anuncioca04-270515-0003_gl

4
DOG Núm. 104 Xoves, 4 de xuño de 2015 Páx. 21766 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA INSTRUCIÓN 1/2015, do 13 de maio, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, que establece as condicións particulares para o cambio de gas combustible en edificios. O cambio de familia de combustible gasoso en edificios (xa sexa total ou parcial), trae consigo situacións de difícil resolución que poderían dar lugar a situacións de insegurida- de nas instalacións de gas. A presente instrución ten como finalidade unificar o xeito de proceder por parte dos axentes que interveñen para facilitar o cambio e que posibilite a convivencia das instalacións de combustibles de diferentes familias. A presente instrución dítase sen prexuízo do cumprimento do resto da normativa aplica- ble ao caso, en especial, o disposto no Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (RITE) polas consecuencias que poida ter o cambio de tipo de enerxía así como calquera outra reforma que comporte un cambio na documentación coa que se rexistrou a instala- ción na consellería competente en materia de industria. Segundo a casuística no cambio de combustible, procederase do seguinte xeito: 1. No caso de cambio de combustible en todas as instalacións receptoras do edificio sen que en ningún momento convivan no tempo as dúas familias de gas, procederase do seguinte xeito: a) A empresa instaladora correspondente ao combustible saínte retirará a parte da insta- lación común que lle corresponda e toda a tubaxe sen servizo será anulada mediante sol- dadura ou tapón rosca en orixe, ademais, quedará documentado que a instalación queda en situación de seguridade. Este certificado entregarase ao titular e á distribuidora/comercializadora saínte. Así mesmo, se é o caso, a compañía correspondente ao gas saínte, nas instalacións da súa propiedade e como responsable delas, deberá retirar as partes da instalación que queden fóra de servizo (depósitos, tubos de boca de carga a distancia, tubos de instalación común de fase gasosa...). Efectuados os traballos, emitirá os correspondentes certificados e notificará ao servizo territorial que corresponda a baixa dos centros de almacenamento para os efectos do control dos depósitos. CVE-DOG: asfcfb49-boa7-c3l2-ivb7-jabikh1qviv8

Upload: xabierblanco

Post on 17-Sep-2015

218 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

INSTRUCIÓN 1/2015, do 13 de maio, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, que establece as condicións particulares para o cambio de gas combustible en edificios.

TRANSCRIPT

  • DOG Nm. 104 Xoves, 4 de xuo de 2015 Px. 21766

    ISSN1130-9229 Depsito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

    III. OUTRAS DISPOSICINS

    CONSELLERA DE ECONOMA E INDUSTRIA

    INSTRUCIN 1/2015, do 13 de maio, da Direccin Xeral de Enerxa e Minas, que establece as condicins particulares para o cambio de gas combustible en edificios.

    O cambio de familia de combustible gasoso en edificios (xa sexa total ou parcial), trae consigo situacins de difcil resolucin que poderan dar lugar a situacins de insegurida-de nas instalacins de gas. A presente instrucin ten como finalidade unificar o xeito de proceder por parte dos axentes que interveen para facilitar o cambio e que posibilite a convivencia das instalacins de combustibles de diferentes familias.

    A presente instrucin dtase sen prexuzo do cumprimento do resto da normativa aplica-ble ao caso, en especial, o disposto no Regulamento de instalacins trmicas nos edificios (RITE) polas consecuencias que poida ter o cambio de tipo de enerxa as como calquera outra reforma que comporte un cambio na documentacin coa que se rexistrou a instala-cin na consellera competente en materia de industria.

    Segundo a casustica no cambio de combustible, procederase do seguinte xeito:

    1. No caso de cambio de combustible en todas as instalacins receptoras do edificio sen que en ningn momento convivan no tempo as das familias de gas, procederase do seguinte xeito:

    a) A empresa instaladora correspondente ao combustible sante retirar a parte da insta-lacin comn que lle corresponda e toda a tubaxe sen servizo ser anulada mediante sol-dadura ou tapn rosca en orixe, ademais, quedar documentado que a instalacin queda en situacin de seguridade.

    Este certificado entregarase ao titular e distribuidora/comercializadora sante.

    As mesmo, se o caso, a compaa correspondente ao gas sante, nas instalacins da sa propiedade e como responsable delas, deber retirar as partes da instalacin que queden fra de servizo (depsitos, tubos de boca de carga a distancia, tubos de instalacin comn de fase gasosa...). Efectuados os traballos, emitir os correspondentes certificados e notificar ao servizo territorial que corresponda a baixa dos centros de almacenamento para os efectos do control dos depsitos.

    CV

    E-D

    OG

    : asf

    cfb4

    9-bo

    a7-c

    3l2-

    ivb7

    -jabi

    kh1q

    viv8

  • DOG Nm. 104 Xoves, 4 de xuo de 2015 Px. 21767

    ISSN1130-9229 Depsito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

    b) A empresa instaladora correspondente ao combustible entrante emitir:

    Certificado de acometida interior (e, se o caso, proxecto e certificado de direccin de obra), certificado de instalacin comn e de instalacins individuais (cando estas sexan obxecto de modificacin) e certificarase o cambio de combustible para os aparellos recep-tores.

