unidade 4 a_luz_e_o_volume
Post on 11-Jul-2015
34 Views
Preview:
TRANSCRIPT
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
UNIDADE 4:
A LUZ E O VOLUME
PROFESORA: Sara Estarque Moreno
MATERIA: Educación Plástica e Visual
CURSO: 3º da ESO
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
OBXECTIVOS DA UNIDADE
• Recoñecer a influencia das luces e sombras sobre obxectos sólidos e distinguir os tipos
de luz, a dirección e a calidade.
• Recoñecer e comprender a capacidade expresiva dos distintos tipos de luz
• Recoñecer, comprender e saber empregar as direccións da luz coma elemento expresivo
en fotografías.
• Comprender a relación entre a luz e a cor.
• Comprender e recoñecer o tipo de luz, a calidade, a dirección e a intensidade en obras de
arte contemporáneas.
COMPETENCIAS DA UNIDADE
• COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA.
◦ Identificar e recoñecer o tipo de luz, a súa intensidade e dirección en producións
artísticas como recurso expresivo, así como saber empregalas en producións propias.
◦ Comprender os valores estéticos das manifestacións artísticas doutras épocas e
culturas.
• AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL.
◦ Tomar decisións de xeito autónomo e avaliar os resultados antes e despois da toma
de decisións tanto durante o proceso creativo tanto persoal en grupo.
◦ Establecer estratexias de planificación, previsión de recursos, de anticipación e de
avaliación do resultados
• COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ.
◦ Traballar en equipo con actitudes de respecto, tolerancia e cooperación, valéndose
das habilidades sociais.
• COMPETENCIA EN APRENDER A APRENDER.
◦ Reflexionar sobre os propios procesos de creación.
• TRATAMENTO DA INFORMACIÓN DIXITAL.
◦ Facer uso dos recursos tecnolóxicos para a procura de información sabendo
discriminar, organizar e sintetizar a información relevante.
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
◦ Empregar as tecnoloxías como medio de comunicación que facilite e proceso de
ensinanza-aprendizaxe.
• COMPETENCIA MATEMÁTICA.
◦ Desenvolver o gusto pola certeza e a súa busca a través do razoamento mediante a
utilización de elementos e soportes matemáticos: resolución de problemas.
• COMPETENCIA NO COÑECEMENTO E INTERACCIÓN CO MEDIO FÍSICO.
◦ Observar, experimentar e descubrir o emprego dos conceptos relacionados coa luz na
arte e nas creacións propias.
◦ Facer un bo uso dos materiais de traballo, reciclando sempre que sexa posible e
mantendo o entorno limpo e ordenado.
• COMPETENCIA NA COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA.
◦ Expresarse correctamente incorporando o vocabulario específico sobre a luz, a súa
intensidade, a súa dirección e a súa calidade, explicando as investigacións e traballos
feitos aos compañeiros.
◦ Comunicar sentimentos, ideas ou emocións empregando a comunicación visual.
SECUENCIACIÓN DO TRABALLO NA UNIDADE
• Do 3 de febreiro ao 13 de febreiro: Conceptos e exercicios rápidos persoais de concepto.
• O 13 de febreiro: exame.
• O 27 de febreiro: recuperación se fose preciso.
• O proxecto cooperativo desta unidade e a anterior terá coma tema o mar, igual que o
tema do entroido do centro e coma obxectivo último decorar os corredores do colexio.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA UNIDADE
• Diferenciar as calidades da luz artificial e a luz natural.
• Percibir as direccións da luz en reproducións artísticas e en fotografías de obxectos.
• Recoñecer a calidade da luz en diferentes manifestacións artísticas e saber comprender a
expresividade que representa.
• Aplicar correctamente a dirección da luz en fotografía para realizar autorretratos.
• Aplicar conceptos sobre luz e cor na creación de grupo cooperativo.
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
A LUZ E O VOLUME.“A beleza é o acordo entre o contido e a forma”, H. J. Ibsen (1828 – 1906)
Que quere dicir esta afirmación?
Correspóndese co que ves nesta imaxe?
Como cres que inflúe a luz nesta composición?
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"Éxtase de Santa Teresa", Gian Lorenzo Bernini, 1652
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
Como inflúe a luz en cada unha destas obras?
Sabes de onde provén a luz en cada caso?
