teatro interxeneracional

Post on 15-Mar-2016

217 Views

Category:

Documents

2 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Teatro a cargo do grupo de maiores "Vilaboa", do concello de Culleredo

TRANSCRIPT

Hola, nenos e nenas! Benvidos ao nosobosque!

Estade atentos, que está a piques de acontecer algo importante…

Velaí os pais do noso protagonista. Son dousmerlos que agardan a que naza o seu filliño.

“Corre! Ven axiña! Está a piques de nacer o nosomerliño!”

“Xa teño ganas de velo! O meu merliño negro, de

cabeza negra, ollos negros, plumas negras, ...”

Shhh! Silencio! O merliño está a saírdo cascarón!

“Papá, mamá! Xa estou eiquí!”

“Pero esto que é? Ti non es un merlo negro!”

_“Xa cambiará, espera a que medre”_ “Que vou esperar! Esto non é un merlo! Vaiavergoña, un fillo branco!”

“Buaaa! Semella que sendo branco non podo ser un merlo. Hei marchar para averiguar quen son.”

Non esteas triste, merliño, que todo vaisearreglar!

O noso merliño deu cunha gaivota, e tentouaprender dela…

…pero a pesca non se lle daba moi ben.

Máis tarde, atopou a unha cotorra…

…pero eso de falar e falar sen parar era moicanso para el.

O flamenco díxolle que tiña que medrar…

… mais, non é tan fácil estirar de golpe.

Así que o noso merliño pensou que non poderíaseguir así, sen saber quen era, e sentíuse moi triste.

“Non te preocupes” dixo o boítre! “Eu estareiaquí por se morres”.

O merliño continuou a súa busca…

…e coñeceu á pomba mensaxeira .

“Que cansa estou!” dixo a pomba. “Toma, fai ti o reparto.”

“Que é esto?Premio especial para quen atope a un merlo

branco!”

“A un merlo branco dixeches? O meu merliño é branco. Teño que atopalo”.

Namentras, o merliño branco dera coa solución aoseu problema. Todo tiznado por terse metido nunha

cheminea, agora xa parecía un merlo negro.

“Agora sí que son un merlo. Ninguén poderánegalo!”

“Un merlo negro de cabeza negra, ollos negros e plumas negras.”

“Pero ti que fixeches, rapaz. Ti non eras branco? Adeus ao meu premio. Teño que facer algo. Irei ao

muíño.”

“Hala, xa está! Eiquí tendes un merlo branco. Solucionado. Pero…, agora ponse a chover. Esto

non pode ser!”

“Volvo ser negro! Vaia sorte a miña! Quedei senpremio e sen fillo!”

“Sen fillo non, papi! Aquí estou , branco de novopor mor da chuvia.”

“Meu filliño! Por fin! Branco ou negro, que máische ten! Ti es ti porque naciches así; e así é

como te queremos.”

“Daquela, é certo que son un merlo! As miñasplumas son brancas, pero iso non é importante.

Eu son un merlo, e agora son feliz!

E así remata esta historia, tal e como vola contamos agora.

Adeus! Ata a próxima!

top related