sociedade medieval cultura cortes - usc.es · queda prohibida a duplicación total ou parcial desta...
Post on 07-Nov-2018
217 Views
Preview:
TRANSCRIPT
FACULTADE DE FILOLOXÍA
FACULTADE DE XEOGRAFÍA E HISTORIA
MÁSTER OFICIAL ESTUDOS MEDIEVAIS
EUROPEOS. IMAXES, TEXTOS E CONTEXTOS
Sociedade Medieval e
Cultura Cortés
Francisco Fernández Campo
Mª. Luz Ríos Rodríguez
Rocío Sánchez Ameijeiras
José António Souto Cabo
GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO
2017/2018
2
FACULTADE DE FILOLOXÍA. FACULTADE DE XEOGRAFÍA E HISTORIA
AUTORES: Francisco Fernández Campo, Mª. Luz Ríos
Rodríguez, Rocío Sánchez Ameijeiras, José Antonio Souto Cabo
Edición electrónica. 2016
ADVERTENCIA LEGAL: Reservados todos os dereitos. Queda prohibida a
duplicación total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio
(electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por
escrito dos autores.
3
1. DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA
-Nome e código: Sociedade Medieval e Cultura Cortés, P5091203.
-Tipo de materia: Optativa.
-Número de créditos teóricos e prácticos: A materia consta de 6 créditos
ECTS, equivalentes a 150 horas de traballo do alumno. Deste conxunto, 75 horas (50%)
dedicaranse a traballo dirixido polos profesores e as outras 75 horas (50%) a traballo
libre por parte dos alumnos. As horas de traballo dirixido distribuiranse en 45 de
actividades formativas presenciais (o que supón o 30% do traballo total) e 30 de
actividades dirixidas non presenciais.
-Cuadrimestre: 2º.
-Prerrequisitos recomendados: Capacidade para ler nalgunha lingua estranxeira de uso
común na produción científica.
-Profesores que a imparten (indicando a área de coñecemento a que están
adscritos). A materia será impartida por cinco profesores da Universidade de Santiago:
Dra. M.ª Luz Ríos Rodríguez (Área de Historia medieval) (1 crédito)
Despacho 25 (Facultade de Xeografía e Historia) Ext. 12620. marialuz.rios@usc.es
Dr. Francisco Fernández Campo (Área de Filoloxía Románica) (1 crédito)
Despacho 104 (Facultade de Filoloxía). Ext. 11792. franciscojose.fernandez@usc.es
Dra. Rocío Sánchez Ameijeiras (Área de Historia da Arte) (1 crédito)
Despacho 202 (Facultade de Xeografía e Historia). Ext. 12597.
mdelrocio.sanchez@usc.es
Dr. José Antonio Souto Cabo (Área de Filoloxía Galega) (2 créditos)
Despacho 224 (Facultade de Filoloxía). Ext. 22822. joseantonio.souto.cabo@usc.es
-Lingua(s) en que se imparte: Galego, Castelán.
-Horario e lugar de titorías. O horario que se estableza estará suxeito ás
obrigas académicas de cada un dos profesores; se houbera algún cambio, seralles
comunicado aos alumnos durante o desenvolvemento do curso.
Mª. Luz Ríos Rodríguez. Despacho 25 (Facultade de Xeografía e Historia).
Titorías: Martes e mércores: De 12 a 15 horas.
4
Francisco Fernández Campo. Despacho 104 (Facultade de Filoloxía).
Titorías: luns, martes e mércores, de 11:00 a 13:00 horas
Rocío Sánchez Ameijeiras. Despacho 202 (Facultade de Xeografía e Historia).
Titorías: mércores, de 9:00 a 15:00 horas.
José Antonio Souto Cabo. (Facultade de Filoloxía).
Titorías: venres, de 9:00 a 15:00 horas.
-Páxina web recomendada: http://www.usc.es/filrom/teaching/master/
-Calendario e horario detallado de clases (indicando lugar de impartición). As
clases impartiranse no Seminario de Historia da Arte. Facultade de Xeografía e
Historia.
