sesión filosófica
Post on 17-Feb-2018
230 Views
Preview:
TRANSCRIPT
7/23/2019 Sesión filosófica
http://slidepdf.com/reader/full/sesion-filosofica 1/16
MEMORIA DA SESIÓN PRÁCTICA.
1.TRANSCRICIÓN DOS DIÁLOGOS.
Sesión filosófica.
Mestra:
-Imos a sentarnos correctamente nas nosas sillas, pechar os ollos e escoitar.
Escoitamos de fondo musical One last wish (BSO Casper) .
-Resulta relaxante,verdade?
Pois escoitade o que imos facer hoxe. Mergullarémonos nun marabilloso cadro dunha pintora brasileira chamada Tarsila do Amaral.
Diego:
-É amiga túa?
-Non, eu non a coñecín. Viviu hai moitos anos.
O que nos interesa é o seu cadro. Chámase “O pescador” e aínda que ten cor, imos a
velo en branco e negro, a ver que vos suxire. Lembrade que o que queira falar debelevantar a man, respectar o seu turno e o dos demais e nunca rirse do que digan osoutros nenos. Entendido?
Todos a coro:
-Si
Proxectase o cadro en branco e negro na PDI.
-Abride os ollos e observade o cadro.
Que é o que vós vedes no cadro?
Constante: (sen levantar a man)
-Casas.
-Recordade o que dixemos das normas.
Fran:
-Palmeras.
Leo:
-Casas.
Aitana:
7/23/2019 Sesión filosófica
http://slidepdf.com/reader/full/sesion-filosofica 2/16
-Algunhas pedras.
Candela:
-Unha muller.
Cristina:
-Árbores.
Constante:
-Algo que ten a señora na man.
-Que será?
Alba e Aitana:
-Unha cesta.
Fran:
-O lago.
Candela:
-Montañas.
Bea:-Algunha herba.
Algo máis?
Diego:
-Unha planta nas rocas.
Fran: (sen pedir a palabra)
-Eso non é algunha herba?
Diego: (sen pedir a palabra)
-Eso é unha alga.
Alba:
-Follas.
-Algo máis? (Silencio) Cando mirades o cadro en que vos fai pensar?
Diego:
7/23/2019 Sesión filosófica
http://slidepdf.com/reader/full/sesion-filosofica 3/16
-Vacacións.
-Solo vos fai pensar nas vacacións?
Constante: (Sen pedir a palabra)
-Na praia.
-Coidado coas normas.
Diego:
-En unha isla. En pescar.
- Vale, pero cada vez que digamos en que nos fai pensar debemos dicir por que.
Bea:
-No Nadal.
-Por que?
Bea :
-Por que podo facer bonecos de neve…..
- Cando ves o cadro pensas no Nadal porque podes facer bonecos de neve?
Bea:-Si.
-Ves a neve no cadro?
Bea:
-Si.
Aitana:
-En un país porque hai moitas cousas.
Diego:
No verán porque hai árbores e palmeras.
Candela:
-Nun pobo porque hai casas.
- Que foi o primeiro que vistes cando abristes os ollos e vos fixastes no cadro?
Diego:
7/23/2019 Sesión filosófica
http://slidepdf.com/reader/full/sesion-filosofica 4/16
-Pois, a agua.
Aitana:
-As casas.
Constante:
-A palmeras.
Leo:
-As montañas.
Bea:
-A agua.
Cris:
-Os árboles.
Candela e Alba:
-As palmeras.
Fran:
-As casas.-Que é o segundo que vistes?
Aitana.
-O río.
Cris:
-As casas.
Diego:
-Os árboles.
Bea e Fran:
-As palmeras.
Candela , Constante e Alba:
-As casas.
-Agora dicídeme , do que vedes, hai algo que vos chame a atención?
7/23/2019 Sesión filosófica
http://slidepdf.com/reader/full/sesion-filosofica 5/16
Diego:
-Que é o que está collendo esa persona?
-Eu non podo dicir, que é o que vos parece que colle?
Aitana:
-Pescado.
- Tendes que dicirme por que vos chama a atención?
Diego:
-Porque está na auga e non sei o que está collendo.
Constante:
-As palmeras porque nunca toquei unha.
Diego:(Sin pedir a palabra)
-Eu vin palmeras e toqueinas en Palma de Mallorca.
