val do navea

Post on 15-Apr-2017

101 Views

Category:

Education

3 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

PAISAXE PROTEXIDAVal do Navea

Un espazo que inclúe o Val do río Navea desde un pouco máis adiante do remate do encoro de Guístolas ata a altura de Navea, un pouco antes do encoro da Ponte Nova.

SITUACIÓN: centro-norte da provincia de Ourense.SUPERFICIE: 691 ha CONCELLOS: San Xoán de Río e A Pobra de Trives.DATA DECLARACIÓN:3 de decembro de 2008VALORES NATURAIS:Paisaxes espectaculares de canóns e fragas cunha rica biodiversidade.Ten unha grande importancia como corredor biolóxico entre a Macizo Central e o sistema fluvial Miño-Sil.

Río

Bib

ei

Río Navea

CLIMAOceánico de montaña e con matices mediterráneos nas zonas orientadas ao sur.

RÍO NAVEAO río (nun comezo chamado Queixa) recolle as augas de varios regos que nacen na Serra de Queixa, Montes do Samión e serra de San Mamede que conflúen no encoro de Chandrexa de Queixa. Máis abaixo circula entre as Serra do Burgo e Queixa facendo fronteira en grande parte do seu percorrido entre A Pobra de Trives, Chandrexa de Queixa e San Xoán de Río. Xúntase co Bibei nas proximidades da súa desembocadura no Sil. Está afectado por dous encoros: Chandrexa e Guístolas. Unha grande parte do Navea discorre por profundos canóns e vales encaixados rodeados de fragas autóctonas de grande interese ecolóxico e paisaxístico.Está protexido neste espazo entre os dous encoros.

Canón do Navea en San Xoán de Río

Canón do Navea e Ponte da estrada vella

REGO DAS CABANAS, un afluente do Navea que baixa da serra das Cabanas.

REGO LENTELLOS, un afluente do Navea no interior da Fraga de San Xoán de Río.

XEOLOXÍAA paisaxe é característica dun val fluvial no que o río discorre fortemente encaixado entre grandes unidades montañosas (ao norte a serra das Cabanas e ao sur a serra de Queixa)

As rochas máis comúns son as lousas, os xistos e as cuarcitas.

Ao longo dos séculos a acción erosiva das augas e os episodios fríos do Cuaternario, modelaron e configuraron este val.

Cume do Cerengo e caída cara ao Navea, no linde do espazo protexido

FLORAAs abruptas ladeiras aparecen cubertas na actualidade por herbazais, matogueiras e amplas áreas dominadas por bosques autóctonos, que se corresponden con diversos tipos de hábitats de interese comunitario.

A altitude e a pendente determinan que os bosques naturais do Navea conformen un ecosistema singular, persistindo grandes superficies ocupadas por fragas nas que predominan os rebolos (Quercus pyrenaica), carballos (Quercus robur) e castiñeiros (Castanea sativa), acompañados de bidueiros (Betula alba), abeleiras (Corylus abellanea), ameneiros (Alnus glutinosa), pradairos (Acer pseudoplatanus), salgueiros (Salix spp.), cerdeiras bravas (Prunus avium). Tamén existe unha importante superficie ocupada por soutos, bosques seminaturais de castiñeiros (Castanea sativa).

Os cambios na vexetación fan que a paisaxe adquira distintos matices que varía en cada época do ano. O outono pon de relevo as distintas especies de árbores.

Mestura de especies atlánticas e mediterráneas

Rebolos

Follas de rebolo

Follas de carballo

Follas de castiñeiro

Salgueiros

Tamén existe unha importante superficie ocupada por soutos, bosques seminaturais de castiñeiros (Castanea sativa) nos que se atopan algúns exemplares destacados.

A Fraga (San Xoán de Río)

A Fraga (San Xoán de Río)

A Fraga (San Xoán de Río)

A Fraga (San Xoán de Río)

Pena Folenche (A Pobra de Trives)

Varias rutas permiten percorrer as fragas e soutos na contorna do encoro de Guístolas ou na zona de San Xoán de Río e a Pobra de Trives.

PUNTOS DE INTERESE

Pena Folenche (A Pobra de Trives)

Ponte Navea, construción medieval sobre outra antiga romana (entre Trives e San Xoán de Río).

Miliario romano da Vía Nova ou Vía XVIII do itinerario de Antonino ao seu paso por San Xoán de Río.

Fotos e montaxe: Adela Leiro, Mon DaportaDecembro 2016

top related