serra do larouco

Post on 13-Jan-2017

112 Views

Category:

Education

3 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

SERRA DO LAROUCO

O Larouco é unha serra, con orientación NE-SO, de cumes suaves que van gañando altura cara ao sur. Fai de límite entre as comarcas da Limia e Verín e prolóngase cara ao sur adentrándose en Portugal.O extremo norte da serra tamén se coñece co nome de Montes de Cualedro e Alto das Estivadas, zona de paso das vías de comunicación de Ourense a Verín.

Serra de Larouco, vista oeste, desde Calvos de Randín

Aba leste do Larouco desde Videferre

Aba oeste do Larouco desde Cualdro

Aba sur do Larouco desde Montalegre

Está formada maioritariamente por materiais graníticos rotos por fracturas NNE-SSO e NNO-SSE, e algunhas rochas metamórficas (especialmente xistos).

O punto máis alto é o Larouco (1.538 m) en Portugal. En Galiza é o Coto Farelo (1.398 m) onde conflúen os concellos de Baltar e Cualedro con Portugal.

Vista dos cumes máis altos do Larouco en Portugal

Os cumes do Larouco en Portugal (1.538 e 1.527 m)

Cume máis alto do Larouco

Cume do Larouco

Formación rochosa nos cumes do Larouco

Área de turbeiras nos cumes do Larouco en Portugal

No extremo sur da serra hai un amplo planalto nos cumes

Cumes do Coto Farelo na fronteira, vistos desde Portugal

Cumes do Coto Farelo vistos desde Baltar

Cume do Coto Farelo na fronteira, ao fondo os cumes do Larouco en Portugal

Penedo do Lobo (1.205 m)

O Verdugo (1.125 m)

Vista cara ao norte desde o miradoiro do Penedo do Bandeiro (1.074 m)

Penedo do Bandeiro (1.074 m)

O Penido Gordo

Pena Muller

Pena Muller

Pena Muller

Pena Muller

Pena Muller. “O Dromedario”

Pena Muller

Pena Muller

Pena Muller

Pena Muller

Pena Muller

“O Can”

“O Galo”

“ET”

PenaMuller

Pena Muller

Penedo Mao

As Estivadas, unhas prolongación do Larouco cara ao Norte por onde pasan as principais vías de comunicación.

Accedese desde Gudín e Baltar (concello de Baltar); Vilela ou Lucenza (Cualedro); e Padornelo (Montalegre). Pódese subir aos cumes polas pistas do parque eólico.

Desde diferentes puntos hai unha vistas panorámicas excepcionais das comarcas da Limia e Verín e de Montalegre.

Vista desde os cumes do Larouco ao Norte

Vista desde os cumes do Larouco cara ao Oeste

Vista desde os cumes do Larouco cara á Limia e o río Faramontaos (Limia)

Vista desde os cumes de Pena Muller cara a Baltar

Vista da Rousía, Montecelo e Vilamaior da Boullosa (Baltar)

Vista cara ao Leste

Vista cara ao oeste (val e encoro do Salas e serra do Xurés á esquerda)

RÍOSNa vertente sur nace o río Cávado, na leste as cabeceiras do Búbal ou Vilaza (Asureira, San Cristovo, Alvarellos) e na oeste o Faramontaos e Trasmiras (afluentes do Limia)

Fontes do Faramontaos ao pé do Coto Farelo

RÍO CÁVADONace na Fonte da Pipa a unha altitude de 1.520 m e, despois de 135 km de percorrido, desemboca en Esposende, no océano Atlántico. Recolle as augas do sur das serras da Pena e Gêres.

O Cávado en Montalegre

Nacemento e curso alto do Cávado

RÍO BÚBAL OU VILAZAFórmase con numerosos regos que baixan da aba leste do Larouco, percorre terreos de Cualedro e o sur de Monterrei e xúntase co Támega en Verín.

Río Asureira

RÍO FARAMONTAOSNace na aba norte da serra do Larouco, percorre terreos de Baltar e Trasmiras e xúntase ao Limia un pouco antes de Xinzo de Limia. No primeiro tramo chámase río da Rousía.

Rego do Carballo, unha das nacentes do Faramontaos (na fraga da Rousía)

CLIMAAtlántico de montaña con algunha influencia mediterránea na ladeira leste.

FLORAA vexetación das serras está dominada por matogueiras e pasteiros nas partes altas e algúns bosques naturais (carballeiras, bidueirais) nas abas máis sombrizas e afastadas, entre os que destaca o da Rousía en Baltar. Unha grande parte do terreo forestal está repoboado con piñeiros

Pasteiros, turbeiras e mato de carqueixas

Fraga na Rousía (Baltar)

Fraga na Rousía (Baltar)

Rebolo (Quercus pyrenaica)

Uces e carqueixas

Turbeira

Breixo de turbeira (Erica tetralis)

Arandeira (Vaccinium myrtillus)

Bidueiro

Pereira brava (Pyrus cordata)

Xesta branca (Cytisus multiflorus) Carqueixa (Pterospartum tridentatum )

Uz (Erica arborea)

Carpaza boieira (Halimium lasisianthum )

Scabiosa columbaria

Arzaia (Lavandula stoechas). Una planta típica de clima mediterráneo que se pode atopar nas áreas máis secas da serra.