- Hai algo máis que vos chame a atención? Vedes eso todos os días?
Cristina:
-Si.- Abres a ventá todas as mañás e ves eso que está no cadro?
Cristina:
- Bueno o río non.
Diego:
-Pero en color.
-Non hai nada máis que vos chame a atención, logo.
Algúns:
-Non.
-Imos seguir logo. Cando mirades o cadro que historia pensades que nos conta.
Diego:
-Como era o tempo antes de que existira a tecnoloxía: o ordenador, a televisión, a
tablet……
7/23/2019 Sesión filosófica
http://slidepdf.com/reader/full/sesion-filosofica 6/16
-Ben, pero por que cres que nos conta esa historia?
Diego:
-Porque….mmm, porque antes non sabiamos, nós non sabemos como era o pasado.
Entonces, ela como era máis maior que nós, fixo un cadro deso. Entonces pasou que esecadro converteuse nas cousas que pasaron fai moito, moito tempo.
-Os demais dicídeme que historia vos conta?
Aitana:
-Cóntame que alguén pinta un cadro.
Constante:
-Pensaba como collían os peces antes de que crearan a caña de pescar porque aí non haicaña de pescar.
Fran:
-O cadro cóntanos en que lugar están.
-En que lugar está quen?
Fran:
-A persoa esa.Ese que está no río collendo algo.
Diego:
-O cadro cóntanos onde vivía a pintora porque ela pintou o cadro.
-Algo máis?
Varios:
-Non.
- Vale. Logo outra pregunta :Que ritmo pensades que podería ter este cadro?Diego:
-Cincuenta ou sesenta anos.
- Non, Diego, non pregunto os anos. De que forma parte o ritmo?
Diego:
-Explícate un pouco máis sencillo co do rimo.
-Vale, cambio a pregunta. Que música lle poñeríades a este cadro?
7/23/2019 Sesión filosófica
http://slidepdf.com/reader/full/sesion-filosofica 7/16
Diego:
-Rock and Roll porque se escoitaría máis forte e podería oír máis.
Fran:
-Unha de Fanboy Chun Chun.
-Quen é ?
Fran:
-Un da tele que sale en Clan.
-Por que lle poñerías esa música?
Fran:
-Porque sonaría como un debuxos que me gustan.
Aitana:
-Unha música relaxante, como a do principio, porque lle pega.
-A ninguén se lle ocorre outra música?
Varios:
-Non.-Como temos un cadro en branco e negro gustaríame saber que cores lle poñeríades e
por que?
Cris:
-Amarelo.
-Todo amarelo?
Cris:
-Non, para as casas porque lle queda moi ben.
Leo:
-Azul para o río porque é un dos meus favoritos.
Aitana:
-As palmeras de color verde porque é o seu color.
Diego:
7/23/2019 Sesión filosófica
http://slidepdf.com/reader/full/sesion-filosofica 8/16
-Negro para a camiseta do pescador porque é o meu favorito e lle quedaria moi ben.
Constante:
-Marrón nas montañas porque lle queda moi ben.
Candela:
-Marrón para os troncos porque é o seu color.
Fran:
-Azul para o ceo porque fai sol.
-Pero o sol é azul?
Fran:
-Non ,pero é azul porque non hai nubes.
Bea:
-Verde nas montañas porque teñen herbas.
Alba:
-Verde nas árbores porque é o seu color favorito (O das árbores)
Candela:-Laranxa no ceo porque cando está anoitecendo e fai sol ponse medio laranxa.
Fran:
-Eso chámase atardecer.
Diego:
-Non se chamaba puesta de sol?
-Podemos chamarlle das dúas maneiras.
A última das preguntas que imos facer é que vos fai sentir o cadro cando o vedes?
Aitana:
Alegría porque é moi bonito.
Diego:
-Relajación porque me fai pensar que estou de vacacións.
Bea:
7/23/2019 Sesión filosófica
http://slidepdf.com/reader/full/sesion-filosofica 9/16
-Alegría porque me gustan as palmeras.
Constante:
-Tristeza porque eses señores non tiñan casa e tiñan que dormir fora.
Leo:
-Alegría porque ten unhas montañas moi bonitas.
Fran:
-Tristeza porque ao mellor non teñen Nintendo, nin tele.
-De que vos da gañas cando o vedes?
Diego:
-De xogar porque hai moito espacio para facer deportes.
