revista as novas de pepa 12 13
Post on 10-Mar-2016
237 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
AS NOVAS
DE PEPA C.R.A. CULLEREDO
Curso 2012-2013 www.edu.xunta.es/centros/craculleredo
ÍNDICE
LIMIAR p. 2
A AVIONETA PEPA p. 3
VISITA AO AEROPORTO p. 4
O CONCELLO DE CULLEREDO P. 5
PERSONAXES DE CULLEREDO P. 6
O SAMAÍN NA CHOEIRA P. 7
O MAGOSTO EN LEDOÑO P. 8
A ÁRBORE DE OUTONO DA CLASE DE CONCHI P. 9
TALLER DE COCIÑA EN SÉSAMO P.10
OS SENTIMENTOS EN SÉSAMO P.11
O FESTIVAL DE NADAL P.13
TRABALLOS NAVIDEÑOS P.14
POSTRES DE NADAL P.15
O 30 DE XANEIRO O DÍA DA PAZ P.16
PROXECTO MANDEO P.17
A DRAGONA RAMONA P.18
CONTICRA P.19
O ENTROIDO P.21
PIRATAS EN VINSEIRA P.23
ROSALÍA DE CASTRO MUSICAL P.25
O CONCERTO “ARCOS IRIS” P.26
DÍA DA ÁRBORE P.27
O ALCALDE POLOS NENOS DE LEDOÑO P.28
DÍA DA TERRA P.29
PÍA VISITA A CLASE DE SILVIA P.30
ROBERTO VIDAL BOLAÑO P.31
ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS P.32
O MOUCHO CHOSCO P.33
FOMOS NOTICIA P.34
C.R.A. CULLEREDO
AS NOVAS DE PEPA
CURSO 2012-2013
LIMIAR
A nosa revista “As Novas de Pepa” vólvese a editar
outro ano máis, co motivo das Letras Galegas, adicadas
nesta ocasión a Roberto Vidal Bolaño. Nesta a súa 8ª edi-
ción amosa unha escolma de traballos realizados polo alum-
nado do C.R.A. de Culleredo, nas distintas escolas.
Grazas polas aportacións do alumnado que son mostra
dun gran esforzo, ilusión e traballo por parte deles e pola
colaboración de todo o profesorado e demais membros da
Comunidade Educativa.
Por último, recordarvos que a finalidade de “As Novas
de Pepa” é achegar e promover a lingua galega, poñéndoa
en contacto con todos nós, nas casas, nas escolas… , xa que
nas mans do noso alumnado está o futuro da nosa lingua.
Un saúdo e…
Disfrutade moito coa nosa revista!!!
C.R.A. CULLEREDO
AS NOVAS DE PEPA
CURSO 2012-2013
A AVIONETA PEPA
Tiña moitas ganas de falar con vós. Que tal estades?? Seguro que to-
dos moi emocionados porque axiña chegan as vacacións.
Contareivos que outro ano máis estiven observándovos desde o ceo.
Estou moi emocionada, porque este curso estivéchedes a traballar moito
nas vosas escolas estudando O CONCELLO DE CULLEREDO. Pero a parte
que máis me gustou foi cando chegou o momento de estudar o AEROPOR-
TO, a miña casa!!!
Xa sei que aprendíchedes as parroquias de Culleredo, que concellos
son limítrofes, que hai de importante en todas as parroquias … un montón
de cousas que eu vexo desde o ceo e vós coñecedes desde as vosas escolas
grazas ás fotos e traballos que achegaron os vosos papás e ás investiga-
cións que fixeron os profes.
Pero eu ben sei que foron os vosos profes os que estiveron insistindo
en que viñerades a verme á miña casa. E por fin conseguírono, e … o 10 de
maio visitáchedes o AEROPORTO con moita curiosidade por verme e tamén
por ver o que aquí hai: a torre de control, a terminal, a pista, os avións de
pasaxeiros, o helicóptero, as miñas primas as outras avionetas, os bombei-
ros, as aves … Espero que vos gustara moito vir onda min, así agora podedes
vir as veces que queirades a visitarme cos vosos papás ou cando vaiades de
viaxe.
