propostas divertidas, axeitadas a cada idade e cun ronsel de · 2020. 2. 26. · propostas...

Post on 11-Aug-2021

0 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

7LECER GaLiCia hoxEDoMiNGo 27 DE MaRZo DE 2011

Unha manchea de novidades de Xerais completan a proposta an-terior. Recendos de aire sono-ro, de Antonio García Teijeiro é outro libro da coleccion Sopa de Letras que recolle un diálo-go fascinante entre a música e a poesía. Un poemario que vai espertar nos lectores e lectoras sensacións vivas e profundas, cargadas de emoción.

En Recendos de aire sono-ro as notas musicais e as pala-bras danse a man e camiñan xuntas polos vieiros que trazan os versos. Nos seus poemas soa o violín, treme a arpa, percute o timbal, láiase a gaita, Beetho-ven saúda a Bob Dylan mentres berran as guitarras de rock e a orquestra se despista. Un libro para ler cos cinco sentidos.

As dúas paixóns de Antonio García Teijeiro, a música e a poe-sía, establecen un diálogo fasci-nante neste poemario fermosa-mente ilustrado por Fino Loren-zo, que vai espertar nos lectores e lectoras sensacións vivas e pro-fundas, cargadas de emoción.

Unha opción máis novela-da é Ti non xogas! unha fer-mosa historia sobre a convi-vencia, de Xurxo Gómez Silves-tre e ilustrado por Anxo Fariña, un libro que fala da importan-

cia de dedicar esforzos a traba-llar pola xustiza, pola paz, pola compaixón, pola solidariedade e pola amizade.

Durante unha semana entei-ra non parou de chover e hoxe por fin saíu un sol radiante, so-lleiro. Pero Suso, en vez de es-tar a xogar ao fútbol co resto dos rapaces, está sentado nun chan-

“esa partitura vestida de verde que no mar se perde chea de dozura. Fermosa estrutura ¡que de notas ergue!”

propostas divertidas, axeitadas a cada idade e cun ronsel de aventuras que non aburren. coleccións únicas para gozar

A experiencia de Edicións Xe-rais de Galicia na escolla do

material axeitado a cada idade é froito da experiencia. Hai moi-tos anos que aposta pola literatu-ra infantil e xuvenil en galego e mostra desa aposta é a colección Merlín. A colección Merlín, des-pois dos máis de douscentos tí-tulos publicados, continúa sen-do o tronco do proxeto lector de Xerais.

Organizada en catro grandes tramos (álbums do Merliño, se-te, nove e once anos en diante), abrangue todos os xéneros (conto, novela, poesía e teatro) e reúne a máis variada nómina existente de autores e autoras e ilustradores e ilustradoras galegos.

Os milleiros de lectores e de lectoras da colección, así como os premios outorgados a moi-tos dos seus títulos (Lazarillo, Crítica, Lista de Honra do IBBY, Lecturas Galix, Frei Martín Sar-miento, ademais do gañador da convocatoria anual do Premio Merlín, convertido tamén desde 1986 nun dos premios de maior prestixio) referendan a excelen-cia dunha colección considerada unanimemente como referencia imprescindible da edición infantil de calidade.

Na colección Sopa de Libros, organizada en primeiros lectores, catro, seis, oito, dez e doce anos, están publicados títulos de au-tores galegos tan exitosos como

No corazón do bosque de Agustín Fernández Paz, A lagoa das nenas mudas de Fina Casalderrey, A casa da luz e O Pazo Baleiro de Xabier Puente DoCampo e tamén de tra-dución como Palabras de Carame-lo de Gonzalo Moure.

Na páxina web www.xerais.es podemos atopar os catálogos completos que compoñen as co-leccións máis representativas da editorial, xunto cunha breve re-censión da obra, así como descu-brir os plans lectores cos que con-ta. Este contido está permanente-mente actualizado e as novidades editoriais tamén se poden seguir a través do seu blog http://xerais.blogaliza.org/, en facebook e no Twitter.

zo da escaleira do patio da esco-la. Está aburrido e amolado por mor de Rober.

Noutra orde de cousas hoxe presentamos un gran libro que está de aniversario O misterio das badaladas, de Xabier P. Do-Campo, o primeiro best-seller da literatura infantil galega ilustra-do por Xosé Cobas foi publicado por vez primeira en 1986, cum-

príndose este ano o seu 25 ani-versario. Un clásico que non per-de fol e permanece na vangar-da como no momento no que se publicou.

No campanario da igrexa de Eiranova acaban de insta-lar un reloxo. Comezan a soar por primeira vez as badala-das que anunciarán a todos os habitantes que son as doce da noite. Unha, dúas, tres..., dez, once... Entón sucede algo que haberá dar nun acontecemen-to que só cinco rapaces resol-tos e afoutados quererán pes-cudar até encontrar explica-ción para un fenómeno que a todos confunde...

A princesa Sabela, de Cor-nelia Funke e ilustracións de Kerstin Meyer, completa a oferta de Xerais para este mes, unhas novidades máis que po-tentes que enchen . A prince-sa Sabela é un divertido ál-bum ilustrado protagonizado por unha princesa moi particu-lar. A princesa Sabela e as súas dúas irmás tiñan trinta arma-rios roupeiros cheos de precio-sos vestidos, serventes que lles limpaban o nariz, doncelas que lles aquelaban os dormitorios… Pero Sabela, a princesa máis no-va, non era feliz.

‘o misterio das BadaLadas’ o Best seLLer de XaBier p. docampo estÁ de vinte e cinco aniversario

top related