revista nº68 @s autÓnom@s

Post on 25-Mar-2016

252 Views

Category:

Documents

5 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Ejemplar nº 68 de la revista @s Autónom@s editada por la federación de Autónomos de Galicia

TRANSCRIPT

Nun recente congreso dun centro Comercial Urban comentouse que as cidades queren ser centros com-erciais e os centros comerciais cidades… que solucións propón ao comercio tradicional para facer fronte á proliferación de grandes superficies nas principais cidades galegas?

Mire, resumindo: non ter en conta os equipamentos comerciais como definitorios do territorio é non entender nada en materia de urba-nismo e tampouco en materia de medio ambiente. Aqui o que se necesita é unha ordenación dos equipamentos comer-ciais ás características do territorio galego e que garanta unha ade-

cuada protección dos contornos urba-nos. Por aí vai o noso Anteproxecto de Lei de Comercio. Con este texto buscamos dotarnos dunha normativa actual que obedeza á necesaria ordenación e equilibrio en todo o terri-torio galego, máxime tendo en conta a estrutura poboacional de Galiza que require un mínimo de equipamentos en proximidade que sen ordenación supra-municipal é imposible (por chegar a ser incompatible coa rendabilidade de operadores comerciais en proximidade e a forte capacidade de atracción dos grandes establecementos comerciais, así como o forte efecto desertización que adoitan provocar). En definitiva, trátase de dar satisfacción a todos os consumidores con independencia de onde residan. E niso estamos.

Esperemos que siga no seu cargo na próxima lexislatura, pero de non ser así… pensa que deixa os deberes feitos?

Nunca se pode dicir que están todos os deberes feitos. Do que si estou segura é da constancia, intensidade e, mesmo paixón, polo labor que se me encomendou. Digamos que teño a conciencia moi tranquila e a segu-ranza de ter posto todo o meu esforzo na tarefa, así como de ter feito as cousas o mellor que puiden e sei.

Calquera outra cuestión que quera engadir….

Pois, ante todo, moito ánimo, tesón, entusiasmo e actitude constructiva.

centro comercialURBÁNTORRE DE HERCULES

top related