Mirade que fotos máis chulas nos fixeron alí !!!
C.R.A. CULLEREDO
AS NOVAS DE PEPA
CURSO 2012-2013
Ola a todos!!
VISITA AO AEROPORTO
Ata pronto.
Un bico.
PEPA
C.R.A. CULLEREDO
AS NOVAS DE PEPA
CURSO 2012-2013
O CONCELLO DE CULLEREDO
Este curso como vos contou Pepa estivemos traballando sobre o Concello de Culle-
redo.
Por iso o primeiro que fixemos foi situarnos no mundo, Europa, España, Galicia e A
Coruña, ata chegar a coñecer as 11 parroquias do noso concello.
Sinalamos Culleredo na bola do mundo, no google earth, en fichas e puzzles.
Para coñecer o nome das parroquias do concello fixemos puzzles e realizamos saí-
das coas nosas familias para coñecelas. O traballo final consistía en contarlle aos de-
mais compañeir@s o que vimos nas nosas visitas ás parroquias.
C.R.A. CULLEREDO
AS NOVAS DE PEPA
CURSO 2012-2013
PERSONAXES DE CULLEREDO
PINTAMOS COMO MARÍA CAGIAO
SEGUINDO CO PROXECTO DE CULLEREDO COÑECEMOS A UNHA PINTORA GALEGA QUE PA-
SOU PARTE DA SÚA VIDA NO NOSO CONCELLO, NA PARROQUIA DE RUTIS.
C.R.A. CULLEREDO
AS NOVAS DE PEPA
CURSO 2012-2013
MARIA CAGIAO
MARÍA CAGIAO ERA COÑECIDA COMO A PINTORA DAS FLORES POR-
QUE PINTOU FLORES EN MOITAS DAS SÚAS OBRAS. E IMITANDO AS
SÚAS OBRAS NÓS TAMÉN PINTAMOS UN CADRO CON FLORES.
ESTAMOS FEITOS TODOS UNS ARTISTAS!
CANDUCHO TOURIÑÁN
XOSÉ ANTONIO TOURIÑÁN
HUMORISTA DE CASTELO. XUNTO
CON MARCOS PEREIRO FORMAN
PARTE DO GRUPO “AS CANTAREI-
RAS DE ARDEBULLO”.
ADEMAIS FOI O CREADOR DA
AVIONETA PEPA.
ENRIQUE REGUEIRA PAZ, CANDUCHO, O MÚSI-
CO POPULAR MÁIS FAMOSO DE CULLEREDO.
ENSINOU AOS NENOS DA PARROQUIA DE RUTIS
OS CANTARES E OS BAILES DA NOSA TERRA.
CANDUCHO ERA INSEPARABLE DA SÚA GAITA
E CANDO A FACÍA VIBRAR, ALEGRÁBANSE OS
CORAZÓNS.
O SAMAÍN NA CHOEIRA
UN SAMAÍN MOI FESTEIRO. No Samaín traballamos moito, primeiro trouxemos á escola cabazas e baleirámo-
las. Tamén pintamos … non podía ser outra que … unhas caretas de cabazas, preparamos
uns postres monstruosos con galletas e chuches que estaban moi ricos e fixemos unha
festa moi monstruosa todos disfrazados e metendo MEDOOO!!!
Pasámolo moi ben.
RECEITAS DE SAMAÍN: O día que celebramos o Samaín fomos á escola disfrazados que daba medo.
Aproveitamos a festa do Samaín para preparar una receita moi especial: unhas
“arañas” moi particulares. Fixémolas con galletas OREO, leite condensanda ou crema de galleta, lacasitos e regalíz. As bandexas quedaron baleiras, non deixamos ningunha.
Estaban boísimas.
C.R.A. CULLEREDO
AS NOVAS DE PEPA
CURSO 2012-2013
O MAGOSTO EN LEDOÑO
O 8 de Novembro celebramos a festa do Magosto na escola de Ledo-
ño. Xogamos coas castañas, cos carozos, con peóns … na pista do patio.
