apotegmas dos pais do deserto
DESCRIPTION
Apotegmas dos Pais do desertoTRANSCRIPT
I
Exhortación dos santos pais a proseguir cara a perfección
1. Preguntou un ao abade Antonio: “Que debo facer para agradar a Deus?”
O ancián respondeulle: “Garda isto que che mando: onde queira que
vaias, ten sempre a Deus ante os teus ollos; en todo o que fagas, busca a
aprobación das Sagradas Escrituras; e onde queira que vivas, non
cambies doadamente de lugar. Garda estas tres cousas e salvaraste”.
2. O abade Pambo preguntoulle ao abade Antonio: “Que debo facer?”. O
ancián respondeu: “Non confíes na túa xustiza; non te laies do pasado e
domina a túa lingua e a túa gula”.
3. Dixo san Gregorio: “De todo bautizado Deus esixe tres cousas: una fe
recta para a alma; dominio da lingua; castidade para o corpo”.
4. Un dixo1 que un dos pais dixera: “Unha comida habitualmente escasa e
mal condimentada, unida á caridade, leva moi rapidamente ao monxe
ao porto da impasibilidade”.
5. Dixo tamén2: “Anunciaron a un monxe a morte de seu pai, e o monxe
dixo ao mensaxeiro: ‘Deixa de blasfemar; meu pai é inmortal’”.
6. O abade Macario dixo ao abade Zacarías: “Dime, cal é o traballo do
monxe?”. “E ti, pai, pregúntasme iso?”, respondeulle. E o abade Macario
1 O anónimo auto desta sentenza e da seguinte é Evagrio Póntico. O copista suprimiu oseu nome sospeitoso de heterodoxia, mantendo estas dúas pezas na súa orde alfabéticanormal. A tradución latina conserva o nome de Evagrio. Estas dúas pezas son extractosdo Tratado práctico, nos 91 e 95; o nº 4 lese así en Alph., e o nº 5 en H.L., 38.
2 EVAGRIO, Tratado práctico, ed. Guillaumont, p. 700.
1
díxolle: “Teño plena confianza en ti, meu fillo Zacarías, pero hai alguén
que me impulsa a interrogarte”. E Zacarías respondeu: “Para min, pai, é
monxe aquel que se fai violencia en todo”.
7. O abade Isaías3 o Sacerdote dixo: “Un dos pais dixera que o home debe
adquirir antes que nada a fe en Deus e desexar a Deus sen cesar, e a
ausencia de maldade, non devolver mal por mal (Cf. Rom. 12, 17), e a
austeridade, a humildade, a pureza, o amor dos homes, a caridade para
con todos, a submisión, a dozura, a longanimidade, a resistencia, o
desexo de Deus, e suplicar a Deus sen cesar con pena no corazón e
cunha caridade verdadeira para non mirar mais atrás, e atender aos que
viñesen (Cf. Fil 3, 13), e non ser altivo nas boas obras, é dicir no seu
servicio, e implorar a axuda de Deus á causa do que lle sobrevén sen
cesar cada día4.”
8. Un irmán pediulle unha palabra ao abade Isaías. E o ancián
respondeulle: “Se queres seguir ao noso Señor Xesús, garda as súas
palabras; e se queres que sexa crucificado con el o teu home vello,
debes apartar de ti, ata que morras, aos que te fan baixar da cruz; e
débeste preparar ti mesmo a levar o desprezo e a tranquilizar o corazón
dos que te fan o mal, a humillarte diante dos que queren dominarte, a
gardar silencio e a non xulgar a ninguén no teu corazón5”.
3 Esta peza e as catro seguintes representan un estrato redaccional posterior (cf. Recherches, p. 183-184). Sobre este Isaías, ver L. REGNAULT, “Isaïe de Scété ou de Gaza?Notes critiques en marge d’une introduction au problème isaïen”, RAM, 46, 1970, p. 33-34. Son préstamos aos Logoi de Isaías.
4 Schoinas, p. 41; Draguet, p. 402.
5 Schoinas, p. 167; Draguet, p. 426.
2
9. Dixo tamén: “A fatiga, a pobreza, a vida no estranxeiro, a coraxe e o
silencio xeran a humildade, e a humildade suprime moitas faltas; pero
para o que non observa iso, a renuncia é en van6.”
10. Dixo tamén: “Odias todo o que está no mundo e o descanso do corpo,
posto que é alí o que fai de ti un inimigo de Deus (cf. St 4, 4). Así
mesmo, en efecto, como un home que ten un inimigo combate con el,
así temos que combater co corpo para non lle dar descanso7.”
