anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · artur casas-agilda hfronte ao problema da...

66
Artur Casas-Agilda “Fronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e Borges” anotacións sobre literatura e filosofía nº 16, maio de 2017 Euseino?

Upload: others

Post on 04-Jul-2020

9 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

Artur Casas-Agilda

“Fronte ao problema da representación: figura e realidade

en Wittgenstein e Borges”

anotaciónssobre literatura e filosofía

nº 16, maio de 2017

Euseino?

Page 2: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e
Page 3: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

Anotacións 16

Page 4: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e
Page 5: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

Anotacións sobre literatura e filosofía

nº 16, maio de 2017

Fronte ao problema da representación:figura e realidade

en Wittgenstein e Borges

Page 6: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e
Page 7: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

anotaciónssobre literatura e filosofía

nº 16, maio de 2017

Artur Casas-Agilda

“Fronte ao problema da

representación: figura e realidade

en Wittgenstein e Borges”

Euseino?

Page 8: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

Primeira edición (PdF), maio de 2017

issn 2340-8537

PuBlicAción non vEnAl

Edición

Beatriz Fraga cameán

Euseino? EditoresFundación Euseino?

Rúa do Brasil 40-42, 5º Esda. 36204 vigo, Galiciahttp://euseino.org

Page 9: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

El contacto y el hábito de Tlön han desinte-grado este mundo. Encantada por su rigor, lahumanidad olvida y torna a olvidar que es unrigor de ajedrecistas, no de ángeles.

Jorge luis Borges, Ficciones

Page 10: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e
Page 11: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

o propósito último deste ensaio é a exploración daliña que separa a literatura da filosofía e os sistemasde estudo de ambos réximes discursivos, en ocasiónstan só imaxinada e noutras imposible de trazar. ostextos básicos manexados para efectuar un achega-mento a esta cuestión son o conto “Tlön, uqbar,orbis Tertius” (1944), de Jorge luis Borges, e o Trac-

tatus Logico-Philosophicus (1922), de ludwig Wittgens-tein. Esta meta pode ser descomposta noutras decarácter subordinado e, aínda que a metodoloxíaempregada terá sempre a vista posta nela, resultaráde seguro máis sinxelo entender os seus desenvolve-mentos particulares dende estas últimas.

Para o caso de Wittgenstein e a súa a obra, tra-tarase de amosar as oportunidades e recursos queofrece a campos de investigación que a priori poidan

1introdución

Page 12: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

parecer alleos, como o dos estudos literarios ou odos estudos artísticos. Para o de Borges, a propostaé facer servir a súa narrativa como exemplo dun diá-logo directo do ámbito da literatura co da filosofía(e outros como os da lóxica ou as matemáticas); ocal, dende o seu simple estímulo, esfumaría as dife-renzas entre os polos do campo no que se desenvol-ve. En conxunto, a metodoloxía aplicada poderíaidentificarse coa do comparatismo literario, sempresubordinada ao proxecto de favorecer o diálogoentre disciplinas e discursividades. Facer avanzarunha análise cuxos método de traballo e obxectosde estudo non poidan ser entendidos como propiosdun discurso disciplinar único converte en necesariaa adopción de puntos de vista e aparatos teórico-con-ceptuais mixtos. Estes, aínda que resultan heteroxé-neos na súa composición, deben tamén preservar ahomoxeneidade e a cohesión relativas da propostaanalítica.

As ferramentas empregadas para activar o laborcomparativo nesta proposta organízanse en tornoa dous espazos de reflexión teórica fundamentais.o primeiro deles ofréceo o propio Tractatus; ooutro é un produto de investigacións no campo da

12 AnoTAcións soBRE liTERATuRA E FilosoFíA, nº 16

Page 13: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

lóxica, importado polos estudos literarios. Trátase,respectivamente, do que propoño denominar “eixoSatz-Bild-Wirklichkeit” e da teoría dos mundos posi-bles. o ensaio traballará sucesivamente en cada undestes espazos, coa intención final de produciroutro ulterior, mixto —demostrando deste modo asúa complementariedade— e dende o que sexa posi-ble alcanzar algunhas conclusións.

na orixe destas páxinas localízase un traballoacadémico dirixido polo profesor darío villanueva,da universidade de santiago de compostela. A el eao editor carlos lema, quen considerou oportunaa publicación, a miña gratitude.

13FRonTE Ao PRoBlEmA dA REPREsEnTAción

Page 14: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e
Page 15: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

2satz, Bild, Wirklichkeit

o eixo formado por Satz, Bild e Wirklichkeit (asícomo polas súas relacións) atopa a súa exposiciónmáis concisa no punto 4.01 do Tractatus:1 “der Satz

ist ein Bild2 der Wirklichkeit. der satz ist ein modellder Wirklichkeit, so wie wir sie uns denken” (32,cursiva engadida; “A proposición é unha figura da rea-

lidade. A proposición é un modelo da realidade tal ecomo a pensamos”). os conceptos de “figura” (Bild)e “realidade” (Wirklichkeit), postos en relación polode “proposición” (tamén “oración”, Satz), poden serentendidos como os vértices conceptuais do espazo

1 Para as citas do Tractatus emprego o texto orixinal en alemán, queacompaño co equivalente en galego a continuación e entre parénteses.A tradución é miña.

2 Bild ten en alemán o significado máis común de “imaxe”. Porén, pre-firo empregar o termo “figura” a causa de proposicións como a 4.0621,“dass aber die Zeichen «p» und «~p» das gleiche sagen können, istwichtig. denn es zeigt, dass dem Zeichen «~» in der Wirklichkeit

Page 16: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

16 AnoTAcións soBRE liTERATuRA E FilosoFíA, nº 16

de investigación do Tractatus. isto é certo candomenos para as consideracións relativas á lóxica e áfilosofía, quedando as que se ocupan coa metafísica,a teoloxía, a ética e a estética; cuxos resultados, detodos os modos, son produto das conclusións alcan-zadas con aquelas.

Wittgenstein non adiantou explicitamente acentralidade desta idea no prólogo ao Tractatus,onde establece como obxectivo “dem denken eineGrenze ziehen, oder vielmehr—nicht dem denken,sondern dem Audsdruck der Gedanken” (9; “trazarun límite ao pensar ou, máis ben, non ao pensar,senón á expresión dos pensamentos”), debido á súaconvicción de que os problemas da filosofía seapoian nun “mißverständnis der logik unserersprache” (ib.; “[nunha] incomprensión da lóxica da

nichts entspricht” (38; “Pero que os signos «p» e «~p» poidan dicir omesmo é importante, porque amosa que o signo «~» non correspondea nada na realidade”). En particular, debido ás súas connotacións,máis tendentes ao conceptual-relacional que ao visual. A transmisiónsimultánea de ambas sensacións, de todos os xeitos, estaba con segu-ridade na intención de Wittgenstein ao facer a escolla de palabras.Ao respecto, considérese por exemplo que á preferencia por Bild secontrapoña, na segunda parte do punto 4.01, o feito de que a realida-de “pensámola” (denken); en lugar dun máis esperable “percibímola”.véxase tamén o 3.1, “im satz drückt sich der Gedanke sinnlich wahr-nehmbar aus” (20; “na proposición exprésase o pensamento de xeitosensorialmente perceptible”).

Page 17: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

17FRonTE Ao PRoBlEmA dA REPREsEnTAción

nosa linguaxe”). Porén, se se observan os sete puntosprincipais nos que articulou a obra pode verse querefiren aspectos relativos a todos ou a algún dos tresconceptos sinalados anteriormente. cando, nomesmo prólogo, Wittgenstein establece que “mankönnte den ganzen sinn des Buches [do Tractatus]etwa in die Worte fassen: Was sich überhaupt sagenlässt, lässt sich klar sagen; und wovon man nichtreden kann, darüber muss man schweigen” (9;“Podería resumirse o sentido enteiro do libro naspalabras: o que pode ser dito, pode ser dito clara-mente; e do que non se pode falar hai que calar”),está poñéndose en xogo tacitamente Satz medianteo verbo “sagen” e Bild e Wirklichkeit ao falar daquiloque pode dicirse claramente (casos nos que é posibleproducir un Bild apropiado para dar conta dunhaWirklichkeit) e daquilo acerca do que hai que mantersilencio (casos nos que producir un Bild é absurdoou imposible).

