vive o mar!! palabras e pinturas de sal

Post on 13-Aug-2015

1.205 Views

Category:

Education

3 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

CANTIGAS populares…

Amor de auga lixeira,muiñeira.

Amor de auga tardeira,ribeira.

Amor de auga florida,cantiga.

Amor de auga perdida,ña amiga.

(a.C) álvaro Cunqueiro

Aí vén o barco do mar e,aí vén a sardiña toda;aí vén o meu mariñeirovén sentadiño na proa.

Aí vén o vento do mar e,aí vén o vento mareiro;aí vén o meu queridiñovestido de marinheiro.

O mar anda que desanda,anda que desaparece;quen ten amores non dorme,quen non os ten adormece.

Teño un amor mariñeiro,bonito coma unha rosa;teño medo que mo levealgunha nena envexosa.

Vente ventiño do mare,vente ventiño mareiro;vente ventiño do maree tráeme o meu mariñeiro

Amoriños collínna beiriña do mar,amoriños collínnon os podo olvidar,non os podo olvidar,non os podo olvidar,amoriños collín na beiriña do mar.

Xa me dixo teu paique te saque a bailare no medio do baileque te deixe quedar,que te deixe quedar,que te deixe quedar,xa me dixo teu paique te saque a bailar.

Ensina ao que non sabe amar a mar

Poema do home que quixo vivirBernardino Graña

E soño fontes de palabras como augaque abrollen precisascando regresas co teu cántaroao meu cuarto. Xohana Torres. Tempos de Ría.

Camiñan descalzas polas rochas,

pantasmas de sal habitan as sombras,saben que as últimas mareasesqueceron na praia os restos do naufraxio.As mulleres recollen cada noiteos tesouros de auga, líquidos e fráxiles,rebélanse contra a Historia,constrúen co mar as estatuasque nunca permanezan.As mulleres de sal, con argazos de sombras,xorden das última marease tecen tesouros de auga cada noitecontra a Historia. Elas, que saben que o efémero permanece.

Ana Romaní, Das últimas mareas

Ronca o mar,

feren as ondas cos seus

dentes,

escacha a escuma,

verque o sal…

María Canosa. Ronca o mar.

top related