arco da vella nº 15 ardán 2012

56
O arco da vella Nº 15 XUÑO 2012 CEIP DE ARDÁN ILUSTRACIÓNS DO 1º CICLO PARA “Un Saco de Estrelas” de Fina Casalderrey

Upload: ceip-ardan

Post on 28-Mar-2016

222 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Page 1: Arco da vella nº 15 ardán 2012

O arco da vella Nº 15 XUÑO 2012 CEIP DE ARDÁN

ILUSTRACIÓNS DO 1º CICLO PARA “Un Saco de Estrelas” de Fina Casalderrey

Page 2: Arco da vella nº 15 ardán 2012

EDITORIAL / SUMARIO

Como cada final do curso, estou aquí de volta disposto a facervos disfrutar dun bo rato ao comezo destas merecidas vacacións. Estes son momentos marcados pola crise, onde moitas persoas estano pasando moi mal e no que todo cambia ao noso redor a gran velocidade; eu pídovos que non desesperedes, que non deixedes de loitar, porque pronto superaremos esta situación e lograremos ter un futuro mellor. Este ano 2012 é o Ano Internacional da Enerxía Sostible para todos. No mundo hai 1400 millóns de persoas que carecen de acceso á enerxía moderna, e mestres tanto nós aquí estámola desperdiciando. Axuda a mellorar e protexer o medio ambiente aforrando enerxía, non o dubides!!! E agora disfrutade da miña lectura, non sen antes agradecer a todos e todas que cada ano facedes posible que saia a luz. Grazas por todo!

Un bo verán a todos, espero vervos de novo o ano que ven.

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

1. Editorial e Sumario. 2. Valentín Paz Andrade. 3. Os piratas (E. Infantil). 4. Os piratas (E. Infantil). 5. Os piratas (E. Infantil). 6. Os piratas (E. Infantil). 7. Os piratas (E. Infantil). 8. Os piratas (E. Infantil). 9. Olimpíadas Matemáticas (1º Ciclo). 10. Olimpíadas Matemáticas (1º Ciclo). 11. Olimpíadas Matemáticas (1º Ciclo). 12. Olimpíadas Matemáticas (1º Ciclo). 13. Olimpíadas Matemáticas (1º Ciclo). 14. Olimpíadas Matemáticas (1º Ciclo). 15. Olimpíadas Matemáticas (1º Ciclo). 16. Olimpíadas Matemáticas (1º Ciclo). 17. Olimpíadas Matemáticas (1º Ciclo). 18. Olimpíadas Matemáticas (1º Ciclo). 19. Traballamos poemas (3º curso). 20. Traballamos poemas (3º curso). 21. Traballamos poemas (3º curso). 22. Traballamos poemas (3º curso). 23. Traballamos poemas (3º curso). 24. Pelexas que acaban ben (4º curso). 25. Viaxe a Santander (4º curso). 26. Unha casa encantada (4º curso). 27. Adiviñas (4º curso).

28. Coplas (4º curso). 29. Lembranzas do curso. 30. Lembranzas do curso. 31. Lembranzas do curso. 32. Outras actividades. 33. Outras actividades. 34. Obradoiro de cartas (5º curso). 35. Obradoiro de cartas (5º curso). 36. Obradoiro de publicidade (5º curso). 37. Obradoiro de contos (5º curso). 38. Obradoiro de banda deseñada (5º curso). 39. Obradoiro de prensa (5º curso). 40. Obradoiro de prensa (5º curso). 41. Obradoiro de prensa (5º curso). 42. Obradoiro de prensa (5º curso). 43. Obradoiro de poesía (5º curso). 44. Estatuto de Autonomía (5º curso). 45. Día Internacional do Libro (5º curso). 46. Escher (6º curso). 47. Biografías (6º curso). 48. Biografías (6º curso). 49. Biografías (6º curso). 50. Biografías (6º curso). 51. Cartas de despedida (6º curso). 52. Cartas de despedida (6º curso). 53. Cartas de despedida (6º curso). 54. Obradoiro sobre o Collage (6º curso).