Pese a ser o punto 4.01 o que expresa dun modomáis sumario e completo as relacións entre os ele-mentos que menciona, para a súa correcta interpre-tación é necesario ter en conta outros puntos previosdo Tractatus:

Page 18: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

18 AnoTAcións soBRE liTERATuRA E FilosoFíA, nº 16

1. die Welt is alles, was der Fall ist. [11; “o mundo é todo oque é o caso”.]

1.1. die Welt ist die Gesamtheit der Tatsachen, nicht derdinge. [ib.; “o mundo é o conxunto dos feitos, non das cou-sas”.]

2.1. Wir machen uns Bilder der Tatsachen. [16; “Facémonosfiguras dos feitos”.]

2.11. das Bild stellt die sachlage im logischen Raume. [ib.;“A figura representa o estado de cousas no espazo lóxico”.]

2.12. das Bild ist ein modell der Wirklichkeit. [ib.; “A figura éun modelo da realidade”.]

2.151. die Form der Abbildung ist die möglichkeit, dass sichdie dinge so zu einander verhalten, wie die Elemente des Bil-des. [ib.; “A forma de figuración é a posibilidade de que as cou-sas se relacionen as unhas coas outras como [o fan entre si] oselementos da figura”.]

2.1511. das Bild ist so mit der Wirklichkeit verknüpft—es reichtbis zu ihr. [ib.; “A figura está así enlazada coa realidade; chegaata ela”.]

2.17. Was das Bild mit der Wirklichkeit gemein haben muss,um sie auf seine Art und Weise—richtig oder falsch—abbildenzu können, ist seine Form der Abbildung. [17; “o que a figuraten que ter en común coa realidade para poder figurala ao seumodo e maneira —correcta ou falsamente— é a súa forma defiguración”.]

3. das logische Bild der Tatsachen ist der Gedanke. [19; “A figu-ra lóxica dos feitos é o pensamento”.]

3.1. im satz drückt sich der Gedanke sinnlich wahrnehmbaraus. [20; “na proposición exprésase o pensamento de xeito sen-sorialmente perceptible”.]

Page 19: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

19FRonTE Ao PRoBlEmA dA REPREsEnTAción

En conxunto, estes puntos sumados ao 4.01revelan o modo no que Wittgenstein tratou na súaobra as relacións Satz-Bild-Wirklichkeit, traduciblenun esquema coa seguinte estrutura: [alguén] [com-pón (denken)] [unha figura (Bild)] [que modela(<Model)] [unha realidade (Wirklichkeit)].

o significado dado a estes termos tal como seconcreta no Tractatus permite realizar unha lectura de“Tlön, uqbar, orbis Tertius” (en diante, “Tlön”) queatenda ás relacións entre realidade e linguaxe dendeun punto de vista moi similar ao adoptado por Witt-genstein na súa crítica da linguaxe. na segunda dastres partes que conforman o texto de “Tlön”, o narra-dor afirma que logrou acceder ao décimo primeirotomo da First Encyclopaedia of Tlön e describe o fun-cionamento “de un planeta desconocido […] con sucontroversia teológica y metafísica” (21), cuxas “ínti-mas leyes que lo rigen han sido formuladas, siquieraen modo provisional” (22). A continuación, empren-de un resumo dalgunhas desas leis e das súas con -secuencias no cosmos de Tlön. Por exemplo, “sulenguaje y las derivaciones de su lenguaje —la religión,las letras, la metafísica— presuponen el idealismo”(ib.). isto implica que, para os seus habitantes, o

Page 20: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

20 AnoTAcións soBRE liTERATuRA E FilosoFíA, nº 16

mundo “no es un concurso de objetos en el espacio;es una serie heterogénea de actos independientes”(22-3). nas linguas do seu hemisferio sur “no hay sus-tantivos […]: hay verbos impersonales, calificados porsufijos (o prefijos) monosilábicos de valor adverbial”(23) e nas do norte “el sustantivo se forma por acu-mulación de adjetivos” (ib.). Por outra parte, o “idea-lismo total invalida la ciencia” (24) e “los metafísicosde Tlön no buscan la verdad ni siquiera la verosimili-tud: buscan el asombro. […] saben que un sistema noes otra cosa que la subordinación de todos los aspec-tos del universo a uno cualquiera de ellos” (25). Encanto á literatura e o seu estudo, “se ha establecidoque todas las obras son obra de un solo autor, que esintemporal y anónimo” (29).

A exposición de Borges nestes fragmentos,aínda que afastada da minuciosidade do Tractatus,debuxa un método analítico-dedutivo moi similar aoque guía a Wittgenstein na súa investigación. A pre-misa central que serve como punto de partida é anatureza das linguaxes de Tlön, da que todos oscompoñentes dos sistemas epistemolóxicos (científi-co-racionais, teolóxicos, historiolóxicos, estéticos,etc.) desenvoltos no planeta son presentados como

Page 21: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

derivacións determinadas. Asemade, o feito de queTlön sexa percibido como un posible mundo inver-tido respecto ao real avanza a idea —ou polo menosofrece as ferramentas conceptuais e os esquemas depensamento necesarios para concibila3— de que ossistemas epistemolóxicos propios do noso mundoxiran tamén arredor da estrutura das nosas linguas.

Esta é precisamente a proposta de Wittgenstein.A comprensión de relixión, letras e metafísica como“derivacións” da linguaxe establece unha interpreta-ción destas disciplinas por completo afín á anunciadano prólogo do Tractatus e reafirmada en puntoscomo o 4.003, “[…] die meisten Fragen und sätzeder Philosophen beruhen darauf, dass wir unseresprachlogik nicht verstehen” (32; “A maioría das pre-guntas e proposicións dos filósofos apóianse no feitode que non entendemos a nosa lóxica lingüística”)ou o 4.0031, “Alle Philosphie ist «sprachkritik»” (ib.;“Toda filosofía é «crítica lingüística»”). o asombroque pretenden provocar os metafísicos de Tlön cosseus sistemas correspóndese cunha situación similará que resultaría da combinación da aceptación dese

FRonTE Ao PRoBlEmA dA REPREsEnTAción 21

3 os xeitos nos que esta operación podería resultar posible analiza-ranse no seguinte apartado.

Page 22: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

punto 4.003 cun desexo de seguir a facer metafísica,que Wittgenstein entende como absurdo:

6.53 die richtige methode der Philosophie wäre eigentlich die:nichts zu sagen, als was sich sagen lässt […] und dann immer,wenn ein anderer etwas metaphysisches sagen wollte, ihmnachzuweisen, dass er gewissen Zeichen in seinen sätzen keineBedeutung gegeben hat. diese methode wäre für den anderenunbefriedigend—er hätte nicht das Gefühl, dass wir ihn Philo-sophie lehrten—aber sie wäre die einzig streng richtige. (111;“o método correcto da filosofía sería en realidade este: nondicir nada máis que o que pode dicirse […] e entón, candoalguén quixese dicir algo metafísico, probarlle que nas súas pro-posicións non lle dera significado a certos signos. Este métodoresultaría insatisfactorio para el —non tería o sentimento deque lle ensinamos filosofía—, pero sería o único estritamentecorrecto”.)

o contraste entre as linguas do hemisferio sure o norte, de estrutura interna completamente dis-tinta e apoiadas respectivamente nos verbos e nosadxectivos como unidades fundamentais de contidoreferencial, significa a configuración de dous siste-mas de representación diverxentes para unha mesmarealidade (a do mundo de Tlön). Wittgenstein con-cedería a posibilidade de linguas deste tipo, a xulgarpolas implicacións de puntos como o 4.0621, “diesatzes «p» und «~p» haben entgegengesetzten sinn,aber es entspricht ihnen eine und dieselbe Wirklich-

AnoTAcións soBRE liTERATuRA E FilosoFíA, nº 1622

Page 23: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

keit” (38; “As proposicións «p» e «~p» teñen un sen-tido oposto, pero correspóndese con elas unha e amesma realidade”).

o elemento de “Tlön” cuxa lectura dende o sis-tema do Tractatus representa posibilidades máis inte-resante son os hrönir. Produto de “siglos y siglos deidealismo [en Tlön, que] no han dejado de influiren la realidad” (30), un hrön é un obxecto xerado danada, que se manifesta a partir da súa busca porparte de alguén a quen se lle describira dito obxecto,ou amosara unha imaxe del. o esquema deseñadopara as relacións Satz-Bild-Wirklichkeit no Tractatus

pódese empregar para acoller o modo en que fun-cionan os hrönir en Tlön. só é necesario un matizsemántico: [alguén] [compón (denken)] [unha figura(Bild)] [que literalmente modela (<Model)] [unha rea-lidade (Wirklichkeit)]. no mundo deseñado por Borges, as figuras da realidade configuradas nopensamento dun individuo4 son capaces de dotar deexistencia a estados de cousas que antes da súa figu-ración non formaban parte da realidade.