Horario
Tema 1.- María Luz Ríos. Luns, 8 de Xaneriro: 18:30-20:30
Martes, 9 de Xaneriro: 18:30-20:30
Mércores, 10 de Xaneiro: 18:30-20:30
Tema 2.- Rocío Sánchez Ameijeiras. Luns, 15 de Xaneriro: 18:30-20:30 Martes, 16 de Xaneriro: 18:30-20:30
Mércores, 17 de Xaneiro: 18:30-20:30
Tema 3.- Francisco Fernández Campo.
Mércores, 31 de Xaneiro: 18:30-20:30
Luns, 5 de febreiro: 18:30-20:30
Martes,6 de febreiro: 18:30-20:30
Tema 4.- José Antonio Souto Cabo.
5
Mércores, 7 de febreiro: 18:30-20:30 Mércores, 14 de febreiro: 18:30-20:30
Luns, 19 de febreiro: 18:30-20:30 Martes, 20 de febreiro: 18:30-20:30
Mércores, 21 de febreiro: 18:30-20:30
Luns, 26 de febreiro: 18:30-20:30 Martes, 27 de febreiro: 18:30-20:30
Haberá un Viaxe de estudos todo o día. O desprazamento será de balde para os estudantes.
Día 28 de febreiro
2. SENTIDO DA MATERIA NO PROCESO FORMATIVO DO MÁSTER
A materia cobre un aspecto fundamental na cultura medieval, en canto trata as
principais características da cultura cortés, que se abordan desde diferentes parámetros.
Na materia ofrecerase, en concreto, una introdución histórica e a análise das
manifestacións escritas e visuais dos tópicos principais dunha cultura que, aínda que
nace na corte, non se circunscribe exclusivamente ao ámbito laico, senón que abarca
tamén o eclesiástico.
3. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DA MATERIA
-Potenciar un achegamento crítico ao fenómeno da sociedade estamental e aos
variados sistemas de construción dun ideario nobiliario tardomedieval.
-Dotar o alumnado dun achegamento crítico á figura do cabaleiro por medio de
exemplos que expresen a súa coraxe, virtude e honra.
-Potenciar un achegamento crítico ao carácter representacional das
manifestacións visuais relacionadas coa morte na sociedade tardomedieval.
-Dotar o alumnado de ferramentas críticas e de análise para abordar a
interpretación da literatura cortés, tanto na súa configuración amorosa como satírica.
-Dotar o alumnado de patróns analíticos na abordaxe do discurso visual sobre o
amor e a sátira na sociedade medieval.
-Potenciar no alumnado a conciencia da necesidade dun achegamento
multidisciplinar ao estudo da cultura cortesá tardomedieval.
-Potenciar no alumnado a reflexión crítica sobre a metodoloxía utilizada nos
estudos culturais tardomedievais.
4. CONTIDOS, TEÓRICOS E PRÁCTICOS
6
Tema 1. A sociedade feudal:
1.1. Concepción ideolóxica e realidade histórica.
1.2. Evolución e análise crítica dos cambios acaecidos na sociedade
baixomedieval.
1.3. A nobreza laica e os cambios na mentalidade, ideoloxía e función.
Tema 2. Amor e sátira na cultura visual medieval.
2.1. Tópica sobre o amor na cultura visual medieval: os espazos, os regalos, os
xestos, as metáforas orgánicas.
2.2. A sátira na Idade Media e a imaxinería marxinal: dos beirados das igrexas
ás marxes dos manuscritos
Tema 3. A cultura retórico- lingüística medieval.
3.1. Antecedentes clásicos greco-latinos.
3.2. Adaptación e recepción: as "poetriae" medievais.
3.3. As primeiras retóricas e poéticas románicas medievais. "De amore", de
Andreas capellanus.
3.4. Para unha nova poética e filosofía da linguaxe: Dante Alighieri, "De
vulgari eloquentia".
Tema 4. A adopción da lírica cortés no ámbito aristocrático galego e portugués.
5.1. A poesía medieval galego-portuguesa.
5.1.1. Panorámica xeral.
5.1.2. Puntos críticos. A reconstitución das coordenadas espacio-
temporais.
5.2. A situación socio-política dos reinos de Galiza e de Portugal entre 1157 e
1230.