11. Un irmán preguntou ao abade Isaías sobre a palabra da oración do
Evanxeo: “Que significa: santificado sexa o teu nome (Mt 6, 9)?”. E el
respondeulle: “Isto concírnelles aos perfectos; posto que é imposible
que o nome de Deus sexa glorificado en nos mentres sexamos
dominados por unha paixón8”.
12. Dicían do abade Teodoro de Fermo que adiantaba a todos en estes tres
principios: non posuír nada, a abstinencia e o fuxir dos homes.
13. O abade Xoán o Anano dixo: “Gústame que o home posúa algo de todas
as virtudes. Por iso, cada día ao erguerte, exercítate en todas as virtudes
e garda con moita paciencia o mandato de Deus, con temor e
longanimidade, no amor de Deus, con esforzo de alma e corpo e con
grande humildade. Sé constante na aflición do corazón e na observancia,
con moita oración e súplicas, con xemidos, gardando a pureza e os bos
modais no uso da lingua e a modestia no dos ollos. Sufre con paciencia
as inxurias sen dar lugar á ira. Sé pacífico e non devolvas mal por mal (cf.
Rom 12, 17). Non te fixes nos defectos dos demais, nin te exaltes a ti
6 Schoinas, p. 85; Draguet, p. 429.
7 Schoinas, p. 169; Draguet, p. 429.
8 Schoinas, p. 169; Draguet, p. 430.
3
mesmo, antes ao contrario, con moita humildade sométete a toda
criatura, renunciando a todo o material e ao que é segundo a carne,
pola mortificación, a loita, con espírito humilde, boa vontade e ascese
espiritual, con xaxún, penitencia, bagoas, dureza na batalla, con
discreción de xuízo, pureza de alma, percibindo o ben con paz e
traballando coas túas mans (cf. 2Ts 3, 12) . Vela de noite, soporta a fame,
a sede, o frío e a nudez (cf. 2Cor 11, 27), os traballos. Encérrate nun
sepulcro como se estiveses morto, de modo que a todas horas sintas
que a túa norte está preto”.
14. O abade Xosé de Tebas dixo: “Tres clases de persoas son gratas aos ollos
de Deus: primeiro os enfermos que padecen tentacións e as aceptan con
acción de grazas. En segundo lugar, os que obran con toda pureza diante
de Deus, sen mestura de nada humano. En terceiro lugar, os que se
someten e obedecen ao seu pai espiritual renunciando á súa propia
vontade9”.
15. O abade Casiano conta do abade Xoán que ocupara altos postos na súa
congregación e que fora exemplar na súa vida. Estaba a piques de
morrer e marchaba alegremente e de boa gana ao encontro do Señor.
Rodeábano os irmáns e pedíronlle que lles deixase como herdanza una
palabra, breve e útil, que lles permitise elevarse á perfección que se da
en Cristo. E el dixo xemendo: “Nunca fixen a miña propia vontade, e
nunca ensinei nada a ninguén que non practicase antes eu mesmo10”.
16. Un irmán preguntou ao abade Macario o Grande sobre a perfección. E o
ancián respondeulle: “Se o home non obtén unha grande humildade no
9 En Alph., Xosé de Tebas I, o texto continúa. Máis destinada ao uso das comunidades, acolección sistemática non xulgou oportuno coroar especialmente esta terceira categoría, dificilmente compatible coas esixencias da submisión a unha regra común
10 Retomado de CASIANO, Institucións cenobíticas, V, 28.
4
seu corazón e no seu corpo, e de non se medir el mesmo no que sexa,
senón máis ben de situarse con humildade por debaixo de toda criatura,
e de non xulgar absolutamente persoa senón a si mesmo, de soportar os
insultos, de arrincar do seu corazón toda malicia, de se contrariar a ser
paciente, útil, amigo dos irmáns, moderado, mestre de si mesmo -está
escrito, en efecto: o Reino dos Ceos está a ser violentado, e os violentos
repáñano (Mt 11, 12)-, de ver cos seus ollos cousas rectas, de gardar a
súa lingua, de afastarse de oír cousas vanas e destrutivas para a alma, e
da xustiza das mans, a pureza do corazón con Deus, un corpo sen tacha,
e de ter cotiamente diante dos ollos o recordo da morte, de renunciar á
ira e á malicia espirituais, renunciar á materia e aos placeres carnais,
renunciar ao diaño e a todas as súas obras, pero con apego sólido a
Deus, o rei supremo, e a todos os seus mandamentos, e de ser próximo
a Deus sen cesar en todo tempo e lugar e obra, el non pode ser
perfecto11.”
