lingua coloquial cun carácter manifestamente despectivo, identificando algo malo, turbio e de intencións oscuras” (Mallavibarrena 2016: 265). Expresións como “porteime como unha bruxa” (Orange is the new black, Jenji Kohan, 2013) exemplifican o alcance do termo como sinónimo de infame, funcionando así como unha figura literaria, como unha metáfora ou, mellor, como un símil. É curioso como nunha análise máis profunda esta afirmación podería ser relacionada coas declaracións autoinculpatorias dos xuízos da histórica caza de bruxas. Nelos, tras horas de torturas extremas, a muller acusada acababa admitindo tódolos feitos que se lle atribuían. Unha muller que, por medo, atormentada e asustada, afirma “si, son unha bruxa”. Que implican as palabras do personaxe de Orange is the new black senón unha autoinculpación? E é que segundo o argumento, o feito de terse portado como unha bruxa (de ter sido malvada?) lexitima todo o que sucede despois, nunha relación causa-efecto. De novo, a muller, asustada, declarándose culpable. Da mesma maneira, con estas significacións, é moi común observar a palabra “bruxa” como insulto, e é especialmente curioso como na maior parte dos casos, son mulleres as que o empregan co fin de agraviar a outras mulleres. Zooey Deschanel, por exemplo, chama bruxa á súa mellor amiga nunha escena da comedia Novia por contrato (Tom Dey, 2006). Neste caso xa non se trata de autoinculpación, senón de unha simple acusación directa na que a palabra, aínda recollendo con maior claridade as dúas acepcións mencionadas neste apartado (maldade/fealdade), non pode, naturalmente, despoxarse de tódolos significados que coa tradición literaria e coa propia historia da humanidade adquiriu a figura da bruxa.

3. 3. 2. A madrastra

É evidente que estes aspectos semánticos se aprecian con distintas intensidades segundo o contexto no que sucedan as situacións, segundo o ambiente da obra e segundo os personaxes e argumentos, pero habitual é tamén atopar un peculiar vínculo nai-sogra-bruxa, que na maioría das ocasións alude implícitamente aos clásicos personaxes bruxescos das madrastras, presentadas como mulleres celosas e crueis. Os exemplos da aparición deste tipo de bruxa no diálogo cinematográfico son pois numerosas: un personaxe que se refire á súa sogra como “esa bruxa!”

9

Page 20: as bruxas non me dan medo - igualdade.pontevedra.galigualdade.pontevedra.gal/web2016/wp-content/uploads/2016/11/TFM-As... · RESUMO As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son
Page 21: as bruxas non me dan medo - igualdade.pontevedra.galigualdade.pontevedra.gal/web2016/wp-content/uploads/2016/11/TFM-As... · RESUMO As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son

(El secreto de Puente Viejo, 2011), que fala da súa nai expoñendo que “se porta como bruxa” (Orange is the new black, 2013), ou da súa muller como “a bruxa da túa nai!” (Las brujas de Zugarramurdi, 2013)...

Os autores non só recuperan, ao utilizar esta palabra, o espírito da madrastra como antiheroína, ou como contrapunto da bondade do protagonista, senón que tamén se recupera o final que nos contos obteñen esas bruxas: o castigo. Este castigo, agora en forma de odio e desaprobación, faise explícito no propio adxectivo “bruxa”, e xa non se parece, neste sentido, aos terribles finais dos contos clásicos. Á madrastra de Brancaneves, no relato orixinal, “(...) lle poñen dous zapatos de ferro ao lume e, ao roxo vivo, llos colocan e a obrigan a bailar e bailar ata que morre”, mentres que a Bela Durminte coñece á súa sogra, “(...) que morre no castigo que preparaba para a súa nora: unha olla inmensa chea de serpes” (Cano Vela e Pérez Valverde 2003: 518).