5.2.1. As casas reais e a aristocracia da corte.
5.2.2. As grandes liñaxes: Braganças, Cabreras, Minervas, Travas,
Urgell, Vélaz etc.
5.2.3. O poder relixioso.
5.3. O panorama cultural.
5.3.1. Literatura e expresión artística. A cultura como emblema
político.
5.3.2. O problema das orixes da lírica galego-portuguesa. Hipóteses.
5.3.3. As redes sociais e a expansión do trovadorismo.
5.3.4. Outros aspectos da cultura literaria da aristocracia galega na
Idade Media.
5.4. Poetas e cabaleiros: Joam Vélaz, Joam Soarez de Paiva, Osório Eanes,
Pedro Pais Bazaco, Rodrigo Dias dos Cameros, Munio Fernandez de
Mirapeixe, Fernando Pais de Tamalhancos, Joam Soarez Somesso, Nuno
Eanes Cérceo, Airas Fernandez Carpancho, Pedro Garcia de Ambroa, Lopo
Lias.
7
5. BIBLIOGRAFÍA
Tema 1
Beceiro Pita, I. (dir.), Poder, piedad y devoción: Castilla y su entorno (siglos
XII- XV). Madrid: Silex, 2014.
Beceiro Pita, I.-Córdoba de la Llave, R., Parentesco, poder y mentalidad.
La nobleza castellana. Siglos XIII-XV, Madrid, CSIC, 1990.
Cardini, F., Alle radici Della caballería medievale. Firenze, 1997.
Correa Arias, F., A Casa de Andrade, 1160-1540. Nobreza,
mentalidade e ideoloxía na Galicia baixmedieval, Noia, 2009.
Dacosta, A., Los linajes de Bizkaia en la Baja Edad Media: Poder,
parentesco y conflicto, Universidad de Deusto, Servicio de Publicaciones, 2003.
Dacosta, A.-Prieto Lasa, J. R.-Diaz de Durana, J. R. (eds.), La conciencia de
los antepasados: la construcción de la memoria de la nobleza en la Baja Edad
Media, Madrid, Marcial Pons, 2014.
Duby, G., Guillermo el Mariscal, Madrid, 1985.
Fernández Suárez, G. F., La nobleza gallega entre los siglos XIV y XV. Los
Sarmiento, Condes de Ribadavia. Santiago de Compostela. El Eco Franciscano, 2002.
Fleckenstein, Josef, La Caballería y el mundo caballeresco. Madrid , 2006.
Franco Silva, A., La fortuna y el poder. Estudios sobre las bases
económicas de la aristocracia castellana (siglos XV-XVI), Cádiz, Servicio de
Publicaciones de la Universidad de Cádiz, 1996.
Gerbert, M. C., Las noblezas españolas en la Edad Media. Ss XI-XV, Madrid,
Alianza, 1997.
Heusch, C., Caballería castellana en la Baja Edad Media: textos y contextos,
Montpellier, Université de Montpellier III, 2000.
Keen, M., La caballería, Barcelona, Ariel, 2008.
Nieto Soria, J. M., Iglesia y génesis del Estado Moderno en Castilla 1369-1480,
Madrid, Editorial Complutense, 1994.
Pardo de Guevara y Valdés, E.J. De linajes, parentelas y grupos de poder:
aportaciones a la historia social de la nobleza bajomedieval. Madrid, 2012
Paredes Mirás, M. P., Mentalidade nobiliaria e nobreza galega. Ideal e realidade
na Baixa Idade Media, Noia, Toxos Outos, 2002.
Pizarro, Jose Augusto P. de Sotto Mayor. Linhagens medievais portuguesas:
8
genealogias e estratégias (1279-1325). Porto. Universidade do Porto, 1999
Porro, N. R. La investidura de armas en Castilla: del Rey Sabio a los Católicos.
Valladolid, 1998.
Quintanilla Raso, M. C., La nobleza señorial en la Corona de Castilla, Granada,
Universidad de Granada, 2008.
