antoni furió g202 grial 202 - universitat de valència · hispánico (españa en su historia:...

6

Upload: others

Post on 28-Apr-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Antoni Furió G202 Grial 202 - Universitat de València · hispánico (España en su historia: cristianos, moros y judíos, 1948; Espa- ... de Pío Moa a César Vidal e Federico Jiménez
Page 2: Antoni Furió G202 Grial 202 - Universitat de València · hispánico (España en su historia: cristianos, moros y judíos, 1948; Espa- ... de Pío Moa a César Vidal e Federico Jiménez

147

Nin España nin Cataluña nin o País Valenciano son entidadesinmanentes que se remonten á noite dos tempos. Son produ-tos históricos, construtos históricos, que se foron creando e

modificando ao longo dos séculos, como tamén o son —e foroncambiando do mesmo xeito— as ideas ou os conceptos que delestemos. Quere isto dicir que non só España ou Cataluña son produtosda historia e, como tales, realidades cambiantes, realidades historica-mente determinadas, senón que tamén o son as representacións quefacemos, as ideas que temos de España ou de Cataluña. Nin a Españanin a Cataluña de hoxe son as mesmas que as de hai trescentos anos,tampouco as ideas —e falo en plural, porque hai máis de unha— quehoxe temos delas son as mesmas que as de hai trescentos anos, cen ousoamente cincuenta. As realidades históricas, así como as ideas e osconceptos que facemos acerca destas realidades, son construcións cam-biantes, que o historiador ten que deconstruír e interpretar á luz doseu contexto histórico. Isto, que debería de ser algo obvio ou candomenos figurar entre as verdades incuestionables de calquera historia-dor, resulta que non o é tanto, polo menos non na historiografía espa-ñola recente, onde non resulta tan estraño atopar títulos tan rotundoscomo Historia de España. De Atapuerca al euro, de Fernando García deCortázar (2002), ou Historia de España: 800.000 a. C.-2002 d. C., deRicardo de la Cierva (2001). Nin tan sequera Américo Castro ninClaudio Sánchez, naquelas dúas obras fundamentais do esencialismohispánico (España en su historia: cristianos, moros y judíos, 1948; Espa-ña, un enigma histórico, 1957), ousaron chegar tan lonxe e situaron aorixe de España na Idade Media; un no contacto entre culturas (cris-tiáns, xudeus e musulmáns) e o outro na Reconquista. Resulta eviden-te que tanto Castro como Sánchez Albornoz eran historiadores profe-sionais, académicos, e Ricardo de la Cierva e García de Cortázar nonson senón publicistas aleutos que fixeron da historia de España ase-made unha arma ideolóxica ao servizo do franquismo e do neofran-quismo, respectivamente, e un negocio editorial ben rendible. Comoasí o fixeron tamén toda unha restra de literatos fantasiosos e doutri-narios de dereita e de extrema dereita, de Pío Moa a César Vidal eFederico Jiménez Losantos.

España contra Cataluña, o título do simposio que creou tanta polé-mica e, sobre todo, que xerou tanta inquietude, incomprensión e hos-tilidade no interior da península, non quería ser tanto —ou candomenos non era así como fora pensado e como o entendemos os quenel participamos— a relación dun enfrontamento entre dúas entida-des inmanentes e ahistóricas, nin tan sequera a afirmación dunhanación fronte a outra, como unha invitación a pensar historicamentea construción das dúas realidades históricas e, moi en particular, a exa-minar como a construción de España nos tres últimos séculos —comoa España de hoxe, que é herdeira da nova orde política e constitucio-

Inquisición preventivaA N T O N I F U R I Ó

H I S T O R I A E M E M O R I A

Antoni Furió é catedrático de HistoriaMedieval na Universidade de Valencia.

Tradución Leandro García Bugarín

Artigo publicado orixinalmente na revista L’Espill 45, 2013-2014.

