quen teña honra, que me siga* *maría pita...benvidos á cidade vella, unha visita imprescindible...
Post on 27-Feb-2020
2 Views
Preview:
TRANSCRIPT
María Pita e...
a CIDADE VELLA
Quen teña honra, que me siga*
*María PitaAntes de ruar e descubrir os recantos da Cidade Vella, queremos presentarche unha muller que representa a forza de todas as coruñesas.
María Pita dá nome a unha praza moi importante nesta cidade, e a moitas cousas máis. Agora ímosche explicar o porqué.
En 1589, as tropas inglesas, dirixidas polo corsario Francis Drake, cercan e atacan a cidade amurallada por encomenda de Isabel I, raíña de Inglaterra.
No asalto, morre Gregorio de Racamunde, marido de María Pita. Ela, cargada de ira, arrebata a bandeira inglesa dunha lanza e mata o irmán de Francis Drake ao grito de “Quen teña honra que me siga”. Contan que, con este feito, as tropas invasoras afundíronse e iniciaron a súa retirada. E así é como María Pita e os 4.000 habitantes da cidade defendéronse perante os 12.000 homes do exército inglés.
A estatua, que preside a Praza de María Pita, representa a heroína coa lanza en posición de ataque e o corpo sen vida do seu esposo aos seus pés.
Benvidos á Cidade Vella, unha visita imprescindible pola historia da Coruña. Os nomes das súas rúas, as igrexas e as súas casas palacianas, contaranche os segredos do noso pasado medieval e barroco.
Goza deste paseo polas empedradas rúas que ocupan a antiga cidade, refundada en 1208 por orde de Alfonso IX de León, á beira do bravo Atlántico Norte, no antigo asentamento romano de Crunia.
A praza de María Pita, a Mariña coas súas galerías, e a rúa Troncoso, estean cheas de locais de hostalaría e de terrazas, que se enchen ao compás que marcan os raios de sol. Con certeza xa o viches.
As desordenadas rúas da Cidade Vella agochan curiosos bares e pequenos restaurantes, anticuarios que falan da vida burguesa da “Cidade”, estabelecementos de artesanía e moitas sorpresas.
www.turismocoruna.com
...máis:
...perfís:Neste paseo, cruzaraste con tres mulleres que deixaron marcas profundas:
María Pita, heroína que nos defendeu, con honra e coraxe.
Rosalía de Castro, autora do poemario Cantares Galegos, a primeira grande obra da literatura galega contemporánea.
Emilia Pardo Bazán, feminista e precursora dos dereitos da muller.
Turismo CoruñaCalle Sol. Edificio Sol, s/n
15003 A CoruñaT 981 184 344
infoturismo@coruna.es
M Á I S I N F O R M A C I Ó N E N :
S Í G U E N O S E N :
CASTELO-MUSEO DE SANTO ANTÓN
PRAZA DAS BÁRBARASCIDADE TRANQUILA
COLEXIATA DE SANTA MARÍA DO CAMPO
PALACIO DE MARÍA PITA – CONCELLO ESTATUA DE MARÍA PITA
.gal .es .en .fr .pt .de .it
Praza María Pita ePalacio Municipal Praza María PitaPraza con máis de 10.000 m2
dedicada á heroína María Pita (s. XIX). Está rodeada de edificios porticados, con estabelecementos hostaleiros e terrazas. O Palacio Municipal (Concello), de estilo ecléctico grandilocuente (1914), é obra do arquitecto municipal Pedro Mariño. Poden ser visitados os seus maxestosos salóns, que albergan unha colección de reloxos dos séculos XVIII ao XX, unha interesante pinacoteca e unha destacada colección de marcas prefilatélicas galegas.
Estatua de María PitaPraza María Pita Estatua de bronce obra de Xosé Castiñeiras. Pesa 30 t. Aos seus pés, hai un pebeteiro coa chama acesa, símbolo do carácter liberal do pobo coruñés.
