variedades xeográficas da lingua galega

Post on 23-Jun-2015

2.258 Views

Category:

Documents

3 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Variedades xeográficas do galego:dialectos ou falares.

A razón de ser destas variedades encóntrase en que, a través de xeracións sucesivas, os habitantes dunha mesma localidade ou rexión desenvolveron modos

lingüísticos particulares.

Xa que imos falar de variedades xeográficas, é

esta unha boa oportunidade para empezar amosando a

diversidade e beleza do noso.

Aproveitemos pois estas imaxes para escoitar como música de fondo a canción “O meu país”

interpretada por Luar na Lubre.

No ano 1977, Miro Casabella, unha das emblemáticas “Voces Ceibes” gravou por

vez primeira esta balada.A letra é de Xoán Manuel Casado (1949-

2002)

O meu país é verde e neboento

é saudoso e antergo,é unha xente e un chan

o meu pais,labrego e mariñeiro

é un recuncho sen tempo, que dorme nugallán

Que quece na lareira,aló na carballeira

bota a rir

é unha folla no vento,alento e desalento

o meu país

O meu país, tecendo a súa historia

muiñeira e corredoira, acocha a súa verdade

o meu país saúda o mar aberto

escoita o barlovento,e ponse a camiñar

Cara a metas sen nome van ringleiras de homes

e sen fin

tristes eidos de algures,vieiros para ningures

o meu país

O meu país nas noites de invernía

debuxa a súa agonía, nun vello e nun rapaz

o meu país de lenda e maruxías

agarda novos días, marchando de vagar

Polas corgas e herdanzas

nace e morre unha esperanza, no porvir

é unha folla no vento,alento e desalento

O meu país

Os diversos estudos dialectolóxicos realizados dende o século pasado poñen de manifesto que non se pode falar con

propiedade da existencia de dialectos no galego.

A máis completa clasificación dos falares do galego é da autoría de Fernández Rei, que divide o territorio galego en tres

grandes bloques lingüísticos (Occidental, Central e Oriental) no interior dos cales son delimitábeis diversas áreas e subáreas

significativas.

As isoglosas son liñas ideais que permiten unir dous puntos do mapa nos que se dan os mesmos feitos lingüísticos e trazar unha

fronteira entre unha zona onde existe un determinado fenómeno e outra onde non.

Distribución xeográfica da aspiración do Distribución xeográfica da aspiración do g g (gheada)(gheada)

Xeografía das formas Xeografía das formas cuatro/catrocuatro/catro

Distribución das formas Distribución das formas moito, muito, mutio e muto.moito, muito, mutio e muto.

O O seseoseseo no territorio lingüístico no territorio lingüístico galego.galego.

Áreas dos resultados das terminacións –anu, -ana e

plurais.

Distribución das variantes fonéticas dos

pronomes este e el. En liñas xerais a

isoglosa iste/este

coincide coa de il/el.

A formación do plural dos

nomes rematados

en –n.

Xeografía do Xeografía do cheísmocheísmo (che obxecto directo e (che obxecto directo e indirecto), do indirecto), do teísmoteísmo (te obxecto directo e indirecto) e (te obxecto directo e indirecto) e

da distinción no uso de da distinción no uso de cheche e e tete..

Repartición xeográfica dos pronomes Repartición xeográfica dos pronomes suxeito suxeito ti/tu ti/tu e dos pronomes e dos pronomes

llo/llelo..

Repartición xeográfica da vocal temática en Repartición xeográfica da vocal temática en p2 dos perfectos da II conx.p2 dos perfectos da II conx.

Repartición xeográfica da vogal temática en Repartición xeográfica da vogal temática en p2 dos perfectos da II e III conx.p2 dos perfectos da II e III conx.

Xeografía das formas paroxítonas e proparoxítonas Xeografía das formas paroxítonas e proparoxítonas en p4 e p5 do imperfecto de indicativo.en p4 e p5 do imperfecto de indicativo.

Distribución do sufixo de número e persoa de p5 do Distribución do sufixo de número e persoa de p5 do presente de indicativo da I conx.presente de indicativo da I conx.