Page 3: Arco da vella nº 15 ardán 2012

VALENTÍN PAZ-ANDRADE (DÍA DAS LETRAS GALEGAS) O poeta, escritor, xornalista, político, empresario e xurista Valentín Paz Andrade naceu na parroquia de Lérez, en Pontevedra, o 23 de abril de 1898 e faleceu en Vigo en 1987. Fixo o bacharelato na cidade de Pontevedra e estudou Dereito en Compostela onde coincidiu con numerosos intelectuais galegos: Castelao , Vicente Risco, Antón Villar Ponte, Luís Peña Novo...Neste momento empezou a implicarse no galeguismo. Recibiu moita influencia do seu tío Xoan Bautista Andrade, que o levou pola vía da cultura e a literatura dende moi novo. Chegou a dirixir, durante cinco anos, o xornal «Galicia». Tiña unha gran vocación xornalística, facendo un xornalismo reflexivo. Foi membro do Partido Galeguista sendo nomeado o seu secretario en 1934. Anteriormente fora candidato a diputado ás Cortes Constituíntes. Colaborou na redacción do primeiro Estatuto de Galicia presentado polo Seminario de Estudos Galegos no ano 1931. Cando estalou a Guerra Civil defendeu a moitos galeguistas e mesmo axudou a fuxir a algunhas persoas. Foi desterrado a Verín, Badaxoz... e ao longo da súa vida foi detido en varias ocasións por mor da súa militancia política e polos seus artigos periodísticos. Nun dos sues desterros, en Trives, coñece aPilar ca que casaría no 1939 xa en Vigo.froito do matrimonio nacería Alfonso, ao que lle puxeron o Nome en honra ao seu grande amigo Castelao. Traballou como avogado de moitas empresas pesqueiras e escribiu moitos libros sobre os problemas da pesca en Galicia e no mundo. Impulsou a creación do grupo industrial galego Pescanova que foi a primeira compañía armadora europea de buques conxeladores e da que foi vicepresidente. Paz-Andrade foi un galeguista aberto ó mundo, firme defensor de Galicia que a quería situar nun réxime internacional e de modernidade. A súa literatura fai pensar. Paz-Andrade sabía condensar o texto, escribindo en poucas palabras ideas moi importantes. Como poeta pertence á Xeración do 25. O seu primeiro libro está adicado ao seu amigo Alfonso Rodríguez Castelao, e leva por título «Pranto Matricial» (1954). Máis tarde escribiu «Sementeira do vento» (1968) e «Cen chaves de sombra» (1979). Foi membro da Real Academia Galega e da Real Academia Galega das Ciencias, galardoado co Pedrón de Ouro, a medalla Castelao e numerosos premios máis polo seu traballo a prol de Galicia. Paz-Andrade foi un escritor cunha gran humanidade que se preocupou por Galicia dunha forma activa e defendeu o idioma galego.

Page 4: Arco da vella nº 15 ardán 2012

OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL APRENDIMOS MOITO SOBRE OS PIRATAS:

QUENES ERAN, A QUE SE ADICABAN

COMO VESTÍAN: PANO NA CABEZA OU SOMBREIRO, PARCHE, GARFIO, PATA DE PAU, …

AS SÚAS ARMAS

A TRIPULACIÓN DUN BARCO PIRATA: CAPITÁN, GRUMETE, ARTILLEIRO, VIXÍA, TIMONEL.

AS PARTES DUN BARCO PIRATA, A SÚA BANDEIRA

ONDE ESCODÍAN OS SEUS TESOUROS

O SEU ANIMALIÑO PREFERIDO

ALGÚNS NOMES DE PIRATAS FAMOSOS: ROBINSON CRUSOE, O CAPITÁN BARBANEGRA, MARY REED,…

Page 5: Arco da vella nº 15 ardán 2012

NO ENTROIDO DIVERTÍMONOS MOITO DISFRAZÁNDONOS DE PIRATAS E CANTANDO A CANCIÓN QUE MALA PATA TIENE EL PIRATA!

Page 6: Arco da vella nº 15 ardán 2012

AQUÍ ESTÁN OS NOSOS DEBUXOS PIRATAS, A ABORDAXE!

Page 7: Arco da vella nº 15 ardán 2012
Page 8: Arco da vella nº 15 ardán 2012
Page 9: Arco da vella nº 15 ardán 2012

BARCO Á VISTA!

BENVIDO A BORDO!