17. O abade Marcos dixo: “A lei da liberdade ensina toda verdade. E moitos
len esta lei segundo o coñecemento, pero algúns pénsana segundo a
analoxía do cumprimento dos mandamentos. Non busca a súa
perfección en virtudes humanas, posto que nelas non se atopa nada de
perfecto. A perfección desta lei, en efecto, está escondida na cruz de
Cristo12.”
18. Un irmán preguntou a un ancián: “Hai algo bo para que eu o faga e viva
niso?”. O ancián respondeu: “Só Deus sabe o que é bo. Sen embargo,
escoitei dicir que un pai preguntara ao abade Nisterós o Grande, o
amigo do abade Antonio: “Cal é a obra boa para que eu a faga?” E el
respondeu: “Acaso non son todas as obras iguais? A Escritura di:
11 Cf. Thesaurus asceticus de Possevin nº1 (PG 34, 232 D).
12 Retomado de MARCOS O ERMITÁN, De lege spirituali, 28-29 (PG 65, 909 A).
5
‘Abraham exercitou a hospitalidade e Deus estaba con el (Cf. Xn 18, 2ss).
Elías amaba o recollemento, e Deus estaba con el. David era humilde e
Deus estaba con el’. Polo tanto, aquilo ao que vexas que a túa alma
aspira segundo Deus, faino, e garda o teu corazón”.
19. O abade Pastor dicía do abade Nisterós do mesmo xeito que a serpe de
bronce no deserte curaba a quen a miraba do pobo(cf. Nm 21, 9), así era
o ancián: posuidor de toda virtude, mesmo sen dicir nada curaba a todo
o mundo.
20. O abade Pastor dixo: “A garda do corazón, o exame de si mesmo e o
discernimento, son as tres virtudes que guían a alma”.
21. Dixo tamén: “Deus dou a Israel esta regra de vida: absterse do que vai
contra natura, é dicir, da cólera, dos arrebatos, da envexa, do odio, da
maledicencia contra o irmán, en resumo, de todo o que é do pasado.”
22. Un irmán preguntou ao abade Pastor: “Como debe vivir un home?”. E o
ancián respondeulle: “Aí tes a Daniel, contra o que non se atopaba outra
acusación, mais que o culto que daba ao seu Deus (cf. Dn 6, 5-6)”.
23. Dixo tamén: “A pobreza, a tribulación e a discreción son as tres obras da
vida solitaria. En efecto, di a Escritura: ‘Se estes tres homes, Noé, Xob e
Daniel estivesen alí...’(Ez 14, 14). Noé representaba aos que non posúen
nada. Xob aos que sofren tribulación. Daniel aos discretos. Se estas tres
se atopan nun home, Deus habita nel”13.
13 Alph, Pastor 60, dá un texto degradado onde hai catro “instrumentos”, con nonobstante a mesma referencia aos tres personaxes, dos cales Daniel, é figura dodiscernimento. ORW omiten o discernimento. Anotarase que Noé, Jobe Daniel representan aquí os instrumentos da vida solitaria, aos que Agostiño os aplicaás tres ordes de fieis (sacerdotal, monacal, conxugal), simbolismo retomado porGregorio o Grande (cf. Y. CONGAR, art. “Laïcat”, DSP 9, 1976, col. 83) queseguirá toda unha tradición medieval (p.e. JONAS DE ORLEÁNS, De institutione laicali, II,1, PL 106, 169 D-170 A).
6
24. O abade Pastor dixo: “Se o monxe odia dúas cousas, pode liberarse
deste mundo”. E un irmán preguntoulle: “Que cousas son esas?”. E dixo
o ancián: “O benestar e a vangloria”.
25. Dise que o abade Pambo, no momento de abandonar esta vida, dixo aos
santos varóns que o acompañaban: “Dende que vin a este deserto,
edifiquei a miña cela e habiteina, non lembro ter comido o meu pan sen
telo gañado co traballo das miñas mans, nin de terme arrepentido de
ningunha verba que dixera ata o momento. E sen embargo, preséntome
ante o Señor como se non comezase a servir a Deus”.
26. O abade Sisoés dixo: “Desprézate a ti mesmo, arroxa fora de ti os
praceres, libérate das preocupacións materiais e atoparás o descanso”.
27. O abade Chamé, a punto de morrer, dixo aos seus discípulos: “Non
vivades coma herexes, nin vos relacionedes con poderosos, nin
alonguedes as vosas mans para recibir, senón mais ben para dar”.
