proxecto educativo escola infantil de tui

Post on 14-Feb-2017

232 Views

Category:

Documents

6 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

PROXECTO EDUCATIVOESCOLA INFANTIL DE TUI

PROXECTO EDUCATIVO EI TUI

INDICE

0. INTRODUCIÓN

1. QUEN SOMOS?

Definición da escola infantil.Análise do contorno

2. QUE PRETENDEMOS? Sinais de identidade e intencións educativas.

Obxectivos xerais do centro. Trazos de identidade.

3. COMO NOS ORGANIZAMOS? Estrutura e funcionamento do centro.

4. AVALIACIÓN

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700 tlf: 986 60 71 49

escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttp://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/

PROXECTO EDUCATIVO EI TUI

1. INTRODUCIÓN

Este proxecto educativo é un recurso da escola que recolle ao longo do documento as súas ideas, intencións, obxectivos, principios metodolóxicos e actuacións na procura dunha identidade propia.

5. DEFINICIÓN DA ESCOLA INFANTIL . QUEN SOMOS?

Somos unha escola publica do primeiro ciclo de educación infantil (0-3) xestionada polo Consorcio Galego de Servizo de Igualdade e Benestar que comeza a súa andaina no curso escolar 2013-14.O centro consta de seis aulas que agrupan tres niveis educativo: dúas aulas para o nivel 0-1, dúas aulas para o nivel 1-2 e dúas aulas para o nivel 2-3. Estas aulas acollen grupos internivel no horario de tarde.

A intencionalidade na elaboración do documento de recurso e marco de referencia para o equipo da escola supón ter presente na súa elaboración o marco lexislativo actual e a súa adaptación ao marco legal, no caso de ser preciso, na revisión anual do documento. As referencias lexislativas son as seguintes:

• Decreto 330/2009, 4 xuño polo que se establece o currículo na educación infantil na comunidade autónoma de Galicia.

• Decreto 329/2005 do 28 de xullo polo que se regulan os centros de atención á infancia.

• Decreto 79/2010, 20 maio para o plurilingüismo no ensino non universitario.

• Decreto 229/2011, do 7 de decembro polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700 tlf: 986 60 71 49

escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttp://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/

PROXECTO EDUCATIVO EI TUI

2. ANÁLISE DO CONTORNO

A nosa escola está situada na R/ Colón s/n na zona centro do concello de Tui. Ao concello tudense pertencen as seguintes parroquias: Areas (Santa Mariña) , Baldráns (Santiago) , Caldelas de Tui (San Martiño) , Guillarei (San Mamede) , Malvas (Santiago) , Paramos (San Xoán) , Pazos de Reis (O Sagrario) , Pexegueiro (San Miguel) , Randufe (Santa María da Guía) , Rebordáns (San Bartolomeu), Ribadelouro (Santa Comba) , Tui (O Sagrario), ao longo dos seus 68,3 km2 de superficie.

Os últimos datos do INE contabilizan 16.827 habitantes, nos que a idade media é de 42 anos e unha renda bruta per cápita de 13.167,21.

A situación xeográfica da escola permítenos dispoñer de moitos recursos próximos que nos axudan a enriquecer as propostas educativas.

O centro cívico. Previo á entrada principal da escola. A estreita relación entre os equipo de traballo e as usuarias e usuarios do centro favorece o desenvolvemento de visitas á escola para gozar da música popular galega en vivo e en directo.

O instituto San Paio. Cara parte posterior da escola. A estreita relación entre os equipo de traballo permítenos o uso das súas instalacións no desenvolvemento de xuntanzas coas familias e a posibilidade de recursos adicionais ao noso centro ( proxector, pantalla, altavoces,....)

Biblioteca pública municipal.. A poucos metros da escola é un recurso imprescindible para favorecer o pracer da lectura nas nenas e nenos.

Conservatorio de música. A posibilidade de colaborar con profesionais especialistas é un recursos fundamental para enriquecer a oferta de actividades musicais que se desenvolven na escola.

Centro de saúde. A estreita relación cos profesionais de pediatría permítenos establecer liñas de traballo compartido á hora de transmitir información de especial interese para as familias sobre o coidado e atención das súas fillas e fillos ( enfermidades típicas da infancia, nutrición, descanso, dentición,....)

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700 tlf: 986 60 71 49

escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttp://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/

PROXECTO EDUCATIVO EI TUI

CEIP . Unha estreita relación cos centros educativos do concello é importante para a continuidade e coherencia na educación das nenas e dos nenos. Os centros de educación infantil do concello son os seguintes: Colexio Rural Agrupado, CEIP Guillarei, Nº 1, Nº 2, EEI de Malvas, CPR San María (Maristas) e CPR ( O Pelouro).