3. 3. 3. Actitudes feministas

Un caso moi distinto aos expostos ata agora é o da seguinte expresión que Terele Pávez pronuncia na pel dunha das bruxas da película Las brujas de Zugarramurdi (Álex de la Iglesia, 2013), e que dá nome a este traballo: “a min as bruxas non me dan medo, a min o que me dá medo son os fillos de puta”. Trátase dunha “película fresca e aloucada que presenta unha imaxe moderna dunhas bruxas de diferentes idades que se reúnen en Zugarramurdi” (Carro Carbajal 2016: 252) e Terele, como unha desas bruxas (a máis maior, ademais), mostra unha actitude que difire completamente da presentada polo personaxe de Orange is the new black. Mentres esta última se autoinculpa, mostrándose totalmente sometida, a protagonista do filme de Álex de la Iglesia demostra coas súas palabras unha visión rebelde, moi próxima ao postulado polas correntes feministas que se identifican coa figura bruxesca. E é que a pesar da comicidade que goberna a película, a oración citada recolle toda a tradición literaria da bruxa e inclúe tamén certos aspectos sociais máis relacionados coa muller. Coas súas palabras esta bruxa está negando, dalgunha maneira, tódalas cuestións negativas que se asocian co termo, tódalas cuestións que poderían “dar medo” e, á súa vez, está provocando un terror maior, o da muller que xa non é pasiva, que toma a palabra e que se rebela. A tensión que aparece entre ambas situacións se ve reflectida, en certo modo, no que afirma o propio Álex de la Iglesia, director da película: “o que pasa é que a min me gusta todo o que me dá medo, e as mulleres me gustan moito e me dan moito medo” (RTVE 2013).

3. 3. 4. Xogos de palabras

Por último, é interesante sinalar algunhas características da palabra en inglés, pois ademais de contar coas mesmas acepcións negativas, a palabra “witch” (“bruxa”) é ás veces empregada, polas súas similitudes fonéticas, como unha forma menos insultante de chamar a alguén “bitch” (“puta”).

Este recurso é empregado nun capítulo da serie Cómo conocí a vuestra madre (Craig Thomas, Carter Bays, 2005), no que non só todo o argumento xira en torno á similitude entre ambos termos, senón que as características fonéticas e semánticas de ambos funcionan case como as verdadeiras protagonistas da historia.

4. AS BRUXAS NO ME DAN MEDO (O QUE ME DÁ MEDO SON OS FILLOS DE PUTA): algunhas aproximacións a casos concretos

O vídeo que complementa a investigación é o traballo resultante da busca, visualización, análise e montaxe dos fragmentos audiovisuais atopados.

Na montaxe, a repetición constante da palabra “bruxa” provoca no espectador unha resposta incómoda, unha pregunta sobre o por que. E é que esta reiteración extrema do termo incide no ridículo da súa estendida e esaxerada utilización por parte dos creadores. O humor (presente nesta estratexia repetitiva e na introdución de certas escenas cómicas) non é un mecanismo gratuíto, senón que o aproxima o vídeo a un plantexamento complexo e crítico.

O vídeo ten unha organización en tres partes que coinciden co que poderíamos denominar introdución, nu e desenlace. Na primeira parte se presenta o que é ou se supón que é unha bruxa, ofrecendo diversos puntos de vista e argumentos ou xustificacións. No nu os personaxes condenan ás bruxas ou, o que é o mesmo, os autores condenan ás mulleres que crearon. E, por último, se leva a cabo o castigo: as bruxas arden, as mulleres son reprobadas polos seus actos.

A peza comeza cun fragmento extraído da coñecida película La familia Addams, no que unha elegante Morticia representada por Anjelica Huston introduce a historia de Hansel e Gretel. Trátase dun punto de partida moi completo teoricamente, pois ofrece unha perspectiva que difire do común, a da bruxa como vítima. Ademais da abundancia de adxectivos que sitúan á bruxa como o personaxe positivo fronte a un Hansel malvado (“pobre bruxa”, “bruxa indefensa”, “horrible forno”), Morticia expón unha pregunta a un público que, elidido na miña montaxe, abarca ao espectador: “Ben, chicos e chicas, que credes que se sinte?”. Tras a pregunta aberta ao espectador, os estereotipos da bruxa se introducen con ironía no segundo fragmento seleccionado (“Era unha vella harpía cunha verruga na cara e pelo saíndo dela?”), e a idea da bruxa como algo máis que o estereotipado personaxe de ficción aparece nas palabras do personaxe de Crónicas vampíricas, que alega que “tódalas chicas que executaron en Salem eran totalmente inocentes”. Aquí, as referencias aos acontecementos históricos incorporan cuestións antropolóxicas e sociais que, apoiadas pola sensación de impotencia e inxustiza presente no imaxinario colectivo, inciden na xa comentada concepción da bruxa-muller como “cabeza de turco”.

