valentin paz andrade
Post on 08-Jul-2015
1.792 Views
Preview:
TRANSCRIPT
1963
2012
VALENTÍN PAZ ANDRADE
AUTOR HOMENAXEADO LETRAS GALEGAS 2012
Valentín Paz Andrade naceu na parroquia pontevedresa de San Salvador de Lérez, o 23 de abril de 1898.
Casa onde naceu : “A casa do Cristo”
Se vas ao San Benitiño Non vaias ao de Paredes.Que hai outro máis milagreiroSan Benitiño do Lérez!
Estuda a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela onde coincidiu con Castelao, Vicente Risco, Villar Ponte… Empeza a exercecer a avogacía na Audiencia de Pontevedra.Anos máis tarde exercerá en Vigo
Fai os estudos primarios en Lérez e secundarios en Pontevedra
Antiga Universidade de Dereito
Igrexa da Peregrina
O 25 de xullo de 1922 sae a rúa o primeiro número do xornal GALICIA que dirixiu ata a súa desaparición en 1926 .Foi considerado un xornal moderno para a súa época . Incluía caricaturas de Castelao e artigos dos galeguistas máis importantes do momento Vicente Risco, Villar Ponte, Roberto Blanco…
Castelao
En Vigo dirixe a revista «Industrias Pesqueras» e colabora en «Industria Conservera», así como en xornais galegos, «El Pueblo Gallego», «La Noche», «El Faro de Vigo»... pero coa prohibición das autoridades militares de usar o seu propio nome.
Por motivos políticos e por escribir artigos nos xornais criticando aos gobernantes estivo no cárcere e tamén foi castigado a estar afastado (desterrado) do seu lugar de residencia en varias localidades de Ourense (Verín,Trives,Queixa)
No desterro en Ourense coñece a Pilar Rodríguez de Prada coa que casa e ten un fillo.
En 1960 fúndase en Vigo PESCANOVA. Valentín será o vicepresidenteO nome da compañía foi idea de Valentín, así como o nome dos primeiros barcos, todos com nomes de castelos galegos: Lemos, Andrade, Pambre, Doncos, Sobroso, Soutomaior, Vilalba e Vimianzo. O Lemos foi o primeiro conxelador do mundo
Participou en política e foi membro do PARTIDO GALEGUISTA. Nas primeiras eleccións da democracia (1977) foi elixido senador pola provincia de Pontevedra.
Mitin de propaganda galeguista en Sanxenxo. Paz-Andrade foi candidato nas eleccións constituintes de xuño de 1931 e participou na campaña pro autonomía para Galicia
Escribiu tamén poesía. O seu primeiro libro está adicado ao seu amigo Alfonso Rodríguez Castelao, e leva por título
«Pranto Matricial» (1954).
Máis tarde escribiu
«Sementeira do vento»(1968) e «Cen chaves de sombra» (1979)
"O que todo galego choraría"
CHORA, TERRA, TEU PRANTO
das augas, e dos eidos, e dos ares,
as vivas páreas cósmicas da raza,
en mantelo de brétemas envoltas,
que noso fin ao noso orixe ligan.
Deita nas áurias leiras do hourizonte
labradas de solpores e de abrentes,
en adoas de luz a debullarse,
as sementes feridas de túa door.
Arpa de nobres cordas esquecidas,
ceiba teu son no curazón retido,
e fai acordes en total latexo
almas, paxaros, rios e paisaxes.
TRIADAS DO VENTO NO MARVerde vento polas leirase vento azul polo mar,panos da mesma bandeira.
Quen fora vento, meu mare sobre o teu lombo brandopuidera o corpo deitar!Quen fora o vento poboadode polen e de cantigase malvises namorados!
Quen fora o vento que rubea refrescar as estrelasdespois de folgar coa nube!Quen fora xinete aladode ardor e de vidro feitosobre das olas montado!
CANTIGA MATINAL DE SAMIL
A cabalo da mañáteño unha baranda nova,para escoitar a riveiranade luces de cada aurora.
Bañado na onda do maree peneirado na brisa
entre as palmas do mencerentrou encoiros o día.
A gasa da néboa ao luscoten remendos amarelos,
que lle botan á mañáas roupas dos bolicheiros.
CANTARELA DO CAMIÑANTE
As bruxas de Vozqueimado
deixan as vasoiras fóra,
para tornar enmeigado
ao que camiña a deshora.
Lobo na sombra enfoulado
que cando aos vultos oubeas
pos o silencio esgazado,
feito farrapos de teas.
Ingresa na RAG en febreiro de 1978
Falece en Vigo o 19 de maio de 1987 con 89 anos. Sendo enterrado, cuberto coa bandeira galega, no cemiterio de Lérez (Pontevedra ).
FIN DA PRESENTACIÓN
GRAZAS POLA TÚA ATENCIÓN
BIBLIOTECA “CEIP CASTRO DE OURO”Pepe Yanes
top related