Armeria trasmontana

Polygala microphylla

Tollemerendas (Merendera montana)

Liques

MAMÍFEROSLobo (Canis lupus signatus), raposo (Vulpes vulpes), corzo (Capreolus capreolus), xabarín (Sus scrofa)...

FAUNA

Xabarín (Sus scrofa) Corzo (Capreolus capreolus)

AVESPerdiz (Alectoris rufa), paspallás (Coturnix coturnix), voutre (Gyps fulvus), aguia cobreira (Circaetus gallicus), aguia calzada (Aquila pennata), gatafornela (Circus cyaneus), tartaraña cincenta (Circus pygargus), miñato (Buteo buteo), miñato abelleiro (Pernis apivorus), falcón peregrino (Falco peregrinus), lagarteiro peneireiro (Falco tinnunculus), falcón pequeno (Falco subbuteo), avenoiteira (Caprimulgus europaeus), xirrio (Apus apus), laverca (Alauda arvensis), picas dos prados (Anthus campestris e Anthus pratensis), azulenta (Prunella modularis), Azulenta alpina (Prunella collaris), pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe), chasco (Saxicola rubicola), tordo (Turdus viscivorus), merlo rubio (Monticola saxatilis), papuxa común (Sylvia communis), papuxa montesa (Sylvia undata), picanzo vermello (Lanius collurio), corvo (Corvus corone), pardillo (Carduelis cannabina), escribenta das hortas (Emberiza hortulana), escribenta riscada (Emberiza cia), escribenta das neves (Plectrophenax nivalis), bicotorto (Loxia curvirostra)...

picas dos prados (Anthus pratensis) Miñato (Buteo buteo)

RÉPTILESLagarto das silveiras (Lacerta schreiberi), lagarta rabuda (Psammodromus algirus), cobra lagarteira meridional (Coronella girondica)...

Lagartixa rabilonga (Psammodromus algirus)

ANFIBIOSSapiño comadrón (Alytes obstetrixans), sapo común (Bufo bufo), sapo corriqueiro (Bufo calamita), ra patilonga (Rana iberica), pintafontes común (Lissotriton boscai), pintafontes verde (Triturus marmoratus), saramaganta (Chioglossa lusitanica)...

Ra patilonga (Rana iberica)

Sapo corriqueiro (Bufo calamita)

INVERTEBRADOSDestaca a gran variedade de bolboretas, saltóns, escaravellos, arañas...

Carricanta (Ephippger ephippger)

Araña tigre (Argiope bruennichi)

-Gandaría extensiva-Forestal-Enerxía Eólica-Lecer

APROVEITAMENTO

Miradoiro sobre Montalegre, nos cumes do Larouco. Esta área é aproveitada como como zona de salto de parapente.

Instalando unha antena no Coto Farelo

O Larouco e os seus arredores foron poboados desde tempos moi antigos como amosan os restos arqueolóxicos atopados (castros, petróglifos, aras...). Na serra consérvanse interesantes restos etnográficos: abrigos de pastores, neveiros...

PATRIMONIO CULTURAL

“Cortiñas da Casa da Neve” ou “Pozo dos Mouros”, un neveiro datado no século XV. Nestas construcións conservábase a neve convertida en xeo para empregala durante o ano ou comercializala.

Penedo do Lobo

Abrigo de pastores no Penedo do Bandeiro

Formacións rochosas na Pena Muller.A imaxinación popular púxolle nomes a moitas das rochas deste lugar: A Muller, O Can, O Galo, O Dromedario, ET...

A Pena Muller

Na Pena Muller celebrouse durante varios anos a festa do Larouco, conmemorando o carácter sagrado que a montaña tivo na antigüedade.

O monte Larouco é un territorio mítico, un lugar máxico, era a morada dun Deus prerromano porque tanto na banda galega como portuguesa do monte localizáronse aras romanas dedicadas a Larouco, e case sempre dándolle os máximos atributos, equiparándoo co mesmo Xupiter romano.

http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2012/01/25/mirarlle-a-cara-a-un-antigo-deus/

Na igrexa de San Miguel de Vilar de Perdizes (Montalegre) consérvase un relevo que representa ao deus Larouco.Esta imaxe empregouse como patrón dos urólogos galegos.

Incendios, especies foráneas, pistas e parques eólicos que destrúen hábitats...

PROBLEMAS

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Decembro 2016

top related