Pasámolo moi ben.
Despois de xogar comimos castañas asadas. Estaban riquísimas!!
C.R.A. CULLEREDO
AS NOVAS DE PEPA
CURSO 2012-2013
A ÁRBORE DE OUTONO DA CLASE DE CONCHI
Coa chegada do outono fíxemos unha árbore moi especial mesturado distin-
tas cores: o tronco e as pólas con pisadas e as follas estampando as mans. Para
que a árbore non estivera triste os nen@s de 3 anos añadiron uns cogomelos.
C.R.A. CULLEREDO
AS NOVAS DE PEPA
CURSO 2012-2013
TALLER DE COCIÑA EN SÉSAMO
Durante este curso convertémonos nuns grandes cociñeiros.
Elaboramos as tartas para celebrar os cumples na escola. Fixemos biscoito de io-
gur, tarta de galletas, flan, tarta de melocotón, tarta de queixo… pero unha das recei-
tas que máis nos gustou foron as CHOCOBOLAS!
Por iso queremos compartir a receita con todos vós.
C.R.A. CULLEREDO
AS NOVAS DE PEPA
CURSO 2012-2013
INGREDIENTES TRITURAMOS AS GALLETAS
MESTURAMOS CO LEITE
CONDENSADO
FACEMOS BOLAS COA
MASA
CUBRÍMOLAS COAS
VIRUTAS DE
CHOCOLATE XA ESTÁN LISTAS!
OS SENTIMENTOS EN SÉSAMO
NA ESCOLA ESTIVEMOS A TRABALLAR OS SENTIMENTOS E AS EMO-
CIÓNS.
PENSAMOS NAS COUSAS QUE NOS FAN FELICES, AS QUE NOS POÑEN
TRISTES, AS QUE NOS DAN VERGOÑA…..
E CHEGAMOS A UNHA CONCLUSIÓN:
DESPOIS DE PENSAR CALES ERAN AS COUSAS QUE NOS FACÍAN SENTIR
UNHA EMOCIÓN OU OUTRA DEBUXÁMOLAS
C.R.A. CULLEREDO
AS NOVAS DE PEPA
CURSO 2012-2013
ALEGRÍA
MEDO
OS SENTIMENTOS EN SÉSAMO
C.R.A. CULLEREDO
AS NOVAS DE PEPA
CURSO 2012-2013
TRISTEZA
ENFADO
CARIÑO
VERGOÑA
O FESTIVAL DE NADAL
O 20 de Decembro á escola da Choeira chegou o Carteiro Real. En-
tregámoslle as cartas e fixemos fotos con él.
Logo actuamos nun divertido festival e rematamos comendo chocola-
tes e polvoróns navideños.
C.R.A. CULLEREDO
AS NOVAS DE PEPA
CURSO 2012-2013
TRABALLOS NAVIDEÑOS
Este ano decoramos as nosas escolas para despois elaborar unha pos-
tal navideña e felicitar o Nadal a tod@s desde a web.
Ademais este ano, enviamos por correo unha postal á nosa casa. Para
crear a postal fixemos unha foto e puxémola nunha cartolina decorada. Lo-
go metímola nun sobre onde escribimos a nosa dirección, puxemos un selo e
botámola no buzón. Sabedes o que pasou despois? Que apareceu no buzón
da nosa casa!!
C.R.A. CULLEREDO
AS NOVAS DE PEPA
CURSO 2012-2013
POSTRES DE NADAL
ÁRBORES DE NADAL. No Nadal preparamos uns postres entre todos que quedaron moi bonitos e resul-
taron moi ricos.
A CASIÑA DA AVOA Como estivemos a cantar a panxoliña “ Na casa da miña avoa” no festival de
Nadal puxémonos mans á obra e decidimos facer unha casiña e … comela.
Para facelo utilizamos os seguintes ingredientes: catro galletas rectangula-
res, un ladrillo de gominola para a chimenea, un pasteliño pequeno, tres osiños de
gominola, coco raiado, nata montada e crema de cacao como masa para unir as
galletas.