Casa Museo Emilia Pardo Bazán RúaTabernas, 11Sede da Real Academia Galega, foi a vivenda da aristócrata, novelista, xornalista e feminista, que reivindicou os dereitos das mulleres. No museo, dáse a coñecer a súa personalidade e é analizada a faceta literaria e intelectual da escritora. Na súa novela La Tribuna, primeira novela naturalista española, A Coruña recibe o nome de Marineda.
Casa Palacio do Marqués de San Martín Rúa Parrote, 14A vivenda do Marqués de San Martín de Hombreiro é unha construción de catro alturas de finais do século XVIII onde se parece adiviñar a man de Melchor de Prado.
Igrexa de Santiago Rúa Parrote, 1 De estilo románico, é a igrexa máis antiga da Coruña, s. XII. Construíuse inmediata ao porto para recibir os peregrinos do Camiño Inglés. Nela abrazaban, emocionados, unha imaxe do Apóstolo Santiago O Maior.
Praza da FariñaPraza de AzcárragaEra e é a praza central e a máis importante da Cidade Vella. Albergaba a Casa da Intendencia, o Consistorio e o Almacén de Artillaría. Aquí realizábase a venda de gran, festexos e cerimonias de tipo público.
Casa Rosalía de Castro Rúa Príncipe, 3 Foi residencia da poeta galega Rosalía de Castro e do seu esposo Manuel Murguía, de 1870 a 1879.
Colexiata de Santa María do Campo Rúa Damas, 24 Recibe o nome da súa situación inicial extramuros. Igrexa románico-oxival, (s. XII a s. XIV) con sepulcros medievais, imaxes policromadas de pedra tallada, e altar de prata repuxada. Antiga igrexa dos gremios de mareantes e comerciantes.
Museo de Arte Sacro Puerta de Aires, 23 Deseñado polo arquitecto Manuel Gallego Jorreto e inaugurado en 1990, alberga a colección de pezas de ourivaría relixiosa que foi atesourando a Colexiata, principalmente entre os séculos XVI e XIX. Destacan a arqueta eucarística e a custodia doadas pola Raíña Mariana de Neoburgo (Barroco Alemán de finais do s. XVII).
Casa Palacio Cornide Rúa Damas, 25En 1734, nace aquí o polígrafo coruñés José Cornide, probablemente noutro edificio situado no mesmo lugar. Seguindo o gusto francés da época, ergueríase a Casa-Palacio ao redor de 1750. No século XX será usado como sala de cinema, até que nos anos cincuenta pasará a ser propiedade da familia Franco.
A Coruña, Cidade Vella
Gobierno Militar Rúa Veeduría Antiga residencia dos Condes de Montaos, doada á Real Facenda en 1640. A comezos do s. XVIII, instalouse nela a Contadoría do Soldo do Reino de Galicia. En 1725, pasa a ser sede da Intendencia e das oficinas da Tesouraría do Reino de Galicia.
Casa Museo de María Pita Rúa Herrerías, 28 O andar baixo recrea dúas estancias da vivenda, a tenda e o dormitorio. Nas salas 1 e 2, móstranse o Reino de Galicia e a cidade da Coruña nos séculos XVI e XVII. Na sala 3, descríbese o enfrontamento entre España e Inglaterra e as causas do ataque á cidade da Coruña en 1589.
Convento e Praza das BárbarasPraza das BárbarasBeaterio do s.XIV, posteriormente integrado na obediencia franciscana. Crese que, neste lugar, se encontraba unha ermida dedicada a Santa Bárbara, de aí o seu nome.
Convento e Igrexa de Santo Domingo Praza San DomingosAntigamente fóra de murallas, foi reconstruído dentro da Cidade Vella na primeira metade do s. XVII. O convento amplíase por volta de 1726, mais a igrexa foi derrubada conservando as capelas dos Remedios e do Rosario.