28. Un irmán preguntou a un ancián sobre a vida. O ancián dixo: “Come na
palla, repousa na palla, e durme sobre a palla, é dicir, menosprézao todo
pero gaña un corazón de ferro”.14
29. Un irmán preguntou a un ancián: “Pai, como ven ao home o temor de
Deus?”. E respondeu o ancián: “Se o home practica a humildade e a
pobreza e non xulga aos demais, apoderarase del o temor de Deus”.
30. Un ancián dixo: “Que o temor, a humildade, a privación de alimento e a
compunción moren en ti”.
31. Dixo un ancián: “Non fagas a outro o que ti detestas. Se odias ao que
fala mal de ti, non fales tampouco mal dos demais. Se odias ao que te
14 A palla figura aquí como o abaixamento ao nivel dos animais: cf. XV, 131.
7
calumnia, non calumnies aos demais. Se odias ao que te despreza, ao
que te inxuria, ao que te rouba ou te fai calquera outro mal semellante,
non fagas nada disto ao teu próximo. Basta gardar esta verba para
salvarse”.
32. Un ancián dixo: “A vida do monxe é o traballo, a obediencia, a
meditación, o non xulgar, non criticar, nin murmurar, porque está
escrito: “Ama Deus aos que detestan o mal” (Sal 96, 10). A vida do
monxe consiste en non andar cos pecadores, nin ver cos seus ollos o
mal, nin obrar nin mirar con curiosidade, nin inquirir nin escoitar o que
non lle importa. As súas mans non se apoderan das cousas senón que as
reparten. O seu corazón non é soberbio, o seu pensamento sen
malevolencia, o seu ventre sen fartura. En todo obra con discreción. En
todo isto consiste o ser monxe”.
33. Un ancián dixo: “O que non recibe a todos os homes coma a irmáns
senón facendo distincións, ese non é perfecto.”15
34. Dixo un ancián: “Pide a Deus que poña no teu corazón a compunción e a
humildade. Ten sempre presentes os teus pecados e non xulgues aos
demais. Sométete a todos e non teñas familiaridade coas mulleres, nin
cos nenos, nin cos herexes. Non te fíes de ti mesmo, suxeita a lingua e o
apetito e prívate do viño. E se algún fala contigo de calquera cousa, non
discutas con el. Se o que che di está ben, di: “Si”. Se está mal, di: “Ti
saberás o que dis”. E non disputes con el do que falou. E así a túa alma
terá paz”.
35. Un irmán interrogou un dos pais: "Que a vida?” Este respondeu: "Unha
boca sincera, un corpo santo, un corazón puro, non ter pensamentos
15 Cf. XXI, 64 (dobre)
8
que volven cara ao mundo, unha salmodia con compunción, vivir no
recollemento e non pensar en nada máis que a espera do Señor".
36. Un vello dixo: “Exerzamos a dozura, a resignación, a longanimidade, a
caridade, posto que niso é o monxe.”
37. El dixo tamén: “A definición de ‘cristián’ é ser ‘imitador de Cristo16’”.
16 PG 31, 1028.
9
II
Débese procurar o recollemento con todas as forzas
1. O abade Antonio dixo17: “Os peixes que se deteñen sobre a terra firme,
morren. Do mesmo xeito os monxes que enredan fora da súa cela, ou
que perden o seu tempo coa xente do mundo afástanse do seu
propósito de recollemento. Convén pois, que o mesmo que o peixe ao
mar, volvamos á nosa cela o antes posible. Non sexa que enredando
fora, esquezamos a vixilancia interior”.
1. Dixo tamén: “O que permanece na soidade e o recollemento libérase de
tres xéneros de loita: a do ouvido, a da palabra e a da vista. Non lle
queda mais que un só combate: o do corazón18”.
2. O abade Arsenio, cando aínda estaba en palacio, orou ao Señor dicindo:
“Señor, condúceme á salvación”. E escoitou unha voz que lle dixo:
“Arsenio, fuxe dos homes e salvaraste”.
3. O mesmo, unha vez incorporado á vida monástica, orou de novo coas
mesmas verbas. E escoitou a voz que dicía: “Arsenio, fuxe, cala e practica
o recollemento; estas son as raíces para non pecar”.