FRonTE Ao PRoBlEmA dA REPREsEnTAción 23

4 Téñase en conta 3, “das logische Bild der Tatsachen ist der Gedan-ke” [19; “A figura lóxica dos feitos é o pensamento”].

Page 24: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

Por outra parte, a evidente presenza do humornos fragmentos de “Tlön” citados polo de agora dis-tingue tamén o seu carácter formal respecto ao doTractatus pero esconde outra afinidade. Ao configu-rar como o fixo as “íntimas leis” establecidas paraTlön, Borges permitiu que nelas fosen recoñeciblesideas formuladas dende diversas disciplinas e porautores reais; chegando incluso a facer mencionaros nomes dalgúns destes autores ao seu narrador, coaparente pretexto de ofrecer unha referencia dendea que entender a lóxica que goberna Tlön:

Hume notó para siempre que los argumentos de Berkeley noadmiten la menor réplica y no causan la menor convicción.Ese dictamen es del todo verídico en su aplicación a la tierra;del todo falso en Tlön. las naciones de ese planeta son —con-génitamente— idealistas. (22)

neste contexto son aludidos, ou directamentemencionados, Baruch spinoza, Gottfried leibniz,George Berkeley, Arthur schopenhauer, Hans vai-hinger, Alexius meinong, Paul valéry e BertrandRussell (vid. Fernández Ferrer 130-9 para máis infor-mación). un dos efectos destas alusións é, polo tanto,a presentación das súas respectivas teorías literariasou filosóficas baixo unha luz de efecto cómico. ossistemas e conceptualizacións destes autores semellan

AnoTAcións soBRE liTERATuRA E FilosoFíA, nº 1624

Page 25: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

fóra de lugar (mesmo aparecen como absurdos ou,cando menos, exhibindo unha intolerable distanciacoa realidade) no noso mundo, ao que Tlön se opóncomo posible inversión. isto é así precisamente por-que a complexidade dos seus sistemas de pensamentoserve, nese contexto, tan só para aproximar tentati-vamente a realidade percibida como tal polo sentidocomún dos habitantes de Tlön. Para Tlön seríanxogos especulativos: insuficientes, insatisfactorios,expresados con pobreza e cunha terminoloxía e gra-mática inadecuadas. Para o noso mundo, ficcións:afástanse en exceso da realidade para tender a ache-garse a un mundo invertido; resultan un esforzoinxustificado por fuxir do aparente e condenado afracasar, dado que a linguaxe na que foron expresa-dos apunta na dirección oposta á da súa fuga:

spinoza atribuye a su inagotable divinidad los atributos de laextensión y del pensamiento; nadie comprendería en Tlön layuxtaposición del primero (que sólo es típico de ciertos estados)y del segundo —que es un sinónimo perfecto del cosmos—. (24)

A decisión de Wittgenstein de non aducir fontesé formalmente oposta á erudición que Borges despre-ga ao longo de cada páxina pero a imaxe resultanteda toma de posición das súas obras fronte a unha tra-

FRonTE Ao PRoBlEmA dA REPREsEnTAción 25

Page 26: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

dición de pensamento previo é a mesma. o texto pre-sente sitúase na fin da antedita tradición, atopandoque os problemas seguen a ser os mesmos e que ostextos precedentes non serven de escusa para non pre-guntar de novo por eles. As insuficiencias dos sistemasdo pasado motivan tanto o silencio por parte de Witt-genstein como a reserva en Borges dun amplo lugarpara outras voces; de novo, baixo unha luz de comici-dade, distancia irónica ou, cando menos, curiosidadeintelectual carente de compromiso ou militancia.

ora ben, a pregunta clave resulta entón eviden-te: cal é o problema fundamental que “Tlön” e oTractatus enfrontan? cal é o vector das súas investi-gacións que asegura a traducibilidade dos seus dis-cursos aos termos dos do outro e a ocasionalcoincidencia de argumentos teóricos? malia Borgese Wittgenstein compartiren unha serie de influen-cias de entre as cales a de schopenhauer5 aparececomo a máis patente, só a coincidencia nos seuspuntos de mira e na cuestión identificada como demáximo interese podería asegurar os encontros ante-

AnoTAcións soBRE liTERATuRA E FilosoFíA, nº 1626

5 Existe unha ampla bibliografía dispoñible para o estudo destainfluencia sobre ambos autores. Para o caso de Borges pódense ver osartigos de marina martín “Borges via the dialectics of Berkeley and

Page 27: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

riormente aludidos. Por ese mesmo motivo, estacuestión pódese explicar para ambas as obras a partirdo obxectivo que declarou Wittgenstein para o seuTractatus —trazar os límites ao pensamento e, en par-ticular, á súa expresión—, da única opción que eseobxectivo deixa para seleccionar a metodoloxía apro-piada e dos problemas que atopa de xeito inevitable.

En palabras de david Pears, se o pensamento ea linguaxe teñen límites “non existe [no sentido deque non pode pensarse ou concibirse] o «outrolado» do límite, de modo que a tarefa de trazalo éalgo así como calcular a curvatura do espazomesmo” (Pears 80). É dicir, esa tarefa en Wittgens-tein implicaba un traballo dende dentro cara a un

FRonTE Ao PRoBlEmA dA REPREsEnTAción 27

Hume” (2000) e “Borges, perplejo defensor del idealismo” (2002). naobra do propio autor pódense anotar a aparición continua do nomede schopenhauer en Inquisiciones (2001) e a centralidade do seu pen-samento filosófico en ensaios coma “nueva refutación del tiempo”,incluído en Otras inquisiciones (2002). Antonio Fernández Ferrer, ade-mais, recolle a seguinte afirmación de Borges: “Yo leí muchos librosde filosofía, y creo que si tuviera que atenerme a un libro ese librosería El mundo como voluntad y representación. desde luego, el universosigue siendo misterioso, pero me parece que de todas las doctrinasfilosóficas, la de schopenhauer es la que más se parece a una solución”(1988 242-3). Respecto a Wittgenstein, pódense consultar, por exem-plo, os capítulos correspondentes en The Philosophy of Schopenhauer

(1983) de Bryan magee e A Companion to Schopenhauer (2012), editadopor Bart vandenabeele.

Page 28: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

fóra que, dende ese dentro, non resulta accesible.Borges, pola súa parte, estableceu no seu contounhas directrices para entender o funcionamentode Tlön centradas no completo relativismo escépti-co dun Berkeley esaxerado —ata o punto de que senega a idea dunha entidade que manteña a súaidentidade ao longo do tempo (26-8)—, o cal parecepartir da configuración das súas linguas. Porén, opunto de vista dende o que se dá conta desta situa-ción é a dun falante de castelán que le unha enci-clopedia escrita en inglés. Así, a base da diverxenciaentre o mundo de Tlön e o do narrador é exacta-mente o mesmo factor que lle impide expresar dunmodo adecuado as leis daquel e o obriga a botarman constantemente de fórmulas que matizan liñasprevias, apoiadas en procedementos lingüísticos ouconcepcións epistemolóxico-ontolóxicas que seríanilícitas para Tlön. Por exemplo, respecto ao mate-rialismo dise que “El lenguaje de Tlön se resistía aformular esa paradoja” (27); ou, dun xeito similar,tras a explicación xa aludida de que, para os meta-físicos de Tlön, un sistema é a subordinación detodos os aspectos do universo a un calquera deles,aclárase: “Hasta la frase «todos los aspectos» es

AnoTAcións soBRE liTERATuRA E FilosoFíA, nº 1628

Page 29: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

rechazable, porque supone la imposible adición delinstante presente y de los pretéritos. Tampoco eslícito el plural «los pretéritos», porque supone otraoperación imposible” (25).

dende posturas e propósitos moi distintos,tanto Borges como Wittgenstein presentan na estru-turación de ideas que desenvolven nas súas obras oexposto no punto 5.6 do Tractatus: “Die Grenzen mei-

ner Sprache bedeuten die Grenzen meiner Welt” (86;“Os límites da miña linguaxe significan os límites domeu mundo”). Tanto “Tlön” como o Tractatus

poden ser entendidos como unha exploración dosignificado profundo da idea de base sobre a que esaproposición repousa. Wittgenstein traballa sobre elade dentro cara a fóra, Borges imaxina un fóra cuxopensamento e expresión presentan problemas quepoden servir tamén para delimitar os límites do“dentro” e a súa estrutura fundamental. os recursosdos que dispón “Tlön” en canto texto literario paradesenvolver esa investigación serán analizados noapartado seguinte.