Ah! E por certo, fixemos uns manteis individuais que antes de plastificar
coloreámolos en cartolina. Agora xa temos manteis personalizados para as nosas
merendas. Quedáronnos ben chulis!
C.R.A. CULLEREDO
AS NOVAS DE PEPA
CURSO 2012-2013
30 DE XANEIRO DIA DA PAZ
O 30 de Xaneiro as nosas escolas enchéronse de bicos e abrazos ao
ritmo da “Carrasquiña”.
C.R.A. CULLEREDO
AS NOVAS DE PEPA
CURSO 2012-2013
AI! QUE VIDA
É A NOSA
DAR BEIJIÑOS
DAR ABRAZOS.
PROXECTO MANDEO
O Merlo Rieiro levounos de viaxe polo Río Mandeo e amousounos os animais, as
prantas, para que sirve a súa auga … e moitas cousas máis.
Despois de ver o conto fixemos uns títeres para poder xogar nós co Merlo Rieiro
e os seus amigos.
C.R.A. CULLEREDO
AS NOVAS DE PEPA
CURSO 2012-2013
A DRAGONA RAMONA
O 16 de novembro tivemos unha visita moi especial. Asomou pola porta
A DRAGONA RAMONA.
Nós pensamos que quería comernos ou queimarnos, pero … non, non,
non, non … quería contarnos un CONTO!! Así que coas orellinas ben abertas
escoitamos MISTER CORVO.
Encantounos, pero … a Dragona Ramona tivo que marchar. Ooooh!
Queremos que veña outra día. Esperámola o vindeiro curso.
C.R.A. CULLEREDO
AS NOVAS DE PEPA
CURSO 2012-2013
O CONTICRA
Continuamos co Proxecto anual do CONTICRA. Este ano contáronnos
uns contos moi divertidos.
O primeiro conto trouxo un pouquiño de medo ás nosas escolas pois
veu o Home do Saco a contar o PAPÓN.
Despois viñeron dúas ratiñas moi guapas, aló polo mes de decembro, a
contarnos o conto “UNHA FELIZ CATÁSTROFE”.
En xaneiro un cadrado quería entrar na casiña dos círculos, pero non
podía, asi que… imos buscar unha solución!! O conto de “POR CUATRO ES-
QUINITAS DE NADA” axudounos.
C.R.A. CULLEREDO
AS NOVAS DE PEPA
CURSO 2012-2013
O CONTICRA
En marzo chegou a Vaca Sofía buscando unha orquestra onde poder
facer un bo conxunto, pero … pobre Sofía, pobre Sofía, por unha cousa ou
outra ninguén a quería ... “SOFÍA, A VACA QUE AMABA A MÚSICA”.
Polo mes de abril “A PRINCESA DO CAUREL” trouxonos un conto en-
cadeado con moito lío pero moi entretido.
Durante o mes de maio escribimos e ilustramos un conto viaxeiro en-
tre todos, titulado “CABALEIRO E MANCHITAS”. O CONTICRA veunolo
contar no mes de xuño a todos.
Quedou chulísimo!!
C.R.A. CULLEREDO
AS NOVAS DE PEPA
CURSO 2012-2013
O ENTROIDO
Polo Entroido disfrazámonos de Aeromozas de Voo e Pilotos. Aínda
que soe raro sempre guiados polas Maletas que foi do que se disfrazaron os
nosos profes.
Despois de vestirnos nas nosas escolas despegamos cara o Edificio de
Servizos Múltiples para xogar ao Bingo de Culleredo, Nube branca e nube
negra, Saltando as parroquias, Constrúe a Torre de Celas e Apangando
candeas. Pasámolo moi ben!!
C.R.A. CULLEREDO
AS NOVAS DE PEPA
CURSO 2012-2013
O ENTROIDO
Tamén comimos postres típicos desta festas: filloas, rosquillas, ore-
llas… feitas polos papás, mamás, avós e avoas.
E rematamos a festa cun divertidísimo baile.