Xardín de San CarlosPaseo do Parrote, 3 Atalaia sobre o porto da cidade, foi construída como castelo defensivo fóra de murallas no século XIV. Pouco a pouco, irá perdendo importancia como baluarte e, despois de estalar a súa polvoreira, vese abandonado até que no século XVIII é recuperado como Xardín pelo Sr. Carlos F. de Croix.
Arquivo do Reino de GaliciaXardín de San Carlos Creado en 1775, encárgase da recolla, custodia e posta à disposición do público da documentación de ámbito galego e provincial xerada por diversos organismos de carácter xudicial ou administrativo con sede na provincia da Coruña.
Igrexa Orde Terceira Praza Carlos IFoi construída en 1743 sobre planos do arquitecto compostelán Simón Rodríguez, adosada á Igrexa de San Francisco. Destacan no seu interior as esculturas de San Francisco recibindo o abrazo de Cristo, unha imaxe de Xesús de Nazareno e a obra de talla do corpo e pernas de San Luís, rei de Francia.
Museo Histórico Militar Praza Carlos IO edificio ocupa parte do terreo do antigo Convento de San Francisco. Ofrece unha importante colección de armas, canóns de salvas e maquetas de material artilleiro.
Fundación Luís Seoane Rúa San Francisco, 28 Centro de arte e cultura contemporáneas que, ademais da exposición permanente da obra do pintor e escritor Luís Seoane, presenta regularmente exposición dedicadas ás últimas tendencias da arte.
Castelo de San Antón Paseo Marítimo Construído por Felipe II (s. XVI) sobre unha pequena illa rochosa para defensa do porto. Obxecto de sucesivos proxectos de reforma, adquiriu a súa configuración actual a finais do século XVIII. Foi tamén prisión até mediados do século XX. Desde o ano 1968 é a sede do Museo Arqueolóxico e Histórico.
PRAZA DE MARÍA PITA
PORTA REAL
GALERÍAS DA MARIÑA
PASEO
DA
DA
RSEN
A
PASEO DO PARROTE
AVDA. PORTO DA CORUÑA
.1
gustouche a Cidade Vella?
RÚA SANTIAGO
RÚA DAMASRÚA AMARGURARÚ
A N
.S. R
OSA
RIO
RÚ
A C
AP
ITÁ
N T
RO
NC
OS
O PORTA DE AIRES
.2
.3
.4
.5
.10.15
.20
.9
.14
.19
.18.13
.8
.7.12 .17
.16.11.6
RÚA SAN DOMINGOS
RÚ
A S
INA
GO
GA
RÚ
A C
OTA
DU
RÍA
RÚA SANTA MARÍA
RÚ
A D
A M
AESTR
AN
ZA
RÚA FERRERÍAS
TRAV
. AIR
ES PRAZA DAS BÁRBARAS
PRAZA SAN DOMINGOS
XARDÍNS DA MAESTRANZA
RUÍNAS DE SAN FRANCISCO
RÚA S. FRA
NCISCO
RÚA SAN FRANCISCO
.20
PRAZA DA FARIÑA
PRAZA DA CONSTITUCIÓN
RÚA PARROTE
RÚA TABERNAS
RÚA PRÍNCIPE
REITORADO DA UNIVERSIDADE
DA CORUÑA
OCÉANOATLÁNTICO
RÚA ANXOS
R. ALFONSO IXR
ÚA
CA
MPO
DA
EST
RA
DA
RÚA DA MAESTRANZA
RÚA TINAJASR
ÚA
S. CA
RLO
S
PASEO DO PARROTE
.1
.2
.10
.11.8
.6.5
.3
.7
.4PRAZA DO PARROTE
.16
.15 .19
.18
.17
.14
.13
.9
.12
R. VEEDURÍA
CASTELO DE SAN ANTÓN
.20
PORTO DA CORUÑA
RÍA DA CORUÑA
DÁRSENA DA MARIÑA
CENTRO DE CONTROL MARÍTIMO
>DIQUE DE ABRIGO
top related