FRonTE Ao PRoBlEmA dA REPREsEnTAción 29

Page 30: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e
Page 31: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

3mundos posibles, mundos ficcionais

considERAcións TEóRicAs

A orixe do concepto “mundos posibles” adoitafixarse nos Essais de Théodicée de leibniz. no contex-to da súa teoloxía natural, leibniz viuse obrigado aempregar esta expresión dada a súa intención decaracterizar deus como causa primeira e necesariafronte a todos os demais compoñentes do cosmos.A continxencia destes compoñentes, aos que leibnizno seguinte fragmento chama les choses, suxire a ideadun “mundo posible” no que os elementos do reale actual non existisen ou tivesen lugar doutro modo:

dieu est la première raison des choses; car celles qui sont bor-nées, comme tout ce que nous voyons et expérimentons, sontcontingentes et n’ont rien en elles qui rende leur existencenécessaire […]. il faut donc chercher la raison de l’existencedu monde, qui est l’assemblage entier des choses contingentes[…]. [C]e monde qui existe étant contingent, et une infinité d’autres

Page 32: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

32 AnoTAcións soBRE liTERATuRA E FilosoFíA, nº 16

mondes étant également possibles et également prétendants à l’exis-

tence, pour ainsi dire, aussi bien que lui, il faut que la causedu monde ait eu égard ou relation à tous ces mondes possi-bles, pour en déterminer un. (77; cursiva é engadida)

A formulación contemporánea que no campoda lóxica modal se lle dá á expresión “mundos posi-bles” procede principalmente dos traballos dedavid lewis e saul Kripke. Ata a súa chegada e rein-trodución deste concepto, a lóxica modal non dis-puxo dunha semántica extensional ben definida;aínda que dende principios do século xx a discipli-na avanzase considerablemente o seu desenvolve-mento traballando sobre a Lóxica de Aristóteles e asinvestigacións de leibniz (menzel 2016).

Kripke dá nome ao chamado modal system K,cuxo modelo é o seguinte: (W, R, a),6 onde W é unset ou conxunto non-baleiro de mundos, R é unharelación binaria e “a” é unha función que asigna acada proposición (en cada w, ou mundo, de W) unvalor de verdade “verdadeiro” ou “falso”, de acordocoas condicións de verdade establecidas. Este é undos sistemas básicos para a lóxica modal e permite

6 Para unha definición da configuración de “K” e para unha explica-ción do concepto de modelo en si mesmo, vid. respectivamenteHalleck 2007, e Hughes e cresswelt 1973 (69-71).

Page 33: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

33FRonTE Ao PRoBlEmA dA REPREsEnTAción

ser fortalecido por sucesivos axiomas, resultandonoutros sistemas como o system T —tamén denomi-nado ás veces “system m”—, que resulta da adicióndo axioma “(m)∈A→A” a K e investigado orixinal-mente por Gödel (Halleck 2007). Kripke deseñou aseguinte estrutura para un modelo normal de T: (G,K, R), onde “K is a non-empty set, G∈K, and R is areflexive relation defined on K” (Kripke 68). ou,lido doutro xeito, “a set K of possible worlds, withone element G singled out as the «real» world” (ib.

69), quedando R como a relación de accesibilidadereflexiva entre mundos (ib., 70).

no relativo ás posibilidades que a teoría achegaaos estudos literarios, Ruth Ronen afirma que as“notions of possibility and alternativity enable themto examine the accessibility relations between fictio-nal worlds and reality” (25). Para esta autora, a se -mántica dos mundos posibles permite aos estudosliterarios superar a “mimetic view [da literatura],namely that literature is a mode for directly represen-ting or even reflecting the real world”. dese xeito,esta semántica ofrecería un marco no que a ficción“is granted a direct position in relation to which thereal world has no privileged position” (106).

Page 34: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

34 AnoTAcións soBRE liTERATuRA E FilosoFíA, nº 16

A vantaxe ofrecida pola teoría dos mundos posi-bles en concreto para o estudo de “Tlön” resulta evi-dente cando unha parte do contido argumental doconto implica a configuración dun mundo ficcional(Tlön) dentro doutro mundo ficcional (o de, entreoutros personaxes, o narrador). Aínda máis á luz daspalabras de lubomír doležel que —seguindo a con-ceptualización de Kripke— explican que “[os mundosposibles] non esperan a ser descubertos nalgunhadepositaría remota ou trascendente, constrúenos asactividades creativas das mentes e as mans humanas”(32). É interesante comparar esta perspectiva conalgunhas de entre as últimas liñas do conto:

una dispersa dinastía de solitarios ha cambiado la faz delmundo. su tarea prosigue. si nuestras previsiones no erran, deaquí a cien años alguien descubrirá los cien tomos de la segun-da Enciclopedia de Tlön. Entonces desaparecerán del planetael inglés y el francés y el mero español. El mundo será Tlön.(37)

Pese a esta complementariedade, resulta en cal-quera caso pertinente unha reflexión previa acercadalgunhas das implicacións do uso da teoría dosmundos posibles no ámbito dos estudos literarios.dado que a teoría e as súas ferramentas conceptuaisproceden do campo da lóxica modal —e previamente

Page 35: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

35FRonTE Ao PRoBlEmA dA REPREsEnTAción

do da lóxica alxébrica de leibniz e a súa teoloxíanatural—, sería de esperar que ao ser importadospolos estudos literarios, dende unha disciplina conobxectivos tan distintos aos seus, experimentasencambios e variacións relevantes. Ronen acepta queo concepto “mundos posibles” xera un “interdisci-plinary interchange” que parte de tomar o conceptocomo “common point of reference where problemsraised by each discipline separately seem to conver-ge” (47). Por outra parte, ve necesaria certa cautelarespecto á suposición dun acceso e un traballo idén-tico por parte de cada disciplina respecto a ese espa-zo interdisciplinar de intercambio:

[d]ialogue among the disciplines is more intricate than itseems, because talk about possible worlds turns out to be talkabout different things in each particular discipline […] due tothe nature of the disciplines involved, which dictates a prioria unique set of problems to which possible worlds are applied,and a substantially different interpretation of the concept. (47)

A dificultade principal que atopa o proxecto daaplicación da teoría dos mundos posibles aos estudosliterarios probablemente sexa a que darío villanuevapresenta coas seguintes palabras: “ese carácter autó-nomo e inmanente del mundo posible […] [que] nossitúa de lleno […] en una semántica intensional, aten-

Page 36: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

36 AnoTAcións soBRE liTERATuRA E FilosoFíA, nº 16

ta tan solo al juego de las formas de expresión, másque a la relación de referencia” (108). Para villanue-va, o ideal consistiría en “encontrar el punto de inter-sección entre la autonomía del mundo creado y sufunción referencial, que no se puede obviar” (108-9).A pesar de que no presente traballo non se asumeesta mesma lectura —é dicir, a falta de validez, debidoa esa aparente insuficiencia, do proxecto da aplica-ción da teoría dos mundos posibles no ámbito dodiscurso literario—, resulta evidente a importancia deacoller no aparato teórico esa “función referencial”.

dúAs AnálisEs dE “Tlön, uqBAR, oRBis TERTius”dEndE A TEoRíA dos mundos PosiBlEs

dende o punto de vista de Ronen, mentres quepara a lóxica modal o concepto de accesibilidade é“defined [...] as relative possibility. That is, what deter-mines the relation of one world being possible rela-tive to another, and how is that relative possibilitysettled (relative to what criteria)?”7 (61), o seu uso

7 unha ampliación desta explicación podería ser a seguinte, onde “R”refire a relación de accesibilidade: “Given any two worlds H1, H2∈K, we read ‘H1RH2’ as H2 is ‘possible relative to H1’, ‘possible in H1’,

Page 37: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

37FRonTE Ao PRoBlEmA dA REPREsEnTAción

nos estudos literarios seguiu dous camiños diverxen-tes. “[o]ne stems from a literal understanding of acces-sibility; the other from the logical meaning ofaccessibility” (93). Partindo desta diferenciación, acontinuación darase paso a dúas análises de “Tlön”en representación de cada vía, co obxectivo últimode facelas funcionar de xeito complementario, demodo que resulte posible cumprir os requisitos sina-lados anteriormente: manter a autonomía e a inma-nencia do mundo ficcional e, ademais, explicar ofuncionamento da súa función referencial.