Rodríguez Velasco, J. Order and chivalry. Knightood and citizenship in Late
Medieval Castile. PennPress, 2010
Rodríguez Velasco, J. El debate sobre la caballería en el siglo XV: la tratadística
caballeresca castellana en su marco europeo. Valladolid, 1996
Scaglione, A. D. Knights at court: courtliness, chivalry, & courtesy from Ottonian
Germany to the Italian Renaissance. Berkeley, 1991
Varios autores. Discurso, memoria y representación. La nobleza peninsular en la
Baja Edad Media. Gobierno de Navarra, 2016 [en Internet:
http://www.navarra.es/NR/rdonlyres/DA399C57-3C97-4D44-B9D7-
1E81B9EF4A4D/350170/6megasSemanasMedievales_42_2.pdf ]
Viña Liste, J.M. Textos medievales de caballerías. Madrid, 1993
Tema 2
Jager, E., The Book of the Heart, London, The University of Chicago Press,
2000.
Bajtin, M., La cultura popular en la Edad Media y en el Renacimiento, Madrid,
Alianza, 1987.
Camille, M., The Medieval Art of Love. Objects and Subjects of Desire, New
York, Laurence King, 1988.
Camille, M., Image on the Edge. The Margins of Medieval Art, Harvard
(Cambridge), Harvard University Press, 1992.
Love, Sex and Marriage in the Middle Ages. A Sourcebook, edited by Conor
McCarthy, London, Routledge, 2004.
McIlwain Nishimura, M., Images in the Margins, Los Angeles, John Paul Guetty
Museum, 2009.
Randall, Lillian M. C., Images in the Margins of the Gothic Manuscripts,
Berkeley, University of California Press, 1966.
Stanbury, S., The Visual Object of Desire in Late Medieval England,
Philadelphia, The University of Pennsylvania Press, University Park, 2008.
Tema 3
9
A) Xeral:
Collado, J. A. (1973), Historia de la lingüística, Mangold, Madrid.
Hunt, R. W. (1980), The history of grammar of the Middle Ages, John Benjamins,
Amsterdam.
Mengaldo, P. V. (1978), Linguistica e retorica di Dante, Nistri-Lischi, Pisa.
Mounin, G. (1971), Historia de la lingüística desde los orígenes hasta el siglo XX,
Gredos, Madrid.
Renzi, L. (1982), Introducción a la filología románica, Gredos, Madrid.
Riché, P. (1979), Écoles et enseignement dans le Haut Moyen Âge, Aubier-
Montaigne, Paris.
Robins, R. H. (1974), Breve historia de la lingüística, Paraninfo, Madrid.
Viscardi, A. (1955), Preistoria e storia degli studi romanzi, Cisalpino, Milano-
Varese.
B) Edicións:
Arte de Trovar, de Enrique de Villena, F.J. Sánchez Cantón (ed.), Visor libros,
Madrid, 1993.
De Vulgari Eloquentia, en Dante Alighieri, Opere minori, P. V. Mengaldo et alii
(eds.), Ricciardi, Milano, 1979-88.
De vulgari Eloquentia: en torno a la lengua común, Dante Alighieri, M. Gil y M.
Rovira (eds.), Palas Atenea, Madrid, 1997.
Las flors del gay saber estier dichas las Leys d’Amors de Guillem Molinier,
Slatkine reprints, Genève, 1977.
Las leys d’Amors: Manuscrit de l’Académie des Jeux Floraux, J. Anglade (ed),
Johnson Reprint, New York, 1971.
Mirall de trobar de Berenguer d’Anoia, Jaume Vidal i Alcover (ed.), Publ. Abadía
de Montserrat, Barcelona, 1984.
The Donatz proensals of Uc Faidit, J. H. Marshal (ed.), Oxford Univ. Press, 1969
The Razos de Trobar of Raimon Vidal and associated texts, J. H. Marshall (ed.),
Oxford Univ. Press, 1972.
Torcimany de Luis d’Averçò, J. Mª Casas i Homs (ed.), Instituto Cervantes,
Barcelona, 1956.
Vers e regles de trobar de Jofre de Foixá, Ettore Li Gotti (ed.), Società
Tipografica Modenese, Modena, 1982.
Tema 4
10
Alvar, C., Poesía de Trovadores, Trouvères y Minnesinger (de principios del
siglo XII a fines del siglo XIII). Antología, Madrid, Alianza Tres, 1995.