17 Esta comparación, tomada da Vida de Antonio, c. 53, foi recuperada moi a miúdomáis tarde. Un só exemplo, interesante porque non remite tampouco a Antonio senónás Escrituras: "Posto que as Santas Escrituras nos din que o monxe non puido vivir fórado seu claustro sen pecado mortal, non máis que o peixe non pode vivir sen auga”(HUGUES DE DIGNE , sermón de 1254, recollido por JOINVILLE, Histoire de saint Louis,citado en Cahiers de Fanjeaux, t. 10, 1975, p.73)
18 Conservamos τῆς καρδίας, que se le en todos os manuscritos, e así en Alph., Antonio11; pero quizais se tería que ler τῆς ἀκηδίας, segundo XII, 21 onde, despois da mesma triloxía (falar, escoitar, ver), o combate indicado é o da acedía.
10
4. O abade Marcos dixo ao abade Arsenio19: “Con que obxectivo foxes de
nós?”. O ancián díxolle: "Deus sabe que o amo; pero eu non podo estar
con Deus e cos homes. Os milleiros e milleiros das alturas non teñen
máis que unha soa vontade, mentres que os homes teñen moitas. Eu
non podo pois abandonar a Deus e ir cos homes."
5. O arcebispo Teófilo, de feliz memoria, veu un día co xuíz ao abade
Arsenio. E o bispo interrogouno para escoitar unha palabra del. O ancián
gardou un momento de silencio, e respondeulle: “Se vos digo unha
palabra, cumprirédela?”. Prometéronllo así. E o ancián díxolles: “Se
ouvides dicir que Arsenio está en determinado lugar, non vaiades alí!”.
6. Outra vez, o arcebispo quixo velo, e enviou antes a preguntar se o
recibiría. O ancián mandou que lle responderan: “ Se ves, recibireite.
Pero se te recibo a ti, recibirei a todo o mundo. E entón, xa non
pertencerei máis a este lugar”. Ante estas palabras, o arcebispo dixo: “Se
vou a facer que este home se marche, nunca xamais irei a ver a ese
santo varón”.
7. O abade Arsenio chegou un día a un canaval, e o vento axitaba as canas.
O ancián dixo aos irmáns: “Que é iso que se move”. “Son as canas”,
respondéronlle. “Certamente, se un se atopa en pleno recollemento e
escoita o canto dun paxaro, o seu corazón xa non posuirá o
recollemento. Sendo isto así, que será de vos co ruído desas canas?20”.
8. Contábase do abade Arsenio que tiña a súa cela a dúas millas de
distancia21, e que rara vez saía dela, pois outros se encargaban de
traerlle o que necesitaba. Pero cando Scitia foi devastado, marchou de
19 A versión latina da esta sentencia en XVII, 6.
20 Cf. XVI, 23, onde un “santo ancián” non se molesta polas palabras indecentes pronunciadas diante da súa ermida.
11
alí chorando e dixo: “O mundo perdeu Roma e os monxes perderon
Scitia”.
9. Unha vez que o abade Arsenio se atopaba en Canope, veu de Roma
unha matrona virxe, moi rica e temerosa de Deus, para velo. Recibiuna o
arcebispo Teófilo e ela pediulle que intercedese ante o ancián para que
a recibise. O arcebispo chegouse a el e díxolle: “Unha matrona veu de
Roma e quere verte”. Pero o ancián non consentiu en recibila. Cando a
dama recibiu a resposta, fixo preparar a súa cabalgadura, dicindo:
“Confío en Deus que ei de velo. Na nosa cidade hai moitos homes, pero
eu vin a ver non a un home senón a un profeta”. E ao chegar á cela do
ancián, por disposición divina, o ancián atopábase providencialmente
fora dela. E ao velo a matrona arroxouse aos seus pés. Pero el,
indignado, levantouna e díxolle mirándoa fixamente: “Se queres ver o
meu rostro, mírao!”. Pero ela, chea de confusión, non o mirou. O ancián
continuou: “Non oíches falar das miñas obras? Iso é o que hai que mirar.
Como te atreviches a facer unha travesía tan longa? Non sabes que es
unha muller e que unha muller non debe saír a ningures? Irás a Roma e
diraslle ás demais mulleres: ‘Vin a Arsenio’, e converteras o mar nun
camiño para que as mulleres veñan a verme?”. Ela respondeu: “Se Deus
quere que volva a Roma, non permitirei a ningunha muller que veña
aquí. Pero roga por min e acórdate sempre de min”. Arsenio
contestoulle: “Pide a Deus que borre do meu corazón o teu recordo”. Ao
escoitar estas palabras ela retirouse chea de turbación, e ao chegar a
Alexandría caeu enferma a causa da tristeza. Comunicouse a súa
enfermidade ao arcebispo, que veu para consolala e preguntoulle que lle
sucedía. Ela díxolle: “Oxalá non fora alí! Dixen ao ancián: ‘Acórdate de
min’ e respondeume: ‘Pide a Deus que borre do meu corazón a túa
21 Adoptamos “dúas millas”, dada por O soamente contra HWl e tamén Alph., Arsenio 21, xa que “trinta e dúas millas” sería inverosímil.