Accesibilidade como lexibilidade

na lectura de Ronen, a accesibilidade fai refe-rencia a “the position of the reader relative to thefictional world”, no sentido de que os mundos fic-cionais son “epistemologically accessible but physi-cally inaccessible from the real world” (93-4). Para opresente ensaio considéranse pertinentes os apunta-mentos respecto á posición do lector en relación cosmundos ficcionais e o seu acceso epistemolóxico a

or ‘related to H1’; that is to say, every proposition true in H2 is to bepossible in H1. Thus the [...] relative notion, of one world being pos-sible relative to another” (Kripke 70).

Page 38: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

38 AnoTAcións soBRE liTERATuRA E FilosoFíA, nº 16

estes; porén, observarase tamén un elemento queRonen non manexa na súa formulación: o texto e asúa lectura. A idea fundamental na que se basea estexeito de desenvolver a análise é a de que os mundosposibles no ámbito da ficción —mundos ficcionais, deagora en diante— son construídos dende textos(entendido o termo nun sentido amplo) que satisfánno seu interior unha esixencia moi similar á cubertapor a no sistema K. isto é, a de asignar a cada pro-posición, en cada mundo w do set W, un valor deverdade. Moi similar e non idéntica por unha carac-terística esencial dos mundos ficcionais que pode serexplicada coas seguintes liñas de Ronen referidas aosobxectos ficcionais: “Fictional objects denoted by fic-tional propositions are indeterminate and incomple-te […]: there are some properties with regard towhich the question of whether p or ~p holds is inde-terminate” (90).

En xeral, pode dicirse que a lóxica modal fai dasrelacións entre estados de cousas actuais, necesariose posibles o seu obxecto de estudo. Este é o motivopolo que a noción de accesibilidade está obrigada afacer referencia ás relative possibilities entre mundos.Ao ter os estudios literarios, en cambio, o seu obxec-

Page 39: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

39FRonTE Ao PRoBlEmA dA REPREsEnTAción

to de estudo no fenómeno literario, a proposta querepresenta este traballo consiste en substituír neles(para este contexto) o concepto de accesibilidadepola noción epistemolóxico-estética da lexibilidade

dun texto dende un mundo. nese contexto, lexibili-dade refírese a posibilidade que ofrece un texto con-figurador dun mundo ficcional para ser lido como

tal (é dicir, como configurador dun mundo ficcio-nal) dende un mundo determinado.

o esquema anunciado para a situación de“Tlön” parte da designación do noso mundo real8

como mundo cero (m0), da do mundo ficcional queBorges configurou —no que habita, por exemplo,o narrador— como mundo un (m1) e de Tlön —omundo ficcional configurado pola sociedade secretaque escribe a Primera Enciclopedia de Tlön (33)— como

8 A posibilidade da delimitación exhaustiva de todos os valores de apara m0 podería ser identificada como un dos temas de reflexión fundamentais para Wittgenstein no Tractatus. véxase, por exemplo,o punto 3.01, “die Gesamtheit der wahren Gedanken sind ein Bildder Welt” (19; “A totalidade dos pensamentos certos é unha figurado mundo”). no uso que se fai do concepto de “mundo real” no pre-sente ensaio non vai implícita a afirmación da posibilidade de realizaresa operación. o termo “real” na expresión referida é análogo ao índi-ce cero na función-base que permite falar da configuración dunmundo ficcional e da lectura dun texto ficcional de xeito transcenden-tal/non-mimético. sumado a ese feito, que o termo “mundo” sexa

Page 40: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

40 AnoTAcións soBRE liTERATuRA E FilosoFíA, nº 16

mundo dous (m2). o esquema descrito antes da“Postdata de 1947” é, polo tanto:

o proceso inacabado de confusión entre m1 eTlön descrito pola posdata é representado poloesquema seguinte:

compartido tanto polo mundo real como polos mundos ficcionaisreferencia a posibilidade e mesmo a necesidade (vid. últimos parágra-fos deste subapartado) da comparación dos seus procedementos aentre si. Así, o “mundo real” non é un a priori completamente deter-minado e determinable senón unha configuración retrospectivadende un mundo ficcional xerado a partir del. É dicir, os únicos ele-mentos e valores para a de m0 que ten sentido considerar neste tipode análise son os que o texto ficcional activa mediante o que Ronenchama “the rhetoric of a fictional text” (94). Por exemplo, a proposi-ción “todos os compoñentes dos sistemas epistemolóxicos son deri-vacións da estrutura das linguas naturais nas que estes son formulados”é certa en m2 (Tlön). o feito de que non estea probada en m0 formaparte desa estratexia retórica do texto ficcional e determina os resul-tados do proceso comparativo dos a de m0 e m1=m2.

m2m1m0

m0 m1 m2≃

Page 41: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

41FRonTE Ao PRoBlEmA dA REPREsEnTAción

o modelo para os esquemas anteriores é omodelo para o sistema K exposto anteriormente (vid.“consideracións teóricas”), ao que só se lle engade atoma dun mundo de referencia dentro do set demundos e unha modificación do significado de R.Polo tanto, (m, m0, R, a), onde m é un conxunto demundos, m0 o mundo de referencia e R a relaciónbinaria de lexibilidade entre mundos, que substitui-ría á de accesibilidade en K. Por último, a quere sig-nificar o procedemento de asignación de valores deverdade a proposicións que establezan estados decousas para un mundo ficcional e viría definido polotexto que o configure. A aproximación e a progresivaidentificación dos valores do a para m1 cos do a para

de continuar a narración até un momento enque ese proceso se consumase, o esquema adecuadosería o representado por “a)”; en ningún caso orepresentado por “b)”:

m1m0

m0 m1 m2=a)

b)

Page 42: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

m2 son representadas por medio dos signos “≈” e“=”. A comunicación dos límites de ambos mundosalude ao feito de que os valores do a para m2 poidanafectar aos valores do a para m1 (vid. subapartado“Accesibilidade como relative possibility”).

