areal de razo
TRANSCRIPT
RAZO
Razo é a parroquia máis turística de Carballo. O seu litoral é non só un concorrido areal, senón que tamén unha paraxe de grande importancia natural e xeolóxica. Está recoñecido como espazo natural protexido, integrado en Rede Natura, e nel poderás atopar toda unha curiosidade xeolóxica. O areal esténdese até máis aló de Baldaio e é un dos máis amplos de Galicia. Nel practícanse deportes como o surf, o parapente, o voleipraia ou a pesca submarina. En Razo comenza un dos accidentes xeolóxicos máis importantes de Galicia, a Depresión Meridiana, importante fronteira que cruza Galicia de norte a sur, até Tui.
Introdución
No areal de Razo encontrarás unha auténtica praia fósil.Esta praia existía xa fai de miles de anos, pero estaba moito máis elevada que na actualidade, aproximadamente ao nivel da zona verde, hoxe en día habitada polo paseo e o recreo.No cuaternario, o desxeo dos casquetes polares fixo que o nivel do mar subise considerablemente, de alí que a praia estivese a maior altura. Como xa dixemos anteriormente, de Razo parte un dos fenómenos xeolóxicos máis importantes de Galicia: a Depresión Meridiana (ten aproximadamente um 140 quilómetros, e é a máis grande de Galicia) , fondeira que racha o territorio galego de norte a sur, dende Razo até Tui. Aquí encóntranse algunhas das principais vilas galegas máis importantes como Carballo, Caldas, Padrón, Pontevedra, Redondela ou Tui.
Xeoloxía
Porto de Razo
KILÓMETRO 0
Cabreira
Zona Intermedia
Esplanada