argonauta - culturaliagz.comculturaliagz.com/wp-content/uploads/2018/01/argonauta-.pdf · y eres a...

50

Upload: lyquynh

Post on 17-Dec-2018

230 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

!

!

!!!!

ARGONAUTA !!!!!!!!

Moncho Bouzas

!!

!!!!!!!!!!!!!!A Paco Souto, poeta e percebeiro.

Vinte vellos poemas encritos no século pasado,

todos eles lidos en recitais do Batallón Literario da Costa da Morte (BLCM).

!!!!!!!!!!!Poesía: Moncho Bouzas

Fotografía: Xurxo Mariño

Pintura: Amalia Costa

Portada: Enrique Fernández

Sumiller: María Bautista

Autoedición: Asteleiro da República da Inxuela (2018).

Edición en formato dixital: CulturaliaGZ

www.poemasenfollaimpar.wordpress.com !

!para que non esquezamos

aquela paisaxe

de herba mol e mar bravo

sobre o que fomos

destemidos.

Rafa Vilar, O tributo da tarde. Ed. Toxosoutos, 1997.

!!

Se a mente esperta e acaba o rumor do subconsciente

abre un furado na resurrección

e enterra en sal os meus libros.

María Lado, A primieira visión. Ed. Letras de Cal, 1997.

!!

Sempre a voz do mar

Sempre o xílgaro inaudito nos teus peitos

A lentura do van cada nove ondas.

Paco Souto, Fado. Ed. Letras de Cal, 1998.

!!

Debajo de las multiplicaciones

hay una gota de sangre de pato;

debajo de las divisiones

hay una gota de sangre de marinero.

Federico García Lorca, Poeta en Nueva York.

!!

Cando maxino qu´ês ida

N'o mesmo sol te m'amostras,

Y eres a estrela que brila,

Y eres o vento que zóa. Rosalía de Castro, Follas Novas.

!

COBIZANDO A ESTRELA MÁIS ALTA

6

!!

COBIZANDO A ESTRELA MÁIS ALTA

terás os soños máis fermosos

mais eu xa non sei se quero soñar

 

Cobizando a lua máis chea

terás os soños máis fermosos

mais eu xa non sei se quixera soñar

 

Cobizando os ceos máis azuis

terás os soños máis fermosos

mais eu non sei se quixera soñar

 

Cobizando os mares máis calmos

terás os soños máis fermosos

mais eu non sei se quixera soñar

 

Porque a min non me quedan soños

esgotei-nos nos montes máis altos

nos rios máis longos

nos prados máis verdes

no amor máis puro

e na noite dos tempos.

!!!!! !

7

SON DOS QUE ASEVERAN

8

!!

SON DOS QUE ASEVERAN

que unha abstracción

edificante e autocompracente

é un delito

se non contempla

a materialidade

por cegar outras vias, novos retos.

 

Pero hai feitos transcendentes

para as persoas

fóra daquel axioma.

 

Amor que me deixas sen compás.

 

Agora este presente

obxecto material a modo

de fetiche aloumiñando

a tua pel, ou cando menos

para que así sexa.

!!!!!!!!! !

9

SEREMOS CLARABOIA DURANTE MESES

10

!!

SEREMOS CLARABOIA DURANTE MESES

dalgunha marea que non arriba

 

Na cociña ínfima

na barriga do barco lograremos

arrombar a soidade entre suores no catre

 

Os escravos servian ao César en galeras

ao son grave do tambor

porque non me fai caso o mar

tan só desexo siléncio estático.

!!!!!!!!!!!!!!!!! !

11

INVESTIGUEI CON MINUCIOSIDADE

12

!!

INVESTIGUEI CON MINUCIOSIDADE

a mitocóndria mentres respiraba

Perguntei pola tipoloxia do mexillón

Atopei teses sobre a xestión

nos manuais que non usa o produtor

Tamén enunciadas leis de funcionamento

 

Non conseguín ler a sua relación

coa extraversión das crianzas

a xeito de postulado

 

Por iso penso que a neutralidade

do coñecimento

será tremendamente inxusta

até a democratización

 

universal e local

nacional e mundial

do agochado nas academias ocidentais

coas sete chaves pecados capitais

do predicador alienado. !!!!!!!!!! !!

13

ATOPEI ENTRE CONS NAS FISTERRAS

14

!!