Page 3: Antoni Furió G202 Grial 202 - Universitat de València · hispánico (España en su historia: cristianos, moros y judíos, 1948; Espa- ... de Pío Moa a César Vidal e Federico Jiménez

148

visión, impregna tanto a dereita como a esquerdaespañolas, políticos e intelectuais, liberais e conser-vadores, progresistas e reaccionarios. Porque nuncase intentou analizar criticamente, pensar historica-mente España (e agora refírome especificamente aEspaña como a construción política, a Españaactual e dos tres últimos séculos, de feito, a única“España” politicamente existente, porque a ante-rior era un concepto xeográfico e a entidade políti-ca era unha unión dinástica de reinos e coroas den-tro da denominada monarquía hispánica dosAustria). Porque nunca se intentaron analizar asraíces históricas, políticas e ideolóxicas da Españade hoxe, o que permitiría constatar a continuidadedos elementos identitarios, dos ingredientes nacio-nais, que configuran a noción de España, alén daforma política que esta adopte. En todo caso, oshistoriadores máis ben intencionados como JuanSisinio Pérez Garzón ou Eduardo Manzano, con-centráronse en estudar —e denunciar— o nacio-nalismo español e os seus excesos (Historiografía ynacionalismo español, 1834-1868. Madrid, 1985;La gestión de la memoria: la historia de España alservicio del poder. Barcelona, 2000; “España: nacio-nalismo de Estado, nacionalismo cultural y alter-nativas políticas”, 2003; “España: de nacionalismode Estado a esencia cultural”, 2007), pero deixan-do indemnes, sen nin sequera decatarse, os presu-postos ou prexuízos —ideolóxicos, históricos,identitarios— cos que se sostén a idea de España, a“necesidade” histórica de España. O que é perver-so e cómpre combater é o nacionalismo español,pero non a nación española en si mesma, que é ouben unha realidade natural ou un imperativo his-tórico; en todo caso, nada cuestionable ou impug-nable. De aquí a súa sincera perplexidade —e a demoitos outros historiadores igualmente ben inten-cionados— cando ven que o que se cuestiona, oque se quere analizar historicamente, non é xao nacionalismo español senón a nación española, aidea mesma de España, que para eles é unha reali-dade dada, natural, obvia.

En todo caso, a súa actitude empática, de von-tade de comprensión dos outros, dos cataláns nestecaso, malia a impertinente condescendencia coaque se expresa, contrasta abondo coa virulenciadoutros historiadores que, se durante anos a disi-mularon, non dubidan hoxe en reivindicar unnacionalismo español, sen complexos, fronte aosdesafíos que supoñen os denominados nacionalis-mos periféricos. Para Juan Pablo Fusi, Andrés deBlas Guerrero, Ricardo García Cárcel, José ÁlvarezJunco, Javier Varela, Fernando García de Cortázar,Santos Juliá e outros autores do volume Historia dela nación y del nacionalismo español (Barcelona,2013; “unha obra concibida desde o rigor acadé-mico e sen intereses políticos”, conforme afirmanos seus editores, Galaxia Gutenberg e a Fundación

nal instaurada no século XVIII e das súas secuelasposteriores— se fixo en gran parte contra Cataluña—e contra o País Valenciano, que era o título damiña intervención—, contra as Españas vencidas,como dicía Ernest Lluch. A Es paña que se impuxono período 1707-1714 ou a que consagra a Cons-titución de 1978 non son a única España posible,a única maneira de organizar a convivencia no seoda península Ibérica. Existían —e existen— outrasmaneiras, desde o multiestatalismo da Idade Mediaao modelo confederal da monarquía dos Austria oua experiencia, aínda inédita, dunha república fede-ral. Ou un novo multiestatalismo do século XXI:ao fin e ao cabo, onde ao final da Idade Media exis-tían cinco estados (Portugal, Castela, Navarra,Coroa de Aragón e Granada), hoxe non hai máisque dous. Como podería haber tres ou máis.

