tarefas de competencia lectora e...inventa un nome divertido para as comidas que cociñaron o raposo...
Post on 02-Apr-2021
3 Views
Preview:
TRANSCRIPT
eee
LquLel
Tarefas de competencia
lectora
PRIM
ARIA3
O caderno Lequelé para 3.º de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada
e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. /
Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana María Guerra Cañizo.
Na súa elaboración participou o seguinte equipo:
Ánxela Carril Caldelas Irene Penas Murias
Afonso Toimil Castro
ILUSTRACIÓN
Ayesha L. Rubio David Sierra Listón
EDICIÓN EXECUTIVA
Afonso Toimil Castro
DIRECCIÓN DO PROXECTO
Ana María Guerra Cañizo
DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIA
Maite López-Sáez Rodríguez-Piñero
3
Las tareas de trabajo de este cuaderno permiten desarrollar las destrezas y habilidades necesarias para comprender todo tipo de textos: narraciones, cómics, textos informativos, instrucciones, poemas…
La mejora de la competencia lectora redundará positivamente en el aprendizaje de los alumnos y alumnas, los ayudará a desenvolverse en su vida cotidiana y despertará, además, su interés por la lectura.
As tarefas de traballo deste caderno permiten desenvolver as destrezas e as habilidades necesarias para comprender todo tipo de textos: narracións variadas, cómics, textos informativos, anuncios publicitarios, textos descritivos, poemas, textos teatrais…
A mellora da competencia lectora vai redundar positivamente na aprendizaxe dos alumnos e das alumnas, vai axudalos a desenvolverse na súa vida cotiá e, ao mesmo tempo, a espertar o seu interese pola lectura.
4
Índice TAREFA 1 FÁBULA O raposo e a cegoña . . . . . 8
TAREFA 2 POEMA Unha serea poeta . . . . . . . . 12
TAREFA 3 TEXTO DESCRITIVO Un animal moi curioso . . . . . . . . . . 14
TAREFA 4 CONTO Un reloxo do revés . . . . . . . 16
TAREFA 5 ANUNCIO Usa a auga con cabeza . . . . . . . . . . 20
TAREFA 6 CONTO POPULAR O camelo perdido . . . . . . . . . . . . . . . 22
TAREFA 7 POEMA O señor merlo . . . . . . . . . . . 26
TAREFA 8 CONTO O pitiño feo . . . . . . . . . . . . . . 28
5
TAREFA 9 CÓMIC Unha noite movidiña . . . . . 32
TAREFA 10 TEATRO O lobishome . . . . . . . . . . . . . 34
TAREFA 11 TEXTO INFORMATIVO Unha inventora excepcional . . . . 40
TAREFA 12 POEMA Menú . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 42
TAREFA 13 CONTO A vila sen cores . . . . . . . . . . . 44
TAREFA 14 NOTICIA Premio ao compromiso coa reciclaxe .. . 48
TAREFA 15 CONTO Baixo o chan . . . . . . . . . . . . .. 50
TAREFA 16 PANTALLA DE VIDEOXOGO Os viaxenios . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 54
TAREFA 17 RELATO MITOLÓXICO Hércules e Atlas . . . . . . . . . . . . . . . . . 56
TAREFA 18 POEMA A cabra barbuda . . . . . . . . . 60
TAREFA 19 CONTO Gora, unha rata de biblioteca . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 62
TAREFA 20 CONTO Tres estrelas . . . . . . . . . . . . . 66
6
Destrezas de comprensión lectora
TEXTOS NARRATIVOS
TARE
FAS Identificación
de personaxes, lugar, tempo…
Dedución e explicación
de significados
Interpretación da información
visual
Ordenación de secuencias
Análise de accións e recoñecemento
de detalles
Expresión de valoracións
e opinións
1 � � � � �
4 � � �
6 � � � �
8 � � � �
9 � � � �
13 � � � � �
15 � � � �
17 � � �
19 � � � � �
20 � � � � � �
TEXTO TEATRAL
TARE
FA Identificación de personaxes, lugar, tempo…
Dedución e explicación
de significados
Recoñecemento de trazos formais do xénero teatral
Ordenación de secuencias
Análise de accións e recoñecemento
de detalles
Expresión de valoracións
e opinións
10 � � � � �
7
TEXTOS POÉTICOS
TARE
FAS
Identificación de personaxes, lugar, tempo…
Dedución e explicación
de significados
Interpretación da información
visual
Identificación de trazos textuais: verso, estrofa…
Identificación de rimas e recursos
expresivos
Expresión de valoracións
e opinións
2 � � � � �
7 � � � �
12 � � �
18 � � � �
TEXTOS INFORMATIVOS
TARE
FAS Identificación
do tema e da idea principal
Recoñecemento e análise
da estrutura textual
Interpretación da información
visual
Identificación de detalles
Interpretación da información
achegada
Expresión de opinións e xeración
de novos textos
3 � � � � �
5 � � � �
11 � � � �
14 � � � � �
16 � � � � �
8
O raposo e a cegoña
Un día, o raposo foi buscar a cegoña e, cando a atopou, díxolle moi amablemente:
–Irmá, é unha mágoa que, vivindo como vivimos tan preto un do outro, non sexamos máis amigos. Aceptarías vir mañá xantar á miña casa? Así poderiámonos coñecer un pouco mellor. Que me dis?
–Que tes toda a razón e que acepto a invitación de moi boa gana –respondeulle a cegoña contenta.
Ao día seguinte, á hora fixada, a cegoña acudiu á casa do raposo, que a recibiu con grandes mostras de alegría. A cegoña relambíase pensando no suculento banquete que, sen dúbida, a esperaba.