    A documentacin xerada entregarase ao titular e distribuidora/comercializadora que realizar as probas previas e posta en servizo.

    Para a instalacin obxecto de cambio, no caso de que a compaa correspondente ao combustible sante chegue a un acordo de compra de activos coa entrante, deber quedar constancia das condicins pactadas e de quen o responsable da retirada das partes da instalacin que quedasen definitivamente fra de servizo.

    2. No caso dunha transformacin parcial de combustible no edificio (convivencia de das familias de gas) deberase, en todo caso, respectar as seguintes indicacins:

    Respectarase o indicado no punto 1 para o momento en que se produza o cambio total ao novo combustible.

    Cando se instale unha nica acometida prevista para unha potencia til de mis de 2.000 kW elaborarase o correspondente proxecto xunto coa direccin de obra correspon-dente parte transformada.

    As novas instalacins da empresa entrante non podern, en ningn caso, compro-meter a manobrabilidade e/ou as operacins nas instalacins que queden en servizo da empresa subministradora existente.

    Non se podern manipular, salvo que se conte coa correspondente autorizacin, as instalacins da empresa subministradora existente por parte da entrante, xa sexa directa-mente ou a travs das empresas instaladoras.

    Non se poder realizar a montaxe dun colector para os contadores da nova instalacin por diante da instalacin xa existente.

    Respectaranse as distancias de seguridade entre elementos da instalacin.

    CV

    E-D

    OG

    : asf

    cfb4

    9-bo

    a7-c

    3l2-

    ivb7

    -jabi

    kh1q

    viv8

  • DOG Nm. 104 Xoves, 4 de xuo de 2015 Px. 21768

    ISSN1130-9229 Depsito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

    Para o novo combustible deberase dispor de contadores en distinto recinto, local ou

    armario. No caso de que isto non sexa posible, deberase respectar o disposto no punto 3.

    Presentarase a documentacin seguinte:

    a) A empresa instaladora, en relacin coa instalacin do combustible sante, emitir:

    Certificado de acometida interior, certificado de instalacin comn e de instalacins

    individuais que fosen obxecto de modificacin. Das partes da instalacin que fosen supri-midas quedar documentado que quedan en situacin de seguridade.

    A documentacin xerada entregarase ao titular e distribuidora/comercializadora sante.

    b) A empresa instaladora correspondente ao combustible entrante emitir:

    Certificado de acometida interior, certificado de instalacin comn e de instalacins

    individuais, as como os correspondentes posta en marcha dos aparellos.

    A documentacin xerada entregarase ao titular e distribuidora/comercializadora que

    realizar as probas previas e posta en servizo.

    3. No caso dunha transformacin parcial, na cal non sexa posible dispor de recintos de

    contadores diferentes, procederase como no caso anterior e, ademais, teranse en conta os

    seguintes condicionamentos:

    A empresa instaladora entrante instalar, na sa primeira intervencin, a ventilacin

    necesaria as como toda a infraestrutura bsica (en calquera caso a receptora comn)

    que permita a colocacin dos contadores necesarios para dar servizo a todos os clientes

    potenciais do edificio.

    As novas instalacins debern de deixar espazo suficiente para que unha persoa

    poida desenvolverse no interior do recinto e permitirn a adecuada operatividade e mano-brabilidade dos distintos elementos do recinto posibilitando a manipulacin das chaves, a

    montaxe e desmontaxe dos contadores, o seu precintado e desprecintado, a instalacin

    dun contador patrn en paralelo, as como as demais operacins relativas a un correcto

    funcionamento da instalacin.

    CV

    E-D

    OG

    : asf

    cfb4

    9-bo

    a7-c

    3l2-

    ivb7

    -jabi

    kh1q

    viv8

  • DOG Nm. 104 Xoves, 4 de xuo de 2015 Px. 21769

    ISSN1130-9229 Depsito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

    As empresas compartirn a chave normalizada de acceso ao recinto de contadores tendo preferencia, nos casos que sexa posible, a xa existente.

    As tubaxes da distribuidora/comercializadora entrante, dentro do recinto de contado-res, sern dunha cor diferente s xa existentes e etiquetaranse para a sa correcta identi-ficacin.

    4. As distribuidoras/comercializadoras correspondentes ao combustible entrante remi-tirn, nos 15 das seguintes finalizacin de cada trimestre do ano, correspondente xefatura territorial da Consellera de Economa e Industria, a relacin de instalacins en edificios con convivencia de combustible.

    Esta instrucin publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG) para o seu coecemento e efectos oportunos.

    Santiago de Compostela, 13 de maio de 2015

    ngel Bernardo Tahoces Director xeral de Enerxa e Minas

    CV

    E-D

    OG

    : asf

    cfb4

    9-bo

    a7-c

    3l2-

    ivb7

    -jabi

    kh1q

    viv8

    2015-06-03T15:28:25+0200Xunta de GaliciaSinatura de Aprobacion