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"Museo Guggenheim", Bilbao, Frank O. Gehry, 1997 "Cosiendo la vela", Joaquín Sorolla, 1896
"O Augador de Sevilla", Diego de Velázquez, 1620"Mademoiselle Pogany II", Constantin
Brancusi, 1920
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
A LUZ COMO ELEMENTO EXPRESIVO.
A Luz.
A luz permítenos distinguilos obxectos dentro dunha composición (plástica, xa sexa un
cadro, unha escultura ou unha instalación ou arquitectura), illándoos grazas ao xogo de luces e
sombras que xera. A luz inflúe directamente sobre como vemos unha peza, determinando os
elementos principais, as distancias, a orde coa que nos achegamos aos elementos. A luz
enriquece a composición por se un dos elementos expresivos máis importantes. A luz, xunto coa
cor, xera ambientes, espazos, e efectos espaciais, podendo variar totalmente o significado da
obra se a alteramos.
Tipos de luz.
A primeira clasificación que podemos facer da luz que ilumina unha obra artísticas é a
súa procedencia. Así temos:
• Luz natural : que é aquela que provén do sol. É a máis intensa e ten coma
característica principal a súa fugacidade. A
luz do sol non mantén a súa intensidade nin
a súa posición posto que depende de moitos
factores coma a hora do día, a época do ano
ou o tempo que faga ese día. Non imos ter a
mesma iluminación pola mañanciña que
pola tarde, non só pola inclinación do sol
senón tamén pola súa intensidade. E, polo
mesmo, non é o mesmo o sol de verán que o de inverno ou o dun país temperado que un
país da zoa ecuatorial.
• Luz artificial : e aquela luz que provén de
calquera tipo de fonte de luz artificial, dende
unha lámpada ata un foco profesional.
Diferenciase da luz natural en que aínda que
non pode chegar nunca a intensidade do sol
permítenos un total control sobre a súa
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"Morning sun", Edward Hopper, 1952
"Hotel room", Edward Hopper, 1931
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
dirección, intensidade, calidade. Incluso podemos empregar moitos puntos de luz para
iluminar unha mesma escena.
A luz e as Claves Tonais.
As claves tonais da luz dunha obra é a análise da luminosidade dunha obra. As cores
dunha obra amosan o tipo de luz que ilumina unha obra, así, cando falamos das claves tonais
estámonos referindo a como de clara ou escura, canta luz ou sombra ou que tipo de contraste
lumínico ten esta. Tendo isto en conta podemos clasificar as obras en:
Clave tonal alta.
É aquela composición na que predominan as cores claros e os brancos. En xeral as
composicións de clave tonal alta adoitase colocar algún elemento ou plano pequeno de cor
escuro acentúe o contraste e potencie o efecto de claridade. O efecto visual deste tipo de
composicións é delicado e suave cando se traballa con luces suavizadas e calor, forza ou certa
agresividade cando as luces son duras e fortes.
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"Wanderer above the fog", Caspar David
Friedrich, 1818.
"People in the sun", Edward Hopper, 1960.
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
Clave tonal media.
É aquela composición na que as luces e as
sombras están en igual proporción sen predominar
ningunha sobre a outra. Non ten luces intensas nin
demasiado claras ou escuras. Son composicións máis
relacionadas con expresións sereas ou tranquilas.
Clave tonal contrastada.
Son composicións nas que se combinan
luces de luminosidades moi altas e moi baixas e o
mantendo un equilibrio visual semellante ao
equilibrio visual que empregamos para as cores
complementarias. Adoitan ser composicións nas
que hai unha parte iluminada cunha fonte de luz
intensa facendo que os escuros aumenten a súa
sensación de profundidade e as cores claras se
vexan aínda máis próximas ao espectador. A
expresión destas composicións tende a ser próxima á soidade, o dramatismo e o misterio.
Clave tonal baixa.
Falamos de clave tonal baixa cando estamos
ante unha composición na que a escena está pouco
iluminada, as luces son moi baixas e pouco intensas e
dominan as sombras. As contornas das formas neste
tipo de composición pérdense na masa escura e
produce unha sensación de soidade, misterio.
dramatismo ou tristura coma nas contrastadas só que
neste caso a expresión é moito máis intensa.
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"Eleven A.M.", Edward Hopper, 1926
"Nighthawks", Edward Hopper, 1942
"Night windows", Edward Hopper, 1928
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
As calidades da luz.