Antonelli, R.-Sapegno, M. S., L’Europa degli scrittori. Storia, centri, testi della
letteratura italiana ed europea. 1a. Dalle origini al Trecento: la formazione del canone,
Milano, La Nuova Italia, 2008.
Arbor Aldea, M., “Voz e voces na lírica profana galego-portuguesa: de Airas
Moniz a don Afonso Sanchez”, La lirica romanza del Medioevo. Storia, tradizioni,
interpretazioni, a cura di F. Brugnolo e F. Gambino, Padova, Unipress, 2009, vol. II, pp.
531-558 (dispoñible en http://www.academia.edu).
Arias Freixedo, X. B., Antoloxía da lírica galego-portuguesa, Vigo, Xerais,
2003.
Beltrán, V., A cantiga de amor, Vigo, Xerais, 1995.
Boitani, P. et alii, Lo spazio letterario del Medioevo. 2: Il Medioevo volgare,
Roma, Salerno, 1999-2002, 5 vols.
Bologna, C.-Rocchi, P., Rosa Fresca Aulentissima. 1. Dalle origini a Boccaccio,
Torino, Loescher, 2010.
Brea, M. (coord.), Lírica profana galego-portuguesa. Corpus completo das
cantigas medievais, con estudio biográfico, análise retórica e bibliografía específica,
Santiago de Compostela, Xunta de Galicia-Centro de Investigacións Lingüísticas e
Literarias Ramón Piñeiro, 1996, 2 vols.
Brea, M.-Lorenzo Gradín, P., A cantiga de amigo, Vigo, Xerais, 1998.
Brea, M.-Rossell, A., El roman de Flamenca: novela occitana del siglo XIII,
México, Arlequín, 2010.
Cabana, D. X., Antoloxía do Doce Estilo Novo, Vigo, Galaxia, 2004.
Creixell Vidal-Quadras, I., De amore / Andreas Capellanus = Tratado sobre el
amor / Andrés el Capellán, Barcelona, Sirmio, 1990.
Di Girolamo, C., I trovatori, Torino, Bollati Boringhieri, 1989.
Luperini, R.-Cataldi, P., La scrittura e l’interpretazione. Storia della letteratura
italiana nel quadro della civiltà e della letteratura dell’Occidente. I. Dalle origini alla
letteratura umanistica e rinascimentale, Firenze, G. B. Palumbo & C. Editore, S. P. A.,
1999.
Lanciani, G.-Tavani, G., As cantigas de escarnio, Vigo, Xerais, 1995.
Le Goff, J., La civilización del occidente medieval, Barcelona, Paidós, 1999.
Lorenzo Gradín, P., “Ideal caballeresco y sátira personal en la lírica
gallegoportuguesa”, Cecco Angiolieri e la poesia satirica medievale. Atti del Convegno
11
Internazionale, Siena, 26-27 ottobre 2002, a cura di S. Carrai e G. Marrani, Firenze,
Edizioni del Galluzzo, 2005, pp. 159-195. 2008.
Manetti, R., Flamenca. Romanzo occitano del XIII secolo, Modena, Mucchi,
Miranda, J. C. Ribeiro, Aurs mesclatz ab argen. Sobre a primeira geração de
12
trovadores galego-portugueses, Porto, Guarecer, 2004.
Monteagudo, H., Letras primeiras. O foral do Burgo de Caldelas, os
primordios da lírica trobadoresca e a emerxencia do galego escrito, A Coruña,
Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2008.
Oliveira, A. Resende de, O Trovador galego-português e o seu mundo, Lisboa,
Notícias, 2001.
Riquer, M. de, Los trovadores. Historia literaria y textos, Barcelona, Planeta,
1975, 3 vols.
Souto Cabo, J. A., Os cavaleiros que fizeram as cantigas. Aproximação às
origens socioculturais da lírica galego-portuguesa, Niterói, Editora da UFF, 2012.
Tavani, G., Trovadores e jograis. Introdução à poesia medieval
galegoportuguesa, Lisboa, Caminho, 2002.
