aprender a convivir

14
APRENDEMOS A CONVIVIR COA DIVERSIDADE CULTURAL Educar aos nosos fillos e fillas na convivencia intercultural Unha reflexión dun pai de familia Santiago González Avión

Upload: santiago-gonzalez-avion

Post on 15-Apr-2017

29 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Aprender a convivir

APRENDEMOS A CONVIVIRCOA DIVERSIDADE

CULTURALEducar aos nosos fillos e fillas na convivencia intercultural

Unha reflexión dun pai de familiaSantiago González Avión

Page 2: Aprender a convivir

A marea non sabe cambiar

a horaVivimos nun mundo

configurado pola cultura

Page 3: Aprender a convivir

O meu fillo Mateo extrañábase hoxe do diferente que estaba a marea respecto de onte.É doado, Mateo: nós cambiamos a hora. A marea non sabe cambiar a hora do reloxio.

Page 4: Aprender a convivir

A empanada de atún pode

ser halalCando vivimos á

defensiva desde o punto de vista cultural, non

chegamos a convivir

Page 5: Aprender a convivir

Participei onte nunha festa contra o racismo en Vigo.Nunha mesa puxeran comida con embutido de porco. Nesa mesma mesa había unha empanada de atún. Ningún musulmán da festa se achegou a probala.Pero fixemos un cartel que aclaraba que era halal: en seguida os participantes deron conta dela.

Page 6: Aprender a convivir

Podemos vivir desde a

confianzaCando deixamos atrás

os medos, ábrense espazos para convivir.

Page 7: Aprender a convivir
Page 8: Aprender a convivir

Necesitamos organizar a convivenciaNa miña experiencia, poder convivir pasa por ter espazos e

tempos organizados onde atoparnos e

aprender a coñecernos e respectarnos

Page 9: Aprender a convivir

Os meus fillos, os dous, foron a unha gardería intercultural: había xitanos e paios, galegos e estranxeiros, brancos e negros.E, por suposto, nenas e nenos.O mellor amigo do meu fillo Mateo era un neno que se chama Cheik.

Page 10: Aprender a convivir

Precisamos organizarnos

para aprender a convivir

Hai organizacións que ensinan a convivencia

intercultural

Page 11: Aprender a convivir

Durante un curso enteiro tiven na casa unha estudante finlandesa de primeiro de bachalerato.O ano pasado, durante un semestre, fun familia de acollida dun estudante Mexicano (do Estado de Oaxaca).

Page 12: Aprender a convivir

Podemos ter éxito na vida

grazas á convivencia

Só temos que afirmar a nosa identidade

como unha forma de estar onda outras

persoas, non contra outras persoas

Page 13: Aprender a convivir

A miña filla María vive en Lisboa. Na súa residencia hai 70 estudantes de 28 nacionalidades diferentes.Falan en Portugués e en Inglés, dependendo das competencias de cada quen. María, ademais, fala en español e en francés. Estivo en Canadá, en Francia, no Reino Unido, en Italia, en Polonia e o próximo verán levará un grupo de adolescentes aos Estados Unidos para un intercambio.

Page 14: Aprender a convivir

“Convivir é posible”

– Temos que aprender a ceder e intentalo cada día…