Monte Aloia. Declarado Parque Natural, posúe unha ampla mostra de especies vexetais de alto valor (caducifolios autóctonos e árbores exóticos), fauna típica de monte interior (raposo, coello, perdiz, ratoeiro común, cernícalo...), así coma paisaxes de gran beleza e sobre todo numerosos miradoiros sobre o val do Miño. Características do centro

A escola é un edificio de nova construción que destaca polos seus espazos interiores cálidos e luminosos. As zonas exteriores son amplas e de gran variedade de recursos o que permite que nenas e nenos teñan un espazo ao aire libre para medrar saudablemente.

É un planta baixa que conta coa seguinte distribución:

• Entrada principal• Corredoiro principal• No lateral esquerdo seis aulas. Cada dúas aulas constan de unha zona de aseo

compartida.• Na lateral dereito:

• Un despacho• Unha sala de xuntas• Un almacén• Unha zona de lavandaría• Unha zona de aseo para adultos con vestiario ( tres aseos un deles para

mobilidade reducida)• Ao fondo do corredoiro:

• Sala de usos múltiples que consta dun pequeno almacén • Cociña

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700 tlf: 986 60 71 49

escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttp://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/

PROXECTO EDUCATIVO EI TUI

Entrada exterior Patio lateral dereito

Patio frontal Patio lateral esquerdo

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700 tlf: 986 60 71 49

escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttp://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/

PROXECTO EDUCATIVO EI TUI

Corredoiro Entrada principal

Aula 1 Aula 2

Aula 3 Aula 4

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700 tlf: 986 60 71 49

escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttp://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/

PROXECTO EDUCATIVO EI TUI

Aula 5 Aula 6

Usos múltiples

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700 tlf: 986 60 71 49

escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttp://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/

PROXECTO EDUCATIVO EI TUI

2.2.2. Horarios e calendario escolar

O horario e calendario escolar ven determinado pola Xerencia Adxunta para as Escolas Infantís do CGSIB previo estudo das demandas establecidas polas familias no período de solicitude de praza polo que o horario do centro é variable dun ano a outro dentro dos parámetros que recolle o RRI que establece o horario máximo de apertura e peche das escolas entre as 7.30h e ás 20.30h de luns a venres.

2. SINAIS DE IDENTIDADE E INTENCIÓNS EDUCATIVAS. QUE PRETENDEMOS?

Obxectivos xerais do centro.

Favorecer a actividade autónoma como elemento fundamental do benestar das nenas e dos nenos.

Avanzar nunha actitude de escoita activa e respecto polas iniciativas, necesidades e intereses da nena e do neno.

Xerar contexto educativos de calidade, atendendo aos resultados das nosas observacións e facendo os axustes necesarios para a mellora da práctica educativa.

Establecer unha relación coas familias baseada no respecto e confianza mutuo, para establecer canles de comunicación, colaboración e participación que lles permita sentirse parte da escola.

Compartir, divulgar e reflexionar coas familias os coñecementos que vaiamos adquirindo a través da observación das súas fillas e fillos.

Promover a escola como axente cultural sobre a infancia e dinamizar actuacións cos diferentes axentes do contorno próximo.

Forxar a práctica da observación como un instrumento da propia competencia profesional.

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700 tlf: 986 60 71 49

escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttp://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/

PROXECTO EDUCATIVO EI TUI

Actividade autónoma Escoita activa

Contexto educativos de calidade Familias copartícipes

Compartir información e experiencias Axente cultural

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700 tlf: 986 60 71 49

escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttp://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/

PROXECTO EDUCATIVO EI TUI

3.2. Liña pedagóxica e Principios básicos da tarefa educativa.

O percorrido profesional en relación á formación e experiencias enriquece a proposta educativa da escola. En moitos dos casos atopámonos nunha situación de “desaprendizaxe”, desbotar coñecementos adquiridos que na actualidade xa non teñen vixencia.

A práctica profesional ( de moitas anos de experiencia) vainos dando coñecementos propios sobre as nenas e nenos destas idades: intereses, necesidades, interaccións,.... pero tamén a lectura e coñecemento dos postulados dos grandes autores da infancia.

É por iso que a nosa liña pedagóxica vese influída por moi diversos autores, desde Montessori, Goldschmied, Pickler a Wallon, Vigotsky, Piaget pasando por Acouturier, Malaguzzi ou Gadner, entre outros.

De que falan estes autores? En que nos inflúen?

Un pedagoxía activa, que observa, que mantén a distancia necesaria para que a nena e o neno exerza a súa actividade autónoma.