Corpora textuais-Bibliografía en rede
BEdT. Bibliografia elettronica dei Trovatori:
http://w3.uniroma1.it/bedt/-BEdT_03_20/index.aspx
BiRMED. Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval:
http://www.-cirp.es
Cantigas Medievais Galego Portuguesas:
http://cantigas.fcsh.unl.pt Corpus des troubadours:
http://trobadors.iec.cat/autors_d.asp
MedDB: Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa:
www.cirp.es
Rialto. Repertorio informatizzato dell’antica letteratura trobadorica e occitana:
http://www.rialto.unina.it/
Lucía Megías, J. M., Literatura románica en Internet. Los textos, Madrid,
Castalia, 2002.
Lucía Megías, J. M.-Vargas Díaz-Toledo, A. (coords.), Literatura románica en
Internet. Las herramientas, Madrid, Castalia,
2006.
6.COMPETENCIAS QUE SE DEBEN ACADAR
13
-Coñecemento por parte do alumnado das características básicas da sociedade
feudal e dos seus parámetros culturais.
-Coñecemento por parte dos alumnos da cultura cabaleiresca e da cultura
da morte relacionada cos cabaleiros na época medieval.
-Capacidade por parte do alumnado para coñecer as limitacións ou as
contradicións xurdidas da oposición tradicionalmente establecida entre cultura cortesá e
cultura clerical.
-Coñecemento das características esenciais da literatura medieval a través da
análise dos textos e autores máis representativos.
-Capacidade para identificar os tópicos referidos ao amor cortés.
-Coñecemento dos mecanismos de inversión do código cortés na literatura
satírica en lingua romance.
-Capacidade para analizar o discurso visual sobre o amor e os
códigos particulares da sátira na Idade Media.
-Manexo por parte do alumnado das novas metodoloxías de interpretación da
cultura visual tardomedieval.
-Fomento entre os estudantes da necesidade de proceder a unha abordaxe
interdisciplinar no estudo da cultura medieval.
7. METODOLOXÍA E RECURSOS
A materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas de traballo do
alumno. Deste conxunto, 75 horas (50%) dedicaranse a traballo dirixido polos
profesores e as outras 75 horas (50%) a traballo libre por parte dos alumnos. As
horas de traballo dirixido distribuiranse en 45 de actividades formativas presenciais
(o que supón o 30% do traballo total) e 30 de actividades dirixidas non presenciais.
As actividades formativas presenciais que se realizarán son as
seguintes:
1. Clases teóricas dedicadas á explicación e comprensión dos contidos obxecto
de estudo. Esas clases serán impartidas polos profesores. Para as explicacións
utilizaranse os recursos tecnolóxicos de apoio (audiovisuais e informáticos) oportunos.
2. Clases prácticas dedicadas á lectura de textos e á análise de obras de arte
medieval que sirvan de modelo dos contidos teóricos estudados, e clases prácticas
14
dedicadas ao traballo cos instrumentos necesarios para a actividade académica e
investigadora no ámbito dos estudos sobre sociedade feudal e cultura cortés.
Estas clases prácticas estarán dirixidas polos profesores, pero buscarán a participación
activa do alumnado, tanto no desenvolvemento e resolución de exercicios realizados
colectivamente na aula, como na preparación persoal fóra da aula dalgún exercicio,
para a posterior posta en común. Para as clases prácticas tamén se usarán os recursos
tecnolóxicos que poidan ser útiles.
3. Titorías individuais ou en grupo reducido para o seguimento do proceso
de aprendizaxe e para o seguimento, no seu momento, dos traballos que deben realizarse.
As actividades formativas non presenciais
incluirán:
1. Principalmente, o traballo autónomo do alumno, que este organiza persoal
e libremente para a correcta aprendizaxe dos coñecementos e para a adquisición das
competencias obxectivo da materia. Ese traballo necesariamente debe incluír síntese,
estudo e asimilación da información recibida, lecturas complementarias e procura de
nova información, elaboración de traballos,
etc.
2. Elaboración e redacción dun traballo de aplicación práctica dalgún aspecto tratado
na materia.