ATOPEI ENTRE CONS NAS FISTERRAS o velame enchido e liberdade das marusias perenes   Atopei na gorota senlleira o froito dos salgueiros irredutíbeis entre timbas caladas   Atopei tamén relóxios de ouro impondo o seu tempo e só un calado non, estrepitoso si señor   Atopei exíguos salários na fala silenciada e co compango na gorxa quixen craiar contra iso   Só non puiden, erguin a testa do prato e aos ollos miraba-me o clamor do povo e por fin, atopou-me. !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

!!

15

É A LUA CONFUSA DE TODAS

16

!!

É A LUA CONFUSA DE TODAS

as fronteiras

 

Frente ao mar de dias

imperecedoiros na timba

colectiva

 

De ollada furtiva

miña frente ao mar

furtada ollada

 

Retumba no cúmio

Barbanza pai

o proel do meu segredo

 

Escudriño no vento dos fumes

ou ícaro imprevisíbel

na ribeira dos ceos.

!!!!!!!!! !

17

AINDA COA VETA TENSADA

18

!!

AINDA COA VETA TENSADA

quixen vogar

a poutada rastreou

como me ensinou o avó

de sabedorias milenárias.

 

No peirao sentín a complicidade

cando a mariñeira tendeu a man

e o fulgor dunha mirada contemporizadora. !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! !

19

ARRINCOU TERRÍBEIS PRANTOS

20

ARRINCOU TERRÍBEIS PRANTOS

a dentadas do cordón umbilical

Arrebolou tebras no lenzo

de liño esquecido no faiado

 

Arrenegou da identidade colectiva

que o acolle incluso desde as covas do mar

Arremangou as suas prendas de domingo

para non se contaxiar do país repleto

 

Dixo que era moderno

e para galego as mans esgazadas do avó

O amigo enganado está aquí

como ti e mais eu e todos nós

 

Por iso é unha obriga resgatar

a poesia para comunicar principalmente

Os xograres cantaban sátiras no castelo

contra o señor rival

 

Podemos converter as nosas voces

á porta do castelo

no veículo do pensamento

dos mais que menos din

 

para chegar ao amigo enganado

con todo o respeito

abrindo unha fenda no inverno

que o afasta da primavera

imposíbel sen el. ! 21

A PEDRA DO CADRO É REDONDA

22

!!

A PEDRA DO CADRO É REDONDA mais é nosa referéncia granítica da pátria   O rio maior é pequeno mais é noso a beira intransitábel   A salina é de auga doce mais a fertilidade sua é paraíso para a bisavoa que vive froita e fartura A ponte xa non comunica agras mais a da praia permite unha aperta   A punta do bico está ermo cando poderia ser peirao e riqueza   A fos foi lancha xeiteira sardiña de prata até os confins mais o cacique enseñora impune   Os oceanos todos son casa desde Cabo de Fornos até sestebadiña marcada na carta mariña incrustada no corazón do povo   Contodo Esteiro é unha evidéncia como a própria existéncia pode, podemos ao unísono transformar o valado que corta o camiño en madeira rexa nun remo para que Ulises volte á sua terra. !!!!!!!

!!

23

SINTO-ME NO PONTO ENCRUCILLADA

24

!!

SINTO-ME NO PONTO ENCRUCILLADA tan abstracta é a confluéncia e tan sólida a textura que me sinto na encrucillada !Vendaval indeciso nas vísceras ou a enerxia telúrica máis irrevogábel e tan sólida a textura que o vendaval arrécia !Busco a palabra única porén non existe para min, pois non a atopo nen sequer autocompracente !Se cabe evoco o Medúlio no cal estou encomendado cando comecei esta loita: !Xorden do couto figuras fuxidias fan festa e choran tamén Animais falantes acugulan plenamente a exuberáncia do que vexo Danzan ledos e contundentes bidueiros ao son do rio !Todo aquel sangue diluído alcanzou mares e agroma anterga épica que nos asiste Estou só e nu hai séculos sen atrever-me a sacar o ferro que me atravesa escoando-me na quietude !Hoxe levitei no sopro dos deuses múltiples no monte mítico e do silenciado polos trasnos deducin-me na encrucillada aloumiñando sincero unha man como a miña !Quixe-na apertar e facer-me seu mais marchou silandeira sen ter encarado a viruléncia dos ventos no camiño comun: !!

25

COMPRENDÍN ENTÓN A GRATUÍTA DERROTA

26

!!