Page 10: Arco da vella nº 15 ardán 2012

Durante este curso os nenos e nenas de Primeiro e Segundo de Primaria levamos a cabo un Proxecto chamado

Olimpiadas Matemáticas. Tratábase de mellorar as nosas

competencias en cálculo, xeometría, estatística... pero dun

xeito diferente, empregando xogos e materiais distintos e, por suposto, moi, moi divertidos.

Page 11: Arco da vella nº 15 ardán 2012

Experimentamos co Tangram, o Pentaminós, as Tramas, a Calculadora, o Dominó, os Dados, as Variñas Imantadas, as

Pezas Encaixables...todo un sinfín de xogos e actividades que constituiron unha aproximación a áreas de coñecemento que adoitan ser

áridas ou que nos costan especialmente aos alumnos e alumnas.

CO TANGRAM FIXEMOS MOITAS FORMAS DISTINTAS E APRENDIMOS A IMPORTANCIA DA ORIENTACIÓN ESPACIAL.

Page 12: Arco da vella nº 15 ardán 2012

DESVELAMOS OS MISTERIOS DA CALCULADORA E COMPROBAMOS AS PROPIEDADES DA SUMA E DA MULTIPLICACIÓN

Page 13: Arco da vella nº 15 ardán 2012

COS DADOS FIXEMOS CÁLCULOS DE ESTATÍSTICA E AZAR, GAÑAMOS PUNTOS DE RECICLAXE E DIVERTÍMONOS CO CÁLCULO MENTAL NO XOGO “PARRULOS NADADORES”

CO DOMINÓ COMBINAMOS POSIBILIDADES DE CÁLCULO, XOGAMOS A “ENCHER OS COLECTORES”, CREAMOS CADRADOS MÁXICOS E PASÁMOLO EN GRANDE

Page 14: Arco da vella nº 15 ardán 2012

DESCUBRIMOS AS POSIBILIDADES DAS PEZAS ENCAIXABLES PARA REALIZAR DIAGRAMAS DE BARRAS E XERAMOS UNHA ESTATÍSTICA COAS MERENDAS DOS RECREOS.

Page 15: Arco da vella nº 15 ardán 2012

QUE FIGURAS TAN CURIOSAS E COMPLICADAS SE PODEN FACER CO PENTAMINÓS!!! E CUESTIÓN DE ATENCIÓN E BOA ORIENTACIÓN ESPACIAL.

COAS TRAMAS CREAMOS POLÍGONOS E CONVERTÍMONOS EN ARQUITECTOS, TRASLADANDO UNHA FIGURA DA REALIDADE AO PLANO. PARECÍANOS MOI DIFÍCIL, NEMBARGANTES...TODO RESULTOU PERFECTO!!!

Page 16: Arco da vella nº 15 ardán 2012

EMPREGANDO VARIÑAS IMANTADAS, PALLIÑAS DE BEBER E PLASTILINA, CREAMOS POLÍGONOS, CORPOS XEOMÉTRICOS E DECORAMOS A AULA. SOMOS UNS EXCELENTES AQUITECTOS, VERDADE???

Page 17: Arco da vella nº 15 ardán 2012

COAS CARTAS DAS HORAS ANALÓXICAS E DIXITAIS APRENDIMOS A LER O RELOXO, XOGAMOS POR PARELLAS E ATA AO BINGO!!!

POR CERTO, FOI UNHA DAS NOSAS ACTIVIDADES FAVORITAS!!!

Page 18: Arco da vella nº 15 ardán 2012

UTILIZANDO PEZAS DO TANGRAM, QUE GAÑAMOS PARTICIPANDO NA OLIMPIADA MATEMÁTICA, FIXEMOS ESTAS PRECIOSAS COMPOSICIÓNS. ESTAMOS FEITOS UNS ARTISTAS!!!

Page 19: Arco da vella nº 15 ardán 2012

O Proxecto Olimpiadas Matemáticas foi todo

un éxito. Agora xa somos quen de comprender algúns conceptos un tanto

abstractos, de mellorar a nosa orientación espacial e empregar moitos

materiais e recursos de xeito educativo...manipulando, divertíndonos e pasando un rato xenial!!!

Encántanos o Colexio de Ardán. Esta si que é educación de calidade!!!

Gústanos aprender de xeito divertido e cunha metodoloxía adaptada aos tempos que corren!!!