Despois dos saúdos, o raposo levou a súa amiga ata a mesa, onde non faltaba ningún detalle. A cegoña observou a comida: era unha crema boísima... Pero estaba servida nuns pratos chairos, moi pouco apropiados para o seu longo peteiro.
A cegoña, desconcertada, intentaba con todas as súas forzas coller a crema co peteiro. Pero éralle imposible!
TAREFA 1
O texto que vas ler a continuación é unha fábula. As fábulas son narracións protagonizadas por animais que falan e actúan coma se fosen persoas.
A fábula que vas ler nesta tarefa está protagonizada por unha cegoña e un raposo.
Antes de lela, pensa e contesta: Cres que os protagonistas se farán amigos?
9
COMPLETA O CONTO
Inventa un nome divertido para as comidas que cociñaron o raposo e a cegoña.
O raposo, en cambio, comía a súa ración moi a gusto e sen problemas. Mesmo deixou o prato relucente de tanto lambelo!
Daquela, a cegoña comprendeu que o raposo a convidara para burlarse dela e decidiu darlle unha lección.
Así pois, unha mañá a cegoña saíu ao encontro do raposo e díxolle:
–Quero devolverche o convite. Queres vir xantar hoxe comigo?
O raposo aceptou con gusto e acompañouna á casa. O xantar era realmente apetitoso: un guiso de carne que ulía tan ben que ao raposo facíaselle auga na boca. Hummm!
Pero había un pequeno problema: estaba servido nuns recipientes que tiñan un colo moi alto e moi estreito.
Co peteiro, a cegoña chegaba facilmente aos anacos de carne. En cambio, o raposo, por máis que estiraba e estiraba a lingua, non podía conseguir aquel manxar saboroso.
Finalmente, famento e de mal humor, o raposo tivo que renunciar.Daquela, a cegoña preguntoulle:–E logo non che gusta o meu xantar? Vexo que nin sequera o probaches.–A túa comida estaba exquisita –respondeu o raposo–. Pero só co aroma
alimenteime tanto que é imposible que dea comido un anaco.O raposo marchou da casa da cegoña enfadado e coa barriga baleira. Mentres se afastaba, a cegoña dixo:–Non che gustan as bromas, irmán? Pois así as fas, así as atoparás.
Fábula popular
10
1 Le e responde.
• Por que di o raposo que quere convidar a xantar á cegoña?
• É sincera a súa proposta?
• Que quere facer en realidade?
Como dirías que é o raposo? Pensa e comenta co compañeiro ou coa compañeira.
2 Que lle podería dicir a cegoña ao raposo para evitar a burla? Valora, recorta e apega.
Explica o porqué da túa elección e escoita o porqué das compañeiras e dos compañeiros. Despois de escoitar todas as explicacións, cambiarías a túa resposta? Por que?
Aceptarías vir mañá xantar á miña casa?
bromista
amable
falso
desconsiderado
espelido
burleiro
...
11
3 Escribe V se é verdadeiro ou F se é falso.
• A cegoña convidou o raposo a xantar para facer as paces.
• Para xantar, a cegoña preparou un guiso de carn e.
• O guiso estaba servido nun recipiente de colo baixo e largo.
• O raposo marchou da casa da cegoña farto e satisfeito.
4 Que outro refrán lle podería dicir a cegoña ao raposo ao final? Comenta coa clase e marca.
Quen non se fía non é de fiar.
Quen sementa ventos recolle tempestades.
Polo froito coñécense as árbores.
Quen non queira po que non vaia á eira.
5 Que característica das persoas podería representar cada animal nunha fábula? Elixe e escribe.
orgullo paciencia sabedoría lealdade preguiza cacholada afecto
Comproba se coincidiches, ou non, con outras compañeiras e compañeiros.
6 Inventa e escribe outro título para a fábula que liches.
7 Completa a Ficha de lectura da páxina 77, correspondente a esta fábula, e gárdaa no porfolio.
Así as fas, así as atoparás.
12
Unha serea poeta
Unha serea poeta aló, no fondo do mar, fai cantigas coas cunchas que ninguén sabe cantar.
Fai instrumentos de corda coas algas e os corais, belas pezas cristalinas que ninguén sabe tocar.
Escribe versos salgados nun caderno sen cesar. Versos cheos de dozura que ela quere recitar.
Unha serea poeta aló, no fondo do mar, fala sen dicir palabras por se a queren escoitar.
Antonio GArcíA teijeiro
1 Cantos versos ten o poema Unha serea poeta? Le, conta e arrodea.
• Ten 12 versos. • Ten 14 versos. • Ten 16 versos.
2 En que verso se nomean? Localiza e escribe o número correspondente.
Os poemas son textos literarios escritos en liñas curtas. Cada liña dun poema é un verso.
TAREFA 2
13
3 Que cousas fai a serea? Marca.
Fai cantigas coas rochas. Escribe versos doces.
Fala sen dicir palabras. Fai instrumentos de corda.
Corrixe coa clase as afirmacións que non marcaches.
4 Lembra e escribe o título dun libro que leses e que che gustase moito.
Por que che gustou tanto ese libro? Explícallo a un compañeiro ou compañeira.
5 Converte o seguinte texto nun poema de seis versos.
O pirata Caradura do seu conto escapou voando
e subiu ata a Lúa no seu barco dourado.
Cando chegou, díxolle: «Lúa, de ti estou namorado!».
O pirata namorado
Compara o teu poema cos do resto da clase. Coincide en todos os versos?
Porque contaba cousas graciosas.
Porque os protagonistas vivían
moitas aventuras.
...
Unha pista: verso si, verso non, acaban
de xeito semellante.
Porque a historia era misteriosa.
top related