taxas demograficas
Post on 11-Jul-2015
824 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Como se estuda
a poboación?
Modificado por Miguel Carricoba a partir dunha presentación de Isabel Aguña
Que é a demografía?
É a disciplina que estuda a composición e a evolución das poboacións.
Para o seu estudio, utilízanse índices estatísticos (taxas). Os máis empregados son: Taxa de natalidade
Taxa de fecundidade
Índice de fecundidade
Taxa de mortalidade
Taxa de mortalidade infantil
Esperanza de vida
Taxa de natalidade É a relación que hai entre o número de
nacementos ocorridos nun certo período e atotalidade de poboación.
TBN = (nacidos vivos / poboación total) x 1000
• Calcúlase dividindo o número denacidos vivos nun ano polapoboación total dese año.• Exprésase en ‰ (tantos pormil).
Taxa de fecundidade
A fecundidade indícanos a media de fillos que teñen as mulleres nun lugar.
Mídese coa taxa de fecundidade,que relaciona o número de nenosnacidos co número de mulleres queestán en idade de procrear (15-49anos). Esta taxa mídese en númerode fillos por muller.
Taxa de mortalidade É a relación que hai entre o número de
falecidos nun certo período e a totalidade de poboación.
• Calcúlase dividindo onúmero de mortos nunano pola poboación totaldese año.• Exprésase en ‰(tantos por mil).
TBM = (Número de mortes/poboación total) x 1000
A mortalidade infantil
Fai referencia ao número de falecidos menores dun ano nunha poboación.
Exprésase tamén en ‰ (tantos por mil).
Crecemento vexetativo
É a diferenza entre o número de nacementos e de defuncións nunha poboación.
Nacementos - Defuncións
Tcv = ------------------------------------- x 100
Poboación total
Tamén se pode calcular a partir das taxas de natalidade e mortalidade:
Tcv= (Taxa de Natalidade – Taxa de mortalidade) x 10
• Exprésase en % (tantos por cen)
A esperanza de vida
Son os anos que se calculan que pode chegar a vivir un recién nacido.
Calcúlase coa media da cantidade de anos que vive unha determinada poboación nun certo período de tempo.
Sóese dividir en masculina e feminina.
top related