Ao contrario do que sucede en K e nos sistemasda lóxica modal en xeral, non se establece o tipo derelación que representa R para o sistema en conxun-to senón para cada relación particular entre mun-dos. nestes esquemas, cada “→” representa alexibilidade dun mundo m dende outro, polo que aausencia de “→” implica a ausencia de lexibilidade.Así, “m0 → m1” expresa: “(o texto que configura)m1 é lexible dende m0”. dende o punto de vista dem0, o carácter distintivo de m2 respecto a m1 (o quelle outorga o índice 2 e non dá lugar a un esquemado tipo m1a ← m0 → m1b) vén dado pola súa lexi-bilidade dende un m1, que é á súa vez lexible dendeo m0. o índice dá simplemente conta da lexibilida-de duns mundos respecto a outros, non dun hipo-tético grao de ficción para cada mundo. deixandoá marxe m0 (definido como o mundo real de refe-rencia, en oposición a todos os demais, que son fic-cionais), o que singulariza e caracteriza a cada mn

AnoTAcións soBRE liTERATuRA E FilosoFíA, nº 1642

Page 43: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

(para os n>0) é, en primeiro lugar, a súa creacióndende un mn–1 e, en segundo lugar, o procedemen-to de asignación de valores a.9 Este é o motivo polocal a representación correcta da consumación doproceso narrado na posdata de 1947 é a) e non b).o contido desta posdata pode expresarse sinalandoque o procedemento a para m1 está tomando osvalores do procedemento a para m2. Porén, m1segue a ser configurado dende m0 e m2 dende m1.o signo “=” indica a igualdade de a para un mundoe outro, pero non identifica completamente mundosentre si posto que, como xa se explicou, só se dousmundos presentan o mesmo a e son configuradosdende o mesmo m serían o mesmo mundo.10

FRonTE Ao PRoBlEmA dA REPREsEnTAción 43

9 Esta dobre determinación permite evitar problemas conceptuaiscomo o que se daría no hipotético caso de que en m1 alguén escribiseun texto idéntico ao de “Tlön” con vontade ficcional. Así, ese textonon se referiría a ese mesmo m1 senón que crearía un m2 (porque om dende o que o texto resulta inmediatamente accesible sería m1, nonm0; aínda que o a para estes mundos m1 e m2 resultaría idéntico).

10 Así, por exemplo, nada distingue a configuración de a para os mun-dos que crean o Quixote de cervantes e o de Pierre menard no contode Borges “Pierre menard, autor del quijote”. As diferenzas xéranseno proceso interpretativo e de lectura, non na composición do mundoficcional. Este é precisamente o interese de “Pierre menard” e o aspec-to do que se admira o seu narrador: dous a idénticos en textos ficcio-nais xeran procesos de lectura distintos; pero para que a admiraciónsexa posible e lexítima os a deben ser idénticos.

Page 44: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

Esta conceptualización ofrece varias vantaxes enrelación cos obxectivos marcados con anterioridade.En primeiro lugar, a inmanencia e autonomía domundo ficcional quedan aseguradas. o procedemen-to a e a configuración dende outro mundo do textoque lle dá lugar poden ser entendidos como os douselementos caracterizadores de todo mundo ficcional;un inmanente e o outro transcendente, respectiva-mente. non obstante, só a achega información res-pecto ás leis e estados de cousas do mundo ficcionalen cuestión e, polo tanto, o elemento de inmanenciaabre o espazo para un achegamento epistemolóxicoá obra literaria dende criterios tamén exclusivamenteinmanentes. En segundo lugar, o criterio miméticove minado o seu sentido dende esta visión por dousmotivos fundamentais. o feito de se configurar un apara cada un dos mundos ficcionais e a proposta decontar cun a tamén para o mundo real elimina unhahipotética xerarquía na que este último dominaríasobre aqueles.

Emporiso, non é o movemento comparativopropio (aínda que non exclusivo) da mímese o quequeda deslexitimado. Ao contrario: este xesto é fun-damental para a preservación da función referencial

AnoTAcións soBRE liTERATuRA E FilosoFíA, nº 1644

Page 45: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

do texto ficcional, o último requisito de entre osestablecidos anteriormente para dispoñer dunha teo-ría dos mundos posibles plenamente funcional nocampo dos estudos literarios. A estrutura de mundosficcionais é sostida pola lectura dos textos ficcionais:un procedemento epistemolóxico transcendente, deacceso dende (por exemplo) un mundo m0 a un m1.Así, a base de acceso epistemolóxico que xera opunto de vista do lector, establecida en m0 (e afec-tada polo a deste), non coincide co que podería serreferido como o seu lugar de traballo: o proceso delectura é transcendente entre mundos ficcionais por-que parte dun mundo pero recibe a configuraciónde a para outro. Esta tensión inestable é a que con-verte en irrefreable o proceso constante de constru-ción e desmantelamento de comparacións entre omundo-orixe e o mundo-destino.

A debilidade do criterio mimético neste contextoxorde en cambio do feito de que a base para este pro-ceso de comparación consiste no papel de a comodenominador común, configurado de distintos xeitospara cada mundo, en lugar de selo a oposiciónreal/ficcional no contexto da relación entre o mundoreal e os mundos miméticos derivados. É dicir, a,

FRonTE Ao PRoBlEmA dA REPREsEnTAción 45

Page 46: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

como procedemento que opera de xeito inmanente,admite comparacións entre mundos, pero en situa-ción de igualdade e alteridade radical entre estes. Poroutra banda, como quedará demostrado no seguintesubapartado, pese ao interese desta operación com-parativa entre os a de distintos mundos, esta non per-mite unha apropiación sinxela por parte do punto devista mimético. Polo menos se dende este se desexapoder xerar —do xeito en que este o permite— xuízosde valor respecto á proximidade (é dicir, á calidade damímese) entre mundos ficcionais e o real.

Accesibilidade como relative possibility

A análise desenvolvida no apartado anteriornon debería resultar excluínte coa posibilidade demanexar un concepto de accesibilidade que deaconta da “possibility of a fictional state of affairsrelative to accepted versions of actuality” (Ronen94). o mundo de Tlön, como se veu no subaparta-do “Accesibilidade como lexibilidade”, resulta damodificación e adición de pasaxes á First Encyclopae-

dia of Tlön por parte dunha sociedade secreta quepertence a m1. na posdata, o narrador describe que

AnoTAcións soBRE liTERATuRA E FilosoFíA, nº 1646

Page 47: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

o que foi explicado como a progresiva identificacióndo a para m1 e m2 procede directamente dunhaelección consciente tomada por parte dos habitan-tes de m1 en conxunto: “¿cómo no someterse aTlön, a la minuciosa y vasta evidencia de un planetaordenado? […] Encantada por su rigor [o de Tlön],la humanidad olvida y torna a olvidar que es unrigor de ajedrecistas, no de ángeles” (36). desexeito, a definición dos valores de a que a sociedadesecreta depara a Tlön (m2) é tomada como certapara m1, progresivamente, por todos os habitantesdo devandito mundo.

dende unha perspectiva inxenua, sería posi-ble propoñer que a proximidade dos valores defini-dos para a entre m0 e m1 é maior que a establecidaentre calquera deles e m2. Esta afirmación é en rea-lidade problemática: ademais dos que aparentemen-te son os únicos valores de a que manifestamentediverxen11 entre m1 e m0 —relativos á existencia

FRonTE Ao PRoBlEmA dA REPREsEnTAción 47

11 considero unha diverxencia nos valores de a o feito de que nunmundo se asigne o valor “falso” para unha proposición que presentanoutro mundo o valor “verdadeiro”. non corresponde tratar aquí acuestión respecto á propiedade de denominar diverxentes os valoresde a para unha proposición entre mundos cando calquera deles (ouos dous) presenta o valor “indeterminado”.

Page 48: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

exclusiva en m1 de determinadas persoas, sociedadessecretas, libros, etc.— pode illarse outro de importan-cia crítica: de acordo co visto no parágrafo anterior,en m1 é posible que a variación de valores para oseu a relativos á percepción da realidade (a humani-dade de m1 preferindo os modelos de Tlön) altere aantedita realidade no plano material. Así, aparecenen m1 un compás e un cono de metal cuxa existen-cia previamente só era posible en Tlön (34-5); é dicir,exactamente a mesma lei descrita para Tlön no apar-tado 2 deste ensaio, o que suxire á súa vez outra leipara m1 completamente allea a m0: a posibilidadede que o seu a adopte os valores dos a para mundosficcionais configurados a partir del. dese xeito,pódese dicir que esta lei inclúe a posibilidade detodas as outras leis de m2 que hipoteticamente per-mitirían considerar ese mundo máis afastado de m0que m1. Tendo isto en conta, complícase marcada-mente a proposta de sinalar unha similitude maiorentre os procedementos de m0 e os de calquera dosoutros dous mundos.

Porén, non por iso é menos certo que, conseguridade, a proximidade (ou a relative possibility)sentida polo lector entre m0 e m1 será moi alta.