O simposio, e máis en xeral a efeméride daGuerra de Sucesión, poderían —e poden aínda, defeito— ser unha oportunidade para a reflexión epara o debate; para pensar desde o punto de vistahistórico o modelo de España que impuxo a vito-ria borbónica, cos decretos de Nova Planta queabolían a antiga orde institucional dos reinos ven-cidos, e que condicionou a posterior evoluciónpolítica e institucional ata os nosos días. Das moi-tas Españas posibles, a actual, na súa versión máisunitaria —durante o franquismo— ou na descen-tralizada do Estado das autonomías, é herdeiradirecta da que se configurou no século XVIII, coscambios —menores, polo que respecta á concep-ción política, a organización territorial, os elemen-tos identitarios e o relato histórico e nacional—introducidos polos sucesivos réximes políticos.A Transición, a Constitución e os estatutos nonmodificaron substancialmente nin a orde política einstitucional herdada nin a idea de España que asustenta. Unha idea que os que a comparten —osque a reproducen e a reforzan cos seus escritos eos que a adoptaron pasivamente, “naturalmen-te”— atopan “natural” e obvia; como as montañas,os ríos e o aire que se respira. España, como oMediterráneo, os Pireneos ou a serra Calderona,é unha realidade dada, unha evidencia empírica esensible —que podemos ver, “tocar”, porque estáaquí, porque vivimos nela, e porque os nosos paise os nosos avós tamén viviron aquí— que a histo-ria —cando menos a historia que se aprende nasescolas e nos libros de texto, e que segundo Espe-ranza Aguirre aínda non é suficiente— prolongacara atrás no tempo, dálle profundidade, densida-de temporal. Por isto, calquera outra idea de Espa-ña, e máis aínda a que a contempla soamente entermos xeográficos, como un espazo no que sonposibles diversas formas de construción e organiza-ción política, diversos estados e non só o español, épercibida —e atacada, criminalizada— inmediata-mente como antinatural e perversa. E isto, esta

Page 4: Antoni Furió G202 Grial 202 - Universitat de València · hispánico (España en su historia: cristianos, moros y judíos, 1948; Espa- ... de Pío Moa a César Vidal e Federico Jiménez

149

José Ortega y Gasset-Gregorio Marañón, presididapor José Varela Ortega), non se trata xa só dedefender a nación española fronte a aqueles desa -fíos, senón de afirmar un nacionalismo españolrehabilitado, potenciado, rearmado1. O libro pre-tendería, conforme afirman os editores da obra,“fundamentar unha cidadanía que non existe coasolidez debida sen o coñecemento histórico”.Fomentar unha cidadanía e facelo desde o coñece-mento histórico sería unha empresa intelectual epolítica loable, á maneira do patriotismo constitu-cional propugnado e argumentado por Habermase outros autores, sobre todo nunha España pos-franquista que, como a Alemaña xurdida daSegunda Guerra Mundial, sufrira unha experienciahistórica traumática. Non obstante, este novopatriotismo que se pretende sexa cívico ou político,nin é novo nin é sequera cívico ou político, senónque continúa albergando, reproducindo acritica-mente, un alto compoñente de elementos identita-rios, de esencialismo nacional e nacionalista. Ade-mais de que, ao contrario que o alemán, non fixoningunha autocrítica do pasado recente —e nestesentido a Transición, coa súa amnesia ou desme-moria forzosas, voluntarias, supuxo unha oportu-nidade perdida e así, hoxe, mentres que en Alema-ña ou en Italia non queda xa resto ningún demonumentos dedicados a Hitler ou a Mussolini,nin ninguén ousaría reivindicalos, en España Fran-co non só continúa presente na toponimia e nasestatuas urbanas, senón que se atenúa o carácterfascista e criminal do seu réxime, presentándoocomo “autoritario”, ou se loan as súas virtudes,sobre todo no seu aspecto social—, e ademaistamén de que se utilizou como unha arma de cho-que fronte ao soberanismo, primeiro en Euskadi eagora en Cataluña, o pretendido patriotismo cívi-co ou cultural é, cando menos, tan identitario eesencialista como os nacionalismos antagónicosque combate e quere desacreditar. Neste sentido, olibro non só non deixa lugar a ningunha clase dedúbida senón que se expresa con claridade meri-diana: a negación da nación española ou, nomea-damente, a redución ao mínimo da súa densidadehistórica, suporían, na linguaxe política, a substitu-ción frecuente do termo “España” polo de “Estadoespañol”, coma se “case todas as opcións ideolóxi-cas asumisen a vella tese periférica de que Españanon é unha nación senón un Estado”, cando“España, tal é a resposta que este libro ofrece, éunha nación vella e continua, cuxas raiceiras se ato-pan na Idade Media, sen esquecer o que supuxeroncomo precedentes a creación por parte de Romadun ámbito cultural e polos visigodos dun espazopolítico peninsulares”. De novo a España de sem-pre, a España eterna, a do guión desenvolvido poloarcebispo de Toledo, Rodrigo Jiménez de Rada, noséculo XIII, que facía remontar España a Túbal, o