12
memoria’. E morro por iso de tristeza”. E o arcebispo díxolle: “Non te das
conta de que es unha muller e que o inimigo combate aos santos polas
mulleres? Por isto te falou así o ancián. Pero el rogará sen cesar pola túa
alma”. Deste modo quedou curado o corazón da boa muller e volveu á
súa casa chea de alegría.
10. Dous vellos viñeron un día onda o abade Arsenio e pedíronlle que lles
dixese unha palabra a propósito dos que viven no recollemento e non
reciben persoas. O ancián díxolles: “Mentres a virxe permanece na casa
de seu pai, todos a queren desposar; pero se ela comeza a saír, xa non
gusta a todos: uns menosprézana, outros louvana, e así ela non ten a
mesma consideración que antes, cando permanecía agochada. Así lle
sucede á alma: se se mostra ao exterior, non pode satisfacer a todo o
mundo”.
11. O abade Diadoco dixo: “Igual que as portas dos baños continuamente
abertas fan saír moi rapidamente a calor fóra, así a alma, cando fala con
todos, mesmo se fala de cousas boas, disipa a súa propia calor pola
porta da palabra. É pois bonito, o silencio oportuno, xa que é a nai dos
pensamentos máis prudentes22”.
12. O abade Dulas dixo: “Se o enemigo se esforza en facernos abandonar o
recollemento, non o debemos escoitar, pois nada se lle pode comparar.
E a privación de alimentos únese ao recollemento para combater ao
enemigo, proporcinando a súa agudeza á mirada interior”.
13. Dixo tamén: “Suprime a frecuentación das multitudes, para que o teu
espíritu non se disperse e non se turbe o teu recollemento”23.
22 Tomado de DIADOCO DE FOTICÉ, Chapitres gnostiques, 70 (SC 5 bis, p.130).
13
14. Un irmán preguntou ao abade Isaías: “Como ten que recollerse un na
cela?”. O ancián respondeu: “Recollerse na cela, é lanzarse un mesmo á
presenza de Deus e facer o posible para oporse a todo pensamento
sementado polo inimigo: porque estar na cela é fuxir do mundo?”. O
irmán dixo: “Que é o mundo?”. O vello respondeu: “O mundo, é o
estorbo dos asuntos; o mundo, é facer o que vai contra natura e realizar
a túa propia vontade segundo a carne; o mundo, é pensar que se
permanece neste século; o mundo, é a sucidade do corpo en detrimento
da alma e glorifícase en que abandones. E non digo isto por min mesmo,
senon que é Xoán o Apóstolo quen o di: Non amedes o mundo nen o
que hai no mundo (1 Xn 2, 15)”.
15. Dixo tamén24: “O que vive no recollemento debe preguntarse a si
mesmo a todas horas para saber se escapou aos que, no aire, o reteñen,
e se se liberou deles mentres aínda está no corpo. En efecto, mentres
permaneza sometido á súa escravitude, non pode vivir no
recollemento.”
16. Un irmán preguntoulle25: “Que debe facer o que vive no recollemento?”.
E el dixo: “O que vive no recollemento precisa de tres obras: ter un
continuo temor de Deus, imporar con perseverancia, e non separar o
seu corazón do recordo de Deus”.
17. Un dicía do abade Isidoro o Sacerdote que cando un irman ía á súa casa,
él refuxiábase no interior da súa cela. E os irmáns dixéronlle: “Abade
23 Tomado de EVAGRIO, Rerum mon. Rationes, 8 (PG 40, 1260 C); atópase dúas veces en Alph., Evagrio 2 e Dulas 2. Aquí parece ser atribuída a Dulas.
24 Schoinas, p. 167; Draguet p. 426.
25 Shoinas, p. 171; Draguet p. 435.
14
Isidoro, que é isto que fas?”. E el dixo: “As bestas salvaxes tamén
escapan e fuxen cara as súas goridas”. Dixo isto para proveito dos
irmáns.
18. En Scitia, un irmán veu ao encontro do abade Moisés, para pedirlle unha
palabra. E o ancián díxolle: “Vaite e séntate na túa cela; e a túa cela
ensinaracho todo”.