As calidades da luz, coma as das cores son aquelas características que podemos
identificar nas luces e que nos permiten diferenciar un tipo de luz doutro tipo de luz. Segundo
como traballemos coas luces e como as modifiquemos podemos variar a aparencia das cousas
ou escenas. De entre as características que podemos analizar a máis importante é a dirección da
luz.
A dirección da luz.
Cando falamos da dirección da luz estamos referindo á posición na que se sitúa a fonte
de luz respecto ao obxecto ou escena iluminada. Cada dirección da luz está relacionada con
diferentes expresións, así que os artistas a empregan para potenciar as súas obras. As principais
direccións da luz son:
Luz frontal: neste caso a fonte de luz sitúase fronte ao elemento iluminado. Reduce a
sensación de volume xa reduce os matices. A luz frontal alixeira a composición sobre todo cando
a luz e moi intensa na que a composición chega a ter unha sensación de certo esvaecemento.
Luz lateral: son composicións nas que a
fonte de luz está situada a un lado do obxecto
iluminado. Este tipo de iluminación destaca o
relevo e os matices de aquelo que iluminemos.
Son composicións nas que hai moitas sombras e
xera unha certa sensación de modelaxe suave das
formas, cando a luz non é moi forte, ou de fortes
contrastes cando si que é moi intensa.
Luz cenital: nunha composición
iluminada por unha luz cenital a fonte de luz
sitúase sobre o obxecto iluminado, perpendicular
a el. A sombra do obxecto, nestes caso queda
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
Direccións da luz.
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
debaixo del, producindo unha certa sensación de achatamento do elemento e unha certa
deformación debido a que as sombras caen cara abaixo.
Contraluz: son aqueles casos nos que a fonte de luz sitúase detrás do obxecto
iluminado reducíndoo a unha sombra. Recorta as formas presentes na composición e o fondo
está iluminado. As formas abstráense e da unha certa sensación de misterio.
Intensidade da luz.
A intensidade da luz refírese a como de forte ou suave/matizada é a luz dunha escena á
marxe de onde veña esta ou a súa orixe. A intensidade da luz vai influír, entre outras cousas, na
dureza dos contrastes, ou na sensación de calor ou frialdade xeral da obra. Así podemos
distinguir entre:
Luz dura: é a luz que procede dun foco de
luz intensa, que xera zonas de máxima iluminación
con sombras escuras e recortadas. Son
composicións nas que as cores vense moi intensas e
saturadas e na que hai grandes contrastes de cor e
luminosidade entre as zonas de luz e as de sombra.
A intensidade destas luces da sensación de calor, as
veces de calor abafante ou incluso de cegamento.
Luz suave: Son composicións nas que a
luz provén dunha fonte de luz extensa e
peneirada. Este tipo de iluminación diminúe a
sensación de volume das formas que se ven
suavizadas nos seus matices e nas súas cores. O
contraste entre as partes iluminadas e as zonas
de sombra son moi tenues, as veces case
inexistentes. As cores vense menos intensas polo
que moitas veces estas composicións dan unha
certa sensación de levedade, de ser etérea, pode chegar a transmitir un certo misterio.
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"The lighthouse of two lights", Edward Hopper,
1929
"Rocky reff on the sea shore", Caspar David Friedrich,
1824
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
CRÉDITOS DAS IMAXES
“Éxtase de Santa Teresa”, Gian Lorenzo Bernini, 1652:
http://es.wikipedia.org/wiki/Éxtasis_de_Santa_Teresa
“Museo Guggenheim”, Bilbao, Frank O. Gehry, 1997:
http://yennifer-arquitectura.blogspot.com.es/
“Mademoiselle Pogany II”, Constantin Brancusi, 1920:
http://crfashionbook.com/post/66390975379/brancusi
“Morning sun”, Edward Hopper, 1920:
http://www.nytimes.com/2007/05/04/arts/design/04hopp.html?pagewanted=all
“Hotel room”, Edward Hopper”, 1931:
http://docuhistorias.wordpress.com/2010/09/26/lecturas-en-la-habitacion-del-hotel/
Direccións da luz:
http://www.chrislanephoto.com/blog/2010/08/10/the-importance-of-lighting-direction-
for-tone/
“The lighthouse of two lights”, Edward Hopper, 1929:
http://www.wikipaintings.org/en/edward-hopper/lighthouse-at-two-lights-1929
“The rocky reff on the sea shore”, Caspar David Friedrich, 1824:
http://www.backtoclassics.com/gallery/caspardavidfriedrich/rockyreefontheseashore/
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
top related