1. O libro foi presentado en Madrid o 24 de outubro de 2013, nunacto presidido pola presidenta do PP de Madrid e ex-presidenta daComunidade de Madrid, Esperanza Aguirre, e Juan José Laborda, con-selleiro de Estado e ex-presidente socialista do Senado. EsperanzaAguirre, que sempre se amosou preocupada polo ensino da historia(“España é unha gran nación con 3.000 anos de historia. Iso téñe-no que saber os nenos”, 2010), contaba nun artigo publicado en ABCo 24 de febreiro de 2014, “La enseñanza de la historia”, como encar-gara, cando fora ministra de Educación e Cultura, a elaboración dosplans de estudo de Historia na ESO e no Bacharelato á FundaciónOrtega y Gasset, “á fronte da cal estaban dous historiadores da cate-goría de Juan Pablo Fusi e de José Varela Ortega”, e como a “oposi-ción radical dos nacionalistas”, aos que se uniron “comunistas esocialistas”, conseguiu que “aquel traballo dos mellores humanistasespañois tivese que ser retirado e non entrase nunca en vigor”. Enopinión da ex-presidenta madrileña, “os nacionalistas opuxéronseporque non estaban dispostos a admitir que nas aulas das súascomunidades autónomas se explicase outra cousa que o canonnacionalista e sectario no que, como máis tarde se viu, sustentan assúas pretensións nacionalistas ou secesionistas”. Non se lle pasapola cabeza que o libro fabricado entre outros por Fusi e Varela, eapadriñado por ela e por Laborda, poida explicar outra cousa que ocanon nacionalista e sectario en que sustentan as súas pretensiónsnacionalistas e unitaristas. É o que ten o nacionalismo “banal”, quenon se percibe, sobre todo se é o propio.

neto de Noé, e que agora, por cautela e medo aoridículo, faise retroceder soamente ata finais daépoca romana. E unha España, unha nación espa-ñola, que nin é meramente subxectiva nin os edi-tores vacilan á hora de proclamar o seu carácterinmemorial e a continuidade temporal, milenaria:“Cremos, en fin, que a nación non é unha mera‘construción’, unha ‘invención’, unha ‘comunidadeimaxinada’… As nacións son, así, se é que nos refe-rimos a ‘nacións vellas e continuas’, comunidadesinmemoriais e evolutivas ‘que afondan as súas raí-ces nunha dilatada historia de vínculos e lealdadescompartidas’”. Ou sexa, en definitiva, España éunha “nación vella e continua”, unha “comunida-de inmemorial e evolutiva”, que afonda as súas raí-ces na noite dos tempos.