19. O abade Moisés dixo: “O home que fuxe do home é semellante á uva
madura; o que convive cos homes, á uva amarga”.
20. O abade Marcos dixo: “O que quere franquear o mar intelixible é
paciente, humilde, vela, domínase. Fóra destas catro cousas, se alguén
se esforza por avanzar, enturba o corazón pero non pode atravesar.”
21. Dixo tamén: “O recollemento é útil, porque rende os vicios ineficaces;
pero si, na oración, adxunta estas catro virtudes como unha axuda á
impasibilidade, nada é máis rápido”.
22. Dixo tamén: “Non é posible que o espíritu se recolla sen fuxir do corpo,
nin suprimir a barreira que os separa sen o recollemento e a oración”.
23. Dixo tamén: “É porque non ve o que prexudica que o recollemento sexa
bo. O pensamento non recibe iso que non viu, e o que non se atopa nel
non pon en movemento o recordo pola imaxinación, e o que non pon en
movemento a memoria non excita a paixón. E cando a paixón non é
excitada, o home posúe no seu interior unha serenidade profunda e
unha gran paz”.
24. O abade Nilo dixo: “O que ama o recollemento permanece invulnerable
ás frechas do inimigo; mais o que se mestura coa multitude, recibirá
frecuentes feridas. En efecto, estando tranquilo, a parte irascible vólvese
15
mais moderada, e o desexo, no recollemento, habitúase a reaccionar
mais docemente segundo a razón. Nunha palabra, toda paixón que non
é excitada progresa lentamente cara a mesura e cesa completamente,
esquecendo, co tempo, o que é sen acción propia, e non lle quedan mais
que os recordos das cousas, a disposición paixonal teña desaparecido”.
25. O abade Pastor dixo: “A orixe dos males é a distracción”.
26. Dixo tamén: “É bo fuxir das cousas corporais. Pois mentres un está
enfrascado na loita corporal, parécese ao home que permanece de pé
xunto a un lago moi profundo: o inimigo precipitarao nel facilmente no
momento que o estime convinte. Pero cando se está lonxe das cousas
corporais, parécese ao home lonxe do pozo: se o inimigo o arrastra para
precipitalo nel, mentres tira del con violencia, Deus envíalle a súa
axuda”.
27. O Abade Abraham, discípulo do abade Sisoés, dicíalle en certa ocasión:
“Pai, envelleciches, acerquémonos un pouco ao mundo habitado”. E o
abade Sisoés respondeulle: “Vaiamos onde non haxa muller”. E o seu
discípulo contestoulle: “Fora do deserto, onde existe lugar onde non
haxa muller?”. “Entón –respondeu o ancián- lévame ao deserto”.
28. A abadesa Sinclética dixo: “Moitos dos que estaban sobre o monte
pereceron, porque as súas obras eran as do mundo. É mellor vivir con
moita xente e levar, en espírito, unha vida solitaria, que estar só e vivir,
en espírito, coa multitude”.
29. Un ancián dixo: “O monxe debe procurarse sempre o recollemento para
facer caso omiso a posibles desgrazas corporais”.
16
30. Un contou que tres philoponoi26,amigos entre eles, fixéronse monxes.
Un deles escolleu reconciliar aos que tiñan preitos, segundo o que está
escrito: Benaventurados os que buscan a paz. (Mt 5, 9) O segundo
propúxose visitar aos enfermos. O terceiro foise a vivir no recollemento
ao deserto. O primeiro, esgotado entre os preitos dos homes, non podía
pacificar a todos. Desalentado foise onde o que axudaba aos enfermos e
atopouno tamén desanimado, incapaz de cumprir o mandamento
divino. De común acordo foron ao encontro do que se retirara ao
deserto, e contáronlle as súas tribulacións e rogáronlle que lles dixera a
que situación chegara. Este quedou un momento en silencio, e
enchendo unha copa de auga díxolles: “Mirade este auga”; estaba
turbia. E pouco despois engadiu: “Mirade agora como se volveu
transparente”. Inclináronse sobre a auga e viron nela o seu rostro como
un espello. E díxolles: “Isto sucede ao que mora en medio dos homes: a
desorde non lle permite ver os seus pecados, pero se recorre ao
recollemento, sobre todo no deserto, descubrirá os seus pecados”.
31. Un ancián dixo: “O que quere permanecer na cela, que non fale de
relación con ninguén, sobretodo con ninguén que lle faga dano”.
32. Un ancián dixo: “Aquel que ten preto del a Xésus e que se entretén con
el fai ben se non presenta a ninguén na súa cela”.