Page 20: Arco da vella nº 15 ardán 2012
Page 21: Arco da vella nº 15 ardán 2012
Page 22: Arco da vella nº 15 ardán 2012
Page 23: Arco da vella nº 15 ardán 2012
Page 24: Arco da vella nº 15 ardán 2012

Mirade! Bichos de hai millóns de anos. Sorrindo ao Nadal.

Entroido na fraga. Xogando na natureza.

Page 25: Arco da vella nº 15 ardán 2012
Page 26: Arco da vella nº 15 ardán 2012
Page 27: Arco da vella nº 15 ardán 2012
Page 28: Arco da vella nº 15 ardán 2012
Page 29: Arco da vella nº 15 ardán 2012
Page 30: Arco da vella nº 15 ardán 2012

LEMBRANZAS DO CURSO

Este ano o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do centro coa axuda dos titores, levamos a cabo ao longo do curso unha serie de actividades:

POSTAIS DE NADAL

Carlota (3º) Noa (5º)

CLaudia (EI) Eva (EI)

Page 31: Arco da vella nº 15 ardán 2012

Tsion (5º) Sofía (2º)

Asier (3º) Alejandro (4º)

Nayara (1º) Andrés (1º)

Page 32: Arco da vella nº 15 ardán 2012

Miguel (EI) Tania (EI)

Sabela (6º) Carla (2º)

Carmen (4º)

Page 33: Arco da vella nº 15 ardán 2012

OUTRAS ACTIVIDADES

Entre todos elaboramos un mural sobre “os nosos seres vivos”; cada clase encargouse dunha especie: aves, árbores, plantas, mamíferos, insectos, peixes, ...

Marta (3º) Gisela (3º)

Page 34: Arco da vella nº 15 ardán 2012

Alba Juncal (6º) Lucía (5º)

Luís (4º)

Aroa (2º) Eder (1º)

Elena (EI) Carlota (EI)

Page 35: Arco da vella nº 15 ardán 2012

OBRADOIRO DE CARTAS Este ano polo Nadal, os nenos e nenas de 5º participamos no concurso “Cartas ó Apalpador”, organizado pola Asociación Queremos Galego Marín, e recibimos un diploma pola nosa participación.

Tsion (5º)

Page 36: Arco da vella nº 15 ardán 2012

Lois (5º)

Page 37: Arco da vella nº 15 ardán 2012

OBRADOIRO DE PUBLICIDADE Noa (5º) Carmen (5º)

Page 38: Arco da vella nº 15 ardán 2012

OBRADOIRO DE CONTOS

Page 39: Arco da vella nº 15 ardán 2012

OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA

Page 40: Arco da vella nº 15 ardán 2012

OBRADOIRO DE PRENSA

Page 41: Arco da vella nº 15 ardán 2012
Page 42: Arco da vella nº 15 ardán 2012

ACROSPORT NA ESCOLA

Este ano, os alumnos e alumnas do 2º e 3º Ciclo do CEIP de Ardán fixeron Acrosport nas clases de Educación Física.

Ardán. Ao longo de varias sesións de Educación Física, os nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria traballaron diferentes habilidades e destrezas, e crearon distintas figuras de Acrosport en parellas, tríos, cuartetos, e ata se atreveron a facer algunha pirámide entre todos. Aos alumnos/as encantoulles a experiencia, foi moi divertida e están desexando volvela repetir o ano que ven. Silvia (5º)

Coma no circo! Isto require moito equilibrio!

Vaia artistas! Menuda pirámide!

Page 43: Arco da vella nº 15 ardán 2012

EDUCACIÓN FÍSICA NA NATUREZA

O día 21 de maio os alumnos/as de 5º e 6º do CEIP de Ardán foron facer Educación Física á praia.