AnoTAcións soBRE liTERATuRA E FilosoFíA, nº 1648

Page 49: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

Ronen observa acertadamente que “the distance bet-ween fiction and actuality, or their relative possibi-lity, is part of the rhetoric of a fictional text”, poloque “the more a fictional world is presented as pos-sible relative to actuality, the more the rhetoric offiction will emphasize the great extent to which itdraws on a world familiar to its readers” (94-5). Paraprogresar a partir desta reflexión faise desexable unpunto de apoio teórico que permita reflectir a com-pleta independencia que existe entre os valores quetome a para un mundo determinado e a “retórica”e “presenta[ción]” dos textos ficcionais configurado-res de mundos. o necesario, como indica villanuevanun contexto distinto ao desta investigación, seríaatender a “cuáles sean las formas que, sin reproducir,por supuesto, la realidad mejor que otras, estimulansin embargo más intensamente una actualizaciónrealista del texto al que pertenecen” (171). É dicir,para o caso, atender á forma do texto que configuram1 e buscar a fonte desa sensación de proximidadeexperimentada ao comparalo co noso m0.

Antonio Fernández Ferrer considera que “Tlön”é unha “amalgama inextricable entre ensayo y «fic-ción»” (22). En efecto, o conto presenta varios recur-

FRonTE Ao PRoBlEmA dA REPREsEnTAción 49

Page 50: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

sos que adoitan entenderse como característicos doprimeiro destes xéneros, como notas a pé de páxinae referencias a enciclopedias ou atlas que son citadoscomo fontes:12

leímos con algún cuidado el artículo [da Encyclopaedia Britan-

nica sobre uqbar]. […] leímos, verbigracia, que las tierras bajasde Tsai Jaldún y el delta del Axa definen la frontera del sur yque en las islas de ese delta procrean los caballos salvajes. Eso,al principio de la página 918. En la sección histórica (página920) supimos que a raíz de las persecuciones religiosas del sigloxiii, los ortodoxos buscaron amparo en las islas […]. la biblio-grafía enumeraba cuatro volúmenes que no hemos encontradohasta ahora, aunque el tercero —silas Haslam: History of the

Land Called Uqbar, 1874— figura en los catálogos de la libreríade Bernard quaritch.13 El primero, Lesbare und lesenwerthe

Bemerkungen über das Land Ukkbar in Klein-Asien, data de 1641y es obra de Johannes valentinus Andreä. (18)

xunto a estes, aparecen outros máis tendentesá irredutibilidade. Entre eles atópanse o modo dedesenvolver o discurso que elixe o narrador, a ausen-cia de intervencións doutros personaxes en estilo

AnoTAcións soBRE liTERATuRA E FilosoFíA, nº 1650

12 Estes recursos, en calquera caso, constitúen tan só usos formais dométodo de traballo propio do xénero ensaístico e, aínda que apareceunha cita verídica de Bertrand Russell (25), na maior parte dos casosas referencias e citas remiten a obras ficticias ou a pasaxes inexistentesde obras reais, como se encargou de clarificar Fernández Ferrer (107-13, 119).13 neste punto, no texto orixinal, Borges introduce o seguinte comen-tario en nota ao pé: “Haslam ha publicado también A General History

of Labyrinths” (18).

Page 51: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

directo, a elección dun tema (uqbar) que —polomenos durante o primeiro fragmento de entre osque compoñen o conto— parece completamentealleo á vida persoal do narrador e a calquera posibleacontecemento ou peripecia (relacionado polo tantosó co ámbito da curiosidade intelectual), etc.

un ensaio non configura un mundo ficcionalsenón que no fundamental resulta un texto decarácter descritivo-argumentativo centrado habi-tualmente no mesmo mundo dende o que é pro-ducido; ou, polo menos, se considera outrosmundos ficcionais, estes teñen como orixe textosdistintos e previos respecto ao do ensaio en cues-tión. sen ser a causa do movemento de compara-ción entre os valores de a para m1=m2 e m0 —xaidentificado como inevitable en calquera procesode lectura ficcional—, a forma ensaística e a estru-tura enmarcada, de matriosca, de “Tlön” resultanútiles neste contexto para potenciar o anteditomovemento a partir dunha configuración da reali-dade tan afastada da ordinaria como a do planetaTlön. É dicir, a forma ensaística, sen ser a fonte dafunción referencial do texto, refórzaa ao activarunha determinada lectura e manexo da informa-

FRonTE Ao PRoBlEmA dA REPREsEnTAción 51

Page 52: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

ción ofrecida polo narrador ao respecto das confi-guracións de a para m1 e m2.

Así, tomando o exemplo manexado anterior-mente, o papel central da estrutura das linguas deTlön nos seus desenvolvementos epistemolóxicosanima a unha comparación co caso do mundo real.A hipótese de que no noso mundo sucede o mesmonon é avanzada directamente polo narrador pero per-manece nun estado latente pola estrutura do relato.se Tlön fose presentado directamente dende unhanarración fantasiosa ortodoxa en terceira persoa,ofrecendo a mesma información, o seu a non se veríamodificado, pero a nitidez desa proposta latentediminuiría. É máis, a forma de ensaio dilúe a eviden-cia coa que o texto de “Tlön” crea un m1, polo queas alteracións do a deste mundo respecto ao de m0quedan á súa vez disimuladas. dese xeito, a lei men-cionada ao inicio deste subapartado para m1 —édicir, poder tomar os valores para a dos mundos fic-cionais configurados a partir del— queda en boamedida oculta e a sensación de relative possibility entrem0 e m1 é máxima; aínda que, como xa se viu, éimposible falar dunha maior ou menor proximidadeentre estes mundos da que hai entre m0 e m2.

AnoTAcións soBRE liTERATuRA E FilosoFíA, nº 1652

Page 53: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

4conclusións

A concreción no prólogo do Tractatus por partede Wittgenstein do obxectivo da súa obra —“demdenken eine Grenze ziehen, oder vielmehr—nichtdem denken, sondern dem Audsdruck der Gedan-ken” (9; “trazar un límite ao pensar ou, máis ben,non ao pensar senón á expresión dos pensamen-tos”)— non atopa unha correlación directa en“Tlön”, se o que se busca é unha declaración dunhavontade expositivo-argumentativa por parte de Bor-ges. non obstante, elementos como a forma ensaís-tica do conto, a descrición das leis que gobernanTlön ou as referencias neste proceso a diversos filó-sofos reais —sumadas á inevitable comparación entreo procedemento a de m1=m2 co de m0— estimulanunha lectura (por expresalo nos termos de villanue-va) que anima a identificar unha determinada liña

Page 54: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

de reflexión dentro da que se desenvolve o progresoargumental do conto. Esta liña, xa considerada nosegundo apartado deste ensaio, preocúpase polo vín-culo existente entre a linguaxe e a representación darealidade, e entre esta representación e o que pode-ría identificarse como o plano do nouménico (xasexa aceptado ou negado, como sucede no mundode Tlön). os seus elementos fundamentais son, polotanto, os mesmos que estruturan as reflexións deWittgenstein no Tractatus: Satz (proposición: lingua-xe), Bild (figura: representación) e Wirklichkeit (reali-dade: planos noumenal e fenoménico).

Esta afinidade revela un terreo comparativo moifértil, especialmente privilexiado respecto ás opciónsque ofrece para o estudo das relacións entre litera-tura e filosofía. Aínda que as diferenzas e similitudesentre o Tractatus e “Tlön” non esgotan as existentesentre ambos réximes discursivos, son obras quepoden amosar —mediante os seus desenvolvementosen boa medida paralelos— algunhas de entre as dis-tintas posibilidades específicas para as que estes atopan un acceso máis propio. En Wittgenstein(no discurso filosófico), pode facerse referenciadirecta á configuración de valores para m0. En Bor-

54 AnoTAcións soBRE liTERATuRA E FilosoFíA, nº 16

Page 55: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

ges (no discurso literario-ficcional), a configuraciónde m0 fronte a m1=m2 (vid. nota ao pé 8) e a nece-sidade do movemento comparativo entre os a paraestes mundos liberan a “Tlön” da necesidade deavanzar directamente afirmacións relativas a m0.14

no lugar desta opción, non obstante, aparece a deque as configuracións de dous mundos ficcionais(inmanentes e independentes respecto a m0) refe-rencien a de m0, de maneira que non resulte posibleevitar a consideración deste último compoñente aolongo do proceso de lectura.

dese xeito, convértese en integral a posta en xogoda configuración de m0 por parte do lector. En cadaocasión na que se especifica un valor de verdade paraunha proposición en m1=m2 (por exemplo, afirmán-dose que “a epistemoloxía en Tlön vén determinadapola estrutura das linguaxes naturais”) referénciase esevalor de verdade para a proposición análoga en m0;sen que resulte posible predicar algo sobre este últimovalor directamente no interior do texto ficcional.cando o narrador establece que “El mundo para ellos[os habitantes de Tlön] no es un concurso de objetos

55FRonTE Ao PRoBlEmA dA REPREsEnTAción

14 operación de todos os xeitos imposible para un texto ficcional,como se aclara nos parágrafos que seguen.