Feitos dialectais máis importantes:

•Fonéticos:•Seseo explosivo, implosivo•Gheada•Ditongos OI/UI/OU/U•CUA/GUA/CA/GA

•Morfolóxicos:•-ÁN; -AO/-Á•-IÑO/-ÍN•Plural dos nomes rematados n –L.•Plural dos nomes rematados en –N.•Distribución das variantes fonéticas dos demostrativos.•Pronome suxeito de 2ª persoa TI/TU.•Pronomes átonos TE/CHE.•Vogal temática da 1ª persoa do perfecto dos verbos da 1ª conxugación e outras realizacións verbais.

Bloques e Bloques e áreas áreas

lingüísticalingüísticas do s do

galego galego actual.actual.

Bloque occidental

Comprende as zonas occidentais da Coruña e Pontevedra e está delimitado pola isoglosa do plural de –N (cans/cas).

É un complexo lingüístico que se caracteriza polos seguintes fenómenos:

•Existencia de gheada (ghato, amigho).•Seseo implosivo (lus, des) en case todas as falas do bloque;

en parte del, nas zonas máis costeiras, hai tamén seseo explosivo (faser, vesiño).

•Terminación –ÁN(S) para os dous xéneros en formas como: meu(s) irmán(s), miña(s) irmán(s), o(s) verán(s), a(s) mañá(s)...

•Plural –NS: cans, trens, xardíns...•Pronome suxeito TI.•Vogal temática –E- en formas como colleche(s), vendeste(s)

por colliche(s), vendiste(s)

Bloque central

Está formado por toda a Galicia central: falares do nordeste e interior da Coruña, interior de Pontevedra e as provincias de Lugo e Ourense, agás a súa parte oriental. As isoglosas cans/cas polo occidente e cas/cais polo oriente marcan os seus límites.

Os fenómenos máis característicos son:

•Ditongo oi maioritario (moito, loita, troita, coiro...).•Oposición entre caza/casa, cocer/coser; non obstante nalgunhas falas deste bloque pertencentes á Coruña e Pontevedra existe seseo implosivo (lus, des, ves...); os casos de seseo explosivo soamente aparecen en puntos próximos a Santiago (faser, vesina).•Terminación –ao(s) para o masculino (meu irmao, o verao...), e –á(s) para o feminino (miña irmá, a mazá...).•Plural en –s para os nomes finalizados en -n (cans, ladrós, xardís...).•Vogal temática –i- na 2ª persoa do singular dos perfectos da segunda e terceira conxugacións (colliches, partiches).•En terras do leste da Coruña e Pontevedra, occidente de Lugo e no sueste de Ourense rexístrase a presenza da gheada; no resto do territorio non.•No sur de Pontevedra e grande parte de Lugo e Ourense o pronome suxeito adopta a forma TU; na parte occidental do bloque é TI.

Bloque oriental

Está constituído polo galego exterior (occidente de Asturias, León e Zamora) e mais o falado no leste de Lugo e Ourense; as isoglosas que o delimitan son cas/cais en relación ao bloque central e pèdra, ròda/piedra, rueda en relación ás falas asturianas e leonesas.

Os fenómenos característicos deste bloque son os seguintes:

•Conservación de cua-, gua- (cuatro, gardar).•Ditongo oi (moito, coiro), ui (muito, cuiro, truita) ou ausencia

de ditongo (muto/mutio, truta/truita).•Formas caxa, baxar, faxa... no canto de caixa, baixar, faixa...•Terminación –ín por –iño, agás na parte sur deste bloque.•Plural en –is para os nomes finalizados en –N (cais, ladrois...).•Formas verbais incrementadas con –n (cantein, cantarein,

hein...).•Terminación –is (-i no imperativo) na segunda persoa do

plural (cantais, colleis, cantai, collei...).•Plural en –is para os nomes finalizados en –L (animais,

caracois...), agás no galego asturiano onde se fai en –LES (animales, caracoles...).

Se pinchas neste enlace irás á páxina web do Consello da Cultura Galega e atoparás unha dialectoloxía oral, con textos de diferentes xeracións de falantes, rexistrados entre mediados dos anos 70 e mediados dos 90 do pasado século. 

http://www.culturagalega.org/pruebas/anosafala/index.php

top related