Ardán.Baixaron andando dende o colexio ata a praia. Mentres o profesor preparaba o xogo os nenos/as merendaron e xogaron ao fútbol.Fixeron un xogo de orientación por parellas ou individualmente, o mestre doulles un mapa onde aparecía o lugar onde estaban as balizas e unha cartolina con cadros. Eles tiñan que buscar pola praia do Santo e da Coviña, coa axuda do mapa, as balizas e escribir o número que tiñan na cartolina. Case ao final comezou a caer unha chuvia miúda e o mestre e os rapaces volveron ao colexio. Aos alumnos/as gustoulles moito a clase na natureza e estarían encantados, si se puidera facer máis a miúdo. Tsion (5º)

Non me atopades? Estou á esquerda! Un pouco perdidas. Por alí, por alá, …

CONFRATERNIZACIÓN

O día 8 de xuño realizouse unha convivencia entre os alumnos/as de 3º e 6º do CEIP de Ardán e do CEIP de Seixo. Xogaron a moitos xogos e pasárono moi ben.

Arrastrándonos como vermes xigantes A sentarse todos en catro cadeiras!

Page 44: Arco da vella nº 15 ardán 2012

OBRADOIRO DE POESÍA

Page 45: Arco da vella nº 15 ardán 2012
Page 46: Arco da vella nº 15 ardán 2012
Page 47: Arco da vella nº 15 ardán 2012

Escher

Naceu en Holanda (1898-1972). Viviu en Italia e viaxou por Bélxica e Suíza. En 1925 visitou a Alhambra e en 1954 expuxo a súa obra en Washington. Dedicábase a facer debuxos partindo de figuras xeométricas que se entrelazaban e a facer paisaxes imposibles dende un punto de vista da realidade.

Na clase de plástica estudiamos a súa obra e fixemos entre todos este mural:

Page 48: Arco da vella nº 15 ardán 2012

Os alumnos de sexto leron contos de diferentes escritores e fixeron a súa biografía. VICENTE BLASCO IBÁÑEZ (1867 – 1928)

Este escritor español ividiu á súa vida entre a política, o periodismo, a literatura é o amor as mulleres. Ingresou con 20 anos na masonería adoptando o nome de Danton. Participou na política de Brandon, caracterizándose pola súa oposición á monarquía e polos os seus ideais republicanos. En Novembro de 1894 publicou un xornal chamado "El Pueblo". Foi detido en 1896, despois de regresar do seu exilio en Xénova. Entre os anos 1898 e 1907 ocupou escano no Congreso dos Deputados, representando ao partido republicano chamado Unión Republicana. Blasco Ibáñez recibiu o encargo persoal do presidente francés Raymond

Poincaré de escribir unha novela sobre á guerra, chamada "Los cuatro jinetes del Apocalipsis". Publicou obras coma "Arroz y tartana", "Cañas y barro". Morreu na súa residencia, un día antes de cumprir 61 anos, a causa dunha pneumonía. Os seus restos foron repatriados cinco anos despois, durante a Segunda República e chegaron ao porto de Valencia.

María

O. HENRY (1862 - 1910)

O. Henry foi o pseudónimo do escritor, periodista, farmacéutico e contista estadounidense chamado Willian Sydney Porter. Consideráselle un dos mestres de relato breve O seu admirable tratamento dos finais narrativos sorpresivos popularizou en lingua ingresa a expresión "un final ao O.Henry". O alcume viña dun gato que tiña que se chamaba Henry e iso marcou o futuro do narrador.

Algunhas das súas grandes obras foron: “Best seller”, “Memorias dun can amarelo”, “Un amante forrón”, “Regalo de reis”, “Deixeme tomarlle o pulso”, “Vocación mesiánica”, “O ouro relucía” Tivo unha pena de cárcere de 5 anos e mentres estaba no cárcere,

escribía relatos curtos para poder gañar diñeiro para manter a súa filla. Cando saíu do cárcere cambiou o seu nome polo o de O.Henry. Despois trasladouse a Nova York onde viviu ata a súa morte. En Nova York obtivo recoñecemento por boa parte do público aínda que nin a súa fama e o seu éxito literario lle axudaron no económico sobre todo por a súa adición á bebida. No 1910 morreu de cirroses hepática.

Víctor

Page 49: Arco da vella nº 15 ardán 2012

OSCAR WILDE (1954 – 1900)

Oscar Wilde, nacido en Irlanda, tivo 2 fillos aos que lles escribía moitos contos infantís. Foi acusado por un marqués,con cuxo fillo mantiña relacións homosexuais e condenárono a 2 anos no cárcere. Morreu por estar enfermo de meninxite. Unha das súas novelas máis coñecidas é ”O retrato de Dorian Gray”. Tamén escribiu moitos contos,entre eles ” O amigo fiel”.