8. SISTEMA DE AVALIACIÓN
Para avaliar os resultados da aprendizaxe utilizaranse os métodos e criterios que a
continuación se detallan, e as cualificacións correspondentes indicaranse de acordo coa
lexislación vixente:
1. Avaliación continua; valorarase a participación activa e continuada do alumnado nas
actividades presenciais desenvolvidas. Suporá o 30% da cualificación total.
2. Realización dun traballo academicamente dirixido (dunha extensión máxima de
dez folios), que suporá o 70% restante da cualificación total. Valorarase a calidade da
redacción e do contido, que deberán reflectir o dominio dos principios
metodolóxicos básicos e o coñecemento dos contidos esenciais da materia.
O sistema de cualificacións empregado para valorar a aprendizaxe dos estudantes
expresarase mediante cualificacións numéricas, segundo o establecido no RD
15
1125/2003 de 5 de setembro.
O sistema de evolución será o mesmo en calquera das dúas oportunidades (maio e
xullo A data final de entrega dos traballos será o 2 9 de m a y o de 2018
para a primeira oportunidade e o 19 de xuño para a segunda. Deberase entregar
unha copia impresa a cada profesor.
Alumnos con dispensa oficial de asistencia a clases: serán evaluados pr un traballo
escrito individual (100%), indicado polos profesores da materia. Este sistema será de
aplicación nas dúas oportunidades posibles (Instrucción nº 1/2017 da Secretaría Xeral)
Nos traballos das materias debe evitarse toda forma de plaxio e, mesmo, de
autoplaxio. É dicir, non é lícito aproveitar partes duns traballos noutros aínda que
sexan da autoría do mesmo estudante.
Terase, xa que logo, especial vixilancia con esta práctica. Cando nun traballo se detecte
a copia literal (total ou parcial), dun parágrafo exacto ao escrito noutro traballo, porase
en coñecemento do estudante para que o modifique. No caso de que non teña en conta
estas indicacións, o traballo pode ser cualificado como Suspenso. En calquera caso,
queda sometida á decisión do grupo de profesores da asignatura a consideración dos
casos particularmente ambiguos.
9. OUTRAS INFORMACIÓNS DE UTILIDADE
ORGANIGRAMA DO DESENVOLVEMENTO DA
MATERIA
Cada profesor explicará na sesión de presentación da materia o cronograma de
desenvolvemento dos seus temas.
RELACIÓN DE TRABALLOS PROPOSTOS
Adxudicaranse os traballos tendo en conta os criterios dos profesores.
16
Criterios que deben seguirse para a realización do
Traballo monográfico individual
En función do tema da súa elección, cada estudante traballará baixo a tutela dun dos
profesores da materia, e dispoñerá de prazo ata o día que aparece fixado na guía docente
para entregar a versión definitiva do traballo escrito, que deberá aterse ás seguintes
pautas:
-Trátase dun traballo de iniciación á investigación, polo que ten que combinar as
observacións persoais co estado da cuestión sobre o tema.
-Resulta fundamental a observación atenta dos materiais obxecto de estudo.
-Non se debe abusar das citas bibliográficas extensas; é preferible recoller as
ideas principais e remitir ás obras en cuestión para completar a información.
-Extensión máxima: dez folios, en letra de corpo 12, con interlineado de 1,5
liñas (agás para as notas a rodapé, que irán en corpo 10).
-Bibliografía: ó final do traballo, seguindo un dos seguintes modelos:
a) Apelido, N. (ano), título, lugar: editorial. // Apelido, N. (ano), “título”, revista, vol.,
pp. // Apelido, N. (ano), “título”, título da miscelánea, lugar: editorial, pp.
b) Apelido, N., título, lugar: editorial, ano // Apelido, N., “título”, revista, vol., ano, pp.
// Apelido, N., “título”, título da miscelánea, lugar: editorial, ano, pp.
-Referencias bibliográficas no texto do traballo ou en notas a rodapé: abreviadas:
a) Apelido, ano: pp.; b) Apelido, tít.abrev., pp.
-Coidarase de xeito especial a redacción e a puntuación.
-Non pode faltar un índice ó principio do traballo, nin unha breve introdución
que explique os obxectivos que persegue, nin unha conclusión na que se dea conta dos
resultados acadados.
top related