COMPRENDÍN ENTÓN A GRATUÍTA DERROTA desta disertación onírica e dispuxen conforme ao estabelecido;   Sairei airoso da encrucillada que me anega Transformarei o medúlio en referéncia de futuro Vencerei tormentas irredutíbeis até o outro lado Liberarei-me do ferro que me agrilloa.   E para todo isto preciso namais dito desde a lucidez do desacougo a tua máis ferreña disposición ao contraste ao diálogo para seguir devecendo por un paraíso que só se comprende compartido. !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

!!

27

FUN FELIZ CANDO APRENDÍN A NADAR

28

!!

FUN FELIZ CANDO APRENDÍN A NADAR

sentín fachenda vogando a dous remos

e souben armar a xogada fanequeira

 

E agora vence o estupor

ao abeiro de construcións conceptuais

que sobardan o meu horizonte referencial

 

Quero ser un neno

beneficiar-me da indulxéncia do teu xuízo

 

Sabe o demo máis por vello

e eu cada vez menos

 

Non estou capaz para verter

neste papel o que sinto

e escudo-me na seguridade

de cando fun feliz aprendendo a nadar. !!!!!!!!!!!!!!! !!

29

O AMIGO QUERE CANTAR

30

!!

O AMIGO QUERE CANTAR

cantamos até desgarrar a gorxa

riba dun alicerce chantado no pantalón curto

 

Duas cervexas e ración de luras

esgotada

 

O amigo consome o cigarro

que compartimos na esquina da taberna

por primeira vez e cuspimos entre gargalladas

 

O amigo conta da noite anterior

como descubriu o mistério doutro corpo

e creou unha necesidade para min descoñecida

 

O amigo anunciou o comezo dun ciclo

no aeroporto

a incerteza invade o até logo

 

A amizade é como o fondo do mar

hai que submerxer-se para apreciar a complexidade

da lealdade telúrica da centola vella ao instinto.

!!!!

!

31

SE VAS Á CASA CHAMO-CHE

32

!!

SE VAS Á CASA CHAMO-CHE

se non vas á casa chama-me

Preciso falar contigo tanto

como ouvir o murmúrio das ondas

na praia.

 

Con esa tranquilidade.

 

Se vas á casa vemo-nos o luns

se non vas á casa o domingo

 

Estou definitivamente namorado de ti.

!!!!!!!!!!!!!!

!33

ENTROU XÉLIDO O ALENTO NO OUVIDO

34

ENTROU XÉLIDO O ALENTO NO OUVIDO

cando te atreviches a dicé-lo

 

Aquí me tes sen vidas

para arrepentirme dabondo

 

Árbores de viveiro na beirarrua

morren estremecidas

 

Se o chego a saber

lanzaria-me á deriva por ti

 

Todo para asasinar

a indefensión ao pasado

 

O teu xuízo foi equivocado

e precipitado

 

Contodo miña amiga

 

Non creo en epitáfios concluintes

e menos cando estou tan triste

 

Piso miles de cebolas das hortas

antes de chegar á fonte

 

Enxaguo e por fin sento

coas mans molladas antes

de escoitar o aturuxo mediático

do paporroibo para chorar.

35

O EIDO ESTANTIO E BALEIRO

36

!!

O EIDO ESTANTIO E BALEIRO

invertebrado pergunta onde

no teu ollar

Fun soidade gregária na litúrxia finisecular

O mastro acurrunchado leva

o teu sorriso

entre illas perto dalgun oceano

Fun baldio inconfeso na pauta irreflexiva

Ser aperta

ti máis eu, ainda ao sentir

a água aceda nos pés

Fun medos disimulados no bafo lévedo

apreixemos compartida a nau

e sexamos por igual

espello e sol de futuro.

!!!!!!!!!!!

!37

EN TERRA DE LOBOS OUVEA COMO TODOS

38

!!

EN TERRA DE LOBOS OUVEA COMO TODOS

estraga as flores do vello xardin

rompe a ponte

pon formigón no rio

doma as ondas e achanda dunas na praia

 

En terra de lobas ouvea como todas

verte ácido no val

derruba o camiño

paxaros de aceiro na fonte

dobrega o vento e anega-o todo

 

Fai-no con contundéncia

e bate forte eficiente e disuasor

van erguer unha asociación contra a felonia

as fauces do lobo trabando

nas mans nunca irrecuperábeis.