Vanesa

HORACIO QUIROGA (1878 – 1937)

Horacio Quiroga foi contista, dramaturgo e poeta uruguaio. Horacio era severo e dictatorial. Gustáballe a literatura,a química ,a fotografía, a mecánica, o ciclismo e a vida do campo. Cando era mozo fundou a Sociedade de Ciclismo de Salto e viaxou en bicicleta dende Salto ata Paisandú (120 km). En 1898 namorouse de María Esther, quen inspirou dúas das súas obras: “Las Sacrificadas” e “Estación de Amor”. Tivo moitas desgracias na súa vida: cando non tiña cumpridos dous anos e medio, seu pai morreu ao dispararse accidentalmente cunha

escopeta, seu padrasto suicidouse, matou accidentalmente ao seu amigo e súa esposa Ana María tamén suicidouse. Algúns dos seus libros de contos son: "Cuentos de amor, de locura y de muerte", "Cuentos de la selva", "La gallina degollada y otros cuentos".

Sabela JOSEPH RUDYARD KIPLING (1863-1937)

Naceu na India. Foi un escritor e poeta británico. Algunhas de súas obras mais importantes foron "O libro da selva" e a novela de espionaxe "Kim". Un dos seus poema máis famoso é "If". Casouse aos 26 anos e tivo unha filla chamada Josefine, para esta nena escribiu unha serie de relatos que foron concibidos para contar oralmente. A pequena Josefine, a inspiradora dos contos, morrería por pneumonía en 1898. En 1900 tivo outro fillo chamado John, que morreu aos 18 anos como soldado na Primeira Guerra Mundial.

Rexeitou varios premios, pero aceptou o Premio Nobel de Literatura de 1907, sendo oescritor mais mozo en recibir este premio ata a data de hoxe e o primeiro escritor británico en recibir este premio. David

Page 50: Arco da vella nº 15 ardán 2012

ITALO SVEVO (1861-1928)

Italo Svevo foi un escritor italiano. As súas primeiras obras foron ''Unha vida'' e ''Senilidade'' que foron un fracaso e lle motivaron a deixar de publicar libros. Coñeceu ao escritos irlandés James Joyce que foi quen lle animou a seguir escribindo. Despois escribiu a novela ''A conciencia de Zeno'' Uns anos despois Italo Svevo morreu nun accidente de coche.

Alba Nogueira

FERNÁN CABALLERO (1796 - 1877)

Fernán Caballero naceu en Suíza é morreu en Sevilla. En realidade chamábase Cecilia Bohl. Era famosa por facerse pasar por un home, e facíao porque antigamente dicían que escribir era cousa de homes. Por iso asinaba poñendo Fernán Caballero. Casouse tres veces é os tres maridos cos que se casou morréronlle. As súas obras mais famosas son: "La hija del Sol", "Clemencia" e "La Familia de Alvareda".

Pilar

JULIO CORTÁZAR (1914 – 1984)

Julio Cortázar naceu en Bruxelas de pais arxentinos. Chegou a Arxentina con 4 anos, onde se graduou como mestre de escola.Estudou na Universidade de Bos Aires. Foi escritor,tradutor e profesor. Escribiu contos, poesías, prosa poética e novelas. Por motivos persoais e políticos tivo que marchar para París en 1951, onde residiu ata a súa morte. Escribiu varias obras literarias, como as novelas, ¨Rayuela¨(1963) e ¨Los Premios¨(1960);contos como ¨Todos los Fuegos, el Fuego¨, ¨El Bestidiario¨(1951) e ¨62, Modelo Para Amar¨(1968).

Alba Juncal

Page 51: Arco da vella nº 15 ardán 2012

ANTÓN CHÉJOV (1860 - 1904)

Foi un escritor e médico ruso, naceu o 29 de xaneiro de 1860 e morreu o 15 de xullo de 1904.

Estudou Medicina na Universidade de Moscú. Escribiu unha carta dicindo “a medicina é miña esposa legal; a literatura so a miña amante”. Chéjov sempre foi un amante da liberdade. A súa familia tivo problemas económicos e para axudala empezou a escribir relatos humorísticos , nese mesmo ano gañou o premio Pushkin. Escribiu tamén obras de teatro (“O tío Vania”, “O xardín das cerdeiras”...) e contos (“Vanka”, “O bico”...).