33. Un gran ancián, indo cara ao río, atopou unha zona tranquila.
Establecéndose alí, cortou pequenos xuncos no río, e trenzou unha
corda que lanzou no río. E fixo así ata que chegaron as xentes que o
26 Sobre os philoponoi, “membros de cofradías relixiosas que participaban activamente na vida das súas igrexas”, ver Ewa WIPSZYCKA, “Les confréries dans la vie religieuse de l'église chrétienne”, en Proceedings of the Tweth International Congress of Papyrology, Toronto 1970, p. 511-525.
17
viron. Entón retirouse. Non traballaba, en efecto, porque o necesitara,
senon para a pena e o recollemento.
34. Un ancián dixo: “Igual que sobre un camiño frecuentado non medra
ninguna verdura, mesmo se se tira alí a semente, porque o espazo é
pisado, así vai tamén para nós: abstente ti de todo asunto e verás saír
cousas das cales non sabías que estaban en ti, xa que as pisabas.”
35. Un dos santos dixo: “É imposible ao home, cando goza moito tempo da
dozura do mundo, gozar da dozura de Deus. Que probe ao contrario a
dozura de Deus, e odiará o mundo, segundo o que está escrito: Ninguén
pode servir a dous donos (Mt 6, 24). E para nós, cando queremos moito
tempo a frecuentación dos homes e o descanso do corpo, non podemos
gozar da dozura de Deus. Agora ben, digo isto: se alguén permanece na
súa cela e practica alí o silencio, atendendo con toda a súa alma á
oración e ao traballo, pode ser salvado neste século”.
36. Un irmán preguntou a un ancián: “Que é o recollemento e cal é a súa
utilidade?”. E o ancián dixolle: “O recollemento é permanecer na cela
con coñecemento e temor de Deus, manténdose afastado do rencor e
do sentimento de superioridade. Un recollemento tal é xerador de todas
as virtudes e protexe ao monxe das frechas acesas do inimigo (cf. Ef 6,
16), non permitindo que sexa ferido. Oh recollemento, progreso dos
solitarios! Oh recollemento, escaleira celeste! Oh recollemento, camiño
do reino dos Ceos! Oh recollemento, nai da compunción! Oh
recollemento, que procuras a penitencia! Oh recollemento, espello das
faltas, que lle amosas ao home os seus pecados! Oh recollemento, que
non impides as bagoas e os xemidos! Oh recollemento, que tornas a
alma luminosa! Oh recollemento, que xeras a dozura! Oh recollemento,
compañeiro da humildade! Oh recollemento, que conduces ao home a
un estado pacífico! Oh recollemento que fas falar cos anxos! Oh
18
recollemento que alumeas o espíritu! Oh recollemento asociado ao
temor de Deus, vixiante dos pensamentos e compañeiro do
discernimento! Oh recollemento que xeras todo ben, apoio do xaxún,
freo da lingua e obstáculo á gula! Oh recollemento, escola de oración e
escola de lectura! Oh recollemento, calma dos pensamentos e porto
protexido! Oh recollemento que conmoves a Deus, arma dos novos, que
mantén un pensamento do cal un non se arrepinte e que conserva sen
trastorno aos que queren permanecer na súa cela! Oh recollemento,
iugo levadeiro e carga lixeira (cf. Mt 11, 30), que descansas e levas a
quen te leva! Oh recollemento, xoia da alma e do corazón! Oh
recollemento que non se preocupa máis que do que lle concirne, que lle
fala a Cristo, que ten sen cesar a morte diante dos ollos! Oh
recollemento, freo para os ollos, as orellas e a lingua! Oh recollemento
que cada día e cada noite atende a Cristo, conserva a lámpada acesa (cf.
Mt 25, 1-3) -porque, desexando a Cristo, cantas sen cesar: O meu
corazón está pronto, oh Deus, o meu corazon está pronto (Sl 56, 8)!- Oh
recollemento, que suprimes a frivolidade e que, no lugar da risa,
procuras as bágoas a quen te posee! Oh recollemento, inimigo da
impudicia, que odias a familiaridade e que atendes sempre a Cristo! Oh
recollemento, prisión das paixóns! Oh recollemento, campo de Cristo
levando bonitas segas! Si, irmán, adquire esta virtude, e salvaraste da
morte27.”
27 Este longo eloxio do recollemento é unha ampliación de Alph. Rufus 1, sen que sexa posible saber se esta exhortación é abreviada por Alph, ou se, ao contrario, non é mais que unha glosa posterior.
19