Unha pedagoxía baseada na procura de asombro, ilusión, sorpresa nas nenos e nos nenos, xa que todo aquelo que conduce á adquisición do coñecemento: a curiosidade, a atención, a memoria e a toma de decisión, require da enerxía chamada emoción.

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700 tlf: 986 60 71 49

escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttp://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/

PROXECTO EDUCATIVO EI TUI

Trazos de identidade. QUE NOS DEFINE?

Infancia. Nena e neno capaz, competente, con autonomía e capacidade de decisión propia. Unha idea de infancia onde a nena e o neno é escoitado polo adulto, respectado na súa actividade autónoma e acollido nas súas necesidades biolóxicas, cognitivas e socio-afectivas.

“Calquera axuda innecesaria é un obstáculo para o seu desenvolvemento”. Montessori

Atención á diversidade: Unha escola que parte das potencialidades de cada nena e de cada neno e desenvolve propostas abertas, comúns e flexibles ás posibilidades de cada unha e cada un. Unha escola para todas e para todos, onde a diversidade é un valor.

“Ensinar esixe respecto á autonomía do ser educando”, Freire.

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700 tlf: 986 60 71 49

escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttp://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/

PROXECTO EDUCATIVO EI TUI

Familia e comunidade. Nunha escola para todos, a familia é parte fundamental da mesma, polo que establecemos canles de comunicación, participación e colaboración que nos permitan establecer criterios comúns para a educación das nenas e dos nenos de xeito que garanta a continuidade entre os dous contextos: a escola e o fogar.

“A tarefa de educar é tan complexa que un so non a pode facer, é imprescindible o traballo compartido”

Profesionalidade:

Papel do persoal educador. Os profesionais da escola estamos en permanente formación, motivados pola necesidade de incorporar os novos coñecementos sobre a infancia á atención de nenas e nenos.O rol fundamental que exercemos no traballo directo coa infancia é o papel de observador: observar para coñecer mellor, observar para comprender mellor, observar para interpretar mellor, observar para intervir mellor cando é preciso, observar para avaliar mellor a práctica educativa.

Traballo en equipo, parella educativa.A posibilidade de organizar o traballo en parella educativa é unha das grandes vantaxes da escola xa que nos permite maior grao de individualización na atención ás nenas e nenos, o que supón aumentar en propostas máis ricas e diversas, o traballo en pequeno grupo, seguridade afectiva, ....

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700 tlf: 986 60 71 49

escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttp://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/

PROXECTO EDUCATIVO EI TUI

A formación do profesorado. A formación continua é unha ferramenta que nos permite mellorar a práctica profesional, é polo tanto unha garantía de mellora da acción educativa.

A ética profesional. As educadoras e os educadores debemos dispoñer de cualidades que garantan a dispoñibilidade cara a nena e o neno, cara as súas familias e cara outros profesionais que interveñen no contexto da escola. A capacidade de escoita, de diálogo activo, de resposta ás necesidades das nenas e dos nenos, do traballo en equipo, de promover un ambiente cálido, de acoller á diversidade das familias, de manter unha actitude reflexiva, de autoavaliación e iniciativa para as propostas de mellora son entre outras características, as propias do bo profesional.

“A ensinanza que deixa pegada non é a que se fai de cabeza a cabeza, senón de corazón a corazón”, Hendricks.

Traballo en Rede. Formar parte dunha rede de escolas é unha oportunidade para compartir coñecementos a través dun marco educativo e administrativo común.

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700 tlf: 986 60 71 49

escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttp://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/

PROXECTO EDUCATIVO EI TUI

Momentos do cotiá. Os momentos de acollida, de alimentación, descanso e hixiene, son momentos privilexiados do día a día da escola que son fonte de aprendizaxe pola súa riqueza afectiva, pola súa continuidade no contexto escolar e familiar, pola súa regularidade, pola súa variedade e oferta de actividades e polo seu alto contido significativo.

“Calquera tipo de coñecemento construído, ten unha estreira relación coa intelixencia e a afectividade, estas últimas dependen intimamente da vivencia corporal e motriz”, Aucouturier

Ambiente lingüístico. os profesionais da educación promoverán na aula a utilización da lingua materna tendo en conta a lingua do contorno, e procurarán que o alumnado tome contacto coa outra lingua oficial de Galicia a través das diferentes actividades que se desenvolven na escola (Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia).As crianzas aprenden a falar a través da lingua que relaciona cos acontecementos da vida cotiá, a percepción, o sentimento e o pensamento están estreitamente unidos nesta aprendizaxe, é por iso que para á nena e ao neno é doado aprender outra lingua do contorno, porque todas e todos nacemos coa posibilidade de aprender varias linguas e porque nos contextos onde coexisten varias linguas ( contextos bilingües) a vinculación afectiva co idioma é un feito ( nais e pais, avós e avoas, amizades, profesorado,...)