Neste sentido, o título do simposio, malia queprovocativo —pero isto non supón tacha ningunhanin condiciona ou prexulga o contido das inter-vencións—, seméllame dobremente xustificadoporque non só España —a España actual, nacidados decretos de Nova Planta do século XVIII e sengrandes cambios na súa “complexión” institucio-nal, malia os cambios de réxime político; e non asoutras Españas posibles— se construíu contraCataluña, contra as Españas non castelás, senónque tamén a idea nacional que a sustenta —aEspaña “nación vella e continua”, de matriz cen-tralista e castelá— desenvolveuse e continúa des-

Page 5: Antoni Furió G202 Grial 202 - Universitat de València · hispánico (España en su historia: cristianos, moros y judíos, 1948; Espa- ... de Pío Moa a César Vidal e Federico Jiménez

150

contra, nin un posicionamento crítico, ningúnartigo “Dinamitando pontes”, entón.

A reacción ao simposio enmarcouse neste con-texto de incomprensión —ou máis ben de falta devontade de comprensión—, de animadversión e dehostilidade, e situou as relacións entre os intelec-tuais españois e cataláns no seu punto máis baixodesde hai décadas. Na escalada de descualificaciónse condenas da reunión científica, tan deplorablesforon as declaracións dos historiadores como aactuación dos medios de comunicación que as ins-tigaron e orquestraron, en particular o xornal ElPaís, que cruzou todas as liñas vermellas da deon-toloxía xornalística. Dous anos antes do simposio,e apenas dous meses despois da primeira gran cele-bración masiva do 11 de setembro a favor da inde-pendencia, o xornal de Juan Luis Cebrián redactouun texto contra o “crecente secesionismo” en Cata-luña, que negaba que esta sufrise ningún “expoliopor parte de España” e alertaba contra a idea deconverter esta última “no chibo expiatorio sobrequen cargar todos os malestares”; logo fixo que oasinasen diversos intelectuais máis ou menos rela-cionados co xornal —algúns negáronse, por iso osei eu— e finalmente presentouno como noticiao 3 de novembro de 2012, co título “Intelectuais eprofesionais saen ao paso da vaga soberanista deMas”2. O mesmo xornal creaba a noticia e despoisdaba conta dela. Dous días despois, El Mundopublicaba o seu propio manifesto —“Con Catalu-ña, con España”— asinado pola súa propia nómi-na de intelectuais e profesionais, máis escorados ádereita e, non obstante, moitos deles perfectamen-te intercambiables cos de El País e, de feito, algúnseran colaboradores deste último xornal, comoAntonio Elorza, Félix de Azúa, Fernando Savaterou Mario Vargas Llosa.

Foi o que volveu pasar dous anos despois. ElPaís abriu a veda e deseguida todos os outrosmedios de comunicación, coas súas propias pléia-des de historiadores, intelectuais e hooligans sumá-ronse á caza ou apuntáronse ao bombardeo, a verquen tiraba máis forte ou quen a soltaba máisgorda. O mesmo día que se facía pública a convo-catoria do simposio, o 6 de xuño de 2013, El Paísfacía dicir a un John Elliott que soamente coñecíao título pola propia xornalista que o entrevistabapor teléfono, que “é moi pouco histórico e non tenrigor ningún. É un disparate”, mentres que namesma reportaxe Álvarez Junco, que vinculaba ofeito de non ser invitado á súa condición de non sermoi nacionalista —“A min non me invitaron. Nonson moi nacionalista. Máis ben son antinacionalis-ta español”, motivo este que non lle impediu parti-cipar no libro reivindicativo da nación e do nacio-nalismo español e na guerra historiográficapreventiva contra o simposio—, afirmaba sen nin-gún rubor que “o que houbo daquela eran guerras

envolvéndose —realimentando, reforzando—contra Cataluña e contra as outras Españas.

O simposio, ou cando menos as comunicaciónsque se debían presentar, poderían supoñer unhaoportunidade e uns argumentos para o debate. Undebate que non tivo lugar nunca, nin durante aTransición nin despois, minimizado ou escamotea -do por unha concepción de España e da historia deEspaña dominante nos ámbitos académicos, inte-lectuais e políticos, que non só se sabía a única ver-dadeira e rigorosa, canónica, senón que presentabacalquera outra visión disidente ou antagónicacomo sediciosa, sospeitosa na súa intencionalidadepolítica, e falsa ou tramposa no terreo académico,falta como estaría de todo rigor, fundamento eracionalidade. O diálogo resultaba, e resultou,imposible.