“É verdade”, contesta Jack Nicholson, que manifesta a existencia do temor que os homes ás mulleres fortes e independentes, un temor que lles fai “dicir que son bruxas, Fotograma de Las brujas de Zugarramurdi (Álex de la Iglesia, 2013)

10

Page 22: as bruxas non me dan medo - igualdade.pontevedra.galigualdade.pontevedra.gal/web2016/wp-content/uploads/2016/11/TFM-As... · RESUMO As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son
Page 23: as bruxas non me dan medo - igualdade.pontevedra.galigualdade.pontevedra.gal/web2016/wp-content/uploads/2016/11/TFM-As... · RESUMO As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son

queimalas, torturalas, ata que todas teñen medo, delas mesmas”.

Neste diálogo sobre as supostas cualidades bruxescas dunha muller, Ethan Chandler de Penny Dreadful comenta burlesco que “non parecía unha bruxa”, ao que suceden unha serie de imaxes como resposta: a coñecida bruxa de Brancaneves referíndose a un disfrace, Anjelica Huston (de novo) desprendéndose dunha máscara e mostrando o seu verdadeiro e horrible aspecto, a malvada Úrsula converténdose, etc. Nesta secuencia (centrada, sobre todo, na figura da muller fatal) inclúense tamén as escenas máis significativas das protagonistas do meu Traballo de Fin de Grao, como Gloria Swanson en El crepúsculo de los dioses ou Sharon Stone en Instinto básico.

A referencia a Mary Poppins non é aleatoria. O personaxe bruxesco interpretado por Julie Andrews é “a mellor amiga dos nenos. (...) A maxia é usada para facer o ben e para espertar nos máis xoves o necesario instinto de soñar” (Mallavibarrena 2016: 270).

O uso da “bruxa” como sinónimo de muller malvada faise patente na frase “Ódioa, é unha bruxa!”, ao que a doce Jane Banks replica con argumentos baseados no cliché: “Non o é, as bruxas levan escoba!”.

Ante a afirmación dun personaxe de Mulleres desesperadas de que “as bruxas sempre menten” sorprende a risa incrédula de Wini, de El retorno dde las brujas. “Isto é serio” apunta de novo a muller de Crónicas vampíricas (establecendo un paralelismo entre o que sucede dentro do vídeo e o significado do propio vídeo e a relación co receptor) e a réplica é a risa, risas malvadas de bruxas que matan e de bruxas que morren.

Estas risas marcan un punto clave no que aparece un segundo núcleo argumental do vídeo, unha sucesión de escenas nas que se condena á bruxa a ser castigada, colgada ou queimada. Destaca, dentro deste encadenamento, a trama do fragmento de American Horror Story: Coven, no que son as propias bruxas as que deciden sancionar a outra bruxa. E son precisamente a suprema do aquelarre desta serie e o punto de vista irónico de Dean Winchester en Sobrenatural os que introducen o último bloque temático e formal, o das bruxas sendo queimadas.

Convén comentar que a última imaxe deste bloque enlaza co principio do vídeo ao presentar a Hansel e Gretel rematando coa vida da bruxa do conto arroxándoa ao horrible forno, “onde se queimou viva, entre gritos de agonía”.

Fotogramas do vídeo adxunto

5. CONCLUSIÓNS

A modo de conclusión, convén retomar os obxectivos expostos na introdución co fin de comprobar se os resultados obtidos neste traballo de investigación e creación se axustan ao proposto ao principio do documento. Así, indicábase que a intención principal do traballo era analizar a presenza da bruxa na creación audiovisual contemporánea, entendendo que esta se constitúe como un fiel reflexo do existente na sociedade. A “bruxa” foi definida, nunha primeira aproximación semántica e etimolóxica, como algo máis que un personaxe ficticio, e é este precisamente o núcleo de toda a investigación. Cargada de novas implicacións, bruxa non é xa unicamente a muller cunha gran nariz que voa sobre unha escoba, que viste de negro e leva un sombreiro de pico. Bruxa é tamén, desde diferentes puntos de vista, a curandeira, a muller socialmente considerada de fea e malvada, a muller fatal, a muller rebelde e independente...