2.Sesión de avaliación figuro-analóxica.
-Ben, vouvos entregar este semáforo para que nos autoavaliemos.
-Como?(Algúns)-Para que reflexemos como pensamos nós que fixemosa actividade.
Imos valorar se respectamos as normas á hora de falar, se respectamos o noso turno e odos demáis, se nos rimos do que dixeron os compañeiros…..
Se o fixemos moi ben e respectamos os turnos e aos demais pintaremos de cor…..
-Verde.
-Se algunha vez nos saltamos o turno sen querer ou nos rimos dalguén pintaremos…
-Laranxa.
-Se non respectamos nunca os turnos e falamos sen levantar a man, a cor será…
-Vermella.
-Despois podedes pintar o resto do semáforo por fora.Vale ?
Pois ides ir dicíndome de que cor ides pintar e por que.
Cristina:
7/23/2019 Sesión filosófica
http://slidepdf.com/reader/full/sesion-filosofica 10/16
-Verde.
-Estás segura?
Cristina:
-Si.
-Non saltaches nunca o turno? Nin sequera ao principio?
Cristina:
-Non.
-Entón de que cor pintarás?
Cristina:
-Verde porque non me saltei ningún turno.
Diego:
-De laranxa porque eu falei mentras ti non mandaches que falaramos.
Fran:
-Naranja porque cando tiñamos os ollos pechados falei sen levantar a man.
Constante:-Naranja porque falei algunha vez sen levantar a man.
Alba:
-Verde, eu levantei sempre a man e non me rin de ninguén.
Candela:
-Verde porque cando ti estabas facendo as preguntas eu levantei a man.
Aitana:
-Verde porque levantei a man.
Bea:
-Rojo porque non levantei a man.
-Nunca levantaches a man , Bea? Ou ás veces si, ás veces non?
Bea:
-A veces si, a veces no.
7/23/2019 Sesión filosófica
http://slidepdf.com/reader/full/sesion-filosofica 11/16
-Entón?
Bea:
-Laranxa.
Leo:
-De laranxa porque algunha vez non levantei a man.
7/23/2019 Sesión filosófica
http://slidepdf.com/reader/full/sesion-filosofica 12/16
3.ANEXOS.
3.1Semáforos da avaliación figuro-analóxica.
Candela
Diego
Fran
Cristina
Constante
Leo
Bea
Aitana
Alba
7/23/2019 Sesión filosófica
http://slidepdf.com/reader/full/sesion-filosofica 13/16
3.2.Cadros pintados , novos títulos e a xustificación.
7/23/2019 Sesión filosófica
http://slidepdf.com/reader/full/sesion-filosofica 14/16
7/23/2019 Sesión filosófica
http://slidepdf.com/reader/full/sesion-filosofica 15/16
Xustificación das cores e o título:
-Diego: “As vacacións ao sol”. Chámase así porque me recorda a estar de vacacións.Usei cores da vida real porque me gustan e puxen amarillo porque me gusta.
-Bea: “Mar de casas”. Chámase así porque as persoas que viven nas casas teñen un mar.
Coloreeino así porque me gustan as casas deses colores.
-Candela: “O cadro de coloríns”.Ten ese nome porque pintei de moitos coloríns e me
gustan moito.
-Cristina: “A illa das casas”. Chámase así porque as casas están nunha illa. Pintei así
porque me gustan moito eses colores.
-Alba: “O pobo”.Ten ese nome porque vexo un pobo. Elexín os colores porque lle
quedan bonitos.-Fran: “O arco da vella”. Ten tódalas cores do arco da vella e me parecen moi bonitos.
-Leo: “Vou a subir á montaña”.Chámase de esa maneira porque as montañas están aí
para subilas. As cores son as miñas favoritas.
-Constante: “O mar dos cen peixes”. Púxenlle ese nome porque na auga hai montóns de
peixes. Pintei así porque queda moi bonito.
-Aitana: “Pescando”. Chámase así porque hai alguén pescando. Usei as cores que me
gustan.
7/23/2019 Sesión filosófica
http://slidepdf.com/reader/full/sesion-filosofica 16/16
-Profe: “Remanso de paz”. Tituleino así porque me transmite moita placidez: augas encalma, unha aldea perdida na selva, alguén que pesca sen présa…. As cores pretenden
reflectir a tranquilidade que me produce.
top related