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700 tlf: 986 60 71 49

escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttp://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/

PROXECTO EDUCATIVO EI TUI

Principios metodolóxicos

Os principios metodolóxicos que acompañan á nosa práctica educativa e que son vinculantes na toma de decisións son os seguintes:

Principio de individualización. Cada nena e cada neno é único e orixinal polo que é imprescindible coñecer as súas necesidades, características e intereses.

Principio de socialización. Somos seres sociais por iso a nena e o neno precisa das interaccións cos seus iguais e cos adultos para medrar como persoa.

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700 tlf: 986 60 71 49

escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttp://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/

PROXECTO EDUCATIVO EI TUI

Principio de actividade autónoma. A nena e o neno aprende facendo, pero ademais disto é preciso que esta actividade lle sexa propia, non imposto polo adulto.

Principio de colaboración e participación. O traballo en equipo entre os profesionais da escola, a colaboración e participación das familias, o diálogo bidireccional entre todos os axentes que conforman a escola permítenos enriquecer e construír unha escola coherente e activa.

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700 tlf: 986 60 71 49

escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttp://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/

PROXECTO EDUCATIVO EI TUI

Principio de seguridade afectiva. O ambiente de aprendizaxe educa. É por iso que procurar un contexto onde a nena e o neno se sinta seguro é chave para o establecemento de aprendizaxes significativas. A idea está vinculada ao educador que confía, que propón retos, que provoca asombro, que emociona,...

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700 tlf: 986 60 71 49

escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttp://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/

PROXECTO EDUCATIVO EI TUI

4. ESTRUTURA E FUNCIONAMENTO DO CENTRO. COMO NOS ORGANIZAMOS?

A organización do centro ven determinada polas directrices do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar recollidas no Regulamento de Réxime Interno.

Dentro deste marco de referencia a organización do centro ten un claro carácter flexible e áxil e sempre en servizo das necesidades das nenas e dos nenos, para garantir en todo momento o seu benestar físico e harmónico.

A coordinación entre todos os elementos que configuran a comunidade educativa é unha peza chave desta organización, establecendo canles de comunicación para poder dinamizar este proceso, onde todas e todos son parte fundamental e necesaria ( profesorado, persoal de servizo, persoal de cociña, familias, concello, administración,...)

Nunha estrutura horizontal como a nosa o rol de cada profesional é complementario.

A dirección é quen coordina a acción educativa, desde unha perspectiva de escoitar, delegar e confiar, promovendo e xerando novas ideas e coñecementos.

O persoal educador e quen observa, atende, actúa no grupo de nenas e nenos ao seu cargo, polo tanto asume a capacidade de tomar decisións desde unha perspectiva de traballo en equipo.

Persoal non docente ( psx, cociña, limpeza,...) e quen de organizar os espazos e materiais da escola para unha mellora continua da práctica diaria. A súa labor é fundamental xa que da soporte específico ao traballo do educador.

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700 tlf: 986 60 71 49

escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttp://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/

PROXECTO EDUCATIVO EI TUI

O consello escolar é o órgano que asume a coordinación da escola :

• Supervisar e aprobar a adxudicación de prazas para os/as usuarios/as.• Aprobar a memoria anual de actividades.• Aprobar o proxecto educativo da escola no marco do proxecto educativo aprobado polo

Comité directivo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar tras a propostada consellería competente na materia.

• Aprobar a programación xeral anual.• Propor á administración competente cantas medidas foren precisas para mellorar o

funcionamento da escola.• Supervisar que as directrices e a programación se axusten aos principios, aos criterios e

aos obxectivos establecidos pola administración competente.

5. AVALIACIÓN

O que non se avalía non se mellora, esta é premisa fundamental para que o noso proxecto educativo sexa un documento vivo, actualizado e en constante revisión.

A avaliación permítenos coñecer o que sucede na escola, poder valoralo e actuar máis eficazmente, axustando as nosas propostas educativas ás necesidades das nenas e nenos e das súas familias.

A ferramenta máis eficaz para poder avaliar os procesos educativos ( as relacións entre iguais, as relacións entre a nena e neno e o adulto, coas familias, co equipo de traballo,....) é a observación.

Observando a nosa mirada cambia, somos quen de ver máis aló, de estar máis atentos a actividade da nena e do neno. O rexistro do observado permítenos un maior coñecemento da infancia, e posibilita ao equipo a información necesaria para os axustes, as propostas de mellora para encamiñar as nosas propostas ás necesidades e intereses reais de nenas e nenos.

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700 tlf: 986 60 71 49

escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttp://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/

top related