E non necesariamente por parte dos organiza-dores do congreso, que estaban no seu dereito deinvitar a quen quixesen, da mesma maneira que oseditores do libro Historia de la nación y del nacio-nalismo español invitaron a participar a quen quixe-ron, ou que a Sociedad Estatal de Conmemora -ciones Culturales seleccionou ao seu gusto oscolaboradores nos actos que organizou (e digo istoporque algúns dos críticos do simposio, de ÁlvarezJunco a García Cárcel, queixáronse sobre todo deque non foran invitados, coma se iso se dese porsentado ou non houbese relatores máis adecuadose necesarios). Púidose agardar a ver —ou mellordito, a escoitar ou ler— que era o que se dicía nosimposio, e logo, se fose o caso, rebatelo, contradi-cilo. Joan Fuster transformou o vello dito: “Se falacatalán, Deus lle dea gloria” no máis prudente exuizoso: “Se fala catalán, a ver que di”. Pois iso pui-deron facer os críticos do simposio: agardar a verque se dicía. Pero tanto uns —os historiadores emais os intelectuais— coma os outros —os políti-cos e os intervenientes nos faladoiros— preferironaplicar unha especie de inquisición preventiva, des-acreditando os colegas que participaban no simpo-sio ou solicitando directamente a suspensión docongreso e o procesamento dos intervenientes. Porincitación ao odio.

Que o diálogo non era posible, que as ponteshai tempo xa que comezaran a ser derruídas, po -díase intuír xa en 2005 cando á convocatoria depersoeiros españois ao Ateneo de Madrid que fixoa Generalitat do tripartito para explicar o Estatut,soamente acudiu Santiago Carrillo e algún queoutro máis. Ou cando, finalmente, a “castraciónquímica” (en palabras de Alfonso Guerra) á que osometeu o Tribunal Constitucional, logo dunhacampaña de recollida de sinaturas en contra portoda España impulsada polo PP, non mereceupor parte da maioría dos intelectuais españois máisque a compracencia, a mofa ou, no mellor doscasos, a máis absoluta indiferenza. Nin unha voz en

Page 6: Antoni Furió G202 Grial 202 - Universitat de València · hispánico (España en su historia: cristianos, moros y judíos, 1948; Espa- ... de Pío Moa a César Vidal e Federico Jiménez

151

internacionais e de dinastías entre os Borbóns e osHabsburgos, que tiñan o apoio de Inglaterra. E isonon ten nada que ver cos cataláns”. Tampouco tiñaque ver o feito de que Barcelona fose bombardea-da, ou de que uns anos antes Xátiva fose destruídapolo lume, ou que Cataluña e o País Valencianoperdesen as súas leis e institucións, substituídaspolas de Castela. A afirmación de que a Guerra deSucesión foi soamente un conflito dinástico, sosti-do por exércitos estranxeiros e que “non ten nadaque ver cos cataláns”, que era un comentariocorrente nos días, semanas e meses posteriores, sóse pode interpretar como un insulto á razón ou,aínda peor, como un exercicio innobre de cinismoou de mala fe. É o caso tamén do artigo do histo-riador, por outra parte estimable e amigo, JuliánCasanova, “Usos e abusos da historia”, no especialque dedicou El País a véspera da inauguración dosimposio, que concluía sentenciando: “Por iso sóxeran polémicas e fortes disputas políticas e mediá-ticas os congresos de historiadores onde está enxogo un relato no que o pasado se fai presente,aínda que só nas partes que cumpren a funcióndesexada. O resto dos congresos, como sabemosmoi ben os historiadores, pasan, afortunadamente,visto o visto, desapercibidos”; coma se a notorieda-de que gañara o simposio non fose debida, en granmedida, á atención mediática, en negativo e conintención descualificadora, que lle prestara desde oprimeiro momento o xornal en que el mesmopublicaba o seu artigo, moi posiblemente encarga-do, como autor da casa, para a ocasión.