A través da análise de diferentes obras cinematográficas e televisivas nas que o argumento xira en torno ao bruxesco, tratáronse de expoñer as características que configuran a figura da bruxa, e como esta se modela segundo as esixencias do contexto sociocultural e histórico no que se atopa.Desta maneira, o personaxe da bruxa (que tamén posúe un papel importante no traballo) descobre, desde a súa existencia como unha das moitas representacións da muller na creación, as intencións para nada desinteresadas dos autores, que o empregan como metáfora para aludir ao carácter presuntamente perverso da muller. E é tamén nos diálogos da creación audiovisual contemporánea onde se buscaron exemplos dos diferentes usos que o termo “bruxa” presenta na fala común, usos certamente asociados á tradición bruxesca dos contos populares pero tamén a outro tipo de cuestións máis próximas ás implicacións sociais da figura que nos ocupa.

11

Page 24: as bruxas non me dan medo - igualdade.pontevedra.galigualdade.pontevedra.gal/web2016/wp-content/uploads/2016/11/TFM-As... · RESUMO As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son
Page 25: as bruxas non me dan medo - igualdade.pontevedra.galigualdade.pontevedra.gal/web2016/wp-content/uploads/2016/11/TFM-As... · RESUMO As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son

6. FONTES DOCUMENTAIS6. 1. Referencias bibliográficas

CANO VELA, Ángel Gregorio y PÉREZ VALVERDE, Cristina (2003): Canon, literatura infantil y juvenil y otras literaturas,Cuenca, Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha.

CARRO CARBAJAL, Ana Belén (2016): “Mujeres, brujas y cine: imágenes femeninas entre la realidad y la ficción”, Brujas de cine,Madrid, Abada Editores.

CARO BAROJA, Julio (1966): Las brujas y su mundo, Madrid, Alianza Editorial.

CENTINI, Massimo (2002): Las brujas en el mundo, Barcelona, Editorial de Vecchi.

ECO, Umberto (2007): Historia de la fealdad, Barcelona, Editorial Lumen.

FEDERICI, Silvia (2010): Calibán y la bruja: mujeres, cuerpo y acumulación originaria, Madrid, Traficantes de sueños.

GONZÁLEZ-FIERRO SANTOS, Francisco Javier (2011): La opresión y la represión de la mujer vista por la historia del cine,Cacitel S. L.

HARRIS, Marvin (1998): Vacas, cerdos, guerras y brujas: los enemigos de la cultura, Madrid, Alianza Editorial.

HORMIGOS VAQUERO, Monserrat (2007): “La cueva de la tripe diosa: el santuario de hechiceras y satánicas”, El demonio en elcine. Máscara y espectáctulo, ed. Antonio José Navarro, Madrid, Valdemar.

LISÓN TOLOSANA, Carmelo (2004): Brujería, estructura social y simbolismo en Galicia, Madrid, Editorial Akal.

MALLAVIBARRENA, Raúl (2016): “Brujas en 35 mm”, Brujas de cine, Madrid, Abada Editores.

PEDRAZA, Pilar (2014): Brujas, sapos y aquelarres, Madrid, Valdemar.

SANGRO, Pedro y PLAZA Juan F. (2009): La representación de las mujeres en el cine y la televisión contemporáneos, Barcelona,Laertes S. A.

VV.AA (2015): W.I.T.C.H (Conspiración terrorista Internacional de las Mujeres del Infierno), COMUNICADOS Y HECHIZOS,Madrid, La Felguera.

ZAMORA CALVO, Mª Jesús (2016): Brujas de cine, Madrid, Abada Editores.

6. 2. Referencias periodísticas

RTVE: «Álex de la Iglesia: “Las mujeres me fascinan y me dan mucho miedo”» en RTVE [en línea], 22 de septiembre de 2013.Disponible en web: http://www.rtve.es/noticias/20130922/alex-iglesia-mujeres-fascinan-dan-mucho-miedo/749180.shtml

6. 3. Catálogos

CENDÁN, Susana. Así nos ven. ¿Así somos? (Exposición celebrada en Vigo, Pinacoteca Francisco Fernández del Riego), del 21-12-2015 al 26-06-2016). Vigo, Concello de Vigo, 2015.

6. 4. Referencias cinematográficas e televisivas6. 4. 1. Filmografía

ANNAUD, Jean-Jacques (1986, Alemania): Der Name der Rose (Le nom de la rose) / El nombre de la rosa.

BAVA, Mario (1960, Italia): La maschera del demonio (Black Sunday) / La máscara del demonio.

BAYS, Carter y THOMAS, Craig (2005, Estados Unidos): How I met your mother / Cómo conocí a vuestra madre.