C.R.A. CULLEREDO
AS NOVAS DE PEPA
CURSO 2012-2013
PIRATAS EN VINSEIRA
Este ano os nenos e nenas da Escola de Vinseira convertémonos en
“PIRATAS”.
Ademais tivemos que buscar o “ Cofre do Tesouro” que o “Pirata Pata de
Aceiro” nos deixou escondido na escola.
Tivemos que superar moitas probas ( o Pirata fíxonos traballar moito para
atopar o tesouro).
C.R.A. CULLEREDO
AS NOVAS DE PEPA
CURSO 2012-2013
E como non!!!!! Fixemos o noso sombreiro
pirata.
¡¡ Mirade que guapos estamos!!
Aprendimos moitas cousas
dos piratas, corsarios, fili-
busteros e bucaneros. Así
como das súas roupas, bar-
cos, etc….
PIRATAS EN VINSEIRA
DE PIRATAS A ESCRITORES
Nós somos tan creativos que ademais de converternos en piratas ta-
mén nos fixemos escritores e ilustradores.
Creamos un conto que se titula “Buscando un desexo”.
Estas son algunhas das ilustracións que fixemos.
C.R.A. CULLEREDO
AS NOVAS DE PEPA
CURSO 2012-2013
No cofre atopamos moitísimas moe-
das de ouro (jeje) e gusanitos.
¡¡¡¡Umm, qué ricas!!!
ROSALIA DE CASTRO musical
O 24 de Febreiro foi unha data importante este curso, era o aniver-
sario de Rosalía de Castro e facía 150 anos da publicación do seu libro
“CANTARES GALLEGOS”. Durante esa semana na clase de música canta-
mos un dos seus cantares.
HAS DE CANTAR,
QUE CHE HEI DE DAR ZONCHOS;
HAS DE CANTAR,
QUE CHE HEI DE DAR MOITOS.
Despois de coñecer a Rosalía e interpretar os seus cantares fixemos
uns retratos dela cando era coma nós.
C.R.A. CULLEREDO
AS NOVAS DE PEPA
CURSO 2012-2013
O CONCERTO ARCOS IRIS
O venres 8 de marzo fomos a un concerto de música clásica no CEIP Ría do Burgo.
Seducidos polas cores dos arcos dos intrumentos de corda frotada, disfrutamos dun
divertido e motivador concerto.
O grupo ARCOS IRIS achegounos á música clásica dunha maneira espectacular. Gracias
ao inxenio dos músicos estivemos en todo momento motivados pois participamos dando
palmas e incluso dirixindo a orquestra.
Felicitamos ao grupo ARCOS IRIS e esperamos contar con novas actuación en
vindeiros cursos.
C.R.A. CULLEREDO
AS NOVAS DE PEPA
CURSO 2012-2013
DÍA DA ÁRBORE
No día da Árbore, o Concello invitounos a ver unha obra de teatro no
Conservatorio de Culleredo. Titulábase “EL ARBOLITO LITO”. Foi moi di-
vertida e contáronnos que importantes son as árbores e como hai que coi-
dalas.
Ademais ese mesmo día visitamos a casa do CONCELLO DE CULLERE-
DO. Alí esperábanos o Alcalde Julio Sacristán de Diego e a Concelleira Car-
men Varela. Recibíronnos no Salón de Plenos e contestáronnos a moitas das
nosas preguntas.
C.R.A. CULLEREDO
AS NOVAS DE PEPA
CURSO 2012-2013
O ALCALDE POLOS NENOS DE LEDOÑO
Cando chegamos á escola despois da visita ao Concello, fixemos estu-
pendos debuxos. Debuxamos a Julio Sacristán de Diego, o noso alcalde, e a
Carmen Varela, a concelleira de Cultura. Mirade que bonitos nos quedaron!
Foi unha visita moi interesante porque poidemos facer preguntas ao
alcalde e tamén a Carmen. Gustounos moito o Concello, é un edificio dife-
rente e moi bonito.