Non paga a pena repasar unha a unha todas asintervencións que se prodigaron a prol ou en con-tra do simposio, en practicamente todos os mediosde comunicación e sempre co mesmo carácter deinquisición preventiva, de descrédito do congreso edos seus participantes, sobre a base unicamente dotítulo e das presuntas intencións dos organizadores,de falsificación da historia e de sementar a xenreiracontra España e o español. Proba do carácter artifi-cioso, en definitiva, é que a atención mediáticacesou de súpeto á metade do primeiro día do con-greso, cando se fixeron públicas a data e a preguntado referendo. Os xornalistas e os participantes nosfaladoiros tiñan xa outra presa, outro óso que roer,e daquela caterva de reporteiros, fotógrafos e cáma-ras que arrodearan a Josep Fontana cando se dispo-ñía a dar a súa conferencia inaugural, xa non que-daba nin rastro ao día seguinte, cando interviñeronos últimos relatores. O simposio deixara de sernoticia. Porque había outras que o substituíran etamén porque se estaba a celebrar, porque final-mente estaban a falar os historiadores, estaban opi-nando; ideas discutibles, impugnables, sen dúbida,pero con fundamento e rigor. Pero isto non impor-taba, porque o que realmente importara era exercerunha inquisición preventiva, impedir que os histo-

2. O subtítulo afirmaba: “Centos de persoeiros apoian un manifestopolo federalismo e o consenso”. E o texto comezaba: “Escritores,avogados, políticos, cineastas ou economistas subscribiron un mani-festo a prol do federalismo fronte á vaga secesionista alimentadadesde CiU e o goberno catalán que preside Artur Mas”.

riadores puidesen falar ou descualificar en primei-ro lugar o que puidesen dicir, pola vía expeditiva dedesacreditar o congreso e os congresistas, negandoos fins e toda a condición de historiadores.

No momento en que o lector lea este artigopasaron xa varios meses do simposio. As actasestarán a piques de ser publicadas e todos os con-tidos van estar a disposición de quen os queiraconsultar, incluso unhas poucas horas antes dacelebración, grazas á previsión e á habilidade dosorganizadores, que os transmitiron en directo porinternet e logo colgaron na web do Institut d’Es-tudis Catalans. Pero ninguén falou despois sobreo asunto, agora que se podía analizar e entrar afondo no que realmente se dixo e non limitar-se a conxecturar sobre o que se diría. Iso xa noninteresa. Non é o debate historiográfico, intelec-tual ou político o que interesa. O que realmenteimportaba era desautorizar e mesmo criminalizaros outros, neste caso os historiadores cataláns queparticipaban no congreso. Desprovelos de todarazón, de toda capacidade explicativa, negar a súacondición de historiadores, sometidos comoestán a intereses espurios. Neste episodio, moitoshistoriadores españois, como moitos intelectuaise políticos en xeral, cubríronse de gloria cos seusinsultos e as súas descualificacións, algunhas dascales son dignas de figurar na historia universalda infamia.

Así e todo, é ben certo que non podemos con-tinuar dinamitando pontes, non podemos deixarque continúe afondando o abismo que agoramesmo separa as historiografías española e catalá.Non polo feito de que no referente ao eido políti-co ou nacional a unión sexa preferible á secesión,cousa que debería poder ser discutible —e dici-ble— noutro terreo, o da política, senón por unimperativo historiográfico. Tanto se no futurosomos membros dun mesmo Estado coma se non,continuaremos sendo veciños e, no caso dos histo-riadores, colegas, cun pasado común que estudar eque explicar. Aínda que só por isto fose, por purarazón historiográfica e por pura razón a secas, etamén por unha convivencia pacífica e respectuo-sa, democrática, cómpre facermos un esforzo,todos, para “desmobilizar” a historia n