BURTON, Tim (1999, Estados Unidos): Sleepy hollow / Sleepy hollow.

BURTON, Tim (2012, Estados Unidos): Dark Shadows / Sombras tenebrosas.

CHRISTENSEN, Benjamin (1922, Dinamarca): Häxan / Häxan. La brujería a través de los tiempos.

12

Page 26: as bruxas non me dan medo - igualdade.pontevedra.galigualdade.pontevedra.gal/web2016/wp-content/uploads/2016/11/TFM-As... · RESUMO As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son

COLUMBUS, Chris (1998, Estados Unidos): Stepmom / Quédate a mi lado.

DE LA IGLESIA, Álex (2013, España): Las brujas de Zugarramurdi / Las brujas de Zugarramurdi.

DEY, Tom (2006, Estados Unidos): Failure to launch / Novia por contrato.

DUNNE, Griffin (1998, Estados Unidos): Practical magic / Prácticamente magia.

SANDERS, Rupert (2012, Estados Unidos): Snow White and the Huntsman / Blancanieves y la leyenda del cazador.

SINGH, Tarsem (2012, Estados Unidos): Mirror, Mirror / Blancanieves (Mirror, Mirror).

SONNENFELD, Barry (1991, Estados Unidos): The Addams family / La familia Addams.

STEVENSON, Robert (1964, Estados Unidos): Mary Poppins / Mary Poppins.

STROMBERG, Robert (2014, Estados Unidos) Maleficient / Maléfica.

TARANTINO, Quentin; RODRÍGUEZ, Robert; ANDERS, Allison; ROCKWELL, Alexandre (1995, Estados Unidos): Four rooms /Four rooms.

VERHOEVEN, Paul (1992, Estados Unidos): Basic Instinct / Instinto básico.

VV. AA. (2009, Estados Unidos): The vampire diaries / Crónicas Vampíricas.

WILDER, Billy (1950, Estados Unidos): Sunset boulevard / El crepúsculo de los dioses.

YATES, David (2007, Reino Unido): Harry Potter and the Order of the Phoenix/ Harry Potter y la Orden del Fénix.

YATES, David (2011, Reino Unido): Harry Potter and the deathly hallows (part II) / Harry Potter y las reliquias de la muerte(parte II).

6. 4. 2. Series de televisión

BALL, Allan (2008, Estados Unidos): True blood (temporada 4, capítulo 5).

BAYS, Carter y THOMAS, Craig (2005, Estados Unidos): How I met your mother / Cómo conocí a vuestra madre (temporada 2, capítulo 11).

CHERRY, Marc (2004, Estados Unidos): Desperate housewives / Mujeres desesperadas (temporada 8, capítulo 6).

DAHL, John (2014, Estados Unidos): Outlander (temporada 1, capítulo 11).

ÉJICA, Daniel (2009, España): Águila Roja (temporada 1, capítulo 2).

HOROWITZ, Adam y KITSIS, Edward (2011, Estados Unidos): Once upon a time / Érase una vez.

KRIPKE, Eric (2005, Estados Unidos): Supernatural / Sobrenatural (temporada 3, capítulo 9).

KOHAN, Jenji (2013, Estados Unidos): Orange is the new black / Orange is the new black (temporada 3, capítulo 5).

LOGAN, John (2014, Estados Unidos): Penny Dreadful / Penny Dreadful.

MURPHY, Ryan (2013, Estados Unidos): American Horror Story: Coven / American Horror Story: Coven.

SIMON, Adam y BRANNON, Braga (2014, Estados Unidos): Salem / Salem.

SMITH, Chritopher (2012, Estados Unidos): Labyrinth / Laberinto (temporada 1, capítulo 1).

WHEDON, Joss (1997, Estados Unidos): Buffy the vampire slayer / Buffy cazavampiros.

6. 5. OUTRAS REFERENCIAS

TAUSIET, María (2016, febrero). Brujas: el vuelo del mal. Conferencia presentada en Hadas, brujas y sirenas, Fundación JuanMarch, Madrid.

13

Page 27: as bruxas non me dan medo - igualdade.pontevedra.galigualdade.pontevedra.gal/web2016/wp-content/uploads/2016/11/TFM-As... · RESUMO As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son
Page 28: as bruxas non me dan medo - igualdade.pontevedra.galigualdade.pontevedra.gal/web2016/wp-content/uploads/2016/11/TFM-As... · RESUMO As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son