C.R.A. CULLEREDO
AS NOVAS DE PEPA
CURSO 2012-2013
DÍA DA TERRA
Durante as semanas do 17 ata o 24 de abril celebramos o DÍA DA TE-
RRA con talleres de reciclaxe con material de refugallo. Fixemos un pau de
choiva, unha maraca e unha frauta de pan que soaban moi ben.
Tamén nos visitou COCO un can adiestrado moi bo.
C.R.A. CULLEREDO
AS NOVAS DE PEPA
CURSO 2012-2013
PÍA VISITA A CLASE DE SILVIA
Na escola visitounos PIA, un azor femia que é do papá de Ismael.
Ismael pai explicounos como hai que coidala, que come, como a entre-
na para ir de caza … A todos encantounos . Ao principio estaba un pouco
nerviosa, despois quitoulle a caperuza e poidémoslle ver eses ollos tan boni-
tos!!!!!
Tamén puidémola acariñar, tiña unhas plumas preciosas e suaves!!
C.R.A. CULLEREDO
AS NOVAS DE PEPA
CURSO 2012-2013
ROBERTO VIDAL BOLAÑO
A nós a obra que máis nos gusta é O TOUPORROUTOU DA LÚA E O
SOL. Os nenos de Sésamo fixeron unha adapatación desta obra e a recita-
ron no Festival do Día das Letras Galegas.
C.R.A. CULLEREDO
AS NOVAS DE PEPA
CURSO 2012-2013
Este curso o Día das Letras Galegas
adicouse ao escritor galego ROBERTO
VIDAL BOLAÑO.
Aprendimos que naceu en Santiago, a
súa nai chamábase Carmen e o seu pai
Roberto. Estudou en Santiago e tivo
moitos empregos, ata traballou no cine
e na televisión.
Roberto escribiu moitas obras de tea-
tro en galego e algunhas delas para ne-
nos.
ROMERÍA DAS LETRAS GALEGAS
O venres 24 de Maio celebramos na Torre de Celas a Romería do Día
das Letras Galegas.
Primeiro xogamos e fixemos un maio que cubrimos de flores.
Despois fixemos un festival onde cada clase interpretou unha canción
ou un poema. Rematamos as actuacións bailando todos xuntos unha muiñei-
ra. Debeunos sair moi ben pois os papás, mamás, avós, avoas e o público non
paraban de aplaudir.
Ao final comimos todos xuntos no campo mentres os gaiteiros tocaban
para amenizar a Romaría. Foi un día estupendo!!
C.R.A. CULLEREDO
AS NOVAS DE PEPA
CURSO 2012-2013
PARA FACER ESTE MAIO
TIVEMOS QUE IR A BUSCAR
O FIUNCHO E MÁIS AS FLORES
A CASA DE SACRISTÁN.
O MOUCHO CHOSCO
Para a festa das Letras Galegas os nen@s da clase de Conchi preparamos
unha canción “ O moucho chosco” do grupo musical Tic-Tac. Estivemos ensaiando
durante días pero tamén coloreamos e ata puxémoslle plumas ao moucho en
cartón. Por outro lado, para ambientar a canción fixemos un mural dun souto cos
protagonistas da historia. Os nen@s que representan os animais levaron unhas ca
retas pintadas por eles.
A actuación saiunos moi ben e disfrutamos moito da festa.
C.R.A. CULLEREDO
AS NOVAS DE PEPA
CURSO 2012-2013
FOMOS NOTICIA
Durante este curso fomos noticia pois saímos nos xornais varias veces. Aquí te-
des os artigos publicados.
C.R.A. CULLEREDO
AS NOVAS DE PEPA
CURSO 2012-2013
Visita ao Concello de Culleredo
Entrevista con Sacristán e Varela LA OPINIÓN 28/03/2013
DÍA DA TERRA
Visita do can COCO LA VOZ DE GALICIA 27/03/2013
A nosa mascota
A AVIONETA PEPA EL COMARCAL. LA VOZ DE GALICIA 02/05/2013 Visita ao aeroporto
LA VOZ DE GALICIA 11/05/2013
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO C.R.A. DE CULLEREDO
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNVERSITARIA
top related