reto musical 7 2021. 3. 15. · como cada un/unha de vós vai a escoller o instrumento que máis lle...

Post on 01-Apr-2021

5 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

RETO MUSICAL 7:

“CONSTRUIMOS UN INSTRUMENTO”

(Mándame unha foto/vídeo do resultado ao correo, co

voso nome e curso)

coleatiosmusica@gmail.com

Para esta actividade necesitamos:

- Material de refugallo que teñades pola casa que xa non

precises: cartón, plástico, papel, latas…

- Cousiñas para decorar: cores, pegatinas, lazos…

- Moita imaxinación!

Como cada un/unha de vós vai a escoller o

instrumento que máis lle guste ou lle apeteza

construír, déixovos por aquí algúns exemplos:

INSTRUMENTOS PARA GOLPEAR:

TAMBOR

Cunha maceta vella podes facer a estrutura do tambor e cun globo a ‘membrana de pel’ para golpear.

Para atar a membrana á maceta podes empregar unha goma ou un cordón fino.

Se non atopas unha maceta, podes facelo cunha lata de conservas.

Anímate a facer tamén unhas BAQUETAS cuns paus e unhas

pelotas vellas ou teas para tocar o teu tambor.

CASTAÑOLAS

Pegando dúas chapas ou dous tapóns de brik nun cartón.

INSTRUMENTOS PARA SACUDIR

MARACAS

Enchendo calquera envase baleiro con arroz ou legumes.

Poden ser de todos os tamaños:

pequeniñas (usando o ‘oviño amarelo’ do ‘ovo kinder’),

medianas (cun envase de ‘actimel’)

ou grandes (cunha botella de plástico ou un tetrabrick).

Podes usar culleres de plástico para facer o mango das maracas.

PAU DE CHOIVA

Clavando puntas en espiral ao longo dun tubo de cartón e

enchéndoo con arroz ou legumes.

Se non tes un tubo longo podes unir 3 tubos de papel

hixiénico.

INSTRUMENTOS PARA GOLPEAR E SACUDIR

PANDEIRETA

Cosendo cun fío gordo (no que vaias colgando cascabeis ou algo

que faga ruído) o perímetro dun prato de cartón ou caixiña de

quesitos.

INSTRUMENTOS PARA SOPRAR

TROMPA

Colocando nos extremos dun tubo flexible (dos que levan os cables

da luz), un funil e un ‘matasogras’.

Podes enroscar o tubo como se fose unha trompa para que sexa

máis manexable.

FRAUTA DE PAN

Cortando canas, tubos o palliñas de plástico de diferentes

lonxitudes e uníndoas.

INSTRUMENTOS PARA PUNTEAR

ARPA ou GUITARRA

Colocando unhas gomas nunha estrutura de cartón ou corcho.

Como esta actividade ten moitas opcións, escollede a que máis vos

guste! A ver se conseguimos facer unha gran exposición de

instrumentos!

Deixo tamén aquí uns enlaces con máis ideas:

https://www.youtube.com/watch?v=XSQ-fRTtbaA

https://www.youtube.com/watch?v=10JUZS7Fp_Y

https://www.youtube.com/watch?v=7sUNXA4NYKI

https://www.youtube.com/watch?v=6KSbM5CxNfE

http://www.doslourdes.net/Construccion_instr_musicales.htm

“Con moito coidado e moita atención,

construiremos o noso instrumento,

sexa de corda, vento ou percusión!”

MANS Á OBRA!!

top related