teseo e o ciclo cretense

Post on 30-Jun-2015

996 Views

Category:

Education

6 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Principais trazos de Teseo e o ciclo cretense: nacimento do Minotauro, enfrontamento de Teseo co Minotauro, o labirinto de Minos...

TRANSCRIPT

TESEO E O CICLO CRETENSE•

Teseo era fillo de Etra e Exeo, rei de Atenas. Segundo outras versións, o seu pai era Poseidón.

Despois de enxendrar ao seu fillo, Exeo tivo que fuxir, deixando as súas sandalias e espada agachadas debaixo de unha rocha.

Cando Teseo medrou, desenterrou estes obxectos e dirixíouse

á

corte de Exeo, en

Atenas. Tras unha viaxe na que tivo que enfrontarse e matar a varios bandidos, foi recoñecido polo seu pai grazas

á

espada.

O CICLO CRETENSE: Europa

Zeus rapta a Europa transformado en touro e únese a ela na illa Creta.

Da unión nacen tres fillos: Minos, Sarpedón e Radamantis

O CICLO CRETENSE: Minos

Minos

solicita un prodixio aos deuses para poder reinar el so na illa. Posidón

envíalle

un touro coa condición de que llo sacrifique despois.

Minos

non cumpre a súa promesa e Posidón

castígao facendo que a súa muller, Pasifae, se namore do touro.

O CICLO CRETENSE: Pasifae

Dédalo, inventor ateniense, axuda a Pasifae

a unirse ao

touro, facéndolle unha vaca de madeira oca para que se meta nela.

Pasifae

consegue o seu propósito e así

nace o Minotauro,

ser monstruoso metade home, metade touro

O CICLO CRETENSE: O Minotauro

Minos

manda encerrar ao Minotauro

nun labirinto, que constrúe Dédalo.

Minos

esixe a Atenas o envío de sete parellas de mozos cada ano para ser devoradas polo Minotauro

O CICLO CRETENSE: Teseo

Teseo, fillo do rei Exeo de Atenas, embárcase voluntario coas víctimas para tentar liberalas do Minotauro.

Unha vez en Creta seduce a Ariadna, filla de Minos

e consegue a súa axuda para poder saír do labirinto

O CICLO CRETENSE: Teseo

Teseo

loita contra o Minotauro, vénceo e sae do labirinto gracias ao novelo de Ariadna.

O CICLO CRETENSE: Ariadna

Teseo

Fuxe con Ariadna cara Atenas, pero abandónaa a medio camiño, na illa de Naxos

O CICLO CRETENSE: Ariadna

Unha vez abandonada, Ariadna consólase casando co deus Dioniso

O CICLO CRETENSE: Exeo

Exeo, rei de Atenas e pai de Teseo, pedira ao seu fillo que se volvía victorioso de Creta, izase velas brancas no navío.

Teseo

esqueceuno. Exeo, ao ver arribar o barco con velas negras botouse ao mar e morreu. Este mar, Exeo, toma del o seu nome.

O CICLO CRETENSE: Dédalo e Ícaro

Dédalo, o constructor do labirinto, foi encerrado nel xunto co seu fillo Ícaro

por Minos.

Dédalo ideou unhas as de cera para fuxir. Aconsellou ao seu fillo que non voase nen

moi alto nin moi baixo.

O CICLO CRETENSE: Dédalo e Ícaro

Ícaro, desoíndo os consellos do seu pai, achegouse demasiado ao sol, polo que a cera derreteuse e Ícaro

caeu

ao mar.•

Foi enterrado nunha illa próxima, que de recibiu o nome de Icaría

top related