Christian

Page 52: Arco da vella nº 15 ardán 2012

OS ALUMNOS DE SEXTO DESPÍDENSE DO CEIP DE ARDÁN Ola a todos, amigos. Teño ganas de ir a facer a ESO, pero dáme mágoa marchar do colexio de Ardán onde teño moitos bos recordos dos meus amigos e de cousas que non sabía ou non entendía, pero que os profes sempre che explican, aínda que lles custe moito. Pero tamén teño amigos no instituto e espero que me axuden a saber onde están todas as aulas. Aínda que sempre fun un pouco traste sempre tiñan paciencia, moita paciencia comigo. Recordo ademais o primeiro día de clase como si fora onte, porque paseino moi ben, e cando aprendín a sumar, porque custoume moito ou a dividir; ¡eso no vexades como me custou! O meu irmán empezou a escola e dime ¡que difícil é! Pero eu dígolle: “eu tamén tiven que facer iso e xa verás como che van custar máis outras cousas”. El contéstame: “sí, non amoles”. Pero non me gusta meterlle medo; seguro que cando vós esteades facendo esta despedida recordaredes todos estes momentos como o voso primeiro exame ou a primeira redacción. Espero que vos vaia ben. ATA LOGO Christian Cando penso que este ano me vou do colexio, recordo o meu primeiro día de clase, cando estaba moi leda de vir á escola, pero ao segundo día xa non quería vir, porque prefería quedarme na casa coa miña nai. Despois, pouco a pouco, fun facendo amigos e collendo confianza coa profesora María Xosé. Cando terminei Educación Infantil tiña medo de que me tocara a profe Silvia, porque todos dicían que era moi mala, pero o primeiro día do 1º curso vin que me tocaba a profe Carmela e púxenme moi contenta porque sabía que era boa. Estiven catro anos con ela, dende 1º ata 4º. En 5º curso tocoume a profe Ana e ao principio non me gustou, porque era moi esixente, pero despois foime gustando a súa forma de explicar e a miña historia neste colexio remata aquí, en sexto e dou grazas ao resto de profesores deste colexio por ensinarme todo o que sei.

Alba Nogueira

Estes anos no colexio do C.E.I.P Ardán foron verdadeiramente extraordinarios. Os profesores que me deron aprendéronme moitas cousas que eu non sabía, portáronse moi ben comigo. Tamén penso que como o colexio de Ardán ningún, porque o que aprendín en 9 anos ninguén mo quita. Aquí é onde medrei practicamente e xa me coñecen os profesores moi ben. Pode ser que a ESO vaia ser un pouco complicada, pero cos consellos dos profesores, eu sei que poderei aprobala. Moitísimas grazas a todos por acollerme neste centro tan magnífico e tan especial como este. Moitos bicos e tereivos informados de cada detalle.

Vanesa

Page 53: Arco da vella nº 15 ardán 2012

Estes nove anos para min, no colexio de Ardán foron os mellores, paseino moi ben cos profesores que tiven. Foron os seguintes: María Xosé e Pili, de infantil, Carmela e Ana, de primaria, Miguel, de inglés, Xosé Anxo, de educación física e o profe Xoán, de relixión. A todos eles doulle as grazas por ensinarme tantas cousas. A ESO vai ser máis complicada e os profesores do instituto non nos coñecerán tanto como os de aquí, porque alí en cada materia hai un profesor distinto e aquí temos para case todas as materias os mesmos profesores.Eu teño medo que a ESO sexa difícil, pero intentarei estudar moito e aplicar todo o que me ensinaron. Dáme un pouco de pena deixar o colexio, pero todos temos que facernos maiores e temos que facer a ESO, uns máis tarde e outros agora. Todos botaremos en falla este colexio. Pasáronme cousas moi boas neste centro, como por exemplo cando gañei o concurso de postais de Nadal. e tamén gustoume cando viñeron escritores ou cando viñeron os policías e por iso cando vaia para a ESO levarei un bo recordo dos profesores cos que estiven e dos meus compañeiros. Como fixeron os demais compañeiros nosos, ao principio de curso virei por aquí a visitarvos. Ao final do primeiro trimestre, en Nadal, a ensinarlles as notas aos meus profesores e ao final do curso tamén. Un abrazo moi grande e espero que os profesores de Chan do Monte non sexan moi malos. María González Entenza

