reaccions quimicas

Post on 13-Aug-2015

169 Views

Category:

Documents

1 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Colexio Apostólico Mercedario FÍSICA E QUÍMICA 4º E.S.O. CÁLCULOS ESTEQUIOMÉTRICOS VERÍN

1.- Axusta as reaccións químicas empregando coeficientes:a) Fe2O3 + CO → Fe + CO2.b) HIO3 + HI → I2 + H2O.c) MnO2 + HCl → MnCl2 + H2O + Cl2.d) NH3 + O2 → NO + H2Oe) FeS2 + O2 → SO2 + Fe2O3.

2.- Fanse reaccionar 6 g de aluminio con 50 mL dunha disolución de H2SO4 0,15 M. Pídese:a) Axustarb) Calcular reactivo limitante e reactivo en excesoc) Volume de H2 recollido a 20 ºC e 760 mmHgd) Masa de Al2(SO4)3 que se formaráReacción: Al + H2SO4 →Al2(SO4)3 + H2

Masas atómicas: Al = 27 ; S = 32 ; O = 16 ; H = 1

3.- Ao quentar unha masa de CaCO3, obtéñense 80 g de CaO. Calcular:a) Masa de CaCO3 quentadosb) Volume de CO2 obtido en condicións normaisc) Volume de CO2 obtido a 27 ºC e 400 mmHg de presión

Reacción: CaCO3 → CaO + CO2.

4.- Fanse reaccionar 200 g dunha caliza que contén un 60% de CaCO3, cunha disolución de HCl de concentración 9,46 M. O proceso ocorre a 17 ºC e 740 mmHg de presión. Calcular:

a) Masa de CaCl2 obtidab) Volume de CO2 producido nas condicións da reacciónc) Volume consumido da disolución ácida

Reacción: CaCO3 + HCl → CaCl2 + CO2 + H2O

5.- A pirita(FeS2) arde para dar SO2 e Fe2O3 segundo a seguinte reacción: FeS2 + O2 → SO2 + Fe2O3

Cando se queiman 2 Tm de pirita cunha riqueza de FeS2 do 87% ,pídese:a) Axustarb) Masade Fe2O3 obtidac) Volume de SO2 obtido en condicións normais de Presión e temperaturad) Volume de aire consumido para queimar toda a pirita sabendo que o aire contén o

21% en volume de O2.

6.- O alcohol etílico obtense a partir da fermentación da glucosa segundo a seguinte reacción: C6H12O6 → CH3CH2OH + CO2 (g)

a) Axustarb) Masa de etílico obtida da fermentación de 500 g de glucosac) Volume de CO2 obtido a 740 mmHg e 25ºC a partir dos 500 g de glucosa.

7.- Un enfermo con úlcera de estómago produce diariamente 3 Litros de disolución de HCl 0,08 M. Para neutralizar a acidez, toma bicarbonato sódico(NaHCO3). A reacción de neutralización é a seguinte: NaHCO3 + HCl → NaCl + CO2 +H2O

a) Axustar a reacciónb) Cantidade que debe tomar diariamente de bicarbonato para neutralizar a acidezc) Volume de CO2 producido diariamente supoñendo unha Tª de 37ºC e unha P = 750

mmHgd) Masa de NaCl producido diariamentee) Volume de auga producida diariamente

8.- Por combustión de propano(C3H8) con suficiente cantidade de O2 obtéñense 300 L de CO2 medidos a 96 atm e 285 K. Calcular:

a) Nº de moles de tódalas substancias que interveñen na reacciónb) Nº de moléculas de H2O obtidasc) Masa de propano que reaccionoud) Volume de O2 a 1,2 atm e 42 ºC que se consumiue) Volume de aire necesario sabendo que o aire ten o 21% en volume de O2. C3H8 + O2 → CO2 + H2O

9.- A un vaso de precipitados que contén 7,6 g de Al , engádenselle 100 mL de HCl comercial do 36% en peso e densidade 1,18 g/mL, obténdose tricloruro de aluminio e hidróxeno.

a) Indicar o reactivo limitanteb) Volume de H2 obtido se o proceso transcurre a 25ºC e 750 mmHg

10.- A gasolina pode ser considerada como unha mestura de octanos de fórmula C8H18(aq). A calor desprendida na reacción é de -5080 KJ/mol.

a) Escribe a reacción axustada da combustión da gasolinab) Enerxía liberada na combustión de 5 L de gasolina( d= 800 Kg/m3)c) Volume de CO2 desprendido na combustión dos 5 L a 30ºC e 1 atm de presión.d) Volume de aire consumido na combustión dos 5L sabendo que contén o 21% de O2

en volume

11.- O nitrato de calcio pode obterse por reacción do carbonato de calcio co ácido nítrico segundo a reacción: CaCO3 + HNO3 → Ca(NO3)2 + CO2 + H2O

a) Axustar a reacciónb) Facemos reaccionar 250 g de carbonato cálcico do 82 % de pureza con 500 mL de

disolución de acido nítrico 3M. Indicar reactivo limitante e reactivo en exceso Cantidade de nitrato cálcico obtido se o rendemento é do 93 %

12.- Unha bebida alcohólica ten o 40% en peso de etílico(C2H6O). Unha persoa inxire 284 g de bebida e sábese que o 15 % pasa ao sangue.a) Calcula a concentración de alcohol en sangue se un adulto ten 7 L de sangue

b) ¿Poderá conducir sea tasa máxima permitida son 0,5 g/L?

top related