Page 56: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

en el espacio; es una serie heterogénea de actos inde-pendientes. Es sucesivo, temporal, no espacial” (22),pode sobreentenderse que para nós o mundo si é “unconcurso de objetos en el espacio...”; pero este nós estásempre confinado a m1 e non pode referirse a m0 dexeito inmediato. o texto ficcional limítase a sinalaras proposicións análogas en m0 e a esixir unha consi-deración ao respecto delas, contra a que se construiráo carácter do mundo ficcional. os recursos mencio-nados anteriormente —dotar ao conto da forma dunensaio, etc. — implican que a contraposición do elesde m2 co nós de m1 provoque que a sensación de rela-

tive possibility entre m0 e m1 aumente e que a existenteentre m0 e m2 (e m1 e m2) diminúa. Entrementres,nada se afirma respecto a como é o mundo para oshabitantes de m0 pero a cuestión en si mesma quedasinalada e incluso se privilexia unha resposta: se a sen-sación de relative possibility diminúe entre m0 e m1mentres que aumenta entre m0 e m2, resultará máissinxelo que a resposta para m1 (que si que se dá aentender) estea próxima á adecuada para m0.

Por outra parte, as dúas obras enfrontan omesmo problema central ao tratar a cuestión arredordas relacións entre os elementos Satz, Bild e Wirklich-

56 AnoTAcións soBRE liTERATuRA E FilosoFíA, nº 16

Page 57: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

keit: a imposibilidade estrutural de definir explicita-mente estas relacións dende m0 para m0.15 non obs-tante, en ningunha das dúas obras se renuncia aenfrontar a cuestión. Ambas ofrecen ferramentasheurísticas para asegurar que, cando menos, estaquede esgotada dende as vías de investigación e expe-rimentación emprendidas polos seus autores. dexeito crítico, tanto Borges como Wittgenstein estánobrigados a esperar que o lector poida empregalaspara acceder ao coñecemento que resulta imposiblereflectir inmediatamente nelas. Borges, por causa docarácter ficcional de “Tlön”, que pode favorecer aomáximo a sensación de relative possibility entre m1 em0, pero non pode falar de xeito directo deste últi-mo. Wittgenstein, debido a que o seu sistema deixasen sentido boa parte das súas afirmacións (son Satz

que tratan de producir un Bild da Wirklichkeit candoiso non é unha operación posible), polo que debe

57FRonTE Ao PRoBlEmA dA REPREsEnTAción

15 A idea sobre a que repousa o desenvolvemento da narración en“Tlön” podería identificarse co deseño dunha estrutura mediante acal esta mesma operación resulta factible no ámbito do literario. A First

Encyclopaedia of Tlön é un texto ficcional que, dende m1 —mediando acreación dun m2 (Tlön)—, modifica a realidade de m1 ata facela coin-cidir co escrito nel. dese xeito, invértese a dirección do vector Wirklich-

keit-Bild-Satz e pasan a ser as proposicións as que configuran a realidade,facendo posible definir (xa non dun xeito pasivo senón activo) a reali-dade de m1 dende m1.

Page 58: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

desistir do cumprimento da súa vontade inicial a tra-vés dun artellamento de proposicións respecto ánatureza do mundo e a linguaxe:

6.54 meine sätze erläutern dadurch, dass sie der, welchermich versteht, am Ende als unsinnig erkennt, wenn erdurch sie – auf ihnen – über sie hinausgestiegen ist. (Ermuss sozusagen die leiter wegwerfen, nachdem er auf ihrhinaufgestiegen ist.) Er muss diese sätze überwinden,dann sieht er die Welt richtig. (111; “As miñas proposi-cións aclaran do seguinte xeito: aquel que me entenderecoñéceas ao final como carentes de sentido cando a tra-vés delas —situado sobre elas— se alza sobre elas. Por asídicilo, ten que tirar a escada unha vez que se alza sobreela. debe superar estas proposicións e entón verá omundo correctamente.)

“Tlön” e o Tractatus dependen do lector paraque o espazo de reflexión que abren, ademais de virsinalado pola escritura, non quede vedado polaslimitacións desta. o lector só pode ocupar e apro-veitar o devandito espazo mediante a superación daobra.

58 AnoTAcións soBRE liTERATuRA E FilosoFíA, nº 16

Page 59: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

Bibliografía

Borges, Jorge luis1. Inquisiciones. madrid: Alianza, 2001.2. Otras inquisiciones. madrid: Alianza, 2002.3. Ficciones. Barcelona: Alianza, 2014.

doležel, lubomírHeterocósmica. Ficción y mundos posibles. Arco,1999, madrid.

Fernández Ferrer, Antonio, editorBorges A/Z. madrid: siruela, 1988.Ficciones de Borges. En las galerías del laberinto.madrid: cátedra, 2009.

Halleck, John“system K”. John Halleck, universidade deutah, 2007, [en liña] consultado o 30-xii-2016.uRl: home.utah.edu/~nahaj/logic/structu-res/systems/#K.

Page 60: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

Hughes, G. E. e m. J. cressweltIntroducción a la lógica modal. Tecnos, 1973,madrid.

Kripke, saul. “semantical Analysis of modal logic i. nor-mal modal Propositional calculi”. BrandenFitelson, 2008, [en liña] consultado o 30-xii-2016. uRl: www.fitelson.org/142/kripke_1.pdf.

leibniz, Gottfried WilhelmŒuvres de Leibniz. París: charpentier, 1842,Google Books, [en liña] consultado o 30-xii-2016. uRl:books.google.com/books?id=RxAoAAAA-YAAJ.

magee, BryanThe Philosophy of Schopenahuer. oxford: cla-rendon, 1983.

martín, marina“Borges via the dialectics of Berkeley andHume”. Variaciones Borges, nº 9, 2000, pp.147-62, [en liña] consultado o 30-xii-2016. uRl:w w w . b o r g e s . p i t t . e d u / b s o l / d o c u -ments/0907.pdf.“Borges, perplejo defensor del idealismo”.Variaciones Borges, nº 13, 2002, pp. 7-21, [en

60 AnoTAcións soBRE liTERATuRA E FilosoFíA, nº 16

Page 61: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

liña] consultado o 30-xii-2016. uRl: www.bor-ges.pitt.edu/bsol/documents/1301.pdf.

menzel, cristopher“Possible Worlds”. Stanford Encyclopedia of Phi-losophy, 2016, [en liña] consultado o 30-xii-2016.uRl: plato.stanford.edu/entries/possible-worlds/.

Pears, davidLudwig Wittgenstein. Barcelona: Grijalbo,1973.

Ronen, Ruth Possible Worlds in Literary Theory. cambridgeuniversity, 1994, cambridge.

vandenabeele, Bart, editorA Companion to Schopenhauer. Wiley-Black-well, 2012, chichester.

villanueva, darío Teorías del realismo literario. Biblioteca nueva,2004, madrid.

Wittgenstein, ludwig. Tractatus Logico-Philosophicus. Kevin c. Kle-ment, editor, Kevin C. Klement, universidadede massachusetts Amherst, 2015, [en liña] con-sultado o 30-xii-2016. uRl: people.umass.edu/klement/tlp/.

61BiBlioGRAFíA

Page 62: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e
Page 63: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

11

15

31

53

59

índice

1. introdución

2. satz, Bild, Wirklichkeit

3. mundos posibles, mundos ficcionais

4. conclusións

Bibliografía

Page 64: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e
Page 65: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e
Page 66: Anotacions sobre literatura e filosofia nº 16. · Artur Casas-Agilda HFronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e BorgesI a aci sobre literatura e

Edición non vEnAl

issn 2340-8537