!!!!!!!!!

!!

39

ZOA O VENTO DO LESTE NO MERCADO

40

!ZOA O VENTO DO LESTE NO MERCADO

necrolóxica branca tanxíbel

Sabemo-lo e non lle permitiremos

pavonear o pazo

Droga ou narcotráfico

engastallados no can raiboso

Non busques chibos expiatórios

a raiba é o mensaxeiro

ataca o andazo non o enfermo

 

Amigo, licua-se o teu sangue

e xela-se o de todos os teus

Camiña ao meu par

imos erradicar o mercador

axuda-me

a cabeza da serpe amputada

e ti comigo porque somos iguais

 

Lograremos a fin da discriminación

e con ela conciéncias xurdidas

en favor da tua liberdade

que é a liberdade dos que participan

no estabelecimento da infáncia perdida

Porque somos iguais

 

Atribuen-che a culpabilidade

están equivocados

Non se pode xulgar tan inxustamente

nen permitir a pasividade frente ao muro que nos separa.

41

TAN PERTO PODERIA

42

!!

TAN PERTO PODERIA

queimar as xemas dos dedos

instalar-me na trabe dunha mirada

calar por sempre e claudicar tan perto

 

Na lonxania seria

verter pensamentos no ar

perder-me no refluxo dunha intuición

permanecer calado e tremer na lonxania

 

Nalgures estaria

a un treito incesante

longo camiño aventura nalgures

 

Aqui permanecin

ao socairo da tua baía.

!!!!!!!!!!! ! !

43

BUSCAR A SAÍDA

44

!!

BUSCAR A SAÍDA

do labirinto

co teu corazón

como norte.

!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

!! 45

EPÍLOGO

46

!!!!!!EPÍLOGO: !!!!!Un albariño brillante e albo, froito dunhas cepas vellas do Salnés en  terreo francoareoso de rocha granítica, mimadas a man polo viñerón que as alimenta con bagazo e algas, respectando a súa cuberta verde, refuxio de lagartiñas e maruxiñas. !Con baixos rendementos para conseguir unha uva co sabor dos nosos recordos, dos viños doutro tempo, dos que estoupan na boca, potentes, coas súas puntas ácidas e case salinas. !Viño que sae dunha pequena adega que mira o mar coa mínima intervención, para mostrarse humilde e espido, sen máis vestimenta que un lixeiro paso por barrica para domar a súa bravura atlántica. !Un albariño sincero, que limpa e refresca os nosos paladares sedentos. ! !!!!!!!!Texto e proposta de maridaxe enogastronómica con Argonauta: María Bautista, Sumiller. !! !!!!

47

!!!!!!!!

! !!!!!!!!

!!ÍNDICE de Impares: !7- COBIZANDO A ESTRELA MÁIS ALTA

9-SON DOS QUE ASEVERAN

11-SEREMOS CLARABOIA DURANTE MESES

13-INVESTIGUEI CON MINUCIOSIDADE

15-ATOPEI ENTRE CONS NAS FISTERRAS

17-É A LUA CONFUSA DE TODAS

19-AINDA COA VETA TENSADA

21-ARRINCOU TERRÍBEIS PRANTOS

23-A PEDRA DO CADRO É REDONDA

25-SINTO-ME NO PONTO ENCRUCILLADA

27-COMPRENDÍN ENTÓN A GRATUÍTA DERROTA

29-FUN FELIZ CANDO APRENDÍN A NADAR

31-O AMIGO QUERE CANTAR

33-SE VAS Á CASA CHAMO-CHE

35-ENTROU XÉLIDO O ALENTO NO OUVIDO

37-O EIDO ESTANTIO E BALEIRO

39-EN TERRA DE LOBOS OUVEA COMO TODOS

41-ZOA O VENTO DO LESTE NO MERCADO

43-TAN PERTO PODERIA

45-BUSCAR A SAÍDA

47-EPÍLOGO

!!!!

!!!!!!!!!!!!!!

!

Agradecementos: Rafa Vilar

Xurxo Mariño Amalia Costa

Enrique Fernández Martiño Maseda de CulturaliaGZ

Antón de Guizán de NPG Nova Poesía Guitirica María Pereira de PM voces Poéticas do Mandeo

Argonautas do Proxecto Vinte Integrantes do Batallón Literario da Costa da Morte