Estes nove anos no Colexio de Ardán foron moi divertidos.Quería agradecerllos aos meus profesores, á profe Pili, á profe Carmela e á profe Ana, aos profesores de ximnasia, inglés, música e a todos os demais. Lembro que o primeiro día non quería que miña nai se fora e o profesor de ximnasia deume un crebacabezas e entretívenme e miña nai fose. A ESO hai que afrontala coma unha nova etapa da nosa vida. Vai ser un pouco máis difícil, pero non hai que asustarse. Os profesores deste colexio coñécenos, pero os profesores do novo curso non nos coñecen e temos que gañarnos a súa confianza e eles a nosa. Lembro todos os festivais de fin de curso, cando ensaiabamos e nunca nos saía e dábamos vergoña actuar. UNHA APERTA PARA TODOS

Alba Juncal

Estes nove anos no colexio de Ardán foron bastante ben. A maioría de profesores son todos bos e comprensivos. Estaría de marabilla que foran así no instituto. Eso espero. Os compañeiros que me tocaron son verdadeiros amigos, aínda que ás veces nos enfadamos. A verdade é que da un pouco de pena irse, pero por outra banda teño ganas de coñecer xente nova. Aquí todos somos os mesmos e xa nos coñecemos ben.

David

Page 54: Arco da vella nº 15 ardán 2012

Antes de irme quero dar as grazas a meus pais por traerme a este colexio e non a outro. Tamén aos meus compañeiros por ser como son, tratarme ben, axudarme en todo o posible e quererme tal como son, aínda que, como todo o mundo, tivemos os nosos enfados. Espero que eu tamén puidera axudarlles en todo e aínda que esteamos en distinto colexio ou clase espero que sigamos sendo amigos. Os profesores son os mellores. Carmela é magnífica, Miguel é moi bo, José Angel é o mellor profesor de Educación Física, con Ana aprendemos un montón, María é a mellor profesora de música e aínda que estiveramos so un ano con Tito, coñézoo moi ben, é moi gracioso e estupendo. Teño moitas ganas de ir a Chan do Monte pero estou nerviosa. Espero facer novos amigos, aparte dos de clase, e tamén espero pasalo moi ben. Ademais hai unha cafetería. Espero vervos pronto a todos. Teño máis días de vacacións de verán e virei visitarvos a todos. Bicos a todos, ata pronto. Sabela Ola son Víctor Aquino Gestido, de sexto curso; vou botar moito de menos tanto aos profesores como aos alumnos dos cursos mais baixos. O que máis vou botar de menos vai ser aos profesores porque no colexio é diferente, porque sempre, ou case sempre, temos os mesmos profesores, pero no instituto temos un profesor para cada materia. Teño un pouco de medo porque non sei como vou a afrontar a ESO. Unha aperta moi forte a todos.

Víctor Estes nove anos no C.E.I.P. de Ardán pasáronme voando. Lembro que con tres e catro anos a miña profesora era María José, aínda que tamén dábanme clase Miguel, Jose Angel e María, como nos demais cursos; logo con cinco anos deume clase a profe Pili. Tamén lembro que tiña moitas ganas de ir para primeiro porque estaba no piso de arriba; no que me dou clase a profe Carmela ata cuarto; e en quinto e en sexto a profe Ana e o profe Tito. Por un lado teño ganas de ir a Chan do Monte, pero por outro estou algo nerviosa. Pero sei que alí farei novos amigos. Botarei de menos este colexio, pero non me vou a quedar toda a vida nel. Un saúdo. Pilar Pastoriza

Page 55: Arco da vella nº 15 ardán 2012

OBRADOIRO SOBRE O COLLAGE

Alb

a J.

Alb

a N

.

Pila

r

Mar

ía

Chr

istia

n

Víc

tor

Sabe

la

Dav

id

Van

esa

Page 56: Arco da vella nº 15 ardán 2012

OBRADOIRO SOBRE O IMPRESIONISMO

Alb

a J.

Alb

a N

.

Pila

r

Mar

ía

Chr

istia

n

Víc

tor

Sabe

la

Dav

id

Van

esa